Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e...

35
Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith

Transcript of Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e...

Page 1: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na

elección formativa e profesional do alumnado

Asociación Lilith

Page 2: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

QUEN É LILITH -ACCIÓN SOCIAL E EDUCATIVA

Lilith nace no ano 1998 Fin social de mellorar as condicións das

mulleres e por extensión mellorar as relacións de xénero.

Ámbito de actuación será a comunidade galega.

Equipa pedagóxica interdisciplinar. Concepción bio-psico-social do ser humano.

Page 3: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

QUEN É LILITH -ACCIÓN SOCIAL E EDUCATIVA:Áreas de Traballo

MULLER: As mulleres o sector de poboación ao que maioritariamente van dirixidas as nosas accións: Autoestima, autocoñecemento, sexualidade, habilidades sociais, fomento do asociacionismo, relaxación, propostas de ocio. . .

POLITICAS DE IGUALDADE: Elaboración de Plans de Igualdade de Oportunidades

INSERCION SOCIOLABORAL: O ámbito laboral é imprescindible para unha igualdade real.

1-ILES Pontevedra (Iniciativa local de emprego social) dirixidas a persoas en exclusión ou en risco de exclusión 2- Xeneración de guías metodolóxicas que sirvan como orientación a persoas formadoras nos cursos de inserción sociolaboral de mulleres

do Proxecto Diana. COEDUCACIÓN E XENTE NOVA: Un camiño de futuro. Neste senso

podemos falar de proxectos como IRIS ou CONTA CON ELAS dos que falaremos máis adiante.

Page 4: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

A EDUCACIÓN DESDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO

Coeducación: Práctica educativa dirixida cara a eliminación de estereotipos sexuais e a xerarquia por razón de xénero. É polo tanto unha práctica correctora que trascende a actual escola mixta.

A discriminación sexual interfire de xeito explícito e oculto no curriculo (principios psicopedagóxicos que orientan a acción do profesorado) escolar.

Page 5: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

A EDUCACIÓN DESDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO

Curriculum Explícito: Filosofía ou concepción curricular que é á sua vez a síntese dunha serie de posicións filosóficas, científicas e de valores sociais polo tanto a aprendizaxe non é un acto neutro senon institucionalmente condicionado.

Curriculum Oculto: Aprende-se sen que se pretenda de xeito explícito ou intencional e a sua transmisión non é conciente para o alunado

Page 6: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Eixos Fundamentais Ou Enfoques nas Prácticas Educativas de Lilith

Perspectiva de Xénero: É un xeito de mirar o mundo e as relacións entre as persoas, ademáis de ser una opción que sirve para xerar un cambio na sociedade, buscando relacións máis igualitarias entre homes e mulleres. Adoptar a perspectiva de xénero implica visualizar, analizar e actuar sobre situacións de inequidade, discriminación e intolerancia, xeradas a partir da diferencia sexual dos seres humanos.

Page 7: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Eixos Fundamentais Ou Enfoques nas Prácticas Educativas de Lilith

Cooperación: Como valor fundamental no traballo grupal participativo e oposto as actitudes competitivas que segregan ou discriminan.

Autoestima: É a suma da confianza e o respecto que cada persoa sinte por si mesma, e inclue sentimentos acerca da valía persoal, das propias capacidades e das características persoais.

Page 8: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

A NOSA METODOLOXIA: CANDO A FORMA É TAN IMPORTANTE COMO O CONTIDO.

A aprendizaxe constructiva e significativa:. O coñecimento non é unha copia da realidade, é unha construcción do ser humano, que realiza cos esquemas que xa posúe, cos que xa construiu na sua relación co medio.Por outra banda a aprendizaxe significativa xurde cando o alunado, como constructor de seu propio coñecimento, relaciona os conceptos a aprender e lles da senso a partir da estructura conceptual que xa posúe. Construe novos coñecimientos a partir dos coñecimientos adquiridos.Polo tanto a aprendizaxe significativa farase efectiva cando as tarefas están relacionadas dun xeito congruente e a persoa decide aprende-las.

Page 9: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

A NOSA METODOLOXIA: CANDO A FORMA É TAN IMPORTANTE COMO O CONTIDO.

A Educación participativa : Proceso planificado, deseñado para desenvolver habilidades e coñecementos e para analizar actitudes, ideas e comportamentos co obxectivo de modificalos.

As persoas participantes son as verdadeiras protagonistas do seu propio proceso de formación.

O obxectivo fundamental é o fortalecemento da conciencia da propia identidade, como persoas e como integrantes dun grupo.

Page 10: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

A NOSA METODOLOXIA: O PAPEL DAS PERSOAS DOCENTES

Saber axudar a descubrir coñecementos novos. Non dar respostas inmediatamente senón facilitarlles o camiño para que eles/elas atopen a resposta por si mesmos/as. Estimulando que vaian máis alá da primeira resposta.

