PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de...
Transcript of PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de...
![Page 1: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/1.jpg)
![Page 2: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/2.jpg)
PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A
TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEMES
ÍNDICE
ACELERATIC
Obxectivo
Destinatarios e enfoque
Sesións de formación
Profesorado
Onde e cando
Selección de participantes
![Page 3: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/3.jpg)
PRESENTACIÓN
Programa formativo Aceleratic
para a transformación dixital das pemes
Na actualidade, a transformación dixital non é unha opción. As empresas de hoxe en día
non poden dubidar sobre a adaptación a este novo contorno, pois xa non hai outra maneira
de renovarse e competir que a través dela.
Calquera organización, independentemente do seu tamaño, debe interiorizar, explotar e
adaptarse á canle dixital para converterse nunha empresa que poida aproveitar todas as
súas potencialidades. A transformación dixital é un proceso no que toda empresa debe
pensar, pois é imprescindible para poder competir no mercado actual.
Todos sabemos que nunha peme nunca sobran recursos, formación nin tempo. Por estas
razóns este programa está creado a medida das pequenas e medianas empresas galegas,
pensado desde as necesidades básicas da transformación dixital da peme e buscando
aproveitar ao máximo recursos e tempo para lograr unha formación e uns coñecementos
adecuados ás súas necesidades.
Trátase dun programa de transformación dixital con catro módulos que abordan as
temáticas fundamentais para afrontar a transformación dixital e un plan de
asesoramento/titorización dixital para cada participante, que persegue un alto impacto para
a transformación dixital de calquera peme galega.
![Page 4: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/4.jpg)
OBXECTIVOS O programa Aceleratic permitiralles aos participantes reflexionar sobre os aspectos e as
novidades tecnolóxicas que poden ser de utilidade no día a día das súas empresas e
descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para
pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción de novas ferramentas de
transformación dixital. Trátase de proporcionar unha folla de ruta a cada participante que lle
permita afrontar este desafío na súa empresa. O programa achégalles as novas estruturas
organizativas, os novos modelos de relación coa clientela e a xestión do cambio, e outorga
ferramentas estratéxicas, tácticas e operativas para avanzar nese eido.
O programa presenta unha serie de accións que serven de difusión, sensibilización e
formación para o persoal directivo das pemes galegas e están encamiñadas a que os
asistentes reflexionen sobre os aspectos e as novidades tecnolóxicas que poidan ser de
utilidade no día a día nas súas empresas.
En definitiva, trátase de construír un perfil directivo que manexe o dixital dende un punto de
vista estratéxico, que coñeza a contorna dixital, adquira as habilidades necesarias para
entender que valor pode achegar a tecnoloxía ao negocio e impulse os cambios necesarios
na empresa para unha verdadeira transformación dixital.
![Page 5: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/5.jpg)
DESTINATARIOS
Un total de 25 xerentes, con empresas en propiedade ou mandos intermedios de carácter
directivo con capacidade de decisión e influencia na empresa de sectores, preferentemente
non tecnolóxicos.
ENFOQUE
A transformación dixital dunha empresa implica un cambio a todos os niveis: cultura,
persoas, produción, clientes e provedores. Este programa formativo céntrase en formar
nestes aspectos cun enfoque práctico e operativo.
O programa ten as seguintes características:
Consta de catro sesións formativas de transformación dixital de 8 horas cada unha en
temas relativos a ferramentas de transformación dixital cun relator experto na materia.
Para dotar de maior impacto a acción formativa e obter un efecto máis práctico nos
proxectos participantes, realizaranse dúas sesións de titorización (unha ao inicio do
programa e outra a modo de peche, ao finalizar este). Trátase de dúas sesións de 2
horas de titorización/consultoría personalizada para cada asistente co fin de establecer
a ruta para seguir en cada materia abordada na sesión formativa por parte de cada
proxecto.
Todas as sesións combinarán coñecementos avanzados sobre a materia con
metodoloxías eminentemente prácticas que impliquen a realización de casos e
exercicios de utilidade para a posterior adaptación aos seus proxectos.
