Regulamento proxecto fin de grao_comunicacion_audiovisual

13
Grao en Comunicación Audiovisual Regulamento do Traballo de Fin de Grao 1 REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL Aprobado pola Xunta de Facultade na xuntanza de de 6 de xulio de 2012 PREÁMBULO O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais dispón no capítulo III das Directrices para o deseño de títulos de Graduado, concretamente no artigo 12.3, que os ensinos do grao conclúan “coa elaboración e defensa dun traballo de fin de grao” (en diante TFG) orientado á avaliación de competencias asociadas ó título. Pola súa banda, as Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadas no Consello de Goberno de 5 de marzo de 2008) recollen no punto 3, referente á “Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de Grao”, que o TFG será obrigatorio e ofertado no oitavo semestre cun valor académico que oscilará entre os seis e os trinta ECTS. Ademais do anterior o Regulamento para a realización do Traballo de Fin de Grao (aprobado no Consello de Goberno do 14 de novembro de 2011) recolle no seu artigo 2.5 que será responsabilidade de cada centro desenvolver “unha normativa interna aprobada pola Xunta de Centro para adecualo ás características propias de cada un dos títulos oficiais”. Así mesmo a Memoria do Título de Grao en Comunicación Audiovisual, avaliado positivamente pola ANECA o 5 de maio de 2009 inclúe a elaboración e exposición do referido TFG por partes dos alumnos e alumnas do derradeiro curso do plano de estudos e dispón que o Centro aprobaría a referida a normativa interna para a súa xestión. En cumprimento de todo o anterior, elaborouse o presente regulamento.

Transcript of Regulamento proxecto fin de grao_comunicacion_audiovisual

Page 1: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 1

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO

EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

Aprobado pola Xunta de Facultade na xuntanza de de 6 de xulio de 2012

PREÁMBULO

O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das

ensinanzas universitarias oficiais dispón no capítulo III das Directrices para o deseño de títulos

de Graduado, concretamente no artigo 12.3, que os ensinos do grao conclúan “coa elaboración

e defensa dun traballo de fin de grao” (en diante TFG) orientado á avaliación de competencias

asociadas ó título.

Pola súa banda, as Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e organización

académica dos plans de estudos de grao (aprobadas no Consello de Goberno de 5 de marzo de

2008) recollen no punto 3, referente á “Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de Grao”, que o

TFG será obrigatorio e ofertado no oitavo semestre cun valor académico que oscilará entre os

seis e os trinta ECTS.

Ademais do anterior o Regulamento para a realización do Traballo de Fin de Grao (aprobado

no Consello de Goberno do 14 de novembro de 2011) recolle no seu artigo 2.5 que será

responsabilidade de cada centro desenvolver “unha normativa interna aprobada pola Xunta de

Centro para adecualo ás características propias de cada un dos títulos oficiais”.

Así mesmo a Memoria do Título de Grao en Comunicación Audiovisual, avaliado positivamente

pola ANECA o 5 de maio de 2009 inclúe a elaboración e exposición do referido TFG por partes

dos alumnos e alumnas do derradeiro curso do plano de estudos e dispón que o Centro

aprobaría a referida a normativa interna para a súa xestión.

En cumprimento de todo o anterior, elaborouse o presente regulamento.

Page 2: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 2

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

O presente regulamento ten por obxecto regular a definición, titoría académica,

procedemento de elaboración, presentación pública, avaliación e revisión do TFG do Grao en

Comunicación Audiovisual.

O contido desta normativa compleméntase co resto de normativas e procedementos da

Universidade de Vigo en vigor ou que puidesen aprobarse referidas ao desenvolvemento e

xestión da docencia das titulacións oficiais da Universidade de Vigo

Artigo 2. Definición do Traballo de Fin de Grao

1. O TFG forma parte do plano de estudios do Grao en Comunicación Audiovisual e equivale a

12 graos ECTS programados no segundo semestre do cuarto ano da titulación.

