Refráns

5
REFRÁNS Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fora. Que chova ou deixe de chover, metade do inverno está por ver. Nunca choveu que non escampara. Névoa na medela nordeste na nosa terra. Anduriña moi adiantada, primavera ven templada. Cando marzo ri é que o inverno vai seguir, e cando marzo chora é que o inverno vai fora. Borraxeiro no Cruceiro chuvia en Celeiro. Cando chove e quenta o sol, vai o demo para Ferrol. Borralleira no Penedo do ……Nordeste ao rabo. Cando de Nordés chove, ata as pedras move. Marzo marzuelo, un día malo e outro bueno. Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes. Entroido na praza, Semana Santa na casa. En maio aínda a vella queima o tallo. Ao mal tempo, boa cara. A primavera o sangue altera. En abril se por mal quer vir, as portas non deixa abrir. Cando o Arco da Vella se ve ou xa choveu ou vai chover

Transcript of Refráns

Page 1: Refráns

REFRÁNS

Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fora.

Que chova ou deixe de chover, metade do inverno está

por ver.

Nunca choveu que non escampara.

Névoa na medela nordeste na nosa terra.

Anduriña moi adiantada, primavera ven templada.

Cando marzo ri é que o inverno vai seguir, e cando

marzo chora é que o inverno vai fora.

Borraxeiro no Cruceiro chuvia en Celeiro.

Cando chove e quenta o sol, vai o demo para Ferrol.

Borralleira no Penedo do ……Nordeste ao rabo.

Cando de Nordés chove, ata as pedras move.

Marzo marzuelo, un día malo e outro bueno.

Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.

Entroido na praza, Semana Santa na casa.

En maio aínda a vella queima o tallo.

Ao mal tempo, boa cara.

A primavera o sangue altera.

En abril se por mal quer vir, as portas non deixa abrir.

Cando o Arco da Vella se ve ou xa choveu ou vai

chover

Page 2: Refráns

A mal tempo, boa cara.

En abril augas mil.

Sol de abril, abre a man e deixao ir.

Cando marzo maica, maio marcea.

Marzo marzán, pola mañá cara de rosa e pola tarde,

cara de can.

Entre marzo e abril o cuco ten que vir, e se o cuco

faltara a fin do mundo voltara.

Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.

Cando brúa Esteiro pon a leña no fumeiro.

Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que gardar

o millo na eira.

Ceo empedrado, chuvia de contado.

En xullo, auga ven e toalla vaise, o verán xa pasará.

Se en marzo canta a ra, en maio xa calará.

Semana Santa con tormenta no mar, verán

irregular.

Con pan e viño, faise o camino.

Polo San Martiño, agarra o porco polo fuciño.

A todo porquiño lle chega o seu San Martiño

Plo San Vicente, vota os nabos da semente.

En San Xoán, a sardiña molla o pan.

Por Santa Lucía mengua a noite e medra o día.

Page 3: Refráns

As sardiñas en maio pingan no borrallo, e polo San

Xoán pingan no pan.

Con un ballestrique e un cote, nunca se che vai o bote.

Gaivotas á terra, mariñeiros á merda.

Vela e motor, áncora e remo, as catro artes dun

mariñeiro.

Quen non embarca, non se marea.

Os martes nin te cases, nin te embarques,Pero si tes

ocasiónnon perdas a embarcación.

Onde hai capitán non manda mariñeiro.

As estrelas a brilar, mariñeiros para o mar.

Cada galiña que mire do seu galiñeiro.

O que se pica, allos come.

Non pidas a quen pideu nin sirvas a quen sirveu.

O que garda sempre ten.

A quen madruga Deus lle axuda.

O que podas facer hoxe non o deixes para mañá.

Máis vale paxaro en man que cento voando.

Se queres que te siga o can, dalle pan.

Pasiño a pasiño, faise o camino.

É igual Xan que Pericán.

Xente nova e leña verde, todo fume.

Uns nacen con estrela e outros estrelados.

Page 4: Refráns

A quen bo árbore se arrima boa sombra o protexe.

A cabra que tira ao monte non hai cabreiro que a

garde

Bo amigo, bo abrigo.

Moitos son amigos, poucos os escollidos.

Oindo, vendo e calando, con todos en paz me ando.

O corazón e os ollos nunca son vellos.

Ollos que non ven, corazón que non sinte.

Non é o mesmo facer un traxe negro que verse negro

para facelo.

Ao cabalo corredor, pouco lle dura o seu honor.

A bo gato, bo rato.

O rato que non sabe máis dun burato, logo o pilla o

gato.

O gato escaldado ata da auga fría escapa.

A cabra sempre tira ao monte.

A ovella que bala , nin come, nin fala.

A vaca que non come canda os bois, ou come antes ou

come despois.

Costureira sen dedal, cose moito e apreta mal.

Costureira sen dedal, cose pouco e cose mal.

Page 5: Refráns

A castaña que está no camino é do veciño.

A castaña que hai no camino, nin é túa nin do

veciño.

Cando meto as castañas no forno é que chegou o

outono.

Quen ve a mesa posta, non sabe canto costa.

En Viveiro, moito fandando e pouco diñeiro.

Celeiro é moito Celeiro,Celeiro é un segundo

Madrid, o que lle falta a Celeiro é o ferrocarril.

Pan de onte, carne de hoxe, viño de antaño, crian ao

home forte e sano.

En Santo Domingo de la Calzada, cantou a

galiña despois de asala.

As raposas e as galiñas malas veciñas.

En casa vella, todas son goteiras.

Pola boca morre o peixe.

Sogra e nora, can e gato, non comen ben no mesmo

prato.

Os enemigos do home son tres: a sogra, a cuñada e a

muller.

De hoxe a mañá o carneiro perde a lá.