Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última...
Transcript of Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última...
![Page 1: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/1.jpg)
Páxina 1 de 24
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final.
Título do proxecto Simulador de adestramento nas técnicas de mantemento de aeroxe-radores. SATMA.
Coordinador/a María Nieto López
Centro educativo I.E.S. Universidade Laboral.
Proxecto de innovación premiado na resolución do 6 de abril de 2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se conceden os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou cientí-fica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución do 24 de novembro de 2014).
![Page 2: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/2.jpg)
Páxina 2 de 24
![Page 3: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/3.jpg)
Páxina 3 de 24
Índice
1. Memoria xustificativa ................................................................................................5
1.1 Historia do proxecto. Xustificación. ............................................................................... 5
1.2 Relación de participantes .............................................................................................. 7
1.3 Actividades realizadas. ................................................................................................. 8
1.4 Avaliación final: Cumprimento do plan de avaliación. Valoración mediante os indicadores establecidos. ............................................................................................................... 14
1.5 Conclusións. Valoración global do proxecto e previsións de futuro. ............................ 15
1.6 Memoria de xustificación económica. .......................................................................... 16
1.6.1 Gastos xerais do proxecto................................................................................................................................ 16
1.6.2 Xustificación de gastos individuais de cada centro. ......................................................................................... 17
2. Resultados ou produtos do proxecto .................................................................... 19
![Page 4: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/4.jpg)
Páxina 4 de 24
![Page 5: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/5.jpg)
Páxina 5 de 24
1. Memoria xustificativa
1.1 Historia do proxecto. Xustificación.
Esta memoria ten por obxecto xustificar o proxecto de Innovación Didáctica da modali-
dade B. Innovación Didáctica da Resolución do 24 de marzo de 2015 da Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca premios pa-
ra o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de
innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes
da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A idea de este proxecto xurde cando profesores do departamento de Enerxía e Auga par-
ticipa en diferentes proxectos relacionados co sector eólico:
O primeiro proxecto europeo Leonardo da Vince TOI ATTP Wind Energy (Adapting
a Transparent Training Programme for Wind Energy), no que como resultado
desenvolveuse un programa de formación unificada a nivel europeo para técnicos
relacionados co sector eólico ATTP.
O seguinte proxecto no que colabora o departamento xurde do Plan Anual de
Formación do Profesorado de Formación Profesional, e consiste no desenvolvemento
do manual de “Monitores de acceso e subida a aeroxeradores"
O realizar estes proxectos, o profesorado que participou nel comprobou á hermeticidade
existente no sector eólico no referente a documentación dos equipamentos dos aeroxera-
dores, e o pechado dos seus sistemas de regulación e control, e nas técnicas e procesos de
mantemento dos mesmos fixo moi difícil o desenvolvemento do mesmo.
Esta mesma dificultade a teñen os profesores que imparten no C.S. de Enerxías renova-
bles para impartir os módulos:
Xestión da montaxe de parques eólicos.
Operación e mantemento de parques eólicos.
O proxecto ten como produto principal un simulador das principais situacións suscepti-
bles de actuación por parte dos equipos de mantemento de un aeroxerador, concretamente
trátase do aeroxerador número 21 do Parque Eólico Experimental de Sotavento do fabricante
![Page 6: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/6.jpg)
Páxina 6 de 24
Ecotecnia modelo 44/460.
A dispoñibilidade do simulador será en galego, castelán e inglés, aberto para a comunidade
educativa e o entorno produtivo.
![Page 7: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/7.jpg)
Páxina 7 de 24
1.2 Relación de participantes.
As entidades participantes no proxecto son:
IES Universidade Laboral coma centro coordinador:
A participación deste centro foi desenvolvida dende o departamento de Enerxía e Auga
cos profesores María Nieto López (coordinadora do proxecto), José Luís Vázquez Otero,
José Ignacio Vila Alonso, coordinador e participante respectivamente do proxecto euro-
peo Leonardo da Vinci TOI ATTP Wind Energy e Gustavo Adolfo Rodríguez Pérez, que
se atopa no presente curso académico impartido docencia no módulo de Xestión da mon-
taxe de parques eólicos e ademais é o titor do CS en Enerxías Renovables.
Fundación Sotavento.
Dita entidade atópase situada no Parque Eólico Experimental de Sotavento polo que dis-
pón da capacidade para facer uso das instalacións do mesmo. De forma resumida, a con-
tinuación citamos as instalacións de dito parque centradas no plano tecnolóxico:
o Aeroxeneradores: 24 máquinas entre as que se encontra ECOTECNIA 44/600.
o Rede de comunicación avanzada.
o Monitorización: Tódolos aeroxeneradores están monitorizados paralelamente al
tecnólogo.
o Outras instalacións renovables: solar fotovoltaica, solar térmica, geotérmica, bio-
masa, hidroxéno
Engasoft, S.L.
