PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA I.E.S. Alfredo Brañas ... · Membros do departamento ... e catro...
Transcript of PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA I.E.S. Alfredo Brañas ... · Membros do departamento ... e catro...
1
PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA
I.E.S. – Alfredo Brañas – Carballo
Curso 2016-2017
2
INDICE
Normativa------------------------------------------------------------------------------------------------------------4
Membros do departamento-------------------------------------------------------------------------------------5
Introducción e Contextualización------------------------------------------------------------------------------6
Obxetivos-------------------------------------------------------------------------------------------------------------9
Contribución ao desemvolvemento de competencias clave-------------------------------------------12
1ºESO
Obxetivos-------------------------------------------------------------------------------------------------------------21
Contidos---------------------------------------------------------------------------------------------------------------22
Secuenciación de contidos---------------------------------------------------------------------------------------23
Temporalización e Estandares de aprendizaxe-------------------------------------------------------------26
Criterios de avaliación Relación cas competencias básicas----------------------------------------------30
Mínimos esixibles.Criterios de cualificación-----------------------------------------------------------------32
2º ESO
Obxetivos------------------------------------------------------------------------------------------------------------34
Contidos-------------------------------------------------------------------------------------------------------------35
Secuenciación de contidos-------------------------------------------------------------------------------------37
Temporalización e Estandares de aprendizaxe----------------------------------------------------------41
Ccriterios de avaliación. Relación cas competencias básicas-----------------------------------------45
Mínimos esixibles.Criteros de cualificación--------------------------------------------------------------47
3º ESO
Obxetivos-----------------------------------------------------------------------------------------------------------49
Contidos-----------------------------------------------------------------------------------------------------------50
Secuenciación de contidos-------------------------------------------------------------------------------------52
Temporalización e Estandares de aprendizaxe-----------------------------------------------------------56
Criterios de avaliación.Relacion cas competencias básicas---------------------------------------------60
Mínimos esixibles.Criterios de cualificación--------------------------------------------------------------62
4º ESO
Obxetivos-----------------------------------------------------------------------------------------------------------64
3
Contenidos--------------------------------------------------------------------------------------------------------66
Secuenciación de contidos-------------------------------------------------------------------------------------68
Temporalización e Estandares de aprendizaxe-----------------------------------------------------------72
Criterios de avaliación.Relacion cas competencias básicas--------------------------------------------75
Mínimos esixibles.Criterios de cualificación--------------------------------------------------------------77
1ºBACHARELATO
Obxetivos----------------------------------------------------------------------------------------------------------79
Contidos------------------------------------------------------------------------------------------------------------81
Secuenciación de contidos-----------------------------------------------------------------------------------82
Temporalización e Estandares de aprendizaxe-----------------------------------------------------------84
Criterios de avliación.Relacion cas competencias básicas---------------------------------------------88
Mínimos esixibles.Criterios de cualificación--------------------------------------------------------------90
Metodoloxía---------------------------------------------------------------------------------------------------92
Procedemento para avaliación inicial--------------------------------------------------------------------93
Procedemento para avaliación extraordinaria--------------------------------------------------------94
Procedemeno para avaliación de materias pendentes na ESO-----------------------------------96
Procedemento para materias pendentes no Bacharelato------------------------------------------97
Materiales e Recursos didácticos.Proxecto lector.plan Integración das TICS------------------98
Educación en valores.Plan de convivencia-------------------------------------------------------------100
Medidas de atención a diversidade----------------------------------------------------------------------102
Actividades complementarias e extraescolares------------------------------------------------------107
Interdisciplinariedade---------------------------------------------------------------------------------------109
PROGRAMACIÓN LOE 2º e 4º ESO-------------------------------------------------------------------------80
4
NORMATIVA
Programación LOMCE feita baixo as pautas da Orde 27 Xuño 2015 ( DOGA 29 Xuño
2015)
5
MEMBROS DO DEPARTAMENTO
O departamento está formado por:
-Elena Moar Gayoso
-Mª Isabel Carracedo Pérez ( XD)
6
INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
A presente programación está desenvolvida para 1º, 2º, 3º e 4º curso da ESO, e
para 1º de Bacharelato do IES Alfredo Brañas situado no núcleo urbano de Carballo,
con alumnos procedentes do pobo e maioritariamente das parroquias da súa área de
influencia. As instalacións cas que conta o centro son dous ximnasios cubertos e pistas
polideportivas (campo de fútbol, dous campos de baloncesto e un de balonmán
superpostos) e catro calles con 258 metros de pistas de atletismo; así mesmo tamén
conta cun entorno idóneo para o desenvolvemento da materia de Educación Física
(amplos sendeiros á beira do río e espacios abertos).
O Departamento está constituído por :
- Isabel Carracedo Pérez.Xefe de Departamento y Profesora de Educación
Física de 1º da ESO,2º ESO
- Elena Moar Gayoso. Profesora de Educación Fïsica de 3º ESO ,4ºESO y
1º Bach.
Os alumnos da idade á que vai dirixida esta programación de Educación
Física están nun momento de grandes cambios de tipo físico, emocional,
intelectual... Están en plena adolescencia e isto supón que debamos conxugar
as propostas que lles facemos ca busca de unha maior autonomía e
responsabilidade persoal. Isto fai que a metodoloxía a empregar nas unidades
didácticas permita a toma de decisións por parte do alumno, buscando
implicalo cognitivamente, o que favorece o seu desenvolvemento persoal e a
7
aprendizaxe motriz de habilidades específicas de xeito integral. O uso de estilos
como a resolución de problemas, o descubrimento guiado, a asignación de
tarefas ou as estratexias globais polarizando a atención ou con modificación da
situación real, son unha constante nas actividades propostas.
A valoración dos progresos que se van conseguindo faise de forma
parcial en cada unidade e ó rematar o trimestre, pero o logro das capacidades
do curso acádase ó finalizar o curso despois de conseguir os obxectivos
didácticos parciais e que podemos entender como unha avaliación formativa
dentro do período anual. Con esta programación contribúese ó
desenvolvemento das Finalidades propostas para a ESO: transmitir elementos
básicos da cultura, fomentar hábitos de traballo autónomo e formalos para que
asuman deberes e exerzan os seus dereitos.
De igual xeito, favorécese o desenvolvemento de Obxectivos xerais de
etapa como o de “coñecer os diferentes elementos básicos do corpo humano e
comprender o seu funcionamento, así como as consecuencias para a saúde do
exercicio físico, a hixiene, a alimentación e a vida saudable”, ou o de “formarse
unha imaxe axustada de si mesmo, tendo en conta as súas capacidades,
necesidades e intereses para tomar decisións, valorando o esforzo necesario
para a superación das dificultades”... Así mesmo, contribúe a acadar as
Competencias Básicas do Currículo tales coma a Competencia no coñecemento
e a interacción co mundo físico, a Competencia social e cidadá, a Competencia
cultural e artística, ou a Competencia para aprender a aprender.
8
Por último, sinalar a especial contribución ó desenvolvemento da
Educación en valores. A “educación para a saúde e a calidade de vida” é un dos
propósitos que pretende a nosa área nos diferentes temas que comprende:
hixiene, prevención de lesións, axeitada forma física, alimentación e nutrición,
ou saúde mental. De igual xeito a “educación para a igualdade de
oportunidades entre os sexos” é algo que abordaremos con todos os bloques
de contidos.
9
OBXECTIVOS XERAIS DA EDUCACIÓN FÍSICA
O concepto de E.F. sobre o que imos basear a nosa programación é “a educación
integral do alumno a través do movemento”. Esto quere dicir que estamos na liña de
educar ós nosos alumnos en todos os seus aspectos: intelectuais, sociais, culturais...
nunha relación interdisciplinar co resto das materias.
É xa un feito que a Educación Física é valorada como un elemento esencial no
proceso educativo dos nosos alumnos. Hoxe en día a sociedade decátase do feito de
que toda a nosa vida convivimos cun corpo en movemento que necesita coidados, que
ten necesidades e tamén grandes posibilidades. Na nosa asignatura, entre outras
cousas, apréndese ós alumnos como, cando, por que e onde realizar esa actividade
motriz. É unha educación por e para o movemento.
Por outro lado, na nosa sociedade, o incremento do noso tempo de lecer e a
necesidade de realizar algún tipo de actividade física, para contrarrestar o crecente
sedentarismo, impúlsanos a ofrecerlle os nosos alumnos o maior número de
posibilidades motrices que enriquezan a súa bagaxe de movementos dende unha
práctica razoada e saudable, co fin de que teña opcións para ocupar o seu tempo de
lecer. Na actualidade faise preciso exercitar o corpo e relacionarse co medio a través
do movemento.
O desenvolvemento integral do individuo inclúe todo aquelo que potencie as
súas capacidades e habilidades motrices, a adquisición de coñecementos desta
10
conducta, asumindo actitudes, valores e normas relativas ós seus movementos. As
actividades deixan de ter un sentido estrictamente recreativo, e oriéntanse cara a
saúde, as habilidades específicas, as cualidades motrices, as actividades no medio
natural e as de ritmo e expresión, todas nun marco socializador.
O ensino da Educación Física na etapa da ESO terá como obxectivo o
desenvolvemento das seguintes capacidades:
1.- Coñecer os trazos que definen unha actividade física saudable e os efectos
beneficiosos que esta ten para a saúde individual e colectiva.
2.- Valorar a práctica habitual e sistemática de actividades físicas como medio
para mellorar as condicións de saúde e a calidade de vida.
3.- Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento
motor, á mellora da condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións
de axuste, dominio e control corporal, adoptando unha actitude de autoesixencia na
súa execución.
4.- Coñecer e consolidar hábitos saudables, técnicas básicas de respiración e
relaxación como medio para reducir desequilibrios e aliviar tensións producidas na
vida cotiá e na práctica físico-deportiva.
5.- Planificar actividades que permitan satisfacer as necesidades en relación cas
capacidades físicas e habilidades específicas a partir da valoración do nivel inicial.
6.- Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo
impacto ambiental, contribuíndo á súa conservación.
7.- Coñecer e realizar actividades deportivas e recreativas individuais e
colectivas aplicando os fundamentos regulamentarios, técnicos e tácticos en situacións
de xogo, con progresiva autonomía na súa execución.
11
8.- Amosar habilidades e actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e
de deportividade na participación en actividades, xogos e deportes,
independentemente das diferenzas de xénero, culturais, sociais e de habilidade.
9.- Practicar e deseñar actividades expresivas con ou sen base musical,
utilizando o corpo como medio de comunicación e expresión creativa.
10.- Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade
física e o deporte no contexto social.
12
13
- -
14
-
-
15
16
17
18
-
-
19
A contribución da educación física á adquisición da competencia matemática é
de carácter secundario e prodúcese a través do desenvolvemento de diversos contidos
específicos da educación física e a partir doutros de carácter transversal. O cuantitativo
20
no espacial, no temporal, nas distancias e traxectorias, está reflectido en moi diversos
momentos e actos. O control do tempo, a toma de pulsacións, o ritmo en función da
distancia, a regulación de esforzos, a ocupación espacial, son formas que se manexan
habitualmente en educación física, ben polo coñecemento regulamentario, ben polas
esixencias da propia práctica
21
1º ESO
OBXECTIVOS PARA O 1º CURSO DA ESO
1.- Identificar a actividade física como medio para acadar unha boa calidade de
vida.
2.- Practicar de forma habitual atividade físicas, experimentando as
posibilidades que ofrecen como medio de desfrute e desenvolvemento da personalidade.
3.- Coñecer e practicar deversas modalidades deportivas.
4.- Valorar os aspectos de colaboración, respecto e relación que ofrecen as actividades
físico-deportivas.
5.- Practicar e valorar as actividades de expresión corporal e sistemas rítmicos como
medio de comunicación, como actividade creativa, e como vehículo para acadar a súa
desinhibición.
6.- Dar a coñecer ó alumno xogos propios da súa comunidade e ofrecerlle a
oportunidade de desenvolvelos e practicalos.
22
VINCULACIÓN ENTRE OBXETIVOS,SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DE
CONTIDOS,CRITERIOS DE AVALIACIÓN,ESTANDARES DE APRENDIZAXE E GRAO
MÍNIMO DE CONSECUCIÓN DE CADA UN,COMPETENCIAS CLAVE,ELEMENTOS
TRANSVERSAIS,INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.
CONTIDOS:
–
-
– -
–
–
23
SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS
-
-
-
-
- - -
-
-
-
-
-
-
- - -
24
-
-
-
Bloque 2.- Actividades físicas artistico-expresivas
- O corpo expresivo: postura, xesto e movemento. Aplicación da conciencia corporal
nas actividades expresivas.
- Experimentación de actividades expresivas orientadas a favorecer unha dinámica
positiva do grupo.
- Combinación de distintos ritmos e manexo de diversos obxectos na realización de
actividades expresivas.
