Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información...

34
Recensións Ano 14 2ª época Nº 48 Marzo 2006 RGE

Transcript of Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información...

Page 1: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Recensións

Ano 14 • 2ª época • Nº 48 • Marzo 2006

RGE

Page 2: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores
Page 3: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Dende a consideración dovalor potencial das TIC no eido educa-tivo, no presente libro formúlase aeducación electrónica como obxectode estudo e medio de integración entreescola e sociedade da información. Aliña directriz sobre a que se artella é ade preconizar, defender e entender aeducación electrónica como conceptopropio da Pedagoxía.

O director do traballo é o Dr.José Manuel Touriñán López, catedrá-tico de Teoría da Educación da Uni-versidade de Santiago de Compostelae autor de libros e artigos de ampla ediversa temática no ámbito da educa-ción e, en particular sobre este asunto,que trata dende a perspectiva da pla-nificación estratéxica e a Sociedadeda Información.

A obra componse de dúas par-tes precedidas dunha introdución. Aprimeira parte acolle a fundamenta-ción teórica, e é nesta última onde sedesenvolve o estudo empírico, quefinaliza cunha serie de conclusións.

Na introdución ponse de rele-vo a problemática da integración dasociedade dixital no ámbito escolar,categorizada en tres grupos de proble-mas: accesibilidade, flexibilidade ereceptividade.

1. Accesibilidade: Planifica-ción da infraestrutura (xestión e orga-nización). Afecta ao hardware e aosoftware.

2. Flexibilidade: Organizaciónespazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadoresna súa formación e profesionalización.

3. Receptividade: Capacidadeda poboación para comprender e/ou asi-milar as NNTT, xeralas e transferilas.

En relación coa liña directrizantes exposta, deféndese o enfoque datecnoloxía como un nivel epistemoló-xico e saliéntase que os recursos nondesmerecen o carácter tipicamente“pedagóxico” da acción. Trátase desubliñar a necesidade de espertar unentusiasmo crítico que faga posible o

Autor: TOURIÑÁN LÓPEZ, J. M.(Dir.)

Ano: 2005Título: Educación electrónica. El

reto de la sociedad digital en la escuela

Lugar: Santiago de CompostelaEditorial: Xunta de Galicia.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Page 4: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

282 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

logro dunha execución efectiva entreas novas tecnoloxías e a educación,sempre ao servizo das persoas no seuquefacer diario; así como a responsa-bilidade dun bo uso das mesmas, querecae sobre o educador, os pais e ospropios alumnos. Este criterio de bouso estará determinado por unhacorrecta adecuación das novas e pode-rosas tecnoloxías á mellora do procesode aprendizaxe, o cal corresponde aomodelo de intervención pedagóxicaque abre novas posibilidades de actua-ción (aula virtual).

A introdución finaliza cunhavisión de grande proxección de futu-ro, en canto á posibilidade de integra-ción da sociedade dixital na escola,cuxo denominador común parte daliña directriz, que fai posible novasformas de actuación profesional epedagóxica como educación electró-nica (e-educación).

Na primeira parte, realízase unestudo teórico que vén estruturado encinco capítulos que deseguido enume-ramos e dos que logo comentamos, deforma global, o seu contido:

1. O concepto de educaciónelectrónica dende a perspectiva daintervención pedagóxica.

2. O concepto de educación adistancia como modalidade de ensinoque se axeita ao traballo interactivo nomarco internacional como sistemamixto.

3. As estratexias de desenvol-vemento de e-Europa.

4. As estratexias de desenvol-vemento de INFO.XXI e España.es.

5. Os indicadores de desenvol-vemento de tecnoloxías da informacióne as comunicacións na educación.

En canto ao contido, o que aquíse expón é unha fundamentación teóri-ca na que se defende e se xustifica anecesidade de interpretar a educaciónelectrónica como intervención pedagó-xica, xeradora de competencias para semover no espazo electrónico e construíro propio proxecto de vida utilizando aexperiencia virtual. Ponse de manifies-to que a sociedade da información éunha fase evolutiva das sociedadesavanzadas e que se estende por todo oplaneta (mundialización) cunha carac-terística común, que consiste en poñerde materia prima a información e base-ar a súa produción no desenvolvementodas TIC, pero matizando que o empre-go das NNTT require tanto de traballa-dores preparados como de consumido-res formados, deixando claro que seninvestimento en capital humano nonexiste un verdadeiro desenvolvementoda sociedade dixital. Daquela, necesí-tanse plans e proxectos educativos quenon estean fundamentados só en crite-rios económicos, senón tamén cultu-rais, intelectuais e morais, de acordo comodelo de sociedade que desexamosconstruír e que terá que responder aunha sociedade democrática da cidada-nía; en definitiva, que conteste tamén ásnecesidades humanas e sociais queinclúan os seguintes aspectos:

Page 5: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Recensións 283

1. Consumo intelixente (críti-co) de produtos e bens relacionadoscoa información e coa cultura.

2. Igualdade de dereitos ante oacceso ás NNTT.

3. Convivencia pacífica eentendemento interxeracional.

En definitiva, neste libro for-múlase a necesidade de xerar políticaeducativa global e local á vez, porquelocal, rexional, nacional e internacio-nal, non son compartimentos estancos,senón espazos interconectados grazasa ese carácter de acción glocal (global+ local).

Nunha sociedade cada díamáis centrada no coñecemento e nosintercambios, a posición defendidaneste volume, é que os suxeitos debe-rán ter a posibilidade de que o seuEstado lles oferte o poder acceder edominar as NNTT. É por iso, que nosdá a coñecer os plans que se estánlevando a cabo para acelerar a entradadas escolas na sociedade da informa-ción e evitar, deste modo, as desigual-dades de acceso ás devanditas fonteselectrónicas de información, así comoao saber e á cultura, apoiándose enmedidas comunitarias consistentes enestablecer relacións horizontais entreas iniciativas locais, rexionais, nacio-nais e internacionais, para que nesteséculo XXI todas as escolas quedenconectadas a redes de información edo saber. Estes proxectos de intercone-xión de redes de escolas basearansenas redes a nivel local e rexional soli-

damente establecidas, ampliando assúas conexións progresivamente tantoao conxunto de redes de escolas xaexistentes, como ás que están en víasde creación e ás illadas xeografica-mente e desfavorecidas no aspectosocial. Todo isto reflicte o acceso a unmundo mellor, democrático e máissolidario, pois quedan corrixidas asdesigualdades de acceso. Pero a che-gada da sociedade da informaciónesixe cambios globais na organizaciónda educación, que deberán atender nonsó a criterios pedagóxicos (papel doprofesor, relacións espazo-temporais,...), senón tamén, dado o seu caráctersistémico, que afectarán á calidade devida e aos que se esixirá que sexanavaliados minuciosa e exhaustivamen-te dende outras esferas de acción ecorresponsabilidade.

En canto á rendibilidade destaintegración, vencellada aquí á innova-ción, converte a educación e a escolaen garantes da preparación dos cida-dáns, pois aínda que esixe cambiosque se amolden á nova situación,séguense mantendo as condiciónsbásicas de intervención pedagóxica.Neste sentido, o libro insiste na necesi-dade de desmitificar a integración dasTIC na escola, tanto dende o resultadodas investigacións sobre medios, comodende a propia concepción da inter-vención pedagóxica.

Na segunda parte, recóllese oestudo empírico da informaciónrecompilada acerca das TIC nalgúns

Page 6: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

284 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

centros de secundaria de Galicia quexa utilizan novas tecnoloxías en edu-cación. Estrutúrase en dous capítulos:

1. Delimitación do problemade investigación, as hipóteses de tra-ballo, obxectivos, variables, poboa-ción, mostra e instrumento para arecolla de datos.

2. Análise da informaciónrecollida, resultados e conclusiónsobtidas.

Este estudo empírico céntrasena creación e aplicación dun cuestio-nario. Os problemas catalogáronse entres grupos, xa definidos na primeiraparte (accesibilidade, receptividade eflexibilidade). A hipótese de partidaqueda expresada na seguinte pregunta:¿É posible formular o problema dainteractividade en termos propios daintervención pedagóxica?