Finalmente, a empresa Engasoft realizou a monitorización das instalacións de existentes
no Parque Eólico Experimental de Sotavento, motivo éste polo cal se seleccionou a mes-
ma para a participación neste proxecto, tendo en conta a calidade dos materiais desenvol-
vidos pola mesma nas instalacións do Parque. Esta empresa ten unha ampla experiencia
na realización de aplicacións do sector eólico.
![Page 8: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/8.jpg)
Páxina 8 de 24
1.3 Actividades realizadas.
A continuación relaciónanse as actividades realizadas entorno ao proxecto SIMULADOR DE ADESTRAMENTO NAS TÉCNICAS DE MANTEMENTO DE AEROXERADORES. SATMA que están
diferenciadas en seis fases:
Fase 1: INVESTIGACIÓN E ANÁLISE CURRICULAR.
Nesta primeira etapa de investigación recolleuse e analizouse as características de outros
produtos destinados á simulación de instalacións de produción de enerxía eólica para desen-
volver o simulador.
O mesmo tempo analizouse o currículo do ciclo formativo que ten relación co proceso de
mantemento de aeroxeradores, e así púidose representar no simulador os puntos clave do
mantemento dos mesmos.
Analizouse a documentación correspondente ao aeroxerador que é obxecto de simulación,
definíndose os estados do mesmo.
Nesta fase inicial colaboraron os principais propulsores do proceso, o profesorado do I.E.S
Universidade Laboral
Fase 2: ASESORÍA PUNTOS DE CONTROL E DATOS HISTÓRICOS.
Nesta etapa persoal das entidades colaboradoras, en función dos puntos de control de que
dispoñen instalados no aeroxerador e os datos históricos dispoñibles, realizarán unha aseso-
ría técnica para ver o alcance do proxecto en función da investigación realizada na fase 1 e
das posibilidades que permita o orzamento do proxecto.
Nesta fase fixéronse diversas visitas ás instalacións de Sotavento, para realizar traballos so-
bre o aeroxerador obxecto de monitorización, ademáis da selección dos datos históricos a
implementar no simulador.
![Page 9: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/9.jpg)
Páxina 9 de 24
Esta fase desenvolveuse por persoal da Fundación Sotavento e Engasoft, S.L., coa supervi-
sión do IES Universidade Laboral.
Fase 3: DEFINICIÓN DO PRODUTO.
Implemeátaronse os datos obtidos polos puntos de control e a selección e adaptación dos da-
tos históricos á plataforma na que se desenvolveu o simulador SATMA.
A implementación de datos desenvolveuse principalmente por persoal de Engasoft,
baixo a asesoría de persoal da Fundación Sotavento e supervisada polo IES Universi-
dade Laboral como coordinador do proxecto.
Realizáronse reunións de traballo e seguimento do desenvolvemento do simulador nas
instalacións na Fundación de Sotavento e no IES Universidade Laboral.
![Page 10: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/10.jpg)
Páxina 10 de 24
Fase 4: DESENVOLVEMENTO DO SIMULADOR.
Nesta fase desenvolveuse o produto de simulación SATMA,en galego, español e inglés.
A empresa Engasoft S.L. elaborou a plataforma e o simulador e a Fundación Sotavento e
I.E.S. Universidade Laboral realizou as fichas que Engasoft deberá incluír no simulador.
A empresa Engasoft S.L. elaborou a plataforma e o simulador e a Fundación Sotavento
e I.E.S. Universidade Laboral realizou as fichas que Engasoft deberá incluír no simulador.
A estructura de Satma especificase no marxen izquierdo aparecendo os seguintes
submenús tendo:
Xeneralidades.
Aeroxerador Ecotecnia 44
Scada
O&P: Operación e mantemento.
Intervecións Períodicas
E por último Operacións Destacadas.
![Page 11: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/11.jpg)
Páxina 11 de 24
Fase 5: DIVULGACIÓN
Unha vez que o simulador estivo rematado realizase a fase de divulgación, para o cal:
presentase o proxecto no congreso de Innovación na Formación Profesional, do
24 ao 25 de febreiro de 2016 participando no obradoiro de Innovación.
![Page 12: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/12.jpg)
Páxina 12 de 24
presentase no boletín do centro educativo
exponse no I.E.S Universidade Laboral, para que a comunidade educativa do
mesmo coñeza a ferramenta.
Participarase II Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compar-
tindo boas prácticas previsto a realizar a finais de abril.
![Page 13: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/13.jpg)
Páxina 13 de 24
Fase 6: MEMORIA FINAL
Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-
go 11 da convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación
tecnolóxica.