- Realización de danzas sinxelas de carácter recreativo e popular.
- Disposición favorable á desinhibición nas actividades de expresión corporal
Bloque 3.- Actividade física e saúde
- O quecemento e o seu significado na práctica da actividade física.
- Execución de xogos e exercicios apropiados para o quecemento.
- Valoración do quecemento como hábito saudable ó comezo dunha actividade física.
- Realización de actividades de baixa intensidade na finalización da actividade física.
- Condición física. Capacidades físicas principalmente relacionadas coa saúde.
25
- Realización de xogos para a mellora da condición física.
- Exercitación de posicións corporais axeitadas na práctica de actividades físicas e en
situacións da vida cotiá.
- Fortalecemento da musculatura de sostén mediante a realización de exercicios de
mobilidade articular de fortalecemento muscular e de relaxación.
- Atención á hixiene corporal logo da práctica de actividade física
Bloque 4.- Os xogos e as actividades deportivas
- O deporte como fenómeno social e cultural.
- Execución de habilidades motrices vinculadas a accións deportivas.
- Práctica de actividades e xogos para a aprendizaxe dos deportes individuais.
- Realización de xestos técnicos básicos e identificación de elementos
regulamentarios dun deporte individual.
- As fases do xogo nos deportes colectivos: concepto e obxectivos.
- Realización de tarefas xogadas e actividades cooperativas. Desafíos físicos
cooperativos.
- Realización de xogos e actividades en que prevalezan aspectos comúns dos
deportes colectivos.
- Coñecemento e realización de xogos e deportes tradicionais de Galicia.
- Aceptación do propio nivel de execución e disposición cara á súa mellora.
- Valoración das actividades deportivas como unha forma de mellorar a saúde.
- Respecto e aceptación das regras das actividades, xogos e deportes
practicados
26
- As actividades físico-deportivas no medio natural: terra, aire e auga.
Realización de habilidades adaptadas ó tipo de actividade recreativa
proposta: rubir, transportar, remar, montar a bicicleta...
- Adquisición de técnicas básicas no medio natural: iniciación á cabullería
básica e montaxe de tendas de campaña. A súa aplicación en diferentes
contextos.
- Realización de itinerarios de curto percorrido, preferentemente no medio
natural, con recoñecemento de sinais de rastreo.
- Adquisición de nocións básicas sobre seguridade, coñecemento de
materiais e vestimenta necesaria.
- Desfrute con construcións de madeira e/ou corda e con outras actividades
de recreación propias do medio natural.
- Aceptación e respecto das normas para a conservación do medio urbano e
natural.
TEMPORALIZACIÓN Y ESTANDARES DE APRENDIZAXE
–
– -
–
–
Hay que ter en conta que en algún caso pode variar,sobretodo o bloque 2,por a
instalación.O número de sesions por evaluación é de 20 +-.
27
No 1º trimestre deste 1º curso, levaremos a cabo dúas Unidades Didácticas.
Partindo de que haberá unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
1ª.- “Desenvolvemento da Condición Física a través de xogos predeportivos
colectivos de control de balón”. Nº de sesións: 12. Actividades centradas no
acondicionamento básico. A condición física saudable e os seus compoñentes.
Actividades de resistencia aerobia, de forza-resistencia e de flexibilidade de xeito
xogado. Realización de actividades de baixa intensidade ó final da actividade física.
Atención á hixiene corporal. Exercitación de posicións corporais axeitadas. As fases do
xogo nos deportes colectivos. Realización de xogos e actividades con aspectos comúns
dos deportes colectivos.
2ª.- “Xogos e exercicios de quecemento. Recompilación“. Nº de sesións: 8. O
quecemento e o seu significado na actividade física. Xogos e exercicios para o
quecemento. Valoración do quecemento como hábito saudable. Hixiene corporal.
Recompilación de exercicios de quecemento.
No 2º trimestre, levaremos a cabo tres Unidades Didácticas. Partindo de que
haberá unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
3ª.- “Iniciación de elementos básicos da expresión corporal e traballo do
sentido do ritmo a través de xogos de mimo e aerobic“. Nº de sesións: 10. O corpo
expresivo: postura, xesto e movemento. Experimentación de actividades expresivas.
Combinación de distintos ritmos. Realización de danzas sinxelas.
4ª.- “Mellora de coordinacións diversas a través de exercicios e xogos
cooperativos de manexo de corda, aros e malabares“. Nº de sesións: 7. Exercitación
28
de posturais corporais axeitadas na práctica da actividade física e en situacións da vida
cotiá. Realización de tarefas xogadas e actividades cooperatrivas. Desafíos físicos
cooperativos. Aceptación do propio nivel de execución e disposición cara á súa
mellora.
5ª.- “Coñecemento dos distintos xogos populares do entorno“.
Nº de sesións: 3. Xogos populares e tradicionais. Actividades de forza (tira-soga).
Actividades de golpeo (estornela). Xogos de equilibrio (zancos). Xogos de agachadas e
persecución.
No 3º trimestre, levaremos a cabo catro Unidades Didácticas. Partindo de que
haberá unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
6ª.- “Iniciación á técnica e regulamento básico dun deporte individual.
Atletismo. “. Nº de sesións: 10. Actividades xogadas cos grupos de modalidades de
atletismo, carreiras con e sen obstáculos, saltos en altura e profundidade, e
lanzamento de artefactos lixeiros e pesados. O deporte como fenómeno social e
cultural. Valoración das actividades deportivas como unha forma de mellorar a saúde.
Autoavaliación e progresión nas habilidades atléticas.
7ª.- “Mellora das cualidades coordinativas e do sentido rítmico a través de
actividades ximnásticas rítmicas con pelota“. Nº de sesións: 8. Fortalecemento da
musculatura de sostén mediante exercicios de mobilidade articular. Posicións
corporais axeitadas. Valoración do quecemento. Manexo de obxectos con música.
Dinámica de grupo. Utilización dos elementos de espacio, tempo e intensidade como
medio para desenvolver habilidades expresivas.
29
8ª.- “Práctica do sendeirismo polo entorno próximo“. Nº de sesións: 2. Análise
de sendas en mapas, práctica de camiñatas polo centro e os arredores a diferentes
ritmos, por diferentes superficies, con variacións nas pendentes... Práctica dunha
marcha no entorno natural. Normas e aspectos básicos a considerar para a súa
organización e desenvolvemento.
9ª.- “ Nocións sobre supervivencia e acampada“. Nº de sesións: 1 día.
Nocións de supervivencia e acampada. Elementos a considerar nun campamento.
Adquisición e posta en práctica de técnicas básicas para a montaxe de tendas de
campaña (iglú e canadense). Normas de seguridade, elección de terreos... Simulacro da
montaxe dun campamento no entorno próximo.
30
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 1º CURSO ESO. RELACIÓN CAS COMPETENCIAS BÁSICAS
1.- Recompilar actividades, xogos, estiramentos e exercicios de mobilidade articular
apropiados para o quecemento e realizados na clase (soporte escrito). Competencia para
aprender a aprender.
2.- Identificar os hábitos hixiénicos e posturais saudables relacionados coa actividade
física e cos vida cotiá (indumentaria axeitada, hidratación durante a actividade física, hixiene
persoal despois da sesión, posicións corporais axeitadas na vida diaria). Autonomía e iniciativa
persoal.
3.- Incrementar as capacidades físicas relacionadas coa saúde, traballadas durante o
curso, con respecto ao seu nivel inicial (comprobar o seu nivel de esforzo, tendo en conta a súa
mellora e evolución nas capacidades de resistencia, forza e flexibilidade e non o resultado
obtido). Competencia social e cidadá.
4.- Mellorar a execución dos aspectos técnicos fundamentais dun deporte individual,
aceptando o nivel acadado (autoavaliación axustada do seu nivel de execución). Competencia
para aprender a aprender.
5.- Realizar a acción motriz oportuna en función da fase de xogo que se desenvolva,
ataque ou defensa, no xogo ou deporte colectivo proposto (tendo en conta ademais os
aspectos relacionados co traballo en equipo e cooperación). Autonomía e iniciativa persoal.
6.- Resolver desafíos físicos de forma cooperativa (cohesión grupal, toma de decisións
e organización para a resolución do problema). Tratamento da información.
7.- Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia (grao de coñecemento
dos xogos e capacidades coordinativas). Competencia cultural e artística.
31
8.- Elaborar unha mensaxe de forma colectiva mediante técnicas como o mimo, o
xesto, a dramatización ou a danza e comunicalo ó resto de grupos (capacidade creativa,
adecuación e posta en práctica da técnica expresiva escollida, traballo en equipo).
Competencia cultural e artística.
9.- Seguir as indicacións dos sinais de rastrexo propias do sendeirismo nun percorrido
polo centro ou as súas inmediacións, resolvendo pequenos problemas suscitados no devandito
itinerario (identificar os sinais do percorrido, seguir eses sinais e facer o itinerario o máis
rápido posible). Competencia no coñecemento e na interacción no mundo físico.
32
MÍNIMOS ESIXIBLES PARA 1º DA ESO. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Os contidos mínimos, o seu desenvolvemento en cada avaliación e criterios de
cualificación expóñense no aula para información dos alumnos dende o principio de
curso:
1.- Asistencia habitual a clase. Tres faltas sen xustificar no trimestre suporán a
perda das posibilidades de superar os contidos prácticos.
2-: Traída do material obrigatorio para as clases de EF. Tres faltas sen xustificar
no trimestre suporán a imposibilidade de aprobar a avaliación.
3.-: Puntualidade en entradas e saídas.
4.-: Comportamento axeitado na aula e pavillón, cos compañeiros e co
profesor.
5.-: Actitude e interese respecto á materia.
6.-: Atención nas explicacións do profesor e esforzo por mellorar o propio
traballo.
7.-: Coidado do material e instalacións.
8.-: Realización do traballo proposto e das actividades físicas segundo as
instruccións.
9.-: Presentación dos traballos nas datas fixadas, acadando o 50% mínimo na
nota correspondente a esta parte.
10.-: Realización das probas físicas, acadando o 50% mínimo na nota
correspondente a esta parte.
33
11.-: Realización das probas escritas ou orais acadando o 50% mínimo na nota
correspondente a esta parte.
Criterios de cualificación.-
As porcentaxes a aplicar que nos parecen máis acordes co tempo que se lle
dedica a cada un dos contidos son:
- C. Conceptuais. Coñecementos teóricos 20% da nota final. Instrumentos de
avaliación: exames, traballos, cadernos.
- C. Procedimentais. Parte práctica da materia 20% da nota final.
Instrumentos de avaliación: realización de probas puntuais e práctica
diaria.
- C. Actitudinais. Actitude ante a materia, traballo e esforzo persoal 60% da
nota final. Instrumentos de avaliación: fichas de observación na posta e
recollida do material, respecto a compañeiros e profesorado.
34
2º ESO
OBXECTIVOS PARA O 2º CURSO DA ESO
1.- Coñecer os efectos beneficiosos da práctica regular da actividade física.
2.- Incrementar as súas posibilidades de rendemento motor cualitativa e
cuantitativamente.
3.- Coñecer e practicar deversas modalidades deportivas.
4.- Valorar os aspectos de colaboración, respecto e relación que ofrecen as actividades
físico-deportivas.
5.- Participar, con independencia do seu nivel de destreza, en xogos e deportes,
colaborando no pleno desenvolvemento da clase.
6.- Practicar e valorar as actividades de expresión corporal e sistemas rítmicos como
medio de comunicación, como actividade creativa, e como vehículo para acadar a súa
desinhibición.
7- Dar a coñecer ó alumno xogos propios da súa comunidade e ofrecerlle a
oportunidade de desenvolvelos e practicalos.
8.- Deseñar e realizar actividades no medio natural.
35
VINCULACIÓN ENTRE OBXETIVOS,SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DE
CONTIDOS,CRITERIOS DE AVALIACIÓN,ESTANDARES DE APRENDIZAXE E GRAO
MÍNIMO DE CONSECUCIÓN DE CADA UN,COMPETENCIAS CLAVE,ELEMENTOS
TRANSVERSAIS,INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.
CONTIDOS:
–
-
– -
–
–
36
37
SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS
-
-
-
- - -
-
- -
-
-
-
- - -
-
-
-
38
-
Bloque 2.- Actividades físicas artistico-expresivas
- A linguaxe corporal e a comunicación non verbal.
- Os xestos e as posturas. Experimentación de actividades encamiñadas ó
dominio, ó control corporal e á comunicación coas outras persoas.
- Control da respiración e da relaxación nas actividades expresivas.
- Realización de improvisacións colectivas e individuais como medio de
comunicación espontánea.
- Realización de danzas do mundo de carácter colectivo. Contextualización
básica.
- Aceptación das diferenzas individuais e repecto ante a execución das tarefas
por parte doutras persoas.
