PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa...

166

Transcript of PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa...

Page 1: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico
Page 2: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE

SANTIAGO DE COMPOSTELA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS

27 de maio de 2007

Page 3: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico
Page 4: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

INTRODUCIÓN

OBXECTIVOS CENTRAIS DO PROGRAMA PARA 2007-2010

1 Mellorar a vida das persoas

2 Consolidar a relevancia de Santiago de Compostelapara Galicia

3 Aumentar a dimensión de Compostela como Patrimonio Cultural da Humanidade

4 Modernizar e facer máis accesible a administración municipal

ÁREAS SECTORIAIS NAS QUE SE DESENVOLVE O PROGRAMA

PROPOSTAS MÁIS DESTACADAS

PLANOS

Page 5: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico
Page 6: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

INTRODUCIÓN

Page 7: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. SánchezBugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso históricodo rol dos socialistas en Santiago de Compostela quehoxe cómpre reiterar. En efecto, os socialistas goberna-mos Santiago de Compostela dende 1983 coa soa inte-rrupción dun ano e medio. Vinte e catro anos nos que conmaiorías minoritarias, con maiorías absolutas ou congobernos de coalición; con gobernos afíns ou non afíns naDeputación, na Xunta ou no Goberno do Estado contribu-ímos á transformación da nosa cidade liderando o seuproceso de modernización.

Ese liderado baseouse na nosa capacidade para lle propo-ñer a Compostela proxectos ilusionantes, e na nosa capa-cidade de facelos en boa medida realidade por mediodunha eficaz acción política e xestora.

PROXECTOS E CAPACIDADE POLÍTICA

E DE XESTIÓN é o que os socialistas achegamos a Compostela

Dende 1983 a 1991, o noso traballo municipal serviu, fun-damentalmente, para lle devolver ao Concello un papelcentral na vida da cidade, acadar para esta un novo reco-ñecemento internacional, acorde coa súa historia, e con-solidala de feito como capital de Galicia, corrixindo gravescarencias básicas en infraestruturas e servizos, facendonacer un proxecto cultural e de posta en valor do seu patri-monio, e dándolle un proxecto urbanístico, materializadonun novo Plan Xeral de Ordenación Urbana.

Por medio dun programa de acción que tomou comoreferencia os anos xubilares de 1993 e 1999, o Concelloconseguiu impulsar a creación dunha armazón institucio-nal, concretada no Real Padroado e o Consorcio, queserviu para financiar e executar, nun contexto de coope-ración interadministrativa, as mais grandes infraestrutu-ras previstas no Plan Xeral de 1989 –como o periférico,

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

8

Page 8: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

o novo Hospital Clínico Universitario, as novas áreascomerciais, o novo Mercado de Gando, o Pazo de Con-gresos e o Multiusos do Sar–, desenvolver as políticasde protección e rehabilitación do Casco Histórico e darun excepcional pulo á promoción turística e ao desenvol-vemento cultural da cidade.

Estes factores deron lugar a unha gran cantidade derecoñecementos internacionais para Compostela, e ásúa designación como Cidade Europea da Cultura noano 2000, xunto con outras oito capitais europeas.

No período 1999-2003, levouse a cabo un importanteimpulso á política urbanística e de vivenda, o que permi-tiu materializar os novos ensanches da cidade e retomaros programas de vivenda pública. Ao mesmo tempo,púxose en marcha un ambicioso plan de mellora da cali-dade urbana, no que destacou a reurbanización doEnsanche e do Casco Histórico, coa conseguinte cons-trución de aparcamentos, así como a extensión daszonas verdes e a ampliación da rede de Centros sociais;por último, produciuse un importante desenvolvementoda participación cidadá e abriuse un proceso de reflexiónpara a configuración das bases dun novo proxecto decrecemento urbano, materializado no avance do novoPlan Xeral de Ordenación e o Plano Estratéxico.

Todos estes procesos, esencialmente derivados da ini-ciativa e da responsabilidade públicas, culminaron no2002 co definitivo recoñecemento legal de Santiago deCompostela como capital de Galicia.

Tamén o balance do mandato municipal 2003-2007 é moipositivo porque, ademais de consolidar os procesos deexpansión e crecemento urbanístico (tanto en infraestru-turas como en vivenda), e de xeneralizar as melloras dodeseño urbano, posibilitou acadar e consolidar novos con-sensos políticos e administrativos, especialmente noplano comarcal, e desenvolver de xeito definitivo o Plan

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

9

Page 9: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

Xeral de Ordenación Municipal e o Plan Estratéxico deSantiago de Compostela, que programan o futuro da cida-de cun horizonte entre 10 e 15 anos.

Os socialistas, dende a Alcaldía e o goberno municipal,fomos parte decisiva no deseño dese horizonte paraCompostela e, por iso, sentímonos plenamente respon-sables desa programación de futuro e identificados cosseus obxectivos. Non é de estrañar, xa que logo, que onoso programa electoral, o documento no que definimosas nosas propostas para acometer dende o goberno dacidade no período 2007-2011 teñan en conta as formula-cións derivadas deses instrumentos de planificación.

En concreto, o Plan Estratéxico de Santiago de Compos-tela aposta por un escenario dinámico, no cal o encadea-mento de efectos na cidade da combinación da evoluciónda dinámica económica galega, a mellora das infraestru-turas de comunicación coa rede europea e de articulacióndo sistema urbano rexional, e a atracción da cidade paraaumentar a expansión da súa base económica, fai posibleacadar este obxectivo central:

Facer de Compostela a porta da Galicia dinámica einnovadora. Unha cidade aberta, unha cidade deencontro, cun horizonte de desenvolvemento conti-nuado e sostible capaz de achegar á capital de Gali-cia unha base económica sólida, diversificada e com-petitiva e aos seus habitantes un futuro con empregode calidade, cohesión social e calidade de vida, nuncontorno ambiental e urbano de excelencia, vivo epreservado para o seu goce como patrimonio cultu-ral da humanidade.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

10

Page 10: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

Para a determinación dese grande obxectivo, o lideradodo Alcalde e do PSdeG-PSOE foi determinante. Taménpara as accións e orientacións que o Plan Estratéxicoestablece e define. Así podemos afirmar que nestes últi-mos catro anos, os socialistas consolidamos o rol quevimos desempeñando en relación co progreso de Santia-go dende 1983, que se pode resumir en catro trazos:capacidade de liderado, estabilidade, ambición e solven-cia nos proxectos propostos, e capacidade para xerardinámicas de cooperación política, entre administra-cións, entre o sector público e o privado, e entre as ins-titucións e os cidadáns.

Por iso, o PSdeG-PSOE é a garantía dun goberno serio ecomprometido con Compostela, e da realización dos pro-xectos que formulamos.

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

11

Page 11: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico
Page 12: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

OBXECTIVOS CENTRAIS DO PROGRAMA PARA 2007-2011

Page 13: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

Como xa sinalamos, o mandato municipal 2003-2007 mar-cou en boa medida liñas moi claras para a xestión no man-dato 2007-2011, que nós asumimos.

