Revista nº 42

48
Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

description

Revista escolar Orxás nº 42 do CEIP Espiñeira-Aldán

Transcript of Revista nº 42

Page 1: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Page 2: Revista nº 42

2

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

EDITORIAL

PLANTAMOS ÁRBORES NO NOSO COLEXIO

EDUCACIÓN INFANTIL

O MILLO CORVO

DESCRIBIMOS A ARTE

SENSACIÓNS PREVIAS AO SAMAÍN

SUPER SUE EN INGLÉS

O MARCO

O ENTROIDO:

SABES QUE …?

UNHA DE ROMANOS E ROMANAS

O CID

AS FILLOAS

UXÍO NOVONEYRA: VIDA E OBRAS. ACRÓSTICOS E CA-

LIGRAMAS. MURAIS.

O GATO MANCHADO E A ANDORIÑA SINHÁ

FOMOS DE EXCURSIÓN!

TOM SAWYER

O RECICLADO

OS HÓRREOS OU CANASTROS

BERNARDINO GRAÑA: RATA LINDA DE COMPOSTELA

VISITOUNOS MAR GUERRA

VISITOUNOS ABRAHAM CARREIRO

A NOSA BIBLIOTECA: ACTIVIDADES

TERESA DE CALCUTA

ACTIVIDADES ENDL

O CROS ESCOLAR

PASATEMPOS

BENVIDA e…

ATA SEMPRE

Í N D I C E

3

4 e 5

6 a 8

9 e 10

11

12 e 13

14 e 15

16 e 17

18 e 19

20 e 21

22

23

24 a 27

28

29

30

31

32 e 33

34

35

36 e 37

38 a 41

42

43

44

45

46

47

Page 3: Revista nº 42

3

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Ola, que tal andades? Agardo e

desexo que vos vaia moi ben! Aquí, a

vosa revista “Orxás”“Orxás”“Orxás”“Orxás”, quere darvos a

benvida unha vez máis. E xa van 42!42!42!42!

Antes de nada, quería agradecer

moito que me axudedes a vivir, a

existir, a saír á luz. Como xa ben sa-

bedes, gústame moito andar no me-

dio do alumnado, do profesorado,

das nais e tamén dos pais, das avoas

e dos avós e de todas as persoas. Pí-

dovos, por favor, que me leades ben e

que me completedes todo o que poi-

dades. Podedes tocarme, pintarme,

decorarme ou escribirme con bo gus-

to... que eu encantada! Moi conten-

ta e satisfeita de servirvos para me-

drar, para aprender e mellorar,

mentres me enchedes cos vosos tra-

balliños.

Traballiño custou, pero agora o

noso centro ten servizo de comedor e

transporte, a biblioteca aberta ta-

mén polas tardes, onde hai ademais

de libros, revistas, cds. musicais,

dvds. con películas... Hai tamén

dous ordenadores con servizo de in-

ternet á disposición de quen os quei-

ra usar.

O autor homenaxeado neste ano 2010 é Uxío NovoneyraUxío NovoneyraUxío NovoneyraUxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930 – Santiago de Com-postela, 1999), notable poeta, gale-guista, colaborador en programas de radio e televisión en Madrid, pre-sidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega(AELG)(AELG)(AELG)(AELG)... autor dunha variada obra, punto de refe-rencia para a nosa literatura. Escri-biu, entre outras, Os EidosOs EidosOs EidosOs Eidos, Do Cou-Do Cou-Do Cou-Do Cou-rel a Compostelarel a Compostelarel a Compostelarel a Compostela, Arrodeos e desvíos Arrodeos e desvíos Arrodeos e desvíos Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras ro-do camiño de Santiago e outras ro-do camiño de Santiago e outras ro-do camiño de Santiago e outras ro-tastastastas, así como tres libros destinados

ao público infantil: No cubil do xa-No cubil do xa-No cubil do xa-No cubil do xa-barínbarínbarínbarín, Gorgorín e CabezónGorgorín e CabezónGorgorín e CabezónGorgorín e Cabezón e Ilda, o Ilda, o Ilda, o Ilda, o lobo, o corzo e o xabarínlobo, o corzo e o xabarínlobo, o corzo e o xabarínlobo, o corzo e o xabarín. A identifi-cación entre a súa vida e a súa obra era tan grande que o convertía no que se chama un “poeta total”, “o o o o máximo destino porque é o máis so-máximo destino porque é o máis so-máximo destino porque é o máis so-máximo destino porque é o máis so-lidario coa túa existencia e coa lidario coa túa existencia e coa lidario coa túa existencia e coa lidario coa túa existencia e coa existencia dos demais. Tamén é o existencia dos demais. Tamén é o existencia dos demais. Tamén é o existencia dos demais. Tamén é o camiño para a felicidade e para es-camiño para a felicidade e para es-camiño para a felicidade e para es-camiño para a felicidade e para es-tar sempre aberto á belezatar sempre aberto á belezatar sempre aberto á belezatar sempre aberto á beleza” en pala-bras da súa muller, Elba Rei. Uxío recoñecía que tiña unha manía que explicaba así “o que non pase o que non pase o que non pase o que non pase pola experiencia, pola emoción, non pola experiencia, pola emoción, non pola experiencia, pola emoción, non pola experiencia, pola emoción, non o deixarei pasar á palabrao deixarei pasar á palabrao deixarei pasar á palabrao deixarei pasar á palabra”. A súa poesía está traducida a sete linguas, desde o alemán ao xaponés.

Comprobade como nos pode en-riquecer a poesía, lendo as súas obras, escoitando como recitaba ou vendo algo do moito que hai sobre el na rede, por exemplo, na nosa páxi-na web http://centros.edu.xunta.es/

ce i pd a es pi ne i r a , ou en h t t p : / /

www.coordinadoraendl.org/letras2010/uxio.ph. Tamén podemos alegrarnos con este vídeo musical http://www.xunta.es/

linguagalega/galegando

Unímonos na ledicia ao noso benquerido poeta cangués Bernar-benquerido poeta cangués Bernar-benquerido poeta cangués Bernar-benquerido poeta cangués Bernar-dino Graña dino Graña dino Graña dino Graña , compañeiro de Novo-neyra, polo seu ingreso este mes na Real Academia GalegaReal Academia GalegaReal Academia GalegaReal Academia Galega

A vida parece que nos trae cam-

bios no profesorado para o curso que

vén. Non queremos que se vaia nin-

guén, sen amosarlle o noso cariño e

o noso agradecemento por todos es-

tes anos de esforzos, intentando

axudar nesta nosa complicada tare-

fa formativa. Que saibades que aquí

estamos para o que precisedes.

Unha fonda aperta e

moitísimas grazas!