Bloque 3.- Actividade física e saúde
- Obxectivos do quecemento. Quecemento xeral e específico.
- Realización de xogos e exercicios aplicados ó quecemento. Recompilación destes.
- Capacidades físicas principalmente relacionadas coa saúde: resistencia aeróbica e
flexibilidade.
- Control da intensidade do esforzo: toma da frecuencia cardíaca e cálculo da zona de
actividade.
- Acondicionamento físico xeral con especial incidencia na resistencia aeróbica e na
flexibilidade.
- Realización de actividades e xogos para a mellora da condición física.
39
- Recoñecemento e valoración da relación existente entre unha boa condición física e a
mellora das condicións de saúde.
- Recoñecemento e valoración da importancia da adopción dunha postura correcta en
actividades cotiás.
- Realización de actividades con implementos.
- Relación entre hidratación e práctica de actividade física.
- Coñecemento das técnicas de respiración e a súa adecuación a situacións reais.
- Valoración de hábitos saudables como descansar axeitadamente e realizar actividade
física. Toma de conciencia sobre os efectos que teñen para a saúde determinados
hábitos como o consumo de tabaco, alcohol e estupefacientes.
Bloque 4.- Os xogos e as actividades deportivas
- Práctica de actividades e xogos para a aprendizaxe dos deportes individuais.
- Realización de xestos técnicos básicos e identificación de elementos regulamentarios
dun deporte individual diferente ó realizado no curso anterior.
- Os deportes de competición entre dúas persoas como fenómeno social e cultural.
- Realización de xogos e actividades con elementos técnicos, tácticos e
regulamentarios dos deportes de competición entre dúas persoas.
- Realización de tarefas xogadas e de actividades cooperativas. Novos desafíos
cooperativos.
- Respecto e aceptación das normas dos deportes de competición entre dúas persoas e
das establecidas polo grupo.
40
- Coñecemento e realización de xogos e deportes tradicionais de Galicia.
- Práctica dos fundamentos técnicos, tácticos e regulamentarios dun deporte colectivo.
- Autocontrol ante as situacións de contacto físico que se dan nos xogos e no deporte.
- Cooperación nas funcións atribuídas dentro dun labor de equipo para a consecución
de obxectivos comúns.
- Tolerancia e deportividade por riba da procura desmedida dos resultados.
- As actividades físico-deportivas no medio natural: terra, aire e auga. Realización de
habilidades adaptadas ó tipo de actividade recreativa proposta: nadar, esquiar,
rubir, remar...
- O sendeirismo: descrición, tipos de carreiro, material e vestimenta necesaria.
- Realización de percorridos preferentemente no medio natural.
- Adquisición de técnicas básicas no medio natural: iniciación á cabullería básica en
diferentes contextos.
- Respecto do ambiente e valoración deste como lugar rico en recursos para a
realización de actividades recreativas. Experimentación con construcións de
madeira e/ou corda e con outras actividades de recreación propias do medio
natural.
- Aceptación e respecto das normas para a conservación do medio urbano e natural.
Toma de conciencia dos usos adecuados en ambos os contornos.
- Procura de información previa sobre o espazo natural en que se van desenvolver
propostas fóra do centro.
41
TEMPORALIZACIÓN Y ESTANDARES DE APRENDIZAXE
– Bloque 1. Contidos comúns en Educación Física:1º, 2º e 3º trimestre.
– Bloque 2. Actividades físicas artístico-expresivas:2º y 3º trimestre.
– Bloque 3. Actividade física e saúde: 1º, 2º trimestre.
– Bloque 4. O xogo e as actividades deportivas: 1º e 3º trimestre.
Hay que ter en conta que en algún caso pode variar,sobretodo o bloque 4,por a
instalación.O número de sesions por evaluación é de 20 +-.
No 1º trimestre deste 2º curso, levaremos a cabo catro Unidades Didácticas. Partindo
de que haberá unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
1ª.- “Desenvolvemento da resistencia aerobia. Valoración e control”. Nº de sesións:
4. A resistencia aerobia e a saúde. Control da intensidade do esforzo pola frecuencia cardíaca e
respiratoria. Técnicas de respiración. Hidratación. Cálculo da súa zona de actividade. Nivel de
esforzo nas actividades propostas.
2ª.- “Iniciación ó Voleibol”. Nº de sesións: 8. Os deportes colectivos. Voleibol
adaptado. Práctica de xogos regulados e adaptados que faciliten a aprendizaxe dos elementos
técnico-tácticos. Tolerancia e deportividade. Cooperación nas funcións atribuídas dentro do
equipo. Actividades xogadas en ataque (con e sen balón) e en defensa.
3ª.- “ Actividades recreativas individuais e colectivas. Xogos con indiacas, discos
voadores, pelotas pequenas e hóckey“. Nº de sesións: 4. Actividades de tipo recreativo
relacionadas con actividades individuais e colectivas. Actividades de malabares, indiacas e
discos voadores. Práctica de diferentes formas de lanzar, golpear... Xogos posibles e
42
regulamento básico. Práctica do hóckey. Resolución de problemas. Novos desafíos
cooperativos. Actividades con implementos.
4ª.- “Xogos de loita e control corporal”. Nº de sesións: 4. Actividades de loita. Traballo
da técnica e táctica das actividades e xogos propostos. Respecto ó opoñente. Coordinacións
globais e equilibrios. Xogos de loita. Autocontrol ante situacións de contacto físico. Tolerancia
e deportividade.
No 2º trimestre, levaremos a cabo tres Unidades Didácticas. Partindo de que haberá
unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
5ª.- “ Mellora das capacidades físicas básicas. A flexibilidade e a forza“.
Nº de sesións: 4. A flexibilidade, a forza e a saúde. Exercicios de forza para exercitar a
musculatura de sostén. Actividades de forza co peso corporal de tipo dinámico.
Acondicionamento da flexibilidade. Hábitos hixiénicos. Métodos estáticos e dinámicos.
Valoración da flexibilidade.
6ª.- “Desenvolvemento das habilidades ximnásticas“. Nº de sesións: 12.
Desenvolvemento das habilidades ximnásticas. Actividades para o traballo das posicións
estáticas ou de equilibrio (verticais e invertidas). Elementos acrobáticos en diferentes eixes
(volteos e poltróns, roda lateral e rondada). Actividades encamiñadas ó enlace para
desenvolver combinacións. Xestos técnicos e regulamento básico.
7ª.- “Mellora das capacidades físicas básicas e elaboración de quecementos”. Nº de
sesións: 4. O quecemento xeral e específico: obxectivos, recompilación de xogos e exercicios
realizados na sesión. A condición física saudable e os seus compoñentes. Acondicionamento
43
físico xeral. Actividades e xogos para a mellora da condición física. Toma de conciencia sobre
os efectos negativos de determinados hábitos.
No 3º trimestre, levaremos a cabo cinco Unidades Didácticas. Partindo de que haberá
unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
8ª.- “Combinación de elementos e desprazamentos polo espacio seguindo unha
secuencia rítmica“. Nº de sesións: 8. Actividades de desprazamento e movementos seguindo
unha secuencia rítmica establecida con voces, percusións, música... en parellas ou en
pequenos grupos. Práctica de exercicios de ximnasia, de forza resistencia co peso corporal... ó
ritmo dunha música que actúa como fondo ou sostén. Creación e posta en práctica dunha
secuencia de movementos seguindo un ritmo. Improvisacións. Control da respiración e
relaxación.
9ª.- “Iniciación ós deportes de adversario. Badminton”. Nº de sesións: 8. Exercicios e
actividades xogadas de Badminton. Elementos técnicos, tácticos e regulamentarios do
Badminton. O Badminton como fenómeno social e cultural. Actitudes de tolerancia e
deportividade.
10ª.- “Coñecemento dos distintos xogos populares do entorno“.
Nº de sesións: 2. Xogos populares e tradicionais. Actividades relacionadas con lanzamentos
(chave e petanca). Actividades de forza (tira-soga). Actividades de golpeo (estornela). Xogos de
equilibrio (zancos). Xogos de agachadas e persecución.
11ª.- “ Nocións sobre supervivencia e acampada“. Nº de sesións: 1 día. Nocións de
supervivencia e acampada. Elementos a considerar nun campamento. Adquisición e posta en
práctica de técnicas básicas para a montaxe de tendas de campaña (iglú e canadense). Normas
44
de seguridade, elección de terreos... Simulacro da montaxe dun campamento no entorno
próximo.
12ª.- “Práctica do sendeirismo polo entorno próximo“. Nº de sesións: 2. Análise de
sendas en mapas, práctica de camiñatas polo centro e os arredores a diferentes ritmos, por
diferentes superficies, con variacións nas pendentes... Práctica dunha marcha no entorno
natural. Realizar autónomamente un percorrido no entorno próximo. Normas e aspectos
básicos a considerar para a súa organización e desenvolvemento. Búsqueda e selección da
información sobre o espazo.
45
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2º CURSO ESO. RELACIÓN CAS COMPETENCIAS BÁSICAS
1.- Incrementar a resistencia aeróbica e a flexibilidade respecto ao seu nivel inicial
(comprobar o seu nivel de esforzo mediante a participación activa nas sesións, tendo en conta
a súa mellora e evolución nas capacidades e non o resultado obtido). Autonomía e iniciativa
persoal.
2.- Recoñecer a través da práctica, as actividades físicas que se desenvolven nunha
franxa da frecuencia cardíaca beneficiosa para a saúde (despois de diversas tomas de Fc).
Competencia social e cidadá.
3.- Mostrar autocontrol na aplicación da forza e na relación e na confrontación con
outras persoas, ante situacións de contacto físico en xogos e actividades de loita (aplicando
correctamente as técnicas aprendidas e mostrando respecto ás persoas opoñentes).
Competencia social e cidadá.
4.- Manifestar actitudes de cooperación, tolerancia e deportividade tanto cando se
adopta o papel de participante como o de espectador ou espectadora na práctica dun deporte
colectivo (implicación e esforzo en cumprir as responsabilidades asignadas no seu equipo;
respecto ás normas, árbitro, compañeiros e adversarios e aceptación do resultado tanto se
actúa de participante como de espectador). Competencia social e cidadá.
5.- Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia (grao de coñecemento
dos xogos e capacidades coordinativas). Competencia cultural e artística.
6.- Resolver desafíos físicos descoñecidos previamente polo alumnado de forma
cooperativa (cohesión grupal, toma de decisións e organización para a resolución do
problema). Competencia para aprender a aprender.
46
7.- Crear e poñer en práctica unha secuencia harmónica de movementos corporais a
partir dun ritmo escollido (preparación e execución da actividade, así como a súa desinhibición
e colaboración cos compañeiros). Competencia cultural e artística.
8.- Realizar de forma autónoma un percorrido de carreiro cumprindo normas de
seguridade básicas e resolvendo pequenos problemas suscitados no devandito itinerario, á vez
que amosa unha actitude de respecto cara á conservación do entorno en que se leva a cabo a
actividade (indumentaria e material axeitados, uso de recipientes onde depositar os residuos
producidos durante a marcha e aplicacións de cabullería básica). Competencia no
coñecemento e na interacción no mundo físico.
9.- Buscar información en diferentes medios e fontes sobre as saídas que se van
realizar ó medio (obter e seleccionar a información). Tratamento da información e
competencia dixital.
10.- Identificar os hábitos hixiénicos e posturais saudables relacionados coa actividade
física e cos vida cotiá (indumentaria axeitada, hidratación durante a actividade física, hixiene
persoal despois da sesión, posicións corporais axeitadas na vida diaria). Competencia social e
cidadá.
47
MÍNIMOS ESIXIBLES PARA 2º DA ESO. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Os contidos mínimos, o seu desenvolvemento en cada avaliación e criterios de
cualificación expóñense no aula para información dos alumnos dende o principio de curso:
1.- Asistencia habitual a clase. Tres faltas sen xustificar no trimestre suporán a perda
das posibilidades de superar os contidos prácticos.
2.- Traída do material obrigatorio para as clases de EF. Tres faltas sen xustificar no
trimestre suporán a imposibilidade de aprobar a avaliación.
3.-Puntualidade en entradas e saídas.
4.- Comportamento axeitado na aula e pavillón, cos compañeiros e co profesor.
5.-Actitude e interese respecto á materia.
6.-Atención nas explicacións do profesor e esforzo por mellorar o propio traballo.
7.- Coidado do material e instalacións.
8.- Realización do traballo proposto e das actividades físicas segundo as instruccións.
9.- Presentación dos traballos nas datas fixadas, acadando o 50% mínimo na nota
correspondente a esta parte.
10.- Realización das probas físicas, acadando o 50% mínimo na nota correspondente a
esta parte.
11.- Realización das probas escritas ou orais acadando o 50% mínimo na nota
correspondente a esta parte.
