Regulamento de traballo de fin de grao

10
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL 1 REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL Aprobado pola Xunta de Facultade o 30/09/2013 PREÁMBULO O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais dispón no capítulo III das Directrices para o deseño de títulos de Graduado, concretamente no artigo 12.3, que os ensinos do grao conclúan “coa elaboración e defensa dun traballo de fin de grao” (en diante TFG) orientado á avaliación de competencias asociadas ó título. Pola súa banda, as Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadas no Consello de Goberno de 5 de marzo de 2008) recollen no punto 3, referente á “Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de Grao”, que o TFG será obrigatorio e ofertado no oitavo semestre cun valor académico que oscilará entre os seis e os trinta ECTS. Ademais do anterior o Regulamento para a realización do Traballo de Fin de Grao (aprobado no Consello de Goberno do 14 de novembro de 2011) recolle no seu artigo 2.5 que será responsabilidade de cada centro desenvolver “unha normativa interna aprobada pola Xunta de Centro para adecualo ás características propias de cada un dos títulos oficiais”. Así mesmo a Memoria do Título de Grao en Comunicación Audiovisual, avaliado positivamente pola ANECA o 5 de maio de 2009 inclúe a elaboración e exposición do referido TFG por partes dos alumnos e alumnas do derradeiro curso do plano de estudos e dispón que o Centro aprobaría a referida a normativa interna para a súa xestión. En cumprimento de todo o anterior, elaborouse o presente regulamento.

Transcript of Regulamento de traballo de fin de grao

Page 1: Regulamento de traballo de fin de grao

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

 

1

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

Aprobado pola Xunta de Facultade o 30/09/2013 PREÁMBULO O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais dispón no capítulo III das Directrices para o deseño de títulos de Graduado, concretamente no artigo 12.3, que os ensinos do grao conclúan “coa elaboración e defensa dun traballo de fin de grao” (en diante TFG) orientado á avaliación de competencias asociadas ó título. Pola súa banda, as Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadas no Consello de Goberno de 5 de marzo de 2008) recollen no punto 3, referente á “Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de Grao”, que o TFG será obrigatorio e ofertado no oitavo semestre cun valor académico que oscilará entre os seis e os trinta ECTS. Ademais do anterior o Regulamento para a realización do Traballo de Fin de Grao (aprobado no Consello de Goberno do 14 de novembro de 2011) recolle no seu artigo 2.5 que será responsabilidade de cada centro desenvolver “unha normativa interna aprobada pola Xunta de Centro para adecualo ás características propias de cada un dos títulos oficiais”. Así mesmo a Memoria do Título de Grao en Comunicación Audiovisual, avaliado positivamente pola ANECA o 5 de maio de 2009 inclúe a elaboración e exposición do referido TFG por partes dos alumnos e alumnas do derradeiro curso do plano de estudos e dispón que o Centro aprobaría a referida a normativa interna para a súa xestión. En cumprimento de todo o anterior, elaborouse o presente regulamento.

Page 2: Regulamento de traballo de fin de grao

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

 

2

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación O presente regulamento ten por obxecto regular a definición, titoría académica, procedemento de elaboración, presentación pública, avaliación e revisión do TFG do Grao en Comunicación Audiovisual. O contido desta normativa compleméntase co resto de normativas e procedementos da Universidade de Vigo en vigor ou que puidesen aprobarse referidas ao desenvolvemento e xestión da docencia das titulacións oficiais da Universidade de Vigo. Artigo 2. Definición do Traballo de Fin de Grao 1. O TFG forma parte do plano de estudios do Grao en Comunicación Audiovisual e equivale a 12 créditos ECTS programados no segundo semestre do cuarto ano da titulación. 2. O TFG é un traballo persoal que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título. En ningún caso pode ser un traballo plaxiado en todo ou en parte, nin presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos na actividade doutras materias da titulación. Non é preciso que sexa un traballo inédito. 3. O TFG poderá revestir una orientación teórica ou práctica. 4. O feito de que o traballo de fin de grao sexa un labor persoal non exclúe que, para desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poidan participar varios/as estudantes, cada quen cunha parcela precisa da tarefa global; este feito será autorizado pola Comisión Específica do TFG. Neste caso, o alumnado implicado nun mesmo traballo compartirá a titorización e terá o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación e defensa e a avaliación serán individuais. 5. O/a estudante ten dereito ao recoñecemento da autoría do TFG elaborado e á protección da propiedade intelectual do mesmo. A titularidade dos citados dereitos derivados poden compartirse coas persoas titoras, coas co-titoras e coas entidades públicas ou privadas ás que pertenzan, nos termos e condicións previstas na lexislación vixente. 6. O TFG poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura dunha persoa co-titora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica compartirá coa persoa co-titora as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade da titoría académica facilitar a xestión diante da Facultade. 7. A efectos de organización e interpretación da normativa a Xunta de Facultade aprobará unha Comisión Específica que se responsabilice do TFG ó longo de todo o curso académico, tal e como se establece no artigo 3 da presente normativa. 8. O TFG terá a súa guía docente axeitada á normativa correspondente e única para cada titulación.

