Rumpelstikin, o anano salatarín

40
Rumpelstikin o anano saltarín

description

Dosier do espectáculo "Rumpelstikin, o anano saltarín", das compañías Kalina Teatro e Trompicallo.

Transcript of Rumpelstikin, o anano salatarín

Page 1: Rumpelstikin, o anano salatarín

Rumpelstikino anano saltarín

Page 2: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 3: Rumpelstikin, o anano salatarín

Autor / DirectorPlamen Dipchikov

Fotografía

Santi Vila

Kalina Teatro & TrompicalloProducida por

www.rumpelstikin.com

Marián GonzálezA Picota, 315318 - Abegondo (A Coruña)Tlf.: 636 86 09 [email protected]

Distribución

ElencoPlamen DipchikovMarián GonzálezLuís González

Escenógrafa / Vestiario / MarionetasAni Petrova

Rumpelstikino anano saltarín

Page 4: Rumpelstikin, o anano salatarín

en mans estrañas”“Non deixes o nobelo da túa vida

Page 5: Rumpelstikin, o anano salatarín

en manos estrañas”“Non deixes o ovillo da túa vida

Page 6: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 7: Rumpelstikin, o anano salatarín

PresentaciónDespois de colaborar hai uns anos na produción do espectáculo "Nadarín", as compañías e Kalina TeatroTrompicallo voltamos a xuntarnos nos para afrontar a coprodución de " ", un clásico Rumpelstikin, o anano saltaríneuropeo de tradición oral.Achegarse a unha obra do folclore debe facerse sempre co respecto e a consideración que merece. Nelas están tecidas as ideas, consellos e mensaxes que ao longo dos séculos resistiron o desgaste, o esgotamento ou a aniquilación á que o paso do tempo nos empurra de forma inexorable.No conto de "Rumpelstikin, o anano saltarín" atopamos unha alerta conceptual, que nos ilustra acerca do que acontece, cando deixamos o noso destino en mans doutros: perdemos o control da nosa propia vida. Isto lévanos a situacións que non desexamos e das que, ás veces, non podemos ou é moi difícil saír, arriscando tamén a vida dos nosos seres máis queridos.O conto desenvólvese nun momento no que a pobreza apodérase do pobo, mentres que os poderosos viven alleos ao sufrimento das xentes, preocupándose unicamente de aumentar a súa riqueza, unha situación que, desgraciadamente, se repite moi a miúdo.Estes, entre outros argumentos, son os que nos levaron á produción deste espectáculo, co que pretendemos que os nenos comprendan, non como unha lección, senón como un descubrimento, que a nosa vida é algo que temos que dirixir nós mesmos e non permitir que outros nos obriguen a tomar camiños que non desexamos.

Page 8: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 9: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 10: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 11: Rumpelstikin, o anano salatarín

A obra

Conceptos básicos, personaxes e linguaxe escénica.

A obra teatral trata o tema da Pobreza. Na sociedade moderna a riqueza e a pobreza van sempre unidas. O concepto analiza un paradoxo de proporción inversa: á riqueza material correspóndelle unha "miseria intelectual" e viceversa, os que menos posúen gozan dunha "riqueza espiritual".

As dúas tendencias opostas nutren o conflito básico. A dramaturxia "dá corpo" ao tema principal converténdoo nun personaxe propio. A decisión creativa destaca o papel fundamental da Pobreza na dialéctica social. Dado que actúa sempre na escuridade, a Pobreza está representada na obra axeitadamente en formato de sombras chinescas.

O vello Muiñeiro é un home culto. As imaxes verbais, incrustadas na súa fala cotiá, sorprenden con matices filosóficos. El utiliza unha linguaxe rica e metafórica para expresar o seu amor paternal. "A miña filla é tan hábil, que pode fiar de calquera herba seca un fío de puro ouro,". Esta afirmación contén a clave conceptual da trama.

Pola contra, o Rei resulta analfabeto. Ten a mente atascada por unha cobiza infinita. Isto impídelle captar o sentido profundo das palabras.

Page 12: Rumpelstikin, o anano salatarín

Compréndeo todo literalmente, de forma superficial e simple, nun só contexto: "ouro". A linguaxe do Muiñeiro é

incomprensible para o Rei. O monarca e o labrego non falan o mesmo idioma. Un exprésase como pode e o

outro entendeo como quere.O espectáculo é un retrato escénico da ausencia total de comunicación entre os ricos, que mandan, e os pobres,

condenados a obedecer.