Nela explicase todo o proceso para obtención dos obxectivos incluíndo os materiais
elaborados polos socios deste proxecto.
![Page 14: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/14.jpg)
Páxina 14 de 24
1.4 Avaliación final: Cumprimento do plan de avaliación. Valoración mediante os indicadores establecidos.
A calidade do proxecto é avaliado polo coordinador do mesmo chegando a conclu-
sión que se acadaron todos os obxectivos proposto na memoria de solicitude. Para o cal
o finalizar cada unha das fases estudáronse os seguintes aspectos:
- Grao de consecución dos obxectivos do proxecto.
- Posibles desviacións nos obxectivos preestablecidos.
- Alcance dos obxectivos concorde coa temporalización programada.
- Produtos do proxecto coa calidade prevista, por medio de posta en común co equi-
po docente do departamento de enerxía e auga.
![Page 15: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/15.jpg)
Páxina 15 de 24
1.5 Conclusións. Valoración global do proxecto e previsións de futuro.
Todos os docentes implicadas no proxecto adquiriron:
coñecementos nos principais sistemas que forman parte dun aeroxerador e das
tecnoloxías dispoñibles de forma xeral, e polo miúdo do aeroxerador Ecotecnia
44.
as condicións de operación e mantemento necesarias nas tarefas de mantemento
de aeroxeradores. Tendo acceso a documentación, a planos e fotografías, do
aeroxerador en estudo así coma a temporalización recomendada polo fabricante.
Achegaronse á Formación Profesional un entorno web no que adestrar aos estudantes
dos ciclos formativos na constitución de un aeroxerador real, o seu funcionamento e sobre
todo nas situacións máis habituais susceptibles de mantemento preventivo e correctivo por
parte dos equipos de mantemento dos parques eólicos.
Adquiríronse coñecementos relacionados coas técnicas de investigación e innova-
ción,susceptibles de ser levadas ao entorno dos Centros de Formación Profesional.
Melloraron as destrezas de comunicación coas empresas.
Fixéronse relacións consolidadas con empresas, fundacións e institucións que permiten
unha relación máis directa entre os centros educativos e ditas entidades, que de feito xa se
están facendo notar por medio de novos convenios de colaboración.
Este tipo de proxectos incrementa non só os coñecementos do profesorado de Forma-
ción Profesional senón as súas destrezas de negociación, colaboración e relación co entor-
no produtivo de maneira que o mantén actualizado na realidade existente fora das aulas e
serve de motivación para continuar co aprendizaxe ao longo da carreira profesional e da
vida.
![Page 16: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/16.jpg)
Páxina 16 de 24
1.6 Memoria de xustificación económica.
1.6.1 Gastos xerais do proxecto.
O orzamento inicial deste proxecto ascendía á cantidade de TRINTA E NOVE MIL
NOVECENTOS NOVENTA E SEIS EUROS, seguindo as instruccións da convocatoria, presentou-
se de forma global para o desenvolvemento do proxecto e de forma parcial dividido en 3 partes,
unha para cada socio participante do proxecto.
1. I.E.S. UNIVERSIDADE LABORAL 9.911,00 euros
2. FUNDACIÓN SOTAVENTO 20.075,00 euros
3. ENGASOFT S.L. 10.010,00 euros
TOTAL: 39.996,00 euros.
Cando o proxecto foi aprobado houbo unha redución dun 25 %, que se repartiu en cada
unha das partidas, quedando como se resume a continuación. o que fixo necesario que as partidas
sufriran unha redución. Quedando
1. I.E.S. UNIVERSIDADE LABORAL 7433,25 euros
2. FUNDACIÓN SOTAVENTO 7507,5 euros
3. ENGASOFT S.L. 15056,25 euros
TOTAL: 29.997 euros.
![Page 17: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/17.jpg)
Páxina 17 de 24
1.6.2 Xustificación de gastos individuais de cada centro.
![Page 18: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/18.jpg)
Páxina 18 de 24
![Page 19: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/19.jpg)
Páxina 19 de 24
2. Resultados ou produtos do proxecto
O produto final de este proxecto é unha ferramenta para o adestramento de opera-
rios nas técnicas de mantemento de aeorxeradores.
Con este simulador preténdese obter datos existentes tanto de índole construtivo dos
aeroxeradores coma procedimental das técnicas e condicións nas que se desenvolve o
mantemento dos aeroxeradores, pois como xa se comentou en puntos anteriores estes
datos son inaccesibles para o profesorado pois as empresas fabricantes de aeroxera-
dores non difunden este tipo de datos.
Para acceder a dita plataforma terase que escribir na barra de direcciones
www.satmawind.com
A primeira páxina poderase elixir o idioma no que traballar.
