Sandiás (Nº 18)
-
Upload
xf-sandias -
Category
Documents
-
view
236 -
download
4
description
Transcript of Sandiás (Nº 18)
A Casa da Lagoa, un escaparate medioambientalO Concello convidou ós veciños a coñecelas novas instalacións
Os 30 alumnos e alumnas do Obradoiro de
Emprego “O Castro” realizaron nos últimos doce
meses numerosas actuacións de recuperación
do noso patrimonio e melloraron a súa cualifica-
ción profesional e a orientación laboral.
Sandiás, e a Limia, en xeral, foi terra de grandes
músicos. Agora, a rondalla maila coral son as
encargadas de manter viva esta tradición musi-
cal, sobre todo nas celebracións litúrxicas e nas
festas populares.
A recuperación da feira respondeu ás expectati-
vas do Concello. Os veciños e os visitantes,
durante o verán, teñen oportunidade o primeiro
sábado do mes de reencontrarse e mercar arti-
gos de uso cotián ou de primeira necesidade.
O Obradoiro cumpríu obxectivos Gusto pola música Recuperación da feira
SSANDIÁSNúmero 18 Boletín de información municipal Inverno 2008/09
www.sand ias . es
correo electrónico: [email protected]
Edi tor ia l
O Goberno municipal de Sandiás decatouse danecesidade de impulsar novos programas defomento do emprego, como un xeito de palialosproblemas que afectan á maior parte dos munici-pios da Galicia interior, coma o noso: perda depoboación, abandono das actividades agropecua-rias, escaso tecido industrial, etc.Unha destas medidas foi oObradoiro de Emprego “OCastro”, en colabora-ción coa Conselleríade Traballo da Xun-ta de Galicia, ecun reto impor-tante: contribuira unha mellorc u a l i f i c a c i ó nprofesional dosveciños e veciñasque estaban ensituación de de-semprego ou que as-piraban a novas metaslaborais, e aproveitar eseesforzo no beneficio social ecomunitario. O resultado destaexperiencia, unha vez rematado o pe-ríodo de formación dos alumnos/as, animou ós res-ponsables municipais a continuar desenvolvendonovas iniciativas para asentar poboación nesta fer-mosa terra e reafírmaos nese compromiso de abrirnovos vieiros nos eidos laboral e profesional paramoitos veciños e veciñas.
Cabe salientar que este Obradoiro de Empregoaxudou tamén á recuperación do noso patrimoniotradicional. O reto para os 30 alumnos e alumnas,os monitores e o cadro directivo e de formacióndurou doce meses, dende decembro de 2007. E osobxectivos tamén estiveron claramente definidos:
a restauración de áreas degradadas,dos accesos á Torre do Castro,
de antigos lavadoiros, dosentornos do río de Piñei-
ra, o acondicionamen-to de antigas esco-
las para centrossociais, o empe-drado de rúas enSandiás, etc.Agora, a piquesde rematalo pe-ríodo de vixencia
deste Obradoirode Emprego “O
Castro”, é o mo-mento de facer balan-
ce, pero xa se albiscanprogresos importantes nes-
tes traballos e no proceso de for-mación nos oficios tradicionais da
nosa terra que desenvolveron os participantes, eque deben servirlles de proveito nun futuro inme-diato. Este é outro exemplo de que con esforzo,imaxinación e a colaboración de todos poden aco-meterse iniciativas importantes que deben redun-dar no benestar de tódolos cidadáns de Sandiás.
O fomento do emprego redunda en beneficio de moitos veciños/as
Un orzamento na procura de mellora-los servizos
Orzamento
735.655,95 euros
Bens correntes
e servizos
33,29*
Gastos de
personal
35,64*
*En porcentaxe. Datos de 2008.
Transfer.
correntes
14,11*
Investimentos
reais
14,38
Pasivos financeiros
0,94*
de Sandiás con partidas simbóli-cas, pero necesarias por imperati-vo legal, para cubrilo capítulo dosgastos financeiros (11.957 €) mai-los pasivos financeiros 6.940 €).
