RESUMO DO TEMA 12. A EUROPA DO BARROCO 11.1 A crise do ... · A crise económica xeral e o...
Transcript of RESUMO DO TEMA 12. A EUROPA DO BARROCO 11.1 A crise do ... · A crise económica xeral e o...
RESUMO DO TEMA 12. A EUROPA DO BARROCO
11.1 A crise do XVII
O século XVII foi unha época de crise para Europa, aínda que non afectou a todos
os territorios por igual. Esta crise foi:
Demográfica, ao estancarse o crecemento da poboación polo efecto de
fames provocadas polas malas colleitas, pola destrución e perda de vidas a
consecuencia das guerras (sobre todo a dos Trinta Anos), e por mor das
epidemias (peste, tifo, cólera) que atacaron especialmente o sur de Europa.
Económica, pola ausencia de melloras na produción agraria, pola falta de
dinamismo das cidades (que mantiñan o sistema gremial do medievo) e pola
competencia no comercio internacional, onde Inglaterra e Holanda crearon
os seus propios imperios coloniais.
Social, ao se empobrecer a poboación polo efecto das guerras e do aumento
de impostos, polo que a sociedade foi axitada por revoltas urbanas e
campesiñas.
É un século no que o Imperio dos Austrias comeza a perder a súa posición
hexemónica en Europa, ao mesmo tempo que outros territorios (Inglaterra, os
Países Baixos) se reforzan, e Francia vaise convertendo na nova gran potencia
europea.
11.2 O declive dos Austrias Menores
O XVII correspóndese na Península co chamado goberno dos “Austrias Menores”
(Filipe III, Filipe IV e Carlos II), durante o cal se produce unha acusada crise
demográfica na que a poboación peninsular comezou a se estancar ou a descender.
Entre as causas deste proceso estarían: as sucesivas epidemias de peste, a
reiteración de malas colleitas que provocou unha crise de subsistencia, ou a
expulsión dos mouriscos entre 1609 e 1614, que fixo diminuír a poboación
dalgúns reinos hispanos nos que este grupo social representaba unha porcentaxe
relevante da poboación. Neste contexto, o interior da península sofreu un maior
Crise demográfica Crise económica na agricultura e nas cidades Crise social polo empobrecemento: revoltas Declive dos Austrias e ascenso de Inglaterra e Países Baixos Austrias Menores: FIlipe III Filipe IV Carlos II Grande crise na Monarquía Hispánica
decrecemento demográfico e iniciou un éxodo de poboación cara á periferia.
Se ben o século XVII caracterizouse por unha grave crise económica que afectou a
toda Europa, en España foi máis intensa pola súa coincidencia coa crise política e
fiscal da monarquía. Entre as causas máis destacadas desta crise estarían: as
consecuencias da custosa política imperial da monarquía; as sublevacións en
Cataluña e Portugal en 1640; a crise das actividades téxtiles, especialmente en
Castela; a diminución da chegada de metais preciosos de América, sobre todo
porque gran parte ía directamente a comerciantes estranxeiros ou destinábase a
pagar as débedas da monarquía e a expulsión dos mouriscos, que repercutiu
negativamente nas actividades agrícolas de Valencia e Aragón. Tampouco escapou
a crise o comercio ultramarino, á que contribuíron a agravar os ataques ingleses e
holandeses aos convois de barcos mercantes casteláns que viñan de América.
Todos estes factores darían lugar a unha forte crise na facenda real.
Progresivamente incrementouse a dependencia excesiva dos empréstitos de banca
estranxeira e a emisión de débeda pública. Así mesmo, a política monetaria errada
dos primeiros “Austrias menores”, baseada na acuñación de moeda de menor valor
(o vellón), agravou a inflación.
A situación agravábase coa mentalidade dos grupos privilexiados, caracterizada
polo desprezo por calquera actividade produtiva o que contribuíu ao atraso
económico da España do século XVII. Neste contexto apareceron abundantes
escritos nos que os seus autores, coñecidos como arbitristas, propoñían diversas
alternativas para mellorar a economía.
