Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

13
FARMACOTECNIA CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL – UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA Instituto de Educación Secundaria Leixa (Ferr Ana Roel Ares – Fco. José Teijido López

Transcript of Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

Page 1: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

FARMACOTECNIA

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL – UTILIZACIÓN DO

NOMOGRAMA

Instituto de Educación Secundaria Leixa (Ferrol)Ana Roel Ares – Fco. José Teijido López

Page 2: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

5

Hai varios tamaños de cápsulas que se numeran de maior a menor tal e como vemos no seguinte esquema, dende 000 ata 5. En farmacotecnia, os máis utilizados son o 00, 0, 1, 2 e 3.

Page 3: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

Para seleccionar o tamaño de cápsula axeitado utilizamos o NOMOGRAMA, un eixo de coordenadas con tres medidas: Volume aparente (vertical), número de cápsula (diagonal) e tamaño de cápsula (horizontal)

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

Page 4: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

O primeiro que facemos é medir o volume aparente total e marcámolo no eixo vertical da gráfica

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

Page 5: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

A continuación marcamos na diagonal o número de cápsulas que imos utilizar

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

Page 6: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

Finalmente marcamos, no punto de cruce do volume aparente e o número de cápsulas, o tamaño da cápsula. No exemplo de abaixo sería a cápsula de tamaño 00

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

Page 7: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

Supoñamos unha fórmula cun volume aparente de 27 ml e 30 cápsulas: Marcamos a vertical de 27 ml…

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

Page 8: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

… marcamos a liña de 30 cápsulas e buscamos o punto de corte …

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

Page 9: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

… trazamos a horizontal que pasa polo punto de corte e vemos que está entre cápsulas de tamaño 0 e 00. Evidentemente temos que escoller o tamaño 00, porque no de 0 non nos cabería todo o volume, pero …

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

Page 10: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

… se escollemos as cápsulas do 00 van quedar algo baleiras, falta volume. Se desprazamos a horizontal ao tamaño 00 vemos que nos faltan 3 ml para enchelas …

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

Page 11: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

Neste detalle vemos que as cápsulas de tamaño 00 serven para un volume aparente de 30 ml así que …

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

Page 12: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

Debemos engadir volume e iso facémolo engadindo un excipiente diluínte ata ter os 30 ml.

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA

Page 13: Selección do tamaño de cápsulas en formulación maxistral

RESUMO• Medimos o volume aparente segundo a fórmula

maxistral e o número de cápsulas.• Trazamos no nomograma a liña do volume

aparente.• Trazamos no nomograma a liña do número de

cápsulas.• Vemos onde se cruzan a liña do volume aparente

coa liña do número de cápsulas.• Comprobamos o cruce coa liña do tamaño de

cápsula e eliximos a de maior tamaño.• No caso de que o volume aparente sexa menor que

o volume total correspondente co número de cápsulas e o tamaño elixido, engadimos excipiente diluínte na cantidade necesaria para encher as cápsulas.

CÁLCULOS PARA DETERMINAR O TAMAÑO DE CÁPSULAS NA FORMULACIÓN MAXISTRAL - UTILIZACIÓN DO NOMOGRAMA