PROPOSTAS PROXECTO POESÍA

8

Click here to load reader

description

PROPOSTAS PARA TRABALLAR A POESÍA NAS AULAS

Transcript of PROPOSTAS PROXECTO POESÍA

Page 1: PROPOSTAS PROXECTO POESÍA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C. E. I. P. AGRO DO MUÍÑO

As Cortes – Ortoño, 15228 Ames (A Coruña) Tel.: 981815836; Móbil: 609367359 ; Fax: 981815854

http://centros.edu.xunta.es/ceipagrodomuino/ E-mail: [email protected]

PROXECTO POESÍA

TEMA: O CAMIÑO

TEMPORALIZACIÓN :2º TRIMESTRE-

1º Buscar na rede enlaces / páxinas interesantes sobre poesía en idioma galego

ou castelán. Incluír estes enlaces no blog da biblioteca ou na páxina do

cole.Pode realizarse un dosier en soporte papel ou dixital cos poemas

seleccionados no ciclo.

2º.- As poesías deben incluír ou suxerir o termo CAMIÑO.O camiño non ten

por que ser físico.Pode tratarse da evolución dun personaxe, dunha secuencia

ou dunha historia en forma de verso.

3º Elixir un poema por curso para traballar na aula.Se se considera, tamén

podería ser un poema máis longo por nivel.

ED.1.- ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A POESÍA EN INFANTIL

Función:

- Seleccionar poesías en función do entorno e do interese do alumnado, (antes

de elixir unha para traballar).

- Demostrar que disfrutamos lendo para transmitir ese interese os nenos/as.

- Pintar un poema previamente recitado, pode ser un primeiro paso para

obxectivar emocións e intuicións.

- Facer debuxos dos poemas que máis lles gusten.

Léxico

- Propoñer a busca dunha palabra significativa no poema.

- Escribir un poema previamente memorizado.

Formato

- Aprender a diferenciar o formato dunha poesía do formato dun conto.

- Reconstruír un poema desordenado.

- Ordenar os versos da poesía escritos en tiras

Modo de lectura

- Facer importante o momento de ler poesía: esixir silencio, estar sentados

comodamente e prestar atención ó relator. Procurar que ninguén interrompa.

- Traballar a entoación.

- Recitar poemas: a corro, todos xuntos, por grupos, intercalando estrofas,..

- Lectura do poema por parte do alumnado: rindo, chorando, enfadado,..

- Memorización e recitado.

Page 2: PROPOSTAS PROXECTO POESÍA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C. E. I. P. AGRO DO MUÍÑO

As Cortes – Ortoño, 15228 Ames (A Coruña) Tel.: 981815836; Móbil: 609367359 ; Fax: 981815854

http://centros.edu.xunta.es/ceipagrodomuino/ E-mail: [email protected]

- Lelo unha vez memorizado para ó aprendizaxe das características do sistemas

alfabético e da decodificación.

Relación titulo - contido

- Reconstruír o título do poema a partir das palabras que o compoñen.

2.- ACTIVIDADES DO SISTEMA DE ESCRITURA

Propiedades cuantitativas e cualitativas:

- Contar o número de versos e estrofas en cada poesía, logo comparalas.

- Traballar a letra inicial dos nomes dos nenos/as.

Direccionalidade do sistema de escritura.

- Reseguir co dedo cada verso dun poema. O rematalo cuestionar os nenos/as

sobre onde temos que seguir lendo.

Separación entre palabras

- Analizar os títulos das poesías lidas, comparar se teñen máis ou menos

palabras, contalas, observar como sabemos onde empeza e remata cada unha.

ED. PRIMARIA

Proposta de actividades para traballar na aula co poema elixido:

-Lectura e memorización(Por estrofas? Completo?)

-Propostas de título: Non se lle da o título do poema senón que cada alumno

suxire outro segundo o contido. Escríbese e ilústrase individualmente como

portada do seu traballo e vense as coincidencias co título orixinal , que se lle

presenta ao final.A portada poderá levar os dous títulos, o orixinal e o suxerido

polo alumno.

- Separar as estrofas do poema , dramatizar por grupos, se é posible, senón

individualmente.