Non obstante, cada forza política achega un xeito espe-cial, un acento marcado nas orientacións e prioridadesque caracterizan o seu perfil. Por iso, as nosas propostasprogramáticas poden sintetizarse nestes catro obxecti-vos centrais:

1 MELLORAR A VIDA DAS PERSOAS, a través dun pro-grama, que denominamos Compostela Viva, no calse integran accións para acadar:

❚ O desenvolvemento económico e o emprego

❚ A calidade de vida

❚ A cohesión social

2 CONSOLIDAR A RELEVANCIA DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA PARA GALICIA convertendo a Capital en:

a Porta da Galicia dinámica e innovadora

b Contribuíndo a que o Xacobeo 2010 sirva para impulsaro desenvolvemento e promoción exterior de Galicia.

c Centro dun amplo hinterland

d Centro dunha comarca viva e en crecemento

3 AUMENTAR A DIMENSIÓN DE COMPOSTELA

COMO PATRIMONIO CULTURAL DA HUMANIDADE

procedendo a acadar:

❚ A ampliación do ámbito declarado Patrimonio da Huma-nidade pola UNESCO

❚ A plena recuperación urbana do seu Centro Histórico

❚ A consolidación da cultura do Patrimonio

4 MODERNIZAR E FACER MÁIS ACCESIBLE

A ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

15

Page 14: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

1

MELLORAR A VIDA DAS PERSOAS, a través dun programa, que denominamosCompostela Viva, no cal se integran acciónspara acadar:

❚ O desenvolvemento económico e o emprego

❚ A calidade de vida

❚ A cohesión social

Compostela está consolidándose como unha cidade cunbo nivel de equipamentos e infraestruturas, tanto polasxa executadas como polas programadas. A calidade doseu deseño urbano tamén é evidente, así como a rele-vancia das políticas de preservación e posta en valor doseu patrimonio e, mesmo, a súa importancia como urbecon proxección no mundo.

Por iso, a prioridade para o futuro xa non está tanto noque poderiamos denominar a construción da cidade (queprogresa en base aos mecanismos e acordos xa estable-cidos), senón na calidade de vida da xente que vive outraballa nela, para o cal cremos posible desenvolver unhaacción pública máis específica e innovadora.

Esa mellora depende de tres factores, que son indisolubles:

❚ Un desenvolvemento económico sostido que facilite oacceso a un emprego de calidade.

❚ Unha mellora da calidade de vida dende a perspectivados servizos, dotacións e infraestruturas públicas.

❚ Unha crecente cohesión social.

Os socialistas lideramos en España a consolidación eampliación de dereitos das persoas, tanto en termos his-tóricos como actuais. Iso é así porque, sen excluír o papel

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

16

Page 15: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

da iniciativa privada e social, cremos na importancia dospoderes públicos no artellamento social; porque confia-mos na responsabilidade das persoas sobre a súa propiavida, pero consideramos que as colectividades debencompartir con elas a solución dos seus problemas e difi-cultades. E todo iso, traducímolo en accións e prioridadespolíticas sempre que temos oportunidade de gobernar.

Con ese ánimo abordamos o novo período no Concello deSantiago, no cal queremos abrir un NOVO TEMPO enfoca-do na persoa tratado individualmente, é dicir, arredor da súavida cotiá, e cunha visión integrada das súas necesidades.

Buscamos un novo xeito de aproximación entre o podermunicipal e os cidadáns, xa non só vistos como veciños,ou membros de corporacións, senón como individuos.Iso vai requirir novas estruturas organizativas e novas pau-tas de actuación.

Para iso proponse deseñar e desenvolver no vindeiromandato un programa integrado de mellora da calidadede vida en Santiago de Compostela que denominamos:Compostela Viva. Ese programa será unha aplicación aoplano das persoas das grandes liñas do Plan Estratéxicoe do Plan Xeral de Ordenación Municipal, dando lugar áintegración nel dos axentes sociais e os públicos, arredordos seguintes obxectivos:

❚ Asegurar a calidade da formación das persoas.

❚ Contribuír ao crecemento de oportunidades para oemprego, tanto cuantitativas como cualitativas.

❚ Mellorar a mobilidade e accesibilidade urbana.

❚ Facilitar o acceso á vivenda.

❚ Fornecer as persoas de servizos de atención persoal ede integración social.

❚ Facer accesibles e máis amplos os recursos e opciónsde lecer, culturais e deportivos.

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

17

Page 16: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

❚ Mellorar os aspectos ambientais.

❚ Consolidar un contorno vital seguro.

Compostela Viva integrará, por medio dunha coordi-

nación no plano local, as accións dos seguintes

recursos sociais

Sistemas universais de protección social:

a O educativo

b O de Seguridade Social, coas súas prestacións por xubila-ción, desemprego, inserción laboral/formación, etcétera.

c O sanitario

d O de dependencia

e O de seguridade cidadá.

Sistemas de protección social específicos:

a O de protección á infancia.

b O de promoción da igualdade de xénero.

c O de atención á drogodependencia.

d O de atención aos maiores para un envellecementodigno, activo e saudable

e O de atención ás minusvalías e promoción da autonomíapersoal.

f O de acollida e orientación a inmigrantes.

g O de atención as familias e as persoas en risco de exclu-sión social

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

18

Page 17: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

Prestacións e servizos complementarios

de carácter social:

a Acceso a vivenda de promoción pública.

b Subvencións ao uso do transporte.

c Accións complementarias de apoio educativo (períodosde lecer).

d Servizos de dinamización sociocultural.

e Servizos deportivos e culturais.

Infraestruturas de carácter público

e impacto na calidade de vida:

a Urbanización.

b Parques e xardíns.

c Transportes

d Centros de reunión.

e Centros de acollida.

A mellora cualitativa da vida da xente depende, cada vezmáis, da relación e coordinación de todos eses servizospara estes chegar de xeito integrado a atender as nece-sidades das persoas. A clave da mellora está na interre-lación e a conexión de todos estes aparellos e servizos,e ese traballo é o espazo normal de acción dun concello,porque consiste, esencialmente, en atopar xeitos deartellar o plano “macro” co “micro”. Por exemplo: nonsirve de moito mellorar a infraestrutura de transportecomarcal con recursos de grande capacidade se non seasegura unha distribución eficiente dos fluxos de tráficorodado e peonil no lugar de destino. Tampouco serve demoito facer unha política de promoción da muller senque existan servizos de atención a menores ou á tercei-ra idade que posibiliten a disposición dun tempo propiopara a conciliación da vida laboral e familiar, etcétera.

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

19

Page 18: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

As actuacións de coordinación e mellora, se parten daintegración con todos os recursos dos sistemas:

❚ Teñen custos relativamente baixos e posibilidades de resultados moi eficientes.

❚ Permiten a incorporación de iniciativas sociais e voluntariado.

❚ Posibilitan, igualmente, a interacción de beneficios, establecendo sinerxías entre recursos e programas.

Para enfrontar ese enfoque novidoso, o Programa Com-postela Viva desenvolverase nas seguintes liñas:

a Manter de xeito permanente unha análise eficiente darealidade.

b Potenciar a capacidade socializadora e cooperativa dosaxentes, recursos e equipamentos sociais.

c Organizar a comunidade arredor dunha estratexia demellora da calidade de vida.

d Ofrecer e manter condicións para que os distintos gru-pos sociais poidan expresarse.

e Establecer apoios para a conexión entre as necesidadese os elementos básicos dun proceso evolutivo de calida-de de vida: vivenda, emprego, orientación.

