Saída ao Auditorio Caixanova 16.11.09

2
O día 16 de novembro os alumnos/as de 2º e 3º ciclo de primaria fixemos unha saída ao auditorio CAIXANOVA (Vigo) . Por primeira vez asistimos a una representación teatral en english!!! Á volta comentamos: O LUGAR E O ESCENARIO: O auditorio de Caixanova é moi grande, bonito e cun teito abovedado para que non faga eco e se escoite mellor. No escenario había un panel de imaxes que cambiaba. A primeira era una cociña e a outra era una clase. Tamén había una mesa, una cadeira e tres cilindros que facían de contenedores: azul, amárelo e verde. Había efectos especiais para a auga, en realidade eran unas fitas azuis que saían dunha billa. Outro dos efectos especiais era a bomba de Mr Ugly que una bóla de corcho e pintada de negro. Tiña unha corda que facía de mecha. Abel, Iván e Pablo OS PERSONAXES: Ugly Bugly, un señor que quere destruir o mundo.Era delgado, moreno e levaba unha barba de varios días sen cortar. Alice, era unha xoven non moi alta, que tiña o pelo rizado e marrón escuro. Vestía roupa moi cómoda. Ela era unha gran consumista e desordenada. Super Sue, era bastante alta,delgada e loira. Era moi ecolóxica e vestía de cow boy. Laura, Manu e Rafa

Transcript of Saída ao Auditorio Caixanova 16.11.09

O día 16 de novembro os alumnos/as de 2º e 3º ciclo de primaria fixemos unha saída ao

auditorio CAIXANOVA (Vigo) .

Por primeira vez asistimos a una

representación teatral en english!!!

Á volta comentamos:

� O LUGAR E O ESCENARIO:

O auditorio de Caixanova é moi grande, bonito e cun teito abovedado para que non faga eco e se escoite mellor.

No escenario había un panel de imaxes que cambiaba. A primeira era una cociña e a outra era una clase. Tamén había una mesa, una cadeira e tres

cilindros que facían de contenedores: azul, amárelo e verde.

Había efectos especiais para a auga, en realidade eran unas fitas azuis que saían dunha billa. Outro dos efectos especiais era a bomba de Mr Ugly que una bóla de corcho e pintada de negro. Tiña unha corda que facía de mecha.

Abel, Iván e Pablo

� OS PERSONAXES:

Ugly Bugly, un señor que quere destruir o mundo.Era delgado, moreno e levaba unha barba de varios días sen cortar.

Alice, era unha xoven non moi alta, que tiña o pelo rizado e marrón escuro. Vestía roupa moi cómoda. Ela era unha gran consumista e desordenada.

Super Sue, era bastante alta,delgada e loira. Era moi ecolóxica e vestía de cow boy.

Laura, Manu e Rafa

� A HISTORIA

O musical estaba en inglés , igual que a obra. Trataba dunha nena (Alice) que tiña uns costumes moi pouco ecolóxicos : non apaga ás luces, tira o lixo ao chan,etc. Un día, cando estaba lista para irse ao colexio, coñece a vaqueira Super Sue que viñera a salvar ao Planeta.

Alice tamén coñece ao Ugly Bugly que quere destruir á Terra. Ao final Super Sue salvou á Terra da contaminación e das mans do malvado Ugly.

Romina, Pedro e Moisés

� A MÚSICA

A música era de cowboy e country interpretada polos actores da obra.

Andrés e Brais e M. Sergio.