Resolucion Del Caso Práctico 1 Bis

22
Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández CASO PRÁCTICO 1 BIS CARACTERÍSTICAS DO CENTRO Trátase dun CEIP situado no interior de Galicia duns 4000 habitantes. Conta cunha soa liña por curso e con instalacións e infraestruturas suficientes a docencia. Hai un profesor de PT e un de apoio para cada etapa, 16 docentes para Educación Primaria e catro para Educación Infantil. CARACTERÍSTICAS DO GRUPO Trátase dun grupo de quinto curso de dezaoito discentes con nivel académico medio- baixo. Este ao incorpórase un alumno procedente doutra comunidade por traslado do seu pai cun nivel bastante baixo. No grupo hai unha nena cunha ACI por ter diversidade funcional cognitiva (Síndrome de Down). Hai tamén dous nenos con problemas de comportamento, en risco de exclusión, por proceder dunha familia desestruturada. Atendendo a estas características, deseña un modelo didáctico globalizado planificando a intervención específica para o grupo, contemplando as súas características a través dunha programación semanal que se levará a cabo na semana previa ao Nadal. ANTOACIÓNS Para realizar o práctico, seguide o modelo do práctico nº 1: método global Decroliano e as guías de atención á diversidade que xa se vos enviaron. 1

description

Caso práctico para oposiciones de primaria

Transcript of Resolucion Del Caso Práctico 1 Bis

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

CASO PRÁCTICO 1 BIS

CARACTERÍSTICAS DO CENTRO

Trátase dun CEIP situado no interior de Galicia duns 4000 habitantes. Conta cunha soa liña por curso e con instalacións e infraestruturas suficientes a docencia. Hai un profesor de PT e un de apoio para cada etapa, 16 docentes para Educación Primaria e catro para Educación Infantil.

CARACTERÍSTICAS DO GRUPO

Trátase dun grupo de quinto curso de dezaoito discentes con nivel académico medio- baixo. Este ao incorpórase un alumno procedente doutra comunidade por traslado do seu pai cun nivel bastante baixo. No grupo hai unha nena cunha ACI por ter diversidade funcional cognitiva (Síndrome de Down). Hai tamén dous nenos con problemas de comportamento, en risco de exclusión, por proceder dunha familia desestruturada.

Atendendo a estas características, deseña un modelo didáctico globalizado planificando a intervención específica para o grupo, contemplando as súas características a través dunha programación semanal que se levará a cabo na semana previa ao Nadal.

ANTOACIÓNS

Para realizar o práctico, seguide o modelo do práctico nº 1: método global Decroliano e as guías de atención á diversidade que xa se vos enviaron.

1

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

INTRODUCIÓN

1.1. FUNDAMENTACIÓN LEGAL

A lexislación é o soporte básico para garantir o desenvolvemento do proceso de E/A. Baseándome nunha estrutura piramidal analizarei este caso partindo da Lei Orgánica 8/2013 de 9 de decembro , para a mellora da calidade educativa que no seu artigo 18 fai referencia o carácter global e integrador da etapa.

Así mesmo e tendo en conta que a avaliación é un dos instrumentos de mellora da calidade do proceso, no artigo 20 destaca que será continua global e terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas.

No marco do segundo nivel de concreción curricular é mester destacar a relevancia que posúe a heteroxeneidade sociocultural da localidade no deseño dun Proxecto Educativo que sitúe á interculturalidade como un dos seus principios referenciais, así como o fortalecemento e protocolarización das vías de coordinación entre aquelas institucións que interveñen no ámbito da integración social e económica: servizos sociais, sanitarios, ONGs, etc. en harmonía co artigo 40 do D. 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza.

Neste centro aprecio unha coordinación entre o profesorado, o nivel académico do alumnado en medio-baixo polo que o traballo interdisciplinario buscará vías de coordinación e colaboración con outros docentes, é necesario mellorar as habilidades sociais. Tratase dun colexio que ten unha so aliña por nivel, polo que o coñecemento dos docentes favorecerá o traballo en equipo.

1.2. FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA

Desenvolverei este suposto desde un enfoque psicopedagóxico construtivista, segundo o cal as aprendizaxes vanse "construíndo" a través da actividade autónoma do discente. Xerar un modelo de ensino-aprendizaxe baseado na investigación e o descubrimento persoal, este modelo percíbese e levase a cabo como un proceso dinámico, participativo e interactivo. Este paradigma supón a culminación do proceso educativo co establecemento de relacións substantivas entre a nova información e os esquemas previos de coñecemento do alumnado, favorecendo a aparición dunha "aprendizaxe significativa" segundo a Teoría da Aprendizaxe de Ausubel.

