RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro...
Transcript of RGT - revistagalegateatro.gal · Obra para nenos con complexo de mexóns de ... obra de teatro...
R G TRevista Galega de Teatro Outono 2007 Número 52
TEXTOS / 49
“PIS”Obra para nenos con complexo de mexóns
de
Jaime Chabaud
Tradución: Xerardo Moscoso
Foto
: E
lsa
Ch
abau
d
3
PRESENTANDO “PIS”
Cando Jaime Chabaud Magnus me propuxo traducir á lingua galega o texto da suaobra de teatro Pis, penseino máis de dúas veces antes de aceptar. Seducíame pormoitas razós facela, xa que se trataba de compracer a un amigo moi querido e de presentarvosun novo dramaturgo por quen teño gran admiración; tamén de facer un traballo queme vencellaría de novo a Galicia, tan lonxana dende o deserto de Coahuila, e,ademais, de facer unha contribución modesta pra unha nova publicación literaria, feitoque sempre hai que celebrar.
En principio, atopeime coa mais grande dificultade: levaba mais de 20 anos de nonfalar e moito menos escribir en galego; ademais, non tiña xa puta idea da normativizaciónque fixeron da lingua dende que obrigado tiven que deixar Galicia e que tamén estabacerto de que tiña que vencer moitos conflictos de elemental pudor literario para facerunha tradución o mais axeitada posible.
A terefa de pasar ao galego Pis foi toda unha aventura que me fixo retomar ocontacto coa terra e tamén de poñer en contacto aos galegos cunha obra da novadramaturxia mexicana que merece ser coñecida.
Pis é un divertimento, unha obra feita por un neno grande, –o autor–, queendexamais deixa de habitar no seu paraíso infantil cando aguza a intelixencia paradirixirse a un público non doado como é o dos nenos e que “coma todos, ten unhúmido e morno pasado”.
O teatro para nenos non ten por que ser didáctico –explica Chabaud–. Os rapacesvan a escola durante 5 días e fan os deberes coma para que aínda teñan que ir aoteatro a chutarse outra lección de fin de semana. Os pais, nembargantes, precisan deser torturados para ver se se educan un poquiño.
A Jaime Chabaud interésalle divertir, facer pensar aos rapaces e sacudilos xunto cospais. O dramaturgo preséntanos na súa obra un conflicto común a todos os nenostocando máis o corazón e o mundo imaxinativo da fantasia infantil que o racionalmundo da testa.
Cunha linguaxe singular Pis logra o seu cometido.
Xerardo Moscoso Caamaño
PISOBRA PARA NENOS CON COMPLEXO DE MEXÓNS.
Para un só Actor ou Actriz con acompañamento de títeres ou obxectos.
Jaime Chabaud
Tradución: Xerardo Moscoso.
Personaxe(s)
Claudia (Actriz ou Actor) e mais outros personaxes, que el ou ela
fan con títeres, obxectos, artefactos, partes do seu corpo e con
distintas voces.
4
Cámara Negra. Entra Claudia no espazo
baleiro. Trae unha maleta da que sacará
os outros persoaxes e obxectos para
crear os distintos espazos que se
propoñen.
Claudia
A Cama é unha destas cousas que só un Deus marabilloso puido inventar.
¿Non é? É unha ledicia que case sempre me dan ganas de non saír dela, e
mais cando hai friaxe.
Saca dunha cama pequena o seu dobre,
títere ou obxecto.
Esta son eu, aínda que máis xeitosa en persoa
(Voz Nai)
Claudia, deita xa que mañá tés clase na escola.
Claudia
Xa vou, mamá, só estou lendo un conto…
(Voz Nai)
¿Outra vez o conto dos monstros?
Claudia
¿Eu?
(Voz Nai)
Logo por que non durmes ben…
Claudia
Este conto é de fadas e trasnos. De verdade.
5
(Voz Nai)
¡Que apagues a luz!
Claudia
(Con enfado) Se les, porque les, e se non les, porque non les. Ai, que rica
camiña, e xa non cheira a nada, menos mal… a nada de nada. (Pausa) ¡Que
fría é ao principio! Iso non me gusta, que é fria como todos os princípios, ese
é o prezo que tés que pagar. Méteste entre as sabas dóces ¡uuuuurrr! xeadas.
Despois a cama empézase a quentar pouco a pouquiño e logo quéntase ún,
e xá está. Entón si podes duuuuuurmir…
A pequena habitación que Claudia formou
coa camiña queda levemente alumeada.
