Secuencia sobre a radio

18
Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista Radio revista Orixe da imaxe: http://redlomasur4.wordpress.com/ Previo Contidos e destrezas que se traballan - Analizar criticamente a comunicación televisiva e a radiofónica, atendendo as súas especificidades. - Identificar os xéneros radiofónicos, en especial a radio revista. - Consultar con suficiente autonomía e efectividade os recursos da biblioteca, os medios de difusión e as TIC. - Procurar textos en diferentes soportes coa finalidade de extraer información que se poida integrar nas propias producións. - Analizar criticamente e seleccionar a información relevante de diferentes fontes. - Contrastar a información en diversas fontes con perspectivas ou opinións distintas. - Reformular a información útil segundo o propósito comunicativo. - Integrar a información nos propios escritos e recoñecer a autoría das ideas coa cita das fontes. - Incorporar estratexias para clarificar e vocabulario temático preciso na composición de textos. Criterios de avaliación Realiza propostas acaídas para a mellora dos textos que se abordan Relaciona con coherencia elementos da linguaxe radiofónica cos seus trazos. Recoñece os principais xéneros da radio e identifica as súas partes.

description

Actividades en Lingua e literatura

Transcript of Secuencia sobre a radio

Page 1: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

Radio revista

Orixe da imaxe: http://redlomasur4.wordpress.com/

Previo

Contidos e destrezas que se traballan

- Analizar criticamente a comunicación televisiva e a radiofónica, atendendo as súas especificidades.- Identificar os xéneros radiofónicos, en especial a radio revista.- Consultar con suficiente autonomía e efectividade os recursos da biblioteca, os medios de difusión e as TIC.- Procurar textos en diferentes soportes coa finalidade de extraer información que se poida integrar nas propias producións.- Analizar criticamente e seleccionar a información relevante de diferentes fontes.- Contrastar a información en diversas fontes con perspectivas ou opinións distintas.- Reformular a información útil segundo o propósito comunicativo.- Integrar a información nos propios escritos e recoñecer a autoría das ideas coa cita das fontes.- Incorporar estratexias para clarificar e vocabulario temático preciso na composición de textos.

Criterios de avaliación

• Realiza propostas acaídas para a mellora dos textos que se abordan• Relaciona con coherencia elementos da linguaxe radiofónica cos seus trazos.• Recoñece os principais xéneros da radio e identifica as súas partes.

Page 2: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

• Analiza e valora a calidade e o enfoque de novas xornalísticas, distinguindo feitos, valoracións e opinións.

• Procura información de acordo co plan de traballo do grupo e rexístraa axeitadamente.

• Selecciona, sintetiza e organiza a información de acordo cos obxectivos de produción marcados.

• Segue un proceso de composición en colaboración cos compañeiros e compañeiras.• Reflexiona sobre as calidades lingüisticas da linguaxe no medio radiofónico e

segue estratexias de mellora.

Proceso de traballo

Partimos das características do texto oral planificado para traballar a continuación os elmentos da comunicación radiofónica, os xéneros fundamentais da radio e mais os rastros específicos da tendenciosidade.

Na terceira parte, organizamos as seccións dun magazine, de xeito que orientemos a procura de información precisa para elaborarmos un programa de radio colectivo. Tras seleccionar e debullar as fontes, centrar a situación comunicativa e desenvolver as propiedades lingüísticas imprescindíbeis, compoñemos o guión. Por último, preparamos e realizamos a locución.

I. ACHEGAMENTO

Actividade 1

Lemos, para comezar, a carta que Ndeye lle envía a Nafissatou, no relato Ilegal, do libro Cartas de amor, de Fran Alonso. E, tras comentar o texto, vemos como explica o propio autor algunhas das claves da obra en http://ir.gl/a893e7 .

a) Se ti estiveses entre o alumnado que escoita a Fran Alonso, que pregunta lle realizarías? Recóllea por escrito.b) Que respondería Ndeye na radio á pregunta Que tal te trata Europa? Pénsao e responde ti oralmente.

A partir de aí, tiramos colectivamente as diferenzas entre os textos escritos e os orais.

1. A respecto da maneira de aprendelos...2. Desde un punto de vista físico e tendo en conta a canle...3. No que se refire á disposición a interaccionar...4. Considerando o grao de elaboración...5. Atendendo os recursos de cada un deles...

Page 3: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

Actividade 2a) Aprecia as diferenzas lingüísticas entre estes textos co mesmo contido. Fíxate nas razóns da diferente extensión, na estrutura das oracións, nas palabras en grosa, etc.

