RPT do Consorcio · • Xoguetes e sons da naturaza. Xunta de Galicia. • MUSTIELES MUÑOZ, D....

4
PU BLICORREO PU BLICORREO PU BLICORREO PU BLICORREO boletín do ceesg Nº 17 | Xuño de 2008 | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia xuño RPT do Consorcio

Transcript of RPT do Consorcio · • Xoguetes e sons da naturaza. Xunta de Galicia. • MUSTIELES MUÑOZ, D....

Page 1: RPT do Consorcio · • Xoguetes e sons da naturaza. Xunta de Galicia. • MUSTIELES MUÑOZ, D. (2007): La entrevista psicosocial. Proceso y procedimientos. Grupo 5. • “En la

PUBLICORREO

PUBLICORREO

PUBLICORREOPUBLICORREO

bole

tín

do c

eesg

Nº 17 | Xuño de 2008 | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

xuño

RPT do Consorcio

Page 2: RPT do Consorcio · • Xoguetes e sons da naturaza. Xunta de Galicia. • MUSTIELES MUÑOZ, D. (2007): La entrevista psicosocial. Proceso y procedimientos. Grupo 5. • “En la

O TEMA DO MES

A finais do mes de Marzo, o Consorcio Galego de Servizos de

Igualdade e Benestar publicou a relación de postos de traballo

(RPT) para o 2008.

Desde o CEESG consideramos que se está a producir un consi-

derable avance e mellora para as/os educadoras/es sociais no

que respecta á convocatoria de prazas para o noso perfil e á

admisión de habilitados nas mesmas, aínda que non se recolla

expresamente no texto da convocatoria.

As prazas ás que podemos optar as/os educadoras/es sociais

son as seguintes:

Á vista desta información, desde o CEESG entendemos que é

preciso traballar en dúas liñas:

• Por unha banda, especificar os perfís axeitados para as prazas

convocadas, reivindicando a exclusividade da Educación So-

cial cando se considere necesario.

• E por outra, garantir a configuración de equipos interdiscipli-

nares, clarificando e delimitando as funcións a desempeñar

polos diferentes perfís profesionais.

A creación de equipos interdisciplinares é unha das bases funda-

mentais para a xeración de servizos sociais de calidade. Sen

embargo, o camiño para a articulación destes equipos non é,

desde o noso punto de vista, a diversificación dos perfís profe-

sionais que poden acceder aos mesmos postos de traballo, pos-

to que isto, lonxe de garantir a diversidade -só temos que com-

probar a configuración dos diferentes equipos nas Oficinas de

Igualdade e Benestar, por exemplo, nos que a interdisciplinarie-

dade non está satisfeita-, contribúe á indefinición de perfís e

funcións a desempeñar.

O CEESG, en defensa destas premisas, ten realizado diversas

actuacións relacionadas con prazas que, ao noso entender, es-

tán directa e especificamente vinculadas cun perfil socioeducati-

vo. Este é o caso das/os Técnicas/os para o Plan integral de apoio

ás familias, para o que mantivemos unha reunión coa Secretaria

Xeral de Benestar, Mª Jesús Lago, e co Xerente do Consorcio,

Lóis Pérez Castrillo.

Nestes momentos estamos realizando actuacións en relación

coas prazas de Axente de Inclusión Social de Menores, para as que

se admiten as Diplomaturas en Traballo Social, Educación Social

ou noutra área xurídica ou social, deixando así aberto o acceso

a multitude de perfís de formación moi diferente. Preguntámo-

nos entón, que funcións se van desempeñar desde estes postos

de traballo?

Para intentar obter unha resposta a esta cuestión, realizamos as

seguintes actuacións:

• Mantivemos unha reunión co Subdirector Xeral de Menores,

Alberto Tizón, solicitando que nos especificaran as funcións

destas prazas. O que nos transmitiron foi que queren profe-

sionais “todo terreo” e que a categoría de educador/a social

xa se verá en futuras convocatorias. Ante esta resposta,

apreciamos que nin a nivel político se teñen claras as fun-

cións nin as finalidades polas que se convocan estas prazas.

Así é moi difícil reivindicar e facer achegas xustificadas.

• Realizamos tamén unha xuntanza coa Secretaria Xeral do

Benestar, Mª Jesús Lago, na que, entre outros temas, aborda-

mos este punto. Nesta ocasión remitíronnos ao Consorcio,

indicando que é o organismo responsable da definición e

convocatoria destas prazas.