Na segunda metade do século XVII a crise foi progresivamente remitindo, aínda
que a situación non era a mesma para os diferentes territorios da monarquía. As
áreas atlántica e cantábrica víronse menos afectadas na crise alimenticia grazas á
introdución de dous cultivos procedentes de América, o millo e a pataca. Cataluña
e Valencia comezaron a recuperarse a mediados de século, e a finais, xa se observa
un claro aumento da agricultura, gandaría e comercio. Pola contra, en Castela non
se observa recuperación ata as últimas décadas do século.
Crise política e fiscal Sublevacións catalana e portuguesa A expulsión dos mouriscos A facenda real A mentalidade dos privilexiados: o desprezo do traballo Diferencias por áreas territoriais
A crise económica xeral e o esgotamento dos recursos fixeron que a Monarquía
hispánica perdese, a partir do século XVII, o seu papel hexemónico en Europa,
pero non impediron que se desenvolvese o Século de Ouro no mundo da cultura.
11.3 O reinado de Filipe III (1598-1621): o inicio dos validos
A crise anteriormente mencionada percibiuse con claridade no Imperio
español do século XVII, dirixido polos Austrias (os reis Filipe III, Filipe IV
e Carlos II) e os seus validos. Eran estes postos de confianza que exercían
na práctica as tarefas de goberno no nome dos reis. O duque de Lerma foi o
principal valido de Filipe III, quen tivo que afrontar os seguintes problemas:
O conflito con Flandres. O anterior monarca, Filipe II deixara estes
territorios á súa filla Isabel Clara Uxía e o seu marido o arquiduque Alberte
de Austria, mais se estes non tiñan fillos (como aconteceu) a soberanía
volvería á monarquía hispánica. Estos gobernantes asinaron en 1609 a
Tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas, que representaba a
independencia na práctica destas.
A Guerra dos Trinta Anos. Filipe III tentou extender a súa política
pacifista, mais en 1618 comezou en Europa central a Guerra dos Trinta Anos
(1618-1648), na que interviñan a maior parte das potencias europeas, e na
que apoiou o emperador de Austria, Fernando II, contra Federico V.
A mala marcha da economía. A entrada de ingleses e holandeses no
comercio internacional debilitou as exportacións españolas, o que contribuíu
a unha menor actividade artesanal no interior do país. Isto veu acompañado
dunha mala etapa na agricultura e na gandaría españolas. Combinados estes
factores coa suba de impostos e o endebedamento dos monarcas para manter
os seus gastos, a situación acabou sendo catastrófica.
Conflitos internos. Os problemas económicos e os intentos de reforzar o
poder dos monarcas, restándolle autonomía aos reinos que tiñan baixo o seu
control, provocaron conflitos de importancia. Entre eles salienta a expulsión
dos mouriscos de 1609, ao desconfiar as autoridades de que non seguisen o
A perda de hexemonía Os validos como postos clave Lerma A cuestión de Flandres: a Tregua dos Doce Anos O conflito continental: A Guerra dos Trinta Anos A crise económica A expulsión dos mouriscos
catolicismo, levou ao despoboamento de zonas rurais (boa parte dos
mouriscos eran campesiños) e a importantes perdas na agricultura.
11.4 O reinado de Filipe IV (1621-1665; en Portugal, 1621-1640): a crise da
monarquía, o valido Olivares e as rebelións portuguesa e catalana
Filipe IV accedeu ao trono en 1621, e desde comezos do seu reinado o conde-
duque de Olivares asumiu o papel de valido do monarca. Esta etapa está
contextualizada nunha forte crise da Monarquía Hispánica.
Durante o valimento de Olivares emprendéronse importantes reformas co obxectivo
de mellorar a situación económica do Estado, reforzar o poder militar e
uniformizar política e administrativamente a aqueles territorios que gozaban de
amplas competencias e dereitos que foran respectados dende a Idade Media.
Neste camiño, coa intención de paliar o déficit crónico da Facenda, Olivares levou a
cabo unha reforma financeira e militar (planificada no “Gran Memorial”). Entre
as novas medidas estaría a Unión de Armas, coa que se crearía un exército
permanente sustentado por todos os reinos en función da súa poboación e da súa
riqueza. Estas reformas formaban parte dun plan máis amplo, orientado a repartir as
cargas entre todos os territorios do imperio e a suprimir as diferenzas forais e crear
unha estrutura de Estado centralizada. Porén, a súa aplicación fracasou, tanto
polas dificultades económicas como pola oposición a estes medidas.
