Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:36 Página 1 · colleitas de patacas aínda se ven,...

36
Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:36 Página 1

Transcript of Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:36 Página 1 · colleitas de patacas aínda se ven,...

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:36 Página 1

SAÐDAMiguel Parra.

Presidente

Esmelle… os de Teruel queixanse de non existir, os de Guadalaxara máis do

mesmo, e a nós, veciños de ESMELLE pásanos algo parecido.

Abnegados veciños levan lustros pelexando polo seu Val, uníronse para comprar

un solar con aportacións persoais, edificaron o local social co esforzo das suas

máns e sacrificando o seu tempo libre, fixeron frente común contra a conta-

minación do vertedoiro de mouga, abriron camiños e vias de comunicación e

o igual que os romanos contruiron os seus acueductos. Esta tradición de co-

operación continúa ata os nosos días co traballo de recuperación do patrimo-

nio material: Os antigos muíños.

Esmelle, Esmelle, nunca che tocou a la lotería. Algunha das corporacions munic-

ipais precedentes destinou orzamentos millonarios para construir algún local

social e atender as estructuras viarias dunha determinada zona, chegando a

pór alfombras negras en camiños que case ninguén utiliza, quedando ridi-

culizadas moitas as veces partidas orzamentarias adicadas o mantemento de

“Toda” a zona rural, incongruencias da administración municipal.

Pero vos, meus queridos veciños de Esmelle, que tan participativos sodes, loita-

dores, reivindicativos, exixentes nos vosos dereitos e creativos, os dades

conta, socialmente ¡¡estades vivos¡¡ e por iso, con esta publicación pre-

tendemos que a gente que non coñece a nosa labor o faga, que se conta que

neste Val os veciños esforzanse polo ben de todos, que tratamos de que a

nosa calidade de vida no difira moito dos da zona urbana, ( beirarruas, rede

de sumidoiros, limpeza e mantemento de viais, transporte, televisión, inter-

net....) en fin BENESTAR.

Nós, os veciños de Esmelle queremos lembrarlle as Corporacions pasadas, futuras

e a esta nova corporación que, Esmelle tamén existe.

Gracias.

2

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:36 Página 2

3

DATOS HISTŁRICOSDiccionario de Pascual Madoz

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:36 Página 3

Germán CastroXornalista

Director de Diario de Ferrol

Todo aquel pobo, vila ou comunidade parroquial que trate de recuperar a memoria colectiva,o patrimonio etnográfico, manter as tradicións que forman parte do seu acervo cultural eademais queira poñer en valor as súas potencialidades naturais combinando estas acciónscoa preservación medioambiental, creo que inexorablemente merece o recoñecemento detodos e o apoio inequívoco das institucións e administracións.

Neste sentido, os “esmudienses” veñen marcando nas últimas décadas un estilo, un xeito decomportarse que os distingue doutros colectivos, máis perdidos en loitas persoais ou gru-pais ou, o que é o mesmo, menos propicios ao traballo comunitario, cando non mergulla-dos nun lamentable ostracismo. Dentro da constelación de entidades veciñais, ao meumodo de entender, a de Esmelle, naturalmente cos seus altos e baixos, entra dentro da-quelas que relocen con luz propia, ao considerar que o seu papel vai máis aló da queixa ea reivindicación, que, doutra banda, non hai que descartar, para afondar nas raíces da súapropia historia a través de actuacións programadas en distintos niveis. De feito, a asocia-ción Val de Esmelle mereceu un accésit nos Premios Agader 2005.

E para iso, o persoal, os veciños, han de afirmarse no espírito unitario, deixando ao carón ren-cillas ou diferenzas que poida haber entre a propia comunidade, para alistarse en equiposde voluntarios que sacrifican o seu tempo de lecer para dedicalo a unha tarefa de interesexeral. Para iso, indudablemente, hai que ser xenerosos e saber entender e compartir os pro-blemas e as necesidades cos demais, sentimento cada vez máis escaso nunha sociedadeque se illa embobada polos reclamos das tecnoloxías, a televisión e outras ferramentas einventos da modernización que se non se dosifican acaban por deshumanizar a vidacomún, a vida diaria.

Pedíronme -quizais obrou como motivo a miña condición de fillo de Esmelle, aínda que na“diáspora”- unha contribución para a revista que ten o lector/veciño nas súas mans e paseipor riba analizar as actuacións do Proxecto Esmelle, que xa queda tratado e desenvolvidonestas páxinas por outros articulistas, para poñer de manifesto a miña admiración polasxentes (mozos e maiores) desta comunidade veciñal que domingo a domingo dannosexemplo polo seu esforzo persoal e o seu labor honesto e calado, sacudíndose a preguizae abandonando a comodidade para reparar fontes e lavadeiros, recoller testemuños oraise gráficos, crear zonas de lecer e esparcimento, revalorizar castros, restaurar antigos mui-ños, recuperar bosques autóctonos, etc, etc. Eles non buscan a notoriedade, o que dá valorengadido á súa actitude, pero nós querémoslla dar, simplemente porque a merecen.

4

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:37 Página 4

UN LOGRO COLECTIVO: O PROXECTO ESMELLE

Juan Rodríguez Silvar.

Veciño de Esmelle

Asegunda metade do pasado século XX foi o escenario de fondos cambios sociais e econó-micos en Galicia e o contorno de Ferrol é boa mostra diso. As aldeas do que agora cha-mamos “o rural” pasaron dunha economía de subsistencia na que convivían as actividadesagropecuarias cos aportes dos salarios dos homes e as mulleres que traballaban fóra dacasa.