Texto oral planificado Texto escrito

É curioso, porque cando comecei a escribir Cartas de amor, pois, eu a verdade é que non me propuxen escribir un libro protagonizado por mulleres, eu simplemente quería escribir un libro, pois falando dalgunhas situacións moi difíciles, dalgunhas situacións complexas. Pero a medida que eu ía avanzando, deime conta, case imperceptiblemente, porque non foi a miña intención, de que a maior parte dos relatos estaban pro..., estaban protagonizados por mulleres, non? Non foi algo que fixera a propósito, entón, cando eu estaba aproximadamente na metade do libro, deime conta de iso era así, e non era inocente, é dicir, respondía a algo. Se eu escollera mulleres de forma inconsciente, iso quería dicir que as que sofren a maior parte destas situacións de inxustiza, de pobreza, a maior parte das vítimas desta situación son mulleres, e polo tanto decidín asumir ese compromiso, ou esa realidade, esa realidade, e levala a todo o libro e asumir que este é un libro protagonizado por mulleres, non? E ese é outro dos... dos polos que... que creo que nuclean o libro, non?, outra das características deste libro, que é un libro protagonizado por... por mulleres. E ademais, é un libro que fala do amor, pero onde o amor, creo que iso o digo no prólogo, onde o amor non é o protagonista, senón a desculpa que a min me permite falar de determinadas situacións moi moi duras, moi moi difíciles, pero que sacan a flote eses personaxes, non?

FRAN ALONSO, en http://ir.gl/2f6bb

Curiosamente, cando comecei a escribir Cartas de amor non me propuxen elaborar un libro protagonizado por mulleres, senón simplemente unha obra que falase dalgunhas situacións moi difíciles e complexas. Pero a medida que ía avanzando no proceso de creación, aproximadamente na metade do libro decateime, case imperceptiblemente, porque non era a miña intención, de que a maior parte dos relatos estaban protagonizados por mulleres. E ese feito inconsciente non podía ser inocente, respondía a algo, quería dicir que as que sofren a maior parte desas situacións de inxustiza e pobreza, a maioría das vítimas desas circunstancias, son mulleres. Polo tanto, decidín asumir un compromiso con esa realidade e estender a todo o libro o protagonismo feminino. Ese é xustamente outro dos polos que nuclean o libro, outra característica da obra. Ademais diso, é un libro que fala do amor, pero, tal como recollo no prólogo, este non é protagonista, senón a desculpa que me permite amosar determinadas situacións de extrema dureza, moi difíciles, pero que sacan adiante eses personaxes.

Posíbel escrita da intervención

b) Revisa as seguintes intervencións radiofónicas (parcial ou totalmente planificadas) e indica os aspectos positivos e mais os negativos que aprecias, como oínte, nas locucións. Ten en conta sobre todo a vocalización, a pronuncia, o ton, o volume e a fluidez.

Son do chafarís (8':10'') http://ir.gl/293605 (de http://radioordes.blogspot.com.es/ )Diario cultural (1':33'') http://ir.gl/796631 (de http://www.crtvg.es/rg/programas/diario-cultural )A vida é outra cousa (2':00'') http://ir.gl/9ec580 (de http://www.ivoox.com/podcast-podcast-a-vida-e-outra-

cousa_sq_f116343_1.html )

c) Partindo das análises anteriores, realiza algunhas propostas para facilitar a locución dinámica e con naturalidade de calquera texto escrito. Ou sexa, indica como oralizarías o texto dun guión para que non ficase nunha simple lectura: que marcarías previamente, como manexarías a voz, etc.

3

Page 4: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

II. CARA AO MAGAZÍN

Actividade 3

a) Reorganiza os seguintes tipos e trazos dos elementos da comunicación radiofónica mediante un esquema.

1. Palabra 2. Música 3. Efectos de son 4. Silencios 5. RuídosPersuaden Describen o contexto Reproducen o contexto RefachoNatural Enfatizan Identifican ComprensíbelSintonía Golpe Transmite ideas

b) Redactade, en grupos, catro parágrafos nos que se expliquen os elementos da linguaxe radiofónica: dous adicados á palabra, un á música e outro aos efectos xunto cos silencios e ruídos. Apoiádevos no mapa de contidos que está na seguinte páxina.

c) Tamén en grupos, identificade trazos da linguaxe radiofónica neste guión histórico. Axústase plenamente ao recomendábel? Especificade.