O estudo empírico céntrase,así mesmo, na interpretación dos datosobtidos. Á marxe dunha maior concre-ción nos seguintes apartados, cómpredicir que no inicio do estudo empíricoo cuestionario elaborouse en tres pro-tocolos específicos para alumnos, pro-fesores e directores de centros desecundaria, coa condición xeral de sercentros que estaban a utilizar as TICna educación. Esta condición foi deter-minante, porque non se trata de facerun exame do sistema educativo, senónde consultar os que están a empregar anova tecnoloxía para contar coa súaexperiencia. O cuestionario estrutúraseen sete apartados:

• Datos de identificación• Uso e recursos do centro• Formación e competencia

en novas tecnoloxías• Actitudes cara a Internet• Repercusións ou valora-

cións do uso de Internet no centro• Suxerencias para a poten-

ciación do uso de Internet no centro• Orientacións para un plan

estratéxico.O estudo empírico elabórase

atendendo ás seguintes orientaciónsxerais que se derivan do estudo teórico:

1. O papel dos directivos éfundamental para vencer as resisten-cias ás innovacións, tanto se se trata depromover a innovación, como de favo-recer o seu arraigamento.

2. Potenciar a planificacióndo proceso de implantación das inno-vacións, atendendo ao contorno propi-cio para a educación electrónica,supón incidir nas condicións básicaspara pór de relevo os procesos infor-mativos, promover e facilitar a partici-pación, favorecer o consenso das per-soas clave e, por último, consolidar acredibilidade.

3. Dende o punto de vista dainnovación, o contexto convértese noreferente por excelencia. A autonomíainstitucional, o papel das autoridades eo compromiso dos pais son áreas clavedo contexto externo vencelladas a pro-cesos de calidade.

4. Analizar a capacidade dosistema escolar para a educación elec-

Page 7: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Recensións 285

trónica leva consigo abordar o sistemaescolar dende o punto de vista de:

• A dispoñibilidade dos novosmedios.O incremento da segurida-de no manexo dos mesmos,que vai acompañada da ten-dencia cara á simplificacióndo seu uso.

• A adaptación dos sistemasde educación á sociedadedo coñecemento e a inte-gración da sociedade dainformación na escola.

5. Analizar a cultura organiza-tiva do centro escolar para impartir aeducación electrónica leva a examinaro sistema dende o punto de vista de:

• A idoneidade socio culturaldo sistema tecnolóxico deeducación electrónica

• A oportunidade organizati-va para o sistema tecnolóxi-co de educación electrónica

• A coherencia ideolóxica ins-titucional respecto da filoso-fía do sistema tecnolóxicode educación electrónica

• As infraestruturas dispoñi-bles para a educación elec-trónica

• O nivel de coñecementosda poboación escolar.

6. Establecer directrices deorientación de Plan estratéxico do cen-tro respecto da educación electrónicaentraña, no contexto da innovación,propiciar un proceso de reflexión

estratéxica que afecta aos implicados.Como conclusión xeral desta

segunda parte, podemos afirmar queos tres sectores son partidarios da inte-gración das NNTT nos centros e nasaulas, pero con distintos enfoques. Osalumnos veno útil como axuda para asúa formación e desenvolvemento per-soal, e os directores e profesores para asúa mellora profesional. Os directoresparecen ser os máis pragmáticos encanto ás repercusións que pode ter ouso de internet e TIC en alumnos eprofesores, pero estes últimos, a pesarde recoñecer que a relación alumno-rede pode traer beneficios, maniféstan-se máis pesimistas ante esta nova cul-tura organizativa; non obstante, osalumnos adoptan unha posición inter-media entre directores e profesores.

Para finalizar, e como conclu-sión xeral, defende que o compoñentedas TIC da/na educación nos vai apor-tar non só una mera reflexión acerca doobxecto da mesma, senón tamén uncoñecemento do obxecto xurdido dareflexión sobre a experimentación napráctica, que dá lugar á posible valida-ción de modelos de organización doselementos que forman a realidade edu-cativa, a optimización no emprego derecursos a través da súa análise, e oestablecemento de orientacións para aavaliación da aprendizaxe xunto aoprogreso noutros ámbitos específicos.A necesidade de dispoñer de modeloscomo recurso para o desenvolvementotecnolóxico por parte do profesorado,

Page 8: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

286 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

leva consigo unha formulación profun-da, tanto do sentido como do significa-do das diferentes propostas sobremodelos de intervención. Este proce-der didáctico debe ter carácter sistémi-co e construirse sobre a planificación, acondución e a avaliación do proceso deaprendizaxe fundado nas necesidades ecoñecementos dos educandos e, ade-mais, no entendemento da relaciónensino-aprendizaxe como un fenóme-no social (corrente hermenéutica) e quepon a énfase na análise dos sistemassocial e escolar (corrente sociocrítica).

Prevexo xa que logo, que estasinteresantes reflexións arredor dasociedade dixital terán un gran futurono eido educativo, que virá caracteri-zado pola interconexión das escolas, aestimulación no desenvolvemento doscontidos educativos e a formación doprofesorado como elementos funda-mentais, aínda que non suficientes.Porque a difusión dos usos dos multi-

media educativos depende, así mesmo,dunha mellor formación e informacióndos docentes, para poder adaptar asprácticas pedagóxicas, da direccióndos centros, dos responsables da edu-cación e da política. En particular, pre-císase sensibilizar os políticos sobre anecesidade de implantar un contextopropicio, que faga posible a creaciónde redes de escolas con software edu-cativo, así como foros de debate entredocentes, profesionais da Pedagoxía edirectores de centros.

En definitiva, trátase dunlibro de interese para comprendercómo institucións, profesionais esociedade, en xeral, están implicadosno proceso de desenvolvemento daeducación electrónica, que lles permi-te acceder á experimentación e á valo-ración de novos enfoques pedagóxi-cos, necesarios para que poida ser asu-mido o cambio que supón o reto dasociedade dixital.

Teresa María Gutiérrez MoarUniversidade de Santiago de Compostela

Page 9: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

O profesor Antón Costa, titularda Universidade de Santiago deCompostela, desenvolve o seu labordocente impartindo a materia deHistoria da Educación en Galicia, ecomo compendio da súa traxectoriainvestigadora ofrécenos este traballo.Non se trata dunha publicación especí-fica dun momento histórico do devireducativo en Galicia, senón dunhavisión enciclopédica que comprendedezaseis séculos. A obra de AntónCosta centráse no eido educativo, á vezque reflicte directa ou indirectamenteoutros ámbitos do saber como a filoso-fía, a política e a cultura.

Ao abranguer dende a romani-zación ata a actualidade, estrutúrase endez capítulos, os tres primeiros fíxansena análise dos fenómenos educativos eculturais no período que abarca a histo-ria antiga e medieval. Do cuarto aooitavo analiza o treito do AntigoRéxime coa inserción da etapa daIlustración. Os dous últimos capítulosinclúen a historia contemporánea, osséculos XIX e XX.

Ao longo do traballo, o lectorachégase ao desenvolvemento cultural,da historia, da ideoloxía, do sistema

educativo dende unha perspectivaeuropea, española e galega, facendofincapé na realidade da cultura. A reco-lla de material e información levouse acabo logo dun percorrido por diversasbibliotecas galegas, así como polosmosteiros repartidos pola nosa xeogra-fía. A publicación tamén conta cunhabibliografía xeral e con dous índices,un analítico e outro onomástico, quefacilitan a busca de referencias e deconceptos. A obra remata cunha selec-ción de 48 textos de diverso xorne: uns,xornalísticos; outros, literario-adminis-trativos; algúns, históricos e un meiran-de número, pedagóxicos.

Todo o volume amosa un coi-dado traballo de recompilación dematerial gráfico: imaxes, fotografías,recortes, reproducións, etcétera, quefacilitan o achegamento a través daimaxe á realidade educativa de cadaépoca.

Como historia da educación eda cultura en Galicia, a obra permíte-nos comprender e explicar os trazossubstanciais do noso pasado educativoe do noso desenvolvemento cultural através dun discurso teórico, á par queempírico, cando plasma o quefacer dia-

Autor: COSTA RICO, A.Ano: 2004Título: Historia da educación e da

cultura en GaliciaLugar: VigoEditorial: Xerais

Page 10: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

288 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 –

rio da educación na comunidade edu-cativa galega.