Ronquidos, primeiro baixos e logo fortes,
despois rítmicos ate remataren por
semellarse ao “alalá” dunha coñecida
cantiga
Mais non todo é así de doado: Durmir e xa está, non,non,non. Ás veces preséntase
o que meu pai lle chama (imitando a voz) “a continxencia”. É unha cousa que
comenza cunha enchenta aquí abaixiño, e logo medra e faise grande como
unha cousa imposible de aturar e que se enche un pouquiño, mais non estás
ben durmido. E pregúntaste se é o mesmo que lle pasa a miña nai, que ten
esa gran barriga tan enorme onde dín que trae un neno que ti nin ves, nin
escoitas, nin nada. Somentes panza… e é imposible non pensar que lle ocorre
o mesmo que a ti, que estás a piques de estoupar porque… Porque… ¡Porque
tés que facer pis! Non me miredes así porque todos temos un húmido e morno
pasado.
(Ollada asustada. Silencio longo)
Uff… o baño está moi lonxe e como que dá preguiza, ¿non é certo? O baño
é desas cousas que fixo Deus cando andaba malhumorado… o mesmo que a
escola. Tiña tan mal humor que rematou por inventar ás mestras…
6
(Voz Mestra)
Petronio, pasa ao encerado.
(Claudia)
E os pizarriños, ben, os pizarriños inventounos cando o seu humor andaba así,
metá e metá, porque… tamén… son… divertidos… se… llos… chimpas na testa
a algún…, compañeiro.
(Asoma a debaixo da cama)
Ai, que preguiza que o baño quede tan lonxe ¿verdá? Non sei como miña nai
pode apandar con tanto pis nesa barriga que semella un globo. E meu pai non
lle reclama nada. ¿Por que si a min, e non a ela?
(Asoma de novo a debaixo da cama)
Claro que ela non le contos de monstros antes de durmir e ademais o baño
quédalle pertiño, cru-zan-do… unha por-ta… Señor Monstro do conto que aínda
non rematei de ler… ¿Es-tá vos-te-de a-lí?
(Voz Monstro)
Agardo paciente, rapaciña medosa.
Claudia
¿Que…? ¿Que…? ¿Que…?
(Voz Monstro)
Quen … Quen… Pareces toupa.
Claudia
¿E que… que-r que lle faga se teño ganas?
(Voz Monstro)
Se che gaña o medo e fas pis por ti, de calquera xeito te vas afogar.
7
Claudia
Propóñolle un trato, señor Monstro do conto que ainda non rematei de ler:
eu baixo da cama e vostede non me colle, ¿vale?
Fóra escóitanse lóstregos e tronos e
comenza unna choiva a cachón.
(Voz Monstro)
Non facemos trato ningún
(Voz Monstro)
¡Gggrrrrr… non te atrevas… Gggrrr…!
Ao remate, baixa tremendo da cama
Claudia
Xá baixei e advírtolle que teño unha arma mega-poderosísima
Enléase entre as sabas. Fai desesperados
esforzos por desafanarse
Claudia
Sólteme ou berro polo meu… ¡¡¡papá !!!… ¡¡¡papaíño!!! p… p…
Corre coma unha centella polo paso tras
o retrete que vai quedando lonxe,
tornándose inalcanzable. Ao mesmo
tempo, escóitanse ruídos tenebrosos e
óllanse sombras ameazantes. Vólvese
meter na cama cubríndose coas sabas e
tremendo de medo.
Nin pensen que teño tantas ganas ¿eh? Moito coidadiño. O que pasa é que
teño preguiza porque o retrete queda lonxe, moi, pero que moi lonxe. Os
corredores son eses pasillos longuísimos que Deus inventou morto de risa para
que unha endexamais chegue a ningures… ademais, El non debe facer pis…
8
Aínda que o meu amigo Clemente di que as nubes son o paxariño de Deus e
que mexa cando chove. Gustaríame falarlles do meu amigo Clemente, mais se
sigo co palique, vaime saír o pis antes de tempo e…
Acéndese luz no espacio contiguo. No
cuarto dos pais, percíbese un difuso
movemento; non se ven con claridade.
(Ao publico) Mecachis, xa espertou meu pai por toda esta argallada que fixeron
vostedes imaxinando monstros que non hai, porque nin sequera saben no que
remata o conto.
(Voz pai)
¿Es ti, Claudia?
