Restauración e conservación dunha obra pictórica

75
RESTAURACIÓN&CONSERVACIÓN

Transcript of Restauración e conservación dunha obra pictórica

Page 1: Restauración e conservación dunha obra pictórica

RESTAURACIÓN&CONSERVACIÓN

Page 2: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Tratamento de restauración de

“Cabeza de cabalo”

Page 3: Restauración e conservación dunha obra pictórica

O primeiro que é necesario ter en conta cando temos que restaurar unha obra de

arte é que debemos realizar nela a mínima intervención posible que asegure a súa vida

no futuro e co máximo respecto, porque cada obra é única. Outra cousa moi

importante a considerar é que os tratamentos sempre deben ser reversibles e

que os materiais utilizados deberán ser compatibles cos da pintura orixinal.

Page 4: Restauración e conservación dunha obra pictórica

É necesario facer unha profunda observación

da pintura e o seu estado de conservación:

fixarnos no estado do soporte (lenzo, neste

caso), o estado do bastidor e a capa

pictórica.

Page 5: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Para iso, utilízanse diversos métodos, como a luz rasante que nos permite ver claramente as deformacións do soporte; os raios UV (para ver as capas superficiais da pintura como as vernices e o seu estado -se están

oxidadas ou non, o seu espesor...-); os raios infravermellos (para ver capas máis internas: debuxos preparatorios ....)

Page 6: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Raios UV:

A luz Ultravioleta revélanos o estado

superficial da pintura. Neste caso vese

claramente a zona na que durante unha

limpeza, aínda permanece a verniz oxidado.

Raios IR: A luz infravermella mostra en moitas ocasións os debuxos preparatorios que

subxacen debaixo da capa pictórica.

Detallada observación da pintura

Zona con

verniz

Zona xa

limpa

Page 7: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Así mesmo realízanse numerosos estudos analíticos

que nos permiten coñecer a obra en maior

profundidade co fin de determinar o tratamento

de restauración adecuado: cortes estratigráficos (a

través dos que podemos ver a estrutura da pintura

en estratos ou capas: soporte, preparación, capa

pictórica, verniz); microscopía óptica,

espectroscopía infravermella, microanálisis,

cromatografía de gases, espectrometría de masas

que nos posibilitan a identificación de pigmentos,

aglutinantes.

Page 8: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Corte estratigráfico

(100 aumentos)

Soporte

a. Preparación

b. Capa pictórica

c. Verniz

Page 9: Restauración e conservación dunha obra pictórica

En ocasións utilizamos reactivos que colorean a mostra

indicándonos que tipo de aglutinante presenta a preparación,

graso ou magro (normalmente é graxa cando a técnica

utilizada é ó óleo e magra ó temple.

cando por exemplo é ó

temple) .

Page 10: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Exemplos de luz rasante

Deformacións

por golpes

Page 11: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 12: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 13: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 14: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 15: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Todos os procesos de restauración están precedidos

por un estudo histórico-artístico da obra para

coñecer a súa orixe, a escola, o artista que o

executou (non sempre é posible identificalo) ...

Neste caso, descubrimos que a nosa pintura era

unha copia exacta dunha cabeza de cabalo

realizada anteriormente por Velázquez nun dos

seus retratos ecuestres.

Así mesmo, é necesario facer un estudo detallado

dos danos que presenta e o tratamento que imos

seguir.

Page 16: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Estudio histórico- artístico

Page 17: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Obra a restaurar

Detalle da obra de

Velázquez

Page 18: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Estado do bastidor: hai que ver o tipo de unión, se presenta como neste caso

ataque de xilófagos (insectos que se alimentan da madeira). O bastidor estaba en

moi malas condicións, fora atacado por insectos, por este motivo decidimos

cambialo por outro novo.

Page 19: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Hai que fixarse tamén no estado do soporte: se presenta

rachaduras, rasgados, faltas de soporte, oxidacións polos

cravos, deformacións…

Page 20: Restauración e conservación dunha obra pictórica

...e como non, o estado da capa pictórica: se está desgastada,

se desapareceu formando lagoas, se presenta algún tipo de

alteración ou desprendemento.

Page 21: Restauración e conservación dunha obra pictórica

• Nesta zona había unha gran perda de

soporte que a facía demasiado fráxil, polo

que foi necesario, como veremos máis

adiante, reforzar o tecido orixinal

adherindo outra peza de tea á parte de atrás

despois da eliminación dos parches de

restauracións anteriores que perderan a súa

función.

Page 22: Restauración e conservación dunha obra pictórica

A parte inferior dá obra atopábase nun estado

pèsimo

Page 23: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 24: Restauración e conservación dunha obra pictórica

É importante deterse na observación da obra polo reverso para ver o seu estado:

podemos atopar ademais de firmas, inscricións que sirvan para documentar a

peza, parches (como neste caso) de intervencións anteriores que poidan perder a

súa eficacia ou mesmo estar a provocar danos na obra.

Un parche é un pedaciño

de tea deflecado polos

bordos que serve para

protexer polo reverso un

dano do soporte: un

rasgado.

Page 25: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Exemplos de parches noutra obra: ás veces os tratamentos de restauración

provocan danos nunha pintura, o colocar un parche sen deflecar, nunha

posición ou cun adhesivo inadecuados poden provocar que se marquen na

pintura polo anverso.

Page 26: Restauración e conservación dunha obra pictórica

En ocasións, no canto de parches colócanse de forma

perpendicular ao roto fíos adheridos.

