Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca

6
1 PROTOCOLO RELATIVO Á MATERIA “SEMINARIO DE EXPERIENCIAS PROFESIONAISDO GRAO EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO (Aprobado pola Xunta de Facultade o 6 de julio de 2012) PREÁMBULO O Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais establece no seu artigo 12 a posibilidade de introducir prácticas externas para enriquecer a formación dos estudantes das ensinanzas de grao na medida en que lles proporcionará un coñecemento máis profundo sobre as competencias que necesitarán no futuro. Dita posibilidade debe axustarse as directrices da Agencia Nacional para la Evaluación y la Acreditación (ANECA) que indica que as prácticas só poderán ofertarse con carácter obrigatorio naqueles casos nos que poida garantirse as prazas de prácticas para a totalidade dos matriculados no título. Deste xeito, as indicacións da ANECA sobre a Memoria do Grao en Comunicación Audiovisual propiciaron a creación de dúas materias optativas: unha primeira denominada “Proxecto de prácticas profesionais” nas que se poderían matricular aqueles estudantes que quixeran realizar prácticas en institucións públicas, empresas e entidades non lucrativas no segundo semestre de cuarto curso atribuíndolle un máximo de 12 ECTS; e unha segunda denominada “Seminario de experiencias profesionais” tamén do segundo semestre e tamén de 12 créditos ECTS. O estudante poderá, polo tanto, elixir entre estas dúas materias que, de xeito distinto, lle dan cobertura ás competencias profesionais do título. A Xunta de Facultade aprobou o 6 de julio de 2012 a normativa específica para xestionar as prácticas profesionais conforme o establecido nos regulamentos superiores polo que, ademais, é necesario establecer un protocolo para a xestión da materia optativa que os alumnos e alumnas pode seleccionar como alternativa ás prácticas profesionais.

Transcript of Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca

Page 1: Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca

1

PROTOCOLO

RELATIVO Á MATERIA “SEMINARIO DE EXPERIENCIAS PROFESIONAIS” DO

GRAO EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO

(Aprobado pola Xunta de Facultade o 6 de julio de 2012)

PREÁMBULO

O Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das

ensinanzas universitarias oficiais establece no seu artigo 12 a posibilidade de introducir

prácticas externas para enriquecer a formación dos estudantes das ensinanzas de grao

na medida en que lles proporcionará un coñecemento máis profundo sobre as

competencias que necesitarán no futuro. Dita posibilidade debe axustarse as

directrices da Agencia Nacional para la Evaluación y la Acreditación (ANECA) que indica

que as prácticas só poderán ofertarse con carácter obrigatorio naqueles casos nos que

poida garantirse as prazas de prácticas para a totalidade dos matriculados no título.

Deste xeito, as indicacións da ANECA sobre a Memoria do Grao en

Comunicación Audiovisual propiciaron a creación de dúas materias optativas: unha

primeira denominada “Proxecto de prácticas profesionais” nas que se poderían

matricular aqueles estudantes que quixeran realizar prácticas en institucións públicas,

empresas e entidades non lucrativas no segundo semestre de cuarto curso

atribuíndolle un máximo de 12 ECTS; e unha segunda denominada “Seminario de

experiencias profesionais” tamén do segundo semestre e tamén de 12 créditos ECTS. O

estudante poderá, polo tanto, elixir entre estas dúas materias que, de xeito distinto, lle

dan cobertura ás competencias profesionais do título.

A Xunta de Facultade aprobou o 6 de julio de 2012 a normativa específica para

xestionar as prácticas profesionais conforme o establecido nos regulamentos

superiores polo que, ademais, é necesario establecer un protocolo para a xestión da

materia optativa que os alumnos e alumnas pode seleccionar como alternativa ás

prácticas profesionais.

Page 2: Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca

2

1.- Obxecto

O presente protocolo ten como obxecto organizar o funcionamento da materia

“Seminarios de experiencias profesionais” durante o segundo semestre do cuarto ano

do título de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Esta materia foi

considerada unha proposta fundamental na materia do Grao para garantir a “conexión

entre a formación académica e profesional, a parte de constituír un canle adecuado

para a permanente conexión coas distintas tendencias do mercado da comunicación,

contando para iso coa asistencia de profesionais de recoñecido prestixio”.

2.- Definición da materia

1. A materia “Seminarios de experiencias profesionais” contémplase no plano

de estudios do Grao en Comunicación Audiovisual como unha materia optativa de 12

créditos ECTS

2. A mencionada materia será xestionada mediante a aprobación dun

calendario de seminarios e obradoiros que se celebrarán durante todo o segundo

semestre do cuarto ano do título ata completar un total de 12 créditos ECTS

3. O deseño do calendario deberá garantir a atención a totalidade de

competencias ás que da cobertura esta materia

3.- Requisitos

1. Poderán matricularse na materia aqueles alumnos e alumnas que teñan

superado a lo menos o 50% dos créditos do título de Grao en Comunicación

Audiovisual da Universidade de Vigo.

2. A materia ten carácter presencial polo que, como requisito mínimo, deberá

garantirse a asistencia ó 80% dos seminarios e talleres programados.

4.- Organización da materia

1. O programa de de seminarios e talleres será organizado durante o primeiro

semestre do curso, sendo aprobado pola Xunta de Facultade (previa información ós

docentes do Grao) durante o mes de xaneiro.