A vítima desta situación, a filla do muiñeiro, está obrigada a converter cantidades de palla en fío de

ouro. Esta barbarie expresa o problema básico formulado na dramaturxia: a incapacidade dos

mozos de resistir o colapso do sistema social.

Nas situacións criticas, sempre aparece o personaxe do anano. O seu oficio é facerse rico a conta dos demais,

sacando beneficio de cada drama humano. Cobra, polos seus

servizos, un prezo terrorífico: o poder e o control sobre

a vida.

Page 13: Rumpelstikin, o anano salatarín

O único xeito de recuperar o equilibrio da situación e experimentar un progreso persoal é coñecer o verdadeiro nome da estraña criatura.

O marco de dramaturxia péchase coa escena da revelación do Muiñeiro. É un micro-monólogo emocionalmente moi intenso e cun explosivo carácter. O personaxe consegue abrir o seu interior ao publico para que se identifique con el. Alí pestanexa a cacharela da súa alma, arredor da cal sitúa a sombra do anano perigoso. O pai recoñece a parte da súa culpa, axusta as súas contas e axuda á súa filla a

comprender a filosofía da vida.

A problemática ofrécese dunha forma divertida, dinámica e espectacular. A linguaxe escénica

conta con moita emoción, humor, ironía e ata con sarcasmo, para definir a súa

propia opinión crítica. A acción escénica ten un ritmo intenso,

cambiando de forma cinematográfica o espazo e

o tempo.

Page 14: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 15: Rumpelstikin, o anano salatarín

A Pobreza mudouse a vivir a un pobo afastado. Os labregos dese lugar quedaron sen un só gran, despois de pagar os

impostos ao Rei. O único que consegue darlle unha malleira á odiosa convidada é o vello muiñeiro. Este vese involucrado nun

accidente fortuíto cun xoven nobre que regresa ao castelo. Aproveitando esta ocasión única o muiñeiro revélalle a incrible habilidade da súa filla, que pode "fiar de calquera herba seca, un fío de puro ouro,". Deste modo Esperanza chega ao pazo. Por orde do Rei, a moza debe confirmar as palabras do seu

pai. A pobre rapaza decátase da súa dramática situación: se o consegue - vivirá como unha raíña! - E se non - pai e filla

pagarán coas súas vidas!A xigantesca tarefa vese superada coa axuda dun estraño

anano que aparece sempre da escuridade. Co incrible potencial e os misteriosos conxuros do homiño, a filla do

muiñeiro converte repetidamente toda a palla do reino en fíos de ouro. A cambio, o anano esixe pagamentos cada vez menos

humanos e máis monstruosos.O Rei abdica en favor do seu fillo e cumpre as súas promesas.

A filla do muiñeiro casa co novo rei convertendose en raíña. Nove meses máis tarde a raíña dá a luz un herdeiro con cabelos de ouro. Xusto despois das festas do primeiro

aniversario do príncipe, o anano regresa para cobrar a súa débeda. Vén a reclamar o que lle corresponde, segundo él tratou con Esperanza. Nada máis e nada menos que o seu

primeiro fillo!Presa do pánico Esperanza proponlle trocos desesperados.

O anano rexéitaos todos inexorablemente.O único que consegue facelo dubidar é a última proposta da

nova raíña - que a leve a ela, en vez do neno.Déixalle tres días para reflexionar e adiviñar cual é o seu nome.

Se o consegue, recuperará a custodia do seu fillo, pero se non...

Como nun soño, o vello muiñeiro aparece no pazo para revelar á súa filla o segredo que esconde a natureza humana e a clave

para descifrar o nome do desgraciado anano.

Sinopse

Page 16: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 17: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 18: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 19: Rumpelstikin, o anano salatarín

Autor / Director:

Elenco:

Escenógrafa / Vestiario / Marionetas:

Fotografía

Público:

Espazo escénico:

Tempo de montaxe / desmontaxe:

Duración:

Distribución:

Web:

Agradecementos:

Plamen Dipchikov

Plamen DipchikovMarián GonzálezLuís González

Ani Petrova

Santi Vila

A partir de 5 anos

Ancho: 6,00 / Fondo: 5,00 / Alto: 4,00Toma de corriente 220 V. / 8.000 W.Oscuridade total

240 min. / 120 min.

