revista escolar

34

description

colegio, revista

Transcript of revista escolar

Page 1: revista escolar
Page 2: revista escolar
Page 3: revista escolar
Page 4: revista escolar

O PROXECTO ABALAR ENTRA NAS AULASAs ferramentas informáticas entran a formar parte da metodoloxía

didáctica nas aulas de 5º de primaria da man do Proxecto Abalar. A finais do segundo trimestre e ao longo do terceiro, o alumnado desenvolverá parte da súa aprendizaxe, utilizando as novas tecnoloxías postas á súa disposición.

Cada aula está dotada de rede wifi, armario de carga, Encerado Dixital Interactivo (EDI) e proxector. O profesorado conta cun ordenador portátil e o alumnado co seu propio ultraportátil con acceso a internet.

O cambio de metodoloxía por parte do profesorado que xa está a impartir algúns contidos relacionados,sobre todo, coa área de coñecemento do medio en formato dixital, supón unha nova forma de ensino-aprendizaxe non sempre doada. Ocorre o mesmo co alumnado que, pouco a pouco, terá que se ir adaptando e integrando as Tic ao día a día do seu quefacer escolar.

Os nenos e nenas de 5º xa están traballando con varios programas, como procesadores de texto, follas de cálculo, etc, todos eles, baixo contornoGNU/Linux. E... quen o diría!, tal parece que naceron cun ordenador debaixo do brazo, xa que, aínda que, con algún que outro atranco, non lles supón ningún problema.

O certo é que tanto profesorado como alumnado amósanse moi motivados e satisfeitos con esta experiencia que, agardamos, se converta en algo cotiá, en aras de mellorar a calidade do ensino así como a competencia dixital dos nosos nenos e nenas.

Page 5: revista escolar

APRENDEMOS SOBRE ALIMENTACIÓN

Os nenos e nenas do 1º ciclo estivemos a traballar sobre os alimentos. Aprendemos que

poden ser de orixe animal (carne, ovos, leite), vexetal (verduras, froitas, azucre) ou mineral

(sal). Tamén descubrimos que é de gran importancia conservar ben os alimentos, tanto

frescos e conxelados, como en conserva ou salgadura, xa que senón o facemos pódense

estragar e facernos dano.

Aconsellámosvos consumir sobre todo produtos frescos que podedes conseguir en calquera

mercado. Nos mercados hai moitos postos: carnicería, peixería, panadería, froitería, sección

de lácteos, etc. Todo o alumnado do 1º ciclo traballamos arreo para facer o noso propio

mercado de plastilina. Aquí tedes unha mostra do bonito que quedou e da variedade de

produtos que podemos atopar.

No noso mercado como en calquera outro, sen ir máis lonxe no de Gondomar, cada

alimento ten unha etiqueta na que podemos ver o nome do produto así como o seu prezo

por unidade ou por quilogramo de peso.

Tamén nos diferentes postos os vendedores e vendedoras teñen uns aparatos que se chaman

básculas, nas que pesan os produtos para saber canto temos que pagar se queremos

mercalo. Para que poidades practicar, xa sabedes, xogando como se forades tendeiros e

tendeiras, deixámosvos na biblioteca este

mercado tan colorido e unha folliña cuns

problemas moi sinxelos que podedes

intentar resolver.

Ademais tedes á vosa disposición nunha

caixiña, moedas e billetes que podedes

utilizar para familiarizarvos cos euros e

os céntimos por se decidirades...

ir de compras.

LÁCTEOS, PANADERÍA E PASTELERÍA

Page 6: revista escolar

Non vos podedes imaxinar o ben que nos veu traballar a alimentación, non só porque así

aprendemos a comer san, senón tamén, porque aprendemos a cociñar, siiiiiiii, ah que non o

credes?, pois lede e ollade.

En todo o colexio puxemos en práctica todo o aprendido nuns obradoiros de cociña moi

especiais, utilizando principalmente alimentos frescos, que tivemos que limpar, cortar, pesar,

mesturar, bater, cociñar e... o mellor de todo, COMER e uhmmmm!, que ricos estaban.

.

