Protocolo practicas externas ca

10
1 REGULAMENTO DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS DO GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL Aprobado pola Xunta de Facultade na xuntanza de 6 de julio de 2012 Preámbulo O Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais establece no seu artigo 12 a posibilidade de introducir prácticas externas para enriquecer a formación dos estudiantes das ensinanzas de grao na medida en que lles proporcionará un coñecemento máis profundo sobre as competencias que necesitarán no futuro. Con este obxectivo, o referido artigo dispón máis concretamente que “se se programan prácticas externas, estas terán unha extensión máxima de 60 créditos e deberán ofrecerse preferentemente na segunda metade do plano de estudos”. As Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadas en Consello de Goberno de 5 de marzo de 2008) recolle entre os principios xerais de elaboración de grao o “impulso nas relacións co ámbito socio-laboral que promova a realización de prácticas preprofesionais que faciliten a inserción laboral dos egresados”. Con maior precisión o punto 3 (“Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de Grao”) recomenda o establecemento de prácticas externas e, de selo caso, a previsión de mecanismos de asignación de prácticas. O Plano de Estudos do Grao en Comunicación Audiovisual contempla, con carácter optativo, a realización de prácticas en empresas audiovisuais, e de comunicación en xeral, no segundo semestre de cuarto curso e atribúe un máximo de 12 ECTS. Este

Transcript of Protocolo practicas externas ca

Page 1: Protocolo practicas externas ca

1

REGULAMENTO DE PRÁCTICAS

EN EMPRESAS DO

GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL Aprobado pola Xunta de Facultade na xuntanza de 6 de julio de 2012

Preámbulo

O Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a

ordenación das ensinanzas universitarias oficiais establece no seu

artigo 12 a posibilidade de introducir prácticas externas para

enriquecer a formación dos estudiantes das ensinanzas de grao na

medida en que lles proporcionará un coñecemento máis profundo

sobre as competencias que necesitarán no futuro. Con este obxectivo,

o referido artigo dispón máis concretamente que “se se programan

prácticas externas, estas terán unha extensión máxima de 60

créditos e deberán ofrecerse preferentemente na segunda metade do

plano de estudos”.

As Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura

e organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadas

en Consello de Goberno de 5 de marzo de 2008) recolle entre os

principios xerais de elaboración de grao o “impulso nas relacións co

ámbito socio-laboral que promova a realización de prácticas

preprofesionais que faciliten a inserción laboral dos egresados”. Con

maior precisión o punto 3 (“Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de

Grao”) recomenda o establecemento de prácticas externas e, de selo

caso, a previsión de mecanismos de asignación de prácticas.

O Plano de Estudos do Grao en Comunicación Audiovisual

contempla, con carácter optativo, a realización de prácticas en

empresas audiovisuais, e de comunicación en xeral, no segundo

semestre de cuarto curso e atribúe un máximo de 12 ECTS. Este

Page 2: Protocolo practicas externas ca

2

novo programa de prácticas será xestionado conforme o establecido

no Sistema de Garantía Interno de Calidade – máis concretamente

segundo o recollido no procedemento de Xestión e Revisión de

Prácticas Externas Integradas no Plano de Estudios (PC 10) do

Manual de Garantía Interna de Calidade.

A correcta xestión das prácticas require, por tanto, dunha

normativa interna que se adapte ó estipulado nas directrices da

Universidade de Vigo. Non se debe perder de vista que o obxectivo

destas prácticas é buscar fórmulas que garantan unha correcta

adaptación dos egresados ó mercado laboral, permitindo que os

estudantes desenvolvan adecuadamente as competencias

profesionais que faciliten a empregabilidade.

Para dar cumprimento ao anterior, apróbase este Regulamento

co seguinte contido.

CAPÍTULO I: NORMAS XERAIS

Art. 1 Obxecto

1. Este Regulamento ten por obxecto cumprir coa esixencia fixada

no plano de estudos do Grao en Comunicación Audiovisual que

establece a realización de prácticas en empresas, con carácter

optativo ata un máximo de 12 ECTS.

2. O ámbito de aplicación deste Regulamento limítase

exclusivamente ás practicas dos alumnos/as do Grao en

Comunicación Audiovisual.

Art. 2: Definición

1. Aos efectos desta regulamentación, considéranse prácticas as

actividades realizadas polos alumnos/as do Grao en

Comunicación Audiovisual en empresas ou entidades que teñen

Page 3: Protocolo practicas externas ca

3

como obxectivo complementar a súa formación universitaria,

desenvolver as competencias profesionais e favorecer a

experimentación na contorna profesional.

2. A súa realización conforme o fixado neste Regulamento

outorgará ao alumno o dereito ao recoñecemento dun máximo

de 12 ECTS de carácter optativo.

