Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de...

15
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 1 Santiago de Compostela: unha visita singular. INTRODUCCIÓN Unha das mellores maneiras de adquirir aprendizaxes é entender o porqué das cousas. Esta visita a Santiago non podemos enfocala pretendendo entender todo o que hai a nivel de arte (barroco, neoclásico, gótico, románico, plateresco, volutas, capiteis, estriados, xirolas, gárgolas, ...); xa que ides de excursión a Santiago intentaremos que entendades o porqué as cousas se chaman así e o uso que anteriormente tiveron. Para ilustrarvos isto, vouvos contar unha historia verídica que nos axuda a saber porque hoxe lle chamamos así a un animal. Tras o descubrimento de América todos os estados buscaban descubrir novas terras e así lanzáronse a navegar na procura de novos achados. Foron varios séculos de expedicións a África, a distintas zonas de América e de Asia. Inglaterra que era un país

Transcript of Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de...

Page 1: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

1

Santiago de Compostela: unha visita singular.

INTRODUCCIÓN

Unha das mellores maneiras de adquirir aprendizaxes é

entender o porqué das cousas. Esta visita a Santiago non podemos

enfocala pretendendo entender todo o que hai a nivel de arte

(barroco, neoclásico, gótico, románico, plateresco, volutas, capiteis,

estriados, xirolas, gárgolas, ...); xa que ides de excursión a Santiago

intentaremos que entendades o porqué as cousas se chaman así e

o uso que anteriormente tiveron. Para ilustrarvos isto, vouvos contar

unha historia verídica que nos axuda a saber porque hoxe lle

chamamos así a un animal.

Tras o descubrimento de América todos os estados buscaban

descubrir novas terras e así lanzáronse a navegar na procura de

novos achados. Foron varios séculos de expedicións a África, a

distintas zonas de América e de Asia. Inglaterra que era un país

Page 2: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

2

cunha gran flota enviou pola zona do océano Pacífico ao capitán

James Cook. Cando no 1770, o capitán Cook e os seus homes

desembarcaron en Australia descubriron un animal singular, o

canguro. Claro que eles como nunca antes o viran non sabían como

se chamaba. Dedicáronse a preguntarlles aos aborixes, pero ao non

falar o mesmo idioma houbo algún problema. A conversa que

mantiveron puido ser algo así.

Home branco. -Cómo se chama ese animal?

Aborixe. (Puxo cara de sorprendido vendo a aqueles homes

de pel tan branca e falando un idioma descoñecido)

Home branco. -Que como se chaman eses animais que dan

chimpos?

Aborixe. (Engúrrase de ombros e non entende nada)

Home branco (gritando un pouco máis, por si o aborixe non

oía ben. -Co-mo se cha-ma e-se a-ni-mallll!!!!!?

Aborixe. (Xa canso de tanto interrogatorio di o seguinte no seu

idioma) – Kangaroo.

O capitán Cook quedou satisfeito, tomou nota e cando tempo

despois chegou de volta a Inglaterra contou que alí había un animal

parecido a un rato xigante que os aborixes chamaban “kangaroo”.

Moitos anos despois cando se estudiaron os dialectos e linguas de

Australia sóubose que “kangaroo” significaba algo así como “Non lle

Page 3: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

3

entendo nada”. Pero todo o mundo lle chamaba xa a ese animal

canguro, incluso os galegos.

A PRAZA DA QUINTANA

A praza da Quintana debe o seu nome a Quinta ou Quintá

que quere dicir “espazo aberto”, esta praza foi lugar de

enterramento ata o século XVIII que por razóns sanitarias pechou

e buscouse outro emprazamento para o cemiterio.

Dende a praza da Quintana dos Mortos podemos ver a Porta

Santa da catedral que só se abre cando é ano Xacobeo, esta porta

e aínda unha das que quedan da antiga catedral románica (onde

está a catedral actual xa houbo outra catedral anteriormente e

tamén unha igrexa)

Nesta praza tamén está ubicado o convento de San Paio de

Antealtares fundado no século IX. Nos seus inicios habitábano

monxes que tiñan o cometido de protexer os restos do apóstolo de

Page 4: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

4

posibles saqueos ou invasións. Hoxe en día habítano monxas que

fabrican doces que se venden no propio convento.