Así mesmo, basearémonos nun enfoque interdisciplinar e competencial, posto que a consecución das competencias clave constitúe o fin último do ensino obrigatorio e o principal referente para o deseño do resto de elementos curriculares de carácter prescriptivo.

2

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

1.3. FUNDAMENTACIÓN EVOLUTIVA

Segundo Jean Piaget podemos establecer as seguintes características para o alumnado do segundo ciclo, no marco do estadio evolutivo das operacións concretas:

A nivel motor:

Consigue posturas equilibradas e estables Toman conciencia da globalidade do seu corpo e logran unha disociación segmentaria Organizan e estruturan espazo e tempo

A nivel cognitivo

Consolídanse as operacións lóxico-concretas. Desenvolvese a capacidade de síntese e abstracción. O pensamento é máis sistemático, ordenado e flexible.

A nivel afectivo-social

Comezan a sentir aspectos puberais Os grupos fanse mixtos Van aparecendo os intereses sexuis e desnvolvese o aspecto moral Os adultos son xulgados criticamente.

2. MODELO DIDÁCTICO

Para a elaboración deste caso práctico utilizarei como modelo referencial o método global de Decroly, así como determinadas fases e técnicas propias do método de traballo por proxectos de Kilpatrick.

A potencialidade destes métodos radica na súa capacidade para:

- Manter a motivación e o interese do alumnado nuns parámetros altos e constantes durante todo o proceso educativo.

- Adaptar o proceso educativo a idiosincrasia do alumnado, evitando a adaptación alienante dos educandos á unha escola inmutable ás necesidades cambiantes.

- Partir dos centros de interese do alumnado, dota ao proceso educativo dun dos principios psicopedagóxicos fundamentais: o de significatividade.

2.1. COMPETENCIAS CLAVE

Tal e como indica o Decreto 105/2014 de 4 de setembro polo que se establece el currículo na Comunidade Autónoma de Galicia, no seu preámbulo, tan enorme importancia ten a presenza no currículo das CC.BB. que o alumnado deberá desenvolvelas na educación primaria e completalas na educación secundaria obrigatoria. As competencias clave son

3

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego

No marco da proposta realizada pola Unión Europea identificáronse sete CC.Clave.: comunicación lingüística, Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, competencia dixital, aprender a aprender, competencias sociais y civicas, sentido da iniciativa e espíritu emprendedor, conciencia y expresiones culturales.

Expoñerei profusamente as catro competencias con maior grao de implicación no desenvolvemento desta unidade, no entanto contribúo ao desenvolvemento das sete como demostrarei no desenvolvemento das tarefas.

1. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA

Traballarase mediante:

• O debate e a posta en común de ideas.

• A adaptación da linguaxe a diferentes situacións, contextos e persoas.

• No coñecemento e cumprimento das normas sociais de relación e convivencia.

As tarefas vinculadas con esta competencia son:

• O glosario de termos

• A biblioteca de aula

• Exposición de conclusións

• Os mapas conceptuais

2. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL

Traballarase mediante:

• O uso das TICs como recurso esencial para informarse, aprender e comunicarse.

• Utilizando distintas fontes e sistemas de información gráfica e audiovisual.

• Manexo do correo electrónico e introdución ao manexo do blogue do grupo.

As tarefas vinculadas con esta competencia son:

• Manexo de software de atuor

• Busca de información no recuncho dixital

2. COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

Traballarase mediante:

4

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

• Os diálogos, debates, asembleas e nos procesos comunicativos nas súas diferentes modalidades, a través do respecto e a escoita aos compañeiros/as.

• Coa asunción de responsabilidades e encargos rotativos.

• Na resolución pacífica de conflitos.

As tarefas vinculadas con esta competencia son:

• A asemblea como órgano de xestión organizativa e curricular.

• Traballo cooperativo.

2. COMPETENCIA DE AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

Traballarase mediante:

• A resolución de conflitos e a toma de decisións.

• A través dos procesos de autovaliación, heteroavaliación e coavaliación.

• A identificación das características e limitacións propias e o respecto polas dos demais.