E D I T O R I A L

Page 4: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

4

PLANTAMOS ÁRBORES FROITEIRAS Nestas imaxes tedes un pequeno resumo de todo o proceso:

1. Facer un buraco o suficientemente am-plo para que colla a raíz con soltura e asegurarse de que queda limpo de pedras.

2. Facer un leito de “humus” (terra preparada ou de monte).

3. Introducir a raíz da planta. 4. Tapar a raíz con terra solta (sen pe-dras nin terróns) e calcala.

Page 5: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

5

5. Botar o fertilizante granulado (un ou dous puñados). Hai que ter en conta que este produto non pode estar en contacto coa raíz.

6. Botar auga abundante.

7. Botar terra. Cómpre que o buraco da planta, xa tapado, quede máis fondo que o nivel do terreo que o rodea para que, cando se regue, a auga se estanque e poida ser mellor aproveitada polas raíces.

NO NOSO COLEXIO

Page 6: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

6

ENTROIDO 2010

Como xa sabedes este ano os nenos e nenas de Educación Infantil fomos caracterizados de trogloditas para deixar constancia do legado que nos deixou a época da prehistoria. Traballamos sobre a arte, a caza, a

roupa e sobre os instrumento propios da mesma.

O CORPO HUMANO

Un dos obxectivos da Educación Infantil é que os nenos e nenas teñan un bo coñecemento de si mesmos. Por iso o alumnado de 3 anos realizou un proxecto no que non só debuxamos a nosa silueta, senón que tamén medimos a nosa altura e pesámo-nos. O alumnado de 4 e 5 anos colaborou cos máis pequenos para que o resultado fose magnífico.

Page 7: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

7

OBRADOIROS DE COCIÑA

Ó longo de todo o curso, os nenos e nenas de Educación Infantil e como actividade complementaria para acadar os obxectivos referidos á saúde, alimentación e aseo persoal levamos a cabo obradoiros de cociña que incluíron saídas ó supermercado e a realización

de receitas tan saborosas como galletas de limón ou compota de mazá.

Page 8: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

8

INVESTIGACIÓN “OS XIRASOLES” Vicent Van Gogh

Durante este trimestre traballamos a obra “ Os Xirasoles” de Vicent Van Gogh xa que nos permitiu afianzar o coñecemento das cores amarela e laranxa, coñecer o proceso de crecemento das plantas e flores, falar das cousas que poden proporcionarnos como, por exemplo neste caso, “pipas de xi-rasol” e como non, convertéronse en pintores facendo as súas propias versións da obra e a repro-

dución da mesma.

PLANTAMOS SEMENTES E COIDAMOS EIRUGAS

Os nenos de 3, 4 e 5 anos plantamos sementes de cara-veis chinos, lavanda, tomiño, menta… Foi unha activi-dade estupenda na que descubrimos o proceso de plan-

tación e de crecemento das mesmas. Ademais, grazas ós nenos e nenas de primeiro, temos na aula cinco eirugas que esperamos se convertan axi-

ña en bolboretas.

“CONTOS EN CANTOS”

Con motivo da nosa saída a Cangas para ver ó grupo “Contos en Cantos” estive-mos a traballar distintas cancións entre as que se atopa “A princesa do Caurel”. Por iso traemos aquí un debuxo que representa

a temática da mesma.

Judith Pérez Fernández– 3 anos

Page 9: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

9

O MILLO CORVO

Fomos todos en autobús ata Meiro, no concello de Bueu, e alí explicá-ronnos moitas cousas dos hórreos, onde se garda a colleita sen humida-de nin ratos que a estraguen ou paxaros que a coman. Debullamos as espigas do millo, pasámolo por unha peneira e logo leva-mos os grans en sacos de tea para moelos nun muíño de río. Despois amásase a fariña e métese nun forno con carozos do millo. Pó-ñenselle follas para que non se pegue. Por último, comémolo e… ¡estaba moi bo! Tiña a cor do viño tinto por-que o millo é negro. Por iso lle chaman o millo corvo.

Joel Grabiec Canosa, 1º de Educación Primaria.

Ilustración: Kiara Piñeiro Rodríguez (4 anos)

Page 10: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

10

O día 17 de Marzo de 2010 fomos a Meiro para aprender como se elaboraba o pan de millo. Primeiro fomos ver a cruz de Hermelo e despois de apreciar a beleza do lugar e as súas ma-rabillosas vistas baixamos. Nós, o alumnado de sexto, axudamos a apearse aos máis peque-nos. Despois fomos a unha casa, que tiña no chan cestas cheas de millo e tamén un hórreo con moito millo.

Ao principio, unha monitora que estaba alí díxonos como se chamaban os compañeiros. Despois ela subiuse ao hórreo e mandoulle aos pequenos que foran debullando as espigas do millo. Nós e os de quinto subimos ao hórreo e ela expli-counos as súas partes e díxonos para que era cada unha delas. O hórreo estaba cheo de millo, colgado ou polo chan. Despois tocounos a nós de-bullar as mazarocas do mi-llo. Que ben o pasamos de-bullándoo!, aínda que a al-gúns se lle acabaran facen-do bochas nas mans.

Cando rematamos cada un colleu un carozo e fomos andan-do á casa dunha señora que facía o pan. Cando chegamos alí cada un depositou o seu carozo no lume. Miramos a ma-

sa e como fermentaba. Deixá-mola levedando para que logo unha señora que quedaba alí fixese o pan mentres nós iamos ver o muíño onde se moía o millo, converténdoo en fariña. Todos saímos de alí e dirixímonos andando ao muíño. Aínda tivemos que andar un pouco, pois non estaba cerca, pero o bo era que o muíño funcionaba, porque había moitos que non funcionaban. Xa alí merendamos, e ao rematarmos, entramos por grupos ao muíño. Unha monitora que nos acompañaba ensinounos as partes do muíño: a roda ou rodicio, o pé e a moa, a moe-

ga.… e deunos un puñado de fariña para mirar como era e que cor tiña. Cando xa todos vira-mos ben o muíño, fixemos o camiño de regreso para probar o pan. Foi un camiño longo pero valeu a pena porque nos estaba esperando un saboroso pan de millo corvo. Cando chegamos ensináronnos o pan. Pero tiña debaixo unhas follas de carballo para que non se lle pegue a masa ao chan do forno. Despois cortouno en anacos e fixemos unha fila para que cada persoa puidese coller un cacho ¡O pan estaba boísimo! Logo de sa-borealo e comelo, sacamos unhas fotos todos xuntos e tamén coa dona da casa onde se co-ceu o pan. Os profes leváronlle unha bola para que o alumnado de infantil de 3 anos tamén puidese probalo, porque non viñera a esta saída. E volvemos para o colexio, despois de aprender, esa mañá, todo o proceso: “O Millo Corvo convértese en rico pan” e, ao mes-

mo tempo, que ben o pasamos!