Page 5: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

Page 6: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

En versión programa radiofónico: http://ir.gl/b46ee8 .

Actividade 4

a) A ver se es quen de identificar as estruturas básicas que están a continuación, correspondentes a tres xéneros radiofónicos distintos. Apóiate no esquema de contidos.

A: .........................

Apertura e presentación dos/as convidados/as (locutor/a)Presentación do tema a tratar (locutor/a)Intervencións (convidados/as e locutor/a)Despedida (locutor/a)

B: ........................

Presentación e paso ao corte (locutor/a)

Narración desde o lugar do acontecemento (xornalista)

Peche (locutor/a)

C: ........................

Apertura e entrada co sumario (locutores/as)NovasEntrevista / Selección musical / Conexión / Concurso / Humor / Enquisa...Peche (locutores/as)

Page 7: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

b) Recoñece na seguinte crónica radiofónica as partes típicas deste xénero e indica o contido de cada unha delas..

Track 1. Video Killed The Radio Star

10'' e pasa a fondo

Track 2 F.InTrack 2 FOut

Track 3. SOBE Uns segundos e FOut

LOCUTOR: Nesta segunda hora do programa falamos da radio. Andrea Meixomil está na conferencia sobre a radio musical impartida na Universidade de Vigo. Boas tardes, Andrea.

CRONISTA: Boa tarde. Rodeado dunha audiencia de mozos e mozas universitarias, Ignacio Couso percorreu a evolución da radio musical no Estado. A dificultade residía en transmitir as características dunha época a un público, non só profano, senón que nin sequera nacera daquela.Cun discurso fluído e seguro, Couso situouse nos anos 70 para falar dos primeiros programas musicais, que naceron procurando uns contidos diferentes aos existentes na onda media. Entre estes contidos distintos, a música presentábase como o máis barato e dispoñíbel.Pouco a pouco, o conferenciante avanzou cara aos anos oitenta e os asistentes chegaron a sorrir cando nomeou a movida viguesa. Case ninguén dos presentes a viviu en primeira persoa, pero ese movemento underground é aínda hoxe unha referencia de rebeldía e liberdade que a moitos lles gustaría vivir. O que o público non sabía era que a radio musical tivera un papel fundamental na difusión da movida.A radio convértese entón nun referente para a xente nova. Pero non só de rebeldía vive o home e as grandes empresas discográficas e radiofónicas comezan a impulsar dúas formas de escoitar música nas ondas: a radio comercial fórmula e a radio temática musical.Dos noventa, Couso comentou como se abandonaron as actitudes alternativas e minoritarias en boa medida ao irromper a tecnoloxía nas nosas vidas. O mp3 e a conexión á rede global poñen ao noso alcance elementos impensábeis ata entón.

LOCUTOR: Grazas, Andrea. Certamente, os tempos cambian, a tecnoloxía evoluciona, pero mantense o sentimento e a paixón pola música.

c) O magazine é un xénero de variedades que combina outros xéneros, inclúe seccións tan dispares como novas, entrevistas, concursos, etc. Soe estar conducido por dous locutores e aborda con amenidade as máis diferentes temáticas. Algunhas das seguintes entradas pertencen a radio revistas (magazine). Indica cales e por que cres que é así. Extrae, entón, outros trazos deste xénero.

1Esta tarde temos previsto falar moito de programas de entretemento: videoxogos e demais. O sabor galego vaino poñer a xente de Arcade Estudios, que traballan creando aventuras gráficas, un soño de moitos feito realidade. O noso interrogatorio, cuestionario

2Trataremos hoxe diversos temas de actualidade. Comezaremos coa polémica aprobación da Lei de costas e continuaremos coa situación en Exipto e as protestas no norte de África. Por último, aínda

3Ímosvos adiantar quen foi Valentín Paz Andrade, xa que se lle dedican as Letras galegas. E tamén faremos un repaso polas novas culturais máis importantes da Semana das Letras. Destacamos xa para empezar o festival de Cans, que está para arrancar, o Repercusión, que

Page 8: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

tecnolóxico, no que queremos saber como se levan cos bytes os famosos, teremos a oportunidade de conversar cunha muller que descubriu a maneira de conservarse guapa e con bo humor indefinidamente: a cantante Sabela. Pablo Grandío traeranos as novidades máis interesantes do sector dos xogos para consola, PC e todas as variante de sillón e jostick. E todo isto complétao a nosa ración semanal de novas.