Page 3: Regulamento de traballo de fin de grao

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

 

3

Artigo 3. Comisión específica de Traballos de Fin de Grao de Comunicación Audiovisual 1. A Comisión Específica estará integrada por cinco membros nomeados pola Xunta de Facultade que responderán ó seguinte esquema:

- Coordinador/a do Grao - Secretario/a do Centro - Un/unha profesor/a a tempo completo con docencia maioritaria no Grao proposto

polo Coordinador/a do Grao. Será o responsable da elaboración da Guía Docente - Un representante do alumnado, proposto polo/a Coordinador/a do Grao, previa

consulta cos representantes do estudantes - Un representante do PAS proposto polo/a Coordinador/a do Grao

2. Os membros da Comisión deberán ser renovados para cada curso académico conforme ó procedemento do apartado anterior. 3. As vacantes que se producisen serán cubertas a proposta do/a Coordinador/a do Grao, debendo ser ratificadas na seguinte Xunta de Facultade. CAPÍTULO 2. DA ORGANIZACIÓN DO PROXECTO DE FIN DE GRAO Artigo 4. Titor/a académico 1. Os TFG realizaranse baixo a supervisión e dirección dunha persoa que ejercerá as tarefas de titorización do mesmo. 2. A titorización consistirá en supervisar e orientar o estudante na temática, metodoloxía, elaboración, presentación e calquera outro aspecto académico relativo ao TFG, así como facilitar a súa xestión, dinamizar e facilitar todo o proceso ata a súa presentación e defensa. 3. Todos/as o/as profesores/as que impartan docencia no Grao de Comunicación Audiovisual poderán actuar como titores académicos. Un mesmo titor poderá ser responsable dun máximo de seis TFG por curso académico; cifra que poderá aumentar proporcionalmente ao número de traballos en réximen de co-titorización ou, se fora inevitable, por a aplicación do Apartado 6 do Artigo 5. 4. A Comisión Específica poderá autorizar a elaboración de TFG en réxime de co-titoría a profesores da Universidade de Vigo. Neste suposto, un dos titores deberá ser profesor do Grao en Comunicación Audiovisual. 5. Se a elaboración do TFG requerise a implicación de organismos ou entidades públicas ou privadas, ademais de que conste expresamente o seu interese na colaboración, proporase unha persoa como colaboradora ós efectos de prestar a axuda necesaria no TFG. 6. Poderanse establecer equipos titoriais formados por varios profesores se a natureza do traballo de fin de grao o requerise. 7. Cando se dean casos de baixa prolongada ou finalizase a súa vinculación coa Universidade de Vigo, a Comisión Específica será a responsable da substitución do titor/a.

Page 4: Regulamento de traballo de fin de grao

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

 

