Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | O … · 2021. 5. 5. · Publicación gratuíta |...

8
Bolen informavo mensual do Concello de Boqueixón Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | www.boqueixon.gal Maio O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra xa está a realizar disntos traballos no terri- torio. Unha das actuacións máis destacadas no munici- pio boqueixonés foi o acon- dicionamento do sendeiro que leva á emblemáca fer- venza do río Ponllón. “Con estes traballos, contribúese a mellorar a accesibilidade a un enclave natural de refe- rencia dentro de Boqueixón, favorecendo, deste xeito, a afluencia de visitantes”, ex- plica o alcalde, Manuel Fer- nández Munín. Outras das actuacións que foron levadas a cabo polas 20 persoas parcipan- tes neste obradoiro de em- prego impulsado pola Xunta e os catro Concellos par- cipantes comprenderon a poda e desbroce na contor- na da Escola Unitaria e no Campo da festa de Codeso. Ademais, realizáronse tare- fas de acondicionamento na área recreava de Orto. Proximamente, desenvolve- ranse os labores de podas e melloras na vexetación do Pico Sacro e diversos desbroces nos camiños de Noente-Ledesma, Pazos- Lestedo, Castro-Oural, San- taia-Codeso e Santaia-Vigo. Segundo explicou a di- rectora do Obradoiro de Emprego, Fáma Gómez, “as actuacións nos disn- tos municipios combínanse coas sesións teóricas. Nes- tes primeiros meses estanse a levar a cabo desbroces e podas para despois proce- der á disntas accións de repoboación forestal”. O Obradoiro de Emprego conta cun total de 20 per- soas parcipantes -5 por Concello-, que cursan as es- pecialidades de Acvidades auxiliares en conservación e mellora de montes e Repo- boacións forestais e trata- mentos silvícolas. A inicia- va finalizará en setembro. O Obradoiro de Emprego acondiciona varios espazos naturais de Boqueixón As primeiras actuacións leváronse a cabo na contorna da fervenza de Ponllón A Xunta desenvolve o programa de bonos Acva Comercio A Vicepresidencia Segun- da e Consellería de Eco- nomía, Empresa e Innova- ción ten aberto o prazo de adhesión ao seu Programa de dinamización e incen- vación do consumo nos comercios retallistas de Galicia a través dos bonos Acva Comercio. Esta ini- ciava pretende dinami- zar o comercio da comuni- dade autónoma. As empresas interesadas teñen ata o 15 de maio para formalizar a súa soli- citude de adhesión. A tra- vés do portal web hps:// www.bonosacvacomer- cio.gal/ ofrécense máis de- talles sobre esta cuesón. Pola súa banda, a clien- tela poderá iniciar a des- carga dos bonos desconto correspondentes a par- res do 3 de maio, data na que tamén se poderá consultar a listaxe de co- mercios adheridos. Pode- ranse obter descontos de 5 euros en compras iguais ou superiores a 30 € e in- feriores a 50 euros, e unha redución de 10 euros en facturas iguales ou supe- riores a 50 euros.

Transcript of Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | O … · 2021. 5. 5. · Publicación gratuíta |...

Page 1: Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | O … · 2021. 5. 5. · Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | aio O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra

Boletín informativo mensual do Concello de Boqueixón

Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | www.boqueixon.gal

Maio

O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra xa está a realizar distintos traballos no terri-torio. Unha das actuacións máis destacadas no munici-pio boqueixonés foi o acon-dicionamento do sendeiro que leva á emblemática fer-venza do río Pontillón. “Con estes traballos, contribúese a mellorar a accesibilidade a un enclave natural de refe-rencia dentro de Boqueixón, favorecendo, deste xeito, a afluencia de visitantes”, ex-plica o alcalde, Manuel Fer-nández Munín.

