Sandiás (Nº 15)

12
SANDIÁS Número 15 Boletín informativo municipal Inverno 2005/06 Un concello limpo é cousa de todos/as En Sandiás, tamén ¡Colabora! [email protected] Apoio ó Plan de Regadío A ministra de Agricultura, Elena Espinosa, e o anterior con- selleiro de Política Agroalimentaria, José Antonio Santiso, coincidiron na súa visita a Sandiás no decidido apoio das Administracións central e autonómica á mellora e moderni- zación do regadío do noso concello e comarca. Unha Xunta insolidaria A Xunta de Galicia deixou sen efecto varias obras ad- xudicadas polo anterior G- oberno, presidido por Ma- nuel Fraga, entrelas a da mellora da rede viaria da concentración parcelaria en Piñeira, Couso e San- diás, cun orzamento de 142.000 euros. O Concello instará ó novo Goberno a que realice este proxecto, xa que é moi necesario e demandado polos agricul- tores do noso municipio. En caso contrario, adopta- rá outras medidas legais. Sandiás, tamén en Internet A páxina web “www.conce- llodesandias.com” supón un achegamento ó noso municipio a través de Inter- net. Recolle numerosos da- tos de interese actualiza- dos e realiza un percorrido pola realidade socioeconó- mica, a historia e o patrimo- nio monumental e arquitec- tónico. Tamén ofrece unha completa galería de imaxes dos diferentes pobos, unha escolma das lendas desta zona e artigos de grandes escritores sobre Sandiás e A Limia. O Centro de Día, en obras O Centro de Día e o Punto de Atención Infantil son dúas importantes obras que desenvolve o Concello de Sandiás. O Centro de Día estará ubicado nun edi- ficio en fase de rehabilita- ción a carón da Casa da Lagoa e terá como cometi- do principal servir de centro de día para persoas maio- res. O Punto de Atención Infantil ocupará unha parte das dependencias do cole- xio público e atenderá a nenos e nenas menores de tres anos. O hipódromo cumple metas A primeira tempada hípica no hipódromo de Sandiás reuníu a máis de oito mil persoas. As catro xornadas de competición contaron coa participación duns 40 cabalos, procedentes de varias Comunidades autó- nomas. Os profesionais da hípica coinciden en calificar as instalacións de Sandiás como “altamente satisfac- torias”. Asemade, o Centro Ecuestre da Deputación acolleu cursos de doma, de iniciación e de terapia para disminuidos sensoriais.

description

Boletín de Información Municipal con novas do Concello de Sandiás (Ourense) (Inverno 2005/2006)

Transcript of Sandiás (Nº 15)

Page 1: Sandiás (Nº 15)

SANDIÁSNúmero 15 Boletín informativo municipal Inverno 2005/06

Un concello limpo é cousa de todos/as

En Sandiás, tamén

¡Colabora!

Correo electrónico: [email protected]

Apoio ó Plan de RegadíoA ministra de Agricultura, Elena Espinosa, e o anterior con-selleiro de Política Agroalimentaria, José Antonio Santiso,coincidiron na súa visita a Sandiás no decidido apoio dasAdministracións central e autonómica á mellora e moderni-zación do regadío do noso concello e comarca.

Unha Xuntainsolidaria

A Xunta de Galicia deixousen efecto varias obras ad-xudicadas polo anterior G-oberno, presidido por Ma-nuel Fraga, entrelas a damellora da rede viaria daconcentración parcelariaen Piñeira, Couso e San-diás, cun orzamento de142.000 euros. O Concelloinstará ó novo Goberno aque realice este proxecto,xa que é moi necesario edemandado polos agricul-tores do noso municipio.En caso contrario, adopta-rá outras medidas legais.

Sandiás, taménen Internet

A páxina web “www.conce-llodesandias.com” supónun achegamento ó nosomunicipio a través de Inter-net. Recolle numerosos da-tos de interese actualiza-dos e realiza un percorridopola realidade socioeconó-mica, a historia e o patrimo-nio monumental e arquitec-tónico. Tamén ofrece unhacompleta galería de imaxesdos diferentes pobos, unhaescolma das lendas destazona e artigos de grandesescritores sobre Sandiás eA Limia.

O Centro deDía, en obras

O Centro de Día e o Puntode Atención Infantil sondúas importantes obrasque desenvolve o Concellode Sandiás. O Centro deDía estará ubicado nun edi-ficio en fase de rehabilita-ción a carón da Casa daLagoa e terá como cometi-do principal servir de centrode día para persoas maio-res. O Punto de AtenciónInfantil ocupará unha partedas dependencias do cole-xio público e atenderá anenos e nenas menores detres anos.