-Ilustrar cada unha das estrofas.

-Converter o poema nunha sinxela narración feita con pictogramas.

-Converter cada estrofa nun caligrama.Para realizar esta actividade, precisan

previamente ler e copiar algún exemplo de caligrama.Poden facilitárselle

plantillas para facelo máis sinxelo.

-Facer unha sinxela reseña do autor e da súa obra coa súa foto ou caricatura.

Page 3: PROPOSTAS PROXECTO POESÍA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C. E. I. P. AGRO DO MUÍÑO

As Cortes – Ortoño, 15228 Ames (A Coruña) Tel.: 981815836; Móbil: 609367359 ; Fax: 981815854

http://centros.edu.xunta.es/ceipagrodomuino/ E-mail: [email protected]

Esquema de traballo seguinte:

Lectura en voz alta dun ou varios poemas seleccionados previamente.

Comprensión dos mesmos: vocabulario, xiros, expresións...

Descubrimento da rima (se o poema ou os poemas tíñana)

Comentario sobre versos e estrofas.

Memorización e recitación do poema.

Proposta dunha técnica de realización de poemas e descubrimento da

mesma.

Creación de poemas, por imitación dos traballados.

Mentres iamos escribindo, lendo e compartindo o que cada cal facía, unha

selección dos mesmos íase pasando ao ORDENADOR para que cada autor ou

autora puidese logo ilustralos. Acordamos que cada neno ou nena disporía

dunha páxina do libro para incluír os seus poemas. Dependendo da extensión

dos mesmos, hai páxinas con tres, catro ou cinco poemas, máis as ilustracións

correspondentes. Unha vez finalizado o proceso, fixemos copias para todos e

todas e puidemos ler e compartir trinta páxinas de poesías, encadernadas nun

libro de tapas amarelas.

1.- Utilizando o comezo dunha canción popular infantil: "quixera ser tan alta

como a lúa".

para que cada cal continuase o poema iniciado.

Quixera ser tan alta como a lúa

para asomarme ao mundo enteiro.

2.- Animando a escribir frases con iniciais únicas. Como lúa comeza por "l",

todas as palabras de cada frase debían comezar por esa consonante:

A leoa Luisa le libros.

Lola limpa a liteira.

Luís leva libélulas lilas

Os leóns len libros longos

3.- Utilizando a expresión A LÚA como un acróstico desde o que construír

frases relacionadas co satélite terrestre:

A lúa é redonda como unha moeda.

Lúa, que brillante es!, como unha pulseira.

Un redondo brilla no ceo nocturno.

Adeus, di a lúa cando sae o sol.

4.- En oposición á anterior proposta, agora convídase a mozos e mozas a

escribir seis

versos/frases de maneira que poida lerse verticalmente, a expresión A LÚA,

coas letras finais dos versos (algo máis complicada que a proposta anterior).

Page 4: PROPOSTAS PROXECTO POESÍA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C. E. I. P. AGRO DO MUÍÑO

As Cortes – Ortoño, 15228 Ames (A Coruña) Tel.: 981815836; Móbil: 609367359 ; Fax: 981815854

http://centros.edu.xunta.es/ceipagrodomuino/ E-mail: [email protected]

A lúa odia moito ao día

A lúa axudounos a facer un mural

A lúa brilla en Malibú

A lúa reflíctese á beira da xanela.

5.- Tras facer unha relación colectiva, como material preparatorio, dunhas

cantas palabras

que riman con lúa: tuna, gatuna, Cataluña, convídase a continuar unha

estrutura xa iniciada:

Se eu fose lúa,

bailaría coa tuna.

Se eu fose lúa

tería a mirada gatuna.

Se eu fose lúa,

viaxaría até Cataluña.

6.- Por último, ofrécese unha nova fórmula iniciada para alargala

convenientemente con novos versos:

Reflícteste, lúa, no río

faga calor ou faga frío.

Reflícteste, lúa, no mar,

con azucre ou con sal.

Reflíctesche, lúa, no lago

mentres me esperto e me lavo.

