PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"

25
1 UNIDADE DIDÁCTICA SEGUNDO DE PRIMARIA

Transcript of PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"

1

UNIDADE DIDÁCTICA

SEGUNDO DE PRIMARIA

2

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN

2. OBXECTIVOS

3. COMPETENCIAS

4. ACTIVIDADES E MEMORIA DALGUNHAS

ACTIVIDADES

5. TEMPORALIZACIÓN

6. RECURSOS

7. CONCLUSIÓNS

3

1. INTRODUCIÓN

Este curso, dentro do Proxecto Documental Integrado:

Coñecemos a nosa contorna: flora e fauna I, o

alumnado de segundo de primaria vai traballar o HORTO

ECOLÓXICO.

Para desenvolver esta unidade imos aproveitar o

invernadoiro que se instalou no colexio e que

inauguramos este curso.

Dende fai moitos anos o ser humano comezou a cultivar

as súas hortalizas, isto pemitiu o establecemento dos

pobos e o intercambio de produtos entre veciños.

Actualmente vivimos nunha sociedade industrial

desenrolada que evoluciona hacia unha sociedade de

servizos. Unha porcentaxe moi pequena da poboación

vive do sector primario. Este progreso levou á progresiva

desaparición das hortas e hortos, tamén na zona rural na

que se atopa o noso centro. Todo isto unido ao

descoñecemento dos procesos de produción, a valorar un

produto agrícola non como alimento, senón máis ben polo

seu aspecto, prezo e transformación para o seu uso

inmediato levounos á desaparición da cultura agrícola e

alimentaria.

Todo isto leva aparellados distintos problemas:

4

- Medioambientais, provocados polos métodos

agrícolas industriais e o transporte mundial de alimentos.

- Económicos: xa que as zonas rurais deixaron de ter

unha función produtiva e carecen de economía local.

- Cultural: desapareceu un pratrimonio cultural e

xenético desenrolado ao longo dos séculos polas mulleres

e homes rurais.

- Social: xa que a xente nova non ve futuro nunhas

zonas. É unha actividade desprestixiada socialmente e con

poucas garantías económicas.

O HORTO pode ser un importante instrumento para tocar

estes temas dende unha perspectiva vivencial e de

responsabilidade persoal. Que abordemos o proxecro dun

horto ecolóxico supón, ademais de coñecer técnicas máis

respetuosas co medioambiente, servíndonos ao mesmo

tempo para enlazar coa nosa cultura máis cercana,

presente nas persoas de máis idade da nosa contorna;

valorar o coñecemento dos nosos maiores, en especial

avoas e avós, ser responsables da boa marcha da colleita,

coñecer os ciclos dos seres vivos, comer produtos

saudables e que sementamos nós mesmos,… Todos estes

aspectos das áreas curriculares , da educación en valores,

da educación ambiental poden ser integrados no traballo

docente gracias ó HORTO.

Este curso imos, polo tanto, emprender xuntos a aventura

de cultivar coas nosas mans e coñecemento, as nosas

verduras e hortalizas, imos facelo respectando as leis da

5

natureza, evitando o emprego de produtos químicos e

botando man de todos os recursos que temos ao noso

alcance.

2. OBXECTIVOS

Aprender a cultivar os nosos vexetais de maneira

ecolóxica.

Aproveitar a sementes que teñamos nas nosas casas

ou que sexan ecolóxicas.

Coidar as plantas valorando o contacto e relación co

medio e os beneficios de respirar aire puro.

Facer que o HORTO sexa fermoso estéticamente

para animar ao resto do alumnado que tamén teñen

unha parcela no invernadoiro.

Despertar o interese do alumnado hacia o entorno

máis cercano, así como aprender a valoralos e

conservalos.

Educar na sensibilidade ambiental contribuíndo ao

coidado e mellora da contorna.

Coñercer as características das plantas das que nos

alimentamos.

Concienciar ao alumnado sobre a necesidade de

realizar un uso razoable e sostible dos recursos

naturais.

Valorar a importancia dos diferentes roles das

mulleres rurais.

6

Dar a coñecer a importancia da función das mulleres

nos sistemas alimentarios.

Valorar a importancia dos saberes que no medio

rural foron pasando de xeración en xeración.

Promover hábitos de alimentación e consumo

saudables e respectuosos co entorno.