deberiamos ter tempo para abordar a difícil situación da casa real española.Contamos, para iso, coa presenza do profesor Xosé Luís Lama, boa noite; do xornalista Pablo Solla, especialista en política internacional, benvido; a politóloga da Universidade de Santiago de Compostela Carme Fariña, benvida; e contamos tamén co escritor e colaborador desta casa Xosé Carlos Canal, boa noite tamén. Comezamos coa primeira quenda de intervencións.

está sendo, e moitas outras novas. Miramos tamén cara atrás, porque o pasado xoves celebrábase en Compostela o festival Terra da fraternidade, unha homenaxe ao Grândola Vila Morena, do Zeca Afonso. Habemos recordar todo o que pasou alí. Imos falar tamén con Ataque Escampe, porque hai nada celebraban os seus dez anos de existencia. E Zenzar anda armándoa por todo o país, o pasado 5 de maio presentaba na sala Josfer o seu último traballo, Vaise armar. Falamos con Bocixa para que nos desvele todo o que hai detrás dese último disco. Remataremos, coma sempre, cunha recomendación de actividades culturais.

4Xapón ten ao seu carón a profundidade da Fosa das Marianas, o océano máis escuro, máis fondo do mundo (once quilómetros de profundidade). E este un país á beira dun precipicio. Pero o país é en si mesmo tamén un precipicio (as tres cuartas partes da terra son pendentes de máis dun 15%). E, ademais, un precipicio ao lombo dunha balea, como o imaxinaban os antigos poboadores cando sentían a destrución do tremer de terra (os 1.500 terremotos que se producen ao ano). Non é estraño que na arte xapo- nesa o perdurable non teña importancia. Nada perdurará do Xapón. Quizais mañá non exista. Pero agora existe, sentado na balea. Como a cidade de Asu, sobre a que voamos agora, na illa de Kyushu: unha vila de 80.000 habitantes construída dentro do cráter dun volcán.

5Como cada tarde de domingo, a esta hora iniciamos a atención aos partidos da xornada. Todas as divisións con presenza dos nosos equipos e todas as incidencias nos campos de xogo. Acompáñannos Fran Salgado e Tito Moure nos comentarios. Centraremos a nosa atención, por suposto, na primeira división, en concreto no partido do Celta, que se xoga hoxe a permanencia.Conectamos xa co estadio de Balaídos, onde se atopa o noso compañeiro Xoán Rama. Adiante.

6Primeiro abriremos cun feixe de novas. Falaremos especialmente dunha agresión que se produciu na Praza de Armas. Farémonos eco da convocatoria dunha manifestación baixo o lema Xente sen casa, casas sen xente. Cara ás seis e media teremos con nós un vello coñecido, José Luís Díaz, que nos traerá unha colleita musical baixo o título Da nenez ao caos. Logo faremos unha conexión co pleno do Concello para falar dunha usurpación legal, a do edificio do Ateneo ferrolán, aberto actualmente a diversos colectivos cidadáns. E tamén trataremos un secuestro, o do neno Xesús no portal da praza compostelá do Obradoiro. Contaremos que pasou e cal foi o comunicado da banda responsábel, Fart@s. Ademais, sobre as sete e media visitaranos Fernando Barroso, un dos compoñentes de Pop, que acaba de publicar disco.

Page 9: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

Actividade 5

Escoita o seguinte fragmento do programa A crónica (http://ir.gl/259fdb), da Radio Galega, sobre a aprobación da LOMCE e valora:

• a calidade da información (enténdese?, é suficiente?)• o enfoque que se lle dá ao tema (o contido da presentación dos locutores

identifícase cunha das partes?, a énfase pretende persuadir?) • a pluralidade das opinións, a escolla destas e o tempo que se lles adica a cada

unha delas (están presentes as diferentes posturas con relevancia social, non só política, sobre o tema?, hai proporción segundo apoio social? -considera que, á marxe do discurso dos locutores, a presenza do goberno ocupa 64'', a oposición 27''-)

• os previsíbeis intereses da emisora (cres que é independente un medio público como a RG?)

Contrasta co tratamento da mesma nova en Radiofusión (http://ir.gl/a558d):

Unha lei moi contestada

A Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, a LOMCE, vai ser aprobada hoxe no Congreso grazas á maioría absoluta do Partido Popular, que aproveita a súa volta ao Goberno central para tirar abaixo a última reforma do Partido Socialista e impor o seu modelo para o ensino sen necesidade de chegar a acordo ningún co resto de forzas do Parlamento. Tan unilateral é esta mudanza dun dos piares esenciais do Estado que xa existe un compromiso manifestos da maioría dos partidos da oposición de derrogala en canto haxa unha mudanza de cor política na Moncloa.