E, no plano concreto, configurarase por medio de plansoperativos, encaixados de xeito diverso no plano territoriale institucional, como, por exemplo:

❚ Accesibilidade/Mobilidade: de ámbito comarcal.

❚ Dinamización económica-emprego-vivenda, lecer, sanea-mento: de ámbitos comarcal e municipal.

❚ Acción socio-educativa, ambiental e de seguridade: muni-cipal e por barrios.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

20

Page 19: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

No cadro de Compostela Viva definirase o rol do Conce-llo na Lei de Dependencia e completarase a visión integralda resposta ás necesidades das persoas por medio dacoordinación deses recursos cos outros dispoñibles noplano municipal: saúde, deportes, cultura, educación,inmigración, vivenda.

Isto dará lugar a unha reformulación da estrutura e daspolíticas das áreas sociais do Concello, xerando unhamaior vinculación entre Centros Socioculturais, ServizosSociais, Deportes, Educación, Muller, Xuventude, favore-cendo a TRANSVERSALIDADE das políticas municipais.

As ferramentas institucionais para este programa serán:

❚ Os Institutos Municipais de:

Promoción económica

Benestar Social

❚ Os servizos de Deportes, Educación e Cultura.

❚ Os Servizos de Seguridade Cidadá

❚ Os servizos urbanísticos e básicos

Pola súa parte, as infraestruturas de referencia serán osCentros Socioculturais Municipais.

A participación dos operadores doutras administracións oudo sector privado organizarase por medio de contratos-programa que o Concello lles proporá.

Non se desbota a idea de poder crear unha estrutura dexestión e prestación de servizos persoais de carácterlocal ou comarcal, integrada pola administración e polainiciativa privada –terceiro sector–, que asegure a calida-de das prestacións incluídas no sistema de dependenciae as complementarias que os particulares poden contra-tar (a xeito do modelo de xestión público-privada de

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

21

Page 20: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

Compostur ou a Sociedade do Multiusos do Sar) e que,ao tempo, posibilite financiar un “plus” de actividadepara o desenvolvemento da acción coordinadora propiadun programa como o de Compostela Viva.

O potencial de emprego e de cualificación que se podederivar dunha boa xestión neste ámbito é moi grande.Facendo unha conta primaria, sobre a memoria económi-co-financeira da Lei de Dependencia, se se estiman no2015 300.000 novos empregos xerados pola Lei en todaEspaña, trasladando esa cifra a Compostela en termos deproporcionalidade por habitantes daría máis de 600 novosempregos no ámbito municipal. Se a base operativa paranovos servizos deste tipo en toda a comarca fose o muni-cipio de Compostela, o resultado podería multiplicarsecomo mínimo por dous (1.300 novos empregos).

A relación entre esas cifras e escenarios de emprego doPlan Estratéxico daría lugar a que eses máis de 600empregos supuxesen o 7% do incremento previsto noemprego no sector servizos de aquí ao ano 2016, estima-do en 9.374 novos postos de traballo.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

22

Page 21: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

2

CONSOLIDAR A RELEVANCIA DESANTIAGO DE COMPOSTELA PARAGALICIA convertendo a Capital en:

❚ Porta da Galicia dinámica e innovadora

❚ Centro dun amplo hinterland, que comprende o espazodelimitado por Ordes, Melide-Arzúa, Silleda-Lalín,Padrón, O Barbanza e Santa Comba.

❚ Centro dunha comarca viva e en crecemento

Compostela é a capital de Galicia. Así, as actuaciónssobre a cidade teñen incidencia directa na imaxe e pro-xección exterior do país.

Consolidado o estatus xurídico de Capital e construídosos instrumentos derivados desa condición (como o Con-sello da Capitalidade) é o momento de contribuírmos dexeito decidido dende Compostela a “devolverlle” a Gali-cia o honor e distinción que nos fai. A forma máis direc-ta na que Compostela pode contribuír ao desenvolve-mento de Galicia é o aproveitamento da súa imaxe, doseu valor referencial no plano turístico, cultural e decoñecemento, entendendo sempre que eses valoresdeben dinamizarse cunha perspectiva ampla de país, enon estreita, simplemente local.

Para iso, propoñemos:

A Impulsar, de xeito inmediato, un foro de preparación doXacobeo 2010, usando os instrumentos dispoñibles,como o Consorcio ou o Consejo Jacobeo, co obxectivo deconverter o ano Xubilar 2010 nunha nova opción de des-envolvemento para Galicia, contribuíndo en termos muni-cipais ao seu éxito e a que poida servir de modelo para arelevancia que para Galicia pode ter a Cidade da Cultura.

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

23

Page 22: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

Neste sentido, os socialistas impulsaremos que o Concellode Santiago teña un papel relevante no deseño e organiza-ción dos eventos a celebrar na cidade, reforzando as inicia-tivas culturais de proxección internacional que xa existen, efavorecendo o xurdimento doutras novas que poidan con-solidarse no tempo, establecendo unha relación de conti-nuidade entre a acción cultural e de promoción do Xacobeo2010 e a que debe ser retomada pola Cidade da Cultura.

B Contribuír á conformación da Cidade da Cultura como ungran proxecto para o futuro de Galicia, axudando a integra-lo fisicamente na cidade, a incorporalo á imaxe de marca deCompostela e Galicia e a artellar o seu proxecto cultural.

Así, en termos de accesibilidade é necesario asegurar:

Unha eficiente conexión coas redes de comunicaciónsrexional e europea, a través da Autoestrada AP-9, redimen-sionada no tramo afectado; a través da comunicación inter-modal coa rede ferroviaria de Alta Velocidade da Meseta edo Eixo Atlántico, na nova Estación Intermodal de Ferroca-rril; e co transporte aéreo do Aeroporto de Lavacolla.

A relación máis eficiente e diversificada posible coa cida-de, e moi en particular coa cidade histórica, sustentada nainserción das infraestruturas e dos medios de transportenecesarios e compatibles coa preservación e valorizacióndos singulares recursos ambientais e patrimoniais dasBrañas de Sar.

Por outro lado, a inserción da Cidade da Cultura na ofertaturística de Santiago de Compostela é un elemento esen-cial para o desenvolvemento económico da cidade e deGalicia. Para iso é clave artellar as relacións entre o novocomplexo a cidade de Santiago, tanto en termos de coordi-nación de oferta, estratexias promocionais e accesibilidade.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

24

Page 23: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

C Favorecer a imaxe de marca de Santiago de Compostelacomo cidade do coñecemento, e porta da Galicia innovado-ra e dinámica, a través de iniciativas como o Parque Cientí-fico-Tecnolóxico, a potenciación das infraestruturas univer-sitarias, especialmente o Campus de Ciencias da Saúde, eos equipamentos destinados á investigación, ao desenvol-vemento e á innovación, especialmente o Instituto Mixtode Investigacións de Biotecnoloxía, a potenciación do Cen-tro de Supercomputación e Modelización Matemática, e oCentro de Investigación do Patrimonio, todos eles froito dacooperación entre a Xunta de Galicia e o CSIC.