Alejandra Dacosta Ferradás, 6º E. Primaria

Page 11: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

11

DESCRIBIMOS A ARTEDESCRIBIMOS A ARTEDESCRIBIMOS A ARTEDESCRIBIMOS A ARTE

Os do 2º ciclo practicamos este ano as descricións pero dun xeito diferente: describimos arte, co libro titulado : “Retratos de animais”, da editorial OQO. Junakovic, o autor, propón un xogo entre a fantasía e a realidade, unha particular galería na que os animais ocupan un protagonismo ata agora descoñecido na arte. Cada neno elixiu un cadro e logo fixemos un mural coas nosas descricións. Esta é unha delas:

O polo está posto de fronte pero caído cara a un lado. Destaca que está sangrando e que ten os ollos semipechados. E… verás, foi asasinado pola súa amante… Ben, esas cousas desgraciadamente son algo habitual nestes

tempos. Pero facer un retrato na ba-ñeira… É UN CASO SIN-GULARRRR! Aínda que poida que non fose a súa amante. Se vos fixades na nota do menú, len-do esas letras, en-contraredes un no-vo sospeitoso: O COCIÑEIRO!!!!!! Pedro Pazos

Curra, 3ºE.P.

Page 12: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

12

SENSACIÓNS PREVIAS AO

Sinto moito medo, hai bruxas e vampiros polos co-rredores. Cada hora que pasa está máis preto a cele-bración do Samaín con mortos viventes e esqueletos. Cando é o Samaín cantamos cancións terroríficas que falan dos que nos van asustar cos seus pelos e caveiras cando pola túa porta vaian petar.

Brais 4ºE. P.

M. Sergio 3ºE.P.

As horas previas ao Samaín son abu-rridas se a cabaza che sae ao revés

do que queres e se se che rompe. Será alegre se a cabaza che sae como ti queres e tamén se che queda terrorífica. Será triste se non levas cabaza ou se se che rompe e xa non podes levar ningunha. E… estas son as sensacións do SAMAÍN. Andrés, 4ºE.P.

Cando estou a punto de saír ao esce-nario, póñome moi nervioso, moi feliz e alegre. Ver a todo o cole disfrazado é moi guai, pero sigo estando con ner-vios. Cando comezamos a cantar, xa non estou nervioso. Ao rematar de cantar, sinto un alivio inmensoooooo…!

Abel, 3ºE.P.

Page 13: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

13

Estamos a piques de celebrar o Samaín. Cando ensaiamos a canción, foi algo ate-rrador. As cabazas decoradas dan medo aos que pasan polo corredor principal do colexio, as meigas, as pantasmas, os zombis, os demos… entran no noso cole para amedrentarnos. A canción conta que os devanceiros, nos tempos de antes, po-ñían nas súas portas caveiras de xigantes. Os esqueletos pó-ñense a bailar e o verán ten o seu fin. Os maiores do cole van sorprendernos cunha cousa para nós. Pero que será o que nos teñen pre-parado? Ha, ha, ha,ha!!!! Laura, 3º E.P.

Moisés, 3º E.P. Rafael, 3º E.P.

Page 14: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

14

O día 16 de novembro o alumnado

do 2º e 3º ciclos de primaria fi-

xemos unha saída ao auditorio

CAIXANOVA (Vigo) .

Asistimos a unha representación teatral en english!!! E á volta comenta-mos:

O LUGAR E O ESCENARIO: O auditorio de Caixanova é moi grande, bonito e cun teito abovedado pa-

ra que non faga eco e así se escoite mellor. No escenario había un panel de imaxes que cambiaba. A primeira era unha cociña e a outra era unha clase. Tamén había unha mesa, unha cadeira e tres cilindros que fa-cían de contedores: azul, amarelo e verde. Había efectos especiais para a auga, en re-alidade eran unas fitas azuis que saían du-nha billa. Outro dos efectos especiais era a

bomba de Mr. Ugly, unha bóla de cortiza e pintada de negro. Tiña unha corda que facía de mecha.

Abel, Iván e Pablo, 3º e 4º

OS PERSONAXES: Ugly Bugly, un señor que quere destruír o mundo. Era delgado, moreno e levaba unha barba de varios días sen cortar. Alice, era unha moza non moi alta, que tiña o pelo rizado e marrón escu-ro. Vestía roupa moi cómoda. Ela era unha gran consumista e desordena-da. Super Sue, era bastante alta, delgada e loura. Era moi ecolóxica e vestía de “cowboy”. Laura, Manu e Rafa, 3º

Page 15: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

15

A HISTORIA O musical estaba en inglés, igual que a obra. Trataba dunha nena, Alice, que tiña uns costumes moi pouco ecolóxicos: non apa-ga ás luces, tira o lixo ao chan... Un día, cando esta-ba lista para irse ao cole-xio, coñece á vaqueira Su-per Sue que viñera a salvar ao Planeta. Alice tamén coñece ao Ugly Bugly que quere des-truír a Terra. Ao final Su-per Sue salvou á Terra da contaminación e das mans do malvado Ugly.

Romina, Pedro e Moisés, 3º e 4º A MÚSICA

A música era de “cowboys” e “country” interpretada polos actores da obra.

Andrés, Brais e M. Sergio, 3º e 4º

Page 16: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

16

Fixemos unha saída a Vigo para ver un concerto de instrumentos musicais e visitar o Marco que, como o seu nome indica, é un museo de arte contemporánea. Eu vou contar a visita ao museo. Alí comprobamos que, dentro da arte contemporánea hai vídeos, pintu-ra, fotografías, obxectos que sempre nos queren di-cir algo máis do que representan en si mesmos. O edificio onde está este museo é moi grande, todo de pedra. A guía que ía connosco contounos algo do

edificio e ensinounos unhas fotos de como era antes. O Marco foi un cárcere onde o vixiante se colocaba no centro, que era a estancia onde estabamos, redonda e con columnas de pedra todo ao redor. Dende alí, o vi-xiante controlaba aos presos, pero eles non podían sa-ber con seguridade se os estaban observando, porque había unha especie de cristal polo que os presos non vían ao garda, pero el víaos a todos. Neses cristais só se ve por un lado, polo outro é coma se te vises nun es-pello. Entón sentíanse continuamente vixiados.

Hoxe pódense contemplar moitas obras de arte importantes, das que nós só vimos algunhas de arte contemporánea. Primeiro pasamos a unha sala na que había dúas pan-tallas proxectando dous vídeos diferentes. Na primeira pantalla había un vídeo no que aparecía unha persoa que estaba no aire cunha vasoira na man e finxía que estaba varrendo as nubes. A creadora deste vídeo vivía nun lugar no que case sempre estaba nubrado e case nunca había sol. Ela estaba farta de ver sempre as nubes, entón gravou este vídeo facendo que desaparecesen. Pero sabía moi ben que é imposible varrer as nubes.

No seguinte vídeo aparecía un home re-mando. Estaba navegando nunha canoa po-lo mar Adriático. O creador deste vídeo recordou á xente pobre que non tiña nada para comer por-que vivía nun país pobre, como os de Áfri-ca ou en Albania: os albaneses queren cruzar a Italia porque alí vívese mellor. Quen navegaba era un albanés rico que quería facer a mesma viaxe que fan os pobres, para saber o mal que se pasa.