O mundo autárquico das leiras, o gando, o souto e a pesca, sostible por necesidade, foi mu-dando a medida que a ocupación das xentes no naval, na armada, na construcción e as cre-centes actividades que foron traendo os tempos, especialmente os da posguerra guerracivil e o pulo dos anos sesenta, con Ferrol como terceira cidade galega en poboación e mo-vemento económico.

Estes cambios trouxeron inevitablemente mudanzas nos costumes, nas relacións económicase sociais: o arado romano e a vaca deron paso ao pascualín, os labores comunais das tri-llas ou as esfollas perderon senso cando alugar unha máquina permitía recoller o pan ou omaínzo sen depender da boa vontade dos familiares, dos veciños. Algunhas sachadas e re-colleitas de patacas aínda se ven, pero as máquinas movidas polo petróleo foron facendoprescindibles as relacións de colaboración entre as xentes.

A chegada dos ‘vraneantes’, o aumento de coches nas casas e a crecente comodidade dascasas xunto con, non a esquezamos, a omnipresencia do televisor nas casas, foi contribu-índo a cambios nos hábitos e xeito de vida das persoas: a necesidade do saber da xentemaior e da colaboración entre iguais foron dando paso a unha perda de valor de informa-cións, de habelencias transmitidas oralmente durante centurias.

Algo parello pasou con ferramentas e instalacións antes imprescindibles. A fragua do ferreiro,o obradoiro de zoqueiros ou cesteiros esmoreceron xunto cos muíños de auga e vento, tansubstituídos polos seus equivalentes eléctricos ou, directamente, polos servizos das pana-derías. Tamén dos lavadoiros escaparon lavandeiras coa chegada das máquinas, como que-daron baleiros moitos hórreos do grao e a froita que atesouraban para o ano. As artesas demadeira, os baños de salgar, as sellas para traer auga da fonte ou do pozo, o xabre parafregar os potes, os trebellos para a la, para o liño, os teares... tantos elementos correntes enecesarios para a vida cotiá desapareceron co desexado poder adquisitivo das familias.

Tamén o patrimonio chamado inmaterial, saberes populares coma os contos, as cantigas, os re-fráns, os nomes dos lugares e das cousas, os sons -do carro de eixo de madeira, do muxirdas vacas, ou do martelo do ferreiro- os olores do lume, do esterco sacado da corte ou dorodicio do muíño- forman unha parte tan fráxil da memoria colectiva como as caras das xen-tes que lembramos dende a nenez: cando cada un deles, delas pechan o seu ciclo e sevan, algo noso se vai tamén. Probablemente por iso valoramos as fotografías, as películas,os vídeos, as lembranzas materiais que reforzan a nosa memoria condenada a esquecer.Probablemente por iso a asociación de veciños de Esmelle levamos adiante un esforzo co-lectivo a prol da lembranza dun xeito de vida que se vai, que se foi. Un esforzo para reco-ller, recuperar, comprender e divulgar o que foron e fixeron os nosos devanceiros, osantepasados sobre os que nos apoiamos para ser quen somos, para ir a ombros de xigan-tes anónimos –os máis- ou coñecidos –os recentes, os próximos- e axudar a dignificar o te-rritorio coa recuperación de obxectos, construccións e memorias que tanta xentiña nosafixo por construír. Grazas ao pulo do Proxecto Esmelle, á xenerosidade de voluntarios e pro-pietarios, a parroquia comeza a contar cun mellor aspecto, permitindo que este camiño defuturo feito coa reconstrucción do pasado se convertera, xa, nun referente de obra comúna ser eloxiada, imitada e recoñecida co premio Agader. A boa andanza do Proxecto no fu-turo permitirá mellorarnos como colectividade e mellorar como territorio, cunha paisaxe coi-dada e un patrimonio posto en valor.

5

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:37 Página 5

Reflexión

Nuria Neira Gregorio

Vecina de Covas e estudante de Pedagoxia na Universidade de Santiago

Non hai moito, no meu primeiro ano de carreira, propuxéronme a elaboración dun traballo sobreos usos sociais dun determinado patrimonio no meu lugar de procedencia. Desta forma, oprimeiro no que pensei foi no Castelo de San Felipe, quizáis o “símbolo” máis recoñecido deFerrol; pero nunha reunión coa profesora faloume do “Proxecto Esmelle”. Na miña vida oirafalar de tal cousa. Coñecía Esmelle e sabía que os veciños do lugar restauraran un muíño(polo que souben máis tarde, o muíño de Otero), pero nada máis. Así que co obxecto do meutraballo definido busquei información na rede para logo contactar cos promotores deste pro-xecto: Lorenzo e Rafa. Cal foi a miña sorpresa cando descubrín a misión e a obra do mesmo:ó muíño que xa coñecía sumáronse vinteún máis, fontes, lavadoiros, sinalización, activida-des...

Tras visitar todo-los puntos clave da proposta asistín a unha sesión de restauración dun muíño, omuíño da Salgueira, para realizar as entrevistas pertinentes a promotores e voluntarios. Actoseguido, redactei o meu traballo, o cal non esperaba que chegase a ser tan amplo e com-pleto. Cabe sinalar que a miña calificación académica foi moito máis que satisfactoria, pero,aínda así, considero que o máis destacable foi a experencia vivida: por unha banda, porqueme enfrontei por primeira vez a un traballo de campo; e, por outra, porque descubrín un mundomoi cercano e o mesmo tempo lonxano a min. Descubrín unha parte do noso patrimonio: ele-mentos naturais, culturais, históricos e arquitectónicos revalorizados pola acción dos habi-tantes desta parroquia. A conxugación destes elementos coa propia iniciativa popular fan deEsmelle un lugar faxscinante.