• A partir de aquí enviamos unha carta ao Xerente do Con-

sorcio, Lois Pérez Castrillo, solicitando que nos derive ao/á

coordinador/a do Plan Estratéxico Galego de Infancia e Ado-

lescencia para poder abordar este tema. Estamos agardando

contestación.

• Tamén remitimos unha carta ao Vicepresidente da Xunta de

Galicia, Anxo Quintana, trasladándolle as nosas preocupa-

cións e solicitando que se adopten as medidas oportunas.

Ata o momento tampouco recibimos ningunha contestación.

• Finalmente, solicitamos o apoio das tres Universidades Gale-

gas, elaborando un escrito no que se xustifique a necesidade

da definición dos perfís axeitados a estas prazas.

Seguiremos traballando nesta liña, xa que cremos que o único

que se consegue con convocatorias abertas é a indefinición dos

postos de traballo e das actuacións a desenvolver desde os

mesmos.

Consideramos que se debe optar por convocatorias de perfís

específicos (Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social, etc.),

asegurando a necesaria interdisciplinariedade nos equipos.

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

POSTOS DE TRABALLO DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Como educadores/as sociais:

• INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA

• TÉCNICO/A MEDIO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL

• TÉCNICO/A DO PIAF

• EDUCADOR/A SOCIAL

• AXENTES DE INCLUSIÓN SOCIAL DE MENORES

• TÉCNICO/A MEDIO DE COORDINACIÓN

Como diplomados/as:

• TÉCNICO/A DE XESTIÓN DO P.I.A.F.

• TÉCNICO/A DE XESTIÓN DO PLAN DE IGUALDADE

DE OPORTUNIDADES

• TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE ATENCIÓN XERONTO-

LÓXICA

• TÉCNICO/A DO PIO

Page 3: RPT do Consorcio · • Xoguetes e sons da naturaza. Xunta de Galicia. • MUSTIELES MUÑOZ, D. (2007): La entrevista psicosocial. Proceso y procedimientos. Grupo 5. • “En la

▫ Escrito ao Concello de Baiona en relación coa convocatoria dunha praza de Axente cultural, publicada no BOP de Pontevedra do 23 de maio, expli-cando que o perfil profesional máis adecuado para ocupar este posto é o das educadoras e educadores sociais.

▫ Escrito á delegación de Vigo da Fundación Secretariado Gitano, en relación coa praza de Educador/a Social publicada na súa web, na que admitían ou-tras titulacións diferentes a Educación Social, explicando as funcións das educadoras e educadores sociais e solicitando que en vindeiras convocato-rias non sexan admitidos outros perfís profesionais nas prazas con esta denominación.

▫ Notificación á Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administra-cións Públicas e Xustiza e ao Ministerio de Xustiza da creación do Rexistro de Sociedades Profesionais de Educadoras e Educadores Sociais do CEESG, tras recibir o código de inscrición como ficheiro de titularidade pública na Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). A información de sobre o Rexistro pode consultarse accedendo á zona para colexiados/as da web do CEESG (sección “O colexio”).

▫ Difusión a través da web dos acordos acadados na Asemblea Xeral do CEESG 2008. Consulta colexial en relación á posibilidade de contratación dun Seguro de Responsabilidade Profesional.

▫ Preparación dunha visita de colexiados/as ao Parlamento de Galicia. Infor-mación dispoñible na web.

▫ Envío dun escrito a D. Emilio Pérez Touriño, Presidente da Xunta de Gali-cia, en relación coa solicitude formulada hai tempo polo CEESG, sobre a incorporación de educadoras/es sociais nos centros educativos e sobre a modificación do IV Convenio Único de Persoal Laboral da Xunta de Gali-cia. Informamos mediante esta carta da nosa preocupación por estes asun-tos, xa que as Consellerías ás que nos derivou non deron ningún paso para atender as nosas peticións.

▫ Envío dun escrito a D. Xosé Lois Pérez Castrillo, Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e do Benestar, no que se solicita manter un encontro para poder colaborar na definición dos postos e das funcións a desenvolver polos profesionais contratados pola súa entidade. Tamén se remitiu escrito a D. Anxo Quintana, Vicepresidente da Igualdade e do Benestar, referíndonos a esta cuestión.

▫ Reunións con representantes das Universidades de Ourense (día 10 de xuño) e A Coruña (día 11 de xuño) para colaborar na definición dos novos plans de estudo da titulación de Educación Social. Asisten Mª José Caride e Alberto Fernández de Sanmamed, Vogais do CEESG.