2. O TFG é un traballo persoal que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo

titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos

formativos e as competencias asociadas ao título

En ningún caso pode ser un traballo plaxiado en todo ou en parte, nin presentado con

anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode

integrar ou desenvolver traballos feitos na actividade doutras materias da titulación. Non é

preciso que sexa un traballo inédito

3. O TFG poderá revestir una orientación teórica ou práctica

4. O feito de que o traballo de fin de grao sexa un labor persoal non exclúe que, para

desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poidan participar varios/as estudantes,

cada quen cunha parcela precisa da tarefa global; este feito será autorizado pola Comisión

Específica do TFG. Neste caso, o alumnado implicado nun mesmo traballo compartirá a

titorización e terá o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación e defensa e a

avaliación serán individuais

5. O/a estudante ten dereito ao reconocimiento da autoría do TFG elaborado e á protección

da propiedade intelectual do mismo. A titularidade dos citados dereitos derivados poden

compartirse coas persoas titoras, coas co-titoras e coas entidades públicas ou privadas ás que

pertenzan, nos termos e condicións previstas na lexislación vixentea.

6. O TFG poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos

termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura

dunha persoa co-titora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica

Page 3: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 3

compartirá coa persoa co-titora as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será,

en calqueira caso, responsabilidade da titoría académica facilitar a xestión diante da Facultade

7. A efectos de organización e interpretación da normativa a Xunta de Facultade aprobará

unha Comisión Específica que se responsabilice do TFG ó longo de todo o curso académico, tal

e como se establece no artigo 3 da presente normativa.

8. O TFG terá a súa guía docente axeitada á normativa correspondente e única para cada

titulación

Artigo 3. Comisión específica de Traballos de Fin de Grao de Comunicación Audiovisual

1. A Comisión Específica estará integrada por cinco membros nomeados pola Xunta de

Facultade que responderán ó seguinte esquemas:

- Coordinador/a do Grao

- Secretario/a do Centro

- Un/unha profesor/a a tempo completo con docencia maioritaria no Grao proposto

polo Coordinador/a do Grao. Será o responsable da elaboración da Guía Docente

- Un representante do alumnado, proposto polo/a Coordinador/a do Grao, previa

consulta cos representantes do estudantes

- Un representante do PAS proposto polo/a Coordinador/a do Grao

2. Os membros da Comisión deberán ser renovados pra cada curso académico conforme ó

procedemento do apartado anterior

3. As vacantes que se producisen serán cubertas a proposta do/a Coordinador/a do Grao,

debendo ser ratificadas na seguinte Xunta de Facultade

CAPÍTULO 2. DA ORGANIZACIÓN DO PROXECTO DE FIN DE GRAO

Artigo 4. Titor/a académico

1. Os TFG realizaranse baixo a supervisión e dirección dunha persoa que ejercerá as tarefas de

titorización do mesmo.

2. A titorización consistirá en supervisar e orientar o estudante na temática, metodoloxía,

elaboración, presentación e calquera outro aspecto académico relativo ao TFG, así como

facilitar a súa xestión, dinamizar e facilitar todo o proceso ata a súa presentación e defensa

3. Todos/as o/as profesores/as que impartan docencia no Grao de Comunicación Audiovisual

poderán actuar como titores académicos. Un mesmo titor poderá ser responsable dun

Page 4: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 4

máximo de seis TFG por curso académico; cifra que poderá aumentar proporcionalmente o

número de traballos en réximen de co-titorización ou, se fora inevitable, por a aplicación do

Apartado 6 do Artigo 5

4. A Comisión Específica poderá autorizar a elaboración de TFG en réxime de co-titoría a

profesores da Universidade de Vigo. Neste suposto, un dos titores deberá ser profesor do Grao

en Comunicación Audiovisual.

5. Se a elaboración do TFG requerise a implicación de organismos ou entidades públicas ou

privadas, ademais de que conste expresamente o seu interese na colaboración, proporase

unha persoa como colaboradora ós efectos de prestar a axuda necesaria no TFG.

6. Poderanse establecer equipos titoriales formados por varios profesores si a natureza do

traballo de fin de grao o requirese

7. Cando se dean casos de baixa prolongada ou finalizase a súa vinculación coa Universidade

de Vigo, a Comisión Específica será a responsable da substitución do titor/a

Artigo 5. Proceso de asignación de propostas temáticas

1. A instancia do presidente da Comisión, os/as profesores/as con docencia no Grao,

individualmente ou en grupo, remitirán á Comisión Específica do TFG, nun prazo de dez días

naturais, as propostas temáticas para a realización de proxectos vinculados coa súa área de

coñecemento. Na proposta podrá especificarse un número máximo de alumnos a titorizar,

sempre respetando o tope marcado, pra cada profesor, no apartado 3 do artigo 4

2. Co fin de garantir a o estudante o desenrolo de traballos con temas relacionados con

calquer contido específico da titulación, a Comisión solicitará a maior participación posible do

profesorado na titorización dun TFG

3. Os/as alumnos/as matriculados/as na materia de TFG poderán presentar propostas

temáticas acompañadas dunha exposición dos motivos na que conste o interese e viabilidade

da proposta (Anexo I). Deberán contar, ademais, ca aceptación expresa dun titor/profesor da