Igualmente, Compostela e a súa área de influencia directamedraron significativamente, converténdose nunha grandeárea con vocación metropolitana, que require desenvolver-se e consolidarse no plano institucional e infraestrutural.

As cidades modernas son usadas pola xente, ademais depara as vivir e visitar, para traballar non residindo nelas. É fre-cuente que moitas persoas vivan fóra da cidade e traballen,compren, accedan á cultura e a outros servizos nela. Ascidades dinámicas teceron ao seu redor áreas de habita-ción, conectadas funcionalmente co centro, e que fornecende dous tipos de “cidadáns”: os locais e os metropolitanos.

A primeira función que unha cidade debe satisfacer é ade posibilitar unha vida cómoda aos seus cidadáns. Peroa segunda función inescusable é a de facer posible unuso cómodo da cidade tamén para os que viven fóra etraballan nela. Boa parte dos problemas que os cidadánspadecen como máis graves –a mobilidade e o transpor-te– só poden ser abordados desde unha perspectivaampla e metropolitana.

A coordinación de políticas e servizos no cadro da comar-ca é o elemento fundamental para acadar resultados, eunha consolidación dese instrumento institucional, unrequisito indispensable para conseguilo.

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

25

Page 24: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

Neste sentido, a nosa proposta é:

D Consolidar un espazo comarcal e un hinterland metropo-litano para Compostela, por medio de iniciativas deinfraestrutura e de fórmulas de cooperación, como asseguintes:

1 Desenvolver o Consorcio Comarcal de Transportes, pormedio do cal levar adiante unha política de mobilidaderealmente innovadora.

2 Deseñar novas áreas de actividade para a cooperacióncomarcal, como poden ser a de Benestar Social, ou a deequipamentos deportivos e socioculturais susceptibles,dada a súa situación próxima aos límites entre munici-pios, de uso polos veciños de distintos concellos.

3 Establecer accións de cooperación en materias como oatractivo feiral ou a promoción e xestión turística, para defi-nir un rango concreto de actuacións sobre o hinterland.

4 Impulsar as infraestruturas que favorezan a conectivida-de e accesibilidade dende Compostela cara ás áreas dohinterland, e viceversa.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

26

Page 25: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

3

AUMENTAR A DIMENSIÓN DECOMPOSTELA COMO PATRIMONIOCULTURAL DA HUMANIDADE procedendo a acadar:

❚ A ampliación do ámbito declarado

Patrimonio da Humanidade por UNESCO

❚ A plena recuperación urbana

do seu Centro Histórico

❚ A consolidación e extensión da cultura

do Patrimonio

Gobernar Compostela implica facelo non só para os com-posteláns e para os usuarios cotiás da cidade, senónpara toda a Humanidade, porque somos patrimonio dela.Tamén supón facelo non só para a xeración presente,senón para as futuras. É dicir, as actuacións deben con-siderar os intereses dos que van vir, o que, en ocasións,implica restricións, limitacións, cautelas…

Os socialistas composteláns lideramos dende o principioa recuperación da significación histórica (tanto patrimo-nial como simbólica) da Cidade e do Camiño de Santiago;conseguimos a súa posta en valor internacional, a ligazónde políticas urbanísticas, turísticas e dotacionais, e oartellamento dunha rede institucional, dentro da cal aconsolidación do Real Padroado e o Consorcio son indis-cutibles beneficios que Compostela obtén da súa singu-laridade. Ese conxunto de factores nos permite liderarunha boa práctica, recoñecida internacionalmente, noque atinxe á rehabilitación do conxunto histórico.

Por iso, agora estamos en condicións de ligar a continui-dade e perfeccionamento da nosa acción, con propostasque acheguen contribucións que é posible facer para oconxunto da humanidade.

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

27

Page 26: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

Para acadar ese obxectivo, propoñemos:

A Tramitar e obter da UNESCO a ampliación dos límitesdeclarados Patrimonio da Humanidade, incorporandotodo o ámbito do Plan Especial así como o monte Pedro-so, e facendo máis extensa a área de protección, coaincorporación das Brañas do Sar e da Cidade da Cultura.

B Desenvolver a plena recuperación urbana da Cidade His-tórica, construíndo un sistema integrado para a súa con-servación e posta en valor que, asegurando a súa centra-lidade funcional, faga sostible e compatibles os seususos residenciais, dotacionais, comerciais e turísticoscoa preservación dos seus valores patrimoniais.

Ese sistema pivotará sobre catro eixes:

❚ Un sistema de conservación do patrimonio construído.

❚ Un plan de dinamización de usos.

❚ Un programa de actualización das dotacións de servizos urbanísticos da Cidade Histórica.

❚ Un programa de conservación e mellora dos espazos públicos.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

28

Page 27: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

C Consolidar a cultura do patrimonio histórico, poñendoen valor os aspectos culturais da acción sobre patrimo-nio, a través destas iniciativas:

1 A apertura do Museo de Santiago e das Peregrina-cións, desenvolvendo dentro do citado proxecto o acti-vo que Compostela supón como laboratorio de coñece-mento da práctica patrimonial e ambiental.

2 A realización e consolidación do PREMIO COMPOSTE-LA DE RECUPERACIÓN URBANA, promovido poloConsorcio e establecido para proxectos de interven-ción en cidades históricas iberoamericanas, en cola-boración coa AECI e a Cooperación Galega.

3 O desenvolvemento do Centro de Investigación doPatrimonio como centro de referencia na investigaciónsobre esa materia no ámbito do Estado, medianteacordos entre o CSIC, a Universidade e a Xunta.

4 A consolidación das accións formativas arredor do feitoda recuperación urbana, tanto no plano de Másters ePosgraos universitarios, como no campo da formaciónprofesional.

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

29

Page 28: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

4

MODERNIZAR E FACER MÁIS ACCESIBLE A ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL

A necesidade da mellora na xestión municipal fai precisoestablecer as liñas de reforma da organización municipalorientadas ao remate da adaptación de Santiago á Lei deGrandes Cidades.

A reforma normativa levada a cabo no ano 2003 preten-de incrementar a capacidade de xestión dos municipiosde gran tamaño así como establecer os adecuados ins-trumentos de control dos mesmos. As competenciasdos concellos aumentaron significativamente, así comoa complexidade da súa xestión. Nos últimos anos refor-záronse aspectos que dende o equipo de goberno muni-cipal xa se tiñan presentes, tales como a participación dacidadanía, a transparencia na xestión, a concepción domunicipio como ente que presta os servizos demanda-dos polos veciños, etcétera.

O camiño a percorrer nos próximos catro anos posibilita-rá que os cidadáns de Santiago se sintan os verdadeirosprotagonistas da vida municipal, xa que a elevación dograo de participación cidadá así como o achegamento ea adaptación do concello ás necesidades reais e a trans-parencia da xestión municipal serán os obxectivos queorienten a nosa actividade.

Neste sentido, tanto a regulamentación das funcións dopleno, das comisións e daqueloutros órganos que a leiprevé, así como a definición dos niveis esencias da orga-nización que o concello precisa para acceder a os seusfins serán precisos de cara aos próximos catro anos.

