Proxecto Ríos. O río Loira

22
PROXECTO RÍOS RÍO LOIRA. I. E. S “CHAN DO MONTE” MARÍN PONTEVEDRA

description

Actividade de Ciencias Naturais. Estudio do estado das augas do río Loira en Marín.

Transcript of Proxecto Ríos. O río Loira

Page 1: Proxecto Ríos. O río Loira

PROXECTO RÍOSRÍO LOIRA.

I. E. S “CHAN DO MONTE” MARÍN

PONTEVEDRA

Page 2: Proxecto Ríos. O río Loira

obxectivos didácticos da actividade

Fomentar nos alumnos o interese polo seu entorno como vía para comprender a importancia do respecto e conservación do medio ambienteDesenvolver a capacidade de observación Aplicar o método científico na realización da actividadeAprender o manexo de material de laboratorio e de claves dicotómicas de determinación

● Adquiri-la conciencia de que un traballo individual, por sinxelo que sexa, pode ter unha grande importancia cando se suma a outros no mesmo senso

Page 3: Proxecto Ríos. O río Loira

¿por que escollimos o río Loira?Os alumnos do I.E.S. Chan do monte proceden das parroquias de Seixo, Ardán, San Tomé de Piñeiro e Santa María do campo.O río Loira, que atravesa de este a oeste a península do Morrazo, rega parte desta zona antes de desembocar na praia de Loira, na ría de Pontevedra. Pertenece, por tanto á cunca do Lérez

Page 4: Proxecto Ríos. O río Loira

O río Loira é un pequeno río cunha anchura que non soe superar os 5 metros, pero ten pozas, illotes, pequenas cascadas, ........

Page 5: Proxecto Ríos. O río Loira

Nas súas ribeiras abundan os ameneiros e as avelairas, ainda que como veremos máis adiante, nalgúns casos está bastante alterada, ainda así ten fermosos rincóns

Page 6: Proxecto Ríos. O río Loira

Dende sempre, o río Loira foi aproveitado para as moendas polo que abundan os muiños, algúns deles en total estado de abandono ainda que outros están recuperados

Page 7: Proxecto Ríos. O río Loira

localización do treito de río inspeccionado

Escollimos un tramo de río na parroquia de San tomé de Piñeiro, o redor dun lugar chamado “a Pradeira” por ter bo acceso e ser coñecido polos alumnosA Pradeira é propiedade da igrexa evanxélica. Dispón dunha pista deportiva e unha zona con barbacoas baixo un bosquete de ameneiros á beira do río

Page 8: Proxecto Ríos. O río Loira

O primeiro paso é o de caracterizar o tramo de río a inspeccionar

O primeiro paso é a caracterización do tramo de río que se vai inspeccionar e confeccionar un croquis que mostre as características máis suliñables, tanto do propio río como das zonas aledañas

Este croquis representa o tramo do río escollido para facer a inspección

Page 9: Proxecto Ríos. O río Loira

A inspección do río

Os parámetros que medimos son:● caudal● ph● turbidez● temperatura● nitratos e nitritos

Tamén facemos inventarios de flora e fauna

Page 10: Proxecto Ríos. O río Loira

Medición do caudal

Para calcular o caudal, delimitamos un tramo do río e medimos a súa anchura e profundidade medias. Logo votamos unha laranxa, e medimos o tempo que tarda en percorrelo, así obtemos a velocidade, que multiplicada pola anchura e a profundidade, danos o caudal en m3/s.

Isto facémolo tres veces como mínimo e obtemos a media dos valores, estes oscilaron entre 1,08 m3/s en outono de 2006 e 2,52 m3/s en xuño de 2007

Page 11: Proxecto Ríos. O río Loira

medimos a temperatura e a turbidezMedimos a temperatura da auga cun termómetro. Os seus valores oscilan entre os 13 e 16 ºC aproximadamente

As augas do río Loira teñen moi pouca turbidez xa que conseguimos ver os catro cadrantes do disco

Page 12: Proxecto Ríos. O río Loira

medimos o Ph e os nitritos e nitratos

O pH medímolo mediante tiras indicadoras e tamén cun peachímetro.