O hipódromocumple metas

A primeira tempada hípicano hipódromo de Sandiásreuníu a máis de oito milpersoas. As catro xornadasde competición contaroncoa participación duns 40cabalos, procedentes devarias Comunidades autó-nomas. Os profesionais dahípica coinciden en calificaras instalacións de Sandiáscomo “altamente satisfac-torias”. Asemade, o CentroEcuestre da Deputaciónacolleu cursos de doma, deiniciación e de terapia paradisminuidos sensoriais.

Page 2: Sandiás (Nº 15)

Páxina 2

Edi tor ia l

A ninguén se lle escapa que A Limia é unha das comar-cas de Galicia con maior tradición histórica, da que aíndaquedan vestixios de grande interese (en Sandiás temos oexemplo claro da Torre medieval e dos miliarios da VíaNova, entre outros). Pero, do mesmo xeito, resulta igual-mente apreciable un alto grao de descoñecementodesta zona, na que se conxugan tradi-cións históricas de gran interese(Couto Mixto), unha máis quenotable riqueza medioam-biental (as lagoas deSandiás ou os hume-dais de Ponte Liña-res) e, como que-da reseñado an-teriormente, unconxunto patri-monial que se si-túa entre os máisimportantes da no-sa Comunidade Au-tónoma. A pesar des-to, A Limia segue ámarxe das grandes rutasde turismo interior.

Pero nos últimos tempos xur-diron iniciativas que convidan ó optimis-mo. Unha delas é a promoción da Vía Nova, condestacada presencia en Sandiás a través da oficina deinformación no edificio multiusos (antiga Cruz Vermella).A Casa da Lagoa tamén será clave para recupera-lamemoria histórica e contribuir a conserva-los humidaisrecuperados no noso municipio, e debe convertirse

nunha aula permanente de educación medioambiental.Pero estas iniciativas necesitan dunha actuación con-

xunta, coa decidida integración de tódolos concellos de ALimia, e o apoio das distintas Administracións (Gobernocentral, Xunta de Galicia e Deputación Provincial de

Ourense), convencidos como están de que a pro-moción dos encantos etnográficos e

artísticos de A Limia é unha dasasignaturas pendentes da no-

sa comarca, alonxada aín-da dos grandes circuí-

tos turísticos da pro-vincia e especial-mente desaprovei-tada á hora decaptar a unha cla-se de turistas ca-da vez máis nu-meroso, como é o

dos que apostanpolas zonas rurais e

o contacto coa natu-reza. Por eso, hai que

recibir con ledicia e certooptimismo a iniciativa da

Mancomunidade de Concellos depór en marcha un Plan de Dinamización

Turística que recupere o patrimonio artístico, des-de as antigas torres e fortificacións ata os restos das cal-zadas romanas, sen esquece-la necesidade de catalogarvarios monumentos que aínda non recibiron a atenciónnecesaria, e que difunda tradicións etnográficas, como oEntroido, e os xa mentados valores medioambientais.

O plan de dinamización turística é necesario para a nosa comarca

A través do decreto 228/2002, de 20 dexuño, o Diario Oficial de Galicia deu publici-dade ás condicións que rexerán a concesiónde subvencións para acondicionar vivendasno medio rural. O prazo de solicitudes per-manecerá en vigor ata o día 31 de decem-bro de 2005.

Entre os requisitos esixidos figura que osingresos familiares ponderados non exce-den de 2,5 veces o salario mínimo interpro-fesional e que leven residindo dende haicinco anos, como mínimo, no noso concello(esta condición non é necesaria para osvivan fora de Galicia).

Axudas para rehabilitación de vivendas rurais

Información e tramitación de solicitudes:

Casa do Concellode Sandiás

San Bieito

da Uceira

Page 3: Sandiás (Nº 15)

Páxina 3

A reforma das infraestructuras experimenta un avance importante

O Concello participa na modernizacióndos servizos básicos en todo o municipio

A mellora de estradas, camiños e pistas agrarias, a ampliación e reforma dasredes de abastecemento e de sumidoiros son algúns dos logros máis salientables

O PUNTO DE ATENCIÓNINFANTIL, NO COLEXIOn Sandiás contará cun Punto de Aten-ción Infantil (PAI), que cumplirá funciónsde gardería, en virtude do convenio decolaboración asinado polo Concello deSandiás maila anterior Consellería deFamilia, Xuventude, Deporte e Voluntaria-do. O PAI de Sandiás vaise habilitar nasinstalacións do colexio público, cun inves-timento de 9.000 euros. O seu cometidoserá dar servizo ós nenos e nenas queaínda non chegaron á idade de escolari-zación obrigatoria (é dicir, menores detres anos) e que, por razóns familiares,precisan dunha atención especializada.