60 min

Marián GonzálezA Picota, 315318 - Abegondo (A Coruña)Tlf.- 636 86 09 [email protected]

www.rumpelstikin.com

Concello de As Pontes

Ficha artística e técnica

Page 20: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 21: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 22: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 23: Rumpelstikin, o anano salatarín

Se a vida podese representar como un fío, resulta que a biografía é o nobelo enteiro e para contar a historia de calquera persoa, tes que liar a febra que leva consigo. Esta linguaxe metafórica é a esencia do espectáculo. Todos os elementos - os personaxes, o decorado e sobre todo a acción - están "atados" con anacos de fíos e fitas nunha expresiva imaxe escénica. Os actores enfían o conto interpretando a vida da filla do muiñeiro.

Como é posible fiar de calquera herba seca un fío de ouro puro, tal como promete o pai?

Cal é o prezo da Riqueza?

Onde está o troco coa Pobreza?

Quen é o estraño personaxe, que aparece da nada disposto a axudala?

Cal é o seu nome?

Onde está o seu escondedoiro?

A posta de escena dá respostas firmes, utilizando un formato grande que une elementos de teatro visual, obxectos animados, sombras e proxeccións.A mensaxe clara que transmite a obra é que non deixes que o nobelo da túa vida sexa liado por mans estrañas.

Plamen Dipchikov.

Apuntes do director

Page 24: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 25: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 26: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 27: Rumpelstikin, o anano salatarín

Apuntes da escenógrafa O concepto da escenografía dirixe os seus esforzos en aumentar o espazo escénico, rompendo visualmente os seus marcos físicos.

A idea é ofrecer aos personaxes a extensión enteira, para satisfacer as esixencias visuais da obra. Isto favorece a dinámica e a intensidade da acción e proporciona un amplo espazo vital arredor das marionetas.

A imaxe escénica obriga ao escenario a "esvaecerse fronte os ollos do espectador e introdúceo no mundo figurativo dos ambientes suxeridos. Isto conséguese mediante o aumento extraordinario do elemento central do concepto teatral e a súa proxección escénica bidimensional.

O nobelo da vida preséntase como un circulo de 3 metros de diámetro, tecnicamente dividido en catro partes separadas e independentes. A construción e creación dos personaxes conta con medios de distintas linguaxes teatrais: actor, obxecto, marioneta, sombra e o elemento clave, a luz.

A iluminación é tratada de forma prioritaria e cun afecto especial. Está organizada nun corredor de luz en plena escala cromática de gran dimensión. O resultado permite "pintar" sobre o lenzo escenográfico un cadro artístico multicolor, dinámico e irrepetible.

Ani Petrova

Page 28: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 29: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 30: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 31: Rumpelstikin, o anano salatarín

Kalina TeatroNo ano 1983 xúntanse dous profesionais do teatro especialistas en: dramaturxia e dirección de escena, deseño e realización de marionetas e escenografía. Crean e realizan ao principio proxectos para outras compañías (en España, Alemaña, Bulgaria, Letonia etc). A súa longa experiencia dá como froito a consolidación da súa propia compañía. Crearon máis de vinte postas en escenas nacionais e internacionais.Dende o ano 2004 estrean sete espectáculos infantís, entre outros: "Los tres Cerditos" (en colaboración coa Junta de Andalucía), "Rumpelstikin- el enano saltarín", "La Galina de los huevos de oro" e unha montaxe para adultos- "Amor, Delicias y Oro".Participan en festivais nacionais e internacionais- Madrid, Bilbao, Vitoria, Santiago de Compostela, Cuenca, Alicante, Soria, Albacete;na 1ª e 3ª Mostra de Teatro Andaluz e no CIRCUÍTO ABECEDARIA; nos circuítos da Junta de Andalucía e as deputacións de Sevilla, Cádiz e Huelva.

TrompicalloDende 1997 esta compañía leva producindo e distribuíndo

espectáculos, participando en distintos festivais, redes e feiras do estado.

Algúns dos espectáculos producidos son: "Osiño" (2012), "O día que chegou unha nube e choveu" (2010), "Violeta Coletas contra as

salchichas Gulp" (2009), "Bolboreta" (2006), "Nadarín" (2004), entre outros.

Tamén destacamos a participacion no Festival de Teatro de Almagro, Festival Internacional do Porto, Tirimundi (Segovia),

F.E.T.E.N. (Gijón), Festival Cómico dá Maia (Portugal), M.I.T. de Ribadavia, Fira de Teatre Al Carrer (Tárrega), Festival de Teatro de Humor (Araia-Asparrena), Fest. Int. de Títeres de Alicante, Fetival de Títeres de Sevilla e nas Redes de Teatros de Aragón, Castela-León, Asturias, Euskadi, Galicia, Castela-A Mancha, Madrid, etc.