7.- Coa técnica de preguntas e respostas (que ou quen é?, onde está?, como é?,

que

fai?, que pensas del?, que che gustaría dicirlle?), Franc fixo un bonito poema

sobre o seu gato e Tatiana decidiu dedicar o seu poema á nosa querida Terra:

O meu gato.

Na miña horta,

xoguetón, pequeno e peludo.

Sempre quere xogar.

Creo que é feliz.

Estarei sempre ao teu lado!

A Terra.

No Universo,

grande, viaxeira, rotatoria.

Dános vida,

é moi xoguetona.

Continúa sendo así!

Page 5: PROPOSTAS PROXECTO POESÍA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C. E. I. P. AGRO DO MUÍÑO

As Cortes – Ortoño, 15228 Ames (A Coruña) Tel.: 981815836; Móbil: 609367359 ; Fax: 981815854

http://centros.edu.xunta.es/ceipagrodomuino/ E-mail: [email protected]

8.- Partindo da idea da comparación, creamos catro versos con rima 1-3 e 2-

4:

O sol é como o lume.

A quenlla é como un golfiño.

Os teus ollos son coma o zume

O mar é como un lago infinito.

9.- Comezando un verso con "aínda que" e o seguinte con "sempre" e

repetindo alternativamente a fórmula.

Aínda que o sol se apague

sempre nacerá outro.

Aínda que morra o gato

sempre me acordarei del.

Aínda que a lúa se esconda

sempre a volverei a ver.

10.- Achegámonos tamén á técnica dos encadeamentos.

No horto hai un pepino,

no pepino, un caracol,

no caracol, unha formiga,

na formiga, un mosquito,

no mosquito, sangue,

o sangue está envelenada

e o veleno matouna.

11.- Buscamos unha expresión de alegría que puidésemos repetir e eliximos

"Que ben!".

Que ben!

Voume á miña casa

e como unha pasa.

Que ben!

Entro na miña habitación

montado nun camión.

Que ben!

12.-Se o que reproducimos é un diálogo entre dous, podemos obter poemillas

como leste:

Con quen vai Ana?

Coa súa prima Diana.

Onde foi?

A comer puré.

E que fixo despois?

Subir nun tren exprés.

E como baixou do tren?

Page 6: PROPOSTAS PROXECTO POESÍA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C. E. I. P. AGRO DO MUÍÑO

As Cortes – Ortoño, 15228 Ames (A Coruña) Tel.: 981815836; Móbil: 609367359 ; Fax: 981815854

http://centros.edu.xunta.es/ceipagrodomuino/ E-mail: [email protected]

13.- Se a proposta é "negar accións".

O can ladra.

A leoa dorme.

O sapo xoga.

A leoa xa non dorme,

está esperta.

O sapo xa non xoga,

está canso.

O can xa non ladra, durmiuse.

14.-Seguindo coas comparacións e esquecéndonos da rima, podemos ler :

O ceo é...

como o mar,

como a liberdade,

como o río azul,

como o universo.

15.- Coa fórmula "eu quero ser..., pero son...", Daniel C. fixo as seguintes

propostas

Eu quero ser guerreiro,

pero son un bombeiro.

Eu quero ser policía,

pero son cantante.

Eu quero ser albanel,

pero son profesor.

Eu quero ser motorista,

pero son futbolista.

16.- Poema de grupo partindo de palabras ditas ao azar .- Elíxese un tema

(colexio, familia, mar, campo, historia...) e cada un di unha palabra referida

ao tema. Facemos outra rolda e

cando cada un dixo dúas ou máis palabras fai unha frase e vana dicindo con

voz normal, rumoreando, berrando, rindo, cantando, preguntando... Despois

constrúese un poema entre todos coas frases que parezan máis suxestivas.

17.- Poemas ao modo de "cancións de cego".- O grupo inventa historias e logo

elixen a que máis lles guste. Cada neno fai unha escena da historia e

colócanse nun panel. Logo fanse versos para cada escena e recítanse a modo

de "cancións de cego", saíndo cada neno a dicir o seu verso sinalando a

escena cun punteiro.