Saber escoitar. Axudar a que a persoa interprete o que dixo e o exprese coas súas propias palabras. Seleccionar a idea central do exposto e ampliar, resumir e dar exemplos.

Ser capaz de vencer o desánimo. As respostas incorrectas ben manexadas convértense en situacións de aprendizaxe. Ante a posición de “non saber” expresada por un /unha participante o/a monitor/a debe guiar e ir dando pistas para atopar a resposta correcta.

Page 11: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

A NOSA METODOLOXIA: O PAPEL DAS PERSOAS DOCENTES

Saber falar e calar a tempo. Ollar a quen fala e reforzar a intervención tanto de xeito verbal como a través da linguaxe non verbal. Esperar a que o/a participante remate de falar para tomar a palabra.

Saber compartir e estimular a que se faga. Fomentar a participación. Empregar o que di un/unha

participante para promover a participación empregando a técnica da pregunta. Ser sensíbel e respectuoso/a coas respostas dos/as participantes aceptando todo o que digan.

Ser capaz de gañar a autoridade. Sen caer no autoritarismo. Autoridade etimoloxicamente é a capacidade de ser escoitado

Continuar a revisión da metodoloxía na aula.

Page 12: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

A NOSA METODOLOXIA: TÉCNICAS EMPREGADAS

Debates: axudan a clarificar as tarefas sobre temas controvertidos e permiten apreciar distintas perspectivas.

Grupos rápidos: as persoas participantes forman grupos de tres ou catro persoas, para discutir rapidamente algo. Axudan a romper a monotonía das exposicións e é unha boa forma de promover as discusións do grupo completo.

Page 13: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

A NOSA METODOLOXIA: TÉCNICAS EMPREGADAS

Roldas de intervención: unha rolda é un exercicio no que cada participante ten a oportunidade de compartir algo na súa quenda (unha resposta a unha pregunta, expresar un sentimento etc…). As roldas poden ser un exercicio rápido e eficiente para dar unha idea sobre o ánimo e a aprendizaxe individual e grupal ou pode necesitar máis tempo se o grupo o precisa, todo isto forma parte do respecto cara o ritmo grupal. Tamén é moi útil se hai un nivel de participación desigual no grupo.

Xogos: son útiles para romper a monotonía e lexitimar que as persoas se divirtan.

Page 14: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

A NOSA METODOLOXIA: TÉCNICAS EMPREGADAS

Traballo creativo: inclúe debuxo, collage, pintura, escribir poemas, historias, facer representacións con mímica etc…

Estudo de casos: permite chegar a conclusións ou a formar alternativas sobre unha situación ou un problema determinado. É preciso ter traballado o tema con anterioridade para que haxa máis fluidez e saber guiar o traballo.

Page 15: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

A NOSA METODOLOXIA: TÉCNICAS EMPREGADAS

Dinámicas: técnicas grupais que conlevan un proceso de reflexión individual, vivencial e un intercambio grupal.

Discusións de grupo: son útiles para aprender das experiencias de todos/as e para que as persoas participen e cheguen a elaborar conclusións sobre as actividades propostas. Este tipo de actividades amplían o campo cognitivo grupal cando se da en espazos de aceptación e respecto. Pódense guiar estas discusións

Page 16: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.
Page 17: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Obxectivo Xeral

A finalidade desta vertente do proxecto foi a elaboración dunha investigación histórica sobre as tarefas realizadas polas mulleresda zona co fin de recoñecer o seu valor. Foi unha investigación feita polo alumnado de seis centros de ensino, co apoio do profesorado e coordinado por Soc. Coop. Tagen Ata e Lilith.

Page 18: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Xustificación

As mulleres de ambos lados da fronteira veñen realizando maioritariamente nos últimos séculos actividades ligadas á agricultura, gandería, explotación de montes, artesanía e moitas outras actividades consideradas unha extensión do traballo doméstico. Traballos despoxados de valor socialmente, de remuneracióneconómica e de recoñecemento persoal. Os roles atribuídos en función do xénero continúan a influír nas eleccións formativas e profesionais das e dos nosos escolares e, en xeral, no seu desenvolvemento persoal e social. Estas atribucións históricas seguen a exercer un labor de limitación de potencialidades persoais e de subordinación en todos os ámbitos dun sexo por parte do outro.

Page 19: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Xustificación

Por ser unha das principais canles de socialización, a escola é un marco social privilexiado para construír novas formas de relacionamento entre novas identidades de xénero.

Page 20: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Que queremos ser de maiores?

Na análise das profesións elixidas por nenos e nenas comprobamos a influencia das atribucións feitas en función do xénero. Estas atribucións están fortemente interiorizadas e convértense en expectativas propias; mentres que nunha alta porcentaxe as nenas escollen traballos que se vinculan ao rol tradicional feminino (coidado, educación, limpeza, estética…) os nenos adoitan escoller profesións onde se valora máis o éxito individual e as capacidades intelectuais e físicas (enxeñarías, tecnoloxía, deportes, etc.) e habitualmente en cargos de maior poder que as mulleres (médicos, políticos, directores, xefes…).