A ANTERIOR XUNTAAPROBOU VARIAS OBRAS

DE REFORMA VIARIAn O Concello de Sandiás maila anteriorConsellería de Política Agroalimentaria eDesenvolvemento Rural asinaron un con-venio para o investimento de 142.000euros para mellorar diversos tramos darede viaria da concentración parcelaria.Deste proxecto íanse beneficiar as parro-quias de Piñeira, Sandiás e Couso. Os

traballos previstos son de reasfaltado emellora das pistas de terra. A nova Xuntaanunciou que deixa sen efecto este pro-xecto “sine die”.

SANDIÁS, NO PLAN DEDESENVOLVEMENTO

COMARCALn Sandiás e os demais concellos de ALimia figuran no Plan de Desenvolve-mento Comarcal aprobado pola anteriorXunta de Galicia. Este plan é marco dereferencia para as distintas administra-cións respecto das accións e estratexiascontidas nel. As actuacións dotacionaisque se inclúan no Plan de Desenvolve-mento Comarcal terán a consideraciónde utilidade pública para os efectos dalexislación de expropiación forzosa.

NOVO TRAMO DECOLECTORES

n A través dos Planos Provinciais deObras están en execución os colectoresdas augas residuais de Couso e Vilariñoata a nova depuradora eléctrica. Oinvestimento total aproxímase ós 60 mileuros. Con este proxecto resólvese oproblema da depuración nesta zona.

Cumpridos xa

os dous primei-

ros anos da

actual Corpora-

ción municipal

(2003-2007), o

balance de xes-

tión presenta

unha importan-

te relación de

obras e proxec-

tos que sitúan a

Sandiás á altu-

ra dos conce-

llos máis desen-

volvidos da

nosa provincia.

As actuacións do Concello de Sandiás teñen

como obxectivo prioritario desde a toma de

posesión da nova Corporación municipal dar

resposta ás demandas de tódolos residen-

tes no municipio, tentando distribuir do

xeito máis racional posible os axustados

recursos con que conta a institución munici-

pal. Aínda así, os proxectos de obras bene-

ficiaron á práctica totalidade da nosa xente,

en tódolos núcleos de poboación. Ao mes-

mo tempo, xestionáronse outras actuacións

que xa están en marcha ou pendentes de

execución, pero que serán realidade en

pouco tempo, e nas que colaboran outras

Administracións públicas. A mellora da rede

viaria, das redes de abastecemento de auga

e de sumidoiros, da iluminación pública,

etc., son algúns exemplos deste esforzo

compartido por moitos e moitas, que fan de

Sandiás un concello que rexistra un alto

nivel de investimentos por habitante e ano.

A Xunta de Galicia aportou 44.000 euros para amellora das infraestructuras viarias de Zadagós-Piñeira; de Chousela ata a estrada de Piñeira a Corga;e a pavimentación da pista que vai da N-525 á estra-da de Piñeira-Corga, a través dun convenio asinadopola alcaldesa, Concepción Méndez, co anterior con-selleiro de Política Agroalimentaria, José AntonioSantiso Miramontes.

A construcción de beirarrúas narúa nova desde a N-525 ata aigrexa de Santo Estevo de San-diás realízase con cargo ós Pla-nos Provinciais da Deputaciónde Ourense. Tamén se destinaoutra partida para completar unnovo tramo de beirarrúas nonúcleo rural de Corga.

Concepción Méndez, xunto ós alcaldes de

Lobios e Lobeira, no mosteiro de Celanova,

durante a sinatura do convenio co anterior

conselleiro de Política Agroalimentaria

Page 4: Sandiás (Nº 15)

Páxina 4

A anterior Consellería de AsuntosSociais, Emprego e Relacións Labo-rais, colaborou do Concello de Sandiáspara rehabilitar un antigo edificio acarón da Casa da Lagoa para conver-ti-lo en Centro de Día para maiores. Oconvenio, asinado en Santiago polaconselleira Belén Prado e maila alcal-desa de Sandiás, Concepción Méndez(na imaxe), contempla o investimentode 56.000 euros, dos que 44.000corresponden á subvención da Xunta,e o resto á achega que realiza o propioConcello de Sandiás.

Concello e Xunta de Galicia colaboran na construcción do centro social

O depósito de Piñeira, en servizoA entrada en funcionamento do novo depósito de auga dePiñeira de Arcos servirá para evitar problemas de subminis-tración en períodos de secas prolongadas. Agora está previs-ta a canalización desde o depósito xeral ata Arcos, por Piñei-ra. O Concello agarda solucionar tamén os problemas de Fon-tela, que tivo dificultades durante o verán pola seca das cap-tacións, o que obrigou a leva-la auga en cisternas.

A Casa da Lagoa, pendente dos paneisA obra civil da Casa da Lagoa de Sandiás está prácticamenterematada. Xa chegaron algúns paneis divulgativos dos humi-dais de A Limia e a cámara que permitirá observar en directoo comportamento das anátidas. En breve deberá estar insta-lado o material pendente, como paneis coas lendas da lagoa,da cidade de Antioquía, xogos orientativos, flora e fauna, etc.