Page 17: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

17

Entramos noutra sala. Nela había unha pantalla e enfronte un banco para sentarse. No vídeo viuse un avión que, en vez de pasaxeiros, os seus asentos estaban ocupados por peixes, dentro dos seus acuarios pequenos, claro. A creadora do vídeo fíxoo por-que un día mandáronlle levar un traballo a Nova Celandia. Ela encheu o avión de peixes. No avión só ían ela, os veterinarios e os peixes. Por último fomos a unha sala na que había un balcón. Explicáro-nos que en París hai moitos bal-cóns así, que son como unha obra de arte, son signo de cla-se e distinción. Estes balcóns alúganse e póñense, sostidos por un guindastre, diante dunha

ventá da casa. Queda moi bonito no piso no que tes o balcón, pero en cambio, tamén queda moi feo nos pi-sos que están debaixo. Teñen que ter, durante todo o tempo que estea alugado o balcón, unha grúa tapándo-lle a vista da ventá ou afeando o resto do edificio. Para que unhas persoas poidan saír ao balcón e con-templar boas vistas dende el, outras teñen que sufrir incomodidades. Is-to é moi inxusto. Así reflexionamos un pouco e démonos conta que na vi-

da real atopámonos con situacións parecidas, é dicir, inxustas. Ao saír do museo visitamos andando o barrio antigo da cidade de Vigo que quedaba preto do porto. Os profes foron contándonos algo da súa historia e a min gustoume moito ver as rúas dos cesteiros, pois aínda hoxe, teñen expostas todo tipo de cestas e cestos de vim-bias. Esta mañá foi moi aproveitada, pois vimos e aprendemos de moitos temas: música, arte, historia …

Alicia Trigo Viéitez, 6º E. Primaria

Page 18: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

18

… o entroido celébrase moito en toda Galicia, pero hai lugares que dende hai moito tempo conservan diferentes disfraces peculiares e curiosos. Os alumnos e alumnas de 2º curso andaron a investigar como eran (e aínda son) eses “entroidos” e aquí nolos amosan…

Os volantes (Lugo)

Levan un enorme sombreiro adornado de flores e fitas de moitas cores.

Os cigarróns (Laza –Ourense)

Os cigarróns vístense cuns pantalóns de volantes e levan unhas “chocas” colgadas na cintura.

Raúl

Adrián Ainoa Iria Lucía Sabela

Manuel Martín

Miguel Diego

Page 19: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

19

Os boteiros (Viana do Bolo-Ourense)

Levan a cara pintada de negro e unha coroa de flores. Se queres saber máis sobre estes personaxes do entroido galego consul-ta o blog do 1º Ciclo na páxina WEB do colexio http://centros.edu.xunta.es/

ceipdaespineira.

Adrián Ainoa Diego Iria

Javi

Lucía Manuel

Martín

Miguel

Sabela Samuel

Page 20: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

20

Unha de ROMANOSROMANOSROMANOSROMANOS e ROMANASROMANASROMANASROMANAS

Este ano o alumnado do primeiro ciclo disfrazámonos de Romanos e Romanas . Sabe-des quen eran estes personaxes?

0s nenos e nenas de 2º informámonos sobre eles e elas e descubrimos moitas cousas. Algunhas ímosvolas contar aquí pero…¡moito olliño, non todo o que leades é certo! Para saber o que é mentira (e ao mesmo tempo informarse de moitísimas cousas interesantes) consultade o blog do 1º Ciclo na WEB do noso “cole”.

Os romanos vestían un mantón, unha “toga” e unhas "chancletas”. Vivían en Roma e falaban latín. As coroas eran os seus premios. Tiñan moitos deuses. A España chamábanlle ”Hispania”. Via-xaban en barco. O que tiña a toga máis fina era o que máis mandaba.

Javi

Os romanos invadiron Hispania e foron os que a dividiron en provin-cias.

Adrián

Os romanos foron por moitos sitios pero non conquistaron aos vascos.

Diego

Os romanos ensináronnos latín.

Iria

Os romanos vivían en Roma. Copiáronlle a lingua aos gregos. Viñeron en barco pero para atravesar as montañas tiveron que usar cabalos. Un romano chegou aquí nun elefante. Estendéronse por toda Galicia. Trouxéronnos o galego. Tiñan un símbolo: o loureiro.

Sabela

Page 21: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

21

Os romanos viñeron a España a ensinarnos o latín que llo copiaron aos gregos e aos de Fenicia… pero non foron ca-paces de conquistar aos vas-cos.

Miguel

Os romanos e as romanas estendéronse por todo o mundo que coñecían. Cando chegaron aquí, os do pobo falaban outros idiomas e os romanos e as romanas non os entendían porque eles falaban latín. Os do pobo e os romanos xuntaron os seus idiomas e saíron o galego , o castelán, o francés… E así se formaron os idiomas e os números…

Ainoa

Os romanos e as romanas chegaron aquí en barco. Antes só tiñan unha cidade. Cando atracaron es-tendéronse por todo. E foron nacendo idiomas no-vos: o galego, o castelán, o francés…

Lucía

Os romanos viven en Roma. Invadiron toda Hispania cun xigante que veu nun elefante. Os homes vístense cunha “toga” e unha “túnica” e as mulleres cunha “estola” e unha “palla”.

Manuel Os romanos eran os máis ricos do mundo por iso viaxaban en barco e loitaban sen descanso.

Raúl

Diego Iria Ainoa

Lucía Miguel

Manuel

Page 22: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

22

Ana Gago Álvarez, 4º E.P.

Este ano os do segun-do ciclo fomos disfra-zados como persona-xes da Idade Media. Como nesta etapa ha-bía tantos e diversos, fomos disfrazados de monxes, de campesi-ños, de guerreiros cristiáns e árabes, de Alfonso X, de Califa, de Cid Campeador, de xograr, de trobador…. Canta variedade!!! Un personaxe que nos fascinou foi…

O Cid vivía nun palacio porque o seu pai era nobre do rei Fernando, que tiña tres fillos: Sancho, Urraca e Alfonso. O Cid fíxose amigo destes tres irmáns. Cando morreu Fernando, as terras de Galicia e Portugal foron para Urraca, Castela para Sancho, e León para Al-fonso. Pasaron os anos e Sancho quería roubarlle a terra a Alfonso. Un día ti-veron unha pelexa entre irmáns e nes-ta loita gañou Sancho, pero Alfonso non morreu. Sancho declarouse rei de León, aínda que moitos querían que Al-fonso volvese a ser o rei. Tras o asasinato do rei de Valencia, o novo gobernador pediulle axuda ao Cid

para impedir que as tropas africanas entrasen na cidade. Pero o Cid non puido ir porque tiña unha ferida na gorxa…

Page 23: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

23

UN DOCE DE ENTROIDOUN DOCE DE ENTROIDOUN DOCE DE ENTROIDOUN DOCE DE ENTROIDO: AS FILLOAS : AS FILLOAS : AS FILLOAS : AS FILLOAS

Alá, nos días anteriores ao Entroido, trouxemos os ingredientes para as filloas:

4 ovos ¼ l leite ¼ l auga ¼ kg de fariña

unha chisca de sal azucre canela touciño ou aceite para untar a tixola

Que doa-do é!