Outras das actuacións que foron levadas a cabo polas 20 persoas participan-tes neste obradoiro de em-prego impulsado pola Xunta e os catro Concellos parti-cipantes comprenderon a poda e desbroce na contor-na da Escola Unitaria e no Campo da festa de Codeso. Ademais, realizáronse tare-fas de acondicionamento

na área recreativa de Orto. Proximamente, desenvolve-ranse os labores de podas e melloras na vexetación do Pico Sacro e diversos desbroces nos camiños de Noente-Ledesma, Pazos-Lestedo, Castro-Oural, San-taia-Codeso e Santaia-Vigo.

Segundo explicou a di-rectora do Obradoiro de Emprego, Fátima Gómez, “as actuacións nos distin-tos municipios combínanse coas sesións teóricas. Nes-tes primeiros meses estanse a levar a cabo desbroces e podas para despois proce-der á distintas accións de repoboación forestal”.

O Obradoiro de Emprego conta cun total de 20 per-soas participantes -5 por Concello-, que cursan as es-pecialidades de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Repo-boacións forestais e trata-mentos silvícolas. A iniciati-va finalizará en setembro.

O Obradoiro de Emprego acondiciona varios espazos naturais de Boqueixón

As primeiras actuacións leváronse a cabo na contorna da fervenza de Pontillón

A Xunta desenvolve o programa de bonos Activa ComercioA Vicepresidencia Segun-da e Consellería de Eco-nomía, Empresa e Innova-ción ten aberto o prazo de adhesión ao seu Programa de dinamización e incen-tivación do consumo nos comercios retallistas de Galicia a través dos bonos

Activa Comercio. Esta ini-ciativa pretende dinami-zar o comercio da comuni-dade autónoma.

As empresas interesadas teñen ata o 15 de maio para formalizar a súa soli-citude de adhesión. A tra-vés do portal web https://

www.bonosactivacomer-cio.gal/ ofrécense máis de-talles sobre esta cuestión.

Pola súa banda, a clien-tela poderá iniciar a des-carga dos bonos desconto correspondentes a par-tires do 3 de maio, data na que tamén se poderá

consultar a listaxe de co-mercios adheridos. Pode-ranse obter descontos de 5 euros en compras iguais ou superiores a 30 € e in-feriores a 50 euros, e unha redución de 10 euros en facturas iguales ou supe-riores a 50 euros.

Page 2: Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | O … · 2021. 5. 5. · Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | aio O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra

2

Edita: Concello de Boqueixón. Forte, s/n. 15881 Boqueixón.Web: www.boqueixon.gal

Correo electrónico: [email protected]ón e maquetación: Nós ComunicaciónDistribución gratuíta

Oficinas xerais: 981 51 30 61Educación e Cultura: 981 51 31 15Servicios Sociais / CIM: 981 51 30 06

O Concello de Boqueixón vén de iniciar unha nova campaña de roza nas pistas das distintas pa-rroquias. Trátase dunha medida para reforzar a prevención de incendios de cara á época estival.

Así, o persoal municipal está xa a traballar na roza de cunetas das pistas e camiños do territorio bo-queixonés.

O Concello inicia as tarefas de roza nas pistas municipais

A construción da nova Es-tación Depuradora de Au-gas Residuais (EDAR) de Sergude xa está en mar-cha. A empresa Vázquez y Reino, SL, adxudicataria do proxecto, comezou os traballos desta infraestru-tura a finais de marzo, que ten un prazo de execución de 12 meses.

“Con esta nova EDAR poderemos dar servizo para ata 3.000 habitantes, o que suporá triplicar a actual capacidade da de-puradora de Sergude”, ex-plica o alcalde boqueixo-nés, Manuel Fernández Munín. O rexedor lembra que esta infraestrutura é posible grazas a un con-venio de colaboración entre o organismo auto-nómico Augas de Galicia e o Concello de Boqueixón, chegando a un investi-mento próximo aos 1,7

millóns de euros. A ac-tuación conta tamén co cofinanciamento do Fon-do Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolve-mento Rural (PDR) Galicia 2014-2020.