Titulación. A Comisión Específica decidirá sobre a oportunidade e viabilidade da proposta

4. Rematado o prazo establecido, a Comisión Específica decidirá sobre a inclusión de cada

proposta debendo motivar as exclusións

5. A Comisión de TFG aprobará e publicará un listado de propostas temáticas, indicando un ou

varios titores/as académicos/as que poderían responsabilizarse dos mesmos, así como o

número mínimo e máximo de alumnos a titorizar

6. O listado conterá, a lo menos, un número de propostas temáticas que duplique o número

de alumnos e alumnas matriculados no TFG, e establecerá un prazo para a formalización de

asignación de titores e temáticas. A Comisión Especifica velará estrictamente polo

cumprimento desta norma, incrementado, se fora necesario, os números mínimos e máximos

de estudantes a titorizar en cada proposta temática

Page 5: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 5

7. Para a asignación definitiva das propostas temáticas atenderase, preferentemente, e en

primeiro lugar ó acordo entre o/a alumno/a e o titor/a académico/a (Anexo II). Se non fose o

caso, terase en conta o expediente académico do estudante, de tal xeito que se estableza unha

lista de asignación de temáticas e titores

8. Despois do proceso anterior (artigo 5), e antes da conclusión do primeiro semestre, a

Comisión publicará un listado coa asignación definitiva de propostas temáticas e titores

académicos conforme ós anteriores criterios

9. Calquera cambio referente ó titor académico ou á proposta temática deberá ser solicitado

por escrito e con motivación á Comisión no prazo de sete días a contar dende a publicación do

listado definitivo de asignación

10. A asignación de titor/a académico/a e proposta temática de TFG será válida para a curso

académico no que se atopa matriculado o/a alumno/a

11. No caso de que o/a alumno/a non supere a materia de TFG neste período académico, a

Comisión poderá tomar en consideración esa asignación no vindeiro curso, previa aceptación

de alumno e titor. En caso contrario, o alumno terá que voltar a ralizar un novo proceso de

selección

12. Calqueira outra circunstancia, en especial o cambio de titor ou tema unha vez asignados,

será resolta porla Comisión Específica

Artigo 6. Tribunal avaliador do Proxecto de Fin de Grao

1. Antes do comezo do segundo semestre será nomeado o Tribunal avaliador de TFG que

actuará nas convocatorias oficias do curso académico.

2. O Tribunal avaliador do TFG estará integrado por tres profesores/as que impartan docencia

no Grao de Comunicación Audiovisual. Serán propostos pola Comisión Específica en función

das temáticas tratadas nos TFG e aprobados en Xunta de Facultade. En todo caso, en

programación plurianual, a participación dos profesores nos tribunais avaliadores será rotativa

e proporcional a carga lectiva do seu Departamento na titulación. A Comisión tamén nomeará

a 3 suplentes, para cubrir as posibles incidencias no desenrolo das sesións

3. Os Profesores Asociados poderán declinar a súa participación nos Tribunais de avaliación se

a súa actividade profesional lle impide ou dificulta a asistencia as sesións

4. O Tribunal de avaliación do traballo de fin de grao constituirase formalmente coa debida

publicidade e antelación do acto de defensa

5. Seguirase o criterio de categoría docente e antigüidade para a determinación do presidente,

o secretario e o vocal

6. Os membros do Tribunal serán sustituidos por suplentes durante a exposición e valoración

dos traballos dos que foran titores

Page 6: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 6

7. Cando o número de alumnos matriculados para a defensa do proxecto impida a celebración

dos actos nunha única sesión, nomearánse os tribunais que sexan precisos para permitir que

os docentes designados como membros do tribunal non teñan que exercer esta función máis