Así mesmo, a progresiva crise da monarquía veríase agudizada pola agresiva
política exterior de Filipe IV, que reiniciaría o conflito coas Provincias Unidas
(tras a Tregua dos Doce Anos) e participaría na Guerra dos Trinta Anos. Ambas
guerras remataron en 1648 coa Paz de Westfalia, na que se recoñecía a
independencia definitiva de Holanda, impoñíase un novo sistema europeo de
Estados baseado na idea da soberanía territorial, en vez das pretensións imperiais
dunha monarquía universal á que aspiraban os Habsburgo, e secularizábase a
política (poñendo fin ás guerras de relixión). Non obstante, a guerra entre España
Filipe IV e o valimento de Olivares A centralización frustrada de Olivares A Unión de Armas Os conflitos exteriores: As Provincias Unidas e a Guerra dos Trinta Anos A Europa de Westfalia (1648)
e Francia continuaría até a Paz dos Pireneos (1659), na que Francia obtivo o norte
de Cataluña (o Rosellón e a Cerdaña) xunto a outras posesións europeas.
Ademais, na década de 1640 tiveron lugar dous importantes conflitos que deixarían á
monarquía sumida nunha profunda crise: o enfrontamento con Cataluña e a
rebelión de Portugal.
En relación ao primeiro, fracasaron nos territorios cataláns os sucesivos intentos por
lograr a aprobación das Cortes do proxecto de Unión de Armas. O problema fiscal foi
transformándose nunha cuestión política e en 1640 prodúcese unha revolta (chamada
“Corpus de Sang”) que foi reprimida con dureza. Os sublevados buscaron o apoio
de Francia, que enviou tropas ao territorio catalán. Finalmente, a prolongación do
conflito e a forte represión deron lugar á rendición de Barcelona e á aceptación da
soberanía de Filipe IV.
Paralelamente, en 1640 produciuse outra rebelión en Portugal en contra do
proxecto de Unión de Armas. Neste contexto, a nobreza e a alta burguesía
promoveron a rebelión dirixida polo duque de Bragança, os intentos de Filipe IV por
recuperar Portugal fracasaron e este territorio acadou a súa independencia (1640).
As rebelións fixeron fracasar a política de Olivares, que se retirou do goberno en
1643. A monarquía quedou sumida nunha grave crise que, xunto coas derrotas
exteriores, supuxo a perda da hexemonía española en Europa.
11.5 Carlos II (1665-1700): o derradeiro dos Austrias
O declive final da dinastía dos Austrias chegaría con Carlos II, un rei que chegou ao
trono con tres anos, polo que este quedaría en mans dunha rexencia ata 1675.
Marcado por unha manifesta incapacidade física e psicolóxica, morreu no ano 1700
sen fillos, o que levaría a un enfrontamento polo control do Imperio español entre
os Austrias alemáns e os Borbóns franceses, que se saldaría coa guerra de Sucesión
e a chegada da dinastía dos Borbóns ao trono de España no século seguinte.
A Paz dos Pireneos: a perda do N de Cataluña A rebelión catalá: o Corpus de Sang Portugal, independente Carlos II: crise e incapacidade A Guerra de Sucesión: a chegada dos Borbóns
11.6 O absolutismo: o exemplo de Luís XVI
O absolutismo culmina o camiño xa iniciado polas monarquías autoritarias, levando
á concentración dun poder absoluto nas mans dunha única figura: o monarca. O
exemplo máis claro de rei absoluto foi o francés Luís XIV, chamado o “Rei Sol”,
pertencente á dinastía dos Borbóns.
As principais características do seu reinado e do modelo absolutista foron as
seguintes:
A consideración de que o poder tiña unha orixe divina e que lle fora
entregado ao monarca por Deus. Esta idea era promovida pola Igrexa
católica, á que Luís XIV controlou no interior de Francia ao mesmo tempo
que perseguiu os protestantes.