Esta EDAR mellorará as infraestruturas de sa-neamento dos núcleos de Sergude e Lestedo,

unificando, deste xeito, o tratamento das súas au-gas e mellorando os seus servizos básicos. A nova depuradora estará loca-lizada a carón da actual, nuns terreos cedidos polo Concello de Boqueixón. A futura infraestrutura incluirá os seguintes pro-cesos: liña de auga, liña de fangos e redes auxiliares de proceso.

Comezan os traballos para a futura depuradora de Sergude

A APLU asume competencias urbanísticas en BoqueixónO Concello de Boqueixón formalizou na Consellería de Medio Ambiente, Te-rritorio e Vivenda o conve-nio para que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) asuma as competencias en mate-ria de inspección, sanción e restablecemento da le-galidade de distinto tipo de expedientes urbanísticos.

“Este convenio permiti-

rá ampliar os servizos de xestión urbanística para a veciñanza. Neste caso, o acordo coa APLU ofrecerá unha maior seguridade xu-rídica en todos aqueles ex-pedientes relativos ao solo rústico ou non urbanizable, solo urbanizable ou apto para urbanizar e núcleos rurais”, explica Manuel Fernández Munín, alcalde do Concello de Boqueixón. Sinatura do convenio entre a Xunta e os Concellos de Boqueixón e Cenlle

O rexedor visitou as obras que se están a acometer para a EDAR de Sergude

Traballos de roza nas pistas locais

Page 3: Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | O … · 2021. 5. 5. · Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | aio O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra

3

O Inega promove subvencións a través do Bono Enerxía PemeA Axencia Instituto Ener-xético de Galicia (Inega) vén de poñer en marcha unha liña de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a per-soas autónomas e pemes con actividade de comer-cio, hostalaría ou artístico-recreativas. O Programa

Bono Enerxía Peme pre-tende axudar a pemes e negocios de persoas autó-nomas a acadar un aforro na factura enerxética.

As devanditas axudas pódense destinar, por exemplo, á mellora da en-volvente a través de toldos ou láminas de control solar

ou térmico; á renovación dos equipos de ilumina-ción interior ou exterior; á mellora das instalacións eléctricas; á renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafetei-ras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras. Tamén se poden subvencionar ac-

cións de renovación ou mellora de equipos para a redución do consumo enerxético.

As solicitudes deberan-se formalizar a través da sede electrónica da Xunta ou na páxina do Inega. O prazo finaliza o vindeiro 30 de xuño.

O Concello de Boqueixón continúa coa primeira fase do seu programa de com-postaxe caseira. As persoas interesadas teñen ata o 15 de maio para solicitar un dos 900 composteiros que se porán á disposición da veciñanza co fin de fomen-tar esta práctica que pro-cura a redución de residuos orgánicos no municipio.

Para conseguir un, só hai que remitir un correo elec-trónico ao enderezo [email protected]. Unha vez finalice o prazo, procederase a chamar ás persoas solicitantes para realizar a entrega de cadan-seu composteiro e ofrece-rase formación específica sobre a compostaxe caseira.

Por outra banda, lémbra-se á cidadanía a importancia de realizar axeitadamente a recollida selectiva, depo-sitando os refugallos nos colectores corresponden-tes. Para clarexar posibles dúbidas, o Concello vén de distribuír dípticos informa-tivos nos que se especifican aqueles materiais que se deben depositar nos distin-tos colectores, e que se re-sumen no gráfico anexo.

Guía práctica sobre compostaxe caseira e recollida selectiva para mellorar o medio

Page 4: Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | O … · 2021. 5. 5. · Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | aio O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra

4

Liña de axudas para a hostalería e axencias de viaxesA Deputación da Coruña vén de poñer en marcha unha liña de axudas pen-sadas específicamente para apoiar á hostalería e ás axencias de viaxes, for-temente castigadas pola crise sanitaria derivada da COVID-19. De acordo coas bases publicadas no BOP do 9 de abril, esta liña de axudas está dirixida a

persoas físicas ou xurídicas que antes do 1 de xaneiro de 2021 tivesen o seu do-micilio fiscal nun concello da provincia con menos de 50.000 habitantes.