Ben, pois despedímonos de todos e todas, agardando deixarvos un bo sabor de boca e

lembrándovos que á hora de traballar con alimentos temos que ser moi coidadosos así como

unha vez que os consumamos, non esquecendo lavar ben as mans e os dentes antes e despois

de cada comida. Ata outraaa!!!!!!

As nenas e nenos de 2º B

Aquí nos tedes facendo unhas

entradas con ingredientes de orixe

vexetal, cenoria, tomate cherri,

leituga, olivas, acompañados dun

pouco de maionesa ou paté sobre

trociños de pan.

Neste outro obradoiro

preparamos a masa para

facer unha pizza de xamón

e queixo. Para elo utilizamos

fariña, sal, auga, lévedo de

empanada, tomate, ourego,

xamón cocido e queixo.

Ollade como

preparamos

unha riquísima e

fresca salada de

froitas con pera,

ananás, mazá,

melón, plátano

e zume de

laranxa.

E por último, pero para comer de

vez en cando xa que é ten moito

azucre, un marabilloso brownie de

chocolate, con ovos, leite, fariña,

manteiga, lévedo, noces e chocolate.

Page 7: revista escolar
Page 8: revista escolar
Page 9: revista escolar
Page 10: revista escolar
Page 11: revista escolar
Page 12: revista escolar
Page 13: revista escolar
Page 14: revista escolar
Page 15: revista escolar
Page 16: revista escolar
Page 17: revista escolar
Page 18: revista escolar
Page 19: revista escolar
Page 20: revista escolar
Page 21: revista escolar
Page 22: revista escolar
Page 23: revista escolar
Page 24: revista escolar
Page 25: revista escolar
Page 26: revista escolar

Parabéns aos seleccionados e grazas a todos e todas por participar

El niño que quería volar

Había una vez un niño al que le gustaría aprender a volar, pero no tenía alas.Un día hizo una cometa y se ató a ella para poder volar, pero la cometa no voló. Un día vio un avión y quiso hacer uno con madera. Se fue al monte a buscar madera, la cortó y empezó a hacer el avión. Cogió su bici y la metió en el avión y las alas se movieron, pero el avión no voló.Estaban paseando por la playa y pasó un helicóptero. Se quedó pensando como podía hacer un helicóptero con su bici. Pensó y pensó hasta que tuvo una idea: hizo unas aspas con madera y se las puso a la bici y al darle se movían las aspas; giraron, giraron y giraron, pero no voló.Su madre que sabía que quería volar, lo llevó a un viaje en avión. Ese día se lo pasó muy bien porque había cumplido su sueño de volar y decidió que de mayor sería piloto de avión.

FIN

David Pintos Fontán2ºB

Page 27: revista escolar

A RA VIAXEIRA (baseado en feitos reais)

Todas as noites cando Clara se deitaba, o seu pai contáballe un conto, algunhas veces ata dous .Sabía centos deles: A Rata Paca, Polegarciño Normal, Polegarciño Especial, Lucas o carrachento, O Golfiño Pepiño, A Balea Rechea, O Crocodilo Cirilo, O Dragón Chistón, O Dragón Grandón ... Pero a ela o que máis lle gustaba era o da Ra Viaxeira porque podía mandala a donde quixera: unhas veces ía ás Illas Cíes, outras á Illa de Ons ou ás illas do Pacífico...

Ás noites, á hora de deitarse Clara dicía:

-Papá, cóntame un conto.

O seu pai preguntáballe:

-Que conto queres hoxe?

E ela case sempre contestaba:

-O da Ra Viaxeira

-E a donde queres que vaia hoxe?

-A Brasil

E o seu pai comezaba o conto:

Érase unha vez unha ra que vivía nun lago no medio do monte e quería ir polo mundo adiante , así que lle dixo á súa familia que marchaba a percorrer o mundo en busca de aventuras. Foi saltando de pedra en pedra polo río ata que chegou ao mar. Pero a ra non podía cruzar o mar porque era salgado. Así que decidiu esperar por si chegaba algún barco. Axiña atopou un que estaba pescando gambas na desembocadura do río. Saltou ao barco, que por casualidade ía ao porto de Vigo. Alí viu un barco cheo de turistas e decidiu subir. Agochouse nun baño e meteuse debaixo dunha billa porque necesitaba ter a pel mollada.