Valorar os produtos locais e a gastronomía casera e

natural.

Diferenciar actividades realizadas por persoas das

realizadas de maneira industrial en relación ao

cultivo ou transformación do froito ou produtos.

Poñer en valor o medio no que viven e a importancia

de cultivar un HORTO.

3. COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia co coñecemento e interacción co

mundo físico.

Acádase na medida en que se axuda ao alumnado a dirixir

reflexivamente as súas accións para lograr unha vida

saudable. Interactúase co entorno máis próximo e coa

súa realidade máis cercana.

Competencia matemática.

O alumnado realizará actividades matemáticas que lle

axudarán a comprender e cuantificar a magnitude da

temática que abordamos para poder aplicar solucións e

accións prácticas na súa vida cotiá.

7

Competencia de aprender a aprender.

O alumnado será consciente do que sabe e do que quere

aprender, por iso será preciso ter motivación e vontade,

mediante o plantexamento de preguntas e a diversidade

de respostas útiles; tamén aprenderá a utilizar estratexias

para tomar decisións coa información disponible.

Finalmente terá que ser capaz de autoavaliarse e adquirir

un compromiso persoal.

Tratamento da información e competencia dixital.

Empregaranse distintos soportes para informarse,

aprender e comunicarse; búsqueda de información en

internet; tratamento dixital das actividades que poderán

ser colgadas no blog do centro e da biblioteca; acceso a

recursos educativos e información xeral a través da

internet.

Competencia comunicativa, lingüística e visual.

Acadar a competencia oral a través da interacción e

mediación entre o alumnado. Esta competencia tamén se

adquirirá na comprensión dos enunciados das actividades.

Tamén é importante ampliar coñecementos, vocabulario

propio e doutros contextos relacionados coa sociedade

actual e as desigualdades sociais (pobreza, fame,

8

nutrición, desnutrición, campo, cidade, consumo

responsable, etc.).

Competencia artística e cultural.

Fomentar habilidades de cooperación, creatividade,

iniciativa na confección de murais, ilustracións, planos,

debuxos, pirámide dos alimentos, teatro, cine, etc.

Motivar hábitos saudables a partires doutras expresións

artísticas e musicais.

Competencia social e cidadá.

Os nenos e as nenas traballarán conxuntamente en

equipo e co grupo clase, con repecto e bo trato entre

todos, percatándose da diversidade de información das

distintas culturas.

4. ACTIVIDADES

1. O primeiro día do curso explicouse o proxecto que

iamos traballar dende a BIBLIONOVA e explicouse a

parte que traballaría primeiro e segundo de Primaria: O

HORTO ECOLÓXICO. Falamos do horto da nosa casa,

pois vivimos nun medio rural no que todo o alumnado

ten contacto con algún horto e imos vendo os

coñecementos previos con repecto ao tema.

Nas portas da aula hai murais dun horto.

Ao longo do curso farán actividades nel.

9

10

11

2. Entrégase ao alumnado unha planta de Benvida sobre a

que irán investigando e a través de pistas chegarán a

descubrir o seu nome. Buscarán información no

ordenador. Con esta información farase un

monográfico da planta.

3. Exposición de libros relacionados co PDI.

Ao comezo do curso fíxose una exposición de libros

relacionados co PDI. O alumnado nunha visita guiada á

exposición que tivo lugar na biblioteca, fixo como una

selección de libros que lle gustaban para que logo a

biblioteca do centro puidera adquirilos. Resultou una

actividade moi motivadora e interesante. Este material

empregouse como recurso bibliográfico para o

desenrolo do PDI.

12

4. Recuncho: “As nosas plantacións” na aula.

Cada alumno elixe unha semente que planta nun bote

de iogur para logo trasplantala no invernadoiro.

Segundo van evolucionando fan a representación no

mural da actividade 1.

As sementes que plantamos adáptanse ás estacións do

ano e procuramos que sexan sementes ecolóxicas que

aporta o propio alumnado e o profesorado.

13

4.Traballo monográfico sobre o Kalanchoe.

Kalanchoe daigremontiana ou popularmente Aranto.

É unha planta orixinaria de zonas

tropicais de África, Asia e América.

Esta planta contén propiedades

medicinais que se usan dende fai moito tempo para diversas doenzas..