aló dunha xornada de traballo

8. De maneira excepcional, a Comisión Específica poderá autorizar que formen parte do

tribunal de avaliación outro persoal docente, persoas colaboradoras ou membros de

institucións externas á Universidade de Vigo, que poderán actuar en calidade de vogais, con

voz e voto, ou de persoas asesoras sen voto

CAPÍTULO 3. DA MATRICULA PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN

Artigo 7.- Matrícula do traballo de fin de grao

1. Para poder matricularse no traballo de fin de grao será requisito imprescindible ter

matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos

2. A matrícula do traballo de fin de grao realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos

estudos de grao

3. A matrícula do traballo de fin de grao dá dereito a dúas oportunidades de avaliación nun

mesmo curso académico, sempre que se dean as condicións do punto 1 do presente artigo. A

validez da matrícula do traballo de fin de grao será a mesma que a de calquera outra materia

e, polo tanto, remata o último día hábil do curso académico. O/a estudante que antes desa

data non fose avaliado ou non defendese o seu traballo deberá volver a matricularse no

seguinte curso académico

Artigo 8. Solicitude e presentación pública do Traballo de Fin de Grao

1. A presentación pública e avaliación do TFG require que o alumno/a supere a totalidade das

restantes materias correspondentes ó plano de estudos do Grao en Comunicación Audiovisual.

Excepcionalmente a Comisión Específica poderá autorizar a presentación e avaliación a

aqueles/as alumnos/as que, como máximo, lle resten 12 ECTS de semestres anteriores a aquel

no que se elabora o TFG

2. O/A alumno/a solicitará a presentación e avaliación do PFG ó longo do segundo semestre do

curso académico, segundo o establecido pola Comisión Específica, e, en todo caso, co visto e

prace do se respectivo titor/a académico (anexo III)

3. A solicitude de presentación, dirixida á Comisión, deberá ir acompañada da versión escrita e

electrónica do TFG por cuadriplicado co visto e prace do/a titor/a académico/a. Poderá

aportarse a documentación ou material adicional que se estime oportuno para que sexa

tomada en consideración polo Tribunal avaliador

Page 7: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 7

4. O Decanato do centro responsabilizarase da custodia e almacenaxe dos materias ata a data

de defensa dos mesmos

5. A efectos de avaliación, o/a titor/a académico emitirá un informe no que valorará a labor

realizada polo/a alumno/a durante o período de elaboración do TFG. Este informe acompañará

a documentación referida no punto 3. No caso de traballos predominantemente teóricos, o

informe incluirá necesariamente unha valoración do grao de cumprimento das Pautas de

Realización de Traballos Académicos, aprobados na reunión de profesores do Grao o 25 de

maio de 2011, así como calqueira outra normativa que se aprobe o efecto

6. En atención ás solicitudes presentadas, a Comisión Específica establecerá e publicará, de

acordo co tribunal ou tribunais avaliadores, a orde para a celebración do acto de presentación

pública do TFG, que incluirá a estructura, data, hora e duración máxima de cada exposición.

Fixarase unha data na convocatoria ordinaria de xuño e outra extraordinaria na de xullo.

7. O acto de presentación será realizado polo/a alumno/a en sesión pública e presencial na

data e hora asignada. A Comisión Específica, con carácter excepcional e tras a petición formal

e motivada polo/a estudante e persoa titora e co-titora, poderá autorizar a defensa a distancia

de forma virtual, sempre e cando concorran as condicións técnicas, administrativas e

económicas que permitan a súa viabilidade

Artigo 9. Avaliación e cualificación do Traballo de Fin de Grao

1. Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a

cualificación tendo en conta a documentación presentada por cada estudante, o informe da

persoa titora e a exposición pública dos traballos

2. A cualificación global terá en conta a calidade científica, técnica ou artística do traballo

presentado, a calidade do material entregado e o grao de adquisición de contidos e

competencias específicos da titulación e de competencias transversais. A cualificación do

Tribunal de avaliación representará o 75 % da nota final e será a resultante da media

aritmética das notas atribuídas por cada un dos membros do Tribunal avaliador. Neste punto o

tribunal rexeráse polo disposto nas Normas de Xestión Académica para as Titulacións de Grao

regulados polo Real Decreto 1393/2007 vixentes na Universidade de Vigo (anexo IV)