Page 28: revista escolar

Despois de varios días de viaxe chegaron a un porto moi grande. A ra saltou do barco e pensou:

-Isto debe ser o Brasil porque aquí parece que falan portugués. Tirouse á auga para ver se era doce ou salgada. E era doce!!! Non estaba no mar, estaba no río Amazonas!!!.Atopou unha tartaruga que lle preguntou:

-E voçe, de donde é, que fai aquí no Brasil?

-Vin en busca de aventuras.

-Pois sube enriba, que te levo.

A ra subiu enriba da tartaruga e foron río arriba. Xa ían polo medio do río cando viron unhas pirañas e a tartaruga dixo:

-Rápido, á terra, que estes peixes son moi perigosos.

A ra, que non os coñecía, dixo:

-Pero se son moi pequenos.

-Si,son moi pequenos pero se quedas un minuto máis na auga só che van quedar os ósos.

Subiron á terra e as pirañas aburridas marcharon, pero entón apareceron uns indios do Amazonas e a tartaruga dixo:

-Corre, á auga que a estes indios o que máis lles gusta comer é sopa de tartaruga e ancas de ras.Tiráronse á auga e...apareceu un crocodilo e esta vez a tartaruga berrou:

-Á terra, rápido, que este dunha dentada arríncache a cabeza.

O crocodilo farto de esperar, decidiu marchar e as dúas amigas seguiron o camiño ata chegar á lagoa onde vivía a tartaruga. A tartaruga presentouna á súa familia e alí fixeron moitas festas.

Page 29: revista escolar

Cinco semanas máis tarde a ra dixo:

-Vou ter que marchar,a miña familia debe estar preocupada.

A ra marchou río abaixo e tivo sorte porque atopou o mesmo barco pesqueiro que esta vez ía para Vigo a descargar o peixe. Dun chimpo subiu e meteuse no depósito da auga. Houbo unha gran tormenta e o barco ía dun lado para outro . A pobre ra estaba tan mareada que non paraba de vomitar. Ao chegar ao porto de Vigo, colleu outro barco que outra vez por casualidade ía a pescar a desembocadura do río do que saíra a ra en busca de aventuras. Saltou dun chimpo, e de chimpo en chimpo chegou ata a súa casa onde foi recibida con gran alegría pola súa familia. E a ra viaxeira decidiu quedar na casa unha longa tempada porque estaba farta de tantas aventuras.

Clara quedou durmida pensando que ao día seguinta ía mandar á ra viaxeira a un sitio máis tranquilo, por exemplo ás Illas Cíes, aínda que nunca se sabe, non vaia a ser que aparezan uns piratas....

FIN

Clara Rey Barona

4º A

Page 30: revista escolar

Este cuento trata de un hombre y un perro convertido en hombre. Un día fueron de caza y encontraron algo misterioso…Eran dos criaturas muy raras. El cazador se asustó y empezó a disparar… Si queréis saber más leed el cuento.

Érase una vez un cazador que vivía con su perro que, en realidad, era un hombre.Vivían los dos en el monte del Galiñeiro.

Un día decidió salir a cazar con su perro. Llegaron al lugar de caza y el perro empezó a olfatear para ver si encontraba algún animal, pero de repente olfateo algo raro.Empezó a ladrar, el cazador lo siguió corriendo, caminaron durante 2 horas hasta que de repente llegaron a un cementerio abandonado.El cazador se asustó mucho porque era un cementerio muy antiguo, tenía más de 1.000 años. Repentinamente la tierra empezó a temblar, los dos se echaron hacia atrás. Asombrosamente debajo de la tierra apareció un zombie lleno de sangre y un fantasma muy feo, el cazador empezó a disparar y mató al fantasma.El perro le mordió al zombie y lo mató.

Finalmente el perro se convirtió en hombre, y los dos vivieron tranquilos y felices para siempre.

Luca Da Silva Misa

Page 31: revista escolar
Page 32: revista escolar
Page 33: revista escolar
Page 34: revista escolar