A aprobación dos regulamentos orgánicos previstos nalei serán o eixo que permita poñer en funcionamento osórganos que o concello precisa para garantir o grao de

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

30

Page 29: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

participación e o nivel de transparencia que a sociedadedemandas así como un correcto funcionamento das ins-titucións municipais.

A inclusión das novas tecnoloxías como elemento esen-cial que posibilite o achegamento entre o concello e oscidadáns será un dos obxectivos fundamentais nos pró-ximos anos. O uso da Internet, a difusión e a accesibili-dade das ferramentas informáticas que permitan sumarpersoas á chamada Sociedade do Coñecemento serános elementos básicos para alcanzar os niveis de innova-ción que a administración precisa. Será preciso participarno proceso de alfabetización tecnolóxica dos cidadáns,das empresas e demais axentes sociais co fin de mellorara calidade de vida mediante unha administración eficaz,transparente e integradora.

A nosa pretensión é ser pioneiros na “administraciónintelixente”, anticipándonos ás novas necesidades que ocidadán demanda da administración, ampliando as can-les de comunicación entre ambos, para o que será pre-ciso adecuar as infraestruturas tecnolóxicas locais.

Igualmente, favoreceremos a participación dos cida-dáns a través da creación da Comisión de Reclamaciónse Suxestións.

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

31

Page 30: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico
Page 31: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ÁREAS SECTORIAIS NAS QUE SE DESENVOLVE O PROGRAMA

Page 32: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

34

A MELLORA DA CALIDADE DE VIDA

Un desenvolvemento económico sostido

que facilite o acceso a un emprego de calidade

1 Desenvolvemento económico

2 Emprego

3 Turismo

4 Comercio

Unha mellora da calidade de vida dende a perspectiva dos

servizos, dotacións e infraestruturas públicas

5 Política do territorio e da vivenda

6 Medio ambiente e desenvolvemento: sostibilidade

7 Mobilidade

8 Seguridade Pública

9 Servizos Sociais Municipais

10 Cultura de base

11 Compromiso coa Educación

12 Deporte.

13 Política de xuventude

14 Protección aos consumidores

Unha crecente cohesión social

15 Igualdade entre homes e mulleres

16 Os cidadáns diante das novas tecnoloxías

17 Santiago, municipio solidario e integrador

Page 33: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

35

CONSOLIDAR A RELEVANCIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA GALICIA

18 Compostela, un espazo para a cultura e o coñecemento

AUMENTAR A DIMENSIÓN DE COMPOSTELA COMO PATRIMONIO CULTURAL DA HUMANIDADE

19 O Sistema Integrado de Conservación e posta en valor da Cidade Histórica

MELLORA DA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL

20 Unha aposta pola xestión pública: o novo goberno local e a nova administración municipal

21 Participación cidadá

22 Facenda Municipal

Page 34: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

36

1

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Conseguir unha base económica diversificada que esti-mule a creación de emprego de calidade, mediante aconsolidación do tecido empresarial e a atracción denovos investimentos deber ser un obxectivo esencialnesta nova etapa de Santiago de Compostela. Para isofaise necesario superar a limitación que supón a esca-seza de solo industrial, promover e atraer novas activi-dades industriais e de servizos, impulsar e facilitar odesenvolvemento daqueles sectores e empresas xapresentes e con gran capacidade competitiva, consoli-dar e diversificar a expansión da oferta turística da cida-de en clave de calidade e, por último, fortalecer a cultu-ra empresarial e apoiar decididamente as iniciativasemprendedoras.

Para conseguir eses obxectivos, propoñemos:

1 O impulso ao desenvolvemento e a rápida posta nomercado das 230 hectáreas de novos parques empre-sariais previstos e a activación das restantes reservasprevistas no Plan Xeral de Ordenación Urbana en cursode aprobación.

2 A creación do Instituto de Promoción Económica deCompostela que integre:

a. Un observatorio socioeconómico comarcal que posibilitea información necesaria para a correcta toma de deci-sións e a planificación de accións no marco do PlanEstratéxico da cidade.

b. Unha oficina de captación de investimentos empresa-riais, en colaboración co IGAPE e con outros organis-mos e asociacións (Cámara de Comercio, FEGAEX,etcétera).

Page 35: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

37

c. O impulso de novos instrumentos de financiamentocoa participación de distintas entidades financeiraspara facilitar garantías reais para asegurar créditos, pro-gramas de préstamos e microcréditos, fondos de capi-tal semente, risco e semellantes.

d. Unha estrutura de apoio a programas de I+D+i e decalidade que posibiliten o incremento dos niveis decompetitividade e rendibilidade empresariais.

e. Un servizo de xestión de procesos de creación deempresas e de información e asesoramento para pro-motores/emprendedores.

3 A creación dun Consorcio Pro Feiras e Congresos, queimpulse a visualización de Santiago como cidade feirala través da reformulación e a ampliación do actualrecinto de Amio, a reorientación do Pazo de Congresose a cooperación co recinto feiral de Silleda na busca decomplementariedades e sinerxías.

4 A ampliación da oferta de lecer e turismo na cidade coacreación do Museo de Santiago e das Peregrinacións,apoiando a consolidación da Cidade da Cultura facilitan-do a súa integración urbana, conseguindo a constru-ción dun novo campo de golf de nivel internacional, aposta en marcha do novo Xardín Botánico e un novoParque urbano no monte Pedroso, e o impulso de ins-talacións de auga e termalismo, tanto en aloxamentoshostaleiros, como noutras zonas da cidade,.

5 O fomento da artesanía compostelá tanto no que serefire ao apoio á formación como á produción e comer-cialización. Relanzamento da marca de identidade, quegaranta a súa calidade e procedencia, e creación dunhaCentral de vendas en colaboración co propio sector e aadministración autonómica.

Page 36: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

38

6 Impulso ás infraestruturas de comunicación viaria-ferroviaria-aérea, así como ás novas tecnoloxías dainformación coa inclusión de Santiago no Programa“Cidades dixitais” do Ministerio de Industria quesuperen a periferia xeográfica e posibiliten a maiorcompetitividade do municipio.

7 Potenciar a interrelación entre a USC, os centros deI+D e as estruturas empresariais a través do ParqueCientífico-Tecnolóxico de Santiago.

Page 37: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

39

2

EMPREGO

A creación de máis emprego e de maior calidade é unobxectivo compartido por todas as administracións públi-cas. Malia a que as competencias e recursos dos conce-llos son moi reducidos para formular a súa solución, o seupapel, non obstante, é decisivo. En efecto: o desenvolve-mento non se xera única e exclusivamente desde o ámbi-to nacional e rexional, xa que hai un espazo propio, ondea intervención e a planificación do desenvolvemento poderealizarse desde o plano local, de forma que axude a refor-zar e potenciar un modelo de crecemento endóxeno, ascapacidades e iniciativas dos propios cidadáns, o fomen-to da creación de riqueza e a xeración de emprego.