3. O titor estará presente con dereito a voz no acto de defensa e nas deliberacións do tribunal

de avaliación. A súa cualificación representará o 25% restante da cualificación final, reservando

un 10 % o grao de cumprimento das Pautas de Realización de Traballos Académicos, no caso

de traballos eminentemente teóricos

4. Ó remate da avaliación e cualificación da totalidade do TFG, o Tribunal avaliador poderá

conceder a mención de matrícula de honra, entre aqueles alumnos que acaden unha nota de

sobresainte, e de conformidade coa normativa dos anteriores puntos. A concesión das

matriculas de honra é unha competencia exclusiva do membros do Tribunal. Os titores

poderán estar presentes nas deliberacións, pero non intervirán na decisión

Page 8: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 8

5. No caso de que o TFG non acade a cualificación mínima de aprobado (5), o Tribunal deberá

indicar aqueles aspectos susceptibles de corrección e mellora para conquerir a devandita

cualificación

6. No prazo de cinco días contados dende a celebración do acto de presentación o alumno/a

poderá solicitar a revisión da cualificación outorgada no TFG. Dita solicitude deberá indicar os

aspectos concretos do TFG que fundamentan a discrepancia coa cualificación outorgada

7. No prazo de sete días dende a presentación da solicitude o tribunal resolverá o recurso

fundamentando a resposta

8. A entrega de actas dos traballos de fin de grao estará rexida polos tempos máximos de

entrega de actas de cada cualificación en cada convocatoria e pola data de inicio

administrativa do novo curso académico.

9. O traballo de fin de grao debe ser cualificado en acta unha vez que se teña constancia de

que o/a estudante dispón de todos os créditos necesarios para obter o título oficial de grao,

salvo os correspondentes ao propio traballo, xa sexa por superación das materias

correspondentes ou por recoñecemento

Artigo 11. Arquivo do Traballo de Fin de Grao

Os TFG que obtivesen unha cualificación mínima de aprobado (5) integrarán un arquivo de TFG

en formato dixital baixo a custodia da Biblioteca da Facultade de Ciencias Sociais e da

Comunicación.

Artigo 12. Normas supletorias

En todos aqueles aspectos non previstos neste Regulamento será de aplicación a normativa da

Universidade de Vigo e demais normativa xeral vixente.

Disposicións finais

Este regulamento entrará en vigor ó día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Facultade.

Page 9: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 9

ANEXO I

MODELO DE PROPOSTA TEMÁTICA PARA O TRABALLO FIN DE GRAO

Grao en Comunicación Audiovisual

D. / DNA.

DNI

DOMICILIO

LOCALIDADE

TELÉFONO

ENDEREZO ELECTRÓNICO

EXPÓN

Que o artigo 5.2. do Regulamento do Traballo de fin de Grao en Comunicación Audiovisual

contempla a posibilidade de que os/as alumnos/as matriculados na materia” poidaN presentar

propostas temáticas para a realización do mencionado traballo.

Polo que, SOLICITA

A inclusión no listado de propostas temáticas do presente curso académico, a seguinte:

En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______

O/A interesado/a

Se o titor/a académico/a da proposta temática acepta a súa titoría do alumno/a, deberá

asignar a presente solicitude, de conformidade co artigo 5.3. do Regulamento do TFG

Asinado: _____________________

Titor/a académico/a

Documentación:

1. Modelo de solicitude debidamente cumprimentado

2. Exposición de motivos na que conste o interese e viabilidade da proposta.

Á COMISIÓN ESPECÍFICA TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACION AUDIOVISUAL

Page 10: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 10

ANEXO II

SOLICITUDE DE ELABORACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO

Grao en Comunicación Audiovisual

D. / DNA.

DNI

DOMICILIO

LOCALIDADE

TELÉFONO

ENDEREZO ELECTRÓNICO

EXPÓN

Que cumpre as condicións xerais esixidas para a elaboración do Traballo de Fin de Grao en

Comunicación Audiovisual.

Polo que,

SOLICITA

Elaborar o Traballo de Fin de Grao con base á proposta temática

En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______

O/A interesado/a

Se o titor/a académico/a da proposta temática acepta a súa titoría do alumno/a, deberá

asignar a presente solicitude, de conformidade co artigo 9.4. do Regulamento do Traballo de

Fin de Grao.