6

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:38 Página 6

7

Entrevista a Basilio Piñón Freijomil, voluntario nastarefas do Proxecto Esmelle

Canto tempo levas en Esmelle?Trinta e tantos anos.Naciches aquí?Sí.Cal é o teu papel no proxecto?Traballar, vir a botar unha man, se podo, os domingos, e traballar, non haioutra.En que medida participas nas súas actividades?Pois participo en casi toda-las que podo, en casi todas as que organizan epodo, participo. Case sempre ando polo medio botando unha man ou parti-cipando.

En charlas tamén?Si, si, tamén. En case todo.Desde cando?Desde que se comenzou, básicamente.Por que decidiste participar?Porque me gusta, todo isto de relacionarse coa xente, de estar cos vecinos, de fomenta-la rela-ción, porque senón eu en mi vida traballaría con esta xente. Somos vecinos e somos amigos, amayoría. Facer cousas cos amigos está ben.Que opinas das súas iniciativas?Visto como estaba antes e visto com está agora, son bastante interesantes, porque senón todoisto quedaría abandonado, en desuso. Son iniciativas á marxe das típicas, doutras que organizanoutras entidades. Estas cousas case en ningún lado.

Entrevista a Manuel Ángel Fernández Beceiro,voluntario nas actividades do proxecto

Canto tempo leva en Esmelle?En Esmelle? En Esmelle dende que nacín, dende o 66, dende o 1966.Cal é o seu papel no proxecto?Veño os domingos a votar unha man no que faga falta, cortar, picar nas pa-redes, levanta-las paredes. Ahora mesmo estamos encintando na parede.Dende Cando?Fai dous anos ou así. Porque comezou a vir unha hermana miña e faloumedisto, e, aínda que xa non vivo na parroquia, apunteime a madruga-los do-mingos e vir ata aquí a pasar un rato agradable.Por que decidiu participar?

Polo que dixo o compañeiro, porque eu non vivo na parroquia, fai cinco anos que non vivo aquí,aínda que veño a miúdo, pois, vindo os domingos así e traballando cos vecinos te relacionas unpouco máis, porque xa sabes que con isto da televisión, un por aquí e outro por alá. E aquí, poisbotas un conto, falas.Que opina das súas iniciativas?Pois moi ben, que debería de haber máis así, en outros máis sitios, que hai entornos así, queestán quedando abandoados, nun entorno así, bó, natural. E debería de mirarse un pouquiñomáis por eles, xa que as administacións non miran, a nós puco nos supón vir a aquí o domingo,dúas horas e mási axudas a que isto non desapareza.Séntese identificado co que representa este proxecto?Sí, completamente.

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:39 Página 7

O VAL DE ESMELLE

OVal de Esmelle situase no Concello de Ferrol a 8 km da capital do municipio, na zona costeiraentre as parroquias de San Xurxo da Mariña, Covas e Marmancón.

ESMELLE, GALICIA, ESPAÑA

8

Latitude 43.5167 Lonxitude - 8.2667 Altitude Altitude (feet)

Lat (DMS) 43° 31' 0N Long (DMS) 8° 16' 0W Altitude (metros) 0

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:39 Página 8

Coma calquera val, Esmelle ten numerosos ríos e regatos que fan a paisaxe verde e fron-dosa. Xa historicamente, tal como resalta Pascual Madoz no seu diccionario xeográfico oval de Esmelle dependía exclusivamente da auga para a vida cotiá e para os traballos agrí-colas.

Se algo podemos destacar desde val e a tranquilidade que se respira, pois aínda que no veránaumenta lixeiramente a poboación, non pasamos dos 1000 habitantes. O tráfico e escaso,non hai fabricas nin negocios que produzan ruídos. Todo iso, unido a que Esmelle esta ro-deado por natureza polos catro costados, lévanos a dicir que é o lugar idóneo para rela-xarse. Dispón dunha das praias máis fermosas da comarca de Ferrolterra, aínda en estadovirxe, aberta o atlántico e cun complexo dunar e unha lagoa importantes.

No val de Esmelle, ademais dispoñemos de gran cantidade de pistas rurais polas que realizargrandes paseos, onde se observa a diversidade da paisaxe, costa, monte, val, etc...

9

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:39 Página 9

QUE É O PROXECTO ESMELLE

Dende o verano de 2003 a asociación de veciños “Valle de Esmelle” traballa nun proxecto quepode e debe dar ó val de Esmelle un importante cambio no seu aspecto e nivel de vida ba-seándose na súa riqueza acuífera e nos seu patrimonio histórico e etnográfico. Para iso, ensetembro de ese ano esta asociación de veciños acordou nomear unha comisión dedicada ex-clusivamente ó dito proxecto.

A Comisión esta formada polas seguintes persoas:

Miguel Parra Gómez . . . . . . . . . . . . . . .PRESIDENTE AVV VALLERafael Fernández Beceiro . . . . . . . . . . .VOCAL AVV ESMELLEManuel Lorenzo Ramos . . . . . . . . . . . . .CONCELLEIRO DE FERROLCarlos Piñeiro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .PRESIDENTE DE EUROSAÚDEBeatriz Santiago Yáñez . . . . . . . . . . . . .ENXEÑEIRA FORESTALSusana Blanco Lorenzo . . . . . . . . . . . . .ARQUITECTA TÉCNICA

O primeiro obxectivo é o de dar valor a un patrimonio histórico que as veces, por telo a carón danosa casa non se valora. O patrimonio natural de Esmelle é a auga.

O patrimonio do val de Esmelle e o seguinte:

Lavadoiros públicos: Fixeron unha función moi importante nos anos nos que non había auga co-rrente nas vivendas., ademais de ser lugar de encontro dos veciños, sobre todo das mulleres.

Fontes: Complementarias dos lavadoiros tiveron grande importancia noutras épocas.