As tarefas vinculadas con esta competencia son:

• Encargado de tarefas específicas.

• Moderador/a da asemblea.

• Titoría de iguais

CONTIDOS

A medida dos versos campo léxico Produción de textos orais e escritos Lectura de cartas A expresión oral O universo As estrelas. Características mais relevantes Problemas con mais de dúas operacións Análise dunha páxina web Actitude asertiva ante as opinións dos compañeiros. Reelaboración da información obtida: conclusións, notas… Constatación e reflexión sobre a hixiene e a saúde

OBXECTIVOS

- Ler un texto narrativo con fluidez- Elaborar carteis para anunciar unha celebración

5

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

- Aprender a medir versos- Aprender a extraer información dun texto e sintetizalo- Comprender que son as estrelas e coñecer as súas características- Resolver problemas de mais de dúas operacións- Valorar e respectar a opinión dos demais compañeiros- Diferenciar alimento/ nutrición- Analizar e procurar información nunha páxina web

As sesións que vou describir pertencen a unidade didáctica 5, que leva por título “O Universo” e desenvolveranse na semana anterior as vacacións de Nadal.

TAREFAS: MÉTODO GLOBAL DECROLIANO

SESIÓN 1ª

En primeiro termo, contribuirei a xerar un clima afectivo-social positivo mediante un xogo de presentación denominado “Refráns”. De tal xeito que permita o alumnado coñecer o novo compañeiro.

Finalmente, realizarei unha avaliación inicial1, atendendo ao artigo 4 da Orde de 23 de novembro de 2007, coa finalidade de adecuar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria no seu proceso de aprendizaxe.

SESIÓN 2ª

En primeiro lugar, procederase á constitución da asemblea de aula. Elixirase democraticamente ao moderador/a e ao secretario/a, tendo en conta que estes papeis terán un carácter rotativo ao longo do curso

Despois, traballaremos a vertente expresiva da comunicación mediante unha exposición oral de cada discente sobre o Nadal.

Seguidamente, utilizaremos a técnica “brainstorming” para propiciar o conflito socio cognitivo que promova o interese e a motivación inicial, aínda que o tema do Nadal xa crea interese por si so. Será unha valiosa ferramenta avaliativa posto que nos permitirá comprobar os coñecementos previos do alumnado sobre ese tema, que anotarei nunha ficha de observación sistemática.

Seguidamente partindo do centro de interese que en este caso e o Nadal, levaremos a cabo unha webquest que terá por título “Alboroto Navideño”.

SESIÓN 3ª

Exporeilles en que vai consistir a webquest: Os mestres necesitan axuda. Teñen que asegurarse de que os nenos/as asimilaron os contidos propostos para a unidade didáctica globalizada “O Universo”.

6

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

Para iso decidiron partir da estrela de Belén e como está preto o Nadal, resultaría interesante coñecer algo da historia, tradición popular e a simboloxía do mesmo. A misión dos alumnos/as nesta webquest, consiste en demostrar que realmente asimilaron os contidos da unidade. Os seus mestres/as serán os alumnos/as de honor da aula, eles serán o último día os que desfruten coa exposición dos seus coñecementos.

Sesión 4ª.

Cada un dos grupos asignaráselle unha tarefa. Todos buscarán información e todos aportarán ideas.

Recomendaráselles que lean atentamente o que se lles pide a cada un, e cando o teñan claro empezarán a lectura dos recursos, lerán a información cantas veces lles sexa necesario ata entendela completamente.

Sesións 5

Dareille a cada grupo o tema sobre o que teñen que elaborar o documento final e a folla cos recursos onde procurar a información.

Grupo 1: Que é o Nadal?

A simboloxía do nadal (a árbore)

Os villancicos

Os adornos navideños

Grupo 2: Os Instrumentos musicais e o Nadal

A zanfoña

Pandereta

rabel

Outros instrumentos

Grupo 3: O nadal nos países do mundo

México

Holanda

Israel

Saúdos navideños nos distintos idiomas

7

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

Grupo 4: A alimentación no Nadal

Unha dieta equilibrada

Elaboración dun menú de Nadal

Calculo do costo do menú por persoa

Grupo 5: A simboloxía da estrela de Belén

As estrelas

A estrela de Belén. Lenda

Elaboración de mapas na antigüidade

Grupo 6: O consumismo no nadal.