Elixido o idioma, accedemos a páxina principal no que no marxen izquierdo aparecen
os seguintes submenús tendo:
• Xeneralidades.
• Aeroxerador Ecotecnia 44
• Scada
• O&P: Operación e mantemento.
• Intervecións Períodicas
• E por último Operacións Destacadas.
O proxecto quere servir como formador de futuros profesionais de mantemento de ae-
![Page 20: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/20.jpg)
Páxina 20 de 24
roxeradores polo enxertouse un apartado de contacto onde calquera poderase poñer en
contacto cos profesores do departamento de Enerxía e Auga do I.E.S. Universidade Labo-
ral ben a través do teléfono ou do correo eléctronico.
O simulador é unha ferramenta de formación de aplicación no mundo da enerxía , cen-
trándonos dende o punto de vista do mantemento, pero ainda así faise necesario ter uns
coñecementos mínimos das diferentes tenoloxías existentes. Polo que no apartado de Xe-
ralidades descríbense os principais sistemas que forman parte dun aeroxerador e das tecno-
loxías dispoñibles de forma xeral.
Dito apartado está subdividido en cada unha das principais partes do aeroxenerador.
Base, torre Góndola, Sistema de Captación Sistema de transmisión Sistema de xera-
ción, Sistema de Freada, Sistema hidráulico Sistema de Control, Aparamenta Eléctrica e
S. Compensación Sistema de Refrixeración.
Os recursos que utilizamos para facilitar a compresión dos contidos nos apartados te-
mos infografías.
Por exemplo na Vista xeral de xeneralidades, representa un aeroxerador, se nos poñe-
mos en riba dos botos resaltase dita parte na infografía.
![Page 21: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/21.jpg)
Páxina 21 de 24
Nas explicacións de cada unha das partes temos texto resaltado o facer clic sobre él te-
mos acceso fotos, planos, videos que nos axudan a compresión da parte que se está a estu-
dar.
No apartado Ecotecnia 44 describese polo miúdo dito aeroxerador. A idea deste proxec-
to e seguir ampliando con outros aeroxeradores en outros proxectos. En todo o proxecto
séguese a mesma estrutura para así facilitar o estudo ao alumno e lle sexa doado buscar a
información
Por exemplo na vista xeral do Ecotecnia 44 temos unha infografía baseada nos planos
de dito aeroxerador e a igual que acontecía na vista xeral de xeneralidades ao pasar por ri-
ba de cada unha das partes está resaltase na infografía.
Neste apartado ademais de explicar a parte que corresponda contamos con planos reais o
![Page 22: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/22.jpg)
Páxina 22 de 24
que para o persoal de mantemento facilita moito o traballo. Por exemplo no apartado de es-
tructuras principais, explícase a base, a torre e a góndola. O pinchar en riba deles ademais de
indicar a que parte corresponde accedese a información e aos planos.
O seguinte apartado a tratar e o Scada, un Scada é un sofware para ordenadores que
permite controlar e supervisar un ou varios aeroxeradores a distancia.
Dentro das principais funcionalidades que procura un SCADA temos:
Permite a monitorización en tempo real da maioría de dispositivos
Rexistra e almacena información procedente do aeroxerador
Proporciona gráficas e informes para representar indicacións de funcionamento,
producción e dispoñibilidade.
![Page 23: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/23.jpg)
Páxina 23 de 24
O SCADA resulta de gran axuda para que o persoal de mantemento poida identificar
anomalías e para obter información sobre o funcionamento e os problemas que ocurren
nos aeroxeradores.
No apartado de Intervencións periódicas abórdase de maneira xeral as condicións de
Operación e Mantemento necesarias nas tarefas de mantemento de aeroxeradores.
No apartado de intervencións periódicas detállanse as operacións periódicas a desen-
volver neste aeroxerador, indicando as operacións planos e seguir e temporalización reco-
mendada polo fabricante.
![Page 24: Proxecto de innovación. Convocatoria 2015. Memoria final. · Fase 6: MEMORIA FINAL Nesta última fase do proxecto realizouse a memoria final de acordo co punto 2 do arti-go 11 da](https://reader035.fdocuments.mx/reader035/viewer/2022062506/5fbd3b6c0d8ec42c83737d6d/html5/thumbnails/24.jpg)
Páxina 24 de 24
Por último o apartado de operacións destacadas, descríbense 16 operacións de mante-
mento destacadas no aeroxenerador Ecotecnia 44, a selección de ditas operacións fíxose
en coordinación con a Fundación Sotavento.
Nela teremos acceso a planos, fotografías e vídeos.
Para que está páxina web póidase implemetar, entregamos dous arquivos que están na
carpeta de proxectos e unha guía de instalación.