A concentración de poderes. O poder executivo, o lexislativo e o xudicial
están nas mans do monarca. A recadación de impostos obedecía aos seus
intereses e o exército debíalle lealdade. Os ministros eran nomeados e
destituídos polo rei e necesitaban contar coa súa aprobación para a toma de
calquera decisión de importancia.
O sometemento da nobreza á figura do monarca. Para isto, repartiu de
forma directa os cargos de importancia e converteu nun ritual a vida cortesá,
dotándoa dunha grande relevancia e facéndoa transcorrer nun lugar concreto:
o palacio de Versalles.
Vinculado á construción do palacio de Versalles está o emprego da arte
como ferramenta propagandística. O mundo cultural quedou sometido á
vontade do monarca, que lles quitou autonomía ás universidades.
Un aumento da centralización política. Luís XIV fixo que as súas leis se
aplicasen a todo o territorio de Francia da mesma forma, ao igual que o pago
de impostos. Reduciu o poder das institucións locais e creou o posto dos
intendentes, funcionarios leais ao rei encargados de facer cumprir as súas
políticas nas provincias.
O absolutismo: o exemplo de Luís XIV Dereito divino O poder, en mans do monarca A nobreza controlada en Versalles Arte e propaganda A centralización
Un aumento do tamaño dos exércitos e unha política exterior agresiva.
Para consolidaren o seu poder, os Borbóns consideraron necesario reforzar o
dominio de Francia, e convertela na potencia hexemónica de Europa. Isto
levounos a enfrontamentos cos Austrias e á busca de territorios de ultramar
cos que crear un imperio colonial.
O control da economía. O modelo absolutista supuña elevados gastos no
mantemento dos exércitos e da vida cortesá de Versalles. Para afrontalos,
Luís XIV confiou no seu ministro Jean Baptiste Colbert. Este, baixo os
principios do mercantilismo, buscou que Francia tivese unha balanza
comercial positiva entre exportacións e importacións. Para isto:
–Propuxo aranceis(impostos que gravan a entrada de produtos estranxeiros).
–Fundou manufacturas reais, dedicadas a produtos de luxo (sedas, perfumes,
louzas, tapices etc.) e vixiadas estritamente polo Estado.
–Creou compañías comerciais privilexiadas, que gozaban de monopolios no
comercio con territorios de Asia e América.
A política exterior de Luís XIV colocou, durante algún tempo, Francia no primeiro
plano de Europa e a el mesmo como árbitro dos conflitos internacionais. Con todo,
ao final do seu reinado deixou Francia nunha situación difícil e os seus sucesores
(Luís XV e Luís XVI) non a souberon cambiar. Á morte de Luís XIV, en 1715, outra
potencia europea era a que comezaba a impoñerse: Inglaterra.
11.7 As potencias emerxentes: Inglaterra e as Provincias Unidas
A crise do XVII non afectou por igual a todo o continente, e dúas potencias mesmo
saíron del reforzadas: Inglaterra e as Provincias Unidas.
En Inglaterra, Xacobe I, o primeiro monarca inglés da dinastía Estuardo, unificou a
coroa de Escocia de Inglaterra ao suceder á súa tía Isabel I Tudor. Xacobe decidiu
apoiar os protestantes fronte aos católicos e mantivo un goberno absolutista ata a súa
morte en 1625. Sen embargo, o seu sucesor, o seu fillo Carlos I, tivo a forte
oposición do Parlamento, dominado por nobreza e burguesía, que se opoñía ao seu
absolutismo e autoritarismo. A tensión chegou ata a guerra civil, na que Carlos I
O poder militar A economía de Colbert: o mercantilismo Francia, principal potencia europea A revolución inglesa
perdeu ante o exército parlamentario liderado por Oliver Cromwell, polo que foi
executado tras ser acusado de alta traizón en 1649. O seguinte goberno -o chamado
réxime republicano – estivo liderado por Cromwell, que se nomeou Lord Protector.
Tras a súa morte restaurouse a monarquía na figura de Carlos II, mais este tivo que
afrontar novas diferencias co Parlamento.