48
Criterios de cualificación.-
As porcentaxes a aplicar que nos parecen máis acordes co tempo que se lle dedica a
cada un dos contidos son:
- C. Conceptuais. Coñecementos teóricos 25% da nota final. Procedementos de
avaliación: exames, traballos, cadernos.
- C. Procedimentais. Parte práctica da materia 25% da nota final. Procedementos de
avaliación: realización de probas puntuais e práctica diaria.
- C. Actitudinais. Actitude ante a materia, traballo e esforzo persoal 50% da nota
final. Procedementos de avaliación: fichas de observación na posta e recollida do
material, respecto a compañeiros e profesorado.
49
3º ESO
OBXECTIVOS PARA O 3º CURSO DA ESO
1.- Coñecer os efectos beneficiosos da práctica regular da actividade física.
2.- Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á
mellora da condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste,
dominio e control corporal, adoptando unha actitude de autoesixencia na súa execución.
3.- Coñecer e realizar actividades deportivas e recreativas individuais e colectivas
aplicando os fundamentos regulamentarios, técnicos e tácticos en situacións de xogo, con
progresiva autonomía na súa execución.
4.- Valorar os aspectos de colaboración, respecto e relación que ofrecen as actividades
físico-deportivas.
5.- Participar, con independencia do seu nivel de destreza, en xogos e deportes,
colaborando no pleno desenvolvemento da clase.
6.- Practicar e deseñar actividades expresivas con ou sen base musical, utilizando o
corpo como medio de comunicación e expresión creativa.
7- Dar a coñecer ó alumno xogos propios da súa comunidade e ofrecerlle a
oportunidade de desenvolvelos e practicalos.
8.- Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto
ambiental, contribuíndo á súa conservación.
50
VINCULACIÓN ENTRE OBXETIVOS,SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DE
CONTIDOS,CRITERIOS DE AVALIACIÓN,ESTANDARES DE APRENDIZAXE E GRAO
MÍNIMO DE CONSECUCIÓN DE CADA UN,COMPETENCIAS CLAVE,ELEMENTOS
TRANSVERSAIS,INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.
CONTIDOS:
–
-
– -
–
–
51
52
SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS
-
-
-
- - -
-
- -
-
-
-
- - -
-
-
53
-
-
Bloque 2.- Actividades físicas artistico-expresivas
-Bailes e danzas: realización de danzas colectivas, históricas e do mundo. Aspectos
culturais en relaciñon á expresión corporal.
-Realización de movementos corporais globais e segmentarios cunha base rítmica,
combinando as variables de espazo, tempo e intensidade, destacando o seu valor
expresivo.
-Execución de ritmos con práctica individual, por parellas ou colectiva.
-Predisposición para realizar os bailes e danzas con calquera compañeiro e
compañeira.
-Disposición favorable á desinhibición na exteriorización de sentimentos e emocións.
Bloque 3.- Actividade física e saúde
- O quecemento. Efectos. Pautas para a súa elaboración.
- Elaboración e posta en práctica de quecementos, logo da análise da actividade física
que se vai realizar.
- Vinculación das capacidades físicas principalmente relacionadas coa saúde, cos
aparellos e sistemas do corpo humano.
54
- Acondicionamento das capacidades relacionadas coa saúde: resistencia aeróbica,
flexibilidade e forza-resistencia xeral, mediante a posta en práctica de sistemas e
métodos de adestramento.
- Recoñecemento do efecto positivo que a práctica de actividade física produce no
organismo.
- Adopción de posturas correctas nas actividades físicas e deportivas realizadas.
- Control da intensidade do esforzo: coñecemento da frecuencia cardíaca máxima e de
repouso. Tempo de recuperación.
- Alimentación e actividade física: equilibrio entre a inxesta e o gasto calórico.
- Valoración da alimentación como factor decisivo na saúde persoal.
- Execución de métodos de relaxación como medio para liberar tensións.
Bloque 4.- Os xogos e as actividades deportivas
- As fases do xogo nos deportes colectivos. Organización do ataque e da
defensa.
- Práctica dos fundamentos técnicos, tácticos e regulamentarios dun deporte
colectivo diferente ao realizado no curso anterior.
- Participación activa nas actividades e xogos no deporte colectivo escollido.
- Práctica de actividades e xogos para a progresión nun deporte individual.
- Coñecemento e realización de xogos e deportes tradicionais de Galicia.
- Tolerancia e deportividade na práctica deportiva e na consecución de
resultados.
- Asunción da responsabilidade individual nunha actividade colectiva, como
condición indispensable para a consecución dun obxectivo común.
55
- As actividades físico-deportivas no medio natural: terra, aire e auga.
Realización de habilidades adaptadas ó tipo de actividade recreativa
proposta: rapelar, esquiar, rubir, remar...
- Normas de seguridade para a realización de percorridos de orientación no
medio urbano e natural.
- Realización de percorridos de orientación, a partir do uso de elementos
básicos de orientación natural e da utilización de mapas.
- Recoñecemento das actividades na natureza como actividades para a
mellora da condición física e a recreación.
- Aplicación da cabullería a construcións e montaxes básicas caacterísticas
das actividades no medio natural.
- Aceptación das normas de seguridade e protección na realización de
actividades de orientación e no paso de construcións e montaxes de
madeira e/ou corda, propias do medio natural.
56
TEMPORALIZACIÓN Y ESTANDARES DE APRENDIZAXE
– Bloque 1. Contidos comúns en Educación Física:1º, 2º e 3º trimestre.
– Bloque 2. Actividades físicas artístico-expresivas:1º y 3º trimestre.
– Bloque 3. Actividade física e saúde: 1º, 2º trimestre.
– Bloque 4. O xogo e as actividades deportivas: 2º e 3º trimestre.
Hay que ter en conta que en algún caso pode variar,sobretodo o bloque 2,por a
instalación.O número de sesions por evaluación é de 20 +-.
No 1º trimestre deste 3º curso, levaremos a cabo dúas Unidades Didácticas.
Partindo de que haberá unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
1ª.- “Mellora da Condición Física a través de xogos e tarefas específicas de
adestramento”. Nº de sesións: 12. Capacidades físicas relacionadas ca saúde. Relación
de actividade física e calidade de vida. Aparellos e sistema do corpo. Sistemas de
adestramento da resistencia aerobia, flexibilidade e forza-resistencia. Hixiene postural,
forza e flexibilidade. Incremento da CF. Control da Intensidade. Fc max e Fc de
repouso. Tempos de recuperación. Cálculo da zona de traballo óptima. Alimentación e
actividade física. Métodos de relaxación. Riscos dos desequilibrios entre inxesta e
actividade física.
2ª.- “ Iniciación ás danzas colectivas. A muiñeira“. Nº de sesións: 8.
Execución de pasos sinxelos de varias danzas colectivas. Desprazamentos en grupo sen
e con música. Iniciación ás danzas tradicionais. A muiñeira. Pasos básicos e posicións.
57
Bailes en parella e en grupo. Variación de distancias. Movementos globais e
segmentarios. Espacio, tiempo e intensidade.
No 2º trimestre, levaremos a cabo tres Unidades Didácticas. Partindo de que
haberá unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
3ª.- “ Actividades cooperativas e competitivas encamiñadas á aprendizaxe
dos fundamentos do balonmán“. Nº de sesións: 10. Actividades cooperativas e
competitivas encamiñadas á aprendizaxe dos fundamentos técnicos, tácticos e
regulamentarios do balonmán. Xogos enfocados á técnica individual (botes e
lanzamentos). Actividades centradas no desenvolvemento técnico-táctico individual
(fintas e marcaxe). Accións colectivas (pase, pase e vai, cruces e bloqueos). Situación
xogadas en condicións modificadas tanto no espacio cono no número de xogadores e
regulamento. Resolución de situacións de xogo diversas.
4ª.- “Elaboración e posta en práctica de quecementos”. Nº de sesións: 6. O
quecemento. Efectos. Pautas para a súa elaboración. Análise da actividade física
posterios. Elaboración de quecementos. Posta en práctica de quecementos. Adopción
de posturas correctas. Valoración dun correcto quecemento como prevención de
lesións.
5ª.- “Mellora de coordinacións diversas con móviles reducidos. Xogos
adaptados ó beisbol. Manexo de raquetas”. Nº de sesións: 4. O xogo específico do
beisbol e o xogo adaptado. Aspectos técnicos, tácticos e regulamentarios básicos.
Coordinación das accións propias cas dos compañeiros. Actividades cooperativas e
competitivas. Condición física e recreación en el medio natural.
58
No 3º trimestre, levaremos a cabo catro Unidades Didácticas. Partindo de que
haberá unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
6ª.- “Desenvolvemento das habilidades ximnásticas. Posibilidades de enlace“.
Nº de sesións: 5. Desenvolvemento e progresión das habilidades ximnásticas
traballadas anteriormente. Actividades para o traballo das posicións estáticas ou de
equilibrio (verticais e invertidas). Elementos acrobáticos en diferentes eixes (volteos e
poltróns, roda lateral e rondada). Actividades encamiñadas ó enlace para desenvolver
combinacións. Autoavaliación do adquirido.
7ª.- “Mellora nas habilidades e destrezas relacionadas co Atletismo.
Lanzamentos”. Nº de sesións: 8. Actividades de mellora e perfeccionamento dos
lanzamentos. Actividades competitivas e cooperativas. Utilización de mecanismos
autocorrectores. Autoavaliación. Lanzamento de peso, de disco e de xabalina.
Aspectos técnico-tácticos e regulamentarios básicos. Tolerancia e deportividade.
8ª.- “Coñecemento dos distintos xogos populares do entorno“.
Nº de sesións: 3. Xogos populares e tradicionais. Actividades relacionadas con
lanzamentos (chave e petanca). Actividades de forza (tira-soga). Actividades de golpeo
(estornela). Xogos de equilibrio (zancos, mariola). Xogos de puntería (chapas). Xogos
coordinativos (brilé).
9ª.- “Iniciación á orientación”. Nº de sesións: 4. Análise da características do
medio natural (topografía e recoñecemento de formas e elementos da paisaxe). Uso
de planos e xogos de orientación polo centro con mapas sinxelos con elementos
59
naturais e artificiais na súa lenda. Actividades de orientación con mapa atendendo a
unha correcta hidratación e vestimenta.
60
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA O 3º CURSO DA ESO. RELACIÓN CAS
COMPETENCIAS BÁSICAS
1.- Relacionar as actividades físicas cos efectos que producen nos diferentes
aparellos e sistemas do copo humano, especialmente con aqueles que son máis
relevantes para a saúde (aparello cardiovascular e aparello locomotor; relacionar estes
cambios ca calidade de vida e autonomía persoal). Competencia social e cidadá.
2.- Incrementar os niveis de resistencia aeróbica, flexibilidade e forza-
resistencia a partir do nivel inicial, participando na selección das actividades e
exercicios en función dos métodos de adestramento propios de cada capacidade (de
acordo cas súas capacidades e baseado no esforzo diario). Autonomía e iniciativa
persoal.
3.- Realizar exercicios de acondicionamento físico atendendo a criteiros de
hixiene postural como estratexia para a prevención de lesións (sobre todo exercicios
de forza muscular e de flexibilidade, transferindo estas posicións corporais á vida
cotiá). Competencia social e cidadá.
4.- Recoñecer, a partir da medición da frecuencia cardíaca, a intensidade do
traballo realizado (calcular a súa zona de traballo óptima e regular o seu traballo
realizado). Competencia para aprender a aprender.
5.- Reflexionar sobre a importancia que ten para a saúde unha alimentación
equilibrada a partir do cálculo da inxesta e o gasto calórico, de acordo coas racións de
cada grupo de alimentos e das actividades diarias realizadas (reflexionar sobre a
importancia que ten este equilibrio e conscientes dos posibles riscos dunha actuación
incorrecta). Competencia social e cidadá.
61
6.- Resolver situacións de xogo reducido dun ou varios deportes colectivos,
aplicando os coñecementos técnicos, tácticos e regulamentarios adquiridos (con
situacións escollidas aplicables á maioría dos deportes colectivos traballados).
Autonomía e iniciativa persoal.
7.- Progresar no desenvolvemento dos aspectos técnicos do deporte individual
traballado (autoavaliación axustada do seu nivel e resolución dos problemas motores).
Competencia para aprender a aprender.
8.- Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia (grao de
coñecemento dos xogos e capacidades coordinativas). Competencia cultural e artística.
9.- Realizar bailes por parellas ou en grupo, indistintamente con calquera
membro del, amosando respecto e desinhibición (con actividades onde a distancia e o
contacto directo entre os integrantes sexa variable). Competencia cultural e artística.
10.- Completar unha actividade de orientación, preferentemente no medio
natural, coa axuda dun mapa, resolvendo pequenos problemas suscitados no
devandito itinerario, coñecendo e aplicando as normas de seguridade propias das
actividades na natureza e amosando unha actitude de respecto cara ó medio
(preferentemente en espazo natural) . Competencia no coñecemento e na interacción
no mundo físico.