Vanlle

caer...

Que rica!

Esta moi rica!

Que boa!!

Sabes como se chama a masa das filloas?............................................

André Nerga García, 4º E.P.

Page 24: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

24

UXÍO NOVONEYRA

Uxío Novoneyra naceu no inverno, o 19 de xaneiro do ano 1930, na aldea de Parada. Esta aldea atópase no concello de Folgoso, en terras do Courel (Lugo). A súa familia habitaba a casa da Fonte, unha casa labrega feita de pe-dra e cal.

Aos quince anos, Uxío ten que marchar a Lugo para facer o bacharelato, pois no Courel non había escolas para seguir estudando. Alí coincide nas aulas cun rapaz chamado Manuel María. Casualmente, este rapaz com-parte con el o gusto pola poesía.

Uxío Novoneyra permaneceu en Lugo ata 1949. Nese ano instálase no Courel María Mariño, unha muller que lo-go se convertería nunha gran poetisa e que, desde a súa chegada, iniciou unha gran relación de amizade coa fa-milia de Novoneyra.

Ese mesmo ano, Uxío marcha a Madrid, e esa experiencia influirá moito na súa vida. Permanece alí ata o ano 1952, en que ten que regresar a Galicia para iniciar o servizo militar. Durante estes anos en Compostela, Uxío acode a faladoi-ros de escritores e artistas coma Otero Pedrayo, Carlos Maside, Ramón Piñeiro…

A comezos do ano 1962, marchou de novo a Madrid, onde traballou facen-do colaboracións con programas literarios na radio e na televisión española. Son programas estreitamente vencellados coa poesía. Por causa das doenzas que padecían os seus pais, Uxío debe emprender o camiño de regreso ao Courel en 1966.

A década dos setenta está marcada polos cambios políticos e sociais. Isto su-pón para Uxío unha toma de postura polí-tica e poética fronte aos novos acontece-mentos. Pero na súa vida persoal e fami-liar tamén se producen importantes novi-dades, casa con Elba Rei.

En1982, é nomeado presidente da Asociación de Escritores en Lingua Gale-ga (AELG). A atención que requiría ese cargo e os estudos da súa filla e dos seus dous fillos fan que se decida a fixar a súa residencia en Santiago de Compostela.

Os últimos anos deu moitos recitais poéticos. Era algo que fixera sempre, ao longo da súa vida e gustáballe moito. Era un marabilloso recitador. Uxío Novoneyra faleceu o 30 de outubro de 1999 en Santiago de Compostela.

Alumnado de 5º E.P.

LETRAS GALEGAS 2010

Page 25: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

25

UXÍO NOVONEYRA: OBRAS

• Os Eidos. Ed. Galaxia, 1955. • Elexías Do Courel E Outros Poemas. Ed. Rialp, 1966. • Os Eidos 2. Letanía De Galicia E Outros Poemas. Ed.

Galaxia,1974. • Poemas Caligráficos. Brais Pinto, 1979. • Os Eidos. Libro Do Courel. Ed. Xerais, 1981 e amplia-

da en 1985. • Muller Para Lonxe. Deputación de Lugo, 1986. • Do Courel A Compostela. Ed. Sotelo Blanco, 1988. • O Cubil Do Xabarín. Ed. Edelvives, 1990. • Tempo De Elexía. Ed. Vía Láctea, 1991. • Gorgorín E Cabezón. Ed. Edelvives, 1992. • Poemas De Doada Certeza I Este Brillo Premido

Entre As Pálpebras. Ed. Espiral Maior, 1994. • Ilda, O Lobo, O Corzo E O Xabarín. Ed. Edelvives,

1998. • Dos Soños Teimosos. Ed. Noitarenga, 1998. • Betanzos: Poemas Dos Caneiros E Estampas.

Concello de Betanzos, 1998. • Arrodeos E Desvíos Do Camiño De Santiago E

Outras Rotas. Ed. Hércules, 1999.

Participa noutros libros como Camelio Xaponés ou Onde só queda alguén para aguantar dos nomes. A súa poesía está traducida a outras linguas como o alemán, castelán, éuscaro, francés, gaélico, inglés ou xaponés.

Alumnado de 5º E.P.

LETRAS GALEGAS 2010

Page 26: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

26

Page 27: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

27

No noso colexio aprendemos moito cOs muraiS de UXIO NOVONEYRA

Page 28: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

28

O GATO MANCHADO E A ANDORIÑA SINHÁ

Fomos ver unha obra de teatro onde un gato ma-lo e solitario viu unha andoriña e díxolle:

- Andoriña, como te chamas? - Sinhá. - E ti gato? - Eu, Manchado.

Ao día seguinte díxolle a andoriña: - Ola, Manchado. Que tal? - Ben. - Queres ser o meu amigo? - Si.

Aínda que ninguén o entendía, eles foron sempre amigos porque aceptaron as súas diferenzas. Non temos que ser iguais para ser bos amigos.

María Rial Alfaya, 1º de Educación Primaria Obra orixinal

Versión en galego

Page 29: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

29

¡FOMOS DE EXCURSIÓN!

¡Fomos de excursión! Os monicreques gustáronnos un montón. Logo os pintores tiñan cadros con moitas cores. Uns con puntos, con manchas outros e ¡moi bonitos todos! Con Souto, Seoane, Lugrís, Laxeiro e Mallo saímos todos encantados. E logo ó final, ¡Todos a pintar!

Alumnado de 1º de Educación Primaria

Page 30: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

30

TOM SAWYER

Tom é un neno, coma nós, que vai ó colexio. Gústalle facer moitas trasnadas e é moi simpá-tico. Sempre está castigado porque fai cousas que non debe. As súas aventuras son moi di-vertidas e fai diabruras que dan medo. Ten moi bo corazón e non lle gusta que se fa-gan inxustizas, nin mentir, nin que leven casti-gos polo que fai el… Tom vive na outra parte do océano que temos en Galicia. De onde el vive só nos separa o mar ¡Un mar moi, moi grande! O seu mellor amigo, Jim, é de raza negra. Isto é moi importante. Nese lugar os negros eran escravos. Non tiñan os mesmos dereitos cos nenos brancos e non xogaban xuntos. Por iso creo que Tom era moi bo, xa que el xogaba e era amigo de todos. Como vivía a carón dun río moi grande, o Misisipí, gustáballe pescar peixes de río. Que pena que, agora mesmo, a ese río lle estea chegando petróleo.