A Revolución Gloriosa derrocou en 1688 a Xacobe II, o derradeiro monarca
católico, e puxo no poder a Guillerme III de Orange, da casa de Orange, quen
estaba casado con María II de Inglaterra (filla protestante de Xacobe II, que polo
tanto era o sogro de Guillerme) e era ademais estatúder (capitán xeral) das Provincias
Unidas. Este, apoiado polo Parlamento, aprobou unha Declaración de Dereitos en
1689 que limitaba os poderes do Rei (que xa non podía aprobar leis ou impostos sen
permiso parlamentario) o que estableceu un sistema de monarquía parlamentaria e
impediu a evolución cara un sistema absolutista.
Pola súa parte, as Provincias Unidas (Frisia, Groninga, Güeldres, Holanda,
Overijssel, Utrecht e Zelandia), agrupadas desde 1579 na Unión de Utrecht, libraron
unha longa guerra contra España para acadar a súa independencia, que foi
definitiva a partir de 1648 co final da Guerra dos 80 Anos. Acadaron unha grande
expansión comercial que converteu o país nun dos principais intermediarios do
comercio marítimo mundial. O século XVII é considerada a época dourada dos
Países Baixos, que fundaron dúas grandes compañías, a Compañía Holandesa das
Indias Orientais e a Compañía Holandesa das Indias Occidentais, para atender o
comercio asiático e americano, respetivamente. Conquistaron un vasto imperio
colonial e Holanda converteuse nunha das rexións máis ricas e urbanizadas do
mundo.
Este crecemento comercial e urbano propiciou o ascenso dunha rica burguesía,
conformadas por mercaderes ou banqueiros. As cidades neerlandesas, entre as que
salienta Ámsterdam, contaban cunha grande autonomía por medio da cal escollían o
seu burgomestre e os seus maxistrados. Tamén cada unha das Provincias, que
contaban cos seus propios Parlamentos dirixidos pola burguesía, tiñan un grande
autogoberno. As provincias asociáronse para formar unha república parlamentaria.
Os Estados Xerais foron a principal institución federal, onde participaban os
representantes de cada provincia. O Gran Estatúder controlaba o exército e o Gran
A ditadura de Cromwell A restauración da monarquía A Revolución Gloriosa (1688): o parlamentarismo e a casa de Orange As Provincias Unidas: independencia e comercio ultramariño A burguesía neerlandesa: o exemplo de Ámsterdam A república parlamentaria
Pensionario a administración.
11.8 A Revolución Científica
Na Idade Moderna prodúcese o nacemento da ciencia moderna, que abandona o
emprego da metafísica para facer uso dos datos fornecidos pola experiencia
sensible e mais das linguaxes formais da lóxica e das matemáticas. Pódese
considerar que esta revolución comeza no século XVI, coa negación que fai
Copérnico do xeocentrismo, é dicir, da crenza de que a Terra era o centro do
Universo. Con isto púñase en cuestión o pensamento teocéntricoe baseado na
relixión, ata entón predominante.
O pensamento de Copérnico serviu de base para os estudos de astronomía de
Kepler e Galileo no século XVII, que terminaron por desterrar o xeocentrismo.
Estes científicos foron influencias basilares para Isaac Newton quen, xunto á
formulación da lei de gravitación universal, achegou dous principios fundamentais
para a revolución científica:
A consideración de que a razón pode discernir con certeza a realidade.
A idea de que as matemáticas son a linguaxe científica por excelencia e
que o ser humano e o mundo que o rodea pode ser comprendido e expresado
en termos matemáticos. Newton expuxo que a ciencia era o vehículo para
explicar e entender todo a través da razón e que o que a ciencia non puidera
explicar en termos lóxicos e matemáticos sería superstición. Isto conectaba
con dúas correntes filosóficas aparecidas nesta época, o racionalismo e o
empirismo, cuxos debates xiraban ao redor do emprego da razón e das
posibilidades de obter certezas absolutas.
O racionalismo consideraba que o pensamento dedutivo era a base do
coñecemento. O seu principal representante foi René Descartes.
O empirismo consideraba que a experiencia era a base do coñecemento. O
seu principal expoñente era Francis Bacon. Esta combinación de factores
conduciu á aparición do método científico, que segue vixente na actualidade.