O libro comeza co espertarcultural de Galicia dende a romaniza-ción e a cristianización (primeiro capí-tulo), pasando por diferentes modeloscomo a escolástica, empregada nas ins-titucións universitarias para a constru-ción e a elaboración do coñecemento(segundo capítulo) e a evolución edesenvolvemento educativo e culturalde Galicia e dos galegos entre os sécu-los XII e XV (terceiro capítulo), a apa-rición da imprenta, as reformas relixio-sas e o descubrimento do novo conti-nente americano configuran un novopanorama cultural, político e social, doque se dá razón no cuarto capítulo. Oquinto centra o seu interese no séculoXVII, no emerxer da educación popu-lar e, asemade, nos procesos de alfabe-tización e de escolarización.

Cómpre destacar dentro daobra a época da Ilustración (sexto capí-tulo) con preto de trescentas páxinas,onde o autor nos instrúe sobre a impor-tancia que a educación pasa a ter aoconverterse nun problema de Estado,nacendo así a escola pública. Estaetapa é o berce da alfabetización nopaís de Breogán, no que a emigración eas actividades mercantís do momentovan requirir estes saberes.

O sétimo e o oitavo capítulocomprenden a historia cultural e educa-

tiva en Galicia durante o AntigoRéxime, co agromar de diversos perso-eiros dende a igrexa, a nobreza e osdiferentes marcos científicos no propiocontorno galego ou en ultramar.

Os dous últimos capítulos,como xa sinalamos, resérvanse para osséculos XIX e XX. Comentánse nelesas influencias educativas doutras reali-dades alleas á galega, países europeos,e tamén o acordar pedagóxico no últi-mo século coa democratización socialque inculca ritmos novos ao desenvol-vemento educativo e social galego.

Este ensaio foi valorado moipositivamente dende diversos espazos,intelectuais e sociais, acadando diver-sos premios e recoñecementos. Comoben indica o profesor Escolano no pró-logo, tratáse dunha historia marcada-mente contextual e comparativa, naque os feitos non só se integran nunhaperspectiva global, senón tamén enámbitos máis amplos como España eEuropa. Esta é, ademais, unha contri-bución valiosa que colabora á mellorado proceso de normalización lingüísti-ca que está a florecer en Galicia.

Concluimos, e facémolo pen-sando que o traballo favorece o pensa-mento prospectivo, cara a un afonda-mento da historia da educación en Gali-cia en cada período marcado. En defini-tiva, trátase dunha obra de interese paraestudantes e profesionais da educación.

Mª Esther Olveira OlveiraUniversidade de Santiago de Compostela

Page 11: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

As diversas transformaciónssociais, económicas, políticas, labo-rais.... sucedidas nas últimas décadasconfiguran unha sociedade cada vezmáis complexa. Ao abeiro dun novoescenario social, van xurdindo novoshorizontes educativos no eido daantropoloxía, temática que aborda apresente publicación.

Dende a vocación pedagóxica,falar da relevancia do tema desta obra,é unha obviedade, xa que a antropolo-xía da educación, que subxace naantropoloxía social e cultural, é a quenos ofrece os alicerces necesarios paraentender como se educan os sereshumanos nunha cultura concreta, istoé, como a civilización se transmitedunha cultura a outra.

Ante a necesidade de crearforos de debate sobre as novas deman-das da educación dende a perspectivaantropolóxica, o catedrático deAntropoloxía Social da UniversidadeComplutense de Madrid e académiconumerario da Real Academia deCiencias Morales y Políticas, CarmeloLisón Tolosana, editor desta obra, eoutros expertos no tema, souberon

plasmar coas súas achegas diferentesproblemáticas, unhas xa coñecidas, eoutras xurdidas a partir do actual con-texto social, político e económico.Temas coma os valores, a acultura-ción, as aprendizaxes cívicas, a inmi-gración e a formación artística profe-sional son tratados con rigor e preci-sión nos oito capítulos nos que seestrutura a obra.

No capítulo primeiro, DeAnthropológica Educatione, CarmeloLisón Tolosana ofrécenos os elemen-tos fundamentais para introducir o lec-tor na antropoloxía da educación e osseus novos horizontes na sociedadeactual.

A continuación, RicardoSanmartín Arce centra a súa exposi-ción no estudo dos valores, facendoespecial fincapé na súa definición,natureza, estados e modos de funcio-namento.

¿Que antropoloxía da educa-ción debe impartirse aos futuroslicenciados en Pedagoxía? é a pre-gunta á que se intenta dar resposta noterceiro capítulo. Para iso, tócansecuestións referidas ás relacións entre

Autor: LISÓN TOLOSANA, C. (Ed.)

Ano: 2002Título: Antropología: horizontes

educativosLugar: GranadaEditorial: Universidade de Granada

Page 12: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

290 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

cultura e educación, a orixe da antro-poloxía da educación e os seus dife-rentes enfoques.

Formular en qué sentido haique redefinir, ou encher de contidocívico o sentido da sanción paragarantir a súa utilidade no mantemen-to da orde viaria é o tema do capítuloseguinte. A partir dunha primeira refle-xión sobre a sanción, formúlanse dese-guido tres interrogantes: ¿Enténdese osentido da sanción? ¿Cobre a sancióntotal ou fragmentaria o ámbito socialdo erro e o delito viarios? ¿Modifica,unha vez aplicada, as condutas nadirección de incrementar o civismoviario entendido como tránsito socialtecnificado? que se irán esclarecendo amedida que avanzamos na súa lectura.

Alessandro Simonicca aproxí-manos no capítulo quinto, a un temaclave na área antropolóxica-social, aaculturación –proceso polo cal o con-tacto continuo entre dúas ou máissociedades diferentes xera un cambiocultural–, ofrecéndonos un exemplode como se produce este proceso den-tro dun determinado contexto, o casode Siena.

A peculiaridade da formaciónartística profesional é abordada porMiguel Figueroa-Saavedra no capítulosexto, quen parte da análise da realida-

de formativa dos estudantes de arte enos introduce na complexidade dunmundo no que existe unha rupturaentre o academicismo da actividadepedagóxica e a autenticidade da activi-dade creadora.

O tema da inmigración e aeducación é tratado no capítulo séti-mo, onde se analizan as incidenciasque o fenómeno da inmigración está aprovocar na escola e como se formulaesta situación no caso dos alumnosprocedentes da área latinoamericana.

O tema dos valores seguesendo obxecto de estudo no libro,agora tratado dende o ámbito familiar.Deste modo, Petra Mª Pérez Alonso-Geta ofrécenos no último capítulo,información sobre o concepto de valoren educación, a forma e o contido dosestilos familiares de crianza e educa-ción, sen esquecer, por suposto, aimportancia da transmisión dos valo-res como parte da educación familiar.

Finalmente, cabe dicir, quenos atopamos ante unha obra na que seharmoniza a diversidade das achegasdos seus autores coa coherencia xeraldo texto. Unha obra moi útil para osfuturos licenciados en Pedagoxía epara aqueles que desexen ter un maiorcoñecemento dos novos horizonteseducativos da antropoloxía.

Mª Josefa Mosteiro GarcíaUniversidade de Santiago de Compostela

Page 13: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

O eixe sobre o que se vertebraa obra Malestar laboral en profesoresé a percepción do modo de expresióndos profesionais do ensino universita-rio sobre a súa insatisfacción laboralcando experimentan estrés laboral –seo traballador nota que non conta cosrecursos necesarios para afrontar asdemandas que se lle formulan– e/ou,no caso de que este estrés ocupacionalse volva crónico, estar ante a presenzada síndrome de burnout. Así, pódesedicir que nos movemos na polaridadeobxectividade-subxectividade domalestar docente que ameaza o benes-tar obxectivo e subxectivo do profeso-rado universitario.

Os autores preguntan ¿por quecentrarnos neste colectivo de profesio-nais? A resposta é clara e oriéntasecara ás cuestións seguintes:

1ª.A súa pertenza a estecolectivo,

2ª. A existencia de poucos tra-ballos empíricos neste nivel educativo

3ª. O saber que ao identificaros factores do malestar laboral, sepoderán implantar estratexias de pre-vención e intervención que busquenpotenciar un benestar laboral dos

docentes, coa intención de que reper-cuta positivamente no seu desempeñoprofesional.