Andrea Álvarez Bermúdez, 1º de Educación

Primaria

Page 31: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

31

O RECICLADO

O reciclado, xa o din os Bolechas, é moi importante. Tamén nos falou disto Moha-med. Aproveitar as cousas fai que contaminemos menos, diminúe o lixo e permíte-nos facer xoguetes nosos usando a nosa imaxinación. O primeiro que reciclamos foi o papel. Facendo iso salvamos moitas árbores, diver-tímonos e aprendemos a botar o papel aos colectores que hai para iso, os de cor azul. Así as fábricas poderán aproveitalo: consumiremos menos auga, enerxía e sal-varemos árbores que nos axu-dan a respirar. Reciclar papel é fácil e divertido: 1º. Córtase o papel, xa usado, en anacos pequenos. 2º. Botámoslle auga ata cubrilo. 3º. Cun batedor convertémolo en polpa de papel. 4º. Nunha especie de peneira rectangular, escorrémolo. 5º. Cun pano dámoslle a volta e cando seque un pouco pasámos-lle o ferro, como podedes ver.

¡CANDO SEQUE, A TRABALLAR CON EL!

Alba e Elsa Fernández

Tenreiro, 1º de Educación

Primaria.

Page 32: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

32

Este curso tivemos un taller de hórreos. Un señor cha-mado Arturo explicounos moitas cousas dos canastros, outro nome que reciben nesta zona, e ata nos ensinou como se construían, pois fixemos con el un modelo ou maqueta dun cabaceiro. Gustounos moito ver como se facía e que bonito quedaba rematado. Logo nós seguimos investigando algo máis sobre eles. Vamos contar aquí só un pouco máis.

POR QUE SE CONSTRUÍRON OS HÓRREOS? Os hórreos son construcións realizadas polas persoas despois de longo tempo observando as mellores condi-cións para almacenar, secar e conservar o gran. Isto esixe unha boa ventilación, illamento e protección da humidade, ademais dun axeitado sistema de defensa contra roedores, paxaros e ata hai algúns que non dei-xan subir formigas. Nos lugares húmidos contribúe

moito ao secado do millo, que ten moito líquido comparado con outros cereais.Tamén se cons-truíron ou se aproveitaron máis adiante para almacenar distintos tipos de produtos e apare-llos, apeiros de labranza, patacas… HISTORIA

As primeiras noticias escritas sobre hórreos aparecen en textos ro-manos (horreum), pero non é ata o ano 1.162, nas Cantigas de Santa María do rei Alfonso X O Sabio, cando atopamos o primeiro testemu-ño gráfico sobre hórreos na península Ibérica. Esta tecnoloxía perdu-rou como medio eficaz para manter o gran a salvo de roedores, aves e incluso de persoas, sobre todo en épocas de moita fame. Hoxe en día, onde máis abundan é no noroeste da Península Ibérica: Galicia, Astu-rias, Portugal e na provincia de León, aínda que tamén se poden atopar algúns en Cantabria, no País Vasco ou noutros puntos próximos aos Pi-rineos, como Navarra. En Portugal, onde reciben os nomes de espi-

gueiros, canastros, palheiros ou caniços, abundan no norte e podemos atopalos ata cerca de Lisboa. Algunhas edificacións similares pódense ver por Europa, desde a península Escandina-va, Noruega (Stabbur) e Suecia (Härbe), ata zonas alpinas de Austria, Suíza (Mazot), Italia e Francia. Tamén hai construcións parecidas en Albania, Bosnia, Bulgaria, Croacia, Finlandia, Hungría, Irán, Kosovo, Macedo-nia, Polonia, Reino Unido, Romanía ou Turquía.

Page 33: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

33

TIPOS DE HÓRREOS •SEGUNDO A FORMA

Fálase xeralmente das seguintes clases de hórreos: Hórreo rectangular e alargado, apoiado sobre varios pares de postes e con cuberta a dúas augas, denominado xeralmente gale-go. Tamén hai en Portugal.

Hórreo cadrado, apoiado sobre catro postes e con cuberta a catro augas, coñecido como asturiano. Tamén podemos atopalo en Cantabria e no nordes-te de Galicia.

Hórreo cántabro, construcións de cámara de ma-deira. Soen ser lixeiramente rectangulares e con cuberta a dúas ou catro augas. Apenas se conser-

van exemplares deste tipo en Cantabria, pero podemos atopalos na provincia de León.

Aínda que non son moi numerosos na actualidade, porque foron desaparecendo co paso do tempo, existen en Galicia exemplares de hórreos circulares, chama-dos tamén ás veces “canastros” ou cabaceiros de varas.

• SEGUNDO O MATERIAL

De varas, madeira, pedra e mixtos: granito - madeira, lousa – madeira, ladrillo- cemento - aceiro… Os tellados poden ser de tellas (plana, do país ou mixta), de palla (chámase colmo), lousa ou pedra. Poden ser a dúas augas, a catro augas ou cóni-cos como os cabaceiros de varas. OS NOMES DOS HÓRREOS NO MUNDO

Así se chaman os hórreos nalgúns lugares do mundo. Aquí, na nosa Terra, ao igual que temos moita cantidade e variedade de hórreos (contabilízanse por miles e ata nalgúns concellos cóntanse por centos), hai unha enorme variedade de nomes.

En Galicia : hórreo, canastro, cabaceiro, cacipo, cabazo, caba-na, piorno, celeiro, cabozo, cabas, claustra, sequeiro, coracei-

ro, graneiro.

En Asturias: panera, o rectangular e hórreo, o ca-drado.

En Portugal: canastro, caniço, espigueiro, palheiro.

No País Vasco: garai, garaixe, garea. Como nos lembrou Xosé Arturo : “Espero que non esquezades que temos un fermoso patrimonio que debemos conservar”

Alumnado de 6º E.P.

Page 34: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

34

ParabParabParabParabéns ao poeta polo seu ingreso na ns ao poeta polo seu ingreso na ns ao poeta polo seu ingreso na ns ao poeta polo seu ingreso na real academia galegareal academia galegareal academia galegareal academia galega

RATA LINDA DE COMPOSTELARATA LINDA DE COMPOSTELARATA LINDA DE COMPOSTELARATA LINDA DE COMPOSTELA

O 3 de Abril asistimos no Auditorio de Cangas a unha representación do con-to “Rata linda de Compostela”, do noso benquerido poeta cangués Bernardino Gra-ña. Fomos convidados po-la editorial Xerais. Os do 2ºe 3º ciclo pinta-mos con acuarelas a nosa propia Rata linda. Gústanvos as ilustracións?

Gabriel, 5º

Manu P., 3º

Mari, 6º

Andrés, 4º

Page 35: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

35

Visita de Mar Guerra O 28 de abril veu ao noso colexio a escritora e xornalista Mar Guerra. Naceu en Madrid pero leva vivindo na Coruña dende o ano 1987. Ten tra-ballado para diferentes medios galegos, tanto en xornais como en axen-cias de noticias. Na actualidade desenvolve a súa carreira profesional en “Mestres Comunicación”, un gabinete fundado por ela e dúas compañei-ras. En 2008 publicou a súa primeira novela de literatura Infantil “Xenaro e o misterio da mochila verde” coa que gañou o premio “Merlín” de literatura infantil.