Page 7: PROPOSTAS PROXECTO POESÍA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C. E. I. P. AGRO DO MUÍÑO

As Cortes – Ortoño, 15228 Ames (A Coruña) Tel.: 981815836; Móbil: 609367359 ; Fax: 981815854

http://centros.edu.xunta.es/ceipagrodomuino/ E-mail: [email protected]

18.- Pareados.- Os pareados constitúen un excelente recurso para que os

nenos se solten a facer versos, e non ten máis misterio que buscar oralmente

palabras que rimen cunha dada e logo facer o pareado. Ex.: Azul/ bidueiro,

gandulo, tul,

A golondrina ascende no azul

envolvéndose travesa co seu tul.

19.- .- Respostas a preguntas.- De onde vés?, Que máis queres?, Onde vas?,

Que me queres regalar?, Quen es?... As preguntas e respostas encadéanse

buscando una sonoridade e un significado adecuado. É moi útil recorrer ás

repeticións ao estilo de Lorca na poesía "Auga, onde vas?"

20.- Completar estruturas.- Pedir que enchan as liñas ou anacos baleiros de

versos dados, sen que

saiban de onde procede. Ao final pode ensinárselles o poema de onde se tomou

a estrutura:

Exemplo:

Baixo o naranxo----------------- Baixo o naranxo lava

------------------------------------ cueiros de algodón

ten------------------------------ ten verdes os ollos,

e----------------------------------- e violeta a voz,

Ai, amor, Ai, amor,

------------------------------------ baixo o naranxo en flor!

("A Lola", F. G. Lorca).

21.- Caligramas.- Escribindo o poema debuxando a forma do contido do

mesmo (ondas,peces, flores, pantasma...)

22.- O "Limerick".- É unha técnica que propón Gianni Rodari. Trátase dun

xénero organizado e codificado do sinsentido. Son uns versos que sempre

manteñen a mesma estrutura:

Primeiro verso- Define ao protagonista

Segundo verso- Indica as súas características

Terceiro e Cuarto versos- Realízase un predicado

Quinto verso- Epíteto final extravagante

Era un vello de outeiro

de natureza fútil e pousada.

Sentado sobre unha rocha

cantaba nanas a unha bolboreta

aquel didáctico vello de outeiro.

Page 8: PROPOSTAS PROXECTO POESÍA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C. E. I. P. AGRO DO MUÍÑO

As Cortes – Ortoño, 15228 Ames (A Coruña) Tel.: 981815836; Móbil: 609367359 ; Fax: 981815854

http://centros.edu.xunta.es/ceipagrodomuino/ E-mail: [email protected]

Poden introducirse variantes: o segundo verso pode dar as características dun

obxecto que se posúe ou unha acción que se realiza e o terceiro e cuarto,

expresar a reacción dos espectadores.

Un señor moi pequeno de Sevilla

subiuse ao alto dunha cadeira,

e aínda estando nas alturas

non aumentou en nada a súa estatura.

Aquel bo figurilla, microenano de Sevilla.

Outro exemplo:

Unha vez unha ra misteriosa

tiña un chapeu da cor da rosa.

Pero o chapeu tapábaa por completo

e a cor da rosa arroupaba o seu segredo.

A misteriosa rosa-ra ou ra-rosa-ra

NOTAS

Os traballos individuais de cada alumno, recolleranse en formato libro

con portada en cartolina e tamaño A4.

Ed. Infantil silueta catedral

1º c.primaria silueta cabaza

2º c.primaria silueta cuncha

3º c.primaria silueta peregrino

Ademáis realizarase unha presentación de cada poema en cartolina

tamaño A3 coa silueta que nos corresponde,formato libro, para

exposición . Nun lado os nenos/as escribirán o poema, e no outro reseña

do autor. Tamén se pode escoller algún dos libros do alumnado para a

exposición.

Este mesmo poema elixido e xa traballado na aula pode utilizarse para a

sesión de recitado que está previsto facer na biblioteca durante a

SEMANA do LIBRO.

DATAS A TER EN CONTA:

1 DE ABRIL Recollemos os traballos

4-11 ABRIL Exposición dos traballos

14-18 ABRIL Recitado poesías

14-18—RRRExpeEEEEEEEEEEoRRRR ---------RECOLLIDA

DOS TRABALLOS

O EQUIPO DE BIBLIOTECA