O futuro edificio servirá de espaciode convivencia para maiores

Os traballos de rehabilitación princi-piaron pola limpeza do antigo edificio,que fora adquirido polo Concello eque se atopaba en mal estado de con-servación. A empresa que se encargado proxecto procederá despois áreposición dos muros e do tellado,antes de acomete-la reforma e as divi-sións interiores. Unha vez rematado,o Centro de Día de Sandiás pretendeser un espacio de convivencia duran-te o día para persoas maiores quedesexan seguir vivindo entre nós,antes que ir a unha residencia.

Page 5: Sandiás (Nº 15)

Páxina 5

Aínda que a ministra de Agricultura, Elena Espino-sa, e o conselleiro José Antonio Santiso escenifi-caron en Sandiás algunhas discrepancias sobre oPlan de Regadío, ambos amosaron o seu apoio aeste importante proxecto para o noso concello e acomarca de A Limia. Santiso lembroulle a ElenaEspinosa que “as actuacións de ampliación denovos regadíos están previstas no acordo marcode colaboración subscrito en setembro de 2001polo presidente da Xunta e o entón ministro deAgricultura, onde se preveron 8.500 hectáreas,cun investimento aproximado de 53,5 millóns deeuros. O anterior conselleiro queixouse de que oGoberno central pospuxera calquera compromisocon A Limia a unha futura reordenación do PlanNacional de Regadíos a realizar no 2008.

Durante a visita ás obras do regadío da Lagoa de Antela, Elena Espi-

nosa prometeu a realización dos compromisos do Plan Nacional de

Regadíos como un dos obxectivos prioritarios da política agraria.

Expricou que o seu departamento apoia as obras de consolidación e

mellora de regadios e a obtención de condicións favorables para os

regantes na concesión de préstamos para a mellora das parcelas. (Na

imaxe superior, parte dos agricultores que asistiron ó acto. Abaixo,

Elena Espinosa, prantando unha árbore na zona da Lagoa en Sandiás.

Goberno central e Xunta de Galicia

aportan 13 millóns de euros para as

obras do Plan de Regadío da Limia

Sandiás foi o lugar de encontro da ministra de Agricultura,Elena Espinosa, e do conselleiro de Política Agroalimen-taria da Xunta, José Antonio Santiso, para explica-lo pro-ceso que seguen as obras do Plan de Regadío de A Limia,que financian ambas Administracións públicas con 13millóns de euros. O proxecto de modernización do regadíotradicional da Lagoa de Antela, que afecta a 609 hectáre-as das zonas agrícolas de Xinzo e Sandiás, ten un orza-mento de 3,8 millóns de euros, dos que a Xunta aporta o22 por cento. Esta actuación únese á programación reali-zada para a creación de regadíos nesta comarca “no quese delimitaron catro zonas de actuación en orde á deman-da rexistrada, cunha superficie de 5.286 hectáreas. Ac-tualmente están en execución as obras correspondentes ázona de secano da Lagoa de Antela, sobre unha superfi-cie de 2.087 hectáreas e cunha inversión total próximaaos 13 millóns de euros, dos que a Xunta aporta máis de8 millóns e o Ministerio de Agricultura, os 4,5 millóns res-tantes”, expricou Santiso Miramontes.BENEFICIO PARA 320 AGRICULTORES

Estas actuacións benefician a 320 agricultores e supónunha importante revalorización das terras, un aumento dasuperficie de cultivo superior ás 1.000 hectáreas, a mello-ra da calidade e da producción en máis dun 30%, asícomo a implantación de empresas agrícolas e a introduc-ción de novos cultivos.

Obxectivo primordial do Plan de Regadío é a transfor-mación de 3.200 hectáreas correspondentes á zona deEntrerríos (1.217 Has.), á zona da parte baixa do río Limiana marxe sur (1.089 Has.) e á zona da parte alta, queocupa unhas 902 hectáreas. O conselleiro reclamou doGoberno central unha maior implicación neste proxecto.

Page 6: Sandiás (Nº 15)

Páxina 6

O anterior conselleiro de Política Agroa-limentaria, José Antonio Santiso Mira-montes, presentou no colexio público deSandiás o proxecto para un PolígonoAgrario en A Limia, unha "iniciativa pio-neira en Galicia, que forma parte dasmedidas contempladas no Plan de Desen-volvemento Rural A Galicia do 2020".

O novo Polígono Agrario, que seestablecerá nunha finca de 8,5 hectáreassobre as que se urbanizarán parcelas,viais e aparcamentos, "trata de darlle res-posta as necesidades do puxante sectorprimario da comarca, que require terreopara establecer almacéns, pequenas in-dustrias transformadoras, de distribuciónou de servizos a este sector punteiro, noque se integran 1.300 agricultores e gan-deiros que cultivan arredor de 30.000hectáreas pertencentes a doce concellosda nosa comarca.