Este é un exemplo de obra forrada, puxéraselle unha tea adherida por

detrás. Nas faltas de soporte que presentaba foron adheridos enxertos

polo anverso (ver próxima diapositiva) .

Page 27: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Exemplos de enxertos para liquidar a diferenza de nivel

entre a tea de forrado e a capa pictórica

Page 28: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Proceso de limpeza

Neste proceso, un dos máis delicados, temos que determinar o método máis adecuado de limpeza porque podemos

danar algunhas cores co uso de auga ou certos disolventes. Hai que ser moi cautos e facer probas de

limpeza empezando con disolventes suaves para despois ir aumentando a súa forza se vemos que non obtemos o

resultado esperado. É así mesmo moi importante saber que tipo de tea

presenta a obra, porque o tratamento de limpeza cambia totalmente se unha a tea é de algodón (absorbe moito a humidade, é moi higroscópica, polo que sofre moitos movementos se a pintura límpase con auga podendo

chegar a provocar danos na pintura) ou se é sintética (non lle afecta a humidade), se é de liño.

Page 29: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Proceso de limpeza

Probas de

disolventes

en distintas

cores

Page 30: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 31: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 32: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 33: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 34: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Finalmente decidimos adherir polo reverso

unha tea sintética (forrar a obra) na mesa

quente, tras decidir o tipo de adhesivo

adecuado. Con calor e presión (a través

dunhas bombas de succión faise o baleiro)

ambas as teas quedaron unidas

perfectamente.

Mesa quente de succión

Page 35: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 36: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Mesa quente de succión

Page 37: Restauración e conservación dunha obra pictórica

.Unha vez adheridas ambas teas, enchemos a diferenza de nivel entre os

enxertos e a capa pictórica con estuco, unha pasta realizada con

carbonato/sulfato (dependendo do que presente a preparación orixinal),

aglutinante (que pode ser natural ou sintético e un plastificante (mel)

para darlle flexibilidade

Page 38: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 39: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Ás veces se colorean para facilitar a reintegración cromática

e en ocasións dáselles textura.

Page 40: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 41: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Eliminación de pasmados

As zonas esbrancuxadas que presentan moitas veces as obras débense á microfisuración da verniz . Comunmente denomínanse pasmados. Na capa

de verniz produciríase o mesmo efecto que vemos nun cristal cando se fisura por un golpe.

Fórmase un veo esbrancuxado que non nos permite ver o que hai máis aló, é dicir, a pintura.

Para solucionalo debemos facer probas con diferentes disolventes ata que atopemos aquel

que abrande a capa de verniz e rexenéreo, o que lle vai a devolver a súa transparencia.

Page 42: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Pasmado

Page 43: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Cristal fisurado que

exemplifica o que podería

ser a microfisuración da

verniz (pasmado)

Page 44: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Ao aplicar o disolvente, a

verniz rexenérase e vólvese

transparente

Page 45: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 46: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 47: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 48: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Reintegración cromática

• É un dos últimos pasos antes do vernizado final. Consiste en encher con cor (acuarela e pigmentos á verniz, que son perfectamente reversibles) as zonas estucadas, para que a vista non se centre nas partes que presentan lagoas.

• A reintegración non debe ser discernible de lonxe, debe de haber unha homoxeneidade na obra para que poida comprenderse, aínda que sí de cerca, para distinguir ó orixinal da restauración. Moi importante: os restauradores non somos artistas, non podemos inventar nada.

Page 49: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Reintegración

cromática. Tres métodos dependendo

da necesidade da obra

Rigattino: liñas paralelas

Puntillismo: pequenos puntos

Tratteggio: liñas cruzadas

Page 50: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Vernizado (protección final). Pode facerse con spray, con

brocha dependendo sempre das características da obra, do

tipo de reintegración levada a cabo.

Page 51: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Antes e despois do proceso de

restauración

Page 52: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Outros exemplos de restauraciónsSobre cobre…

Page 53: Restauración e conservación dunha obra pictórica

E sobre madeira…

Page 54: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Máis exemplos…

Page 55: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 56: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 57: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 58: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 59: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 60: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 61: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 62: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 63: Restauración e conservación dunha obra pictórica

OBRADOIRO DE

RESTAURACIÓN DE PINTURA

DO MUSEO DO PRADO

Page 64: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 65: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 66: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 67: Restauración e conservación dunha obra pictórica
Page 68: Restauración e conservación dunha obra pictórica

O TRABALLO DO

RESTAURADOR NON SEMPRE

É FÁCIL…

Page 69: Restauración e conservación dunha obra pictórica

E NOS GUSTARÍA BOTAR A

CORRER

…CANDO CHEGAN

ALGUNHAS OBRAS

(SOBRE TODO

CONTEMPORÁNEAS)…

Page 70: Restauración e conservación dunha obra pictórica

MARCEL BROODTHAERS

Mexillóns!!!

Como se

restaura unha

casca de

mexillón??

Page 71: Restauración e conservación dunha obra pictórica

GIOVANNI ANSELMO

LEITUGA????

Page 72: Restauración e conservación dunha obra pictórica

JANINE ANTONI: Chocolate!!!!

Page 73: Restauración e conservación dunha obra pictórica

Autorretrato en chocolate exposto

a lamido e autorretrato en xabón

exposto a lavado

Page 74: Restauración e conservación dunha obra pictórica

PIERO MANZONI:

MERDA DE ARTISTA (30 gramos,

conservada ó natural, producida e enlatada…en maio do

1961…)

80.000-

100.000€…para os

interesados…

Tralala…algún voluntario

para restaurar isto???

Page 75: Restauración e conservación dunha obra pictórica