E a principal aportación ásarcas municipais provén do Estadoe da Xunta a través das transferen-cias correntes, que supoñen o60,56% dos ingresos totais. Enmenor medida inflúen os impostosdirectos e indirectos, as taxasmunicipais mailas transferenciasde capital. ■
Páxina 2
O orzamento municipal experimen-to este ano un pequeno recorte,pero sen interferir na prestacióndos servizos básicos e artellandosolucións para melloralas infraes-truturas. Dos algo máis de 735.000euros (ver gráfico adxunto), máisdo 97 por cento destínase a cubri-los bens correntes e servizos(dependencias de titularidade mu-nicipal), os gastos de persoal, osinvestimentos reais mailas transfe-rencias correntes. Complétase adotación orzamentaria do Concello
Páxina 3
O Concello convidou ós veciños a velas instalacións
A Casa da Lagoa, convertida en museoe centro de interpretación do noso municipio
O pasado 8 de setembro cumprí-
ronse 50 anos da desecación da
Lagoa de Antela. Un fito histórico,
con defensores e detractores, que
cambiou para sempre a configura-
ción xeográfica e o tecido econó-
mico do municipio de Sandiás.
Para conmemoralo, o Concello
organiza unha xornada de confe-
rencias e coloquios para lembrar
esta efeméride, coa presencia na
Casa do Lagoa de prestixiosos
escritores e historiadores.
A Casa da Lagoa xa é realidade. Moitos veciños e veciñas, e os esco-lares do colexio público de Sandiás e doutros centros educativos de todaa comarca, visitaron as instalacións convidados polo Concello para quepoidesen comprobar antes que ninguén o resultado deste importante pro-xecto. Posteriormente, tamén realizaron unha visita o presidente da Depu-tación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, que apoiou con moito inte-rese esta iniciativa, así como a alcaldesa de Sandiás, María ConcepciónMéndez e varios alcaldes de concellos da comarca de A Limia.
A Casa da Lagoa é, básicamente, o que hoxe se chama un “Centro deInterpretación” en torno á Lagoa de Antela e ós traballos de recuperaciónmedioambiental que se realizan nas balsas das areeiras. O edificio, adqui-rido e rehabilitado polo Concello de Sandiás, dispón nas dúas plantas depaneis interpretativos e con explicacións didácticas, e soportes audiovi-suais para achegar ós visitantes os cambios experimentados en Sandiás ena comarca de A Limia nos últimos 50 anos, cadrando coa desecación daLagoa de Antela. Tenta ser un centro de concienciación medioambiental, apartir da súa historia e da importante reserva de fauna acuícola que ato-pamos eiquí.
Despois, chegaron numerosas visitas, como a da Asociación Culturalde Amigos dos Museos de Galicia, da asociación ecoloxista Verdegaia ede moitos particulares. Para apoia-la difusión, o Concello instalou paneisidentificativos e de dirección, editou un tríptico informativo e instalou unautocolocante co eslogan “Vennos descubrir”. A invitación está feita. ■
50 anos da desecación da Lagoa
O presidente da Deputación e alcaldes,durante unha visita á Casa da Lagoa
Visita dos escolares
Os veciños que visitaron a Casa da Lagoaloubaron as instalacións
Un lugar para recordar.pero tamén para aprender
Páxina 4
Obradoiro de Emprego
Ademais da indicada formación encada oficio ou especialidade labo-ral, non pode esquecerse a nece-sidade de desenvolver outro tipode actividades complementarias,tanto para o enrequecimento cul-tural como persoal dos alum-nos/as participantes.
Para acadar estes fins, impartí-ronse diferentes módulos formati-vos: de seguridade e saúde no tra-ballo, co obxetivo de previr os ris-cos derivados da actividade laboral.
De xeito complementario e, paraaqueles participantes que non aca-dasen o título de graduado en ESO,impartíronse clases de educacióncompensatoria, para poder accederás probas coas suficientes garantíasde éxito.