Este método baséase na formulación dunha hipótese, a súa comprobación,
mediante a observación e a experimentación, e a confirmación da hipótese, o
A experiencia na ciencia moderna Kepler e Galileo Newton O racionalismo O empirismo
seu rexeitamento ou a súa reformulación en función dos resultados obtidos.
As novas ideas atraeron a gran cantidade de seguidores e motivaron a aparición de
laboratorios privados, nos que realizar experimentos e observacións, e de faladoiros,
nos que intercambiar ideas. Algunhas universidades participaron das novas ideas,
aínda que bastantes se mostraron ancoradas no pasado. Isto levou á aparición de
novas institucións dedicadas a promover a investigación e difundir os
descubrimentos. Cóntanse entre elas a Academia do Cimento de Florencia, a
Royal Society of London e a Academia de Ciencias de París, nas que os seus
membros se reunían para o intercambio de coñecementos e a realización de
experimentos e que editaban publicacións científicas.
11.9 O Barroco e o Século de Ouro
A arte barroca desenvolveuse entre os séculos XVII e XVIII, tendo o seu centro
na Roma do papado. É unha arte cun gran compoñente propagandístico,
consecuencia do enfrontamento entre católicos e protestantes. No bando católico,
foron o papado e os monarcas os principais inversores en arte e, no bando
protestante, os burgueses. Nos países católicos, a relixión estivo moi presente nos
temas escollidos polos artistas. Nos países protestantes, a arte asumiu temáticas
relacionadas coa burguesía e o éxito económico.
Foi tamén centro destacado do barroco a corte da dinastía dos Austrias. Pese a ser
un momento de declive para a monarquía hispánica, esta época é denominada
Século de Ouro pola abundante produción cultural e artística da Península. Xunto
ás manifestacións en arquitectura, pintura e escultura, é unha época de esplendor
literario, entre outros, atopamos a Cervantes na novela, a Lope de Vega no teatro, a
Góngora e Quevedo na poesía etc.
No Barroco, aspírase a unha interrelación das obras de arte. Así, a arquitectura
serve de marco para a escultura e a pintura, nun conxunto denominado teatro
sagrado. A busca da impresión dos espectadores levou á reinterpretación de
elementos clásicos: a liña curva entrou nas plantas dos edificios, os muros asumiron
formas cóncavas e convexas, gozando de contrastes de luz pola presenza neles de
entrantes e saíntes. Apareceron novos elementos de gran dinamismo, como as
columnas salomónicas. A decoración foi abundante e empregáronse, nos lugares que
As Academias O Barroco como arte da propaganda relixiosa Temas católicos e temas protestantes Século de Ouro: esplendor cultural no declive económico e social A arquitectura barroco: liñas curvas, contrastes de luz, dinamismo, ornamentación…
foi posible (Roma, Santiago de Compostela), materiais ricos tales como o mármore
ou o granito.
Xunto a igrexas e palacios, o modo de demostrar o poder dos gobernantes foi
mediante grandes plans urbanísticos. Así, apareceron grandes prazas (un aspecto
típico do Barroco español foi a construción de prazas maiores) e xardíns, longas
avenidas e elementos decorativos tales como estatuas, fontes e obeliscos. Entre os
artistas destacados atopamos en Italia a Gian Lorenzo Bernini, en España aos irmáns
Churriguera e en Galiza a Fernando Casas Nóvoa.
As temáticas escollidas pola pintura barroca son moi diversas, atopamos escenas
relixiosas, mitolóxicas, retratos, paisaxes, bodegóns etc. Hai unha grande aspiración
realista, de representación fiel do individuo. Para isto, os artistas procuraron
representar fielmente o movemento e a linguaxe xestual, xunto coa expresividade dos
rostros; o obxectivo é que os espectadores poidan captar os sentimentos e
pensamentos superficiais dos retratados. Hai un grande estudo da luz e da cor,
destacando artistas como Caravaggio co emprego de técnicas tales como o
tenebrismo. Entre os artistas europeos destacados atopamos tamén a Rembrandt e
Rubens. En España brilla especialmente Velázquez, acompañado de Ribera,
Zurbarán e Murillo.