Regalos feitos de material de refugallo

Regalos comprados

Elaborar un presuposto para catro persoas(decidir as idades, comparar prezos), un con regalos feitos de material de refugallo e outro con regalos comprados.

Sesión 6, 7, 8:

Deste xeito, realizarase un proxecto interdisciplinar, contribuíndo ao mesmo desde a área de Lingua e Literatura Galega no ámbito da prevención.

Primeiro contestaremos as seguintes preguntas, por grupos:

Que queremos ser? Nenos e nenas que informen aos profesores sobre o que sabemos do Nadal.

Que queremos facer? Un pasquín informativo sobre O Nadal. Que queremos saber? Como é o nadal no mundo.

Colgaremos nun mural estas tres cuestións, así como o resto da información que iremos analizando nas vindeiras sesións. Deste xeito, favorecemos a autonomía e iniciativa persoal dos discentes na autorregulación das súas propias aprendizaxes

Para resolver as preguntas suscitadas, o alumnado ten que procurar información. Decídese a buscar en fontes de información indirecta: xornais , revistas, internete e en fontes de información directa: concello, familia, etc.

8

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

Antes de comezar coa busca analizaremos conxuntamente co alumnado cada unha das fontes: Xornais dixitais, páxinas web, blogs, videos, etc.

Sesións 9

Realizarase unha saída complementaria ao Concello. Na concellería correspondente ensinarannos os actos previstos para as datas do Nadal.

Os grupos distribuiranse en tres equipos:

- O equipo de xornalistas

- O equipo de fotografía

- O equipo de deseño gráfico

Sesión 10

Seguimos coa análise do segundo medio de información indirecta, pero para iso trasladámonos á aula de informática:

Antes de comezar coa busca analizaremos conxuntamente co alumnado cada unha das fontes: Xornais dixitais, páxinas web, blogs, videos, etc.

Xornais dixitais: localizaremos as súas seccións, temas, hemeroteca e explicarei os textos informativos.

E realizaremos unha serie de actividades:

Localizar a sección internacional

Ler un texto informativo, identificar as súas partes e buscar no dicionario da RAE o vocabulario que descoñezan, apuntándoo nun glosario de termos individual.

Páxinas web, wikis e blogs: ensinareilles o xeito efectivo de facer buscas na internet. Ensinándolles a discernir entre información e banners.

Vídeos e música: como buscalos e onde, e como poden descargalos, para usalos na súa exposición, se fose necesario.

Páxinas de imaxes: Ensinareilles que tódalas imaxes que hai en Internet, non son de balde, non poden facer uso delas. Explicareilles a diferencia entre unha imaxe con copyright e unha creative commons.

Remataremos a sesión cunha posta en común

9

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

Sesións 11, 12, 13

Primeiro, deberán escoller entre un montón de xornais, revistas, etc., de anos anteriores . Deste xeito, traballamos un acontecemento do pasado desde unha perspectiva diacrónica, vendo como foi evolucionando no tempo a través das novas, contribuíndo ao desenvolvemento da competencia no coñecemento e interacción co mundo físico. Este traballo farano por parellas.

Intérnate no universo da rede e localiza a información solicitada, recóllea,. Esta recollida e análise será individual E coas achegas mais relevantes axudarei a cada grupo a que realice un mural

Sesións 14, 15, 16..

Xa por grupos. Elaborarán os seu material de apoio a exposición posterior, poderán utilizar distintas ferramentas como: powerpoint, excel, Prezi, word, gloster, etc. Debendo figurar:

Unha portada con ilustración orixinal

Un texto informativo sobre o tema en cuestión.

A bibliografía

Conclusións finais

Despois cubrirán unha ficha de heteroavaliación para avaliar o meu papel como guía no proceso de ensino/aprendizaxe.

Colgaremos os murais na aula.

Sesión 17, 18

Na ultima parte do mural, cada grupo debe responder á pregunta: “Que aprendemos?”

Despois, previa reflexión grupal, un voceiro de cada grupo exporá oralmente o proceso seguido o resto de alumnado e os mestres/ras que imparten docencia nesa aula, así como as conclusións ás que chegou o grupo.

Esta actividade é esencial como avaliación final.

Así mesmo cubrirán unhas fichas de coavaliación sobre as actitudes e valores amosados polos seus compañeiros/as durante a webquest e outra de autoavaliación para analizar individualmente o nivel competencial acadado.