En todo momento, o equipodirectivo e docente orientou as dis-tintas actividades formativas apotenciar e apoiar aos participantesneste Obradoiro cara á súa inser-ción no mercado laboral.
O Obradoiro de Emprego “OCastro” ofreceu formación teó-rica e práctica a 30 persoas, nasúa maioría mulleres, nas espe-cialidades de albanelería, can-tería e restauración de áreasdegradadas. A Consellería deTraballo da Xunta mailo Con-cello de Sandiás aportaronmáis de 588 mil euros para com-pleta-la formación laboral e rea-lizar obras de mellora do patri-monio público en diferentes zo-nas do municipio.
O primeiro obxectivo destainiciativa municipal foi facili-tar formación laboral ós veci-ños e veciñas desempregados econ gañas de convertirse enprofesionais de oficios tradi-cionais da nosa terra e congran futuro. Os participantesno Obradoiro recibiron unhaformación teórica, complemen-tada con traballos prácticos.Completado este proceso, re-cibirán os diplomas acreditati-vos nas súas especialidades.
As principais actuacións dostres módulos do Obradoiro(decembro 2007/2008)foron asseguintes: rehabilitación dasescolas de Piñeira e Cousopara centros sociais e viven-das; restauración de lavadoi-ros en Piñeira e Couso; mello-ra dos accesos á Torre do Cas-tro; pavimentación no entornoda igrexa de Santo Estevo eempedrado do Camiño deSantiago; acondicionamentoda capela de Sta. Mariña, ...
O Obradoiro de Emprego “O Castro”organizouse para favorecer a partici-pación de homes e mulleres enigualdade de condicións, nas distin-tas áreas municipais, provomendo aformación e a insersión laboral dasmulleres, así como a conciliación davida familiar (poder compaxinar otraballo coa familia, contando coapoio nas tarefas domésticas dou-tros membros da unidade familiar).É unha iniciativa máis do Concellode Sandiás para favorecer políticasde plena igualdade nos distintoseidos da vida social e laboral.
Páxina 5
A restauración das antigasescolas de Piñeira e Cousoimplicou, sobre todo, ó módulode albanelería. Foi un traballocomplexo, polo estado de dete-rioro no que se atopaban osinmobles, pero mereceu a pena.Hoxe lucen cun novo aspectoexterior, agardándo que se com-plete a reforma interior para odisfrute de tódolos veciños/as.
O adecentamentodos lavadoiros dePiñeira e Cousa, aintervención nacapela de SantaMariña de Piñeira,ou a mellora doCamiño de San-tiago e o entornoda igrexa de SantoEstevo de Sandiásquedan como lem-branza do traballodo Obradoiro.
O Obradoiro de Emprego servíu para aprendernovos oficios, familiarizarse coas novas tecnoloxí-as da información, aprender a desenvolverse noeido profesional, con charlas orientativas, e,tamén, para revitalizalo noso patrimonio histórico-artístico, representado no adecentamento doentorno do noso monumento emblemático.
O traballo do módulo de restauración de áreasdegradadas é ben perceptible en diferentes áreasrecreativas do noso municipio. Tamén se acondi-cionaron zonas verdes e axardinadas na capita-lidade municipal; completouse o proceso dapoda e se adecentaron lugares de gran valor pai-saxística, como o acceso á Torre do Castro.
Obradoiro de Emprego
Antiga escola de Piñeira
Capela de Santa Mariña
Mellora dos accesos áigrexa de Sandiás
Páxina 6
Votacións para renova-las Cámaras Lexislativas, o pasado 9 de marzo
Victoria do Partido Popular en Sandiás nas eleccións xeraisO Partido Popular volveu ser,como xa acontecera nas elec-cións locais de 2007, a forzapolítica máis votada en San-diás nos comicios xerais dopasado 9 de marzo. Para oCongreso dos Deputados, acandidatura encabezada porCelso Delgado Arce, acadou583 votos (51,6%), por diantedo PSdeG-PSOE, que sesituou como segunda forzapolítica do noso municipio,con 446 votos (39,5%) e doBloque Nacionalista Galego,con 86 votos (7,6%). Os catrorepresentantes da provinciade Ourense na Cámara Baixason Celso Delgado e JesúsVázquez, polo PP, e ElenaEspinosa e Alberto Fidalgo,polo PSdeG-PSOE.