4

Artigo 5. Proceso de asignación de propostas temáticas 1. A instancia do presidente da Comisión, os/as profesores/as con docencia no Grao, individualmente ou en grupo, remitirán á Comisión Específica do TFG, nun prazo de dez días naturais, as propostas temáticas para a realización de proxectos vinculados coa súa área de coñecemento. Na proposta poderá especificarse un número máximo de alumnos a titorizar, sempre respectando o tope marcado, para cada profesor, no apartado 3 do artigo 4. 2. Co fin de garantir ao estudante o desenvolvemento de traballos con temas relacionados con calquera contido específico da titulación, a Comisión solicitará a maior participación posible do profesorado na titorización dun TFG. 3. Os/as alumnos/as matriculados/as na materia de TFG poderán presentar ante a Comisión propostas temáticas acompañadas dunha exposición dos motivos na que conste o interese e viabilidade da proposta. Deberán contar, ademais, coa aceptación expresa dun titor/profesor da Titulación. A Comisión Específica decidirá sobre a oportunidade e viabilidade da proposta. 4. Rematado o prazo establecido, a Comisión Específica decidirá sobre a inclusión de cada proposta debendo motivar as exclusións. 5. A Comisión de TFG aprobará e publicará un listado de propostas temáticas, indicando un ou varios titores/as académicos/as que poderían responsabilizarse dos mesmos, así como o número mínimo e máximo de alumnos a titorizar. 6. O listado conterá, alomenos, un número de propostas temáticas que duplique o número de alumnos e alumnas matriculados no TFG, e establecerá un prazo para a formalización de asignación de titores e temáticas. A Comisión Especifica velará estrictamente polo cumprimento desta norma, incrementado, se fora necesario, os números mínimos e máximos de estudantes a titorizar en cada proposta temática. 7. Para a asignación definitiva das propostas temáticas atenderase, preferentemente, e en primeiro lugar, ó acordo entre o/a alumno/a e o titor/a académico/a. Se non fose o caso, terase en conta o expediente académico do estudante, de tal xeito que se estableza una lista de asignación de temáticas e titores. 8. Despois do proceso anterior (artigo 5), e antes da conclusión do primeiro semestre, a Comisión publicará un listado coa asignación definitiva de propostas temáticas e titores académicos conforme ós anteriores criterios. 9. Calquera cambio referente ó titor académico ou á proposta temática deberá ser solicitado por escrito e con motivación á Comisión no prazo de sete días a contar dende a publicación do listado definitivo de asignación. 10. A asignación de titor/a académico/a e proposta temática de TFG será válida para a curso académico no que se atopa matriculado o/a alumno/a. 11. No caso de que o/a alumno/a non supere a materia de TFG neste período académico, a Comisión poderá tomar en consideración esa asignación no vindeiro curso, previa aceptación de alumno e titor. En caso contrario, o alumno terá que voltar a realizar un novo proceso de selección. 12. Calquera outra circunstancia, en especial o cambio de titor ou tema unha vez asignados, será resolta pola Comisión Específica.

Page 5: Regulamento de traballo de fin de grao

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

 

5

Artigo 6. Tribunal avaliador do Proxecto de Fin de Grao 1. Antes do comezo do segundo semestre será nomeado o Tribunal avaliador de TFG que actuará nas convocatorias oficias do curso académico. 2. O Tribunal avaliador do TFG estará integrado por tres profesores/as que impartan docencia no Grao de Comunicación Audiovisual. Serán propostos pola Comisión Específica en función das temáticas tratadas nos TFG e aprobados en Xunta de Facultade. En todo caso, en programación plurianual, a participación dos profesores nos tribunais avaliadores será rotativa e proporcional a carga lectiva do seu Departamento na titulación. A Comisión tamén nomeará a 3 suplentes, para cubrir as posibles incidencias no desenvolvemento das sesións. 3. Os Profesores Asociados poderán declinar a súa participación nos Tribunais de avaliación se a súa actividade profesional lle impide ou dificulta a asistencia ás sesións. 4. O Tribunal de avaliación do traballo de fin de grao constituirase formalmente coa debida publicidade e antelación do acto de defensa. 5. Seguirase o criterio de categoría docente e antigüidade para a determinación do presidente, o secretario e o vocal. 6. Os membros do Tribunal serán sustituidos por suplentes durante a exposición e valoración dos traballos dos que foran titores. 7. Cando o número de alumnos matriculados para a defensa do proxecto impida a celebración dos actos nunha única sesión, nomearánse os tribunais que sexan precisos para permitir que os docentes designados como membros do tribunal non teñan que exercer esta función máis aló dunha xornada de traballo. 8. De maneira excepcional, a Comisión Específica poderá autorizar que forme parte do tribunal de avaliación outro persoal docente, persoas colaboradoras ou membros de institucións externas á Universidade de Vigo, que poderán actuar en calidade de vogais, con voz e voto, ou de persoas asesoras sen voto. CAPÍTULO 3. DA MATRICULA PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN Artigo 7.- Matrícula do traballo de fin de grao 1. Para poder matricularse no traballo de fin de grao será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos. 2. A matrícula do traballo de fin de grao realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de grao. 3. A matrícula do traballo de fin de grao dá dereito a dúas oportunidades de avaliación nun mesmo curso académico, sempre que se dean as condicións do punto 1 do presente artigo. A validez da matrícula do traballo de fin de grao será a mesma que a de calquera outra materia e, polo tanto, remata o último día hábil do curso académico. O/a estudante que antes desa data non fose avaliado ou non defendese o seu traballo deberá volver a matricularse no seguinte curso académico.