Mª José Santiago Mariño eJosé Manuel Otero-López desenvolveno seu labor docente e investigador noDepartamento de Psicoloxía Clínica ePsicobioloxía da Facultade de Psicolo-xía na Universidade de Santiago deCompostela (USC). Algúns dos seustraballos xiran en torno aos seguintestemas: consumo de drogas entre osadolescentes, delincuencia infanto-xuvenil, psicoloxía da personalidade,alcoholismo, estrés laboral, etc.

A obra estruturouse en cincocapítulos. O primeiro denominado «Lasseñas de identidad del malestar laboral:un acercamiento histórico conceptual alestrés y al burnout» ocúpase da análiseterminolóxico-conceptual do fenómenodo estrés e a síndrome do burnout.Finaliza coa busca de elementos inte-gradores que permitan indicar a amplarede de similitudes e diferenzas queposúen, se a nosa intención é a de per-filar que é o malestar ocupacional.

No capítulo segundo, «Unacercamiento a los elementos del pro-ceso: las fuentes y la respuesta de

Autores: SANTIAGO MARIÑO, M. J.e OTERO-LÓPEZ, J. M.

Ano: 2005Título: Malestar laboral en profesoresLugar: GranadaEditorial: Grupo Editorial Universitario

Page 14: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

292 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

estrés como ingredientes», estuda obinomio estímulo-resposta configura-dor de situacións de estrés ao ladodoutras variables que modulan comose perciben os estímulos estresantes ecomo median nas distintas respostas.As cuestións analizadas fan referenciaa que é un estresor, cáles son as situa-cións potencialmente estresantes nanosa vida cotiá e profesional, cal é apolaridade obxectividade-subxectivi-dade do estrés e os estresores que ame-azan o benestar dos individuos, quétaxonomías se realizaron, cáles son asreaccións dos individuos ao estrés.

«Variables moduladoras en laexperiencia de estrés: la importanciadel apoyo social, el afrontamiento y lapersonalidad» é o contido a desenvol-ver no capítulo terceiro, cuxo punto departida é a abordaxe do estrés comofenómeno multifactorial que obriga aunha postura interaccionista.

Os inicios da dimensión empí-rica do malestar laboral docente son asclaves do capítulo cuarto, «Estrés, bur-nout e insatisfacción laboral: rastrean-do la evidencia empírica». A súa fina-lidade é buscar e analizar informes,artigos de prensa, revistas, libros einvestigacións nacionais e internacio-nais referidas ao estrés e o seu interesee máxima actualidade no quefacerinvestigador.

Por último, o capítulo quinto«Estrés, burnout e insatisfacción labo-ral en los profesores universitarios: unestudio empírico» presenta a realidade

concreta dos docentes da Universidadede Santiago de Compostela (USC).Tomando como base o contido teóricodos capítulos anteriores, articúlase aanálise da realidade baixo as dimen-sións seguintes:

a) Elección dunha poboaciónde “alto risco” como diana da investi-gación: os docentes universitarioscomo suxeitos de investigación.

b) A integración das variablesmáis alá das “partes”. Chegar a unmodelo integrador para explicar oestrés e o burnout.

c) A busca de puntos en comúne diferenzas: un achegamento á “iden-tidade” dos fenómenos do estrés e doburnout.

Nesta investigación realizá-ronse dous estudos. O Estudo I tencomo obxectivo examinar o estréslaboral e o burnout nos profesores uni-versitarios en función dun grupo devariables e o Estudo II saber cál é anatureza e o alcance do estrés, a insa-tisfacción laboral e o burnout no pro-fesorado universitario.

As conclusións máis sobresa-íntes que podemos tirar do estudo teó-rico e da dimensión empírica destaobra sobre o achegamento ao malestarlaboral dos docentes universitarios,son:

Primeira, as fontes de estrésmáis destacadas son os conflitos per-soais, a falta de apoios, as problemáti-cas específicas da docencia e a elevadaburocratización.

Page 15: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Recensións 293

Segunda, a orde da sintomato-logía é cognitiva, física e emocional.

Terceira, existen diferenzassignificativas entre os estresores labo-rais e o nivel de estrés e burnout que osdocentes manifestan a priori.

Cuarta, a maioría da sintomato-loxía cognitiva, física e emocional pre-senta diferenzas estatisticamente signi-ficativas co grao de estrés e burnout queos docentes manifestan a priori.

Quinta, constátase unha rela-ción positiva e significativa entre oestrés, a insatisfacción laboral e oburnout.

Sexta, as variables persoais,sociais e extralaborais manteñen aso-ciacións estatisticamente significati-vas cos tres indicadores do malestarlaboral.

Sétima, na busca de explica-cións-predicións do estrés, da insatis-

facción laboral e do burnout interve-ñen variables persoais, relacionais elaborais.

Oitava, a práctica totalidadedas estratexias de afrontamento activase pasivas predín o malestar laboral, édicir, para poder explicalos temos querecorrer á reestruturación cognitiva, áresolución de problemas, á expresióndas emocións, aos pensamentos ansio-sos e á retirada social.

Novena, débese buscar a con-sideración conxunta de todas as varia-bles para explicar as tres manifesta-cións do malestar laboral na docencia.

Por último, a necesidade deseguir realizando investigacións quevelen polo estado de “saúde laboral”dos docentes universitarios, redundan-do os devanditos resultados nunhamellora das condicións laborais a finde garantir a súa calidade.

Mª del Carmen Gutiérrez MoarUniversidade de Santiago de Compostela

Page 16: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores
Page 17: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Como o seu título indica, Elviaje a la felicidad de Eduardo Punsetacércanos ás principais teorías científi-cas sobre a felicidade. É esta unha obrafroito dunha investigación que parte deencontros e conversas cos maioresespecialistas científicos sobre o tema.

O autor naceu en Barcelona no1936. É licenciado en Dereito polaUniversidade de Madrid e realizou unmáster en Ciencias Económicas polaUniversidade de Londres. A súa carrei-ra política vincúlase ao seu destacadopapel na apertura de España ao exte-rior, como Ministro de Relacións paraas Comunidades Europeas. ComoConseller de Finances da Generalitatde Cataluña participou na implantacióndo estado das autonomías, e comoPresidente da delegación doParlamento Europeo para Polonia,tutelou parte do proceso de transforma-ción económica dos países do leste trasa caída do Muro. Exerceu tamén comoredactor económico da BBC e comoDirector Económico da edición paraAmérica Latina do semanario TheEconomist, e economista do FondoMonetario Internacional na área doCaribe. Especialista en temas de

impacto das novas tecnoloxías, inter-viu, así mesmo, en diferentes proxectose con diversas institucións, como porexemplo, no Plan Estratéxico para aSociedade da Información en Cataluña,do que foi coordinador. Actualmente éprofesor de Ciencia, Tecnoloxía eSociedade na Facultade de Economíado Instituto Químico de Sarrià(Universidade Ramón Llull) e dirixe epresenta en Televisión Española o pro-grama de divulgación científica Redes.

O libro é unha interesanteaproximación á felicidade e aos seuscondicionantes: as emocións, o estrés,os fluxos hormonais, o envellecemen-to, os factores sociais, económicos,culturais e relixiosos, etc. Un discursoque nos desvela os máis recentes des-cubrimentos científicos en torno a estetema, e que no seu capítulo final nospropón a fórmula da felicidade.

Segundo o autor, a felicidadepreocúpanos hoxe porque a nosa espe-ranza da vida duplicouse en pouco máisdun século. Cunha esperanza de vidade trinta anos, a humanidade non seformulaba ser feliz máis que nunhavida espiritual futura, despois da morte.Pero actualmente, a poboación conta

Autor: PUNSET, E.Ano: 2005Título: El viaje a la felicidad. Las

nuevas claves científicasLugar: BarcelonaEditorial: Ediciones Destino S.A.