![Page 6: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/6.jpg)
SESIÓNS
FORMATIVAS
Cada unha das catro sesións formativas de transformación dixital
desenvolverase en xornadas de día completo co seguinte horario:
As sesións de titorización para o desenvolvemento do plan de
transformación dixital personalizado realizaranse por medio de
videoconferencia.
09:30 Primeira parte da
sesión formativa
14:30 Fin da primeira parte
16:00 Segunda parte da
sesión formativa
19:00 Fin da xornada
![Page 7: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/7.jpg)
Sesión 1. Transformando dixitalmente a estratexia da nosa peme. Big data,
cloud computing, AppEconomy, IoT, robotización e industria 4.0:
A sociedade da información, a era dixital, a economía en rede… son termos que
constantemente aparecen nos medios de comunicación. A sociedade está a transformarse
a unha velocidade vertixinosa e os cambios nas relacións económicas tradúcense en
novos modelos de negocio e en novas formas de competir. As tecnoloxías da información e
as comunicacións (TIC) convertéronse en ferramentas básicas para as organizacións deste
novo escenario económico.
Contidos principais:
1.Empresas que xeran valor e riqueza no novo escenario do sector TIC
2. Breve análise dos principais cambios tecnolóxicos e sociais
3. Robotización hardware e software, e impacto no emprego
4. Cambios no comportamento dos consumidores e economía colaborativa
5. A AppEconomy
6. ERP, cloud computing e big data
7. Novas tecnoloxías de gran potencial para o futuro: realidade aumentada, wearables,
interner of the things…
8. Consellos para competir na economía dixital
![Page 8: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/8.jpg)
Sesión 2. Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas
canles de comunicación co cliente. Ferramentas de marketing dixital.
Introducirémonos no mundo do marketing dixital e abordaremos os principios do inbound
marketing ou marketing de atracción. A partir deste contexto, máis próximo ao cliente,
trataremos cuestións operativas e estratéxicas que nos axuden a alcanzar os obxectivos
que perseguimos. Xa definidas as pautas para a comunicación no ámbito dixital,
exploraremos as diferentes ferramentas operativas.
Contidos principais:
1. O marketing non cambia… cambia a contorna e as ferramentas
2. Evolución do marketing e a publicidade dixital
3. Ferramentas de marketing dixital para a transformación dixital: medios dixitais propios,
de pago e gañados; inbound marketing; analítica web
4. Medios propios: web, e-comerce, blog, canles propias RRSS, boletíns, posicionamento
orgánico en buscadores
5. Medios de pago: SEM, publicidade dixital, email marketing, social ads
6. Medios gañados: eventos con influencers, microinfluencers
![Page 9: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/9.jpg)
Sesión 3. Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas
canles de comunicación co cliente. Social Media:
Contidos principais:
1.Social Media Marketing
2.Contorna actual do marketing en liña
3.Estratexia e plan de marketing dixital
4.Canles e medios dixitais para comunicarnos cos clientes/persoas usuarias: -Estado actual do social media
-Optimización, como xerar alcance e crear oportunidade
-Community management, funcións, tarefas, operativa e ferramentas
5.Análise de uso das principais redes sociais: Facebook, Instragram, Twiter, Linkedin
6. Contido e planificación
7. Social ads: -Introdución a social ads
-As plataformas implicadas
-Analizando propostas efectivas
-A segmentación
-Crear anuncios en Facebook, Twiter, Linkedin e Instagram
-Estatística
-Tips e claves
![Page 10: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/10.jpg)
Sesión 4. Transformando dixitalmente a canle de venda da nosa peme. O
comercio electrónico como unha alternativa estratéxica
Nesta sesión perséguense como principais obxectivos os seguintes:
-Comprender as claves da estratexia de vendas en liña
-Coñecer como se está integrando a canle en liña coa canle física tradicional en
diversas industrias
-Aprender a discernir cales das estratexias de prezo e servizo en liña cadran co
negocio do asistente e cales non
-Ser capaz de recoñecer os principais procesos e escollos no desenvolvemento dun
proceso de integración da tenda en liña con outros asistentes da compañía
-En definitiva, entender que competencias e organización son necesarias para
comandar a canle en liña
Contidos principais:
1. Importancia do comercio electrónico en España
2. Estratexia en liña no sistema de valor
3. A creación de ingresos da canle en liña
4. Estratexia de xeración de tráfico, de mellora da taxa de conversión, de mellora do carriño
medio, estratexia de aumento de recorrencia
5. A ecuación de marxe bruta da canle en liña
![Page 11: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/11.jpg)
SESIÓNS DE
TITORIZACIÓN
Dúas sesións de titorización por proxecto, co obxectivo de
que cada sesión personalizada lle sirva de axuda e de guía
ao asistente na súa transformación dixital. Unha das sesións
realizarase ao inicio do programa, para trazar os retos que se
deben seguir, e a outra desenvolverase ao final do programa,
coa finalidade de avaliar os avances e as accións de futuro
que se poden implementar no ámbito da transformación
dixital de cada proxecto.