22 muíños de auga: Movidos pola súa forza, os muíños servían de sustento noutras épocas a moi-tas familias que neles transformaban o gra en fariña para facer o pan. Tamén servían para a xerarenerxía eléctrica alá polos anos 50 coa que se abastecían as parroquias de San Xurxo, Covase Esmelle.

Igrexa do século XVII: Centro das parroquias veciñas foi parroquia matriz en séculos pasados.

Hórreos: Xunto coa parroquia de mandiá, o val de Esmelle e o que contén un maior número de hó-rreos en bo estado de conservación. Destacan dous hórreos en forma de “L” un deles cun pozono seu pé.

Casas rústicas: Aínda conservamos en Esmelle gran cantidade de casas de pedra que fan a pai-saxe mais agradable.

Un castro celta: (informe técnico máis adiante)

Restos dunha vila romanaUn cruceiro, Mámoas, etc... A praiaNumerosos ríos e regatosPaisaxe verde

10

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:54 Página 10

Intentamos recuperar o noso patrimonio e do-talo de determinados servicios cara ó tu-rismo, pero sempre respectando a súaarquitectura e a súa función primitiva.

O fin é que no futuro Esmelle recupere o seupatrimonio histórico, etnográfico e popularque permita coñecer as costumes, os tra-ballos, a vida das xentes de Esmelle, emostre a nosa riqueza paisaxística e ar-quitectónica a tódalas persoas que nos vi-siten.

Ademais das nosas ideas cara o futuro dentrodo proxecto Esmelle teñen cabida todasaquelas iniciativas privadas enfocadas óturismo rural e á promoción e recuperacióndo noso entorno.

Para levar a cabo estas ideas a Comisión doproxecto Esmelle establece varias canlesde desenvolvemento:

Implicación dos veciños da Parroquia na recu-peración do patrimonio histórico e naturalco seu traballo voluntario:

Negociacións coas administracións públicas ecos propietarios dos muíños principal-mente para lograr cesións de propiedadesonde poder realizar actuacións de rehabi-litación:

Realización de actividades sociais, culturais,educativas que axuden a comprender oPROXECTO ESMELLE, con exemplospróximos e similares.

11

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:55 Página 11

ESTADO

Destrucción por obras: NONSaqueos: NONAlteraciones naturais: NONOutras alteracións: NONPropiedade: PÚBLICAClasificación do solo: RÚSTICODESCRICIŁN DO BEN

Lavadoiro con pedra de cantería e tellado de fibrocemento sobre columnas de formigón.SITUACIŁN INICIAL

Inicialmente o lavadoiro e a finca onde se atopa estaban totalmente cubertos por silvas, amenei-ros e todo tipo de maleza.O lavadoiro atopase en bastante bo estado de conservación. Necesita un arranxo do tellado e re-parar pequenas fendas nas columnas e na pía. O seu acceso atopábase obturado.ACTUACIŁNS REALIZADAS

Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario procedeuse a realizar en un pri-meiro momento traballos de desbroces e limpeza.Limpáronse as ribeiras do río para favorecer o bosque de ribeira.O traballo esta sen rematar, pois falta parte da finca por acabar de limpar e realizar pequenos ama-ños de albañileria no tellado e nas columnas.

Datos xerais:Actividade: HidráulicaAntiguidade: S. XX

Uso actual: Sen uso

Denominación:Lavadoiro de Esmelle Situación:

Lugar de Esmelle

LAVADOIRO DE ESMELLE

12

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:55 Página 12

ESTADO

Destrucción por obras: NONSaqueos: NONAlteraciones naturais: NONOutras alteracións: NONPropiedade: PRIVADAClasificación do solo: RÚSTICODESCRICIŁN DO BEN

Fonte de pedra relativamente moderna. O manancial atopase o outro lado da estrada. Leva poucaauga quedándose seca nalgúns meses do ano.SITUACIÓN INICIALA fonte se atopa por debaixo do nivel da estrada e se atopaba completamente tapada polas sil-vas. A varanda metálica non existe. Só quedan os soportes. De suxeición o soloACTUACIŁNS REALIZADAS

Traballouse na limpeza e desbroces das matogueiras que impedían o seu acceso e visualización.Faise un mantemento.

Datos xerais:Actividade: HidráulicaAntiguidade: 1990

Uso actual: Abandonada

Denominación:Fonte do Cadaval

Situación:Lugar de Esmelle

FONTE DO CADAVAL

13

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:56 Página 13

ESTADO

Destrucción por obras: NONSaqueos: NONAlteraciones naturais: O cubo do muíño atopase alterado polos cepos de 3 ameneiros incrustados nos muros.Outras alteracións: NONPropiedade: PRIVADAClasificación do solo: RÚSTICODESCRICIŁN DO BEN

Muíño de forma rectangular feito en pedra de cantería. SITUACIŁN INICIAL

Inicialmente tanto o muíño como a finca onde se atopa estaban totalmente cubertos por silvas,ameneiros e todo tipo de maleza.Do muíño en si, so atopamos en bo estado os muros exteriores e a cuba. Carece de toda a ma-quinaria interior a excepción do pé e a tapa do muíño, aínda que esta última esta rota.A finca estaba en estado de total abandono. Levaba bastantes anos sen limparse. Non se víao discorrer do río.ACTUACIŁNS REALIZADAS

Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario procedeuse a realizar en un pri-meiro momento traballos de desbroces e limpeza, ata conseguir o estado actual (fotos).Recolléronse grandes cantidades de lixo (televisores, calentadores, rodas, bicicletas vellas,plásticos, latas, botellas, etc) así como escombro de obra.Limpáronse as ribeiras do río para favorecer o bosque de ribeira.No muíño en sí, a actuación máis importante foi a recuperación do seu tellado con aguieirosde pino e tella do pais. Os traballos realizáronse por veciños de Esmelle sen custo de man deobra.Na actualidade vaise a proceder á consolidación dos muros exteriores.Colocouse unha sinal rústica de madeira de castaño co nome do muíño.Unha vez cedido ó concello (AGOSTO 2005) contratouse a primeira fase das obras que co-mezaron a realizarse en XANEIRO DE 2006. Consta do cintado interior e exterior do muíño erestauración do cubo.Xa se fixo tamén a segunda fase, que era a da maquinaria do muíño. Falta poñelo a funcionar.En decembro de 2006, inaugurouse a estatua do mago merlín e pusoxelle o nome do mago ocamiño.

