Revista da Biblioteca do CPI Plurilingüe de VEDRA
description
Transcript of Revista da Biblioteca do CPI Plurilingüe de VEDRA
BIBL
IOtk
18
BOLETÍN TRIMESTRAL DA BIBLIOTECADO CPI DE VEDRA
PRIMARIA, INFANTIL 2
SECUNDARIA 4
BANDA DESEÑADA 6
MÚSICA 7
“Falaba con palabrasque semellaban pombas”
Deitado frente ao mar Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. ...
Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruíns e poderosos, non falo pra os finchados, non falo pra os baleiros, non falo pra os estúpidos, que falo pra os que aguantan rexamente mentiras e inxustizas decotío; pra os que súan e choran un pranto cotidián de bolboretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ise camiño... Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua.
O escritor ANTONIO REIGOSA estivo no noso centro
Sopra neste furadiño, Antón Cortizas Amado
PRIMARIA INFANTIL
Ilustracións de Leandro Lamas
Sopra, sopra polo furadiño. Verás como se
transforma o mundo
En Planet 51 gozarás cuns simpáticos extraterrestres. Un guacamaio de Spix a piques de extinguirse en Río. Diversión a esgalla con Happy feet, un pingüín con alma de Fred Astaire.
Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe:Vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai.A Karim fíxoselle un nó na gorxa e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes.Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.
Rodribico é un paxaro moi especial, que, a través de cinco l ibros comeza a coñecer o mundo
Preséntanse os Bolechas nunha nova
colección, a Biblioteca Básica dos
Bolechas, de Pepe Carreiro. As cativas e
cativos descubrirán o mundo: como
nacemos, os animais... e sempre de
maneira divertida.
Andrea necesita regresar á sua
antiga casa. Aí vai vai atopar
un anel e escoitar unha voz que
sae dun espello: “ Por favor, non
chores”
Novela que conxuga o misterio
cun proceso de maduración da
protagonista.
Camuflados no ecosistema, mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir
enganando os seus depredadores e as súas presas.
Sabías que se a SOLLA se sitúa nun taboleiro de xadrez, na súa pel aparecen cadros brancos e negros?
( 7- 11 anos)
Bat Pat é un morcego escritor (amante dos pasteis de
mosquito). Como detective enfrontarase a meigas,
vampiros, mamuts e piratas. Nestas entretidas aventuras
acompáñano os irmáns Silver (Martin, o chapón; Rebecca, a amante dos animais, e Leo, o comellón); xuntos resolverán os misterios que veremos en
cada libro.
MOSTRA DE TRADICIÓN ORAL
“Numba e Amadou deixaron á súa nai e corricaron ata onde os homes estaban a discutir. Nunca tiñan a oportunidade de asistir a un consello dos guerreiros do clan. (...)—O fume, como os tambores de guerra, só traen fame —sentenciou Mkebe con solemnidade.—E que imos facer, fuxir outra vez? —preguntou un home poñendo en dúbida ...”
SECUNDARIA
As meigas de LupaTres curmáns van pasar unhas trepidantes e “enmeigantes” vacacións coa súa avoa Berta e unhas
estrañas amigas en Santa Cruz de Rivadulla. Nas
covas do Pico Sacro perigará a vida dalgún dos rapaces.
Un clásico da literatura universal para que os
lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de
Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe.
Jules Verne
Miguel Strogoff
“Aquela fenda abriu un abismo insondábel do que emanou a Esencia Escura, unha pútrida e pestilente
substancia que deu forma á máis terrible das critaturas,
un ser o que ninguén osou pórlle nome, pero que todos
coñeceron como o Morador da Fenda”.
O CLAN DO OSO DAS CAVERNAS
Fahrenheit 451 ofrece a historia dun sombrío e terrible futuro. Montag, o protagonista, pertence a unha brigada de bomberos coa misión, de queimar libros. Porque no país de Montag está terminantemente prohibido ler. Ler obriga a pensar, impide ser, inocentemente, feliz, e no país de Montag prohíbese ler e hai que ser feliz ...
Ayla,unha nena Cro-Magnon de cinco anos queda soa no mundo
tras un terremoto que fai desaparecer a súa tribo.Atacada por un león das cavernas, un
grupo de neanderthalenses
rescátaa dunha morte segura.
HUMOR GRÁFICO
Un libro coas olladas dos humoristas gráficos galegos sobre a situación do noso agro. Esta é, basicamente,unha homenaxe de humoristas (como Xaquín Marín, Siro, Armando Salas, Gogue ou Kiko da Silva ...) aos homes e mulleres do agro.
BANDA DESEÑADA
A historia dunha moza aventureira Un grupo de seres humanos que se
axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos se
aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio.
Nun contexto apocalíptico no que o mundo, a piques de ser destruído, está dominado pola desorde e o caos, transcorren as últimas horas de vida dunha parella que se refuxia nunha imprenta.Anxo debuxa arreo para que se algún día atopan as súas creacións s e e n t e n d a o q u e a c o n t e c e u , convencido de que a única arte do futuro será o cómic; mentres, María non se resigna a morrer.
Ardalén
MENSAXES
Libro-disco, con CD e DVD no que viaxan unha chea de artistas Uxía,
Sérgio Tannus, Magín Blanco, e moitas amigas e amigos...
Canta co seu karaoke!!!
Malvela
O aghinaldo
Dez bicos, Cancións para
aprender a andar pola rúa nos pasos de peóns, para comer con
sentidiño ou para gozar da primavera e o
resto das estacións do
ano.
MÚSICA
O novo disco de Dios Ke Te Crew,
formado por Mou, Jamas, Garcia e Dj
Murdock, “Humanose” componse de trece
temas. Neles vese unha autocrítica á nosa
existencia como especie. Músicas repletas
de varios estilos como o rock, funk, jazz ou
arranxos electrónicos.
Débese destacar o traballo visual dos
artistas urbanos Liqen e Sekone.
Escoita “ Todo dá voltas”