Desta praza partiu o chamado Batallón universitario integrado

por profesores e 1.000 alumnos que foi loitar na Guerra de

Independencia contra a ocupación francesa da tropas de Napoleón

Bonaparte no 1808. En memoria deste feito nunha época

chamóuselle a Praza dos Literarios. Para recordar este feito

podemos ver unha placa na parede do Convento de San Paio de

Antealtares.

HOSTAL DOS REIS CATOLICOS

No 1486 os Reis Católicos visitan Santiago con dúas

motivacións. Por unha banda, buscar apoios para o seu proxecto de

unificar os distintos reinos en que estaba dividida a península ibérica

(daquela aínda non era España como a coñecemos hoxe, os reinos

estaban separados) e intentar que o reino de Galicia non puxese

Page 5: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

5

tanta oposición e por outro lado crear un hospital para atender á

poboación de Santiago e tamén aos peregrinos.

A fundación deste Hospital Real de Santiago contribuirá á

modernización da sanidade pero non será ata 1501 cando se

comecen as obras. Este vai a ser un dos primeiros edificios do

Renacemento galego. A fachada do actual Hostal dos Reis

Católicos imita un retablo. No alto vese a Santiago Apóstolo, Xesús,

a virxe e San Xoán, debaixo están os 12 apóstolos. A un lado Adán

e ao outro Eva. Tamén figuran aquí os escudos imperiais e reais,

así como os medallóns de Isabel e Fernando.

O edificio é de estilo plateresco. Ten ademais algúns

elementos ben curiosos como as gárgolas (veñen sendo

desaugadoiros) que usan figuras de todo tipo fundamentalmente de

animais. Debedes mirar con moita atención un dos desaugadoiros

ten sorpresa.

Dentro do hospital a atención aos enfermos estaba separada

por alas. O lado esquerdo para os homes e o dereito para as

mulleres. As clases sociais máis adiñeiradas terán un espazo aparte.

Por último dicir que o balcón que se ve será engadido no século

XVII.

Page 6: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

6

Na fachada do edificio había unha porta que ía dar ao torno ou

inclusa do hospital. Neste lugar abandonábanse ao nacer nenos e

nenas orfos ou non desexados. Só un 10 % destes rapaces e

rapazas chegaban a cumprir os sete anos.

Como curiosidade hai que dicir que a mesma Rosalía de

Castro foi unha nena abandonada nesta inclusa e bautizada na

capela do hospital. Máis tarde será criada por unhas tías. Este

edificio funcionou como hospital ata 1954 que pasou a ser un hostal

dos da rede de Paradores Nacionais de Turismo.

Como curiosidade e en recordo a hospital de peregrinos que

foi os 10 primeiros peregrinos de cada día que cheguen a Santiago

acreditados coa Compostela poden comer 3 comidas gratis neste

Hostal dos Reis Católicos de 5 estrelas.

PRAZA DAS PRATERIAS

Nesta praza atópase a única fachada románica que queda da

catedral, data do século XI, moitas veces destruída e varias veces

Page 7: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

7

reconstruída con figuras da fachada norte e doutros puntos da

catedral de modo que se insertaron ás veces elementos fóra do seu

sitio.

No friso hai apostos, anxos e signos zodiacais, no centro está

Cristo bendicindo, nun lado ten a Santiago e ao outro 6 pequenos

anxos. Nos pés de Cristo, Abraham saíndo da tumba e encima dos

tímpanos, a tentación de Cristo nun lado e no outro o xuízo de

Poncio Pilatos, a flaxelación de Cristo, e a traizón de Xudas.

Finalmente aos lados están a creación de Adán na esquerda e de

Eva á dereita.

Nos soportais atópanse escudos da tradición Xacobea,

Santiago guerreiro a cabalo e ao outro lado o traslado dos restos de

Santiago a Galicia por mar. Tamén está nesta praza a coñecida

como a fonte dos cabalos que é do século XIX e a Casa do Cabildo

ao fondo.