As persoas solicitantes deberán estar dadas de alta nalgún(s) dos epígrafes do IAE das Agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), 755 (axen-

cias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e dis-cotecas); ou estar dado/a de alta no Réxime Especial de Traballadores Autóno-mos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Segurida-de Social, no caso de per-soas físicas.

A contía a recibir será de 1.500 € por persoa benefi-

ciaria. O prazo de presen-tación de solicitudes dará comezo o 3 maio ás 08.00 horas, ata esgotar a parti-da para esta fin.

Non poderán ser soli-citantes aquelas persoas traballadoras autónomas ou microempresas, que teñan sido xa beneficiarias das axudas procedentes do plan PEL-Reactiva.

O Concello de Boqueixón iniciará no presente mes de maio unha nova edi-ción da súa campaña de entrega de vales para padriños e madriñas das xardineiras do municipio. Esta iniciativa, que xa leva un lustro en marcha, ten como principal obxecti-vo “acadar beneficios so-cioambientais, alongar a vida das plantas nas xar-dineiras, buscar a harmo-nización e recuperación da contorna rural e, sobre todo, realizar unha achega persoal e artística da veci-ñanza ao espazo público”.

As persoas participan-tes neste programa muni-cipal recibirán os seus co-rrespondentes vales por correo postal. Deberán proceder ao seu canxeo antes do vindeiro 1 de se-tembro. As posibilidades que se ofertan son as se-guintes:• Opción A: 10 plantas (petunia, begonia, tajete ou clavelina).• Opción B: 5 plantas (surfinia, verbena, xeranio ou guineana).

Os devanditos vales poderanse canxear en calquera dos seguintes viveiros do municipio: Isaac Fernández Prieto (Rodiño-Sergude); Vivei-ros Compostela SAT (A Corna-Pousada); María Josefa Sánchez Pernas (Lamas), e Xardín Com-postela, SL (Lestedo).

Dende o Concello de Boqueixón lembran que, dada a situación sanitaria actual derivada da CO-VID-19, “é imprescindible no momento do canxe ver a dispoñibilidade do pro-duto ou ver posibilidade de substitución por pro-dutos de condicións se-mellantes”.

Novos vales para xardineiras apadriñadas e amadriñadas

O obxectivo deste programa é contribuír ao embelecemento das rúas

Tras terse realizado o proceso de formalización de matrículas, a Escola Infantil Municipal (EIM) Raíña Lupa de Boqueixón vén de informar de que aínda hai 15 prazas libres para o vindeiro curso. A maioría das devanditas prazas concéntranse no primeiro curso -o do gru-po de 0 a 1 anos-.

As persoas interesadas en formalizar a súa solici-tude deberán facelo a tra-vés do rexistro do Conce-llo (previa cita) ou na sede electrónica. Deberase achegar a documentación correspondente e que se pode consultar na propia web municipal.

Dende o centro educa-tivo indican que as novas solicitudes recibidas se-rán baremadas no vindei-ro mes de agosto. A EIM Raíña Lupa de Boqueixón dispón dun total de 53 prazas divididas en 4 au-las. O persoal está com-posto por unha directora, 4 educadoras e persoal de apoio e limpeza.

A Escola Infantil Municipal dispón de prazas libres para o vindeiro curso

Page 5: Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | O … · 2021. 5. 5. · Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | aio O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra

5

Un programa novidoso que serve para poñer no foco ás persoas coidadoras de fa-miliares en situación de de-pendencia. CoidarNos cum-prirá este mes un lustro de andaina cunha celebración moi especial.

Esta terá lugar o 24 de maio, data da vindeira se-sión grupal. As coordina-doras do programa, Ana Anta (Traballadora Social) e Yolanda Neira (Psicóloga) teñen prevista unha sesión especial. “Nela, ademais de celebrar o aniversario, ta-mén aproveitaremos para poñer en valor ás persoas coidadoras en xeral e ás que participan neste pro-grama en particular”, expli-can dende a organización.