Asinado: _____________________

Titor/a académico/a

Á COMISIÓN ESPECÍFICA DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO COMUNICACION AUDIOVISUAL

Page 11: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 11

ANEXO III

SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN DO

TRABALLO DE FIN DE GRAO

Grao en Comunicación Audiovisual

D. / DNA.

DNI

DOMICILIO

LOCALIDADE

TELÉFONO

ENDEREZO ELECTRÓNICO

EXPÓN

1. Que está matriculado na materia denominada “Traballo de Fin de Grao” no presente curso.

2. Que cumpre as condicións xerais esixidas para a presentación pública e avaliación do

Traballo de Fin de Grao e, especificamente, as establecidas no artigo 11.1 do Regulamento do

Traballo de Fin de Grao.

Polo que,

SOLICITA

A realización do acto de presentación e avaliación do Traballo Fin de Grao titulado:

Do cal é titor/a académico/a D./Dna. _______________________________________

En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______

O/A alumno/a

Visto e prace

Asinado ____________

Titor/a académico/a

Documentación:

1. Modelo de solicitude debidamente cumprimentado

2. Catro exemplares do Traballo de Fin de Grao co visto e prace do/a titor/a e un CD coa

versión electrónica.

3. Documentación adicional (opcional)

4. Informe do titor/a académico/a.

5. Certificación académica.

Á COMISIÓN ESPECÍFICA DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO COMUNICACION AUDIOVISUAL

Page 12: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 12

ANEXO IV

ACTA DE CUALIFICACIÓN DO TRIBUNAL FIN DE GRAO

Grao en Comunicación Audiovisual

Ten lugar o día ____ de_____ de ______ a sesión pública de presentación e avaliación do

Traballo de Fin de Grao titulado: _________________________________________________

_____________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________

polo/a alumno/a _____________________________________________________________

con DNI ____________________ baixo a titoría do profesor/a D./Dna. ___________________

________________________________________________________________________

O Tribunal avaliador componse dos seguinte membros (profesores/as):

Presidente/a: _____________________________________________________________

Secretario/a: ______________________________________________________________

Vocal: _______________________________________________________________________

A sesión de presentación pública do Traballo de Fin de Grao desenvólvese segundo a

normativa fixada pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. O Tribunal avaliador

acorda outorgar a cualificación de:

__________________________________________________________________________

E para que conste, asínase a presente acta:

En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______

O/A Presidente/a O/a Vocal O/A Secretario/a

Asinado_____________ Asinado__________ Asinado____________

___________________ __ _________________ __________________

Á COMISIÓN ESPECÍFICA TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACION AUDIOVISUAL

Page 13: Regulamento proxecto  fin de grao_comunicacion_audiovisual

Grao en Comunicación Audiovisual

Regulamento do Traballo de Fin de Grao 13

ANEXO V. CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA

“PROXECTO DE FIN DE GRAO”

Período do curso

académico* Procedemento

Prazo de matrícula oficial

Xullo - Setembro

Nomeamento da Comisión Específica de TFG (comezo de curso)

Publicación das liñas temáticas dos titores (prazo de dez días naturais)

Solicitude de liñas temáticas dos alumnos/as

Reunión da Comisión Específica de TFG

Aprobación do listado de liñas temáticas e titores

Prazo de reclamación do listado de liñas temáticas e titores

Prazo de solicitude de cambios de titor (xustificados). (15 días naturais)

Publicación definitiva do listado de liñas temáticas e titores

Octubro - Novembro

Nomeamento dos tribunais do TFG (xaneiro)

Preparación do TFG Xaneiro - abril

Contacto co coordinador para resolución de incidencias

Solicitude de presentación do TFG (ata dez días antes da defensa)

- Impreso de solicitude co visto e prace do titor

- Versión escrita por cuadriplicado

- Informe do director

Celebración dos tribunais de TFG (convocatoria ordinaria)

Publicación das cualificacións

Prazo de reclamación das cualificacións (5 días hábiles)

Reunión do tribunal do TFG para valoración das reclamacións (prazo de 7 días)

Maio

Publicación das cualificacións definitivas

Presentación do proxecto de fin de Grao (dez días antes da defensa) Xullo

Celebración dos tribunais de proxectos de fin de Grao (convocatoria extraordinaria)

*Datas aproximadas que cada ano se teñen que ir adaptando ó calendario oficial da

Universidade de Vigo