Page 6: Regulamento de traballo de fin de grao

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

 

6

Artigo 8. Solicitude e presentación pública do Traballo de Fin de Grao 1. Todo/a alumno/a matriculado/a do TFG poderá solicitar a presentación e avaliación do TFG ó longo do segundo semestre do curso académico, segundo o establecido pola Comisión específica, e, en todo caso, co visto e prace do seu respectivo titor/a académico/a. 2. O/A alumno/a solicitará a presentación e avaliación do TFG ó longo do segundo semestre do curso académico, segundo o establecido pola Comisión Específica, e, en todo caso, co visto e prace do seu respectivo titor/a académico (Anexo I). 3. A solicitude de presentación, dirixida á Comisión, efectuarase a través dun Rexistro Oficial da Universidade de Vigo e deberá ir acompañada de tres copias do traballo en formato impreso ou tres copias en pendrive (un pendrive para cada integrante do tribunal) e una cuarta copia en CD/DVD para a Biblioteca da Universidade de Vigo. Poderá aportarse a documentación ou material adicional que se estime oportuno para que sexa tomada en consideración polo Tribunal avaliador. 4. O Decanato do centro responsabilizarase da custodia e almacenaxe dos materias ata a data e defensa dos mesmos. 5. En atención ás solicitudes presentadas, a Comisión Específica establecerá e publicará a orde para a celebración do acto de presentación pública do TFG, que incluirá a estrutura, data, hora e duración máxima de cada exposición. Fixarase unha data ou varias datas na convocatoria ordinaria de xuño e outra extraordinaria na de xullo. 6. O acto de presentación será realizado polo/a alumno/a en sesión pública e presencial na data e hora asignada. A Comisión Específica, con carácter excepcional e tras a petición formal e motivada polo/a estudante e persoa titora e co-titora, poderá autorizar a defensa a distancia de forma virtual, sempre e cando concorran as condicións técnicas, administrativas e económicas que permitan a súa viabilidade. 7. O/A alumno/a exporá, nun tempo máximo establecido polo tribunal e previamente comunicado, un resumo do TFG e dos principais resultados e conclusións acadados. Esta exposición pode apoiarse cos medios que o/a alumno/a considere oportunos, se ben o emprego destes medios non pode, en ningún caso, substituír a exposición oral, que debe abarcar polo menos un 80% do tempo de presentación. 8. A continuación poderá intervir durante o tempo especificado polo tribunal, se así o desexa, o/a titor/a do traballo. Posteriormente os membros do Tribunal avaliador realizarán as observacións e consideracións oportunas. En calquera caso o acto de defensa non poderá exceder os 30 minutos por traballo. Artigo 9. Avaliación e cualificación do Traballo de Fin de Grao 1. Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a cualificación tendo en conta a documentación presentada por cada estudante, a intervención da persoa titora, de ser o caso, e a exposición pública dos traballos. 2. A cualificación global terá en conta a calidade científica, técnica ou artística do traballo presentado, a calidade do material entregado e o grao de adquisición de contidos e competencias específicos da titulación e de competencias transversais. A cualificación final será a resultante da media aritmética das notas atribuídas por cada un dos membros do Tribunal avaliador. Neste punto o tribunal rexerase polo disposto nas Normas de Xestión Académica

Page 7: Regulamento de traballo de fin de grao

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

 