Ao igual que no caso da pintura, a temática na escultura é variada. Atopamos
retratos, temáticas relixiosas, mitolóxicas, funerarias etc. Os materiais empregados
dependen do lugar, hai mármore en Italia, granito en Galiza e madeira no resto de
España. O realismo é perseguido coa mesma énfase que na pintura: búscase
representar tanto os trazos físicos como a personalidade dos representados. Hai un
grande estudo do movemento, que se procura representar a través da teatralidade dos
xestos e das posturas, así como a través do contraste entre luces e sombras. Moitas
das pezas están pensadas para seren vistas desde un único ángulo, pertencendo a un
conxunto máis amplo dentro dun espazo arquitectónico (teatro sagrado).
En España empregouse policromía sobre as tallas de madeira para dotalas dun efecto
máis realista. Nelas predominan as escenas tráxicas e relacionadas coa paixón.
Entre os escultores máis importantes da época atopamos a Gian Lorenzo Bernini en
O urbanismo barroco A pintura: diversidade temática e estilística Caravaggio: o tenebrismo Velázquez A escultura: o movemento e a teatralidade Bernini
Italia e, en España, a Gregorio Fernández e Juan Martínez Montañés.
11.10 Galiza e a Idade Moderna
Durante os séculos XVI e XVII existen no noso país, desde un punto de vista
económico e social, tanto transformacións como continuidades con respecto aos
séculos precedentes.
Aínda que a nobreza galega saíra fortalecida das revoltas irmandiñas (1431-1469), o
centralismo iniciado desde o período dos Reis Católicos impúxose en terras galegas,
integrándose o territorio nas institucións da monarquía hispánica. A nivel político,
Galiza converteuse nun reino máis da coroa de Castela. Malia que conservou
unha institución propia, as Xuntas do Reino, creadas en 1528 e que estaban
formadas por representantes das sete provincias existentes na Galiza do século XVI
(Tui, Santiago, A Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo e Ourense), Galiza careceu
de calquera autonomía no conxunto da monarquía hispánica. A xustiza dependía
da Real Audiencia, institución que reforzaba o poder xudicial dos monarcas fronte
ao da nobreza, e un representante da coroa encargábase de presidir tanto as Xuntas
como a Real Audiencia: o Gobernador Capitán Xeneral.
Desde o punto de vista da agricultura persistiu en Galiza un forte atraso
tecnolóxico e, se ben ten lugar un aumento do espazo cultivado e a difusión do
millo e da pataca (que conseguiría mitigar en parte a forte crise demográfica que
afectaba a toda a península), apenas se modificaron os medios de explotación da
terra. En calquera caso, a precaria situación económica dos labregos lévaos a realizar
outras tarefas complementarias ás agrarias, que teñen lugar na súas propias casas,
coma o fiado de liño; ou ben emigrar a Castela, Portugal ou mesmo a América por
un tempo curto ou definitivo.
En relación á estrutura da sociedade galega nos séculos XVI e XVII centrábase na
terra: dunha parte estaban os perceptores de rendas señoriais (tanto laicos como
eclesiásticos), e doutra estaban os labregos, que as traballaban baixo diversas
formas de cesión, sendo a máis estendida desde o século XVI o foro. Este sistema de
explotación provocou que as clases dominantes de Galiza se configurasen como
O centralismo dos Reis Católicos: a subordinación a Castela O atraso tecnolóxico fronte á difusión do millo e a pataca Os foros
unha sociedade de rendeiros, entre as que destaca polo seu número a fidalguía
rural. A partir do século XVI foi emerxendo unha fidalguía formada por segundóns
da nobreza, que acadaría un gran poder económico e social como intermediaria no
cobro das rendas, acaparando os foros.