As compañías

Page 32: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 33: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 34: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 35: Rumpelstikin, o anano salatarín

Os artístas Plamen Dipchikov / autor, director e actor

Doutor en ciencia e arte teatralDirector de teatro & dramaturgoEstudos realizados:GRAO UNIVERSITARIO MAGISTER - UNIVERSIDADE DE ARTES ESCENICAS "KR.SARAFOV" de Sofia (Bulgaria))GRAO CIENTÍFICO ACADÉMICO - DOUTOR en Ciencia e Arte Teatral.Dende o seu primeiro traballo como director profesional en 1981 crea máis de vinte espectáculos no Teatros Estatais do Ministerio de Cultura Búlgaro, tres no Teatro Nacional de Marionetas de Riga, Letonia e dez en España.En 1983 - a súa posta en escena da obra PUK, de Valeri Petrov, no Teatro de marionetas de Burgas (Bulgaria) obtén varios premios do xurado no Festival Internacional de Marionetas "Delfin de Oro" (Varna, Bulgaria)O espectáculo PUK obtivo:- Premio "Mellor espectáculo do ano 1984" A Xunta de Burgas, Bulgaria- Premio " Mellor Espectáculo no País" da Casa deLiteratura e Arte Infantil e Xuvenil - Sofia (Bulgaria)O público de numerosos países de Europa entre outros Bulgaria, Letonia, Alemaña, Polonia, Iugoslava, Rusia e España aplaudiu as súas obras teatrais

Page 36: Rumpelstikin, o anano salatarín

Luís González / actor

Cursos de formación con: Dolors Abelló, Lluisa Cortada, Johannes Vardar, Roberto Espina, Yang Feng, Els Comediants, Jesús Aladrén, Martín Adjemián entre outros.Distintas producións coas compañías Danthea Teatro, Xalgarete, Troula, Els Comediants, Cachirulo e Teatro 002.Membro fundador da compañía Trompicallo.

Marián González / actriz

Cursos de formación con: Philippe Genty, Mary Underwwood, Lluisa Sala, Carlos Fragateiro, David Golf

Eveleigh, Yang Feng, Yin-Bay-Li, Manuel Román, Natalia Zvereva, Nikolai Karpov, Irina Promptvoa, Jiri Jaros e M.A.

Valdés entre outros.Distintas producións coas compañías: Centro Dramático Galego (CDG), Monicreques de Kukas, Falcatrúa, Tres Globos, Danthea, Compañía do Dragón, Teatro Galileo,

Cachirulo, integrante e fundadora da compañía Trompicallo.

Page 37: Rumpelstikin, o anano salatarín

Ani Petrova / escenógrafa, vestiario e marionetas

ESTUDOS REALIZADOS na UNIVERSIDADE DE VELICO TARNOVO (BULGARIA):Belas Artes, Arte Monumental, Historia da Arte do Renacemento e Arte Moderna, Escultura, Artes Gráficas, Estética e Pedagoxía da Arte.A súa Tese versa sobre a Iconografía Búlgara do Renacemento.Durante cinco anos dirixiu a Galería Estatal de Arte na cidade de Elena (Bulgaria). Logo especialízase en arte escenográfica, traballando para a compañía estatal de Teatro de Monicreques de Burgas (Bulgaria) e creando proxectos de escenografías, marionetas e vestiarios para diferentes compañías estatais de Shumen, Targovishte, Silistra, Vidin, Jaskovo (Bulgaria).Durante catro anos en Alemaña, especialízase en deseño gráfico e de volta en Bulgaria, realizou numerosos traballos de artes gráficas e multimedia para teatro, publicidade e televisión.Dende 2000 vive en España e colabora en todas as producións da compañía KALINA Teatro e outras compañías españolas. Nos últimos anos realiza dous proxectos de escenografía, multimedia, marionetas e vestiario para postas en escena no teatro estatal de Riga (Letonia).

Page 38: Rumpelstikin, o anano salatarín
Page 39: Rumpelstikin, o anano salatarín

“E brincou, e brincou, e brincou,

ata que o final...desapareceu”

Page 40: Rumpelstikin, o anano salatarín

Producida por:

Distribución:

www.rumpelstikin.com

Kalina Teatro & Trompicallo

Marián GonzálezTlf.: 636 86 09 27

[email protected]

Rumpelstikino anano saltarín