7

para as Titulacións de Grao regulados polo Real Decreto 1393/2007 vixentes na Universidade de Vigo (Anexo II). 3. Segundo o establecido nas directrices da Universidade de Vigo, o/a director/a do TFG poderá estar presente con voz nas deliberacións do tribunal se ben deberase garantir que o Tribunal faga a cualificación final en sesión privada. 4. Ao remate do proceso de avaliación e cualificación da totalidade dos TFG dunha convocatoria, a Comisión poderá conceder as mencións de matrícula de honra que correspondan en función do número de matriculados, entre aqueles alumnos que acaden unha nota de sobresaínte e a proposta do Tribunal. 5. No caso de que o TFG non acade a cualificación mínima de aprobado (5), o Tribunal deberá indicar aqueles aspectos susceptibles de corrección e mellora para conquerir a devandita cualificación. 6. No prazo de cinco días contados dende a celebración do acto de presentación o alumno/a poderá solicitar a revisión da cualificación outorgada no TFG. Dita solicitude deberá indicar os aspectos concretos do TFG que fundamentan a discrepancia coa cualificación outorgada. 7. No prazo de sete días dende a presentación da solicitude o tribunal resolverá o recurso fundamentando a resposta. 8. A entrega de actas dos traballos de fin de grao estará rexida polos tempos máximos de entrega de actas en cada convocatoria e pola data de inicio administrativa do novo curso académico. 9. O traballo de fin de grao debe ser cualificado en acta unha vez que se teña constancia de que o/a estudante dispón de todos os créditos necesarios para obter o título oficial de grao, salvo os correspondentes ao propio traballo, xa sexa por superación das materias correspondentes ou por recoñecemento. Artigo 11. Arquivo do Traballo de Fin de Grao Os TFG que obtivesen unha cualificación mínima de aprobado (5) integrarán un arquivo de TFG en formato dixital baixo a custodia da Biblioteca da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Artigo 12. Normas supletorias En todos aqueles aspectos non previstos neste Regulamento será de aplicación a normativa da Universidade de Vigo e demais normativa xeral vixente. Disposicións finais Este regulamento entrará en vigor ó día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Facultade.

Page 8: Regulamento de traballo de fin de grao

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

 

8

ANEXO I SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN DO

TRABALLO DE FIN DE GRAO

Grao en Comunicación Audivisual

D. / DNA. DNI DOMICILIO LOCALIDADE TELÉFONO ENDEREZO ELECTRÓNICO EXPÓN 1. Que está matriculado na materia denominada “Traballo de Fin de Grao” no presente curso. 2. Que cumpre as condicións xerais esixidas para a presentación pública e avaliación do Traballo de Fin de Grao Polo que, SOLICITA A realización do acto de presentación e avaliación do Traballo Fin de Grao titulado: Do cal é titor/a académico/a D./Dna. _______________________________________

En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______

O/A alumno/a Visto e prace

Asinado ______ Titor/a académico/a

Documentación: 1. Modelo de solicitude debidamente cumprimentado 2. Tres exemplares do Traballo de Fin de Grao en formato impreso ou electrónico en pendrive para os membros do tribunal e una copia en CD para a biblioteca. 3. Documentación adicional (opcional)

Á COMISIÓN ESPECÍFICA DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

Page 9: Regulamento de traballo de fin de grao

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

 

9

ANEXO II ACTA DE CUALIFICACIÓN DO TRIBUNAL FIN DE GRAO

Grao en Comunicación Audiovisual Ten lugar o día de de a sesión pública de presentación e avaliación do

Traballo de Fin de Grao titulado:

polo/a alumno/a: con DNI baixo a titoría do profesor/a D./Dna. . O Tribunal avaliador componse dos seguinte membros (profesores/as): Presidente/a: Secretario/a: Vogal: A sesión de presentación pública do Traballo de Fin de Grao desenvólvese segundo a normativa fixada pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. O Tribunal avaliador acorda outorgar a cualificación de: . E para que conste, asínase a presente acta:

En Pontevedra, a de de O/A Presidente/a O/a Vogal O/A Secretario/a Asinado Asinado Asinado

Á COMISIÓN ESPECÍFICA TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACION AUDIOVISUAL

Page 10: Regulamento de traballo de fin de grao

REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL

 

10

ANEXO III CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA

Período do curso

académico* Procedemento

Outubro-decembro

Publicación das liñas temáticas dos titores.

Solicitude de liñas temáticas dos alumnos/as.

Reunión da Comisión Específica de TFG.

Aprobación do listado de liñas temáticas e titores.

Prazo de reclamación do listado de liñas temáticas e titores.

Publicación definitiva do listado de liñas temáticas e titores.

Nomeamento dos tribunais do TFG

Xaneiro-abril Preparación do TFG

Contacto co coordinador para resolución de incidencias

Maio

Solicitude de presentación do TFG

Celebración dos tribunais de TFG (convocatoria ordinaria)

Publicación das cualificacións

Prazo de reclamación das cualificacións (5 días hábiles)

Reunión do tribunal do TFG para valoración das reclamacións (prazo de 7 días)

Publicación das cualificacións definitivas

Xullo

Solicitude de presentación do TFG

Celebración dos tribunais de TFG (convocatoria extraordinaria)

Publicación das cualificacións

Prazo de reclamación das cualificacións (5 días hábiles)

Reunión do tribunal do TFG para valoración das reclamacións (prazo de 7 días)

Publicación das cualificacións definitivas