Page 21: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Que queremos ser de maiores?

Page 22: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: A quen admiramos?

Con esta pregunta comezaba a segunda actividade elixida para traballar a análise vivencial do xénero. As nenas e os nenos foron contando a quen admiraban e que características valoraban neses homes ou mulleres. Ao vermos os murais que produciron reflexionamos sobre os modelos e referentes que ten actualmente o noso alumnado e que valores está a aprender e reproducir. A través desta actividade tamén aprendemos a valorar comportamentos relacionados coa cooperación, a solidariedade ou a amizade, xa que tamén están presentes entre os valores que posúen as persoas máis admiradas.

Page 23: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: A quen admiramos?

Page 24: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Sexo/Xénero

Cunha actividade de expresión plástica reflexionamos sobre as calidades, actitudes e accións que son atribuídas a cada persoa en función do xénero. Que é ser nena? e neno? A presenza de estereotipos é xa moi marcada nesta idade e esta actividade promove a súa superación e o desenvolvemento doutro tipo de capacidades non adscritas tradicionalmente ao noso xénero.Todas as persoas temos potencial para impulsar aqueles aspectos persoais que consideremos oportunos. Nesta dinámica animamos a desidentificarnos coas calidades impostas pola socialización e que asumimos como propias.

Page 25: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Sexo/Xénero

Page 26: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Reparto de tarefase reparto de tempos

Hai traballos que non se ven porque non contan nas grandes cifras da economía. É o traballo doméstico non remunerado.Mentres a muller gaña espazos no mercado laboral, dentro da casa segue soportando a maior carga de traballo.A través do noso caderno de bitácora, o alumnado iniciou a busca de traballos desempeñados por mulleres. O primeiro paso foi analizar tanto o tempo de traballo como o tempo de lecer no ámbito familiar e valorar as consecuencias discriminatorias da dobre xornada das mulleres. Ao poñer en común as nosas táboas entendemos que todos os traballos poden ser realizados por persoas dun ou doutro sexo, recoñecendo e valorando o traballo doméstico.

Page 27: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Reparto de tarefase reparto de tempos

Page 28: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Un día sen mulleres

Que pasaría se un día ao espertar comprobamos que non hai mulleres? A resposta a esta hipótese imaxinaria fíxonos recoñecer e valorar o traballo desenvolvido por mulleres en todo o mundo. As mulleres achegan unha terceira parte da forza laboral e traballan as dúas terceiras partes do total das horas de traballo. Porén, unha parte importante da súa actividade, ao non ser remunerada economicamente e pertencer ao mundo do privado, non é recoñecida como traballo. De feito, só obteñen unha décima parte dos ingresos mundiais. As técnicas da escritura creativa posibilitan a exploración lúdica de argumentos con contidos útiles para a análise en clave de xénero.

Page 29: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iris: Un día sen mulleres

Page 30: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.
Page 31: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iles: O módulo de Planificación Empresarial.

Problemática: Os anos anteriores do proxecto fracasara a proposta do módulo de planificación Empresarial.Abandono da docencia.

Factores: Diversidade de problemáticas persoais, baixo nível cultural, complexidade dos contidos.

Page 32: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto Iles: O módulo de Planificación Empresarial.

Page 33: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.
Page 34: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto conta con Elas:Descripción

Nomes das Actividades: Cambiando os guións. Exposición “Imaxinando e compartindo”.

Breve descripción do proxecto: a poboacion a quen vai dirixido e a mozas e mozos de entre13 e 16 anos que deben realizar unha eleccion curricular dirixa a conquerir unha determinada formación para o seu futuro laboral (ciencias, humanidades de cara a universidade ou unha formación profesional ).

Obxectivos: O obxectivo principal do obradoiro que se imparte dentro deste proxecto e que os mozos e as mozas reflexionen sobre como os roles atribuidos ás mulleres e os homes condicionannos á hora de facer o seu deseño curricular; deste xeito apórtaselle unha pequena base dende a que poidan tomar decisións máis libres en torno as suas profesións.

Page 35: Recursos didácticos que faciliten a incorporación do enfoque de xénero na elección formativa e profesional do alumnado Asociación Lilith.

Proxecto conta con Elas:Descripción

Descripción da exposición: A exposición aborda a través de 12 paneis os diferentes aspectos que afectan e conforman a Conciliación da vida laboral, familiar e persoal, ademáis da corresponsabilidade.

Obxectivos: Visibilizar as principias causas que provocan desigualdade no mundo laboral entre as mulleres e os homes e propoñer solucions que favorezan a conciliación laboral , familiar e persoal como xeito de acadar unha igualdade real dentro do entorno laboral e social .