Sociedade • 10/10/2013 • Autor: Redacción

Logo de que a lei defendida polo ministro de Educación José Ignacio Wert pase o trámite de hoxe, irá ao Senado, onde tamén será sometida a debate previo á súa ratificación. Entre outras cuestións, a LOMCE destaca por fixar o castelán como lingua vehicular do ensino en todo o Estado, aumentar as horas de docencia de relixión e fixar avaliacións finais que o alumnado debe superar ao remate de cada etapa educativa.A nova reforma vai ser saudada cunha xornada de folga xeral no ensino que en Galicia vai ter algunha característica particular. E é que as principais organizacións nacionalistas de estudantes veñen de presentar un manifesto e a súa propia convocatoria de paro nas aulas para o día 24 de outubro. O chamamento, asinado por Agir, Comités e a Liga Estudantil Galega, amosa unha vontade de afastamento das liñas marcadas polos sindicatos estatais e a oposición á LOMCE e aos recortes no ensino realízase facendo fincapé na problemática particular do estudantado galego.Os sindicatos de estudantes denuncian que cada vez custa máis diñeiro estudar e desbotan que se teñan que aplicar na universidade fórmulas como as promovidas nalgún centro fóra de Galicia consistentes no mecenado particular de estudantes sen recursos.

Page 10: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

III. PRECISAMOS INFORMARNOS

Actividade 6

Organizamos o traballo coas fontes. Seguimos estas orientacións, coas ligazóns activas en http://ir.gl/planradio .

Page 11: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

Actividade 7

A información das fontes rexistradas deberá agora sintetizarse. Para iso, cubride un cadro coma o seguinte, que ocupará cando menos unha cara de folio. Revisade previamente as recomendacións para resumir e para citar que están a continuación.

Sección do grupo: ...................................................................................................................O que quere comunicar: ...................................................................................................................................................................................................................................................................

Fonte 1:..................................................

Fonte 2:...................................................

Fonte 3:...................................................

En varios parágrafos:• DATOS BÁSICOS,• INFORMACIÓN

QUE CONTEXTUALIZA,

• CAUSAS (agás G2: grupo 2)

Page 12: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

FRAGMENTOS para CITAR (TEXTUAIS OU CON REFORMULACIÓN)

PROPOSTAS, MEDIDAS NECESARIAS (só G1)

CARACTERÍSTICAS DAS CANCIÓNS (G2)

PROXECTOS DO GRUPO (G2)

PARA QUE (G3)

OPINIÓNS (G4)

POSTURAS (G5 e G6)

Pasos para facer un resumo

• Le o texto completo con atención, varias veces se é preciso. • Subliña o máis importante do primeiro parágrafo, as palabras clave, e escribe con

palabras propias e de maneira moi breve a idea principal. • Realiza a mesma operación cos outros parágrafos.• Reescribe todo o que anotaches para recoller só o global das ideas, enfiando ben

estas con conectores (Por iso, Así mesmo, etc.) e referencias (Esta situación...). • Le o teu resumo e comproba que se axusta ao que di o texto, que se entende e que é

correcto.• Revisa se cumpre as claves: brevidade (non máis alá do 25% do orixinal), claridade,

unión das ideas (non é un listado), ausencia de opinión propia, sen calcos do texto, sen repeticións nin exemplos ou detalles.

As citas

Citas textuais

(recollen un fragmento alleo literalmente)

Algunhas posibilidades lingüísticas, en estilo directo e indirecto:Tal como se afirma en / Segundo... [fonte / autor]: [Cita literal] [Cita literal], (como) di / recolle / afirma... [fonte / autor] [Fonte / autor] indica que / deixa ben claro que... [Cita literal]

Citas de reformulación

(adaptan o contido orixinal)

Con verbo de comunicación[Fonte / autor] di que, defende que, afirma que, apunta que, considera que, sostén que..... [contido adaptado]

De referencia xeral, paráfrase ou resumo[Fonte / autor] analiza, reflexiona sobre, defende... [paráfrase, resumo]

IV. SOMOS GUIONISTAS

Actividade 8

En primeiro lugar, necesitamos bosquexar a sección da que se encarga o grupo cun esquema ou preguión. Abondará con aclarar entre tod@s estas cuestións:

Page 13: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

• Que título -curto, concreto e orixinal- lle daremos á nosa sección?• A que tipo de público nos queremos dirixir? Que lle interesará escoitar en

relación co tema escollido polo grupo?• Vaise empregar música? Cal ou de que tipo? Como (de fondo, golpes...)?• Incluiranse efectos de son? Cales? A que altura (cando)?• Que partes terá o texto? En que orde se achegarán as informacións, opinións,

etc.? • Como abriremos e presentaremos o tema? Como facer un inicio orixinal, que capte

o interese, próximo aos posíbeis oíntes? • Como pecharemos? Como se pode ser conclusivo e penetrante coas poucas

palabras do peche?• Cantos locutores intervirán? Quen serán no grupo?

Actividade 9

Antes de elaborar o guión, será útil centrarnos nas calidades lingüísticas da expresión radiofónica. Sabemos que a linguaxe debe ser clara, sinxela, natural. Así pois:

• Terá un rexistro estándar, nin moi formal, nin totalmente coloquial.• Dirixirase aos oíntes e intentará captar a súa atención.• Será directa, concisa, con precisión léxica e, polo tanto, sen rodeos innecesarios.• As oracións serán curtas e seguirán preferentemente a orde lóxica.• Os verbos terán forma activa.

Nesta parte, traballaremos estas cuestións en parellas.

a) Convertede estas estruturas sintácticas coa orde lóxica alterada en estruturas lineais (SUX-VBO-COMPL). Pasade tamén aquelas oracións que estean en voz pasiva a activa e mellorade a puntuación.

- Un destes últimos días tivo o acusado unha visita que agradeceu.- A última hora da tarde deste luns a pesar do seu estado de saúde o tesoureiro foi interrogado polo fiscal.- Catrocentos trinta inmigrantes que viaxaban en tres caiucos foron interceptados en augas canarias por patrulleiras da Gardia Civil.- Máis de cen cartas de extorsión nas que se piden cantidades de ata 100.000 €, foron recibidas nos últimos dous meses por empresarios.- Máis diñeiro para as guerras en Oriente medio pediu, onte no Congreso na presentación do proxecto de orzamentos para 2008, o presidente de EE.UU.- Dunha segunda proba nuclear podería tratarse, unha sacudida en Oriente xera a dúbida mundial.

b) Substituíde nestas oracións as palabras comodín ou propias dun rexistro coloquial por termos máis precisos: pertenzas, percorrer, producir, posuír, desenvolver, argüír...

- Aquelaron as súas cousas, porque tiraban xa. - Fixeron moitos quilómetros facendo moito ruído para protestar.

Page 14: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

- A cooperativa vai facer unha reunión para poñer as normas de venda a socios.- A empresa ten recursos suficientes e ultimamente ten moi bos resultados. Os seus técnicos teñen un proxecto pioneiro.- O compás é unha cousa que vale para orientarse. - Desmontoulle o cacharro ao fillo e, cando o volveu montar, sobrábanlle cousas. - O rapaz ten todas as cousas para chegar a ser un bo avogado.- Despois de preguntarlle, díxonos que non quería falar.- Para convencelo díxolle que na prensa dixeran que as praias estaban pechadas.- Os seus tíos déranlle un chintófano para mirar as estrelas.

c) Achegade alternativas para facer que o seguinte texto sexa máis claro e sinxelo. Reescribídeo mantendo todo o seu contido, pero evitando a introdución de incisos explicativos, a acumulación de subordinadas e a referencia pronominal distante.

O pasado primeiro de Maio foi un chisco diferente a todos os demais da historia pois, ademais de escoitarse na voz dos distintos líderes sindicais proclamas sobre o dereito ao traballo e a protesta contra da reforma do mercado laboral (esa que ía crear emprego e só crea miseria), por vez primeira tiveron case que o mesmo protagonismo as queixas contra os recortes en sanidade, educación, subsidios ou contra os bancos e os seus abusos. Este converteuse, ademais de na festa da Clase Obreira (que existe , igual hai uns anos dubidabamos, pero existe, o proletariado volve existir... chea ela de mozos e mozas con carreiras e mestrados e sobreexplotados), nunha reivindicación dos dereitos máis básicos e nunha protesta contra o estado de acoso e derrubo que nos malgoberna.