CoidarNos naceu como unha rede de apoio formal. A través da intervención grupal búscase paliar os síntomas da Síndrome da Persoa Coidadora. Este vén caracterizado por un esta-do de esgotamento mental e físico que afecta a aque-las persoas que exercen o rol de coidadoras de xeito continuado.

Dende a súa posta en marcha, o 25 de maio de 2016, CoidarNos contou coa participación dun to-tal de 19 persoas. Dende a coordinación desta propos-ta, salientan que “a existen-cia deste grupo permítelles ás persoas participantes su-perar os obstáculos que se van atopando diariamente a través das súas poten-cialidades e capacidades e do seu apoderamento pro-gresivo, desenvolvendo os seus propios recursos gra-zas ao impulso e á forza da interrelación grupal”.

Na actualidade, este pro-grama conta cun grupo de 9 persoas cunha longa traxectoria de asistencia e

participación que favore-ceu a súa consolidación e peche cara novas incorpo-racións. “É por iso que un dos obxectivos para este 2021 é poñer en marcha un segundo grupo que dea cabida a todas as persoas coidadoras interesadas en comezar a beneficiarse das vantaxes de formar parte dun grupo de apoio”, con-cretan dende a coordina-ción desta iniciativa.

As persoas interesadas en sumarse a esta propos-ta, poden solicitar máis in-formación no 981 513 106.

Unha das actividades desenvolvidas polo programa CoidarNos, promovido polo Concello de Boqueixón

O programa CoidarNos cumpre 5 anos

O proxecto, que conta actualmente con nove persoas usuarias, ofrece diversos tipos de propostas

Diversos recoñecementos obtidosO programa CoidarNos acadou varios logros que confirman e avalan o seu valor. No 2017, o proxecto foi seleccionado para a súa presentación na IV Confe-rencia Nacional del Pacien-te Activo, en Oviedo. Xa no 2019, recibiu o Premio do Día Mundial do Traba-llo Social na modalidade de Boas Prácticas (Colexio de Traballo Social de Galicia), cuxo artigo foi publicado

na Revista Fervenzas do COTSG no 2020.

Ademais, o programa foi presentado nas aulas do 3º curso do Grao en Traballo Social da Escola Universi-taria de Traballo Social da USC. A seguinte presenta-ción terá lugar o 3 de xuño de 2021 no Ciclo de expe-riencias compartidas Fa-lamos que organiza o Co-lexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG).

Page 6: Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | O … · 2021. 5. 5. · Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | aio O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra

6

Regresan os campamentos estivais para a mocidadeA Concellaría de Xuven-tude do Concello de Bo-queixón porá en marcha o programa de Campamen-tos de Verán 2021. Están dirixidos á mocidade nada entre 2012 e 2005, divi-díndose grupos dacordo cos protocolos de seguri-dade e prevención contra a COVID-19. Estas propos-tas celebraranse entre os días 23 e 30 de xuño.

As preinscricións debe-rán realizarse do 7 ao 21 de maio, enviando a ficha de solicitude correspon-

dente ao enderezo [email protected]. Unha vez publicada a listaxe de ad-mitidos/as, procederase á apertura do prazo de ma-trícula, que se estenderá entre o 1 e o 8 de xuño.

Co fin de axudar ás fami-lias, ofreceranse máis boni-ficacións nos prezos deste servizo. Para solicitalas, de-berase presentar a declara-ción da renda do 2020.

O Concello de Bo-queixón resérvase o derei-to a realizar calquera modi-ficación, de ser o caso.

O Concello de Boqueixón está a organizar unha nova edición do Verán Activo. Este programa lúdico-edu-cativo para facilitar a con-ciliación da vida persoal, familiar e laboral conforma unha alternativa de lecer para crianzas de entre 3 e 12 anos en períodos vaca-cionais de verán.

Ao igual que o ano pasa-do, as actividades desen-volveranse de acordo aos protocolos en materia de medidas de seguridade e prevención contra a expan-sión da COVID-19. As pro-postas desenvolveranse de luns a venres, en horario de mañá, nas instalacións mu-nicipais do Forte e do CPIP Antonio Orza Couto.