Claudia
Non, non son eu porque estou durmindo.
O pai entra na habitación de Claudia e
a luz intensifícase de súpeto. Dá algúns
golpes no sobrado con pouca paciencia-
O pai entra na habitación de Claudia e
a luz intensifícase de súpeto.
Pai
Así que non es ti…
Claudia
Non, eu estou durmida, mais tiven que espantar un monstro.
Pai
¿Falabas co monstro?
9
Claudia
Agora os monstros son moi xuizosos. Só lle dixen; “non me amoles porque
meu pai vaite esnafrar” e… desapareceu.
Pai
¿Que é iso?
Claudia
¿Que é o que?
Pai
A cama, está morna, mollada… e ten humidade.
Claudia
Choveu un cairo de auga que se meteu por onde quixo, porque o señor monstro
do conto que aínda non rematei de ler e…
Pai
¿Outra vez mexaches na cama, Claudia, carallo? Vou ter que che cambiar a
roupa, e as sabas… Túa nai necesita axuda na casa, non que lle deas mais
a lata, recoiro,… es unha nena moi mala. Teu irmán o pequeno pode chegar
nun intre ao retrete… tés que ser mais resposable. Xa non tés idade para
faceres pis na cama,…
Escóitanse berros da nai embarazada que
entra e sae da habitación de Claudia. O
pai séguea cun longo alfinete, non sin
antes sentenciar.
(Voz Pai)
Vas ter que durmir na cama mollada, Claudia… quizais así medres e aprendas
a ir ti soa ao retrete. Non mais mimos nín colo, estás moi consentida e respondes
con baldocradas…
10
Escóitase unha pinchadura e ruido. Aire
expulsado que precede ao pranto dun
neno recén nado, escóitanse moitas voces
disímbolas falando do fermoso qué é o
irmanciño de Claudia.
Luces multicores, música leda, risas e
mais prantos do neno saen da habitación
dos pais. Claudia asoma coitada dende
a porta e pecha dun portazo.
Claudia
Un intruso meteuse na miña casa, coa miña familia, no corazón dos meus pais que
só teñen ollos para ese anaco de carne amouratada que non cala a boca berrando
todo o tempo, que ademais chámanlle “meu reiciño” e que certamente viña dentro
da barriga da miña nai que non estaba chea de pis…. E eu pensando que ela
aguantaba as ganas porque non lle tiña medo ao monstro de debaixo da cama e
non… O irmanciño que tanto nomeaban, e eu non ollaba por ningures, chegou para
me deixar co meu colchón que de húmido-morno converteuse en húmido-xeado e
nin sequera de limón… e sen ninguén que me axude para lavar as sabas nin para..
Claudia métese na cama e pouco a
pouquiño escóitanse ronquidos primeiro
febles, logo fortes, logo rítmicos até
rematar co tarareo dunha cantiga
coñecida. Pouco a pouquiño, a cantiga
cédelle o paso ao pranto do neno, logo
ás voces infantís multiples, á campá da
escola, etc,
Sae a cama da escena para lle dar paso
a un retrete do colexio de Claudia onde
ela intenta mexar, mais non pode, porque
o seu amigo Clemente peta na porta
insistentemente.
11
Clemente
Pobre Petrônio.
Claudia
Vai ver se hai roupa tendida, Clemente
Clemente
No medio da aula, só a malvada da mestra narigona non lle deu permiso
Claudia
Xa vou, agárdame un pouquiño no patio ¿si?
Clemente
Foi moi feo porque todos se chufaban del…
Claudia
Pecha o fociño, ¿queres?
Clemente
E a charca por debaixo dos seus pés. Coma se chamarse Petronio fose pouca
cousa, e aínda isto…
Claudia
A min pásame o contrario, e se non calas e me deixas en paz, vouche esnaquizar
os dentes.
Clemente
Ai si, o medo que mete medo
Claudia
¿Medo que que?
12
Clemente
Que mete medo
Claudia
¿E iso que é?
Clemente
Non sei o verdadeiro significado. É o que di meu avó cando mira revistas con
fotos de mulleres en pelotas
Claudia rí a escachar e o mexo comenza
a fluir
Claudia
Es un troleiro troulán, Clementiño
Clemente
Non, se Petronio xamais escoitou aquilo que dín que “camiñando e mexando
para non facer poza”, porque mollou os pantalóns e os zapatos, moi ben mollados.