(Fragmento adaptado dun artigo de Francisco Castro, http://ir.gl/4aeea7)

d) Procurade agora a máxima concisión posíbel, empregando só as palabras necesarias, para expresar o contido -completo- do seguinte texto. Polo tanto, eliminade todo o que non engada información e simplificade ao máximo a expresión. Para facilitar este xogo de redución, aparecen marcadas as principais reviravoltas.

As substancias estupefacientes que tiñan no seu poder as persoas acusadas descubríronse cando a policía de tráfico procedeu a realizar un control rutinario. A parella que ocupaba o vehículo foi obxecto de sanción por parte das autoridades xudiciais logo dun xuízo rápido que se celebrou despois de transcorreren dous días tras a detención e que tivo unha duración de apenas media hora. A este respecto, a avogada defensora quixo aclarar ante os medios de comunicación e difusión que ficou comprobado que os acusados neste xuízo non forman parte de ningunha rede de traficantes de drogas, polo que transmitiu a solicitude de respectar, na medida do posíbel, o seu anonimato. Así mesmo, quixo facer sabedora a opinión pública da substancia requisada, marihuana, que non se atopa entre as que provocan un perigo importante para a saúde se se consome de xeito ocasional, asegurou a letrada.

e) Practicamos tamén as estratexias de reformulación e aclaración dun escrito con información densa. Para iso, engadide diferentes axudas (tres como mínimo) que pode precisar o oínte para entender mellor o texto que está abaixo e que contribúen tamén á fixación na memoria do seu contido. Estas ampliacións e redundancias útiles poden ser:

Page 15: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

• anticipacións (adiántase minimamente do que se vai falar);• repeticións con variación léxica (sinónimos, expresións equivalentes...) e

paráfrases; • definicións de conceptos ou termos;• comparacións e exemplos;• referencias á experiencia compartida;• etc.

A palabra é o elemento da linguaxe radiofónica que transmite a mensaxe e o sentido. O bo uso de palabras concretas permitirá espertar imaxes auditivas na mente dos oíntes.

A música é quen mellor expresa os sentimentos. Permite crear ambientes cunha determinada emoción. Tamén pode trasladarnos de lugar e no tempo.

f) Por último, imos facernos máis conscientes dalgunhas estratexias para captar a atención dos oíntes. Cales cres que se inseriron nestes enunciados? Preguntas retóricas, alusión ao receptor, inclusión con verbos en 1ª p. do plural, variación do rexistro lingüístico, humor...?

- A súa intervención foi bestial. Vaia recadiño que lle mandou ao goberno!- Pódese tolerar esta situación por máis tempo?- Por este barrio non pasou Atila, os veciños teñen herba ata na caseta do can.- Imaxinemos que temos que tomar unha decisión sobre un investimento importante.- Cando vós escoitades algo así, eu sei que vos remexedes de indignación.

Actividade 10

En grupo, recuperamos os contidos da actividade 7 e mais o bosquexo da 8 para crear o guión do noso microespazo. Apreciade antes o inicio do guión do programa que escoitamos na actividade 3 e mais o vocabulario temático que debedes incorporar cando se precise.

CONTROL LOCUCIÓN

Sintonía O sonoro maxín (esvaecer uns segundos)

(fade in ) (esvaecer)

Locutor único: Radio Aulario 2. // Un case programa / para falar da radio / facendo radio. [categórico]

Locutor único: Coa nosa sintonía de fondo, / do Sonoro maxín, / e despois da apertura, // continuamos esta brincadeira / coa entrada en forma de sumario.

VOCABULARIOAguantar. manter a música en segundo plano.

Page 16: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

Cortar: rematar o son bruscamente.En baleiro: voz sen fondo.Encadear: fundir sons consecutivamente.Esvaecer: levar o son a fade out.Fondo: sonido ambiente.Fundir: sons que se mesturan ao esvaecer un e entrar outro.Golpe: fragmento musical breve que acentúa un contido.Pausa valorativa: silencio para outorgarlle importancia ao que segue.Refacho: fragmento musical para separar contidos.

Empregade o seguinte modelo para inserir todos os elementos da vosa sección. Situade con coherencia temporal os elementos de control e as intervencións orais.

Título da sección:

CONTROLMúsica, efectos, silencios

LOCUCIÓNLocutor: texto [actitude, ton, ritmo]

Finalmente, intercambiamos os guións (o gupo 1 pásallo ao dous, e así sucesivamente) e avaliámolos de acordo cos seguintes criterios, realizando se é preciso algunha proposta de mellora na marxe antes de volvérllelos aos seus creadores.