ACTUACIÓNS REALIZADAS

ARTIGO DE INTERESE: PUBLICACIÓNS PARA COLEXIADAS/OS

Colabora co Boletín do CEESG enviando o teu “Artigo de interese” a [email protected]

• Cativadas. Software para educación infantil 0-3 anos. Xunta de Galicia. 2005. • Xoguetes e sons da naturaza. Xunta de Galicia. • MUSTIELES MUÑOZ, D. (2007): La entrevista psicosocial. Proceso y procedimientos. Grupo 5. • “En la calle. Revista sobre situaciones de riesgo social”. Nº 10. Maio-Agosto 2008. Fundación Juan Soñador. • “UDP” Nº 222. Maio-Xuño 2008. Unión Democrática de Pensionistas y Jubilados de España. • “Gizaberri aldizkaria” Nº 1. Colegio de Educadoras y Educadores Sociales del País Vasco. • Guía de actuación ante a violencia de xénero para As=Os profesionais dos servizos sociais. Xunta de Galicia. 2007. • “Cogami. O Boletín”. Nº 2. Maio 2008. Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. • “La Voz de Monelos” Nº 12. Junio 2008. • “Perfiles. Revista general de Política Social”. Nª 242. Xuño-Agosto 2008. • “Infoxove” Nº 26. Xuño 2008. Xunta de Galicia. • “Entre Mayores. Hablamos de ti” Nº 80. Xuño 2008. • “Cedro-Nos” Mayo 2008. • “CDD. Boletín documental sobre drogas y drogodependencias” Nº 151. Mayo 2008. • Educadores urbanos. Concello de A Coruña. • FERREIRO DÍAZ, L. (coord.) (2007): Coeducación afectivo-emocional e sexual. Fundamentos para un modelo de intervención en educación infantil e primaria.

Xunta de Galicia. • Educar para previr a violencia de xénero. Guía para o profesorado de educación infantil e primaria. Xunta de Galicia. • Educación e xénero. A discriminación de xénero no ámbito escolar galego. Xunta de Galicia. • Proxecto Iris. Iniciativas rurais para a igualdade sociolaboral. Unidade didáctica. Xunta de Galicia • Proxecto Iris. Iniciativas rurais para a igualdade sociolaboral. O traballo invisible das mulleres unha experiencia na escola. Xunta de Galicia • Proxecto Pomba. Prevención, orientación e medidas básicas de apoio. Xunta de Galicia. • O centro educativo. Un espacio para a igualdade entre nenas e nenos. Xunta de Galicia. • Para unhas relacións de calidade, evitemos a desigualdade. Combatamos a violencia. Xunta de Galicia. • Estudo e análisis da organización comunitaria no espazo rural. Xunta de Galicia. • Educación Sexual responsable. Orientacións para a prevención dun embarazo non desexado. Xunta de Galicia. • Curso: Habilidades personales y sociales desde una perspectiva de género. Comprendiendo en itinerario integrado de inserción del proyecto de la iniciativa comunitaria Equal Ímpetus. Mancomunidad de municipios de la Sierra de Cádiz y Proyecto de la Iniciativa Equal Acción 3 Impulsa.

• Obradoiros de corresponsabilidade e supervivencia doméstica. Xunta de Galicia.

NOVAS PUBLICACIÓNS DISPOÑIBLES NA BIBLIOTECA DO CEESG

Por mor da acumulación dalgúns exemplares de libros na biblioteca, vanse distribuír entre as colexiadas e colexiados diversas publicacións das que dispoñemos no CEESG.

As persoas interesadas en obter algún deles poden poñerse en contacto co colexio para indicar qué publicacións lles interesan e seranlle enviadas por correo postal.

As obras das que se dispón son as seguintes:

• Galeduso (Números 0, 1, 3, 4, 5, e 6). Editada polo CEESG.

• Libro de Actas do IV Congreso Estatal do/da Educador/a Social (tamén versión CD-Rom). Ano 2004. Editado polo CEESG.

• Revista Galega de Educación. Nº 27. Monográfico sobre Educación Social. Ano 1996. Editada por Nova Escola Galega e Xerais.

• AA.VV.: A escola, punto de encontro entre o profesorado e educadores/as sociais. Ano 2006. Editado polo CEESG e Nova Escola Galega.