Técnicos da Xunta de Galicia presentaron o proxecto do Parque Agrario no colexio público de Sandiás.

O encontro reuníu a responsables políticos e numerosos veciños e agricultores de Sandiás e de A Limia.

"Con esta actuación propoñémonospotenciar unha das maiores produciónsagrarias de Galicia que ten na pataca, nocereal e nos cultivos forraxeiros o seumaior potencial; e que conta con 350 ex-plotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 decoellos. Esta capacidade produtiva dálugar a un sector de transformación ecomercialización agrogandeira que xeramáis de 150 empregos directos.

O proxecto inclúe o movemento deterras, a dotación de firmes e pavimentos,redes hidráulicas, subministro de enerxíaeléctrica, iluminación pública e rede detelecomunicacións. O orzamento estima-do para esta actuación é de 600.000 eu-ros, que permitirá dispoñer de 22 parce-las organizadas a ambos lados dun vialque irá desde o entronque coa N- 525 ataunha glorieta para facilitar a circulación.

Ocupará 8,5 hectáreas en Sandiás

A anterior Xunta anunciou

o investimento de 600.000

euros no Polígono Agrario

de A Limia

Page 7: Sandiás (Nº 15)

Páxina 7

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento

Económico (INORDE) participou, en colabo-

ración cos concellos da Limia, na instala-

ción dos indicadores da ruta turística da Vía

Nova. Sandiás, cos miliarios en mellor esta-

do de toda a comarca, é un dos municipios

máis importantes deste roteiro histórico.

O noso municipio vaise converter aínda máis nun dos referentes turísticos da Vía Nova

no traxecto da comarca da Limia. O edificio multiusos (antigo edificio da Cruz Vermella)

convertíuse nun importante centro de información documental, tanto nos aspectos

turísticos e históricos para promociona-la antiga calzada romana entre Braga e Astor-

ga, e que agora tentan pór en valor as distintas Administracións públidas, e de xeito

destacado, o propio Concello de Sandiás. Este Centro de Interpretación da Vía Nova

ofrece ós visitantes todo tipo de folletos informativos sobre a vía romana e a Baixa

Limia, con referencias ó turismo rural, gastronomía, monumentos, etc.

Máis de 8 mil persoas, na primeira tempada do hipódromoAs catro xornadas de carreiras celebradas na tempada inaugural do Centro Ecuestreda Deputación en Sandiás reuniron a máis de 8.000 espectadores, superando as pre-visións máis optimistas. Polo hipódromo pasaron uns 40 cabalos, procedentes deEuskadi, Cantabria e Madrid, entre outros lugares. O organismo provincial destacacomo “altamente satisfactoria” a valoración dos profesionais que pasaron polo centropara competir ou visita-las instalacións. Ademais das carreiras de velocidade, o Cen-tro Ecuestre organizou diferentes actividades, tentando atraer ó gran público para quese coñecese o traballo realizado en Sandiás e incorporar novos afeccioados ó mundodo cabalo. Entre a programación complementaria do hipódromo, cabe salienta-lasterapias que se impartiron para disminuídos psíquicos, xa que diferentes especialis-tas avalían como moi positiva a relación que estas persoas establecen cos cabalos,axudándolles na súa aprendizaxe posterior.

O Plan Laboraposibilitou a

contratación decinco persoas

O Concello de Sandiás segueapostando polas políticas defomento do emprego para fixarpoboación e abrir novas expec-tativas laborais a moitos veciños.Este foi o obxectivo do Obradoi-ro de Emprego que se desenvol-veu no 2003, e volve a ser coascontratacións realizadas ó abeirodo Plan Labora, promovido polaanterior Consellería de AsuntosSociais, Emprego e RelaciónsLaborais.

Nos últimos meses integrá-ronse no organigrama laboral doConcello cinco persoas menoresde 29 anos que cumpren cosrequisitos establecidos no regu-lamento do Plan Labora: unhapara atende-la dispensación dacita previa no Centro de Saúde;unha para atende-la oficina daVía Nova; outra para os progra-mas de Internet e a Biblioteca; edúas para apoio informático etarefas administrativas na propiaCasa do Concello.