Tamén na votación para o
Senado, os tres candidatosdo Partido Popular (CarmenLeyte Coello, Amador Váz-quez e Miguel Ángel Pérez deJuan) foron os máis votadosno noso municipio, superandoós “socialistas” Miguel Fidal-go Areda, Elvira Lama e Alfre-do Vázquez.
Sandiás foi un dos 68municipios da provincia deOurense onde o PP superoua metade dos votos escruta-dos. Respecto ás elecciónsmunicipais de 2007, as tresforzas marioritarias manteñenunha posición semellante,agás o BNG, que perdeu caseque o 40% dos votos acada-dos un ano antes. Os “popu-lares” foron os gañadores entódalas mesas electorais donoso municipio. ■
P G-PSOEDE
Número de votantes: 1.129 (censo: 1.372).
Participación: 83,53% (abstención: 16,47%)
Votos nulos ou en branco: 17. Outros: 14.
O índice de participación en Sandiás resultou
claramente superior á media rexistrada na pro-
vincia de Ourense, que foi do 77,8%.
583583
446446
8686
51,6451,64
39,5039,50
7,627,62
Forzapolítica
VotosCongreso %
Eleccións xerais 2008
O hipódromo, cada vez máis popular
A retransmisión en directo pola 2 de Televisión Española e a inclu-
sión de varias carreiras na Lototurf, a aposta hípica, contribuiron a
difundir e darlle a categoría que lle corresponde ó noso hipódromo.
Cada vez é maior o número de espectadores e a categoría dos caba-
los que ata eiquí se achegan para competir nalgunhas das mellores
carreiras do calendario hípico nacional. ■
O cupón da ONCE, unha boa promoción
A ONCE incluíu no sorteo do cuponazo do 18 de xaneiro a imaxe do
retábulo da igrexa de Santo Estevo de Sandiás, con motivo do 400
aniversario da súa realización. A Organización Nacional de Cegos
acolleu así a petición formulada polo noso Concello e foi, tal vez, a
mellor homenaxe a esta obra de Francisco de Moure, considerada
como unha das mellores pezas da imaxinería relixiosa da Limia. ■
Sandiás, un concello coa Cultura
Se a rondalla maila coral son os nosos sinais de identidade musical, o
Concello tamén colabora con outras Administracións públicas na
organización e difusión de eventos culturais. A través do programa
“Vai de camiño”, durante o verán tivo lugar un concerto da Banda de
Música de Tui. A praza do Concello acolleu a un bo número de veci-
ños e visitantes que disfrutaron con esta actuación. ■
Páxina 7
O Centro Social, a disposición de tódolos veciñosUn lugar para o encontro e o divertimento
Se a Casa da Lagoa é importantepara Sandiás, o novo CentroSocial maila Casa da Culturanon son menos.O Centro Social,concebido como un novo espaciopara o encontro e o disfrute nacompaña dos nosos veciños, estáxa a pleno funcionamento tódolosfins de semana, aínda que o Con-cello agarda que en breve esteaoperativo tódolos días. Está con-cebido como un lugar para a con-versa, xogar as cartas, pequenascelebracións sociais, etc.
O proxecto de construir uncentro social en Sandiás xa vende lonxe. A iniciativa xurdíu doConcello, que contou coa colabo-ración da anterior Xunta de Gali-cia. En total investíronse, nas dis-tintas fases de restauración doedificio, uns 90.000 euros.