11.- Identificar os hábitos hixiénicos e posturais saudables relacionados coa
actividade física e cos vida cotiá (indumentaria axeitada, hidratación durante a
actividade física, hixiene persoal despois da sesión, posicións corporais axeitadas na
vida diaria). Competencia social e cidadá.
62
MÍNIMOS ESIXIBLES PARA 3º DA ESO. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Os contidos mínimos, o seu desenvolvemento en cada avaliación e criterios de
cualificación expóñense no aula para información dos alumnos dende o principio de
curso:
1.- Asistencia habitual a clase. Tres faltas sen xustificar no trimestre suporán a
perda das posibilidades de superar os contidos prácticos.
2- Traída do material obrigatorio para as clases de EF. Tres faltas sen xustificar
no trimestre suporán a imposibilidade de aprobar a avaliación.
3.- Puntualidade en entradas e saídas.
4.- Comportamento axeitado na aula e pavillón, cos compañeiros e co profesor.
5.- Actitude e interese respecto á materia.
6.- Atención nas explicacións do profesor e esforzo por mellorar o propio
traballo.
7.- Coidado do material e instalacións.
8.- Realización do traballo proposto e das actividades físicas segundo as
instruccións.
9.- Presentación dos traballos nas datas fixadas, acadando o 50% mínimo na
nota correspondente a esta parte.
10.- Realización das probas físicas acadando o 50% mínimo na nota
correspondente a esta parte.
11.- Realización das probas escritas ou orais acadando o 50% mínimo na nota
correspondente a esta parte.
63
Criterios de cualificación.-
As porcentaxes a aplicar que nos parecen máis acordes co tempo que se lle
dedica a cada un dos contidos son:
- C. Conceptuais. Coñecementos teóricos 30% da nota final. Instrumentos de
avaliación: exames, traballos, cadernos.
- C. Procedimentais. Parte práctica da materia 20% da nota final.
Instrumentos de avaliación: realización de probas puntuais e práctica
diaria.
- C. Actitudinais. Actitude ante a materia, traballo e esforzo persoal 50% da
nota final. Instrumentos de avaliación: fichas de observación na posta e
recollida do material, respecto a compañeiros e profesorado.
64
4º ESO
OBXECTIVOS PARA O 4º CURSO DA ESO
1.- Coñecer os trazos que definen unha actividade física saudable e os efectos
beneficiosos que esta ten para a saúde individual e colectiva.
2.- Valorar a práctica habitual e sistemática de actividades físicas como medio para
mellorar as condicións de saúde e a calidade de vida.
3.- Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á
mellora da condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste,
dominio e control corporal, adoptando unha actitude de autoesixencia na súa execución.
4.- Coñecer e consolidar hábitos saudables, técnicas básicas de respiración e relaxación
como medio para reducir desequilibrios e aliviar tensións producidas na vida cotiá e na
práctica físico-deportiva.
5.- Planificar actividades que permitan satisfacer as necesidades en relación cas
capacidades físicas e habilidades específicas a partir da valoración do nivel inicial.
6.- Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto
ambiental, contribuíndo á súa conservación.
7.- Coñecer e realizar actividades deportivas e recreativas individuais e colectivas
aplicando os fundamentos regulamentarios, técnicos e tácticos en situacións de xogo, con
progresiva autonomía na súa execución.
8.- Amosar habilidades e actitudes sociais de respecto, de traballo en equipo e de
deportividade na participación en actividades, xogos e deportes, independentemente das
diferenzas de xénero, culturais, sociais e de habilidade.
65
9.- Practicar e deseñar actividades expresivas con ou sen base musical, utilizando o
corpo como medio de comunicación e expresión creativa.
10.- Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o
deporte no contexto social.
66
VINCULACIÓN ENTRE OBXETIVOS,SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DE
CONTIDOS,CRITERIOS DE AVALIACIÓN,ESTANDARES DE APRENDIZAXE E GRAO
MÍNIMO DE CONSECUCIÓN DE CADA UN,COMPETENCIAS CLAVE,ELEMENTOS
TRANSVERSAIS,INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.
CONTIDOS:
–
-
– -
–
–
67
68
SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS
-
-
-
- - -
-
- -
-
-
-
- - -
-
-
69
-
-
Bloque 2.- Actividades físicas artistico-expresivas
- Adquisición de directrices para o deseño de composicións coreográficas.
- Creación de composicións coreográficas colectivas con apoio dunha estrutura musical
incluíndo os diferentes elementos: espazo, tempo e intensidade.
- Participación e achega ó traballo en grupo nas actividades rítmicas.
- Disposición favorable á desinhibición na presentación individual ou colectiva de
exposicións orais e rítmicas en público.
Bloque 3.- Actividade física e saúde
- Realización e práctica de quecementos autónomos, logo da análise da actividade
física que se vai realizar.
- O quecemento como medio de prevención de lesións.
- Sistemas e métodos de adestramento das capacidades físicas relacionadas coa saúde:
resistencia aerobia, flexibilidade e forza-resistencia.
- Efectos do traballo de resistencia aerobia, de flexibilidade e de forza-resistencia sobre
o estado de saúde: efectos beneficiosos, riscos e prevención.
- Aplicación dos métodos de adestramento da resistencia aerobia, da flexibilidade e de
forza-resistencia.
70
- Elaboración e posta en práctica dun plan de traballo dunha das capacidades físicas
relacionadas coa saúde.
- Toma de conciencia da propia condición física e predisposición a mellorala.
- Relaxación e respiración. Aplicación de técnicas e métodos de relaxación de forma
autónoma.
- Valoración dos métodos de relaxación para aliviar tensións da vida cotiá.
- Valoración dos efectos negativos que determinados hábitos (fumar, beber,
sedentarismo, consumir estupefacientes...) teñen sobre a condición física e sobre a
saúde e adopción dunha actitude de rexeitamento ante estes.
- Primeiras actuacións ante as lesións máis comúns que poden manifestarse na
práctica deportiva. Protocolos básicos de primeiros auxilios
Bloque 4.- Os xogos e as actividades deportivas
- Realización de xogos e deportes individuais, de competición entre dúas persoas e
colectivos de lecer e recreación.
- Práctica dos fundamentos técnicos, tácticos e regulamentarios dos deportes.
- Coñecemento e realización de xogos e deportes tradicionais de Galicia e da propia
zona, así como do seu regulamento. Procura de información sobre variacións locais.
- Planificación e organización de campionatos nos que se empreguen sistemas de
puntuación que potencien as actitudes, os valores e o respecto das normas.
- Valoración dos xogos e deportes como actividades físicas de lecer e tempo libre.
- Aceptación das normas sociais e democráticas que rexen nun traballo en equipo.
71
- Relación entre a actividade física, a saúde e o medio natural.
- Participación na organización de actividades no medio natural de baixo impacto
ambiental, no medio terrestre ou acuático. Procura e procesamento da información.
Presentación de proxectos a compañeiros.
- Habilidades de maipulación dos elementos naturais (refuxios...).
- Realización de actividades especializadas e de carácter recreativo, preferentemente
desenvolvidas no medio natural (escalada, rapel, paso de travesías, carreiras de
orientación...).
- Realización de actividades especializadas e de carácter recreativo desenvolvidas no
medio natural (remo, vela, traíñas, montañismo...).
- Toma de conciencia do impacto que teñen algunhas actividades físico-deportivas no
medio natural.
72
TEMPORALIZACIÓN Y ESTANDARES DE APRENDIZAXE
– Bloque 1. Contidos comúns en Educación Física:1º, 2º e 3º trimestre.
– Bloque 2. Actividades físicas artístico-expresivas:1º y 3º trimestre.
– Bloque 3. Actividade física e saúde: 1º, 2º trimestre.
– Bloque 4. O xogo e as actividades deportivas: 1º, 2º e 3º trimestre.
Hay que ter en conta que en algún caso pode variar,sobretodo o bloque 2,por a
instalación.O número de sesions por evaluación é de 20 +-.
No 1º trimestre deste 4º curso, levaremos a cabo dúas Unidades Didácticas. Partindo
de que haberá unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
1ª.- “Realización e posta en práctica de quecementos autónomos”. Nº de sesións: 2.
O quecemento xeral e específico. Obxectivos. Pautas para a súa elaboración. Recompilación de
exercicios, tarefas e xogos. Planificación de quecementos diversos. Posta en práctica ós
compañeiros do seu grupo clase ó longo de todo o curso. Valoración dun correcto quecemento
para previr posibles lesións.
2ª.- “Consolidación de patróns específicos de deportes colectivos de manexo de
móvil. Fútbol. Baloncesto”. Nº de sesións: 10. Resolución en situacións de xogo real.
Fundamentos técnicos, tácticos e regulamentarios dos deportes. Exercicios e formas xogadas
para o traballo de aspectos importantes en ataque e na defensa. Realización de diversos xogos.
Actitude crítica ante os medios de comunicación sobre o trato o deporte.
3ª.- “Perfeccionar as destrezas específicas de actividades ximnásticas. Acrosport”. Nº
de sesións: 8. Efectos beneficiosos do traballo de forza e flexibilidade. Aplicación de técnicas
de respiración. Traballo de posicións estáticas ou de equilibrios entre unha e varias persoas
73
(verticais ou invertidas). Elementos acrobáticos en diferentes eixes entre unha e varias
persoas. Actividades encamiñadas ó enlace para desenvolver combinacións.
No 2º trimestre, levaremos a cabo tres Unidades Didácticas. Partindo de que haberá
unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
4ª.- “Mellora da Condición Física a través de métodos específicos de adestramento.
Plan de traballo para unha capacidade”. Nº de sesións: 10. Sistemas e métodos de traballo
para a flexibilidade, forza-resistencia e resistencia aerobia. A súa aplicación. Análise dos
efectos beneficiosos do seu traballo. Deseño e posta en práctica dun plan de traballo para
unha capacidade. Relaxación e respiración, métodos (localización, control, concentración).
5ª.- “Consolidación de patróns específicos de deportes de adversario. Badminton”.
Nº de sesións: 6. Resolución en situacións de xogo real. Fundamentos técnicos, tácticos e
regulamentarios do deporte. Exercicios e formas xogadas para o traballo de aspectos
importantes en ataque e na defensa. Realización de diversos xogos. Actitude crítica ante os
medios de comunicación sobre o trato o deporte.
6ª.- “Primeiros auxilios”. Nº de sesións: 2. Primeiras actuacións ante lesións máis
comúns. Protocolos básicos de primeiros auxilios. Prevención de lesións. Valoración dun
correcto quecemento para previr posibles lesións. Actuación en caso de lesións na práctica
deportiva. Como evitar a progresión dunha lesión.
74
No 3º trimestre, levaremos a cabo catro Unidades Didácticas. Partindo de que haberá
unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
7ª.- “Coñecemento dos distintos xogos populares de Carballo e da Comarca“.
Nº de sesións: 2. Xogos populares e tradicionais. Actividades relacionadas con lanzamentos.
Actividades de forza. Actividades de golpeo. Xogos de equilibrio. Xogos de puntería. Xogos
coordinativos. Variacións dos xogos dependendo da zona. Coñecemento dos diferentes
regulamentos. Realización de diferentes xogos. Procura de información.
8ª.- “Organización de actividades deportivas”. Nº de sesións: 4. Organización,
planificación e posta en práctica dunha competición deportiva interna. Uso de sistemas de
puntuación que potencien o respecto das normas. Valoración do deporte com actividade de
lecer. Aceptación de normas sociais e democráticas dun traballo en equipo.
9ª.- “Danza moderna. Creación dunha composición”. Nº de sesións: 9. Participación
en grupo. Creación de composicións colectivas con música. Presentación en público.
Participación en el grupo. Directrices para unha composición. Valoración do ritmo, da
expresión, da orixinalidade e do traballo en grupo para unha correcta exposición.
10ª.- “A actividade física na natureza”. Nº de sesións: 5. Planificación dun plan de
actividades no medio natural: Realización de xogos e deportes de lecer e recreación.
Realización de xogos de orientación. Realización de saídas ó medio natural próximo.
Realización de exercicios e xogos de desenvolvemento da Condición Física. Realización de
xogos populares da zoña. Aceptación de normas sociais e democráticas que rexen un traballo
en equipo.
75
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 4º CURSO DA ESO. RELACIÓN CAS COMPETENCIAS
BÁSICAS
1.- Planificar e poñer en práctica quecementos autónomos respectando pautas básicas
para a súa elaboración e atendendo ás características da actividade física posterior. Autonomía
e iniciativa persoal.
2.- Analizar os efectos beneficiosos e de prevención que o traballo regular de
resisencia aerobia, de flexibilidade e de forza-resistencia supoñen para o estado da saúde
(efectos e adaptacións xerais do organismo á actividade física e riscos da “non actividade
física”). Competencia para aprender a aprender.