Page 8: Sandiás (Nº 15)

Páxina 8

Gastos de persoal 226.417,07

Gastos en bens correntes e servicios 228.889,87

Gastos financeiros 3.422,28

Transferencias correntes 68.959,05

Investimentos reais 246.868,12

Transferencias de capital ---

Pasivos financeiros 15.443,61

Total gastos: 790.000,00

Impostos directos 106.619,85

Impostos indirectos 12.000,00

Taxas e outros ingresos 63.862,08

Transferencias correntes 309.356,32

Ingresos patrimoniais 1.374,71

Alleamento de investimentos reais

Transferencias de capital

Pasivos financeiros

-----

296.787,04

-----

Total ingresos: 790.000,00

GASTOS

INGRESOS

Bens correntes, servicios e investimentos representan máis do 61 por cento do total de gastos

O Concello dispuxo este ano dun orzamento de 790 mil euros

O noso Concello dis-puxo durante o exercicioeconómico de 2005 dunorzamento de 790 mileuros. Como en anosanteriores son significati-vos nos capítulos de gas-tos os bens correntes eservicios, persoal, investi-mentos reais e transferen-cias correntes, e nunhaporcentaxe moito menor,os gastos mailos pasivosfinanceiros.

Nos capítulos de in-gresos, volven primar so-bre os demais os das

transferencias correntes ede capital, que procedendas aportacións do Estadoe da Comunidade Autóno-ma de Galicia (supoñen o76,7 % do total), os im-postos directos e indirec-tos, as taxas mailos ingre-sos patrimoniais. Así, unano máis, o Concello deSandiás mantén, a pesarda limitación dos recursoseconómicos, un nivel deinvestimento semellante óde anos precedentes, fu-xindo do endebedamentomunicipal.

A Xunta de Galicia aprobou a participa-ción no consorcio contraincendios querexerá o parque de bombeiros dacomarca de A Limia, e no que tamén seintegrou o Concello de Sandiás. Conesta autorización dáse paso á constitu-ción do novo consorcio que rexerá ofuncionamento do parque comarcal,previsto no Plan Galego que desenvol-ve a Consellería de Xustiza.

O Parque de Bombeiros da nosacomarca, actualmente en fase de cons-trucción en Xinzo, será semellante ó deVerín, inaugurado a finais de 2004, quedispón de 16 bombeiros e cinco vehícu-los motobomba, ademáis de modernomaterial de excarceración para interviren accidentes de tráfico.

Sandiás participa no consorcio do parque de bombeiros

O parque contra incendios contará

con modernos vehículos.

Os axentes disporán de material

para socorrer ós accidentados.

O noso lixo vaise depositar na planta da MancomunidadeA nova planta de transferenciade lixo de A Limia, ubicada noparque empresarial de Xinzo,comezará a funcionar nas próxi-mas semanas. Este servizo evi-tará que os camións da recollidateñan que transporta-lo lixo ata aplanta de San Cibrao das Viñas,onde, posteriormente, se reenvíapara o seu tratamento ata o com-plexo que ten a empresa públicaSOGAMA na localidade coruñe-sa de Cerceda.

Mentres, o acodo entre o sindi-cato CIG e a Mancomunidadede A Limia puxo fin á folga darecollida de lixo que provocounon poucas molestias en tódo-los pobos da comarca. O moti-vo da protesta foi a reclama-ción por parte dos traballado-res de diversas melloras so-ciais e salariais. A postura dosconcellos foi rexeitar estasdemandas para evitar a subados impostos ós contribuintes.

Page 9: Sandiás (Nº 15)

Páxina 9

Os programas

“Internet

rural” e “Inter-

net na Biblio-

teca” dispoñen

de accesos á

rede vía satéli-

te (máis rápido

que coa liña

ADSL), impre-

sora, escáner

e webcam.

O programa Internet na Biblioteca facilitaa conexión gratuita á Rede vía satélite

Calquera veciño e veciña de Sandiás pode acceder a Internet a travésdos ordenadores instalados na Biblioteca Municipal da Casa do Concello. Tráta-se dun servizo gratuito de conexión á rede que permite acceder a Internet a tra-vés dun avanzado sistema de transmisión/recepción vía satélite, moito máisefectivo e rápido que a liña ADSL. A conexión realízase en tempo real, co queaforra moito tempo na consulta e acceso ás páxinas web. Os usuarios dispoñentamén de impresora, escáner e webcam.

Na Biblioteca municipal, na plantabaixa da Casa do Concelo, hai opera-tivos varios ordenadores. Estes apare-llos informáticos, que están a disposi-ción de tódolos veciños e veciñas, for-man parte do programa “Internet naBiblioteca”, auspiciados polo Gobernocentral maila Xunta de Galicia.

www.concellodesandias.com

En Internet:Moitas persoas visitaron xadende a súa posta en funcio-

namento, no pasado ano, a páxinaweb non oficial do concello de San-diás, na dirección

www.concellodesandias.com.Este novo servicio ofrece, con

documentación, textos e fotografíasde Xavier Feijóo Méndez, un ache-gamento á realidade do noso muni-cipio a través das novas tecnoloxíasda comunicación.