Máis risas, Claudia rematou de urinar e
sae do cuarto de baño
Claudia
¿E a narigona?
Clemente
Moi contenta, dixo que o Petronio era un rapaz malo
Claudia
¿Por que malo?
Clemente
Porque os nenos que fan pis por eles son malos. Iso sábeo todo o mundo,
Claudia, non sexas parva.
13
Claudia
Non entendo por que. ¿Ti nunca fixeches pis na cama?
Clemente
¿Eeeu?… nunca xamais… ¿e logo? ¿ ti, si?
Claudia
Non, xamais.
Clemente
Eu oín que a algúns nenos, cando fan pis por eles, até lles chegan a cortar aquilo
Claudia
¿Cortarlles o que?
Soa a campá da escola e botan a correr
Claudia
¿Córtanlles o que?
Clemente
¿Ti que pensas?
Claudia
(Aterrada) Toleas Clemente, toleas e trouleas
Cambio de espazo: un comedor, coa nai,
agora sen barriga, e o pai, onde lle
cambian o cueiro ao neno con moita
dilixencia enriba da mesa. Entra coitada
Claudia e asoma un poquiño.
Os diálogos seguintes funcionan a xeito
de apartes ao publico e nin a nai, nin o
pai se decatan
14
Claudia
Velaí o intruso
Pai
É moi bonitiño, ¿nón e certo?
Claudia
Nón, é un saco de berros
Nai
Eu comeríao a bicos
Claudia
¿E por que non o fai?
Pai
Dame a tentación de apertalo moito
Claudia
Si, até afogalo
Nai
Entra, Claudia, non teñas medo
Claudia
¿Medo? O que teño é carraxe
Pai
¿Canto tempo levas aí coma paralizada?
Claudia
Dende que dixeron que ese feixe de berros era o mellor que lles pasara na
vida e que é o mellor regalo que recibiran de Deus.
15
Nai
Neniña, olla que fermosura é o teu irmanciño Rodolfiño.
Claudia
O moi parviño…
Pai
¿Por que quedaches sin fala?
Claudia
Porque me comeu a lingua o señor monstro do conto que aínda non rematei
de ler e porque vos odio ós tres coa miña alma
Nai
Achégate, nena
Claudia
Ao inferno
Pai
Sé unha boa nena
Un lóstrego dalle na cara a Claudia. A
luz vaise e volve. Os pais non se decatan.
A enerxía normalízase.
Claudia
¿Papá?
Pai
(Abanando o neno) ¿Si, filla?
Claudia
¿Que é ser unha boa nena?
16
Pai
Ehh…mmmmhhh…ahh… xusto a contra de mala
Nai
Nena, Claudiña, achégate para aprenderes a cambiarlle o cueiro a Rodolfiño
Claudia
¿Que é o que teño que facer?
Nai
Sostén o cueiro e cando eu cho diga, pechas.
Pai
¡¡ Coidado!!
Un chorro de mexo a propulsión que emitiu
o neno, surca os aires para lle dar a
Claudia no medio da cara. Os pais
esmendréllanse de risa e tamén o neno
escacha a rir.
Non poden conter a risa, Claudia está
pasmada
Nai
¡¡¡Que neno tan bonitiño!!!
Pai
¿Non é un anxo?
Nai
¡Que ben fixo pis!
Pai
E que forza ¿eh ? Semellaba unha mangueira de bombeiro
17
Nai
¡Meu anxiño do ceo!
Pai
O neno non ten culpa
Nai
¡Inocente criatura!
Pai
Fai algo, Claudia, vai por outro cueiro, o que moullou xa non serve
Nai
Filla, por unha vez fai algo útil.
Claudia deixa todos os elementos que lle
serven para facer os outros personaxes
e a ela mesma. Vaise ao proscenio.
Claudia
¡Mangueiriña de bombeiro!
Mangueiriña…
Mangueiri…
Mangue…
Pitiño
Paxariño
Tilín
Esa cousa
Pistoliña
Pirrín
O “déixese alí”
O “gárdese o seu…”
Verruguiña
Palliña
18
Mincha
Mirruña
Verme … caralliño…
(Longo silencio)
E agora: “mangueiriña”. Cantas palabras idiotas teñen os maiores para
nomear á mangueiriña
¿Vostedes cantas máis saben?
Sae o comedor da escena e ilumínase a
habitación de Claudia, pouco a pouquiño.
Mentres vai falando, métese entre as
sabas.