3. Serán susceptibles de recoñecemento como prácticas:

a. As realizadas ao abeiro da normativa da Universidade de

Vigo e, especificamente, do presente Regulamento.

b. As realizadas no estranxeiro baixo a cobertura de

convenios vixentes ou programas internacionais concretos

da Universidade de Vigo.

c. As realizadas na propia Universidade de conformidade coa

Normativa que regula a realización de prácticas na

Universidade de Vigo, recoñecidas nos planos de estudos,

por parte dos alumnos/as da propia Universidade.

4. A realización de prácticas non implica ningunha relación

contractual coa entidade ou empresa, nin supón por parte desta

ningún compromiso de incorporación do alumno/a en prácticas

á plantilla.

5. En ningún caso, poderán levarse a cabo prácticas en

institucións, empresas ou entidades coas que o alumno/a

manteña algunha relación laboral.

Art. 3: Suxeitos das prácticas

1. Poderán solicitar a realización de prácticas os alumnos/as que

superaran, alomenos, o 50% dos créditos necesarios para obter

o Título de Grao en Comunicación Audiovisual e que no intre da

asignación non estean en disposición de obtelo.

Page 4: Protocolo practicas externas ca

4

2. Os alumnos/as deberán estar matriculados na materia de

“Prácticas profesionais” durante o curso académico no que

pretendan realizar o período de prácticas, as cales deberán ser

completadas ao longo do segundo semestre do curso

académico.

3. Excepcionalmente, o Coordinador de Prácticas poderá autorizar a

súa realización sen o anterior requisito. Dita excepcionalidade

deberá ser aplicada dun xeito moi limitado e case en exclusiva

para estudantes que durante ese ano estean participando en

programas de mobilidade.

CAPÍTULO II: ORGANIZACIÓN

Art. 4: Coordinador/a de Prácticas do Grao de Dirección e Xestión Pública

1. Será un profesor/a con docencia maioritaria na titulación

nomeado pola Xunta de Facultade, a proposta do Coordinador/a

da Titulación.

2. Correspóndenlle ao Coordinador/a de prácticas as seguintes

funcións:

- Xestionar activamente as prácticas externas en estreita

coordinación cos servizos centrais da Universidade de Vigo;

- Actuar como enlace coas entidades asinantes de convenios de

prácticas e cos Coordinadores;

- Difundir ofertas de prácticas entre os alumnado do Grao;

- Asesorar e orientar aos alumnos/as nesta materia;

- Elaborar a proposta de selección do alumnado.

Art. 5: Titor externo

Page 5: Protocolo practicas externas ca

5

1. A empresa ou entidade non lucrativa onde se realicen as

prácticas deberá nomear a un titor ou responsable da acollida e

seguimento do alumno/a durante a duración das prácticas.

2. Ao remate do período de prácticas deberá emitir un informe

final no que valorará a actividade do alumno/a en prácticas.

CAPÍTULO III: PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE ALUMNADO EN

PRÁCTICAS.

Art. 6: Convocatoria de prazas

1. A xestión das prácticas comezará coa difusión da convocatoria

prazas entre o alumnado do Grao. Para esta difusión

empregarase tanto a web da Facultade como o taboleiro

específico de prácticas.

2. O listado de prazas ofertadas incluirá necesariamente unha

breve descrición das actividades a realizar, lugar de realización,

calendario e horario, horas totais, titor e bolsa, se fose o caso.

3. Os alumnados poderán propor o establecemento de convenios

de prácticas con institucións públicas ou privadas. Para isto,

remitirán unha solicitude na que figurarán os datos persoais, os

datos da identificativos da entidade e do seu representante

legal. O Coordinador de Prácticas decidirá sobre a idoneidade da

sinatura do convenio.

4. Dentro do prazo habilitado ao efecto, os alumnos/as

presentarán a correspondente solicitude na que manifestarán os

seus destinos preferidos.

5. Todo o anterior queda condicionado á sinatura dun convenio de

cooperación que regula as relacións entre as partes como

documento imprescindible para a incorporación dos/as

estudantes á empresa/institución.

Page 6: Protocolo practicas externas ca

6

Art. 7: Criterios de selección

1. A selección realizarase en función da nota media do expediente

académico dos alumnos matriculados en máis do 50% dos

créditos de cuarto curso do Grao en Comunicación Audiovisual

2. Cada alumno/a realizará unha solicitude das prazas ofertadas

indicando a lo menos tres empresas da súa preferencia. O

Coordinador de Prácticas realizará a adxudicación en función da

nota media do expediente.

3. No proceso de selección e en casos excepcionais poderá tomar

parte a entidade conveniada. No caso de que esta entidade

solicite unha preselección o selección de alumnado, nomearase

unha comisión paritaria Facultade de Ciencias Sociais e da

Comunicación-empresa. Se fose necesario a Facultade de

Ciencias Sociais e da Comunicación facilitará as instalacións

para a realización de entrevistas.

4. Realizada a selección, comunicaranse os datos do alumnos/as

seleccionados (nome, apelidos, DNI, forma de contacto, función

que desempeñará, período e xornada de estancia, axuda de

desprazamento e locomoción) á entidade na que se realizarán o

período de prácticas ó tempo que se fará público un listado de

adxudicación na web e no taboleiro do centro.