Nesta páxina pódese acceder, enidioma galego (tamén hai un suma-rio en inglés), á información sobrea situación xeográfica, a historia, opatrimonio (monumentos e arqui-tectura civil e relixiosa), a activida-de económica, o turismo e o tempolibre, as festas e unha galería defotografías sobre os encantos natu-rais e monumentais emblemáticosdo noso municipio.

A web de Sandiás ten completase interesantes referencias á Lagoade Antela, e recolle diferentes arti-gos sobre A Limia, asinados por

escritores senlleiros da nosa litera-tura, como Vicente Risco, RamónOtero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro.Outros apartados lévannos a coñe-ce-la cronoloxía do Concello, al-gunhas lendas, o Entroido de San-diás e unha galería de imaxes dospobos do noso municipio e dalgun-has das actividades que eiquí sedesenvolven. Contén unha axendacos teléfonos de interese, lugaresnos que comer ou pernoctar e unrelatorio de tódalas empresas asen-tadas no concello, coas direcciónspostais e electrónicas.

A xeito de promoción turística,hai un enlace “Qué visitar”, ondeatopamos referencias e fotografíasdo noso patrimonio monumental earquitectónico, coas igrexas deSanto Estevo de Sandiás, San Xoánde Piñeira e Santa María de Couso,a Torre do Castro, a ermida de SanBieito da Uceira, os pazos do Pene-do, do Espido e do Telleiro, a Casado Fidalgo e a Casona de SantaAna, entre outros.

...para coñecer

mellor a nosa terra

Page 10: Sandiás (Nº 15)

Páxina 10

A teleasistencia, de moita utilidade

para as persoas que viven soas

Este servizo social, subvencionadopola Deputación, Xunta e Ministeriode Traballo, permite ás persoas queviven soas activar un dispositivo deemerxencia que levan en forma depulseira para avisar de calquera pro-blema ou incidencia que lles poidaxurdir. Está especialmente indicadopara persoas maiores, que padecenalgunha enfermidade ou minusvalía.O sistema conecta ó usuario do ser-vizo coa Central de Atención perma-nente as 24 horas do día, durantetodo o ano (festivos incluídos). NestaCentral dispoñen dunha ficha com-pleta con datos do usuario e informa-ción dos recursos necesarios paraofrece-la axuda máis convinte encada caso. Pode solicitarse ou reca-bar máis información nos ServizosSociais de Sandiás: Casa do Con-cello (tfno. 988 465 001).

Servizos Sociais: sempre solidarios

No último ano atendéronse nas dependencias

municipais a máis de 500 usuarios/asO departamento de Servizos So-ciais de Atención Primaria do Con-cello de Sandiás, coordinado a tra-vés da Mancomunidade, abríu du-rante o último ano algo máis de 300expedentes para solicitudes deaxudas, subvencións, pensións,

etc. Os recursos aplicados corres-ponden, na maior parte, a cues-tións referidas á Seguridade Social,vivenda, prestacións de servizossociais. Os sectores de poboaciónde maior incidencia son os da ter-ceira idade, muller e xuventude.

Antonia García Graña, graduada social:

“Axudamos ós nosos veciños a resolverproblemas e a tramitar axudas e subvencións”

Servizos

Sociais de

Atención

Primaria de

Sandiás

Horario de atenciónda graduada social:

mércores

cada 15 días,

de 9:00 a 14:30

Pregunta: ¿Que son os Servizos Sociais de Atención Primaria?Antonia: Dun xeito resumido, son aqueles que realizan unha acción socialglobalizadora e polivalente, dirixidos ó conxunto da poboación do noso ámbi-to xeográfico, e que teñen por obxectivo promover e posibilitar o desenvolve-mento do benestar social de tódolos cidadáns do concello de Sandiás.P: ¿Que tipo de información e tramitacións realiza vostede?Antonia: Os programas de maior incidencia, é dicir, os que teñen maior deman-da, son os das pensións da Seguridade Social, tanto de España como doextranxeiro. Hai que ter en conta que no concello de Sandiás hai unha porcen-taxe importante de veciños e veciñas que traballaron fora e que veñen eiquí aresolver problemas e aspectos legais das súas pensións de xubilación. Outrosprogramas que teñen unha alta incidencia son tamén os das pensións de inva-lidez, cartillas sanitarias, altas e baixas da Agraria, de autónomos, incapacida-des temporais, axudas para vivendas...P: ¿Quen pode optar a estas axudas para a rehabilitación de vivendas?Antonia: Calquera veciño ou veciña que leve máis de cinco anos censado noconcello, aínda que resida fora da Comunidade Autónoma. É para reformas,tanto interiores como exteriores, de vivendas con máis de 15 anos de anti-güidade. O prazo remata o día 31 de decembro.P: ¿Pensa que se están aproveitando ben estas subvencións?Antonia: En xeral, sí. A xente está ben informada, e case sempre se conceden.Para as persoas que desexan mellora-las condicións da súa vivenda, é unhaaxuda importante. Desde o Concello tentamos axiliza-los trámites e darlles tóda-las facilidades posibles.