Datos xerais:Actividade: HidráulicaAntiguidade: S. XVI (Catastro do Marqués da Enseada)

Uso actual: Cedido o Concello de Ferrol por un período de 15 anos para poñelo a funcionar servindo de museo.

Denominación:Muíño de Otero

Situación:Lugar da Igrexa

MU¸ÑO DE OTERO

14

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:56 Página 14

15

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:56 Página 15

ESTADO

Destrucción por obras: NONSaqueos: NONAlteraciones naturais: NONOutras alteracións: NONPropiedade: PRIVADAClasificación do solo: URBANODESCRICIŁN DO BEN

Fonte de cantería cun lavadoiro dos mesmos materiais. E unha fonte de mina que abastece olavadoiro. O manancial atopase uns metros detrás da fonte. A auga nace nos túneles existen-tes e a través dun cano de cantería abastece á fonte.SITUACIŁN INICIAL

Inicialmente o lavadoiro e parte da fonte atopábanse completamente enterrados. (fotos). Ocano que abastecía de auga a fonte dende os túneles onde nace a auga estaba obturado. Nonhai muros de contención para evitar desprendementos, xa que a estrada está un metros máisalta que o pé da fonte e o lavadoiro.ACTUACIŁNS REALIZADAS

Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario procedeuse a realizar o des-enterramento da fonte e o lavadoiro. Así mesmo déuselle saída a auga sobrante do lavadoiro,pois obras posteriores na estrada eliminaran a ataxea de desaugue.Traballouse na limpeza e mantemento do manancial, limpando ámbolos túneles de restos delixo e silvas. O chan do manancial cubriuse de seixo para favorecer a acumulación de auga. Fí-xoselle un muro de pedra para contención e evitar o deposito de materiais arrastrados polaschoivas.Co coche impulsor desatascouse o cano de cantería que abastece de auga a fonte e o lava-doiro.En setembro de 2005 formouse un Taller de recuperación etnográfica, onde 4 rapazas da pa-rroquia aprenden a traballar a pedra. Na actualidade a Fonte e o Lavadoiro xa están comple-tamente restaurados polo traballo do taller de recuperación etnográfica e por unha empresaque rematou o que faltaba.

Datos xerais:Actividade: HidráulicaAntiguidade: descoñecida

Uso actual: Orixinario.Autorización á asociación de veciños “Valle de Esmelle”. Para a súa limpeza.

Denominación:Fonte da Evarista

Situación:Lugar da Carreira

FONTE E LAVADOIRO DAEVARISTA

16

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:56 Página 16

17

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:56 Página 17

ESTADO

Destrucción por obras: NONSaqueos: NONAlteraciones naturais: NONOutras alteracións: Unha parte do muro de cano e do cubo esta derrubado.Propiedade: PRIVADAClasificación do solo: RÚSTICODESCRICIŁN DO BEN

Muíño de forma rectangular feito en pedra de cantería. Tellado a unha auga. Muíño dos deno-minados ATANDADOS porque pertencía a varias familias que moian en quendas en diferentesdías.SITUACIŁN INICIAL

Inicialmente tanto o muíño como a finca onde se atopa estaban totalmente cubertos por silvas,ameneiros e todo tipo de maleza.Do muíño en si, parte dos muros exteriores están esnaquizados, incluso creceu algún euca-lipto entre eles. A cuba esta en bo estado, aínda que o cano ten un muro tirado. Carece de todaa maquinaria interior a excepción do pé e a tapa do muíño, aínda que esta última esta rota.Non se podía acceder a el.ACTUACIŁNS REALIZADAS

Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario procedeuse a realizar en un pri-meiro momento traballos de desbroces e limpeza, para poder acceder o muíño. Limpouse osendeiro de acceso e o cano da auga (fotos).Recolleuse lixo. Colocouse unha sinal de madeira co nome do muíño.No muíño a actuación máis importante foi desfeita do tellado de fibrocemento pois había pe-rigo de derrubamento e a limpeza interior e exterior de muros e solo. Reconstruise o muro de-rrubado polo eucalipto, tellouse con fibrocemento e tella do pais, reconstruíse unha lareira nointerior e a súa chimenea. Cintamos as paredes e reconstruír o cubo e o cano. Xa temos re-matados os traballos a falta de pequenos detalles.