As políticas activas de emprego, como ferramenta funda-mental dos Concellos para reducir as taxas de paro emellorar a calidade do emprego, deben coordinarse eestablecerse en rede cos axentes económicos para quesexan apoiadas por todos e existan uns obxectivos com-partidos e definidos. Por iso, os socialistas de Compos-tela impulsaremos as seguintes medidas:

1 Alcanzar un pacto local polo emprego como instrumentode cooperación e coordinación entre as entidadesempresariais, sindicais e as distintas administraciónspúblicas que posibilite:

a A colaboración directa nas áreas de información para oemprego, orientación, oferta de recursos para o autoem-prego e a tutela de proxectos.

b O establecemento de programas locais de inserciónlaboral e garantía social para desempregados con espe-ciais dificultades (mozos demandantes do primeiroemprego, maiores de 50 anos, mulleres, etcétera) eoutros colectivos con risco de exclusión social.

Page 38: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

40

c A definición de programas integrados de formación ocupa-cional e continua que respondan ás necesidades de cuali-ficación de recursos humanos cara a súa inserción laboral.

d O establecemento de accións de fomento e apoio aoautoemprego e aos novos emprendedores que continúenos programas existentes (Compostela Activa e outros).

2 Consolidar a Mesa polo emprego, constituída polas dis-tintas Administracións públicas, centrais sindicais e aso-ciacións empresariais e institucionais, como instrumentode diálogo social e de elaboración e proposta do Planlocal de emprego e control da súa execución. Asímesmo, intervirá no ámbito da seguridade e hixiene notraballo no marco territorial municipal para reducir a acci-dentalidade laboral.

3 Apoiar o desenvolvemento dos novos xacementos deemprego, especialmente os relacionados coas tecnoloxí-as da información e comunicación e no denominado Ter-ceiro Sector, cuxa previsible expansión, relacionada coasnovas prestacións e servizos sociais derivados da deno-minada Lei de Dependencia, poden ter unha gran inci-dencia, como xa se sinalou con anterioridade.

4 Fomentar a economía social nas súas múltiples formas,tanto na produción como na distribución de bens e servizos.

5 Favorecer o desenvolvemento profesional dos peque-nos empresarios e os traballadores/as autónomos,incorporándoos aos plans de Formación ProfesionalContinua, fomentando ao tempo o seu asociacionismoeconómico; introducindo elementos fiscais nas Orde-nanzas municipais para impulsar e favorecer a perma-nencia e viabilidade empresarial das microempresas,autoemprego e traballadores por conta propia; e elabo-rando un programa de formación en prevención de ris-cos laborais específico e adaptado ás peculiaridades dostraballadores autónomos.

Page 39: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

41

6 Impulsar a formación en novas tecnoloxías especialmenteno campo das enerxías renovables, tecnoloxías da infor-mación e comunicación, e servizos a terceiros.

7 Favorecer o desenvolvemento de iniciativas produtivas nosector primario, aproveitando os recursos territoriais domunicipio para o desenvolvemento dunha economía agra-ria moderna e rendible.

8 Crear o Consello da Formación Profesional e Ocupacional:que xunte institucións, centros de formación, empresas eaxentes sociais do municipio, co obxectivo de fomentar ainserción laboral e profesional dos xoves da cidade. Cre-mos que un órgano destas características actuará comoun elemento de coordinación necesario no sector:

❚ Propoñendo accións que faciliten o contacto entre aescola e a empresa e a transición ao traballo.

❚ Aproximando os docentes ás necesidades formativasdas empresas de Santiago e canalizando as necesida-des de formación permanente das empresas a travésdos IES da cidade.

❚ Ampliación de familias profesionais e número de ciclosformativos en Compostela.

❚ Colaborando coas administracións educativas para aampliación dos Programas de Garantía Social.

Page 40: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

42

3

TURISMO

Hoxe ninguén cuestiona o feito de que o turismo é ungrande motor de desenvolvemento económico, de crea-ción de riqueza, benestar e emprego. A súa crecenteimportancia na nosa cidade derívase da existencia dunsrecursos turísticos excepcionais e da capacidade de poñe-los en valor nun contorno cada vez máis competitivo ecambiante, tanto do lado dos gustos e motivacións dosvisitantes como das transformacións na tecnoloxía e nosámbitos institucionais e organizativos.

Por iso, so dende unha estratexia de desenvolvementoturístico en clave de sostibilidade, é dicir, a longo prazo, res-pectuosa co medio ambiente natural, social e cultural e coacolaboración de todos os axentes económicos e sociais e aimplicación de diferentes administracións públicas, é posi-ble enfrontar os retos que temos por diante, comezandopolo Xacobeo 2010, e continuar avanzando nos distintosobxectivos e liñas de actuación, formulados xa, tanto noPlan de Excelencia Turística como nos Plans de Competitivi-dade e Calidade Turística e contando cunha organizaciónturística que ten demostrado o seu alto nivel de profesiona-lidade e capacidade para garantir as mellores decisións parao crecemento harmónico do sector no marco dunha cidadeuniversal, capital de Galicia e Patrimonio da Humanidade.

Para este novo período 2007-2011 propoñemos asseguintes liñas de política turística municipal:

1 Actuar de xeito compartido co sector e o resto das insti-tucións e administracións públicas, procurando perma-nentemente o acordo e o consenso.

2 Consolidar as liñas estratéxicas de desenvolvementoturístico iniciadas no Plan Estratéxico de Turismo, a tra-vés do Plan de Competitividade e Calidade Turística(2006-2009).

Page 41: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

43

3 Artellar a política turística baixo a perspectiva do AnoSanto 2010, que debe posibilitar unha ampla consolida-ción de Compostela para enfrontar o longo período quevai mediar ata o seguinte xacobeo, a celebrar no 2021.

4 Impulsar a relación e coordinación co ámbito da cultura,a creatividade e a innovación.

5 Dar continuidade á integración de Santiago de Compos-tela en redes de cidades.

6 Mellorar a accesibilidade do destino turístico, tanto a nivelde infraestruturas viarias, como ferroviarias e aéreas.

7 Desenvolver a oferta en clave da calidade e dos cambiosna demanda turística.

8 Ampliar e diversificar produtos e segmentos turísticos.

9 Impulsar a descentralización turística e a mellora doreparto do fluxo turístico anual.

10 Aumentar a estancia e o gasto turístico medio.

Page 42: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

44

Para concretar estas liñas xerais, queremos levar adianteas seguintes actuacións e medidas:

1 Ampliar e perfeccionar os sistemas de información turís-tica (observatorio turístico) e a súa difusión no conxuntodo sector a través dunha liña editorial específica.

2 Potenciar os servizos de acollida turística (información, sina-lización, reservas, web, Chaquetas Vermellas, etcétera).

3 Xeralizar a novos sectores a implantación de sistemas decalidade en destino (servizos públicos e institucionais,transporte, etcétera.) e reforzar a Xerencia da Calidade enmedios técnicos e humanos.

4 Lanzar e consolidar o turismo relixioso en base á redeSantiago-Roma-Xerusalén e á colaboración co Arcebispa-do de Santiago, mellorando a información e a comunica-ción (paneis exteriores e folletos) e creando o produto(itinerarios libres e visitas guiadas).

5 Desenvolver e executar o Plan de Turismo Enogastronómi-co e consolidar o Foro Gastronómico Santiago 2008-2010:as cociñas do Atlántico.

6 Impulsar o turismo idiomático, elaborando un Plan deactuación estratéxica (2007-2011) cos centros de ensinode español e a Universidade de Santiago e a súa orienta-ción en clave europea fundamentalmente.