SEMPRE Ó TEU CARÓN

AS 24 HORAS DO DÍA

Page 11: Sandiás (Nº 15)

Páxina 11

Eleccións autonómicas 2005

A mesa electoral de Sandiás estivo instalada na Casa do Concello (arriba),

mentres que os votantes da zona de Piñeira de Arcos tiveron que despra-

zarse ata o local da antiga escola unitaria do pobo (foto inferior).

O Partido Popular, por diante de PSOE e BNG

Resultado das Eleccións Autonómicas en Sandiás

675 320 160 3 2 15

P G-PSOEDE

OUTROSNULOS/ENBRANCO

Censo

Votantes

1.431

1.175

82,1

17,9

Participación %

Abstención %

O Partido Popularf foi o clarogañador en Sandiás das elec-cións autonómicas, celebra-das o pasado 19 de xuño.Nesta importante cita electoralsuperou o 57% dos votos emi-tidos polos nosos veciños/as.O PSdeG-PSOE foi a se-gunda forza política máis vota-da (27,4%), por diante doBNG, que acadou o 13,7%.Socialistas e nacionalistaspactaron un Goberno de coali-ción na Xunta de Galicia.

Os veciños e veciñas de Sandiásdecantáronse de xeito maioritario aprol do Partido Popular nas elecciónsautonómicas do pasado 19 de xuño.Esta formación política gañou en tóda-las convocatorias electorais celebra-das no noso concello nos últimos 15anos. Nesta ocasión acadou 675 votos(57,7%), mentres que o PSdeG-PSOEfoi a segunda forza política, con 320votos (27,4%) e o BNG, a terceira, con44 votos (13,7%). Respecto ós comi-cios autonómicos de 2001, producíuseun apreciable incremento da participa-ción, que pasou do 76,3%, nas ante-riores eleccións, ó 82,1% do 19 dexuño do presente ano, a pesares dareducción do censo electoral. Os cida-dáns do concello de Sandiás taménsuperaron a media de participación anivel da provincia de Ourense, que foido 71,98%.

Outro dos aspectos máis salienta-bles desta xornada electoral, quetranscorreu con total normalidade nonoso municipio, é que o 99,5 por centodos votos válidos repartíronse entre astres forzas políticas maioritarias noámbito autonómico (PP, PSdeG-PSOEe BNG), quedando como meramentetestemuñais os resultados das outrasformacións que concorreron a estescomicios: tres votos foron para Es-querda Unida-Izquierda Unida; únpara o Partido Humanista, e outro paraa Falanxe Española de las JONS.

esquerda unida

izquierda unida

Page 12: Sandiás (Nº 15)

Páxina 12

Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97

na recol l ida select iva de l ixoF

Reciclar é tarefa det o d o s

ColaColaborbora co teu concelloa co teu concello

Centro de Información ó Agro GalegoNovo

Xunta de Galicia

902 112 000A resposta tela na túa man

Horario: 8 a 22 horas (lúns a venres).9 a 14 (sábados, domingos e festivos).

O Outono volveu coa maxia dos magostos.E Sandiás, terra de tradicións centenarias,celebra como poucos concellos esta singu-lar herdanza dos nosos devanceiros. Foi anivel familiar e veciñal, nos diferentespobos, pero tamén de xeito máis popular, odía 6 de novembro, no Magosto organizadopolo Concello nas instalacións do colexiopúblico.

Unhas 200 persoas xuntáronse para dis-frutar dunha xornada apacible, de reencon-tro cos veciños, familiares e amigos, xentesde tódalas idades que acudiron, un anomáis, á invitación do Concello de Sandiás.Os traballadores municipais, membros daCorporación e varios veciños encargáronsedos preparativos e da organización domagosto, coidando de que todos saisen sa-tisfeitos desta xuntanza que se renova tódo-

los anos cunha excusa gastronómica dooutono. Houbo empanada, bica, chourizos,viño, licores e, para remata-la festa, casta-ñas asadas, como non podía ser doutroxeito.

Tempo tivemos tamén para o baile, óritmo dunha charanga que animou o am-biente, aínda máis do que o fixeran conanterioridade as viandas preparadas para aocasión.

Novos e maiores, veciños e veciñas detódalos pobos, unidos e reunidos para cele-bra-lo magosto e “facer patria”, aínda quenesta ocasión sería “facer concello”. E, pararematar, unha opinión unánime de tódolosparticipantes: esta festa debe continuar, xaque é un motivo ben axeitado para manterunha cordial relación entre toda a xente deSandiás.

Tempo demagostos

O Concello

reuníu ós

veciños na

festa do

outono por

excelencia