Cando Mar Guerra chegou ao noso cole, dirixímonos todos a biblioteca do cen-tro, na que fixemos diferentes activi-dades. Comezamos presentándoa, Alejandra e mais eu, de 6º curso. Despois fixémos-lle unha entrevista, na que nós, o alum-

nado, preguntabámoslle unha serie de cuestións ás que ela respondía. Ao rematar a entrevista, fixemos un xogo: consistía en poñer unha palabra en galego cada un. Desas palabras saíron gañadoras “folla” e “corazón”. Con esas palabras tive-mos que facer unha fra-se cada un. Desas fra-ses tamén saíu unha ga-ñadora. Ao acabar o xogo, Mar Guerra, firmounos os li-bros que tiñamos todos, dos que ela é autora.

Foi moi interesante es-tar con ela! E é moi sim-pática!

Ana Rodríguez Soliño 6º E. P.

Page 36: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

36

VISITOUNOS UN ILUSTRADOR:

Outra das actividades do Maio Cultural foi a visita do ilustrador Abra-

han Carreiro. Lemos tres dos seus libros, observamos moi ben as ilustra-

cións e os de 2º E.P. ata fixeron as súas que expuxeron nun mural.

Estas son algunhas das opinións que os de 3º e 4º contaron con especial interese:

Que coincidencia!, ten o mesmo oficio que o seu pai (Pepe Carreiro). Abra-ham ten o pelo rizo e a cute un pouco branca. Foi impresionante e sentíame como se estivera, en vez de nunha bi-blioteca, nun museo de arte.

Pedro, 3ºE.P.

Acabamos de vir de ver como debuxa Abraham Carreiro e estou realmente impresionado: pode facer unha esce-na dun libro nun minuto!!! E ademais píntaa en nada!!! Debuxa un pouco raro: en vez de empezar pola cara ou polo corpo, empeza polos

ollos e case sempre os fai igual. Aprendín cousas sobre o debuxo. André, 3º E.P.

Ei, quen agharra

no mural????

Page 37: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

37

A min gustaríame ser ilustrador, non só para pasar o rato, senón para sentirme ben e alegre. Así podería debuxar e colorear moito mellor. Abraham sempre lle poñía adornos aos personaxes. Aconsellounos debuxar con lapis e así poderás logo borrar as liñas que che sobran.

Pablo, 3ºE.P.

Gustoume moito porque me deu trucos para debuxar mellor os corpos dos per-sonaxes dos contos: hai que empezar facendo unha especie de bosquexo con distintas figuras que son as partes principais do personaxe. Pouco a pouco vas re-tocando e ata lle podes poñer accesorios para humanizar máis aos personaxes.

Xián, 3º E.P.

Antes de que chegara a hora de estar con Abraham Carreiro, eu estaba moi emocio-

nado. É ilustrador pero tamén escritor de libros. Outra das recomendacións que nos

fixo é que estiveramos moi atentos ás cores que usamos: se un personaxe está pa-

sando frío, debemos poñer cores frías (azul, violeta…) e se está pasando calor, de-

bemos poñer cores quentes (vermella, amarela, laranxa…) Brais, 4º E.P.

Page 38: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

38

Un ano máis continuamos no Plan Mellora de Bibliotecas de Galicia (PLAMBE). Este curso elaborouse unha guía de actividades de Formación de Usuarios para familiarizarnos cada vez máis co espazo da biblioteca e localizar de inmediato calquera fondo. Sitúaste no plano? Que falta? Serías quen de localizar estas seccións?

♦ Os ordenadores. ♦ Os libros de Historia. ♦ Os dicionarios e enciclopedias. ♦ Os cómics. ♦ Os Contos clásicos ♦ Os libros de fábulas. ♦ Os libros que nos axudan a che-gar a entender os sentimentos (8IE)

♦ A recepción e xestión. ♦ O recuncho de lectura in-formal.

♦ Os libros de literatura do teu ciclo.

♦ Os libros de animais. ♦ Os fondos de música. ♦ Os libros de Humor. ♦ Os libros de E.Infantil. ♦ A TV

Page 39: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

39

Fixemos recomendacións de libros e dvds que nos pareceron interesantes. Deste xeito pódese

animar aos compañeiros e ás compañeiras a mergullarse no mundo da lectura. Os de 2º, 3º e

4º de E.P.xa o fixeron e amósannos a súa experiencia:

Recomendo este libro titulado ”Bajo el mar”, porque che explica o que fan os peixes, o que comen, se se pescan... É un libro que in-forma, da editorial SM.

M. Sergio, 3º E.P.

Eu recomendo este libro titulado “Volcanes y terremotos”, porque nos amosa plane-tas descoñecidos do es-pazo e tamén os países desaparecidos polos Tsu-namis. Gustoume moito porque nos dá información da Terra e de Coñece-mento do Medio e así apréndense cousas descoñecidas. Iván, 4º E.P.

Recomendo este libro titulado “O zampón”, porque me gustan as historias de risa e cu-nha chisca de terror… É un con-to popular. Xián, 3º E.P.

Page 40: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

40

ABRIL, O MES DO LIBROABRIL, O MES DO LIBROABRIL, O MES DO LIBROABRIL, O MES DO LIBRO Participamos xunto cunha chea de bibliotecas esco-

lares de Galicia na campaña: “Para que les?” Tratá-

base de facerlle esta pre-

gunta a persoas máis ou

menos coñecidas e de

distintas profesións e,

por suposto, a nós. Con todas as respostas fíxose unha

montaxe que logo se compartiu con todos os centros

que estamos no PLAMBE. Queres coñecer algunhas? To-

das elas están no mural do corredor principal. Estas son algunhas das nosas:

Eu leo para non aburrirme cando

chove, saber máis historias e así

pódollas contar aos meus pais.

Leo para aprender, di-vertirme e pasar o tem-po. Se leo aprendo pala-bras que non sabía.

Leo porque coller un libro, gústame. Em-pezar a ler a historia tamén, imaxinando e pensando que a protagonista podo ser eu mesma. Leo tamén para fuxir dos mo-mentos malos e aburridos.

Para aprender moitas

cousas para cando

sexamos maiores

Eu leo para aprender cousas, divertirme e informarme.

Eu leo porque me gustan as historias.

Eu leo para des-

cubrir novas

historias, novos

mundos e para

saber como vive

outra xente.

Leo para imaxinar, para soñar. Gústame moitísimo ler e vivir aventuras de todos os contos das biblios.