Datos xerais:Actividade: HidráulicaAntiguidade: S XVI(Catastro do Marqués da Enseada)

Uso actual: AbandonadoCedido a avv valle por un periodo de 10 anos

Denominación:Muíño das Salgueiras

Situación:Lugar de Currás

MU¸ÑO DAS SALGUEIRAS

18

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:57 Página 18

19

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:57 Página 19

ESTADO

Destrucción por obras: NONSaqueos: NONAlteraciones naturais: NONOutras alteracións:Unha parte do tellado esta derrubado e ten un muro de ladrillo cando o resto e pedraPropiedade: PRIVADAClasificación do solo: RÚSTICODESCRICIŁN DO BEN

Muíño de gran tamaño con tellado a dúas augas. Muiño industrial con dúas plantas de traba-llo e un muíño eléctrico posterior para os meses secos. Consta de 3 habitaculos. Un porche ouentrada onde se deixaban os animais. Outra estancia cun lavadoiro que aproveita a auga queentra polo cano e que servia de vivenda, e unha terceira estancia que é o muíño en si e quedispón dunha lareira. E o muíño mais grande que existe no val de Esmelle e un dos que con-serva mellor a súa maquinaria.SITUACIŁN INICIAL

Inicialmente parte do tellado das estancias complementarias ó muíño estaba derrubado. Osmuros deteriorado polo efecto da choiva presentaban sintomas de derrubarse nalgunhaszonas. As paredes son de pedra ainda que presentan zonas lucidas con cemento. Non hai fies-tras nin porta exterior. Os solos son de terra. A maquinaria conservase en bó estado.Se accede a el a través dunha ponte de pedra.ACTUACIŁNS REALIZADAS

Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario procedeuse a realizar en un pri-meiro momento traballos de desbroces e limpeza, para poder acceder o muíño. Limpouse todoo entorno.Recolleuse lixo. No muíño a actuación máis importante foi desfeita do tellado de fibrocemento pois había pe-rigo de derrubamento e a limpeza interior e exterior de muros e solo. Reconstruise o telladocompleto das 3 dependencias con madeira machenbrada cara vista con puntais, la de roca echapas de fibrocemento, apoiado sobre os muros en lousas, todo o redor do muíño. Recons-truiuse a lareira e forrouse de pedra pois era de cemento. Fíxose a porta de entrada e os fe-rros das fiestras.

Datos xerais:Actividade: HidráulicaAntiguidade: S XVI(Catastro do Marqués da Enseada)

Uso actual: AbandonadoCedido a avv valle por un periodo de 10 anos

Denominación:Muíño do Ferreiro

Situación:Lugar de Currás

MU¸ÑO DE FERREIRO

20

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:57 Página 20

21

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:57 Página 21

ESTADO

Destrucción por obras: NONSaqueos: NONAlteraciones naturais: NONOutras alteracións: NONPropiedade: PÚBLICAClasificación do solo: RÚSTICODESCRICIŁN DO BEN

Lavadoiro con pedra de cantería e tellado de fibrocemento sobre columnas de formigón.SITUACIŁN INICIAL

A conservación deste lavadoiro e das menos malas, sobre todo no seu entorno, pois se atopaa escasos metros do local social en terreos da asociación de veciños “Valle”. O que estaba enpeor estado eran as ribeiras do río a carón do muro de contención das instalacións veciñais,e tamén a carón do lavadoiro. Ten algunhas deficiencias nas columnas que suxeitan o telladoe a pía perde auga por algunhas fendas.ACTUACIŁNS REALIZADAS

Procedeuse a limpeza e vaciado completo da pía así como as ribeiras do río o longo do lava-doiro e do muro de contención do local. Traballamos na limpeza do canle do río pois atopamosgran cantidade de lixo, material de obra, plásticos, etc...Xa é necesaria outra limpeza.

Datos xerais:Actividade: HidráulicaAntiguidade: descoñecida. Nos anos 50 sufriu modificacións

Uso actual: Sen uso.

Denominación:Lavadoiro de Río Daneiro

Situación:Lugar de río Daneiro

LAVADOIRO DO R¸ODANEIRO

22

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:58 Página 22

23

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:58 Página 23

ESTADO

Destrucción por obras: NONSaqueos: NONAlteraciones naturais: NONOutras alteracións: NONPropiedade: PÚBLICAClasificación do solo: RÚSTICADESCRICIŁN DO BENLavadoiro con pedra de cantería e cuberta sobre columnas de formigón e chapas de fibroce-mento. Situado no entorno do Muíño da Lavandeira, a Fonte do Conde e o Muíño do SantoSITUACIŁN INICIAL

Inicialmente o lavadoiro atopábase cheo de terra, sen auga na pía e con gran cantidade de sil-vas que o cubrían case na súa totalidade. A estructura necesita pequenas reparacións. Taméno tellado.ACTUACIŁNS REALIZADASProcedeuse a limpeza e vaciado completo da pía así como as ribeiras do río entre o lavadoiroe os Muíño.

Datos xerais:Actividade: HidráulicaAntiguidade: descoñecida

Uso actual: Sen uso.

Denominación:Lavadoiro da fonte do Conde

Situación:Lugar da Castiñeira

LAVADOIRO DA FONTEDO CONDE

24

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:58 Página 24

25

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:58 Página 25

ESTADO

Destrucción por obras: NONSaqueos: NONAlteraciones naturais: NONOutras alteracións: NONPropiedade: PRIVADAClasificación do solo: RÚSTICODESCRICIŁN DO BEN

Muíño de forma rectangular feito en pedra de cantería. Tellado a dúas augas. Muíño privado,dunha sola familia. Situase no entorno da fonte e lavadoiro do Conde.SITUACIŁN INICIAL

Os muros, a cuba e a finca onde esta situado encóntranse en bo estado de conservación. Nonten tellado e o interior esta en mal estado. Non hai maquinaría, so o pé do muíño. A tapa a teno seu dono.Bo acceso. ACTUACIŁNS REALIZADAS

Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario procedeuse a realizar desbro-ces e limpeza.