3.- Deseñar e levar a cabo un plan de traballo dunha capacidade física relacionada coa
saúde, incrementando o propio nivel inicial, a partir do coñecemento de sistemas e métodos
de adestramento. Autonomía e iniciativa persoal.
4.- Resolver situacións de xogo dos deportes traballados, aplicando os coñecementos
técnicos, tácticos e regulamentarios adquiridos (toma de decisións necesaria para a resolución
de situacións de xogo). Competencia para aprender a aprender.
5.- Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia, propios do contorno do
centro (comprobar o grao de coñecemento regulamentario e a valoración dos xogos
practicados así como as habilidades específicas). Competencia cultural e artística.
6.- Resolver supostos prácticos sobre as lesións que se poden producir na vida cotiá, na
práctica de actividade física e no deporte, aplicando unhas primeiras atencións e protocolos
básicos de actuación (aspectos preventivos, criterios de actuación e pautas que evitan a
progresión da lesión). Competencia social e cidadá.
76
7.- Manifestar unha actitude crítica ante as prácticas e valoracións que se fan do
deporte e do corpo a través dos diferentes medios de comunicación (imaxe corporal, estilos de
vida, valores das diferentes vertentes do deporte, violencia e competitividade). Competencia
social e cidadá.
8.- Participar na organización e posta en práctica de torneos en que se practiquen
deportes e actividades físicas realizadas ó longo da etapa (iniciativa, previsión e anticipación ós
problemas en canto á organización; participación activa, colaboración cos compañeiros e
respecto ós opoñentes e normas, en canto á práctica). Autonomía e iniciativa persoal.
9.- Participar de forma desinhibida e construtiva na creación e realización de
actividades expresivas colectivas con soporte musical (valorando a adecuación ó ritmo da
música, a expresión do corpo, a orixinalidade e o traballo de cada grupo na creación da
coreografía). Competencia social e artística.
10.- Utilizar os tipos de respiración e as técnicas e métodos de relaxación como medio
para a redución de desequilibrios e o alivio de tensións producidas na vida cotiá (indicadores
como a localización e control da respiración, a concentración, a disociación de sensacións
tensión/relaxación ou frío/calor). Competencia para aprender a aprender.
11.- Planificar unha saída ó medio natural e resolver cooperativamente problemas que
se presentan nel a partir dos contidos traballados. Autonomía e iniciativa persoal.
12.- Identificar os hábitos hixiénicos e posturais saudables relacionados coa actividade
física e cos vida cotiá (indumentaria axeitada, hidratación durante a actividade física, hixiene
persoal despois da sesión, posicións corporais axeitadas na vida diaria). Competencia social e
cidadá.
77
MÍNIMOS ESIXIBLES PARA O 4º DA ESO. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Os contidos mínimos, o seu desenvolvemento en cada avaliación e criterios de
cualificación expóñense no aula para información dos alumnos dende o principio de curso:
1.- Asistencia habitual a clase. Tres faltas sen xustificar no trimestre suporán a perda
das posibilidades de superar os contidos prácticos.
2.- Traída do material obrigatorio para as clases de EF. Tres faltas sen xustificar no
trimestre suporán a imposibilidade de aprobar a avaliación.
3.- Puntualidade en entradas e saídas.
4.- Comportamento axeitado na aula e pavillón, cos compañeiros e co profesor.
5.- Actitude e interese respecto á materia.
6.- Atención nas explicacións do profesor e esforzo por mellorar o propio traballo.
7.- Coidado do material e instalacións.
8.- Realización do traballo proposto e das actividades físicas segundo as instruccións.
9.- Presentación dos traballos nas datas fixadas, acadando o 50% mínimo na nota
correspondente a esta parte.
10.- Realización das probas físicas acadando o 50% mínimo na nota correspondente a
esta parte.
11.- Realización das probas escritas ou orais acadando o 50% mínimo na nota
correspondente a esta parte.
78
Criterios de cualificación.-
As porcentaxes a aplicar que nos parecen máis acordes co tempo que se lle dedica a
cada un dos contidos son:
- C. Conceptuais. Coñecementos teóricos 30% da nota final. Procedementos de
avaliación: exames, traballos, cadernos.
- C. Procedimentais. Parte práctica da materia 20% da nota final. Procedementos de
avaliación: realización de probas puntuais e práctica diaria.
- C. Actitudinais. Actitude ante a materia, traballo e esforzo persoal 50% da nota final.
Procedementos de avaliación: fichas de observación na posta e recollida do material,
respecto a compañeiros e profesorado.
79
1º BACHARELATO
OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN FÍSICA NO BACHARELATO
1.- Coñecer e valorar os efectos positivos da práctica regular de actividade física no
desenvolvemento persoal e social, facilitando a mellora da saúde e a calidade de vida.
2.- Organizar e participar en actividades físicas como recurso para ocupar o tempo
libre e de lecer, valorando os aspectos sociais e culturais asociados.
3.- Adquirir un estilo de vida saudable, especialmente no que respecta á práctica
continua e adaptada de actividade física.
4.- Aprender os procedementos básicos para a planificación de actividade física, que
permitan a xestión autónoma dun proxecto persoal de actividade física para a saúde.
5.- Aprender procedementos sinxelos de avaliación que proporcionen información que
facilite a toma de decisións fundamentais na elaboración dun proxecto persoal de actividade
física.
6.- Desenvolver as capacidades motrices de xeito diverso e global para favorecer a
consecución e mantemento dunha boa saúde.
7.- Desenvolver as capacidades motrices para consolidar unha aptitude motriz que
permita a preparación axeitada de probas de acceso ós estudos vinculados á EF ou probas de
acceso de carácter profesional.
8.- Coñecer, organizar e practicar xogos motores e actividades deportivas, adaptadas
ós intereses do alumnado, ás instalacións do centro e ós recursos materiais dispoñibles, dando
80
prioridade á toma de decisións e aplicando recursos técnicos aprendidos nas etapas
anteriores.
9.- Coñecer e practicar actividades físicas no medio natural, favorecendo e
demostrando actitudes que contribúan á súa conservación.
10.- Adoptar unha actitude crítica fronte a prácticas sociais con efectos negativos para
a saúde individual e colectiva.
11.- Coñecer e aplicar normas básicas de hixiene postural sobre a base de criterios
ergonómicos.
12.- Deseñar e practicar, en grupos pequenos, composicións con e sen base musical,
como medio de expresión e comunicación.
13.- Utilizar de xeito autónomo a actividade física e as técnicas de relaxación para a
redución de desequilibrios e tensións da vida diaria.
14.- Coñecer os estudos vinculados á Educación Física.
15.- Superar os estereotipos de xénero na práctica deportiva.
16.- Coñecer os elementos básicos da historia do deporte galego nas súas principais
modalidades deportivas.
81
–
-
– -
–
–
82
SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS
-
-
- -
-
-
- -
-
-
-
-
- -
- Beneficios da práctica regular de actividade física e valoración da súa
incidencia sobre a saúde.
- Aceptación da responsabilidade no mantemento e mellora da condición física.
- Criterios fundamentais para a planificación da actividade física para a saúde.
83
- Execución de probas para a avaliación das capacidades motrices.
- Actividade física para a saúde: o acondicionamento físico, o xogo motor, as
actividades deportivas e as actividades físicas no medio natural.
- Métodos básicos para o desenvolvemento da condición física.
- Manexo e control dos compoñentes fundamentais da carga na práctica de
actividade física: o volume, a intensidade e a densidade do esforzo.
- Análise da influencia dos hábitos sociais positivos: alimentación, descanso e
estilo de vida activo.
- Análise e influencia da hábitos sociais negativos: sedentarismo, consumo de
drogas, alcohol, tabaco...
- Normas ergonómicas e de hixiene postural.
- Aplicación de técnicas básicas de relaxación.
- Deporte como fenómeno social e cultural.
- Coñecemento do regulamento básico e adaptado de xogos motores, actividades
deportivas e deporte alternativo.
- Perfeccionamento técnico e aplicación de normas tácticas fundamentais para a
realización de xogos motores, actividades deportivas e deporte alternativo practicado en
etapas anteriores.
- Organización e participación en competicións recreativas dos deportes practicados.
- Valoración dos aspectos de relación, traballo en equipo e xogo limpo nas actividades
físicas e nos deportes.
- Realización de actividade física con soporte musical.
84
- Elaboración e representación dunha composición corporal individual ou colectiva.
- Colaboración na organización e realización de actividade física no medio natural.
- Recoñecemento do valor expresivo e comunicativo das actividades practicadas.
TEMPORALIZACIÓN Y ESTANDARES DE APRENDIZAXE
– Bloque 1. Contidos comúns en Educación Física: 2º trimestre.
– Bloque 2. Actividades físicas artístico-expresivas:2º trimestre.
– Bloque 3. Actividade física e saúde: 1º, 2º E 3º trimestre.
– Bloque 4. O xogo e as actividades deportivas: 1º e 3º trimestre.
Hay que ter en conta que en algún caso pode variar,sobretodo o bloque 2,por a
instalación.O número de sesions por evaluación é de 20 +-.
No 1º trimestre deste 1º curso de Bacharelato, levaremos a cabo tres Unidades
Didácticas. Partindo de que haberá unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a
seguinte:
1ª.- “Mellora da Condición Física a través de deportes. Rugbi. Deportes de raqueta.
Baloncesto”. Nº de sesións: 13 . Responsabilidade no mantenemento da CF. Beneficios da
práctica regular da actividade física. Actividade física para a saúde: xogo motor e actividades
deportivas. Regulamento básico e adaptado. Perfeccionamento técnico e aplicación de normas
tácticas. Valoración de aspectos de relación, traballo en equipo e xogo limpo. Discriminación
do tipo de actividade física máis axeitado para a prevención da obesidade.
85
2ª.- “Mellora da Condición Física a través de sistemas de adestramento”. Nº de
sesións: 5. Beneficios da práctica habitual da actividade física. Responsabilidade no
mantenemento dunha boa Condición Física. Métodos básicos para o desenvolvemento da CF.
Velocidade. Forza. Compoñentes da carga: volume, intensidade, densidade. Deseño dun
proxecto de actividade física persoal. Probas de avaliación das capacidades motrices. Uso
axeitado de novas tecnoloxías. Saída ó ximnasio de musculación.
3ª.- “Traballo de xogos e deportes tradicionais da Comarca”. Nº de sesións: 2.
Organización de xogos populares para os compañeiros do centro. Deporte como fenómeno
social e cultural. Participación en competicións recreativas. Organización e participación de
actividade física no medio natural
No 2º trimestre, levaremos a cabo tres Unidades Didácticas. Partindo de que haberá
unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
4ª.- “Traballo da expresión corporal. Bailes de salón. Danzas en grupo”. Nº de
sesións: 12. Técnicas básicas de relaxación. Normas de hixiene postural. Realización de
actividade física con soporte musical. Elaboración e representación dunha composición
corporal colectiva tendo en conta o ritmo e expresión.
5ª.- “Análise crítico do deporte de alto rendimento. Movemento Olímpico e medios
de comunicación. Elementos básicos da historia do deporte galego”. Nº de sesións: 3.
Deporte como fenómeno social e cultural. Análise e influencia de hábitos sociais negativos no
mundo deportivo. Actitude crítica sobre o deporte actual. Actitude crítica dos medios de
comunicación. Debate.
86
6ª.- “Mellora da Condición Física a través de sistemas de adestramento”. Nº de
sesións: 5. Beneficios da práctica habitual da actividade física. Responsabilidade no
mantenemento dunha boa Condición Física. Métodos básicos para o desenvolvemento da CF.
Flexibilidade. Forza. Compoñentes da carga: volume, intensidade, densidade. Deseño dun
proxecto de actividade física persoal. Probas de avaliación das capacidades motrices. Uso
axeitado de novas tecnoloxías. Saída ó ximnasio de musculación. Aplicación de normas básicas
de hixiene postural.
No 3º trimestre, levaremos a cabo tres Unidades Didácticas. Partindo de que haberá
unhas vinte sesións por avaliación a distribución é a seguinte:
7ª.- “Mellora da Condición Física a través de deportes. Deportes de loita. Balonmán“.
Nº de sesións: 10. Responsabilidade no mantenemento da CF. Beneficios da práctica regular
da actividade física. Actividade física para a saúde: xogo motor e actividades deportivas.
Regulamento básico e adaptado. Perfeccionamento técnico e aplicación de normas tácticas.
Valoración de aspectos de relación, traballo en equipo e xogo limpo. Discriminación do tipo de
actividade física máis axeitado para a prevención da obesidade.
8ª.- “Mellora da Condición Física a través de Sistemas de adestramento no medio
natural”. Nº de sesións: 5. Beneficios da práctica habitual da actividade física.
Responsabilidade no mantenemento dunha boa Condición Física. Métodos básicos para o
desenvolvemento da CF. Resistencia. Compoñentes da carga: volume, intensidade, densidade.