O valor do pH nestas augas oscila entre 5.8 e 6.0

A presencia de nitritos e nitratos, que son indicadores da contaminación orgánica, medímola mediante tiras indicadoras, e sempre deron negativo

Page 13: Proxecto Ríos. O río Loira

Facemos tamén inventario da flora de ribeira

Mediante as fichas do Proxecto Ríos e claves dicotómicas elaboradas no instituto, tratamos de determinar as especies de vexetais máis representativos do río e as súas ribeiras.

Page 14: Proxecto Ríos. O río Loira

Algunhas das especies máis representativas da flora

Son frecuentes a lentella de auga, o pe de boi, os lirios, etc. As árbores que máis abundan son os ameneiros e as avelairas, ainda que tamén hai salgueiros, loureiros carballos,...Chama a atención a presencia de fermosas matas de fento real

Page 15: Proxecto Ríos. O río Loira

Preto da pista deportiva da “Pradeira” existe unha área de lecer

É un bosquete de ameneiros preto da pista deportiva da “Pradeira”, no que se intalaron barbacoas

Page 16: Proxecto Ríos. O río Loira

Facemos inventario da fauna

Os invertebrados mellor representados son os insectos e as larvas destes, que recollemos no fondo do río. Como é o caso desta larva de libeliña

De vertebrados atopamos troitas e anguías entre os peixes, e rás e limpafontes entre os anfibios

Page 17: Proxecto Ríos. O río Loira

Levamos mostras ó laboratorio para a súa observación detida. As mantemos un par de días en auga, que é oxixenada mediante un compresor para peceiras e un difusor. Unha vez observadas e identificadas son devoltas ó río

Page 18: Proxecto Ríos. O río Loira

Có material recollido seguimos o desenvolvemento de anfibios e tivemos sorte cos efemerópteros

Unha das larvas de efemerópteros sufriu metamorfose e transformouse en adulto.

Ademáis seguimos o desenvolvemento dos cágados ata o estado adulto

Page 19: Proxecto Ríos. O río Loira

Estado de saude do ríoEntre a fauna recolectada durante as tres inspeccións que realizamos neste treito do río atópanse especies bioindicadoras de augas de boa calidade como son: planarias, tricópteros con estoxo, larvas de libeliña, larvas de efemerópteros, zapateiros, etc, o que nos indica que, polo menos neste tramo, as augas ro río gozan de boa saude, ainda que este ano a abundancia e variedade de especies recolectadas foi moito menor que nas dúas saídas anteriores

Page 20: Proxecto Ríos. O río Loira

Estado do bosque de ribeira

Os marxes do río neste tramo están moi modificados, especialmente na súa marxe ezquerda, na zona da “Pradeira”, aínda que se respetou o bosquete de ameneiros

Por outra banda en moitos treitos ddo río, os marxes teñen muretes de contención en pedra

Page 21: Proxecto Ríos. O río Loira

Agresión ó ríoNesta primavera descubrimos que unha parte do treito inspeccionado, está a sufrir unha forte agresión, especialmente na súa marxe ezquerda, na que non se respecta nin a beira do río

No espacio que antes ocupaba un prado estase botando unha gran cantidade de terra, non sabemos con que intención

Page 22: Proxecto Ríos. O río Loira

Actividades complementarias

Como complemento, e para sensibilizar ós alumnos da importancia de preservar a calidade das augas, os Seminarios de F e Q e CCNN organizamos certas actividades que desenvolvemos ó longo do curso:

Simulación no laboratorio do proceso de depuración de augas

Visita á planta potabilizadora de auga de Pontevedra

Visita á EDAR de Pontevedra (estes dous últimos anos non foi posible, xa que está en obras)

Fabricación de xabón utilizando aceites usados de cociña.