As bases publicaranse o 7 de maio, data na que come-zará o prazo de inscrición a este programa, que fina-lizará o 21 de maio. Dende o Concello poranse a dis-posición das familias soli-

citantes máis bonificacións nos prezos das actividades deste programa.

No caso de querer acce-der a elas, deberase pre-presentar a declaración da renda correspondente ao

ano 2020. Por iso, cómpre ter este trámite completado no tempo da formalización das peticións.

As bases do programa de conciliación Verán Activo serán publicadas na web

municipal. Así mesmo, ta-mén se poderá descargar o documento de solicitu-de correspondente que se deberá presentar ben no rexistro do Concello, ben pola sede electrónica.

O Concello organiza unha nova edición do programa de conciliación Verán Activo

Page 7: Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | O … · 2021. 5. 5. · Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | aio O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra

7

“As carrozas de San Cidre forman xa parte da nosa identidade, da esencia da parroquia de Oural. Dá moi-ta alegría velas pasar... In-cluso moita xente que non ten pensado ir á festa, sae á por-ta e emociónase vendo como se segue a manter esta tra-dición”. Juan Neira ten na súa memoria aqueles anos da infancia nos que botaba a andar a Festa do San Cidre.

Cada sábado despois do 15 de maio, dende hai medio século, as aldeas de Oural amosaban a súa creativida-de á hora de crear as visto-sas carrozas que, hoxendía, son todo un símbolo desta parroquia boqueixanesa.

Segundo se detalla no libro ‘As Carrozas de San Cidre’, elaborado pola Asociación Xuvenil Raíña Lupa, as ori-xes desta celebración hai que buscalas a principios dos anos 70. Nun curso de ensi-nanza familiar impartido á veciñanza por dirixentes da Sección Feminina da Falanxe xurdiu a idea de ‘trasladar’ a celebración que tiña lugar na terra dunha das profe-soras -era dun municipio de Castela- suxeriu realizar unha celebración propia na honra do San Cidre, patrón das persoas labregas. Adap-tando os costumes casteláns -nos que se ofrecían os primei-ros froitos do ano ao santo-, a veciñanza animouse a recrear en carrozas distintos aspectos e oficios tradicionais relacio-nados co rural.

“Os primeiros anos utili-záronse carros tirados por bois e neles podíanse ver, por exemplo, elementos da

malla, espigas ou, incluso, un tear tradicional”, expli-ca Juan Neira. Porén, o que máis lembra este veciño de Oural é “que os días previos á festa era un rebulir de xen-te... Había moito traballo. A veciñanza das aldeas xuntá-base nunha casa para traba-llar arreo na confección da

carroza para tela preparada para o gran día”.

Os medios eran escasos, mais o ánimo e as ganas de facer algo diferente so-braban. Así, pasaban entre dous e tres días de intensa actividade para despois lucir as súas carrozas no Campo da festa procurando acadar

o primeiro premio. Cando unha aldea gañaba, a súa veciñanza pasaba todo o ano fachendeando do logro aca-dado. Neira lembra que “era unha competición sá entre as distintas aldeas. Incluso houbo un ano de piques con pólvora entre as aldeas de Camporrapado e Lubián! Pa-sabámolo moi ben... Ao final iso era o importante: xuntar-nos e facer algo entre todas e todos para despois gozar dunha xornada de encon-tros, música e diversión”.

Co paso dos anos a celebra-ción foise adaptando aos no-vos tempos, mais non por iso perdeu a súa esencia. “Agora somos menos na parroquia, pero agardo que esta tradi-ción non caia no esquecemen-to logo de dous anos sen poder celebrarse por mor da situa-ción sanitaria”, conclúe Juan Neira, quen anima ás novas xeracións a seguir mantendo viva esta festa.

Anacos do noso

A veciñanza da parroquia de Oural leva xa medio século celebrando esta particular tradición das carrozas do San Cidre

Medio século de tradición coas carrozas de San Cidre en Oural

Unha das creacións participantes nunha das últimas edicións desta festa

Page 8: Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | O … · 2021. 5. 5. · Publicación gratuíta | Maio 2021 | Nº. 35 | aio O Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra

8

e en xuño...