Deseño dun proxecto de actividade física persoal. Probas de avaliación das capacidades
motrices. Uso axeitado de novas tecnoloxías. Participación e colaboración no
87
desenvolvemento de actividades físicas no medio natural. Prevención da obesidade.
Discriminación de hábitos que condicionan un estilo de vida saudable.
9ª.- “Traballo no medio natural. Orientación. Lectura de mapas e compás”. Nº de
sesións: 5. Participación en actividades no medio natural. Deportes e xogos na natureza.
Lectura de mapas da zona e manexo da brúxula. Xogos e carreiras de orientación. Beneficios
da práctica regular de actividade física. Actividade física para a saúde: o xogo motor.
88
CRITERIOS DE AVALIACIÓN NO BACHARELATO
1.- Discriminar os hábitos que condicionan un estilo de vida saudable. Avaliar
se o alumnado é capaz de diferencialos ademáis das razóns que xustifican
científicamente a práctica regular da actividade física para protexer a saúde.
2.- Deseñar de xeito autónomo un proxecto de actividade física persoal. En
función do estado de saúde e da capacidade motriz, incluíndo un sistema de
avaliación, obxectivos e actividades temporalizadas.
3.- Empregar probas fundamentais para a avaliación das capacidades
motrices. Mellorar a condición física individual. Comprobarase así mesmo, a
capacidade de elaboración dun proxecto persoal acorde cos resultados da
autoavaliación (aplicando probas sinxelas).
4.- Organizar actividades físicas utilizando os recursos do centro e do seu
entorno. Avaliarase a participación na organización de actividsades.
5.- Aplicar normas básicas de hixiene postural e ergonomía en actividades da
vida cotiá. Avaliar a capacidade do alumno para aplicar unhas directrices básicas de
axuste postural previndo lesións e favorecendo movementos máis eficientes.
6.- Discriminar o tipo de actividade física máis axeitado para a prevención da
obesidade e do sobrepeso. Para o mantemento dunha boa saúde.
7.- Demostrar competencia técnica e táctica en situacións reais de práctica
deportiva. Avaliar a capacidade de execución e de toma de decicións por parte do
alumno.
8.- Participar e colaborar na organización e no desenvolvemento de
actividades físicas no medio natural. Avaliar a participación activa e responsable.
89
9.- Demostrar o coñecemento de diferentes métodos de relaxación. Realizar
de xeito autónomo os diferentes protocolos de relaxación.
10.- Mostrar unha actitude de esforzo, cooperación, solidariedade e respecto
durante a práctica de actividades físicas e deportivas. Elaborar composicións
corporais colectivas, tendo en conta o ritmo e a expresión. Esforzo, superación
persoal, cooperación e respecto. Valorarase igualmente a orixinalidade, a
expresividade e a capacidade de seguimento do ritmo nas composicións colectivas.
11.- Facer un uso axeitado das novas tecnoloxías para o desenvolvemento dos
coñecementos relacionados coa área de Educación Física. Xa sexa como axuda para a
valoración de capacidades ou control da carga, ou para a busca e interpretación de
información.
12.- Identificar os hábitos hixiénicos e posturais saudables relacionados coa
actividade física e cos vida cotiá (indumentaria axeitada, hidratación durante a
actividade física, hixiene persoal despois da sesión, posicións corporais axeitadas na
vida diaria).
90
CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES PARA BACHARELATO. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Os contidos mínimos, o seu desenvolvemento en cada avaliación e criterios de
cualificación expóñense no aula para información dos alumnos dende o principio de curso:
1.- Asistencia habitual a clase. Tres faltas sen xustificar no trimestre suporán a perda
das posibilidades de superar os contidos prácticos.
2- Traída do material obrigatorio para as clases de EF. Tres faltas sen xustificar no
trimestre suporán a imposibilidade de aprobar a avaliación.
3.- Puntualidade en entradas e saídas.
4.- Comportamento axeitado na aula e pavillón, cos compañeiros e co profesor.
5.- Actitude e interese respecto á materia.
6.- Atención nas explicacións do profesor e esforzo por mellorar o propio traballo.
7.- Coidado do material e instalacións.
8.- Realización do traballo proposto e das actividades físicas segundo as instruccións.
9.- Presentación dos traballos nas datas fixadas, acadando o 50% mínimo na nota
correspondente a esta parte.
10.- Realización das probas físicas acadando o 50% mínimo na nota correspondente a
esta parte.
10.- Realización das probas escritas ou orais acadando o 50% mínimo na nota
correspondente a esta parte.
91
Criterios de cualificación.-
As porcentaxes a aplicar que nos parecen máis acordes co tempo que se lle dedica a
cada un dos contidos son:
- C. Conceptuais. Coñecementos teóricos 40% da nota final. Instrumentos de
avaliación: exames, traballos, cadernos.
- C. Procedimentais. Parte práctica da materia 20% da nota final. Instrumentos de
avaliación: realización de probas puntuais e práctica diaria.
- C. Actitudinais. Actitude ante a materia, traballo e esforzo persoal 40% da nota
final. Instrumentos de avaliación: fichas de observación na posta e recollida do
material, respecto a compañeiros e profesorado.
92
METODOLOXÍA
Os contidos a desenvolver así coma os obxectivos perseguidos serán os que nos
fagan optar polos diferentes métodos, técnicas, estilos, etc. Empregaremos tanto
formas de ensino-aprendizaxe baseadas na recepción coma no descubrimento. Así
recurrirase segundo as necesidades á instrucción directa ou á busca.
As estratexias na práctica máis usadas serán as globais sobre todo as de tipo
intermedio, con polarización da atención e con modificación da situación real,
buscando con elo que as aprendizaxes estean o máis contextualizadas posible. En
moitos casos empregaremos as analíticas, xa sexa por razóns de seguridade, de gran
dificultade ou por existir unha solución de probada eficacia. Debe primar a adaptación
das estratexias ás necesidades requiridas polo alumno e a tarefa e non ó revés.
Para a organización da clase empregaremos estilos coma a asignación de
tarefas e os grupos de nivel, o ensino recíproco, o descubrimento guiado e a resolución
de problemas. Preténdese que o número de decisións a tomar polos alumnos antes,
durante e ó finalizar a súa actuación sexa cada vez maior.
Ó longo da etapa de ESO e 1º de Bacharelato irémonos decantando cada vez
máis por métodos, estratexias e formas de organización que e permitan ó alumno irse
emancipando, sendo cada vez máis autónomo e responsable das súas accións.
93
PROCEDEMENTO PARA A AVALIACIÓN INICIAL
Faremos unha avaliación inicial na que veremos o estado da súa condición física e das súas
habilidades motrices básicas e específicas. Para elo empregaremos diferentes probas físicas e
actividades que nos permitan ter un referente para elaborar unidades didácticas axeitadas. Ó
longo do ano realizaremos un seguimento constante con observacións e anotacións dos
diversos aspectos nunha ficha individual do alumno ; isto contribuirá á avaliación formativa,
que incidirá nas decisións que tomemos para elaborar fichas de traballo individuais, variacións
de actividades, metodoloxía, etc., en definitiva dos reforzos. Ó finalizar faremos unha
avaliación sumativa, para comprobar o grao de consecución dos obxectivos. Nesta avaliación
considérase todo o visto nas avaliacións formativas e o recollido nas avaliacións finais das
diferentes unidades didácticas.
En canto a cómo avaliar farémolo tanto de xeito subxectivo como obxectivo recurrindo
así tanto a técnicas e procedementos de observación como de experimentación. Para
elo usamos: test de condición física, probas de execución, fichas de observación
(rexistros de acontecementos), listas de control, escalas de clasificación ou puntuación,
diarios ou informes, exames tipos test, exames orais e realización de traballos en clase
ou fora dela. Tamén usaremos en casos puntuais a autoavaliación e coavaliación dos
alumnos, buscando con elo a súa implicación persoal, o seu espírito crítico e a súa
autonomía.
Avaliación da programación:
Para a valoración do proceso de ensinanza-aprendizaxe debemos valorar
ademais dos alumnos ós demais elementos que interveñen en dito proceso: ó
94
profesor, á programación, ós obxectivos propostos, ós contidos, á metodoloxía
empregada e ós materiais e recursos didácticos. Para elo usaremos cuestionarios para
que cubran os alumnos, contrastar experiencias con outros profesores e facer que
outro profesor observe algunha das nosa clases. Ó final do curso todos os membros do
departamento farán unha valoración dos contidos e métodos empregados cos seus
alumnos, indicando que medidas e modificacións se farán para o vindeiro ano en
relación ca elaboración da programación.
PROCEDEMENTO PARA AVALUACIÓN EXTRAORDINARIA
.- ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN, DE AMPLIACIÓN E REFORZO
1.- Actividades de reforzo: os alumnos que presenten dificultades na asimilación dos contidos
sobre todo de tipo práctico, se lles suxerirá que acudan a actividades de reforzo no horario dos
recreos.
2.- Recuperar a avaliación: durante o curso os alumnos deberán recuperar a parte teórica e
práctica. As probas de recuperación práctica celebraranse durante os recreos.
3.- Xuño: poderase celebrar un exame final en xuño. O alumno irá a este exame con toda a
área ou cos parciais suspensos.
4.- Setembro: os alumnos realizarán un exame teórico e outro práctico dos contidos
desenvolvidos durante o curso. Soamente se avaliarán aspectos conceptuais e procedimentais,
xa que os actitudiais só poden ser obxectivamente avaliables a través do traballo, esforzo e
actitude durante o curso (50% polo seu grao de dominio nos contidos de tipo procedimental e
50% polos seus coñecementos de carácter conceptual).
95
5.- Actividades de ampliación: este tipo de actividades verémolas de xeito más detallado no
desenvolvemento das UUDD. Usarémolas cando impartamos máis contidos dos previstos, ben
sexa a un grupo de alumnos reducido que presenta unha diferencia notable de nivel con
respecto dos seus compañeiros, ou ben sexa ó grupo clase pola súa excelente motivación por
exemplo, co que se fai necesaria unha ampliación dos contidos programados aumentando o
número e nivel das tarefas propostas. Tamén estas actividades estarán indicadas para alumnos
repetidores que presenten un bo nivel da materia.
96
PROCEDEMENTO PARA AVALIACIÓN DE MATERIAS PENDENTES NA ESO
A Educación Física está catalogada como unha materia de contidos progresivos, polo
que para a avaliación dos alumnos que arrastren esta materia como suspensa do curso
anterior terase en conta as avaliacións que realizan no presente curso.
Ademáis, un día á semana (no recreo ou outra hora dispoñible para alumnos e
profesor) tamén cumprirán como sesións de recuperación para os alumnos pendentes,
adaptándose os traballos para que en cada momento sexan os máis procedentes; así
se lles terá en conta na cualificación da avaliación de pendentes o seu traballo en estas
sesións.
Para os alumnos que teñan dificultade para a realización de estas sesións
prácticas por motivo de doenzas ou lesións (xustificados debidamente con informes
médicos recomendando aqueles exercicios que faciliten a recuperación ou mellora do
seu problema físico), a avaliación será en función dos contidos do presente curso, así
como dos traballos que sobre os contidos do ano anterior deberá realizar e que, a ser
posible, terán sempre pequenas adaptacións ó seu problema, coa finalidade de dotalo
de maiores coñecementos e estratexias de actuación á súa problemática.
97
PROCEDEMENTO DE EVALUACIÓN DE MATERIA PENDENTE NO BACHARELATO
Un día á semana (no recreo ou outra hora dispoñible para alumnos e profesor)
cumprirán como sesións de recuperación para os alumnos pendentes, adaptándo os traballos
para que en cada momento sexan os máis procedentes; así terase en conta na cualificación da
avaliación de pendentes o seu traballo en estas sesións, a parte das probas físicas e escritas
puntuais no exame final.
Para os alumnos que teñan dificultade para a realización de estas sesións prácticas por
motivo de doenzas ou lesións (xustificados debidamente con informes médicos recomendando
aqueles exercicios que faciliten a recuperación ou mellora do seu problema físico), a avaliación
será en función dos contidos do curso a ser posible, tendo sempre pequenas adaptacións ó seu
problema, coa finalidade de dotalo de maiores coñecementos e estratexias de actuación á súa
problemática.
98
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. PROXECTO LECTOR. PLAN DE INTEGRACIÓN
DAS TICS
Os diferentes tipos de materiais que usaremos serán:
- Material impreso: Materiais de aula en forma de apuntes e libros de texto.
- Recursos materiais: Materiais didácticos para o desenvolvemento dos
contidos; incluirase tanto os convencionais (balóns, aros, cordas...) como os no
convencionais (globos, botellas...). Materiais audiovisuais: vídeos, CD´s, DVD´s...
Programas de ordenador, internet...