7 Elaborar e desenvolver un Programa de Turismo Activo e deNatureza en colaboración cos municipios da Mancomuni-dade que poña en valor como recurso turístico a paisaxe eo medioambiente do conxunto do territorio. Neste eido,promover a función de Vilagarcía como “porto” de Santia-go de Compostela.

8 Constituír en setembro de 2007 unha Comisión cidadáde turismo en colaboración coa Cámara de Comercio, aAsociación de Empresarios de Hostalería e o Arcebispadopara abordar os retos do próximo Xacobeo 2010.

Page 43: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

45

9 Potenciar o turismo de congresos, reunións e incentivos, através do reforzamento do Santiago Convention Bureau, acoordinación coa USC e Turgalicia e o impulso á reorienta-ción do Pazo de Congresos.

10 Crear un Consorcio Pro Feiras e Congresos en colabora-ción coa Cámara de Comercio, as Asociacións de empre-sarios e a USC.

11 Reforzar as campañas de desestacionalización turísticapropiciando a concentración de eventos en temporadabaixa, así como a creación de paquetes atractivos paradistintos segmentos de poboación.

12 Renovar a imaxe turística da cidade de Santiago e do con-xunto das publicacións e material promocional, producin-do un novo vídeo da cidade que posibilite tanto presenta-cións xerais como sectoriais.

13 Ampliar o transporte turístico (Compostela Visión) e oservizo de excursións radiais de Santiago.

14 Continuar co proceso de mellora da accesibilidade aéreade Santiago a través da ampliación da presenza de novascompañías e conexións directas.

15 Consolidar o Programa de sensibilización cidadá VivirCompostela que permita un meirande coñecemento eintegración dos composteláns co turismo no marco doDía Mundial do Turismo.

16 Intensificar as accións de promoción e comercialización nosmercados españois e europeos de maior potencial, priori-zando aqueles onde existan conexións aéreas directas.

17 Impulsar a integración en novas redes de cidades: Cida-des do Camiño de Santiago e Cidades da España Verde.

18 Desenvolver un plan de Impulso ao Turismo cultural:

Poñendo en valor a área de San Domingos de Bonavalcomo alternativa urbana.

Page 44: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

46

Creando clubes de produto de Museos, Galerías de Artee Obradoiros de artistas.

Creando un mercado e unha Bienal de Arte Contemporáneaen colaboración co CGAC e unha ruta de Arquitectura Con-temporánea en colaboración co Colexio de Arquitectos.

19 Consolidar o posicionamento da cidade como plató cine-matográfico e da creatividade audiovisual a través daSantiago de Compostela Film Commision e do FestivalInternacional de Curtametraxes Curtocircuíto, e creandounha Fundación público-privada como plataforma de coo-peración e xestión.

20 Desenvolver comercialmente Compostur a nivel nacionale internacional e a Central de Reservas a través da difu-sión e creación de paquetes turísticos para a súa comer-cialización nos mercados maiorista e minorista, estudan-do e adoptando un formato organizativo estable.

21 Organizar un encontro periódico profesional do sectorturístico de Santiago, o Foro Turístico de Santiago, parafebreiro de 2009 como plataforma de análise, debate eproposta.

22 Elaborar plans de marketing operativos anuais reforzandoas accións directas de promoción, as viaxes de familiariza-ción de turoperadores e xornalistas e as campañas on line.

Page 45: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

47

4

COMERCIO

O sector comercial é, tamén, esencial para un desenvol-vemento económico equilibrado de Santiago de Com-postela e das súas diferentes áreas territoriais. Por iso,propoñemos as seguintes actuacións:

1 Afirmar a cidade como cabeceira comarcal e de servizosdun gran hinterland territorial no sur da provincia da Coru-ña e no Norte da de Pontevedra, completando e enrique-cendo a cidade con novos formatos e implantacións quereforcen a capacidade competitiva da que é hoxe a tercei-ra área comercial de Galicia, dando prioridade ao apoio ásiniciativas impulsadas desde o pequeno comercio.

2 Crear o Consello Sectorial de Comercio Local, non só comoplataforma de diálogo e cooperación entre as distintasAdministracións públicas e as organizacións do sector,senón como instrumento para a elaboración, desenvolve-mento e seguimento das políticas comerciais do municipio.

3 Establecer convenios-programas de cooperación coas dis-tintas institucións e asociacións comerciais para o cumpri-mento e execución de obxectivos específicos comerciaisno marco da promoción, a formación, a sinalización e ourbanismo comercial.

4 Impulsar a construción da Escola de comercio como grancentro de formación e reciclaxe profesional para empre-sarios e técnicos do comercio e cesión dos terreos nece-sarios para a súa máis inmediata construción.

5 Facilitar apoio técnico e colaboración financeira para aintrodución de sistemas de calidade homologada para opequeno comercio, dentro do Plan de Calidade de Des-tinos Turísticos, xa en marcha, e en colaboración coasAsociacións de Comerciantes e a Cámara de Comerciode Santiago.

Page 46: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

48

6 Lanzar un Plan de marketing e comunicación global entrea Cámara de comercio, as asociacións de comerciantese Incolsa de cara aos visitantes nacionais e estranxeirosque sitúe a Santiago como un centro de compras e a súaconexión e desenvolvemento coas páxinas web da cida-de e de turismo.

7 Colaborar e impulsar as actuacións de vixilancia para garan-tir un réxime de competencia plena no pequeno comercioque evite situacións á marxe da legalidade no cumprimen-to de horarios, réximes de seguridade social e salariais,etcétera, tanto coas grandes superficies como con actua-cións abusivas particularizadas que se puideran dar.

8 Elaborar un Plan de impulso á introdución das novas tecno-loxías da información en áreas comerciais específicas,como a rede wimax no Centro Histórico, e a nivel empresa-rial para mellorar a competitividade do pequeno comercio.

9 Apoiar a posta en marcha dunha Central de compras parao pequeno comercio como ferramenta de mellora dacompetitividade en custes fronte ás grandes superficies.

Page 47: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

49

5

TERRITORIO, URBANIZACIÓN E VIVENDA

Comparecemos a estas eleccións municipais nunmomento moi especial: o da Revisión do Plan Xeral queserviu para producir unha extraordinaria transformaciónurbanística da nosa cidade, que fixo de Compostela unreferente de boas prácticas e de excelencia urbanísticarecoñecido nacional e internacionalmente.

O comezo do mandato da nova Corporación Municipalvai coincidir coa aprobación do novo Plan Xeral queacompañará o desenvolvemento da nosa cidade na pró-xima década.

Por tanto, este é un momento adecuado para renovar onoso compromiso cos cidadáns: para garantirlles que onovo Proxecto de Cidade seguirá o camiño do servizo aointerese público, procurando mellorar progresivamente acalidade das novas actuacións urbanizadoras nas que asvivendas de protección oficial van representar o 40% dasprogramadas no novo Plan.