Page 41: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

41

Outra das actividades que tiñamos no noso proxecto era “ Contar contos aos nosos compañeir@s”. Os de sexto, no Samaín, representáronnos unha obra teatral baseada no conto “A figueira de Pelostortos”, da edi-torial OQO e que nos advirte dos riscos de facer promesas ás to-las, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto. Os do 2º ciclo fixeron unha presentación en Power Point coas súas

ilustracións do libro “O homiño de papel”, que lle

proxectaron e narraron aos de E.Infantil. Tamén no “Día da Paz” na-

rraron o conto “Wangary y las árboles de la Paz”. Os dous libros cón-

tannos como todos podemos contribuír coa nosa actitude a facer un

mundo máis xusto e mellor.

Page 42: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

42

Relixión

O alumnado de sexto curso realizamos e presentamos un traballo de investigación, feito na clase de relixión, sobre a Nai Teresa de Calcuta. Foi enriquecedor polo esforzo realizado, polo traballo en equipo, polos valores que descubrimos nesta muller tan especial. A súa labor humanitaria ten que servirnos de estímulo para intentar ser mellores día a día. Na presenta-ción do traballo a todo o centro, tamén narramos un conto con imaxes para que os de educa-ción infantil descubrisen os valores que deixou a Nai Teresa para os máis cativos. Aquí deixa-mos só unha breve recensión da súa biografía e a foto do grupo. E un saudiño deses que vedes na foto máis abaixo.

BIOGRAFÍA Naceu en Macedonia. Aos trinta anos fíxose relixiosa e foi de mi-sioneira a Calcuta, na India. Impresionada pola fame e a pobreza que había ao seu redor, e po-lo número de nenos abandonados e enfermos que atopaba polas rúas, dedicouse a recollelos e darlles abeiro e comida. Dicía que iso era o amor de Deus en acción. Como non daba abasto, fundou unha congregación de relixiosas, Misioneiras da Caridade, que hoxe en día está en case todos os países do mundo. Abriu nu-merosos orfanatos, escolas e centros de acollida para os máis po-bres e para atender leprosos, anciáns, cegos e enfermos de SI-DA. En 1979 foille concedido o Premio Nobel da Paz. Morreu en Calcuta no 1997. En 2003 foi declarada beata polo papa Xoán Pau-lo II.

“A felicidade está en nós mesmos. Somos felices porque amamos, non porque nos

amen” Teresa de Calcuta

Page 43: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

43

AS NOSAS ACTIVIDADESAS NOSAS ACTIVIDADESAS NOSAS ACTIVIDADESAS NOSAS ACTIVIDADES

Entre as variadas actividades que realizamos para mellorar na valoración positiva da nosa lingua galega entre os membros da nosa comunidade educativa e así aumentar a súa utilización, é dicir, darlle vida, traemos aquí estes tres concursos, cos nomes das persoas que resultaron elixidas:

CALENDARIO

CONTOS

Ed. Infantil 3 anos Ed. Infantil 4 e 5 anos Miguel Gregorio Pousa-1º Sabela Sestay Martínez-2º Diego Rodríguez Martínez-2º André Nerga García-3º Iván Blanco Gayo-4º Romina Iglesias Prieto-4º Ana Piñeiro Menduíña-5º Jorge Gregorio Pousa-6º Noa Novas Herbello-5º

ADHESIVO

Gañador: Jorge Gregorio Pousa-6º Finalistas: Lucía Méndez Santomé-2º Laura Herbello Piñeiro-3º

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Debuxos: Iria Pérez Rodríguez-2º Manuel S. Barreiro de la Campa-3º Xián Rocha Novas-3º Gabriel Otero Ribeiro-5º Lema: 2º de Educación Primaria

Page 44: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

44

O CROS ESCOLAR

O día 13 de maio celebrámolo o cros no C.E.I.P. de Espiñeira-Aldán. Todos os nenos e nenas do colexio estabamos moi nerviosos e desexando que as carreiras

empezasen canto antes.

No cros participou todo o alumna-do do colexio, desde Educación Infantil ata sexto de Educación Primaria. Sería moi divertido que tamén participase o profesorado. Despois de organizar os preparati-vos: saída, meta, percorrido, mesas con bocadillos , auga, listas de participan-tes… empezaron as probas. O encarga-do de dar a orde de saída foi Xurxo, o profesor de Educación Física. Un a un foron competindo os diferentes cursos do Centro, como é lóxico os máis pequenos da-ban menos voltas arredor do colexio cós maiores. Todo o público presente premiou aos esforzados participantes con moitos ánimos, aclamacións e merecidos aplausos. Ao acabar de correr regalábaselle, a cada participante, un merecido bocadillo e unha botella de auga para repoñer as súas forzas. A entrega de premios foi moi divertida: Cada titora ou titor entregáballe unha bonita e arte-sanal medalla a cada persoa do seu alumnado. Recordade ¡O importante é participar! ¡Máis im-portante que gañar é ser amigos e axudar! ¡O exercicio físico é bo para a saúde! E non nos

esquecemos de que empezamos sempre cun bo quecemento, que practicamos moito para aprendelo e acordarnos sempre.

Alumnado 5º E.P.

Page 45: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

45

PASATEMPOS

Imos axudarvos un pouco: Romaceira, laranxeira, limoeiro, moreira, pexegueiro, cerdeira e nogueira.

P E X E G U E I R O

B R A G O F T M N A

A R I E C A M O R M

L E M U E O G R N O

S L A Z D U H I T R

P A R I E D R E C E

O F O I A N P O O I

R O R T F S R M E R

L A R A N X E I R A

N U E M A N I L M S

Buscade o nome de sete árbo-res froiteiras que plantamos este curso

Page 46: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

46

ESTE ANO 2010 TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

MIGUEL ANXO GABRIEL MIGUEL AINARA

ÁNGEL ALEJANDRO PABLO EDGAR

Page 47: Revista nº 42

47

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Chegou o momento de despedirse do noso primeiro “Cole”. Cando comezamos eramos moi pequenos e parecíanos que nos quedaba moito, moito tempo neste colexio. Agora que somos os maiores, non queremos marchar porque o tempo pasounos voando e gustaríanos quedar máis tempo , pero como din “todo pasa” e o bo máis rápido. Tivemos momentos de ledicia, tristeza, divertidos, aburridos, enfadados, fatigados… pe-ro en xeral pasámolo moi ben. Agora cada un de nós vaivos contar o seu momento máis especial.

Paseino moi ben en todas as ac-tuacións de fes-tivais e festas.

Momentos espe-ciais? Moitos: saí-das, festivais... Tris-tes? A hora de mar-char.

Recordarei sempre aos profes que me ensinaron moitas cousas e aos compa-ñeiros/as.

Gustáronme moito os festi-vais de fin de curso. Foron moi divertidos.

Non sei dicir cal foi o meu mellor momento pois en xeral todos foron bos. Os nove anos formarán un re-cordo moi especial.

Nunca me esquecerei dos amigos/as e profes que me ensinaron a ser un pouco mellor.

Un bo recordo? Cando cheguei en 2º ao colexio e fixen moitos amigos/as.

Paseino moi ben nos recreos… e nas clases… tamén.

Page 48: Revista nº 42

Orxás nº 42 C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

48