Page 18: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

296 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

con corenta anos redundantes que llegaranten un futuro e lle poden permitirser feliz “aquí e agora”. Esta tarefarequire reequilibrar o investimento dosrecursos limitados, dedicados á perpe-tuación da especie e ao puro mante-mento do organismo. Ata ao momentoa maioría destes recursos destinábanseá reprodución, xa que a existencia doorganismo era case efémera. Non obs-tante, hoxe temos que investir máis enmantemento, dando máis posibilidadesa alcanzar a felicidade.

Pero, ¿cales son os factoresque inflúen na nosa posibilidade deser felices? Punset divídeos en trescategorías: os netamente redutores, acarga herdada e o resto de factores.Antes de analizar cada apartado debe-mos ter en conta que a felicidade épasaxeira e momentánea, polo quenon debemos esperar un estado per-manente. Dentro do primeiro grupo decondicionantes, os factores que redu-cen as nosas posibilidades de felicida-de, encóntranse en:

• O feito de que primordial-mente, a felicidade é a ausencia demedo, e, por extensión, de dor.

• A necesidade de filtrarescrupulosamente todas as instruciónscon base na memoria grupal. En pri-meiro lugar, é necesario recoñecer quetodos os réptiles e mamíferos compar-timos a resistencia ao cambio e á novi-dade, aínda que este instinto se conta-rreste coa curiosidade, sen a que nonsobreviriamos. Ademais, o avance

supón a miúdo a ruptura de esquemasconceptuais moi asentados.

• Que non é necesario coordi-nar o que se coordina de seu, coma osprocesos automatizados, cun alto graode eficacia. Os procesos non automati-zados consomen máis recursos e estánmenos perfeccionados.

• O desaprender da maiorparte das cousas que nos ensinaron, xaque é moito máis importante queaprender.

Na obra formúlase que asícomo todos nacemos cunha estaturapredeterminada, tamén o facemos cunpunto límite de inflexión no nivel defelicidade. A porcentaxe na que axenética se impón neste caso, estímasenun cincuenta por cento. Así, os facto-res que configuran a carga herdada nabusca da felicidade, son os seguintes:

• Todos somos mutantes,aínda que algúns máis que outros.Cada embrión xera de media entre trese catro mutacións exclusivas no seuxenoma que van en detrimento da súasaúde. O autor enlaza este tema co dabeleza, formulando a teoría de que osseres portadores dun equilibrio básicoe conxénito posúen unha posibilidademaior de ser portadores, non só da feli-cidade, senón tamén da beleza.

• O desgaste dos materiais éinevitable. As medidas dirixidas a com-pensalo esixe unha diferenciación indi-vidual nas capacidades rexenerativas.

• Unha variedade non progra-mada do desgaste de materiais é o

Page 19: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Recensións 297

envellecemento. Na medida en queningún xen nin mecanismo xenéticoten nalgún momento a función de inte-rromper os procesos vitais, o homenon está programado para morrer.

• O exercicio obxecto dopoder político é unha carga herdada,dado que os cambios culturais sonextremadamente lentos. Como socie-dade complexa, a nosa, é unha socie-dade vulnerable. A degradación dasliberdades políticas carrexa un cata-clismo nos niveis de felicidade indivi-dual, mentres que aumenta o seu nivelen función dun maior grao de partici-pación dos cidadáns nas tarefas políti-cas. Isto contrasta coa xeneralidade deque cando facemos uso dun ben públi-co, non asumimos o custo real dasnosas accións.

• Aos humanos bástalles ima-xinar unha situación na que o vanpasar mal para desencadear as súasemocións básicas e a súa secuela defluxos hormonais, o que non sucedenoutras especies animais, nas que osestados de alerta duran o xusto para sesalvar dun perigo real e inminente.

Respecto aos outros factoressignificativos da felicidade, recóllensena obra:

• A emoción é un factor deter-minante para calquera proxecto. Senon existe, nada do que se faga terávalor. Ademais, todos os procesos seinician e culminan coa emoción, antese despois dun proceso racional. Anteos razoamentos lóxicos, as decisións

importantes tómanse en función dasemocións. Todos os proxectos que secinxen ao cumprimento estrito dosintereses materiais e persoais a curtoprazo, carecendo dun elemento trans-cendental, están condenados ao fraca-so invariable.

• Cómpre dedicar máis recur-sos ao mantemento e menos ao inves-timento.

• Só vemos e imaxinamos oque estamos acostumados a ver. Nesteaspecto inflúe a obcecación debido aodogmatismo ideolóxico, pero tamén ofeito de que o noso sistema de percep-ción visual unicamente se activa coque se está afeito a ver. Así, a meiran-de parte das persoas non ven os deta-lles, só se centran no conxunto. Paraacadar a felicidade é imprescindiblechegar a visualizar os detalles, as par-tes e transcender as aparencias. Nabusca e na expectativa radica dita feli-cidade, o que supón cambiar o ensi-mesmamento polo espírito multidisci-plinar e a capacidade metafórica. Áparte, os humanos somos os únicosanimais con emocións mesturadas, porexemplo, somos capaces de amar eodiar á vez.

• O pracer, o benestar e a feli-cidade radican no proceso de busca enon tanto na consecución do ben dese-xado. Tal e coma o expresa Punset: “Afelicidade está agochada na sala deespera da felicidade” (p. 32). Candotentamos acadar ou esperamos algoque desexamos, encéndense os circuí-

Page 20: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

298 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

tos da busca situados no hipotálamo docerebro, que alerta os resortes de pra-cer e felicidade, e que se apagan aoconseguir o esperado.

• Os chamados factores exter-nos ou grandes mitos, coma o traballo,a saúde, a familia, os cartos, a educa-ción e o grupo étnico, teñen un impac-to modesto nos niveis de felicidade, aexcepción das relacións interpersoais.

En relación a este último apar-tado, o aumento dos niveis de infelici-dade no mundo de hoxe explicaríanse,en parte, polo investimento excesivo enbens materiais, en detrimento de valo-res de mantemento máis intanxibles.Un dos factores determinantes son oscompromisos que sexamos quen deadquirir cos demais. Polo tanto, a feli-cidade depende en grande medida dasactitudes e valores vinculados ao man-temento da especie en condicións sos-tibles. Por outro lado, os factores máisdestrutivos e menos controlados xermi-nan dentro da propia persoa, como atristeza maligna ou depresión. Nestecampo ten unha contribución negativaa permanente “elucubración” do nosocerebro para poder concretar o quesucede no exterior da persoa, por mordas súas limitacións. O cerebro creamodelos abstractos e case perfectos,que contrastan coa trivialidade da vidacotiá, dando lugar a un estado de insa-tisfacción constante que estaría na baseda depresión xeneralizada.

Unha das principais reclama-cións que o autor lle fai ao sistema

educativo é o seu carácter competitivo,que non se detén a fomentar unhasociedade cooperativa e máis segura.O modelo competitivo non requireempatía coas emocións e necesidadesdos outros, e réxese por unha escala deresultados e non de valores. Por outrolado, mentres que no mundo adulto, undos grandes atrancos para ser feliz é amanía de compararse cos outros, omodelo educativo imperante consisteen pechar nun espazo reducido ungrupo de nenos da mesma idade paraque desenvolvan as mesmas aptitudesen condicións competitivas extremas,mentres aprenden a se comparar cons-tantemente. A comparación é unhafonte de frustracións e inseguridades.

Mención á parte merecen asartes plásticas e a música que produ-cen un sentimento de benestar. A músi-ca, ao actuar sobre o sistema nerviosocentral, aumenta os niveis de endorfi-nas. As respostas pracenteiras ante asartes están correlacionadas coa activi-dade das rexións do cerebro implica-das nos mecanismos de recompensa eemoción. Na consecución de pracer, osefectos son equiparables aos obtidospolo sexo e as drogas, xa que incidenna mesma área cerebral, só que senposibilidade dun control factible des-tas últimas e cuns efectos secundariosde sobra coñecidos.