Presenta novos filliños ou plantiñas novas no borde das follas. É

nai de miles de filliños. Cando caen na terra xa seguen medrando.

A parte que se utiliza é principalmente a folla.

Son plantas resistentes e fáciles de cultivar pero soportan mal as

xeadas.

Podemos buscar máis información dela.

Témola no noso colexio e imos ver como se

reproduce. ´

Que plantiña tan máxica!!

14

5.Un día á semana, posta en común de como está a

planta (follas, fillos, trasplante a outra maceta,…).

15

6.Creouse un correo electrónico do grupo clase que ten

como obxectivo que cada alumno envie imaxes da súa

planta e ao final farase un pequeño collaxe coas imaxes

que poderán levar ás casas.

7. Dende o comezo do curso adicamos unha sesión

semanal para ir ao invernadoiro onde irán facendo os

traballos do HORTO e cultivando plantas da época que

una vez adultas levarán ás súas casas para consumilas.

8. Para os Lectómetros elexiuse una planta autóctona e

sobre ela fíxose una ficha bibliográfica (xesta).

16

9. Elaboración dun marcapáxinas con retratos e pétalos

de flores recollidas no entorno.

10. Visita ó xardín das plantas aromáticas preparado

para dar a benvida a toda a comunidade educativa o

primeiro día do curso. Identifícanse, tratamos de

memorizar os seus nomes e algunas características. Ao

longo do curso participaremos do seu coidado e

disfrute.

17

11. No mes da ciencia na biblioteca fíxose unha

exposición de plantas compañeiras no horto ecolóxico

cos seus nomes científicos. Posteriormente plantáronse

no invernadoiro: tabaco, ortiga, saponaria, ruda,

melisa, tanaceto, tomiño, consuelda, pelitre,…

18

11. Árbore identificativa da clase, feita no recuncho de

plástica con follas secas e flores.

12. Dramatización “O coelliño branco”. Emprego de

plantas ornamentais da época.

13. Participación na decoración do mural da ventá da

biblioteca para o Nadal no que se empregan plantas

reais, debuxos e manualidades sobre plantas da

contorna e da época. Logo trasplantaranse no

invernadoiro.

19

14.Plantar plantas nun horto exterior e comparar o seu

crecemento, aspecto,… coas do invernadoiro.

20

15.Participar no acondicionamento de plantas de

interior do colexio.

16.Obradoiro do entroido “O Feirón” relacionado co

tema do horto e os oficios da contorna.

21

17.O Mercado. Esta actividade desenvólvese na aula

despois da recolección de verduras e froitos.

22

5. TEMPORALIZACIÓN

Esta parte específica do proxecto desenvolveuse ao

longo do curso.

23

6. RECURSOS

Sementes, plantas, ferramentas, invernadoiro, horto

exterior, material funxible,…e outros recursos materiais

e humanos.

7. CONCLUSIÓNS

Cultivar un HORTO é entrar a formar parte do ciclo das

estacións, é coñecer a cor, o sabor, o cheiro da terra.

Cultivar un HORTO é un acto de amor hacia nós mesmos e hacia

a natureza.

A terra está viva baixo os nosos pés esperando un raio de luz

que penetre nela, unha semente levada polo vento que se

convirta en herba fresca. Debemos disfrutar do presente que

nos está a regalar a natureza e alimentar o futuro. Vivimos

todos baixo un mesmo teito. Debemos coidar os valores, as

emocións e todas esas cousas que afortunadamente non teñen

prezo. O noso HORTO é unha delas.

O cultivo ecolóxico, xa non é unha opción, é unha necesidade.

Oxalá foramos capaces de transmitir esto ao noso alumnado.

O HORTO potencia o xogo consciente e construtivo, este é o

motor das grandes aprendizaxes na infancia e na vida adulta.

Pensamos que hai que aproveitar a primeira etapa da vida para

establecer potentes vínculos coa natureza e forxar a empatía e

a sensibilidade co entorno.

24

BIBLIOGRAFÍA

Los jardineros del bosque.

La misión de los erizos.

Un huerto para ser feliz.

Huerto medicinal ecológico a la carta.

Horta ecolóxica na Galiza

Árboles de la Península Ibérica.

Jardinería fácil para niños

Huerto fácil para niños

Guía de campo

25