O intruso que entrou na miña casa, na miña familia, no corazón dos meus pais,
que só teñen ollos para ese anaco de carne roxa- amouratada que non deixa
de chorar un intre, ao que lle chaman “meu reiciño” e que certamente viña na
barriga de miña nai, que non estaba chea de pis… Os irmanciños son a peor
cousa inventada por Deus. Debeu estar verdadeiramente furioso e ter unha
rabecha daquelas e con moitas ganas de facer sufrir a alguén, e fixo aos
irmanciños para que nos sintamos formiguiñas pisadas, para volvernos invisibles
ou tolos.
Chove. Ao lonxe vense lóstregos
O intruso ese debería ser engulipado polo señor monstro do conto que aínda
non rematei de ler… porque unha cousa é ter que aturar o propio pis na miña
camiña cando está tépeda e que me arrola docemente, e outra moi distinta é
que che mexen na cara… Só me faltou ter a boca aberta… E meus pais
aplaudiríanlle coma si fosen focas, coma imbéciles, coma se tivesen serraduras
na súa cabeza (Apaga a luz e boquexa)… Non entendo ben… O parviño do
meu irmanciño Fito pode facer pis cando lle peta, é inocente, e protéxeno con
cueiros carisisísisismos… Os cueiros carisisísisimos son unha desas cousas
que Deus inventou para nos dar envexa aos irmáns maiores…
(Escóitase un pingar que fai que se espante)
19
Non, non, non pode ser, outra vez fixen pis por min. Meu pai vaime matar…
Claro que tamén lle podo decir que me sequei cando me moullou meu irmán
e despois…
Escóitanse gruñidos que chegan de
debaixo da cama. Claudia asómase leda
Xa chegou. ¿Está vostede aí? Señor mostro do conto que aínda non rematei de…
(VOZ MONSTRO)
…De ler, sí ¿E pensas que podo agardar unha eternidade até que o remates?
Hai moitos rapaces noutras partes, con outros libros, que noutras horas queren
ler o que me acontece.
Claudia
Eu prométolle que o remato mañá antes do recreo, cunha soa condición:
(VOZ MONSTRO)
¿Sinxela?
Claudia
Moito… só ten que engulir ao meu irmanciño
(VOZ MONSTRO)
Os recéns nados danme repelús, noxo, iso xa o saberías se tí tiveses rematado
xa o conto. Eu namais que como aos nenos que son coma tí, en idade de
mollar a cama, e esas cousiñas…
Claudia
Axúdeme, entón. Se meus pais se decatan que volvín facer pis por mín, que
mexei outra vez, vanme matar, vanme sacar os ollos e regalarme aos moinantes.
(VOZ MONSTRO)
Mmmmhhh… esconde as probas… as evidencias
20
Claudia
¿As que?
(VOZ MONSTRO)
As evidencias… as sabas molladas
Claudia
Eu non sei onde ¿Vostede comeríaas?
(VOZ MONSTRO)
¡¡¡¡¿Que é o que dís?!!! Iso, mesmo para min, é moi noxento…
Claudia
Por favor, por favor, por favor, por favor, por favor…
(VOZ MONSTRO)
Xa, xa, xa… está ben. Vounas comer, mais se non chegas á palabra fin no
conto, cando eu volva mañá pola noite, cómote cachiño a cachiño.
Claudia
Trato feito, nunca desfeito.
(VOZ MONSTRO)
Santiño que caga e mexa que o demo llo crea.
Claudia colle as sabas e méteas debaixo
da cama. Escóitase un rítmico mastigar.
Claudia
Boas noites, señor monstro
(VOZ MONSTRO)
Si, si, si… do conto que aínda non remataches de ler, boas noites Claudia.
21
Déitase co cobertor soamente. Axiña
escoitamos ronquidos febles, máis adiante
fortes, despois rítmicos deica rematar por
semellarse o alalá dunha cantiga
coñecida. O canto do galo escóitase, e
Claudia érguese sobresaltada ao tempo
que entra o pai.
Claudia
¿Qui-qui-ri-qui? ¿Que queres papá?
Pai
Érguete xa, é hora de ir á escola e o leite está na mesa. ¿Que pasou aquí,
Claudia?
Claudia
¿Aquí, onde?
Pai
¿E as sabas?
Claudia
Non sei, papá…
Pai
Escondíchelas para non me decatase de que outra vez fixeches o que ti e mais
eu sabemos, ¿non é?