Esta praza debe o seu nome ao numeroso grupo de orfebres

que traballaban a prata e aínda hoxe se manteñen as tendas baixo

os arcos laterais, que veñen sendo os mesmos lugares onde fai

século traballaban os prateiros.

Page 8: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

8

PRAZA DO OBRADOIRO

Nesta praza encontramos á igrexa (Catedral) , ao goberno

(co Pazo de Raxoi, sede actual do Concello de Santiago), á

Universidade (co Pazo de san Xerome, actual Reitorado ) e Antigo

Hospital, hoxe parador nacional.

Debe o seu nome esta praza ao lugar onde se traballaban e

se apilaban os materiais para a construción da catedral, aquí había

ferreiros, canteiros, talladores de cristal, etc.

Danse na praza varios estilos de construción, barroco na

fachada da Catedral, neoclásico no Concello, gótico de transición,

no Hostal dos Reis Católicos, e renacentista no Pazo de San

Xerome (fundado no século XVI). O pazo de Raxoi ia ser un

seminario e máis unha cárcere. Finalmente funcionou o cárcere

pero o seminario non. O tímpano deste edificio está coroado cunha

imaxe da batalla de Clavijo.

Page 9: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

9

Está é unha das batallas que non se sabe con seguridade se

foi ou non certa. Era na época da Reconquista cerca da Rioxa e o

rei Ramiro I negábase a darlle aos musulmáns cen doncelas cada

ano, de modo, que cóntase que Ramiro I tivo un soño no que

aparecía o Apóstolo Santiago asegurando a súa presenza na

batalla e a vitoria. Segundo a lenda, ao día seguinte os exércitos de

Ramiro I, xunto coa presenza do Apóstolo montado nun corcel

branco, venceron aos seus opoñentes.

En todos os edificios da Praza do Obradoiro está representado

o apóstolo Santiago, como guerreiro, como apóstolo seguidor de

Xesús e como peregrino.

RúA DO FRANCO

Esta rúa e das poucas que mantén o trazado medieval. O

seu nome débello a aqueles peregrinos que por elas entraban. Na

súa maior parte eran estranxeiros de máis alá dos Pirineos, para os

Page 10: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

10

galegos daba igual que fosen alemáns, franceses ou belgas. Tamén

hai que dicir que os francos eran unha das tribus que habitaban a

actual Francia. De feito a moeda anterior á adopción do Euro en

Francia era o franco francés.

Por esta rúa entraban peregrinos e tamén víveres de diverso

tipo. Antes había aquí taberneiros que servían aos peregrinos, e

como puidestes ver segue sendo unha rúa moi comercial adicada

fundamentalmente a restauración (tabernas, restaurantes,

panaderías, ...) Nas fachadas das casas aínda se conservan

gravados en pedra da época medieval. Ao final da rúa hai unha

fonte da que xa non mana auga ningunha pero dise dela que foi a

última fonte na que beberon os bois que carrexaban os restos do

apóstolo Santiago ata a Catedral.

RúA DO VILAR

Nesta rúa facendo esquina cá praza das Praterías está a Casa

do Deán, foi hospedaxe de autoridades eclesiásticas que visitaban a

cidade. Foi sempre unha rúa de vivendas nobres que aínda hoxe

Page 11: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

11

permanecen en forma de “pazos urbanos”. Nesta rúa está o antigo

casino e o calexón de entrerúas no número 59, e o máis estreito da

cidade.

PRAZA DO TOURAL

A praza era un antigo lugar de venta de gando e venta de

auga. A fonte que está enclavada no centro da praza é do 1822.

Un dos edificios emblemáticos da praza é o pazo de Bendaña,

que se relaciona co arquitecto Clemente Sarela e que foi erixido a

finais da primeira metade do século XVIII. No alto da fachada que

da a esta praza está unha figura identificada como Atlas (personaxe

de “La Odisea” de Homero un escritor do século X a. C.) ten unha

esfera sobre os seus ombros que alude a súa misión de suxeitar a

bóveda celeste, de feito nela aparecen tallados o sol e as estrelas.