• AA.VV.: Educación Social, animación sociocultural y desarrollo comunitario. Ano 2007. Editado pola Universidade de Vigo, pola Uni-versidade de Tras-os-Montes e Alto Douro e pola Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social.

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Page 4: RPT do Consorcio · • Xoguetes e sons da naturaza. Xunta de Galicia. • MUSTIELES MUÑOZ, D. (2007): La entrevista psicosocial. Proceso y procedimientos. Grupo 5. • “En la

Organiza: Concello de Ares. CIM de Ares Lugar: Alianzas Aresanas (Ares) Datas: 10 e 11 de xullo Prezo: Gratuíto Información: Centro de Información ás Mulleres do Concello

de Ares Avd. Saavedra Meneses, 12 Tlf.: 981468102 / Fax: 981448299 [email protected] www.concellodeares.com

Organiza: Caja Madrid Obra Social Lugar: Facultade de Cc. Políticas e Socioloxía da UNED (Madrid) Datas: do 16 ao 18 de outubro Prezo: Antes do 15 de setembro: 100 €. Entre o 15 de setem-bro e o 8 de outubro: 120 € Información: Polibea www.polibea.com/siposo Tlf.: 917595372

FORMACIÓN CONTINUA

Concello de Cambre (Pontevedra): Anuncio das bases xerais e específicas das convocatorias dos procesos de selec-ción de funcionarios de carreira e contratados laborais fixos para o acceso a prazas vacantes incluídas nas ofertas de empre-go público dos anos 2006 e 2007. Unha praza de Informador/a xuvenil. BOP do 06/06/08. Corrección o 18/06/08 Concello de Lugo: Anuncio da convocatoria de subvencións para a realización de proxectos de cooperación ao desenvolve-mento e sensibilización social. BOP de Lugo de 06/06/08

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Resolución pola que se regula a concesión de subven-cións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de pro-gramas destinados a favorecer os procesos de acollida e inte-gración da poboación inmigrante extracomunitaria. DOG de 12/06/08. Corrección o 17/06/08

Consellería de Sanidade: Orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de preven-ción do alcoholismo. DOG de 16/06/08

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: Orde pola que se fixan as tarifas da mediación familiar en Galicia. DOG de 17/06/08

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: Orde pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de colaboradores-bolseiros para residencias xuvenís dependen-tes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. DOG de 19/06/08

Ministerio de Igualdade: Orde pola que se establecen as ba-ses reguladoras e se convoca a concesión de subvencións públi-cas para a execución de proxectos innovadores que garantan o dereito á asistencia social integral das vítimas de violencia de xénero. BOE de 21/06/08

Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: Resolución pola que se establecen as bases regulado-ras que rexerán as axudas e subvencións dirixidas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas destina-dos á promoción e á formación de mulleres e se procede á súa convocatoria. DOG de 24/06/08

Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: Resolución pola que se establecen as bases regulado-ras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento feminino como fórmula de loita contra a discriminación no mer-cado de traballo (programa Emega) e se procede á súa convoca-toria. DOG de 24/06/08

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: Orde pola que se convocan axudas para o desenvolvemento de programas de educación familiar polas corporacións locais de Galicia. DOG de 24/06/08

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: Orde pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de bolseiros para o centro de asistencia e educación especial Santia-go Apóstolo da Coruña. DOG de 20/06/08. Corrección o 27/06/08

NOVAS DOS BOLETÍNS

OUTROS

EMPREGO

II XORNADAS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO Seminario de Intervención e Políticas Sociais:

VII XORNADAS DO SIPOSO: XESTIÓN DE CASOS SOCIAIS E SANITARIOS

Convoca: Caixa Penedés Obra Social Obxecto: Premio á traxectoria de persoas e entidades (dúas modalidades diferentes) que se distinguiran pola súa vocación e dedicación ao servizo do desenvolvemento comunitario nas dimensións social, humanitaria e/ou solidaria. Dotación total: 100.000 €. Prazo: 5 de setembro Información: www.premijosepparera.com

Convoca: Cruz Roja Española Obxecto: Convocatoria para a presentación e selección das Boas Prácticas na inclusión. Os temas para a selección de boas prácticas serán: inclusión social, inclusión laboral, inclusión espa-cial, inclusión familiar e inclusión socio-sanitaria. Prazo: 21 de xullo Información: Cruz Roja Española http://practicasinclusion.org/content/view/148/28/

OUTRAS CONVOCATORIAS

PREMIO JOSEP PARERA

Colabora:

BOAS PRÁCTICAS EN INCLUSIÓN