A carón do Centro Socialconstruíuse a Casa da Cultura, através das aportacións realizadaspolos Planos Provinciais deObras mailo Concello de San-diás (139.800 €). Agárdase queentre en servizo nas próximassemanas, unha vez rematados ostraballos de pintado e de dotacióndo mobiliario.
Páxina 8
Mellora de varias estradas e pistasde uso agrícola e acceso a depósitos
O Concello de Sandiás maila Deputación Pro-
vincial de Ourense colaboran na mellora do
firme en camiños de varios pobos do munici-
pio. Por parte do Concello apórtanse os mate-
riais de obra necesarios, mentres que a institu-
ción provincial encárgase da execución coas
súas brigadas. Esta colaboración é permanente
e realízase tódolos anos.
Outro convenio, esta vez con Medio Rural,
centrouse na reforma viaria en Piñeira de
Arcos, Chousela, Zadagós e na zona do hipó-
dromo de Antela. Unha destas obras consistíu
no asfaltado na pista que comunica dende a N-
525 co depósito do Concello, no Alto do Nova-
íño. Outra actuación permitíu a mellora da
estrada que vai dende a estrada xeral ata o novo
depósito de Piñeira. Unha terceira consistíu na
reforma dunha pista que comunica Chousela
con Zadagós. A última obra deste proxecto
supuxo o reaslfatado da pista que vai dende a
canle da lagoa ata o límite entre Sandiás e
Xinzo, pasando polo centro hípico.
Ensanche da estrada de VilariñoA adquisición de dúas palleiras por parte do
Concello permitirá anchea-la estrada de Vilari-
ño e mellorala seguridade vial, xa que haberá
máis visibilidade na curva. Despois de cons-
truir un tramo de beirarrúas, a Deputación Pro-
vincial, que é a titular desta vía, vaise encargar
de dotar dun novo firme á zona ensanchada.
Tamén está previsto renovalos servizos básicos
onde sexa necesario. ■
Reforma de estradas
e camiños, infraestruturas,
urbanismo, airas,
patrimonio, servizos
básicos nos pobos...En colaboración coa Xunta de Galicia
maila Deputación Provincial de Ourense,
e, outras veces, coa maquinaria municipal,
o Concello desenvolve a cotío actuacións
destinadas a mellora-los servizos básicos
en tódolos núcleos de poboación. Unhas
obras que inciden tamén na mellora da
calidade de vida dos veciños e veciñas.
■ Novos proxectos en Corga e Sandiás.- Os Planos
Provinciais de Obras, nos que colaboran Deputación e Conce-
llo, executarán obras de mellora das canalizacións de pluviais
na zona de Corga e o ensanche do camiño de Sandiás que
comunica o Centro Social coa parte do fondo da vila..
Restauradas as airas de Sandiás, Vilariño e CousoO proxecto para restaura-las airas de Vilariño, Sandiás eCouso xa está rematado, cumprindo así os prazos mailo orza-mento (25.900 euros) estipulados no convenio asinado poloConcello de Sandiás coa Consellería de Vivenda e Solo. Estainiciativa municipal tivo por obxectivo a recuperación de espa-cios públicos para disfrute veciñal e para mellora-la estéticados nosos pobos. Nos traballos empregáronse os materiais tra-dicionais, recuperando a pedra e descartando as superficies decemento. Agora, o Concello xestiona outro proxecto no patio daCasa da Cultura. Pretende o seu adecentamento integral parao uso e disfrute dos veciños que acuden a este lugar e á Casada Cultura, sobre todo, durante os meses do verán. ■
Aira de Sandiás
Aira de Vilariño
Aira de Couso
Páxina 9
Servizos Sociais: sempre solidarios
O programa “Xantar na casa” levará a comida ósdomicilios das persoas maiores que o soliciten
O Concello de Sandiás participa xa naprimeira fase da implantación do pro-grama “Xantar na casa”, dentro doConsorcio Galego de Servizos Sociais.Por un precio módico, xa que o pro-grama está subvencionado, as perso-
as maiores que cumplan os requisitose o soliciten recibirán tódolos días acomida e a cea adaptada ós seus gus-tos e consellos médicos: menús baixosen sal para persoas hipertensas, etc,para mellorala súa saúde.
