RECITADO DÍA DAS LETRAS

16
DÍA DAS LETRAS 09 RECITADO _ 2º ESO C IES SAN MAMEDE

description

Selección de poemas de poetas galegas para conmemorar o Día das Letras e o Día da Muller.

Transcript of RECITADO DÍA DAS LETRAS

Page 1: RECITADO DÍA DAS LETRAS

DÍA DAS LETRAS 09

RECITADO _ 2º ESO C

IES SAN MAMEDE

Page 2: RECITADO DÍA DAS LETRAS

ROSALÍA DE CASTRO

Daquelas que cantan as pombas i as frorestodos din que teñen alma de muller.Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,¡ai!, ¿de que a terei?

Follas novas

Page 3: RECITADO DÍA DAS LETRAS

ROSALÍA DE CASTRO

Xan vai coller leña ao monte,Xan vai a compoñer cestos,Xan vai a poda-las viñas,Xan vai a apaña-lo esterco,e leva o fol ó muíño,e trai o estrume ó cortello,e vai á fonte por augua,e vai á misa cos nenos,e fai o leito i o caldo...Xan, en fin, é un Xan completo,desos que a cada mullerlle conviña un polo menos.Pero cando un busca un Xan,Case sempre atopa un Pedro.

Follas novas

Page 4: RECITADO DÍA DAS LETRAS

XOHANA TORRESPenélope Declara o oráculo:“Que á banda do solpor é mar de mortos,Incerta, última luz, non terás medo.

Que ramos de loureiro erguen rapazas.Que cor malva se decide o acio.

Que acades desas patrias a vindima.Que amaine o vento, beberás o viño.

Que sereas sen voz a vela embaten.Que un sumario de xerfa polos cons”.

Así falou Penélope:

“Existe a maxia e pode ser de todos.¿A que tanto nobelo e tanta historia?

Eu tamén navegar”.Tempo de ría

Page 5: RECITADO DÍA DAS LETRAS

Mª XOSÉ QUEIZÁNLingua amadameu señoríoÚnico territorio onde pisar.Fetichista da palabragozo contigoe me abastardo.Perversidaderaptotransporte.Inicio a cerimonia da profanación.Lingua con linguacorpo de signoscorpo de meu.Linguaúnico corpo que me pertence.

Metáfora da metáfora

Page 6: RECITADO DÍA DAS LETRAS

Mª XOSÉ QUEIZÁNA amante nunca ten dentes postizosgraus no narizpelos nas coxasgorduras nos cadrís.Á amante nunca lle inchan os ollos ao durmir.O poeta ama a perfecciónnon te ama a ti.Es idealizaciónmitometáfora da metáfora.

De non seres perfecta como te amarían?

Metáfora da metáfora

Page 7: RECITADO DÍA DAS LETRAS

MARICA CAMPOLapidadas

Como ovellas que van ao matadoirocamiñades a serdes lapidadasen reas, silenciosas e humilladas,baixo a mirada atenta do carneiro.

Que o voso sangue sexa o derradeiroa mollar esas terras magoadaspolo integrismo cruel, polas brigadasdunha fe que vos nega todo abeiro.

¡Maldita sexa a man que tira a pedra!¡Maldito na semente e no futuroo nome dos que erguen ese muro

sobre peitos que alentan! ¡Sexa a hedranai piadosa a cubrilas, nai que medraa reclamar a vida en berro puro!

Mulleres

Page 8: RECITADO DÍA DAS LETRAS

EVA VEIGA

Coñezo un lugar –e non é lenda– onde as noitesnas que a lúa empreña,ós cans médralles o corazóne ouvean.

Paisaxes do baleiro

Page 9: RECITADO DÍA DAS LETRAS

EVA VEIGAMeu avó dixo:─ Ide mirarse o mar sobe ou baixa.Contestáronlle:─ Vai en refluxo.Meu avó dixo:─ É hora de irse.A ciencia hoxe en día explicadun xeito moi positivoa influencia das mareasno corazón dos homes.Aínda así, o adeus é un estraño suceso.

Paisaxes do baleiro

Page 10: RECITADO DÍA DAS LETRAS

XELA ARIAS

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.

Darío a diario

Page 11: RECITADO DÍA DAS LETRAS

ANTÍA OTEROSoa

Hoxe xanto soae as gotas pinganno fregadeiro.

Hoxe non teño cartasde ninguén que demin se acorde.

Hoxe está grise os cans buscanabrigo no limiar da casa.

Hoxe morro asolagadano derradeiro sol de sete.

Hoxe os corvos son felicesporque a escuridadeenche Irlanda.

O son da xordeira

Page 12: RECITADO DÍA DAS LETRAS

XELA ARIASA unidade componse.Da desorde.

Desordénome, amor,e dou co puntoúnicodo centro dos abrazos.

Abrazo a desorde das idease seique a unidade se compón.

A unidade componse.

Da desorde.Intempériome

Page 13: RECITADO DÍA DAS LETRAS

ANA ROMANÍ

Pensar que ti estás tamén nesta noiteNa outra banda do silencioE agardar que esvare paseniño a lúaDos teus ollos ós meus beizosLatexando tremulamente no abismoFicaremos.

Palabra de marPalabra de mar

Page 14: RECITADO DÍA DAS LETRAS

ANA ROMANÍ… Rosalía de Castro, Emily Dickinson, EdithSödergran …

Procuramos no fondo da entrañatódalas sombras da pantasma,o desterro da bruxa ...a soidade da princesa ...a derrota da amazona ...

Deixamos pegadas de sanguenas alleas terras da palabra.

Das últimas mareas

Page 15: RECITADO DÍA DAS LETRAS

ANTÍA OTERO

Ollando o mar

De nenaasexaba mareas dende a fiestra.Hoxeplantaron eucaliptos.

O son da xordeira

Page 16: RECITADO DÍA DAS LETRAS

ANA ROMANÍ

E coa palabrarecuperar os camiños,pórlle nome ó labirinto,navegalo.

Das últimas mareas