páx. 70 “A seda” - WordPress.com · 2020. 3. 23. · C. NATUREZA- UNIDADE 5/ OS ANIMAIS...
Transcript of páx. 70 “A seda” - WordPress.com · 2020. 3. 23. · C. NATUREZA- UNIDADE 5/ OS ANIMAIS...
-
C. NATUREZA- UNIDADE 5/ OS ANIMAIS INVERTEBRADOS (1)
1
Le atentamente na páx. 70 “A seda”.
Responde as cuestións (sen escribilas) e serás quen de coñecer a orixe dos
fíos dos tecidos, e o invento da seda.
METAMORFOSE GUSANO DE SEDA
O proceso de fabricación da seda ocorre do seguinte xeito: críanse
vermes ata a formación da crisálida e recóllense os casulos. Estes
sécanse ao aire e, unha vez que as crisálidas se desecan, amolécense
os casulos con auga, despois límpanse e sácase de cada un deles un
fío.
VOLVORETA
E OVOS
GUSANOS DE SEDA
CRISÁLIDA E CASULOS
Únense varios fíos para formar outros máis grosos e despois
retórcense para que teñan unha maior resistencia. Finalmente,
fórmanse as bobinas de fío.
-
C. NATUREZA- UNIDADE 5/ OS ANIMAIS INVERTEBRADOS (1)
2
Colle diferentes pezas de roupa que tes ordenadas nos armarios e
caixóns. Como manteis, panos, blusas, chaquetas… feitas de algodón, liño,
seda ou la. Tócaas, comproba a súa composición. Podes distinguir os
diferentes tecidos?
Propóñoche varias actividades.
Intenta realizalas todas ou a maioría.
Le a páx. 71. Podes responder as cuestións?
1- Cales son os seis grupos máis importantes de animais invertebrados?
Esta semana vas estudar as páxinas 73 e 74. Primeiro
le o título e os subtítulos. A continuación le atentamente
cada apartado. Atención, se atopas algunha palabra
que non entendes, búscaa no dicionario.
Realiza no caderno as actividades da páx. 73/ 2 e 3. Tamén
as seguinte pregunta. Copia os enunciados na túa libreta.
Busca debuxos, imaxes dos animais estudados. Tamén
podes debuxalos ti.