Ademais de iluminar o nosocamiño cara á felicidade, e talvez poriso, o libro estea na súa sexta edición, epor levarnos a reflexionar sobre a nosa

Page 21: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Recensións 299

implicación na propia felicidade.Porque aínda tendemos a crer que tantoa fonte da felicidade como a da desgra-za depende só doutros. A obra analiza aimportancia dos diferentes estamentosque forman parte da nosa vida diariacomo as decisións políticas, o poder e oseu abuso por parte dos gobernos, osistema educativo... No que toca a esteúltimo, é obvio que unha das principaistarefas dun sistema educativo eficaz éconseguir un desenvolvemento integraldas persoas que por el pasan, e istoengloba tamén a felicidade destes indi-viduos. Non se trata tanto de “facelosfelices” como de conseguir que razoen,comprendan, asimilen e cheguen a uti-lizar no seu favor todos os factoresanteriormente expostos, que inflúen nasúa posibilidade de ser felices.Ningunha sociedade poderá darlle vía álóxica cooperativa e ao desenvolve-mento individual, se o seu sistema edu-cativo non ensina a pensalo.

É esta unha obra de lecturadoada, aínda que densa en contido eque racha moitos dos prexuízos actuaissobre a influencia case exclusiva defactores externos na nosa felicidade.Ao longo das súas páxinas aprende-mos que existe unha serie de factoresherdados e factores redutores que difi-cultan a nosa “viaxe á felicidade”. Nonobstante, coñecendo como se desenca-dean e evolucionan, en certa medidapoderemos contrarrestalos a partir dosfactores significativos. Temos que teren conta que a felicidade depende engrande medida do afán que cada unpoña na tarefa. Ademais, formúlase anecesidade de restablecer escalas devalores claras e relacións de coopera-ción social e solidariedade, que nospermitirán vivir nun medio máis favo-rable ao logro da tan ansiada felicida-de ¿Como podemos obviar os educa-dores unha tarefa tan importante para ofuturo dos nosos alumnos?

Silvana Longueira MatosUniversidade de Santiago de Compostela

Page 22: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores
Page 23: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

A obra é un prontuario sobre aeducación social en toda a súa ampli-tude, que realiza, á par, unha análiseseria, metodolóxica e sistemática desteámbito educativo. É, polo tanto, untraballo teórico-práctico que lles per-mite aos profesionais do eido social,do eido educativo e aos estudantes dasFacultades de Ciencias da Educaciónpensar e repensar sobre o devir do seulabor diario.

Como ben indica o profesorAltarejos no prólogo, un acerto dela éreferir a educación social ás persoas,pois así permite reflectir asemade osdous ámbitos (individual e social) doser humano.

Outro aspecto que cabe salien-tar é que non só tenta darlles respostasaos interrogantes ¿que? e ¿como?abundantes no ámbito educativo,senón tamén ao ¿para que facer?, pre-misa que moitas veces queda solapadapolas dúas anteriores. Tratando de res-ponder aos interrogantes referidos, otraballo estrutúrase en catro partes.

A primeira abrangue toda acuestión epistemolóxica e conceptualó redor deste ámbito. A definición e ospresupostos, que estes autores nos pro-poñen da educación social, é que setrata dunha ciencia práctica, educativa

e social, que á parte de procurar asocialización dos diversos actores,facilita os medios para que cada persoadespregue a súa sociabilidade e sexaprotagonista dos cambios dentro doespazo social no que se desenvolve.Entenden así, que o traballo do profe-sional da educación social, se leva acabo, fundamentalmente, no ámbitonon formal, sen excluír o formal (acti-vidades extraescolares) ou o informal.

En resumo, esta parte sitúa aeducación social diante de catro retos:buscar e definir novos xeitos para for-mar as persoas (aprender a ser); lograrque esas persoas teñan capacidade deadaptarse ao mundo cambiante no queviven sen perder a súa dimensión per-soal (aprender a facer); adaptar e rea-daptar a educación ás dimensións bási-cas dentro da familia e da escola etamén no seu contorno comunitario(aprender a convivir) e, por último,pensar en que temas cómpre educar noséculo XXI (aprender a coñecer).

A segunda focalízase en catroámbitos de actuación: a familia, a comu-nidade, o centro educativo e os mediosde comunicación. Sinálanse como mar-cos principais de referencia para o edu-cador social, porque a partir deles seleva a cabo a superación do individua-

Autores: RODRÍGUEZ, A.,BERNAL, A. e URPÍ, C.

Ano: 2005Título: Retos de la educación socialLugar: NavarraEditorial: Eunate

Page 24: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

302 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

lismo liberal, o fomento de tarefas coo-perativas na aprendizaxe, o valor daaprendizaxe na acción, a diversidade eas súas potencialidades, así como o pro-pio estudo como formador (pp. 77-79).

Na terceira téntase responderaos retos que na actualidade se lle for-mulan á educación social .

- Un deles é o propio traballocoas familias, ás que hai que axudar atomar conciencia que ser familia é unhaaprendizaxe que require formación, domesmo xeito que outros ámbitos.

- A educación para a saúde éun campo máis no que o educadorsocial debe atender os diversos contor-nos e estilos de vida que se proxectannas nosas sociedades.

- Educación para a conviven-cia leva a coñecer, respectar, confiar,colaborar para poder desenvolver pro-xectos comunitarios con éxito.

- A educación para o traballo éclave para o desenvolvemento persoal.

- A educación para a participa-ción social e política, onde asociarse ecrear asociacións, é un dereito que pre-cisa coñecementos tanto cognoscitivose actitudinais como procedementais.Hoxe, a educación para a participaciónsocial e política encamíñase basica-mente a educar para a democracia.

- A educación para o desenvol-vemento e a cooperación comporta tra-ballar cara a unha sociedade participati-va e equitativa para todos os cidadáns.

- A educación para o consumosupón propoñerlle unha axeitada for-mación ao consumidor para que poidaser selectivo e coherente cos seus valo-res á hora de elixir.

- A educación para o medio oambiente implica concienciar sobre ocontorno no que todos estamos obriga-dos a vivir, respectándoo e coidándoo.Por iso, é necesario desenvolver valo-res sociais que faciliten o empregoaxeitado dos medios e recursos dosque dispoñemos.

No cuarto e último bloque pre-séntasenos, a modo de exemplos,algunhas das áreas de actuación máisrelevantes do educador social: a xeron-toloxía educativa indispensable para avida activa e plena nunha sociedade dobenestar, na que a calidade de vida éun elemento fundamental; a animaciónsociocultural que moitas veces tentaencher os momentos de lecer con cul-tura, participación, solidariedade, etcé-tera; ou outros ámbitos cada vez máispresentes como a mediación nos con-flitos intrapersoais, interpersoais ouintergrupais.

Cómpre dicir, xa que logo,que estamos en presenza dun manualde consulta para profesores e alumnosda titulación de Educación Social,extensible, así mesmo, a todo o ámbi-to educativo.

María Esther Olveira OlveiraUniversidade de Santiago de Compostela

Page 25: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Esta obra é froito dun dos con-gresos que cada dous anos organiza aSociedade Española de EducaciónComparada, concretamente do VIIICongreso Nacional de EducaciónComparada celebrado en Salamanca econ título “La Educación Obligatoriaen Europa y Latinoamérica. Situaciónactual y perspectivas de futuro”. Nestecongreso participaron profesores dediferentes universidades do Estadoespañol, así como de Iberoamérica,todos eles vencellados aos estudoscomparados da Educación.

O libro mantén unha estruturaen bloques temáticos que fan referen-cia aos principais temas tratados nocongreso. Os traballos publicados nonson outros que as conferencias (inau-gural e de clausura), así como as con-tribucións máis sobranceiras.

Os responsables do congreso edeste libro foron os profesores daUniversidade de Salamanca, a Dra. DªClementina García e o Dr. D. LeoncioVega, que realizaron, así mesmo, o tra-ballo de recompilación e de revisióndas diferentes contribucións.

Este volume aborda o tema daeducación obrigatoria na sociedadeactual dende diferentes puntos devista. Trátase nel de establecer o quedebemos entender hoxe, nunha socie-dade globalizada, por educación obri-gatoria, confrontando ao mesmotempo dous espazos distintos, Europae América Latina.

Estrutúrase en 9 bloques, nosque cada un alberga de dous a cincoestudos. O primeiro bloque, co que seabre o libro, titúlase “Educación obli-gatoria en perspectiva internacional”e recolle dúas contribucións, resulta-do de dúas conferencias dos profeso-res J. L. García Garrido (“Europa yLatino América: reflexión comparadade sus sistemas educativos) e A.Nóvoa (“Lecturas desde la investiga-ción comparada”). Son, polo tanto,dous estudos que serven de pórtico daobra e que se centran en aspectoscomparados xerais, de grande impor-tancia para poder, en certa medida,interpretar os posteriores, que se vanreferir, como veremos, a aspectosmáis concretos.