Susana Viso Touza, traballadora social:
“Temos axuda e respostas a calquera veciño
con dúbidas ou dificultades”
Servizos
Sociais de
Atención Primaria
de Sandiás
Atención ó público:
martes, xoves e
venres,
de 8:30 a 14:30
Pregunta: ¿En que consiste o programa “Xantar na casa”?Susana: Vai dirixido a aquelas persoas que teñan máis de 65 anos e se atopencon escaso ou nulo apoio familiar. A idea é levarlle-la comida ó seu domiciliounha vez á semana. En réxime de préstamo, a empresa encargada do servizoporá á súa disposición un microondas ou unha neveira, en caso de necesidade.P: ¿E a finalidade do Centro Social, construido recentemente?Susana: Fíxose un local específico para as persoas maiores. Para que poidancharlar, xogar ás cartas, tomar café, leelo periódico,...P: ¿Que tipo de prestacións realiza o programa de axuda no fogar?Susana: Está dirixido a aqueles veciños de Sandiás que, por razóns de idade, dediscapacidade total ou parcial, ou as que aprecien os servizos sociais, nonpodan atende-las necesidades cotiás para o disfrute dunha boa calidade devida. Os beneficiarios reciben asistencia de carácter doméstica e atención per-soal, podendo realizar outro tipo de atencións, como son as psicosociais e aseducativas, ou as de carácter técnico e complementario.P: ¿Que utilidade ten a teleasistencia domiciliaria?Susana: Moita, e de feito hoxe non supón gasto para o usuario, xa que a parteque este tería que pagar está subvencionada polo Concello. Esté é un dosrecursos no que insistimos moito desde o departamento de Servizos Sociais,para fomentalo e lograr aumentar o número de beneficiarios.P: Outra novidade é o transporte adaptado. ¿A quen vai dirixido?Susana: Temos sete expedentes tramitados, dos que tres xa foron resoltos favo-rablemente. Trátase de levar ás persoas con incapacidade recoñecida ou convaloración de dependencia para asistir ó médico, á asistenta social do Concello,ou calquera outra servizo público. Só hai que solicitalo traslado con 48 horas deantelación para que se poida organizalo transporte.
A poboación de
máis idade precisa
dunha atención
específica
Sandiás conta a día de hoxe
cunha poboación de 1.488 per-
soas, das que 680 son homes, e
808 mulleres. Desta cantidade,
hai 586 veciños ou veciñas que
superan os 65 anos, o que
supón case que o 40 por cento
do total. Asemade, unha por-
centaxe alta deste colectivo de
persoas maiores vive soa ou
carece de familia, ou non contan
con apoio dos familiares direc-
tos por cuestións de traballo ou
residencia.
Por este motivo, o Concello
de Sandiás puxo en marcha
dende hai moitos anos algúns
programas específicos dirixidos
a este sector da poboación cada
vez maior, como a teleasisten-
cia, a axuda no fogar, o futuro
centro de día e a Lei da Depen-
dencia, dentro do Consorcio
Galego de Servizos Sociais. A
finalidade destas actuacións é
favorecer a permanencia das
persoas dependentes no seu
fogar o máximo tempo posible,
tentando sempre manter ou
mellorala súa calidade de vida.
A través do departamento
municipal de Servizos Sociais,
facilítase todo tipo de informa-
ción e asesoramento sobre
estas cuestións, e outras moitas
como a emerxencia social, apoio
a familias e todo tipo de colecti-
vos desfavorecidos, tramita-
cións de pensións e axudas
específicas, etc.
Agora, a nova Lei da Depen-
dencia abre novas posibilidades
de atención as persoas maiores
a cargo dos propios familiares.
Esta Lei precisa, non obstante,
de maiores recursos para acadar
a plena implantación.