10

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

METODOLOXÍA

Partirei dun enfoque interdisciplinar e competencial, xa que o fin último do ensino obrigatorio é a consecución das competencias básicas. Estas constitúense como o ámbito referencial por excelencia en todo proceso de planificación didáctica, que debe contemplar os seguintes principios psicopedagóxicos:

A funcionalidade das aprendizaxes, transferindo o aprendido a novas situacións. En coherencia coas achegas de Freinet e Rogers.

A multisensorialidade: apréndese mellor implicando máis sentidos e estilos de aprendizaxe, tal e como defenden Pestalozzi e Montessori.

A globalización: comezando por unha visión global da realidade para chegar a analizar as súas partes, como postula Decroly no seu método global.

Aprendizaxe en espiral: promovendo un tratamento dos contidos que permita ir aumentando progresivamente a súa complexidade. Jerome Bruner é o máximo expoñente deste precepto pedagóxico.

Partir da zona de desenvolvemento próximo: realizando unha avaliación inicial que nos permita planificar o proceso de ensino- aprendizaxe atendendo ao nivel académico de cada discente, seguindo a Vigotsky.

ORGANIZACIÓN DA AULA

Os discentes organízanse na aula en torno a mesas en equipo de tres membros. Estes equipos fórmanse con carácter heteroxéneo e, por suposto, mixtos.

Elaborarei grupos de tres membros, valorando as posibles compatibilidades e incompatibilidades entre compañeiros, alumnos e alumnas na medida do posible, procurar que o grupo que se cree represente na medida do posible o grupo clase e preguntar ao alumnado polas súas preferencias persoais e afinidades. Clasificarei os alumnos/as en tres categorías e asignareilles unha figura xeométrica

Círculo: alumnos/as capaces de axudar aos demais

Cadrado: resto de alumnos da clase

Triángulo: alumno/a que necesita axuda

11

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

A figura xeométrica é importante porque non conleva ningún xuízo de valor implícito. Unha vez repartidos entre as tres figuras colocareinos de xeito que en cada grupo haxa un alumno/a de cada grupo, co que conseguiremos en certo modo un “microgrupo clase” dentro do propio grupo clase

A aula organízase en diferentes espazos, estando sempre presentes o da biblioteca, o das TICs e o artístico. Habendo ademais, ao longo do curso, recunchos itinerantes que duran un proxecto.

O material distribúese de forma descentralizada, sendo asequible para os educandos, e coñecendo estes os criterios de uso, recollida e clasificación, de modo que se propicia a autonomía.

Os tempos organízanse de forma flexible, adaptándose aos ritmos e estilos de aprendizaxe. Na organización da aula contémplanse as necesidades de iluminación, temperatura, hixiene e seguridade.

RECURSOS MATERIAIS E HUMANOS

BIBLIOGRÁFICOS: Dicionarios, xornais, enciclopedias, contos, etc.

AUDIOVISUAIS: Cámaras de fotos e ordenadores.

ELECTRÓNICOS: Distintas páxinas web

RECURSOS ORGANIZATIVOS

ESPAZOS ( Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro)

- Aula de informática.

- Aula ordinaria.

AGRUPAMENTOS

- Actividades en gran grupo para lecturas e explicacións en gran grupo.

- Actividades por grupos de tres, a maior parte do tempo.

- Actividades individuais, esporadicamente.

RECURSOS HUMANOS

TITOR PT, AL, ORIENTADOR/A EQUIPO DIRECTIVO

12

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

RESTO DE PROFESORES QUE IMPARTEN ENSINANZA NO GRUPO FAMILIAS

AVALIACIÓN

CONCEPTO

“A avaliación é o conxunto de actuacións mediante as cales é posible axustar a axuda pedagóxica ás características e necesidades do alumnado e determinar se se cumpriron ou non, e ata que punto as intencións educativas que están na base de dita axuda pedagóxica”. CESAR COLL (1987).

A Orde de 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, indica no seu art. 20.1 que: “A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado será continua e global e terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas”.

OBXECTOS, TECNICAS E TEMPOS DE AVALIACION

Avaliación do alumnado

Desenvolverase atendendo ás seguintes técnicas:

Heteroavaliación do alumnado polo docente: inicial, continua- formativa, final.

Autoavaliación do alumnado: inicial (conflito sociocognitivo) e final.