Autor: GARCÍA CRESPO, C. e VEGA GIL, L. (Coords.)

Ano: 2005Título: La educación obligatoria

en Europa y LatinoaméricaLugar: GranadaEditorial: Grupo Editorial

Universitario

Page 26: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

304 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

O bloque segundo ofrécenosunha análise da educación obrigatoriaen Europa e denomínase “La dimen-sión europea de la educación obligato-ria”. Componse de tres traballos, queexaminan diferentes aspectos relacio-nados coa temática central, en concre-to, coa análise da comprensión socialdo currículo, a dimensión europea doensino e o modelo europeo de xestiónde calidade.

No terceiro bloque, “La escuelarural: problemas y perspectivas”, apa-recen catro traballos diferentes nosque se analiza a relación entre a esco-la rural e o desenvolvemento humano,a cooperación, a equidade, basica-mente en América Latina, e as políti-cas educativas.

O cuarto bloque, que se centrana “Democratización y exclusión de laescuela”, está composto de cinco capí-tulos. En dous deles faise un estudocomparado, nun sobre o absentismoescolar en España e en Colombia, e nooutro, sobre a educación obrigatorianos textos constitucionais iberoameri-canos. As tres contribucións restantesson achegas esencialmente descritivas,dúas delas sobre España, unha trata aintegración educativa e outra analiza alexislación sobre a educación compen-satoria. Na última revísase o nivel dedemocratización da escola en Francia.

O bloque quinto está dedicadoao financiamento e á privatizacióndeste nivel educativo. Neste caso, estácomposto de tres contribucións, a pri-

meira sobre a escola na casa comoalternativa á educación obrigatoria; asegunda, sobre a globalización instala-da, tendo como exemplo Arxentina,Chile e México; a terceira, sobre apolítica educativa que o laborismoinglés está a poñer en práctica fronte áexclusión social.

O seguinte bloque céntrase nagobernabilidade da educación a travésde catro achegas. Nunha abórdanse asreformas educativas en AméricaLatina, noutra a función directiva,nunha terceira, a influencia que enColombia exercen as tendencias socio-educativas internacionais, e na última,examínase o déficit competencial queteñen as administracións locais enEspaña e, concretamente, en Galicia.

O sétimo bloque componse decatro traballos relacionados coa diver-sidade cultural e a escola. O primeiroanaliza esta situación en Andalucía, osegundo e o cuarto en México, un naeducación obrigatoria e outro na tele-secundaria. Finalmente, o que apareceen terceiro lugar, preséntanos o pro-xecto “Hwijima co’ xirao’ nana” quese está levando a cabo no Brasil.

O bloque oitavo “La formaciónbásica en la escuela obligatoria y lapreparación de los ciudadanos” estáformado por cinco capítulos. Tresdeles referidos á Unión Europea, noprimeiro analízase a preparación dacidadanía, no segundo as competen-cias “polivalentes” no ensino obrigato-rio e no terceiro a implantación da

Page 27: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Recensións 305

educación ambiental, aínda que nestecaso se centra en dous países,Inglaterra e Francia. Os outros douscapítulos fan referencia a América,cunha comparación entre a situaciónde América Latina e España, no pri-meiro e no segundo, co tratamento daformación cidadá en Colombia.

O último bloque contén doustraballos referidos ao profesorado. Oprimeiro, sobre os problemas que paraeste estamento ten a diversidade cultu-ral dende unha perspectiva internacio-nal. O segundo, sobre a RevistaEspañola de Educación Comparadacomo instrumento formativo, tanto ini-cial como permanente do profesorado.

Podemos afirmar que este libronos achega unha serie de cuestiónsque nos permiten aproximarnos ásanálises comparadas da educación, enxeral, o que leva a coñecer as clavespara entender as diferentes situaciónseducativas que se producen nas distin-

tas partes do mundo, en España eLatinoamérica.

Pero, ademais, proporciónanosunha perspectiva comparada sobre osproblemas que poden interesar e preo-cupar na educación obrigatoria, é dicir,preséntanos as diferentes formas queteñen de enfrontarse a estes problemasnos distintos países destas dúas gran-des áreas xeográficas.

E comentar, para finalizar, queeste volume, á parte de ser de interesepara todos os comparativistas, tentamén un gran valor para os alumnosque están a facer estudos relacionadoscoa educación, que buscan saber sobresistemas escolares diferentes aos quecoñecen pola súa experiencia e paracoñecer como se poden realizar estu-dos e análises comparadas das distin-tas situacións educativas, basicamente,sobre a educación obrigatoria, nivel deensino polo que pasan todos os cida-dáns destes países.

Antonio Rodríguez MartínezUniversidade de Santiago de Compostela

Page 28: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores
Page 29: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

A universidade é unha institu-ción secular que, dende sempre e entodas as sociedades, desenvolveuunhas funcións básicas resultantesdunha particular combinación do cultu-ral e ideolóxico, do social e económi-co, dos roles educativos e científicos.

Nos últimos anos experimen-tou cambios importantes que tiveronque ver tanto coa súa propia estruturacoma co seu funcionamento.

O proceso de converxenciaeuropea no que está inmersa a educa-ción superior formula novos retospara a institución universitaria. A res-posta que espera dela, non é simple-mente un cambio nos métodos, nosprocedementos de ensino-aprendizaxeou na avaliación. As transformaciónsteñen máis que ver coas crenzas queconstitúen o núcleo da cultura univer-sitaria dominante. Dous son os princi-pios básicos que configuran o novoEspazo Europeo de EducaciónSuperior: a transparencia dos procesosformativos e a transparencia nos dis-tintos sistemas universitarios dasaprendizaxes adquiridas.

Neste contexto, o sistema uni-versitario ten que aceptar e vaise bene-ficiar dun marco de equilibrio e res-pecto á diversidade cultural e á auto-nomía dos sistemas nacionais, dedefensa da calidade docente e investi-gadora das institucións universitarias,de aposta por uns plans de estudo quefaciliten a inserción profesional dosgraduados e graduadas. En todo caso,a flexibilidade e a adaptabilidade seráncriterios obrigados para atinxir a debi-da harmonía e homoxeneidade nunmarco diverso e dinámico. É taménnecesario que o profesorado universi-tario adquira un novo perfil profesio-nal que lle permita responder axeitada-mente aos novos retos e demandas.

Estas son os temas que, nestaocasión, ocuparon a atención da XXIVedición do Seminario interuniversita-rio de Teoría da Educación, organiza-do conxuntamente polo Instituto deCiencias da Educación e a cátedra deTeoría e Historia da Educación daUniversidade Politécnica de Valencia.

As reflexións procedentesdeste Seminario deron lugar á obra que

Autor: ESTEBAN CHAPAPRÍA, V. (Ed.)

Ano: 2005Título: O espazo europeo de

educación superiorLugar: ValenciaEditorial: Universidade Politécnica

de Valencia

Page 30: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

308 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

pasamos a comentar. A súa edicióncorreu a cargo do vicerreitor deEstudos e Converxencia Europea daUniversidade Politécnica de Valencia,Vicent Esteban Chapapría. Articúlaseen torno a catro relatorios aos que sedebe engadir unha extensa presenta-ción do editor, na que ademais deexpoñer a estrutura da obra, fai un per-corrido amplo pola nova realidade doensino universitario.

No primeiro capítulo “El dise-ño de titulaciones y programas ante laconvergencia europea”, os profesoresGonzalo Jover Olmeda (Coord.),Carolina Fernández-Salinero e MartaRuiz Corbella analizan os anteceden-tes e o marco normativo que sustenta oEspazo Europeo de EducaciónSuperior, para centrarse nos dous eixesda súa concreción pedagóxica: o siste-ma de créditos ECTS e o concepto decompetencia.