O pai busca as sabas por todas partes.
Cando vai mirar debaixo da cama, Claudia
interponse
Claudia
Gañas tí, están debaixo
22
Pai
¿Por que mentes, carallo? Non sei onde as escondiches, mais eu vounas atopar.
Deberías aprender do teu irmanciño a ser boa nena.
Claudia
Iso non é certo. Rodolfo mexoume… Mexoume con… con… con moita impunidade
Pai
¡¿Impunidade?! ¿De onde sacaches a palabrota esa, eh?
Claudia
Do dicionario, e quere dicir “sen castigo”
Pai
Xa che direi póla tarde cal é o teu castigo. Agora a vestirse, que imos a escola.
Claudia
Hoxe ninguén ríu co que lle fixo a mestra narigona ao pobre do Petronio…
Ninguén se burlou.
Clemente
Non, hoxe fóiselle a man a “nariz de bruxa”. Non quixo darlle permiso para ir
ao retrete.
Claudia
Aínda que suplicou
Clemente
¿Cheiraches?
Claudia
Todo o salón cheiraba. Caamaño gomitou e Camila tamén.
23
Clemente
Entón fedeu máis… por iso o recreo foi máis longo…
Claudia
Escoita tí, non te creo
Clemente
O problema é teu, alá ti.
Claudia
¿E dixéronlle moitas veces?
Clemente
Até fartarse, e ¡zas! Que lle cortan o paxariño
Claudia
¿Se che cortan o pitiño convérteste nunha nena?
Clemente
Pois claro, aínda que o resultado é o mesmo cando se trata de mollar as camas
Claudia
¿E ti como o sabes?
Clemente
Eu… porque eu…
Claudia
Mentireiro
Clemente
¡Cala!
24
Claudia
¡¡¡Ti tamén mexas na cama !!!
Clemente
Vouche partir a cara.
Claudia
¡¡¡ Mexón!!!
Claudia
O intruso, anaco de carne que berra-mexa-caga-sen castigo, impunemente, e
que ninguén –lle-di-nada, é moi dado a mexar nos cueiros tan cómodos e
absorbentes. Así que chiste, mais meu irmanciño Fito, vaise converter hoxe
mesmo en Rodolfita, xa o veredes.
Miña nai e meu pai non se decatarán, coma case sempre que están co xornal
e a tele. Son dúas cousas que fixo Deus cando quere ser o noso cómplice.
¿Queren comprobalo? Papá, ¿dasme mil euros?
Pai
(Sen baixar o xornal)
Mmmmmhhhh si, cando teña lido os deportes, sí
Claudia
Mamá, a casa arde, quéimase.
Nai
Moi ben filla, así me gusta.
Claudia
¿Vístelo? O momento é perfecto. Ao neno nin lle pregunto, porque sempre dín
o mesmo: “gu gú”, “ta tá”, é un pouquiño reiterativo, supoño que non lle importará
converterse nunha nena: dependendo da cantidade de ouriños que mexan na
25
cama “se segues facendo pis por ti voucho cortar” e un día ¡zas! Converteuse
nunha nena.
Pai
¡¡¡Claudia, non!!!
(VOZ MONSTRO.)
Por favor, Claudia, esperta, ¿é que non tés gana de facer pis por ti? ¿Non
tés degoxo, unha pinguiña?
Agarda nena, méxao todo, anda, que non podo irme aínda sté que remates de
ler o meu libro. Outros nenos agárdanme para me facer parte dos seus pesadelos,
por favor.
Claudia
¡Buh! (Berro do monstro) Vostede, señor monstro do conto que xa rematei de
ler quedouse a durmir e non se decatou de que xa o rematara. E como vostede
roncaba, fun ao cuarto de baño sen medo e volvín á miña cama sen que os
meus pais me axudasen.
(VOZ MONSTRO)
Entón, ¿xa podo marchar?
Claudia
Só se vostede quere, ninguén o está botando, ¿eh?
(VOZ NAI)
¿Precisas axuda?
Claudia
Non grazas, xa fixen pis eu soíña
(VOZ NAI)
¿Non houbo monstros?
26
Claudia
Non, xa os papei
(VOZ MONSTRO)
¿Que foi o que papaches?
Claudia
Perderías o teu prestixio.
(VOZ MONSTRO)
Si, graciñas, Claudia, non te esquecerei. Es a peor lectora que pasou polas
páxinas do meu conto.