Empregaranse polo tanto, materiais específicos da materia (balóns,
colchonetas, plintos, raquetas, compases...). Ademais usaremos vídeos, fotos, recortes
de prensa, diapositivas, mapas topográficos, bibliografía diversa... Tamén botaremos
man do materia alternativo como globos, periódicos, botellas, cartóns...
Como material impreso guía usaremos apuntes elaborados polo departamento
que estarán a disposición. Tamén elaborará cada alumno un caderno no que anotará
aspectos importantes do realizado e comentado nas clases e no que pegará follas que
lle iremos proporcionando ó longo do curso sobre temas de interese ou pequeno
traballos que deben realizar. Ademais contaremos con exemplares dos libros do
alumno que estarán a súa disposición na biblioteca do centro, pudendo tamén ser
empregados para traballar con eles na clase.
Dende o departamento intentarase que os alumnos sexan autónomos e
habituais no uso da biblioteca así coma nas consultas a través de internet á hora de
elaborar os traballos. Así mesmo, o departamento de EF colabora na posta en práctica
99
do “Plan lector do centro”. Se lles facilitará o acceso ás páxinas web, blogs ou portais
de interese, así como o acceso a novas tecnoloxías.
100
EDUCACIÓN EN VALORES. PLAN DE CONVIVENCIA
Os contidos da Educación Física tocan de xeito implícito a maior parte dos
puntos en relación á educación en valores. En cada unha das UUDD propostas sinálase
polo menos un aspecto que se vai desenvolver de xeito máis acusaso que ó resto.
A educación para a saúde e a calidade de vida é un dos propósitos que
pretende a nosa materia, nos diferentes temas que comprende: a hixiene (cazado,
roupa, ducha...), a prevención de lesións (quecementos, relaxación, emprego do
material axeitado...), desenvolvemento físico que permita solucionar as demandas que
o traballo e as actividades cotiás requiren (mellora dos compoñentes da condición
física saudable: resistencia aerobia, forza muscular, flexibilidade...), alimentación e
nutrición (adaptada ás actividades realizadas para evitar carencias ou excesos, control
do sobrepeso ou da delgadeza, debilidade extrema, elaboración de programas de
actividade física e dietas...) ou a saúde mental (actividade física como descanso,
recreación, contacto con outras persoas, loita contra o estrés...).
Así mesmo, a educación non sexista é algo que abordamos con todos os
bloques de contidos. Cos contidos referidos a actividades no medio natural trátase de
incidir na educación ambiental.
Para a educación para a cidadanía e democracia usaremos temas referidos ó
consumo e o deporte, materiais deportivos, bebidas, aparatos... Cando se toquen
101
aspectos de nutrición incidirase sobre todos os productos de adelgazamento,
complexos vitamínicos, anabolizantes...
Con todos os contidos de tipo actitudinal tentarase traballar sobre a educación
para a paz e sobre a educación moral e cívica. O departamento de EF colaborará na
posta en práctica do Plan de convivencia do centro. A educación vial trátase ca maioría
dos contidos procedimentais; o traballo de traxectorias, desprazamentos, atención
selectiva, anticipación perceptiva, avaliación de situacións e rápida toma de decisións...
102
MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDAD
Temos que prestar atención ós alumnos con necesidades específicas de apoio
educativo. Dentro de estes diferencia:
- Alumnos con necesidades educativas especiais.
- Alumnos con altas capacidades intelectuais
- Alumnado con integración tardía no sistema educativo español.
Todo elo pode enmarcarse na denominada atención á diversidade, que
englobará tanto á problemática que esixe modificación ou supresión de elementos
curriculares como ós cambios non significativos.
De modo xeral, os comportamentos dos alumnos diferéncianse uns de outros
debido a múltiples razóns: diferencias individuais (idade biolóxica, limitacións
sensoriais ou motrices, motivacións, intereses...), diferencias de grupo (étnicas, de
xénero ou socioculturais), ou de contexto (familiar, social...). Isto tradúcese en niveis
de activación diferentes, estilos de xogo e aprendizaxe heteroxéneos, distintos gustos
polas actividades así como intereses variados, xa sexa polo rendemento, pola
diversión, por cuestións estéticas...
103
Os resultados obtidos nas avaliacións iniciais van a orientarnos sobre as
diferencias que existen entre os alumnos en canto niveis, motivacións, ritmos de
aprendizaxe... Así, segundo as circunstancias, pódense propor:
- metodoloxías e niveis de axuda diversos,
- propor actividades de aprendizaxe diferenciadas,
- prever adaptacións de material didáctico,
- organizar grupos de traballo flexibles,
- acelerar ou diminuír o ritmo de introducción de novos contidos,
- organizar e secuenciar os contidos de forma distinta ou
- dar prioridade a uns núcleos de contidos sobre outros, profundizando en
eles ou ampliándoos.
Con todo isto intentamos adaptar tanto os elementos de acceso ó currículo
(distintos materiais, linguaxes...) como adaptar de forma non significativa os
elementos básicos de ese currículo. Para a nosa intervención, como xa se comentou na
metodoloxía, empregaremos formas variadas de tratar os contidos, así como
agrupamentos moi flexibles, o que permitirá ir acadando unha gradación nos niveis e
que os alumnos traballen segundo as súas posibilidades. Os transvases de alumnos dun
nivel a outro serán constantes ó ir mellorando así como ó ir cambiando de contidos e
actividades.
104
A denominación de alumnos con necesidades educativas especiais comprende
a alumnos que presentan alteracións e deficiencias de diversa índole, xa sexa
anatómica, sensorial ou intelectual (con deficiencias de visión, de respiración, de
adaptación social...). Para estes alumnos en vez de fixarnos na súa discapacidade e
limitacións teremos en conta as súas capacidades presentes, as axudas e recursos de
acceso ó currículo e as adaptacións que se precisan para que acaden os obxectivos que
se estableceron para todos os alumnos de ESO. Faise, polo tanto, sempre necesaria a
avaliación inicial para que á vista das súas posibilidades establezamos o xeito de
intervención máis axeitado e as modificacións curriculares precisas.
Ó non existir exencións en educación física os alumnos con limitacións, xa
sexan permanentes ou temporais, realizarán as actividades que non prexudiquen o
seu problema, á vez que complementarán con traballos prácticos ou teóricos os
contidos que non poidan desenvolver, para poder acadar os obxectivos previstos.
No caso de que soliciten unha adaptación curricular, farase á vista dun
certificado médico oficial no que debe constar especificado con claridade as
limitacións de acción que teña ese alumno, así como formas de actuación
recomendadas e actividades prexudiciais ou prohibidas. Así se establecerán uns
obxectivos adaptados, seleccionaranse os contidos axeitados e os criterios de
avaliación serán acordes ás capacidades a valorar. Por exemplo:
- Ante un caso de escoliose postural os médicos normalmente desaconsellan a
práctica de exercicios que sobrecarguen a columna no seu eixe lonxitudinal, os saltos e
as actividades que solicitan de forma única unha das súas extremidades. Ante isto
105
prescindiremos duns determinados contidos (multisaltos, traballo do membro inferior
con sobrecargas, rodas laterais...), outros adaptarémolos (traballo con raquetas con
ambos membros, deportes como balonmán ou baloncesto buscando o uso por igual de
ambos lados...) e outros non terán ningún tipo de contraindicación.
- Se nos atopamos con un alumno que presenta problemas de desprazamento e
equilibrio por estar limitado nos movementos e control dunha perna, os obxectivos
non se centrarán tanto en mellorar a condición física se non en potenciar a perna débil
e descargar, compensar... o outro membro, o lombo... Os contidos propostos terán en
conta as limitacións e buscarán uns obxectivos específicos.
- Outra posibilidade de elaboración dunha adaptación individual xorde cando se
comproba que o alumno é incapaz de acadar os obxectivos propostos a pesar de todos
os reforzos, adaptacións de materia, elección de contidos... Neste caso tentarase
determinar a situación do alumno con respecto ós obxectivos de referencia e elaborar
a adaptación dos diferentes elementos do currículo. O importante será que logre
acadar uns obxectivos acordes ás súas posibilidades, que sexan funcionais,
significativos, que permitan compensar discapacidades manifestas... No caso de
alumnos que teñen un desenvolvemento motor escaso con relación á súa idade,
manifestándose en problemas coordinativos, de equilibrio, de lateralidade, podemos
chegar a necesitar tomar como referencia obxectivos e contidos do nivel de primaria,
incidindo sobre as habilidades e destrezas básicas, sobre o dominio de diferentes
elementos, sobre o corpo e o espacio...
En resumo, de forma xeral para atender á diversidade do alumnado:
106
1.- Diversificarase a información para que cada alumo (segundo criterio do
profesor) poida seguir os apartados máis axeitados.
2.- Asúmense as diferencias no interior do grupo e se propoñen exercicios de
diversa dificultade de execución.
3.- Distínguense os exercicios que se consideran realizables pola maioría dos
alumnos.
4.- Facilítase avaliación individualizada na que se fixan as metas que o alumno
debe acadar a partir de criterios derivados das súas propias capacidades e situación
inicial.
Na presente programación faremos en cada Unidade Didáctica unha
adaptación nas actividades de aprendizaxe propostas, metodoloxía e material a
empregar para alumnos que padezan algúns dos tipos de doenza máis comúns nas
nosas aulas (asma, alerxias, obesidade, malformacións leves na columna...).
Dependendo da Unidade Didáctica e da doenza, estas adaptacións serán máis ou
menos relevantes dentro do currículo de Educación Física.
107
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Un dos obxectivos fundamentais do departamento de EF é tratar de fomentar a
actividade física e o deporte fora do horario escolar. Tentarase de manter unha
comunicación co Concello e cas agrupacións deportivas e clubs da comarca para que os
alumnos poidan continuar a súa práctica nalgunha destas entidades. Así como recursos
complementarios á programación docente, o Departamento de Educación Física
propón as seguintes actividades para o curso escolar 2015/2016
- Organización de actividades físico-deportivas con clubs, entidade e
asociacións do entornos, como por exemplo exhibicións, eventos deportivos
como “o deporte na rúa”, carreiras pedestres, gimkanas sobre bicicleta...
- Actividades de Patinaxe sobre xeo, para finais da 1ª avaliación ou
principios da 2ª e dirixida a 1º, 2º, 3º, 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
- Roteiros de sendeirismo polo bosque do Añón, Fervenza de entrecruces, á
praia de Razo, roteiros polo Pindo..., na 3ª avaliación e dirixido a 1º, 2º, 3º,
4º da ESO e 1º de Bacharelato.
- Rafting, nos ríos Ulla ou Miño en función do caudal de auga, na 1ª ou na 3ª
avaliación e dirixido a 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
- Montaxe de tendas, actividades e xogos de convivencia durante todo un
día (última semana de xuño para 1º e 2º cursos da ESO).
- A Semana Branca, na 2º avaliación e para os alumnos de 3º e 4º da ESO e
Bacharelato.
108
- “O bautismo de Surf”. Actividade organizada e subvencionada polo
Concello de Carballo na praia de Razo dirixida a todo o alumnado de ESO e
Bacharelato.
A temporalización das actividades estará supeditada á climatoloxía, o grao de
aceptación por parte do alumnado de cada unha das actividades e ós medios
humanos, técnicos e materiais posibles.
Desenvolveremos principalmente as competencias básicas social e cidadá,
cultural e artística, competencia para aprender a aprender e autonomía e iniciativa
persoal, tendo como principais obxectivos desta actividades:
fomentar a cooperación (organización), a convivencia e o compañeirismo;
aportar unha opción saudable para o seu tempo de ocio (uso real do
centro);
facilitar o achegamento ó medio natural;
incrementar os niveis de práctica de actividade física como factor saudable;
achegar ó alumnado a práctica de actividades novedosas;
achegar ó alumnado o coñecemento doutras culturas (capoeira...).
109
INTERDISCIPLINARIEDADE
Programaranse contidos de xeito integrador, progresivo e complementario,
tendo en conta que cada unha das competencias básicas do currúculo acádase a través
do traballo en varias materias. A interrelación dos contidos da EF con outras áreas:
- Área de Matemáticas: relacionaranse aspectos da nosa materia coma a
percepción e estructuración espacial con contidos matemáticos como
puntos e sistemas de referencia e a representación elemental no espacio.
- Área de Música: contidos da nosa materia como relacións temporais,
percepción e estructuración do tempo; o movemento do corpo a través do
ritmo con contidos propios da materia de Música.
- Área de Ciencias da Natureza: o control do corpo, tensión, relaxación e
respiración; aspectos básicos de nutrición; identificación dos principais
órganos e sistemas do corpo.
- Área de Ciencias Sociais: técnicas de orientación no entorno;
manifestacións culturais e artísticas da nosa comunidade e fóra dela.
Carballo, a 30 Octubre do 2016
Asdo.: Isabel Carracedo (XD)
Asdo.: Elena Moar Gayoso
110