Páxina 10
Cursos e actividades para tódalas idadesO ano 2008 volveu ser
importante no proceso de dina-
mización social e cultural que
desenvolve o Concello de San-
diás, ben a través de programas
propios e co apoio de outras
Administracións públicas, ou en
colaboración coa Asociación de
Mulleres Rurais e o Centro de
Ensino de Infantil e Primaria.
Cerca de 100 veciños e veciñas
de tódalas idades participaron
nas actividades que se levaron a
cabo nestes últimos meses.
Cabe salientar os cursos de
informática e pintura. O primeiro
para coñecer ou profundizar nas
novas tecnoloxías da informa-
ción, e o segundo, para esperta-
la vena artística de moitas parti-
cipantes.
Outros programas van dirixi-
dos a colectivos específicos.
Para os nosos maiores, os talle-
res de memoria e risoterapia,
que lles permite manter a
mente máis áxil. E para os máis
novos, o Concello colabora coa
rondalla do colexio e na organi-
zación de actividades comple-
mentarias no propio centro de
ensino.
Ao longo do ano houbo
tamén talleres de costura, un
oficio/afección que segue sendo
útil para moitas mulleres, e
outros prácticos para atender a
persoas maiores ou encamadas.
Na mesma liña, organizouse un
curso de primeiros auxilios.
En colaboración coa Asocia-
ción de Mulleres celébranse as
clases de ximnasia de mante-
mento e organizouse unha
excursión a León e Astorga.
O Concello traballa xa en
novos programas de dinamiza-
ción que se desenvolverán ao
longo do vindeiro 2009.
Informática
Atención amaiores
Corte e confección
Ximnasia de mantemento
Pintura
Corte e confección
Rondalla
Ximnasia para rapaces
Páxina 11
...e tempo de pasalo ben na compaña dos nososveciños, amigos e familiares. Así aconteceutamén no Magosto tradicional organizado poloConcello de Sandiás nas instalacións do cole-xio público. Repartíuse unha comida con pro-dutos típicos deste tempo do outono, na quenon fallaron as castañas, nen a queimada.Unha charanga animou esta xornada de festa(8 de novembro), que como tódolos anos reúnea numeroso público ó abrigo dunha carpa.
Pero os magostos tamén se conservan nosdiferentes pobos do noso municipio, algunhasveces reducidos ó ámbito familiar e, outras,entre os propios veciños e veciñas, como unexemplo de conservación das tradicións popu-lares que nos deixaron os nosos devanceiros.
Se típicos son os magostos,tamén son habituais dende haivarios anos os cursos de elabo-ración de centros e de obxec-tos ornamentais do Nadal.No salón multiusos da CasaConsistorial celébranse estasactividades gratuitas e aber-tas á participación de calqueraveciño ou veciña. O cursoserve para dar un toque de dis-tinción ós fogares dun xeitosinxelo, económico e con bogusto. Tal é así que as partici-pantes repiten dun ano paraoutro.
Sandiás é tamén terra de tradicións relixiosas. O San Bieitoda Uceira segue a ser o santo máis popular e milagreiro de ALimia, pero tamén en tódalas parroquias consérvase a devo-ción polos santos, vencellada á memoria de tódolos veciños e
veciñas. E así, ano tras ano, tódolos fregueses honran ós seupatrón ou patrona no día sinalado no calendario como o máisimportante de cada pobo. Na imaxe, os devotos da Virxe doRosario durante a procesión polas rúas de Sandiás.
Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97
Feira de Sandiás
...recuperando tradicións...recuperando tradicións
Veciños e os vendedoresrespostaron á invitación
do Concello para recupe-rala feira de Sandiás.
Dende o pasado mes deagosto, cando se celebrou
a primeira edición despoisde 50 anos, a cita é o pri-
meiro domingo de cadames. E como en toda feira
que se precia, non podefallar a pulpeira, nen os
vendedores de roupa ecalzado, produtos artesa-
nais e de alimentación.Sobre todo, é un motivo
para o reencontro de moi-tos veciños e visitantes.