Cuestións de avaliaciónAxústase o guión á sección que lle corresponde ao grupo?Hai un título curto e orixinal?Os contidos resultan interesantes? Enténdense ben?Aprécianse distintas partes? Hai unha apertura que capta o interese? Existe un peche conclusivo?Empréganse fragmentos musicais e/ou efectos de son?Os contidos preséntanos diferentes locutores?O rexistro está próximo do coloquial?A linguaxe é directa, clara, concisa e precisa?Inclúense reformulacións ou aclaracións?Especifícanse os elementos de control de xeito paralelo ás locucións?Empregouse un vocabulario técnico no control?Incorporáronse marcas ou notas sobre a forma de facer a locución?

V. NO POSTO DO/A LOCUTOR/A

Actividade 11

A pronuncia, o ton, a intensidade ou o timbre determinan a intención da mensaxe e fan chegar esta de maneira efectiva. E fundamental que a locución resulte natural, áxil pero

Page 17: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

sen rapidez innecesaria e próxima ao oínte. Para poder coidar a expresividade da palabra, sempre adecuada ao tema tratado, realizamos os seguintes exercicios.

a) Unha rolda de lectura. Leredes unha oración que indicará o profesor cunha actitude específica asignada (noxo, sorpresa, felicidade...) ou nunha situación determinada (contando segredos, seducindo, etc.). Unha vez que se remate, volverase ler, mais cun ton acaído ao contido.

b) Individualmente, marcade as palabras que considerades clave no seguinte texto e que habería que ler con maior énfase, así como as pausas correspondentes aos signos de puntuación xunto con algunhas a maiores tamén necesarias. As palabras clave subliñaranse, as pausas aparecerán cunha barra (maiores con //, menores con /). Despois comparade en parellas os textos e comentade as diverxencias.

Esperábase que o famoso iPhone de plástico fose de baixo custo, e ao final non foi tal. O que fixo Apple o outro día foi presentar a nova xeración do iPhone 5, cun procesador novo, bastante mellorado a respecto do anterior, e que inclúe unha especie de compañeiro, un microprocesador que está atendendo as aplicacións que consomen poucos recursos. Detalliños que a xente notará co tempo.

Nas outras melloras hai dúas que chaman a atención. Por unha parte, a cámara, e por outra, un sensor novo. O ollo da cámara é máis grande, polo que o que capta ten máis calidade aínda co mesmo número de megapíxeles. Metéronlle tamén un flash que ten dobre led, dúas cores de flash distintas, e segundo as condicións lanza máis dunha ou doutra para intentar que as cores estean ben adaptadas á realidade. Na gravación de vídeo inclúe un detalle que aos que lles guste recoller deportes pode que lles faga graza. Permite obter 120 fotogramas por segundo, de maneira que ti estás gravando unha secuencia de acción, por exemplo un regate no fútbol, e poñelo en cámara lenta.

Adaptado de Banda ancha, da RG

c) Leremos agora o texto anterior, atendendo as marcas pero tamén engadindo algúns comentarios parentéticos que fagan máis comunicativa a lectura. Estes comentarios prepararanse pero non se escribirán, pois deben inserirse oralmente coa maior naturalidade posíbel. Poden ser aclaracións de termos, algún exemplo concreto ou apelacións aos receptores do tipo como xa seguramente saibades, fixádevos...

Actividade 12

Antes de realizar a gravación, todos os membros do grupo deberán ter copia do guión e marcar nas súas intervencións as pausas e as énfases (o ton xa debe figurar). A continuación, haberá que ensaiar e mellorar a vocalización, a pronuncia, o tempo (velocidade), o ton, o encadeamento das diferentes partes...Os principais erros que se deben evitar na locución son:

• Falar demasiado rápido.• Ler de maneira esaxerada, histriónica, pouco natural.• Non respectar os signos de puntuación: comas, puntos, signos de interrogación e

Page 18: Secuencia sobre a radio

Lingua galega e literatura, 3º ESO, secuencia Radio revista

exclamación…• Ser monótono e non dar expresividade ao que se le.• Non transmitir o sentimento que require cada contido.

Recollede algúns dos criterios de revisión do guión, da actividade 10, e mais estas últimas cuestións sobre as calidades da locución e elaborade unha folla de valoración para autoavaliarvos e avaliar os demais grupos.

A continuación, dedicarémoslle unha sesión enteira a gravar, coas intervencións ben coordinadas, o noso magazine.