Coavaliación do alumnado: na última sesión, para valorar as actitudes e valores dos compañeiros/as

Avaliación do docente

A avaliación do docente levarase a cabo a través de dúas técnicas:

Avaliación da práctica docente polo alumnado: realizarase na sesión 16.

Autoavaliación do docente: Ao final de cada clase anotarei no caderno de sesións os datos máis significativos de cara á mellora do proceso educativo e ao rematar a U.D. rexistrarei a miña actuación nunha folla sistematizada

Avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe

Avaliarei o grao de adecuación dos obxectivos, contidos, CC.BB. e criterios de avaliación, así como as aprendizaxes acadadas polo alumnado, as actitudes e valores as medidas de atención á diversidade, a organización na aula e o aproveitamento dos recursos.

13

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

Metaavaliación

É a investigación que trata de valorar a calidade da propia metodoloxía de avaliación empregada, a consecución ou non dos obxectivos, a eficacia dos instrumentos utilizados para tal fin e, polo tanto, o valor da súa aplicación.

PRODEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

A través do procedemento de observación directa, utilizarei os seguintes instrumentos: rexistro anecdótico, diario de clase, caderno do alumnado, entre outros.

Mediante o procedemento de observación indirecta, empregarei os instrumentos: rexistro de descritores e de actitudes e valores

Ademais analizarei as producións realizadas, neste caso o folleto informativo, realizarei probas específicas como a proba de avaliación inicial e probas orais como a exposición da última sesión da unidade.

Criterios de avaliación

- Lee un texto narrativo con fluidez- Elabora carteis para anunciar unha celebración- Aprende a medir versos- Aprende a extraer información dun texto e sintetizalo- Comprende que son as estrelas e coñecer as súas características- Resolve problemas de mais de dúas operacións- Valora e respectar a opinión dos demais compañeiros- Diferencia alimento/ nutrición- Aplica estratexias de aprendizaxe baseadas na construción de mapas conceptuais. - Procura, analizar e resumir información sobre a prevención dos incendios forestais

nunha guía informativa. - Valora e respecta as achegas dos compañeiros/as.

AVALIACION DAS CCBB MEDIANTE INDICADORES DE LOGRO

O novo paradigma lexislativo implica a necesidade de avaliar o grao de adquisición das CC.BB., tendo en conta que estas están constituídas por catro descritores ou indicadores de logro: contidos, habilidades, actitudes e valores, e estratexias de aprendizaxe. Unha mostra dos descritores para esta U.D. son:

- Participa de forma activa e construtiva no relato de experiencias. - Expresa cunha linguaxe e vocabulario axeitados as súas experiencias de forma oral e

escrita. - Asume e respecta as regras da asemblea

Sistema de avaliación para o alumnado con NEAE

14

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

A nena con síndrome de Down, será avaliada tomando como referencia os obxectivos e os criterios de avaliación establecidos na ACI.

Os discentes que precisan de reforzo educativo, é dicir, o neno que se incorpora dende outra comunidade e os dous nenos con problemas de comportamento, serán avaliados cos mesmos criterios que para o resto do grupo, aínda que isto non implica empregar modelos metodolóxicos e organizativos especias.

Sistema de recuperación e reforzo educativo

Ante un enfoque competencial como é o desta U.D. non é preciso a realización dunha proba concreta de recuperación dalgún dos descritores non superados. Debemos avaliar os nosos indicadores máis dunha vez ao longo de todo o curso en sucesivas UU.DD. Desta maneira estaremos realizando a recuperación de forma intrínseca dentro do propio proceso de avaliación continua.

ATENCIÓN A DIVERSIDADE

Debido necesidades educativas que precisa unha parte significativa do grupo- aula deste suposto, é preciso alicerzar a nosa praxe pedagóxica no D. 229/2011, de 7 de decembro. Segundo o artigo 32, presentan necesidades específicas de apoio educativo (en adiante, NEAE) a nena con Sindrome de Down. Seguindo a Orde de 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículo nas ensinanzas de réxime xeral os dous discentes con problemas de comportamento e o neno procedente de outra comunidade aplicaráselles unha medida ordinaria (reforzo educativo).

Resposta educativa para a nena con Síndrome de Down

Seguirei as directrices didácticas da ACI. A resposta educativa artellarase do seguinte modo:

A nivel curricular

Traballo por proxectos é unha medida de atención a diversidade por permitir adaptar a dificultade da tarefa a cada discente.