Claudia
Eu tamén te quero moito, señor monstro.
(VOZ NAI)
Durme xa, Claudia
Claudia
Xá estóu durmida. (Ao público gardando os persoaxes e obxectos na maleta)
Claro que xamais comprobei se o meu irmanciño se convertiría en irmanciña
cortándolle o tilín. Porque a outra historia que me contaron meus pais de como
se fai o sexo dos nenos non lla crin moi ben. Ben, xa teño sono. A cama é
unha desas cousas que Deus inventa e volve inventar todos os días, cando
está de boas. Só lles quero contar que o meu amigo Clemente me confesou
que si fai pis na cama. Eu xa o sabía, porque todos temos un tépedo e húmido
e morno pasado e ninguén escapa diso.
Escuro
Fin
27
ÚLTIMOS TEXTOS EDITADOS POLA R.G.T.
Alfonso Armada: “Carmiña xogando” Traducción: Mª Lourdes Vega Alonso (nº 15)
Juan Mayorga: “Lexión”, Traducción: Xosé Manuel Pazos (nº 16)
José Ramón Fernández: “Mariana”, Traducción: Xosé Manuel Pazos (nº 16)
Manuel Forcadela: “Santiago, Santiago” (nº 17)
Xosé Manuel Pazos: “María Soliña”, “Crónica de Pantagruel” (nº 18)
Bertolt Brecht: “Pequeno Organon”, Traducción: María Vázquez (nº 19)
Asja Srnec: “As vodas mortas”, Versión ao galego: Pedro P. Riobó (nº 20)
Itziar Pascual: “Holliday Aut. Postal de amor”, Traducción: Xosé Manuel Pazos (nº 21)
Raúl Dans: “Foreber” (nº 22)
Salvador del Rio, Pedro P. Riobó, Marcos Vieitez: “Belérian” (nº 23)
Yolanda Pallín: “Memoria”, Traducción: Xosé Manuel Pazos (nº 24)
Euloxio R. Ruibal: “Luscofusco” Drama monofásico (nº 25)
Elena Cánovas, Rubén Cobos, Juan Carlos Talavera: “A Balada do Cárcere
de Circe”, Traducción: Xosé Manuel Pazos (nº 26)
Xesús Pisón: “Venus podre”, “Título”, “Animal vacío”, “Home e muller preñada”,
“O gran soño”, e “Arañeira” (nº 27)
Jerónimo López Mozo: “Guernica”, Traducción: D. Cortezón (nº 28)
Luisa Villalta: “Os dóces anos da guerra” (nº 29)
Xosé Vázquez Pintor: “A sombra da memoria” (nº 30)
Iztíar Pascual: “As voces de Penélope”, Traducción: Xosé Manuel Pazos Varela (nº 31)
Iván Caloto: “¡Sssh!” Patricia Piñeiro: “Silencios de Guerra” (nº 32)
Roberto Vidal Bolaño: “Memoria de mortos e ausentes” (nº 33-34). Ed.: Pedro P. Riobó
Jacques Prévert: “Entradas e saídas”, “A familia todosaconchegados”,
Traducción: Henrique Harguindey (nº 35)
Lino Braxe: “Campo Sur” (nº 36)
Ignacio García May: “Os vivos e os mortos” (nº 37). Traducción: Xosé M. Pazos Varela
Constantino Rábade: “Cibernautas” (nº 38)
Vanesa Martínez Sotelo: “Azotea” (nº 39)
Benxamín Rocha Coladas: “Unha chea de anos e un día” (nº 40)
Ernesto Caballero: “Terra polo medio” (nº 41)
Belén Roca: “Os Facedores de Bonecas” (nº 42)
Michel Azama: “Zoo Nocturno” (nº 43)
Paloma Pedrero: “A Illa Amarilla” Traducción e Dramaturxia: Ánxeles Cuña Bóveda (nº 44)
Xosé Manuel Pazos Varela: “Tres exercicios para café-teatro” (nº 45)
Afonso Becerra de Becerreá: “Rexurdimento” (nº 46)
Felipe Loza e Garbiñe Losada: “Sen Vergonzas” Traducción: Heitor Mera (nº 47)
Rubén Ruibal: “Nunca durmo, de erik cachuzo”(Insomnio) (nº 48)
La Pera Llimonera: “Quo non Vadis” (nº 49)
Carlos Be: “Origami” (nº 50)
Manuel Lourenzo: “Belicosario” (nº 51)