5. As prácticas deberán rematar no intre no que o alumno/a perda

a condición administrativa de alumno da Universidade de Vigo.

Art. 8: Dereitos e obrigas do alumno/a seleccionado

O alumno/a seleccionado/a contará cos dereitos recoñecidos de

xeito xeral na normativa da Universidade de Vigo para todos os

estudantes.

Unha vez seleccionado o alumno/a asume as seguintes obrigas:

Page 7: Protocolo practicas externas ca

7

1. Incorporación á institución pública, empresa ou entidade non

lucrativa na data sinalada.

2. En materia de seguro escolar, os beneficiarios maiores de 28

anos que non entren dentro da cobertura do seguro escolar

subscribirán un seguro de cobertura análoga.

3. Realizar con dilixencia e aproveitamento as actividades

propias das prácticas de conformidade coas condicións

especificadas.

4. Comunicar ao Coordinador de Prácticas calquera incidencia

relativa ao desenvolvemento das actividades de prácticas ou

ao cumprimento das súas obrigas.

5. Gardar sixilo respecto de informacións internas de calquera

natureza referentes á institución pública, empresa ou

entidade non lucrativa na que realice as prácticas.

6. Presentar a memoria final ao remate do período de

prácticas.

CAPÍTULO IV: AVALIACIÓN DO PERÍODO DE PRÁCTICAS

Art. 9: Memoria final

1. Rematado o período de prácticas, o alumno/a queda obrigado a

remitir ao Coordinador de prácticas do Grao unha memoria final

que responda, alomenos, ao seguinte esquema básico:

a. Descrición das tarefas e traballos desenvolvidos;

b. Análise das características e o perfil profesional do posto;

c. Contribución ao aprendizaxe;

d. Grao de satisfacción;

e. Certificación da entidade na que conste o horario de

prácticas e nivel de aproveitamento do alumno.

Page 8: Protocolo practicas externas ca

8

2. O Coordinador de Prácticas poderá convocar aos alumnos/as

para realizar unha exposición pública da memoria presentada.

Art. 10: Criterios de avaliación e cualificación

1. A avaliación do período de prácticas realizado polo alumno/a

resultará dos seguintes elementos:

a. Informe do Coordinador de prácticas

b. Informe titor externo.

c. Memoria final presentada polo alumno/a referida no art. 11.

2. A cualificación final da materia responderá ao fixado no R. D.

1125/2003.

Art. 11: Convalidacións

1 - Os alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual que cumpran

os requisitos pra matricularse da materia de prácticas externas

poderán solicitar a convalidción da mesma nos seguintes casos:

1a – Cando teñan un Título de Ciclo Superior de FP con prácticas

recoñecidas nas Táboas de Validación entre Ciclos de FP e

Formación Universitaria que nise momento esten vixentes e

publicadas pola Xunta de Galicia

1b - Cando aporten experiencia profesional acreditada, dacordo o

Protocolo de recoñecemento de créditos por a experiencia

profesional aprobado pola Xunta de Facultade

1c – Despois de ter realizadas outras prácticas externas o abeiro

do Regulamento de Prácticas Académicas Externas do

Alumnado da Universidade de Vigo, particularmente as

Prácticas Externas Extracurriculares

Page 9: Protocolo practicas externas ca

9

1d – Despois de ter realizadas prácticas o abeiro dos diferentes

Convenios de Intercambio de Estudantes que, en cada caso,

teña asinado a Universidade de Vigo

2 – A decisión sobre o Recoñecemento de Créditos por Prácticas

Externas a que se refire iste Artigo, corresponderalle a

Comisión de Docencia da Facultade, co Informe obrigatorio,

pero non vinculante, do Coordinador de Prácticas

Art. 12: Protección de datos

En todo o previsto neste Regulamento, será de aplicación o disposto

na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos

de Carácter Persoal (BOE de 14 de decembro de 1999).

Disposición final

Este Regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa

aprobación pola Xunta de Facultade.

* * *

Page 10: Protocolo practicas externas ca

10

ANEXO I. CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA

“PRÁCTICAS PROFESIONAIS”

Período do curso

académico*

Procedemento

Prazo de matrícula oficial Xullo - setembro

Nomeamento do coordinador de prácticas profesionais

Publicación de listado de prazas ofertadas

Solicitude de prazas por parte do alumnado Decembro

Asignación de prazas

Publicación de listado de prazas

Período de reclamación das prazas (cinco días hábiles)

Comunicación da asignación definitiva ás empresas e institucións

Xaneiro

Nomeamento dos titores profesionais.

Período de prácticas en empresas Febreiro- xuño

Contacto co coordinador de prácticas para resolución de incidencias

Presentación de memorias finais.

avaliación das prácticas.

Período de reclamación de cualificacións (cinco días hábiles)

revisión das cualificacións

Xuño

Publicación das cualificacións definitivas.

*Datas aproximadas que deben adaptarse ó calendario oficial da Universidade de Vigo