Á marxe desta división social de base foral, existían outros grupos sociais non
privilexiados, como era o caso dos artesáns urbanos, os comerciantes e os
mariñeiros. No tocante a estes últimos, a pesca constituíu unha das actividades
económicas máis importantes na Galiza do litoral. Arredor dos portos iríanse
consolidando numerosas actividades artesanais (cestería, confección de redes, etc.) e
de construción naval. Así, na Galiza costeira, a exigua produción dos minifundios
vese aliviada polo traballo no mar, que en todo caso tampouco permite superar o
nivel de subsistencia para a meirande parte dos mariñeiros, debido a problemas
análogos aos da agricultura (de feito, as innovacións relevantes a nivel técnico e
organizativo no terreo da pesca chegan cos emprendedores cataláns no S XVIII, coa
introdución da arte do arrastre e as fábricas de salgadura), se ben é certo que os
gremios de mareantes, coma no caso de Pontevedra, chegaron a ter relevancia
económica dentro da súa comunidade.
Portos coma os de Pontevedra, Baiona, Vigo ou A Coruña comerciaban con
outras cidades costeiras coma Bilbao, Lisboa, Porto ou Amberes, exportando viños,
sardiñas, polbos, pescadas ou castañas, e importando cereais, aceite ou sal, que
proviña fundamentalmente da cidade lusa de Aveiro e era unha mercadoría básica,
xa que permitía a conservación do peixe. Porén, a monarquía española decretou o
feche dos portos galegos ao comercio con América coa intención de non
rivalizaren con Sevilla, e non será ata 1765 que permita ao porto da Coruña abrirse
ao comercio americano.
No terreo cultural, o Barroco vai supor unha das etapas de maior esplendor
artístico en Galiza, destacando o desenvolvemento da arquitectura en Santiago de
Compostela, foco do barroco galego, e especialmente a fachada do Obradoiro
(Fernando de Casas e Nóvoa).
O papel da fidalguía O comercio portuario Esplendor artístico: o barroco galego
Esta arte empregou con gran mestría o granito, así, atopamos múltiples elementos
decorativos labrados na pedra e tamén se aproveitou para crear interesantes xogos de
luz. No século XVIII aparece o chamado barroco de placas, que emprega grandes
elementos xeométricos de granito (placas, cilindros) para incrementar a sensación
monumental e de claroscuro nas fachadas. Xunto coa arquitectura relixiosa, os
fidalgos constrúen ou remodelan os seus pazos conforme ao estilo barroco.
O barroco de placas
OS AUSTRIAS MENORES: PRINCIPAIS CONFLITOS
Filipe III (1598-1621)
1604 Paz con Inglaterra
1609 Tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas
1609 Expulsión dos mouriscos
1618 Comezo da Guerra dos Trinta Anos
Filipe IV (1621-1665)
1621 Reanudación da Guerra coas Provincias Unidas
1635 Guerra con Francia
1640 Rebelión de Cataluña
1640 Rebelión e independencia de Portugal
1648 Paz de Westfalia: fin da Guerra dos Trinta Anos
e independencia de Holanda
1659 Paz dos Pireneos con Francia
Carlos II (1665-1700)
1665-1675 Rexencia de Mariana de Austria (minoría
de idade do rei)
1667-1678 Guerra de Devolución contra Francia
1683-1686 Guerra das Reunións contra Francia
1700 Morte sen descendencia (Guerra de Sucesión)
Para repasar
1. Personaxes históricos chave
a. Filipe III
b. O duque de Lerma
c. Filipe IV
d. O conde-duque de Olivares
e. Carlos II
f. Cromwell
g. Luís XVI de Francia
h. Kepler
i. Galileo Galilei
j. Newton
k. Descartes
l. Bernini
m. Caravaggio
n. Velázquez
o. Fernando de Casas e Nóvoa
2. Termos chave
a. Valido
b. Unión de Armas
c. Sistema gremial
d. Fidalguía
3. Conceptos relevantes
a. Absolutismo
b. Parlamentarismo
c. Mercantilismo
d. Barroco
e. Provincias Unidas
f. Revolución científica
g. Racionalismo
h. Empirismo
i. Foro
j. Xuntas do Reino
4. Acontecementos
a. Expulsión dos mouriscos (1609)
b. Tregua dos Doce Anos (1609-1621)
c. Guerra dos Trinta Anos (1618-1648)
d. Revolta de Cataluña (1640)
e. Revolta de Portugal (1640)
f. Revolución inglesa (1642-1688)
g. Paz de Westfalia (1648)
h. Paz dos Pireneos (1659)
i. Revolución Gloriosa (1688)