Datos xerais:Actividade: HidráulicaAntiguidade: S XVI(Catastro do Marqués da Enseada e inscrición na porta)

Uso actual: Ruíñas

Denominación:Muíño do Santo

Situación:Lugar da fonte do Conde

MU¸ÑO DO SANTO

26

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:59 Página 26

27

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:59 Página 27

ESTADO

Destrucción por obras: NONSaqueos: NONAlteraciones naturais: NONOutras alteracións: NONPropiedade: PRIVADAClasificación do solo: RÚSTICODESCRICIŁN DO BEN

Muíño de forma rectangular feito en pedra de cantería. Tellado a unha auga. Muíño dos denomi-nados ATANDADOS porque pertencía a varias familias que moian en quendas en diferentes días.Situase no entorno do lavadoiro e fonte do Conde e do muíño do Santo.SITUACIŁN INICIAL

Inicialmente o muíño estaba totalmente cuberto por silvas, ameneiros e todo tipo de maleza.Do muíño en si, parte dos muros exteriores están esnaquizados (encima da porta). A cuba e ocano están en bo estado pero cheos de terra. Carece de toda a maquinaria interior. Non se podíaacceder a el.ACTUACIŁNS REALIZADAS

Mediante a colaboración dos veciños co seu traballo voluntario estase a realizar traballos de des-broces e limpeza, para poder acceder o muíño. Limpouse o sendeiro de acceso, a cuba e o canoda auga, así como o terreo entre o muíño e o lavadoiro da fonte do Conde (fotos).Recolleuse lixo.Colocouse unha sinal rústica de madeira de castaño co nome do muíño.Descubreuse un cano de canteria duns 25 metros.Reconstruíuse o cubo, unha parede, o dintel da porta e tellouse con fibrocemento e vigas de car-ballo. Na actualidade estase a colocar a tella e logo cintaranse as parecedes con mortero rústico.

Datos xerais:Actividade: HidráulicaAntiguidade: S XVI(Catastro do Marqués da Enseada)

Uso actual: AbandonadoDende o ano 2005 cedido por 10 anos a asociación “Valle”

Denominación:Muíño da lavandeira

Situación:Lugar dos Migués

MU¸ÑO DA LAVANDEIRA

28

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:59 Página 28

29

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 17:59 Página 29

VALORACIŁN DO XURADOE ACCÉSIT

Oxurado estableceu criterios para a valo-ración das candidaturas presentadas que

serven para exemplificar actuacións so-branceiras que incidan na posta en valordo medio rural. Apreciaranse nas acuta-cións tanto a conservación do contornonatural, como a defensa do patrimoniocultural, histórico ou artístico, ademais darealización de obras ou acción comunaiscomo manifestacións de solidariedade.

A acta do xurado recolle o obxectivo de incidirna vontade de mantemento do patrimonioconstruido, coa advertencia de que “o campoe un contorno vivo se se produce nel e podeasí mesmo compatibilizarse a producciónanovadora co mantemento e integración nacadea produtiva dos edificios de valor sen-lleiro e dos espazos e contornos naturais”.Composición do xuradoO xurado estivo estivo presidido polo directorda Axencia Galega de DesenvolvementoRural, Edelmiro López Iglesias, e contou coaparticipación da directora xeral de Fomento eCalidade da Vivenda, Encarna Otero, do di-rector xeral de Conservación da Natureza,Xosé Benito Reza, do director da Escola Po-litécnica Superior-Campus de Lugo da USC,Xoan Carreira, do vicerreitor de Infraestructu-ras e Xestión Ambiental da Universidade daCoruña, Xosé Lois Martínez Suárez, e da se-cretaria da Asociación de Artesáns de Mon-doñedo, Elena Candín, en representación daentidade gañadora do premio na anterior edi-ción.O xurado recoñeceu tamén que as acción noámbito rural cobran un especial interese

cando conseguen implicar os vecinos me-diante o traballo voluntario, polo que acordouconceder un accésit, polo esforzó dinamiza-dor do tecido social para recuperar o patri-monio mediante a participación cidadá e otraballo voluntario, á candidatura Proxecto Es-melle presentado pola Asociación de Veciños“Valle de Esmelle” de Ferrol.O Proxecto Esmelle é una iniciativa que pre-tende impulsar a recuperación do patrimoniohistórico, etnográfico e cultural da zona me-diante a concienciación dos propietarios dosdistintos elementos e dos vecinos en xeral,coa proposta dun abano de actuacións e o es-tablecemento dunhas liñas básicas a seguir.Desenvolvéronse diversas actuacións: xun-tanzas veciñais, sinalizacións, encontros, xor-nadas de limpeza voluntaria, romaríascastrexas e diversos estudos das actuaciónsprogramadas.O maior valor e interese da acutación corres-ponde á movilización dos vecinos e á dinami-zación social, a través da que teñenrealizadas diversos programas con volunta-rios.Este proxecto fomenta as acción voluntarias,pon en valor o patrimonio etnográfico, histó-rico e inmaterial, forma e conciencia os veci-nos na protección do medio ambiente,fomenta o turismo rural como fonte de creciónde emprego en Esmelle e promover o desen-volvemento sustentable.Entre as accóns desenvolvidas, pódese des-tacar a limpeza lavadoiro e do río Daneiro, la-vadoiro e fonte do Conde, finca e muíño deOtero, cano e muíño da Lavandeira, fonte daEvarista, lavadoiro de Esmelle, fonte do Ca-daval, muíño das Salgueiras, muíño do Santo,muíño novo, restauración do tellado do Muíñode Otero e dunha parede no muíño das Sal-gueiras ou a da Fonte da Evarista, realizadapolo Taller de recuperación etnográfica.

30

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 18:00 Página 30

www.valledeesmelle.com

31

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 18:00 Página 31

NADAL 2006Exposición das maquetas do concurso do “Proxecto Esmelle”.III encontro de palilleiras da zona rural de FerrolActuación músical. Concerto de acordeón a cargo de JOAQUÍN. Bingo infantil beneficoEntrega de premios do I concurso de Maquetas.Inauguración da rúa do Mago Merlín nas inmediacións do muíño de Otero.Cine infantilVisita de Papa Noél ó Local Social de Esmelle.Despedida de ano para todos os socios (pinchos e brindis con champán)Bingo socialCabalgata de Reis da Zona Rural.