AXENDA DO MES DE MAIO

Centraliña: 981 513 061 [email protected]

Máis información e inscricións:

Cultura: 981 513 115 [email protected]

Dto. Local e Turismo: 981 513 061 [email protected]

MartesWeb municipalPublicación das bases e apertura do prazo de inscrición, ata o día 7 de xuño, para os campamentos de verán.

Campamentos verán1

Casa do ConcelloDe 09.00 a 12.30 horas Requerida cita previa no Departamento de Cultura.

Unidade móbil DNI

16Domingo

Actividades de animación e promoción da lingua galega.Entrega de premios do VII Certame de relato curto Xosé Neira Vilas. Inscricións ata o 14 de maio no Departamento de Cultura.Se chove, o festilval trasladarase á Casa da Cultura de Camporrapado.

Festival polo Día das Letras Galegas

12Mércores O percorrido pasará por

un tramo da Vía da Prata e finalizará na Cidade da Cultura.Máis información e inscricións, en www.carreirasgalegas.com.

A Biblioteca Municipal de Boqueixón ofreceu unha actividade de animación á lectura do máis especial con motivo da conmemo-ración do Día do Libro. Aproveitando as súas reno-vadas e máis amplas insta-lacións acolleu a proposta Bibliocanta, que achegou o cancioneiro tradicional galego ás 15 crianzas de entre 3 e 9 anos asistentes a esta cita.

A sesión comezou cunha breve presentación entre as crianzas participantes e o persoal coordinador da actividade. A continuación, representáronse contos nos que as cativas e cati-vos foron identificando os distintos animais (dende cans e gatos ata elefantes) protagonistas dos relatos.

Xa na última parte desta actividade de animación á lectura, os nenos e nenas adentráronse nunha diver-tida viaxe polo cancionei-ro tradicional galego. Os xogos foron os perfectos

aliados para completar este percorrido que procu-ra seguir mantendo a tra-dición oral entre as novas xeracións.

Durante as dúas horas que se extendeu esta pro-posta lúdico-educativa, as crianzas tamén tiveron a oportunidade de descubrir os libros que teñen á súa disposición na Biblioteca Municipal. De feito, habili-

touse unha zona específica para a cativada.

Dende a Biblioteca Mu-nicipal lembran a toda a veciñanza que as súas re-novadas instalacións están localizadas na planta baixa da Casa do Concello. O ho-rario de apertura é de luns a venres entre as 09.00 e as 13.00 horas, e os luns e xoves tamén por la tarde, de 15.30 a 18.00 horas.

Unha viaxe polo cancioneiro galego da man da Biblioteca

Intre da actividade de animación á lectura celebrada na Biblioteca Municipal

As Ínsuas de Gres, en Pon-te Ledesma, acollerán o domingo 16 de maio unha xornada para conmemorar o Día das Letras Galegas. As propostas darán come-zo ás 12.00 horas. A asis-tencia é de balde, previa inscrición no Departamen-to de Cultura ([email protected] ou 981 513 115) antes do 14 de maio. Recoméndase a chegada ás 11.45 horas para orga-nizar os espazos e cumprir os protocolos anti-Covid.

O programa comezará co espectáculo teatral di-rixido a público familiar A mestra da lingua, de Duen-de Sico. Tamén se ofrece-rán distintas actividades de animación e promoción da lingua galega.

A xornada finalizará coa entrega de premios do VII Certame de relato curto Xosé Neira Vilas. As per-soas asistentes recibirán un libro recompilatorio dos relatos galardoados.

Ledesma acollerá o Festival do Día das Letras Galegaso 16 de maio

Ínsuas de Gres (Ledesma)12.00 horasDe balde - Aforo limitadoEspectáculo teatral A mestra da lingua, de Duende Sico para público familiar.

17Luns Carreira Camiño

das LetrasPico Sacro10.00 horas