Durante un período bastante largo este edificio albergou

diferentes entidades da cidade, ata que se foi orientando a usos e

actividades culturais, como as que hoxe albergan as súas paredes,

Page 12: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

12

o Museo e a Fundación Eugenio Granell.

PRAZA DE CERVANTES

No século XII chamábanlle “o foro” á rúa que empeza nesta

praza, qué é a rúa do Preguntoiro, alí, líanse as ordenanzas do

arcebispo e os acordos municipais.

Antes, nun edificio desta praza estivo situado o concello de

Santiago e a praza usouse como praza do mercado onde se vendía

desde verdura ata galiñas ou coitelos ata que se fixo a actual Praza

de Abastos

IGREXA-MONASTERIO DE SAN MARTIN PINARIO

Page 13: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

13

Moitas ordes relixiosas asentáronse en Compostela trais o

descubrimento da tumba do apóstolo, esta igrexa e mais o mosteiro

conforman o segundo edificio máis importante en Compostela tras a

Catedral. Iniciouse a finais do século X aínda que engadíronse

partes continuamente, de feito as escaleiras actuais engadíronse

no século XVIII.

A proximidade á Catedral empequenece a súa importante pero

é un edificio moi relevante na cidade.

COLEXIO DE FONSECA

No 1522 fúndase a Universidade de Santiago polo arcebispo

Alonso III de Fonseca. É un edificio de estilo renacentista, no

exterior da súa fachada, está a representación da árbore da ciencia,

en referencia ao que alí ensinaban aos alumnos. Hoxe acolle a

Biblioteca da USC. A biblioteca da USC conta con máis de 300.000

libros e 150 incunables (libros impresos desde a invención da

imprenta ata o ano 1500. A imprenta inventouse aproximadamente

Page 14: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

14

no 1450 por Johannes Gutenberg en Alemaña pero, moitos

estudiosos defenden que o fixeron os chinos xa no ano 960).

No futuro, algúns seredes alumnos universitarios, de modo

que como aclaración dicirvos que, este pazo de Fonseca é lugar de

traballo da directora de Biblioteca da USC e doutros funcionarios, e

ademais contén os libros máis valiosos e outros volumes normais.

Pero, aquí non están todos os libros da universidade, só unha parte.

Aínda así chamámoslle a Biblioteca da USC porque todas as

bibliotecas das distintas escolas ou facultades están dirixidas e

coordinadas desde aquí, incluso as do Campus de Lugo que como

sabedes pertencen á Universidade de Santiago.

Este edificio acolleu o primeiro Parlamento democrático de

Galicia nos anos 80, antes de que se instalase na rúa do Hórreo

desta mesma cidade.

Podedes recordar deste edificio cousas das que logo nos

falarán as guías que nos acomparán no percorrido. Había unha

parte do edificio adicado ás clases e outra á igrexa. Na planta

superior estaban os dormitorios, había tamén caballerizas, de feito

os que vaiades aos baños baixaredes pola que antigamente era a

baixada dos cabalos, non eran escaleiras normais eran estriadas

para que os animais non esvarasen ao baixar. Finalmente,

recordarvos a Biblioteca América e ao seu fundador Gumersindo

Busto, que adicou moitos anos da súa vida a recopilar tanto material

Page 15: Santiago de Compostela: unha visita singular.de+Santiago.pdf · Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009 10 galegos daba igual

Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009

15

procedente de distintos países. As donacións de libros aínda se

seguen facendo hoxe en día pero son escasas.

Todos os volumes desta Biblioteca América estaban ata o ano

1997 case esquecidos ata que se incluíron dentro dun proxecto de

catalogación de Facultade de Historia da USC e os estudantes de

Historia Contemporánea contribuíron co seu esforzo a catalogalos

mellorando así o coñecemento dos libros, sabendo autores,

materias, páxinas, ilustracións que teñen, se son de cor ou en

branco e negro, que editorial os editou, en qué ano, de que país

proceden os libros, etc., etc.

Biblioteca América (Pazo de Fonseca)

Espero que vos guste.