VII CIRCUITO FERROLÁN DE CARREIRAS POPULARES E CAMPO A TRAVÉS

FALLO DO I CONCURSO DE MAQUETAS - PROXECTO ESMELLEO fallo do xurado e o seguinte:1º premio: ANTONIO CARRO MONTIEL2º premio: MANUEL PÉREZ CEREIJO3º premio: EMILIO MARÍN FORMOSOPremio do público: MANUEL PÉREZ CEREIJO

MESA DE IDEAS - PROXECTO ESMELLE

Usos do patrimonio restauradoPrantexamentos para a interpretación do patrimonioIdeas para o fomento das especies autoctonasNovas iniciativas para o proxecto

PRANTACIÓN DE ÁRBORES - ZONA RURAL

EXCURSIÓN Á COSTA DA MORTE

Baio (Zas) – Torres do AlloCabo FisterraCarnota - Visita ó horreo de Carnota.Muros - Visitar o Muíño de mareas e a Vila de muros.

32

ACTIVIDADES REALIZADAS

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 18:01 Página 32

33

FESTAS DE SAN XOÁN 200723, 24 e 25 de Xuño

XVIII SEMANA CULTURAL - 2007ExposiciónsBingo socialComida campestre no parque de Merlín. Cada grupo levará a sua comida.Música e Xogos populares.h Maratón de tuteCharla da Sociedade galega de Historia NaturalTeatro: Grupo Fume de EsmelleCine (Todos los publicos)Sendeirismo – Visita a aula de interpretación “RECICLATERRA”Maratón de mus e parchísElaboración dun mural na grada do local social (para nenos e maiores)Obradoiro de actividades das mulleres de EsmelleDegustación de reposteria e licores caseirosMaratón de dominoConcerto de Acordeón a cargo de Joaquín Enríquez.Festa da CantinaXogos infantis (hinchables)Actuación da Coral “Lembranzas da Terra” de ValdoviñoGran Sardiñada

VI ROMARIA CASTREXA DE ESMELLEPregónMúsicaComida castrexaExhibición de deporte rural e para os nenosArtesaníaTaller de alfareiría

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 18:01 Página 33

CONVOCOUSE ÓS VECIÑOS PARA EXPLICAR O NOSO PROXECTO

CARTA INFORMATIVA ENVIADA DESPOIS DA ASAMBLEA A TÓDOLOS VECIÑOS DE ESMELLE

Sábado 18 de outubro de 2003EXCURSIÓN Á PROVINCIA DE LUGO

Nadal 2003 – LOCAL SOCIAL DE ESMELLEEXPOMUÍÑOS – Exposición etnográfico sobre o medio rural e a cultura da auga en particular

VER PROXECTOS SIMILARES REALIZADOS

EXCURSIÓN A PROVINCIA DE PONTEVEDRA

COLABORADOR-ORGANIZADOR DOS ECOXOGOS 2003

EDICIÓN E DIFUSIÓN DE TRÍPTICOS DA RUTA DOS MUÍÑOS DE AUGA DE ESMELLE

ORGANIZÁRONSE AS PRIMEIRAS XORNADAS DE DEBATE SOBRE O PROXECTO ESMELLE(02/10/2004)

CURSO DE FORMACIÓN GRATUÍTO“RECUPERACIÓN MEDIOAMBIENTAL E PATRIMONIAL”

ORGANIZÁRONSE AS SEGUNDAS XORNADAS DE DEBATE SOBRE O PROXECTO

EXCURSIÓN A MONDOÑEDO

RUTA A CABALO POLOS MUÍÑOS DE ESMELLE

TALLER DE RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DE ESMELLE

A SUBDIRECTORA DE COORDINACIÓN E PLANIFICACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURALVISITA O PROXECTO ESMELLE.

CHARLAS FORESTAIS – LOCAL SOCIAL DE ESMELLE

CONCURSO “COÑECE ESMELLE” - LUNS 31 DE XULLO

RUTA DE SENDERISMO NOCTURNA

CONCURSO FOTOGRÁFICO EN ESMELLE 2006 – XVII SEMANA CULTURAL

ROMARÍA CASTREXA

III XORNADAS

EXCURSIÓN A ALLARIZ

CARTA ENVIADA OS VECIÑOS CO FIN DE QUE SE INCORPOREN O PROXECTO CO SEU TRA-BALLO VOLUNTARIO.

I CONCURSO DE MAQUETAS “MUÍÑOS HIDRAULICOS”

MESA DE IDEAS

34

ACTIVIDADES DO PROXECTO REALIZADASA.A.V.V. 2006/07

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 18:01 Página 34

35

IV XORNADAS ‘0710 novembro 2007

Programa10.00 h.

Inauguración das xornadasMaría López Fernández

Concelleira de medio ambiente - FerrolÁngel Mato Escalona

Concelleiro de Urbanismo - Ferrol

10.15 h. Esmelle, patria do Mago Merlín

Relator: Ramón LoureiroPeriodista e Escritor

11.15 h. Comarca Oscos-Eo, Taramundi

Recuperación do pequeno patrimonio e políticas forestaisRelator: Pedro Rocha Coladas

Primeiro Xerente do Plan Oscos-Eo

12.15 h. Café

12.30 h.Humedais de Esmelle

Relator: Antonio Gómez CorralProfesor, Sociedade Galega de Historia Natural

14.00 h.Descanso para xantar

16.30 h. Patrimonio e Urbanismo

Relator: Alberto Fernández GonzálezDelegado Propvincial de Política Territorial

17.30 h. Clausura

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 18:01 Página 35

Proxecto Esmelle:Maquetación 1 25/10/2007 18:01 Página 36