Page 3: Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca

3

2. O calendario será deseñado polo coordinador/a do Seminario de

Experiencias Profesionais en colaboración co Coordinador/a do Grao en Comunicación

Audiovisual, un representante do Decanato do centro e un alumno/a

3. Para a organización do programa o coordinador/a do Seminario contará co

apoio do persoal administrativo do Decanato do centro e de a lo menos un estudante.

4. O programa definitivo deberá incluír un listado de profesionais de

recoñecido prestixio, o tipo de actividade que se vai realizar (conferencia, seminario ou

obradoiro), a duración da actividade, data e horario e lugar de celebración. Cada

actividade ira acompañada dunha memoria na que se indique, ademais da información

indicada, un breve curriculum do convidado e unha relación das competencias ás que

lle dea cobertura.

5. A celebración das actividades poderá ter horario de mañá ou de tarde,

sempre atendendo á dispoñibilidade dos profesionais convidados. Debe realizarse

unha programación que cubra o cento por cento de horas necesarias para dar

cobertura ós 12 créditos ECTS (100 horas presenciales de alumno/a)

6. A avaliación da materia realizarase atendendo a tres criterios:

- Asistencia. A asistencia é obrigatoria para a cualificación de calquera das

actividades programadas. Naqueles casos nos que a actividade teña unha duración

igual ou inferior a unha hora, a asistencia será o único criterio de valoración,

outorgando 10 puntos ós asistentes a totalidade da actividade e 0 ós non asistentes.

- Puntuación profesional. Naqueles casos nos que se programen seminarios

ou obradoiro de máis de unha hora de duración e requira a presentación de traballos

ou informes por parte dos alumnos/os, será o profesional responsable do mesmo o

que outorgue a puntuación desa actividade

- Puntuación académica. En casos excepcionais de actividades que teñan máis

de unha hora de duración pero non requiran de presentación de traballos ou informes

por parte do alumnado (conferencias), o coordinador da materia pode solicitar a

presentación de informes sobre a actividade e puntuar en función dos mesmos

A cualificación final da materia será resultante da media do total de

seminarios ós que teña que asistir o alumno/a. Deste xeito a media deberá incluír

aquelas actividades ás que o alumno non asistira pero que formen parte do total da

programación da materia

Page 4: Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca

4

Poden xustificarse as faltas de asistencia ata un 5% das horas totais por

cuestións médicas e laborais entregando (no prazo dunha semana) o xustificante

correspondente. Neste casos as horas xustificadas non serán tidas en conta para o

cálculo da media final de cualificación

6. Coordinador do Seminario de experiencias profesionais

1. O coordinador de Seminario de Experiencias profesionais será nomeado pola

Xunta de Facultade a proposta do Coordinación de Titulación entre os profesores do

Título de Grao en Comunicación Audiovisual

2. Son funcións do coordinador do Seminario de Experiencias Profesionais:

- Cubrir a Guia Docente da mesma

- Propoñer ó profesional ou profesionais encargados de impartir os seminarios

e obradoiros de traballo

- Elaborar unha ficha cos obxectivos, contidos, calendario, número máximo de

alumnos/as (nunca inferior a 8) e avaliación do Obradoiro, dándoa a coñecer ós

alumnos e alumnas e profesores/as.

- Levar ó cabo as labores de coordinación e protocolo para a estancia do

invitado

- Facer labores de titor dos alumnos/as que realicen o seminario

- Coordinar os espazos e o material necesario para a posta en práctica do

obradoiro

- Planificar, no seu caso, actividades paralelas do invitado dirixidas a outros/as

alumnos/as da Facultade, á comunidade educativa ou ó público en xeral

- Avaliar ós alumnos/as participantes no seminario, tendo en conta o informe

do profesional convidado, a asistencia e o traballo realizado por cada alumno

inscrito

- Recoller información, a través de enquisas, do grao de satisfación do

alumnado

- Redactar un informe, ó final da actividade, para darlle conta ó Coordinador da

Titulación do desenvolvemento e conclusións da actividade e unha valoración

da utilidade da mesma.

Page 5: Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca

5

Disposición adicional

O Decanato do centro dará a correspondente publicidade as actividades do Seminario

de tal xeito de que outros alumnos/as do centro que previamente o soliciten ó

coordinador poidan participar. Neste casos deberá terse en conta a limitación de

prazas e no caso de que non poidan atenderse á totalidade das solicitudes terán

prioridade os alumnos por curso e expediente académico.

Disposición final

Este Protocolo comezará a rexer ao día seguinte da súa aprobación pola Xunta da

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

* * *

Page 6: Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca

6

ANEXO I. CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA

“SEMINARIO DE EXPERIENCIAS PROFESIONAIS”

Período do curso

académico* Procedemento

Prazo de matrícula oficial Xullo - setembro

Nomeamento do coordinador de seminarios de experiencias profesionais

Xaneiro - febreiro Publicación do calendario de actividades

Celebración das actividades Febreiro- xuño

Contacto co coordinador para resolución de incidencias

Presentación de memorias finais.

Cálculo da media de cualificación en función das valoracións establecidas

(ver protocolo).

Período de reclamación de cualificacións (cinco días hábiles)

Revisión de cualificacións.

Xuño

Publicación das cualificacións definitivas.

*Datas aproximadas que deben adaptarse ó calendario oficial da Universidade de Vigo