Materiais didácticos específicos , adaptados ao seu nivel de competencia curricular.

A nivel organizativo

A profesora de PT intervirá, dentro da aula, durante dúas horas á semana. Favorecerei a súa autonomía persoal elixíndoa como encargada da biblioteca. Potenciando o traballo cooperativo

Resposta educativa para os discentes con problemas de comportamento e o neno procedente de outra comunidade:

15

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

O Plan de Convivencia, integrado no Proxecto Educativo do Centro, e en estreita relación co Plan de Acción Titorial, contemplará os seguintes eixes organizativos e curriculares, fundamentais para un clima convivencial positivo:

COMPETENCIAS EMOCIONAIS E EDUCACIÓN EN VALORES ESTILO EDUCATIVO ASERTIVO (NORMAS, DIÁLOGO, AUTONOMÍA) ADAPTACIÓN NON SIGNIFICATIVA DO CURRÍCULO (DESMOTIVACIÓN)

- Dividir as tarefas en subtarefas - Proporcionarlles descansos periódicos - Reforzalos cando pasen dunha tarefa a outra

CONTRATOS DE CONDUTA

PLANS E PROXECTOS

PROXECTO LECTOR

Poténciase a adquisición do hábito lector mediante o uso da biblioteca de aula. A lectura de xornais cun carácter funcional e significativo, así como e creación de material informativo contribúen a este plan.

PROXECTO LINGÜÍSTICO

Terá unha pegada moi importante nas propostas didácticas que se fagan para mellorar a competencia comunicativa do alumnado en xeral e sobre todo do neno procedente de outra comunidade.

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TICs

A través do uso das TICs no desenvolvemento da Webquest..

PLAN DE CONVIVENCIA

A asemblea como órgano de xestión dos conflitos contribúe a unha mellor convivencia, así como o traballo cooperativo ao longo de toda a U.D. Por outra banda, o contrato condutual asinado polos nenos con con problemas de comportamento

PLAN DE ACCIÓN

Fóra do horario escolar terei unha xuntanza con nais e pais para motivalos a que contribúan de xeito activo na formación dos seus fillos/as e ofertándolles a miña plena colaboración. Desenvolverei unha actividade dentro do PAT. Trátase da dinámica de presentación: "refráns” que xa mencionei na primeira sesión..

PLAN DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

16

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

O método global decroliano e o traballo por proxectos configúranse como medios pedagóxicos innovadores para dar resposta ás necesidades educativas do alumnado do S.XXI., en clara sintonía coas recomendacións psicopedagóxicas da OCDE.

CONCLUSIÓN

Como poden observar a integración das CC.BB. no currículo implica unha reformulación na planificación nosa praxe educativa. A finalidade do proceso educativo é a consecución das sete competencias, polo tanto, o resto de elementos prescritivos deben planificarse tendo como centro as mesmas. Pero, ademais, o marco competencial esixe unha reformulación do proceso fomentando a utilización das aprendizaxes en diferentes contextos e valorando a educación emocional como factor decisivo nas relacións interpersoais de aula.

BIBIOGRAFIA

Bibliográficas

Marchesi, Coll e Palacios (1990): Necesidades Educativas Eapeciales y aprendizaje escolar. Madrid: Alianza Psicología.

CASTILLO, S.; CABRERIZO, J.; RUBIO ROLDÁN, M.J. (2007): Programación por competencias: formación y práctica. Madrid: Pearson Educación- Prentice Hall.

Lexislación

Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa

Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

Decreto 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza.

Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na Educación Primaria na Comunicade Autónoma de Galiza.

Orde do 20 de febreiro de 2004 de medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro.

Webgrafía

Xunta de Galicia: Portal educativo. Dispoñible en Web: <http://www.edu.xunta.es/>.

www.educared.com

www.educaweb.com

DINÁMICA DE GRUPO REFRÁNS

Obxectivo: Presentación e Animación

17

Suposto 1 bis- Concepción Fraga Fernández

Materiais: Tarxetas nas que previamente se escribiron fragmentos populares, e dicir, que cada refran se escribe en duas tarxetas, o comezo nunha delas e o seu complemento na outra. Desenvolvemento: Esta dinámica usase en combinación coa presentación por parellas. Repartense a tarxetas entre os asistentes e pídeselles que atopen a persoa que ten a outra parte do refran, deste xeito, vanse formando as parellas que intercambiarán a información a utilizar na presentación.

18