Inician o desenvolvementodiscursivo da súa exposición facendoun repaso polos antecedentes e omarco normativo do EEES e recórdan-nos, nas primeiras liñas, que o novodeseño da educación superior máis queunha reforma de plans de estudo,supón unha nova proposta de universi-dade que implica unha reconsideraciónglobal e responde ás necesidades e esi-xencias da actual orde mundial.

A xeneralización do SistemaEuropeo de Transferencia de Créditos(ECTS) constitúe un dos piares do pro-ceso de converxencia dos programas

europeos de educación superior. Aadaptación ao esquema temporal doECTS e as súas implicacións na rede-finición da oferta académica ocupanun amplo espazo neste capítulo e danpaso ao deseño de programas baseadosen competencias. Neste punto, os auto-res realizan unha extensa aproxima-ción ao concepto de competencia eunha proposta de clasificación. Trasesta análise conceptual, perfilanalgúns elementos do deseño de progra-mas de formación competencial nomarco do EEES, tendo en conta quedebe ser un proxecto de actuación noque, a partir das necesidades detecta-das, se efectúe unha previsión sistemá-tica de obxectivos en termos de com-petencias, se definan estratexias, seseleccionen os medios e recursos nece-sarios e se especifiquen os criterios deavaliación.

“El cambio de cultura docenteen la Universidad ante el espacio euro-peo de educación superior” é o títulodo segundo capítulo, elaborado polasprofesoras Amparo Fernández March,Begoña Gros e Teresa Romaña Blay,baixo a coordinación do profesorBernardo Martínez Mut.

A cultura docente, como con-xunto de conviccións compartidas porprofesores e directivos e, mesmo,polos alumnos, está sometida ás pre-sións que a adaptación á ConverxenciaEuropea formula á institución univer-sitaria. Por iso, a resposta non pode serun simple cambio nos métodos e pro-

Page 31: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Recensións 309

cedementos de ensino-aprendizaxe eavaliación, senón que debe afondar ataas crenzas que constitúen o núcleo dacultura dominante na sociedade.

Nun extenso apartado inicialexpóñense as cuestións fundamentaisrelacionadas coa cultura das organiza-cións e, máis concretamente da accióneducativa nas organizacións, queposúe como características máisimportantes a intencionalidade, a refe-rencia a un patrón, a súa adecuación ásdispoñibilidades dos suxeitos e a pre-tensión de normalizar os procesos.

O seguinte apartado ten comocentro de reflexión a cultura docente eo cambio ante a converxencia euro-pea. O proceso de Boloña, co que seinicia dende as institucións universita-rias a resposta aos cambios importan-tes que está a experimentar o ámbitoglobal da educación superior enEuropa, continúa o seu desenvolve-mento. Actualmente, son numerosasas iniciativas desenvolvidas polas uni-versidades europeas coas que se per-segue un obxectivo común, a harmo-nización dos seus sistemas de educa-ción superior.

Os novos roles do profesor é otema que ocupa o último punto destacontribución. A diverxencia entre o roltradicional do profesor, coas súas fun-cións habituais de estudo, preparacióne impartición dun programa e as novasfuncións que parecen requirir as novasmetodoloxías docentes, centradas naaprendizaxe do alumno é un dos cam-

bios que leva de seu o contexto da con-verxencia europea e a progresivaimplantación dos ECTS, que valoranun enfoque docente moito máis centra-do na aprendizaxe dos estudantes.

O terceiro capítulo titulado“Los valores de la educación en elespacio europeo de educación supe-rior” ten como propósito destacaralgúns trazos característicos do sereuropeo, para enmarcar axeitadamenteos valores que se propoñen no EEES.Os seus autores, os profesores JuanEscámez Sánchez (Coord.), PedroOrtega Ruiz e Miguel Martínes Martínanalizan, por un lado, a existencia ounon dun espazo social e culturalcomún aos pobos de Europa e, poroutro, a existencia ou non duns valorescompartidos, propios dos cidadánsdeses pobos.

As diversas Declaracións ofi-ciais que foron conformando o EEES(A Sorbona, Boloña, Praga, Berlín)incidiron repetidamente na vontade depotenciar unha Europa do coñecemen-to, de acordo coas tendencias predomi-nantes nos países máis avanzadossocialmente, nos que a extensión ecalidade da educación superior sonfactores decisivos no incremento dacalidade de vida dos cidadáns.

Neses documentos, os obxec-tivos que enmarcan as propostas queformulan a conveniencia da constru-ción do EEES afirman a vontade deavanzar cara a unha Europa plural,interesada na produtividade, no cultivo

Page 32: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

310 Recensións

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

do esforzo, xa sexa no mundo do tra-ballo, como na da formación e a crea-ción cultural, artística e científica ouno do desenvolvemento tecnolóxico e,á vez, interesada en alcanzar niveisprogresivos de inclusión social e derespecto ao singular e diferente. Sonobxectivos relacionados coa aprendi-zaxe de contidos informativos e proce-dementais e, tamén, con actitudes evalores asociados á profesionalidade, ábusca da verdade, ao sentido crítico, áresponsabilidade, á cidadanía activa,ao respecto e á inclusión social. A pro-posta dos autores avoga por un mode-lo de formación que lles permita apre-ciar aos estudantes os anteriores valo-res como tales, denunciar a súa ausen-cia ou a presenza de contravalores e,sobre todo, que lles permita construírsistemas propios de valores singularesde forma autónoma e dialóxica.

Por último, sinalan que oEEES, no que as universidades euro-peas están implicadas, é unha boaoportunidade para a renovación peda-góxica e a definición de proxectoseducativos e tamén para a análise eproposición de integración de valoresna formación universitaria.

O cuarto e último capítulo“Las competencias en la Secundaria ysu incidencia en el acceso a laUniversidad”, realizado polos profeso-res Jaume Sarramona (Coord.), EmiliaDomínguez, Juana Noguera e GonzaloVázquez formula, como punto de par-tida, o concepto de competencia. A

partir de aí, sinalan que os profesionaisda educación teñen un papel prioritariono proceso de definición e identifica-ción das competencias, sexan estasbásicas, claves ou profesionais, tarefa,á que parece razoable que se sumenoutros sectores da sociedade.

Agora ben, a natureza dascompetencias implica cambios peda-góxicos e didácticos que requiren aprogramación do currículo por compe-tencias en todos os niveis educativos.

Os estudos promovidos entodas as universidades europeas nocontexto do EEES, estruturando osnovos plans de estudos por competen-cias xerais e específicas han de ser uneixe orientativo para vincular as com-petencias dun e doutro tipo da educa-ción secundaria que deben completarcos propios deste nivel. Traballar porcompetencias significa ter en conta osprincipios da pedagoxía activa quecentra a atención no suxeito. Ser com-petente é máis que ser hábil ou exper-to; é ser, cada vez máis, capaz de par-ticipar eficazmente e de forma respon-sable na vida social, utilizando todosos recursos e resortes aprendidos edesenvolvidos ao longo da vida.

No seguinte apartado, os auto-res describen, xunto ao caso portu-gués, o proxecto PISA, un exemploparadigmático de avaliación interna-cional baseándose en competencias.Deseguido formúlanse os problemasda formación das competencias nasentradas e saídas da universidade.

Page 33: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores

Revista Galega do Ensino – Ano 14 – Núm. 48 – Marzo 2006

Recensións 311

O exame da situación actual-retrospectiva realizado ata estemomento do estudo deixa paso, comoúltimo punto, a unha ollada prospecti-va sobre as competencias no marco doEEES.

A presente publicación consti-túe un exemplo de colaboración dediferentes expertos do mundo univer-sitario, que coas súas achegas veñen aclarificar, unha vez máis, o panorama

actual da universidade. E o momentonon podía ser máis axeitado para tratarestas cuestións. Daquela non podemosmáis que congratularnos con esta ini-ciativa que, sen dúbida, responde ásexpectativas dos profesionais da uni-versidade e daquelas persoas interesa-das en que a educación superior garan-ta as necesidades e demandas da socie-dade do século XXI en que ha dedesenvolverse.

Ana Mª Porto CastroUniversidade de Santiago de Compostela

Page 34: Recensións - edu.xunta.es file2. Flexibilidade: Organización espazo-temporal e información dixitali-zada. Afecta ao brainware e ao orgawa-re, así como a educandos e a educadores