As sesións realizaranse por videoconferencia, co obxectivo
de avanzar en dúbidas concretas sobre a temática exposta
nas sesións formativas.
![Page 12: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/12.jpg)
PROFESORADO
Álvaro Gómez Vieites
Enxeñeiro técnico Superior en Telecomunicacións
pola Universidade de Vigo. Doutor en Administración
de Empresas. Diploma in Business Administration e
Executive MBA pola Escola de Negocios
Afundación. Foi responsable de Sistemas da Escola
de Negocios Afundación, socio-consultor de EOSA
Consultores e director de SIMCE. Actualmente é
profesor asociado de IESIDE.
Gonzalo Garre Rodas
Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña.
MBA pola Escola de Negocios Caixanova. Foi
consultor de EOSA Consultores. Actualmente é
CMO de Livelopic e profesor colaborador de IESIDE
nas áreas de marketing e de dirección de empresas.
![Page 13: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/13.jpg)
PROFESORADO
Javier Varela González
Consultor de marketing, estratexia e comunicación
en Toctocmedia. Interim Marketing Manager en
Gradiant e administrador de Theorangemarket.com.
Mestrado en Dirección de Marketing pola Escola de
Negocios Afundación. Licenciado en Administración
e Dirección de Empresas pola Universidade de
Santiago de Compostela.
Carlos Otero Barros
Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade
Autónoma de Madrid. MBA pola Escola de Negocios
Afundación. Foi director xeral e co-fundador de
Fractal Info Enxeñeiros. Actualmente é director de
Marketing de Alotofus e profesor colaborador de
ESIC, ESEUNE e IESIDE.
![Page 14: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/14.jpg)
ONDE E CANDO:
30 de outubro
Titorías: do 5 ao 9 de novembro
13 de novembro
20 de novembro
27 de novembro
Titorías: do 28 de novembro ao 5 de decembro
Sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia
Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
PREINSCRICIÓNS:
Prazas dispoñibles: 25 Do 10 ao 21 de outubro (ás 18.00 h):
https://cdtic.xunta.gal/aceleratic2018
ou no correo electrónico [email protected]
![Page 15: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/15.jpg)
PROCESO DE SELECCIÓN PARTICIPANTES:
Os solicitantes ordenaranse alfabeticamente polo primeiro apelido
segundo letra establecida mediante sorteo público.
Requírese unha fianza de 300 €. Recupérase no caso de acreditar o
aproveitamento do 85% das horas de formación e titoría.
Documentación xustificativa:
Xustificante bancario da copago
Cabeceira da nómina
Último recibo de autónomo/IAE
Listaxe de asistentes de reserva
![Page 16: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción](https://reader033.fdocuments.mx/reader033/viewer/2022042012/5e72f5b9bfa37402ce5b7cff/html5/thumbnails/16.jpg)