A experiencia anterior deixa o listón moi alto. Os socialis-tas, que durante máis de 20 anos tivemos a responsabi-lidade do urbanismo compostelán, sabemos que -comono pasado- lle debemos á cidadanía un esforzo por man-ter a Compostela á cabeza das experiencias para facer unurbanismo sostible que conte cun deseño urbano de cali-dade e un gran nivel de servizos públicos para a poboa-ción (que ligue a nova urbanización coa cidade xa cons-truída, evite a segregación e fomente a mestura social ede actividades, continúe integrando o medio natural nacidade cos novos espazos verdes e parques urbanos,facilite a mobilidade peonil e ciclística dentro da cidade epriorice o transporte colectivo urbano e metropolitano,contribúa á loita pola recuperación do medio ambiente,estenda o nivel de servizos básicos a todos os núcleos

Page 48: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

50

do municipio e conclúa a recuperación e rehabilitaciónintegral da Cidade Histórica Patrimonio Mundial, o granemblema de Compostela que nos obriga á busca daexcelencia urbanística, ao servizo da mellora das condi-cións e da calidade de vida dos cidadáns).

Esta declaración facémola mostrando os resultados xa aca-dados co traballo de anteriores mandatos. Así que a nosamensaxe é un chamado a compartir a ilusión polo proxectode futuro para a cidade, pero é tamén un chamado a vivirxa, disfrutar xa, ocupar xa, os novos e diversos espazospúblicos creados para todos nós nos últimos anos.

Os grandes parques públicos distribuídos no contorno dacidade histórica (Galeras-Monte Pío, Finca Simeón, Músi-ca en Compostela, Vite, Almáciga, San Domingos, Belvís)e nos novos-vellos barrios, hoxe integrados na cidade(Monte de Conxo, Choupana, Eugenio Granell en PontePedriña, Fontiñas, San Lázaro,...) ofrecen hoxe a todos oscomposteláns posibilidades de gozar da natureza na cida-de como nunca tivemos.

Os equipamentos sociais, os equipamentos deportivos,os equipamentos culturais teñen as portas abertas á par-ticipación e enriquecemento social e cultural de todos.

Os novos espazos urbanos: as novas vías, prazas e per-corridos peonís e os vellos espazos recuperados da cida-de histórica, do Ensanche e dos distintos barrios, formanhoxe un enorme enramado de lugares para o encontro, ocomercio, o paseo, o ocio, a vida social.

A cidade recuperada e a nova cidade urbanizada xa está aoservizo de todos. Sempre queda por facer na recuperaciónda cidade, pero a Compostela de hoxe medrou notable-mente en oportunidades e atractivos para os cidadáns.

Os vellos barrios xa teñen hoxe os atractivos dunhas par-tes da cidade, cada un coa súa personalidade. Pouco apouco fóronse rompendo as xerarquías entre a cidadecentral e os barrios.

Page 49: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

51

Convocamos a todos os cidadáns a tomarmos posesióndos novos espazos públicos que se crearon para todosen todas as partes da cidade.

Sabedores de que os procesos de desenvolvemento dourbanismo son longos e continuos, o noso compromisopara o próximo mandato baséase no desenvolvementode plans e programas que xa hoxe están definidos e, moien particular, na posta en marcha do novo Plan Xeral deOrdenación Municipal.

O novo proxecto de cidade

A importante transformación urbanística que vive a nosacidade desde os anos 90 representa un salto adianteextraordinario en infraestruturas, en grandes centros deservizos, en equipamentos para a poboación, en parquese espazos públicos de lecer e para a convivencia, ennovas áreas residenciais tanto de protección oficial comade vivendas libres integradas e ben urbanizadas, ennovas áreas de expansión empresarial.

Esta experiencia déixanos unha ensinanza como cidadee como cidadanía: esta transformación foi o resultadodun Proxecto de Cidade deseñado con visión de longoprazo no Plan Xeral de 1990, e executado e impulsadocon responsabilidade e constancia, paso a paso, desde ogoberno municipal.

No actual debate sobre o urbanismo en Galicia, Santiagode Compostela preséntase cun extraordinario capital ecunha excepcional experiencia: a capital de Galicia podeacreditar que un urbanismo responsable, dinámico, dealta calidade, sostible, dirixido aos cidadáns e guiadosempre polo interese público, é viable e serve ao desen-volvemento dos pobos. Para facelo posible, os munici-pios e as cidades teñen a responsabilidade de prever,

Page 50: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

52

imaxinar e planificar o futuro: de elaborar un proxecto decidade; e teñen a necesidade de incorporar á súa cons-trución aos seus destinatarios, os cidadáns, a todas asadministracións e a todos os axentes económicos esociais; e de facelo con absoluta transparencia.

Fixémolo co Plan Xeral de 1990 e ímolo facer co novoPlan Xeral de 2007: o goberno municipal, en representa-ción democrática da comunidade de cidadáns de Com-postela, fará da consecución do seu Proxecto de Cidadeo centro da súa actividade urbanística. Co horizonteposto nos anos 2020, estes son os obxectivos básicosdo novo Plan Xeral, do que rematamos a elaboración etramitación municipal no mandato que agora remata:

1 Estabilizar unha política activa de promoción de solo e devivenda, para garantir, de modo continuado e permanen-te perante os próximos 16 anos, a construción de viven-das de protección pública a disposición da poboaciónactual e futura que as necesite. Prevese así solo na cida-de para máis de 12.600 vivendas de protección oficial, unnúmero equivalente ao total das vivendas construídas naúltima década nos municipios veciños.

2 Continuar a construción do modelo de cidade continua,compacta e sostible, definido no Plan Xeral de 1990. Así,os novos desenvolvementos urbanos prevense en espa-zos contiguos á cidade urbanizada, delimitados polas gran-des infraestruturas e polos límites xeográficos, paisaxísti-cos e ambientais do contorno a conservar. Por tanto, oProxecto urbano da cidade do Plan Xeral de 2007 implica:

a Incorporar definitivamente os novos Ensanches do Sur–hoxe en fase de urbanización– completados coaspezas veciñas que restan nos bordos da cidade ata asmarxes do río Sar, dos accesos ferroviarios e da Auto-estrada do Atlántico.

b Planificar a urbanización do gran espazo reservado noNorte, comprendido –basicamente– entre a estrada da

Page 51: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

53

Coruña, a Autoestrada AP-9, a Avda. de Asturias e as tra-seiras de San Lázaro. Un gran Ensanche da cidade ondese mesturará a vivenda de protección oficial coa vivendalibre; a actividade económica, comercial, de oficinas e ser-vizos cos equipamentos para a poboación e cos novosparques urbanos da cidade nos altos de Cancelas, Pena-maría e Picou, e no Regato de Porto do Medio.

c Integrar a Cidade da Cultura na cidade, coa creación dogran Parque Público das Brañas de Sar. Un espazoambiental recentemente aberto á cidade coa apertura davía Sar-Ponte Pedriña. 37,5 hectáreas acompañadas deactuacións de remate dos bordos urbanos da rúa daEstrada e Sar, prevendo implantacións deportivas e uni-versitarias e relacionadas coa grande operación urbanada Estación Intermodal do AVE.

d Concluír a recuperación ambiental das marxes do ríoSarela desde as súas fontes –na Peregrina– ata a des-embocadura en Vidán; e do Monte Pedroso coa creacióndo Parque Público Forestal da Selva Negra que virá aampliar o parque contiguo da Granxa do Sesto ata aca-dar 32 hectáreas.

e Impulsar a mellora das comunicacións da cidade comocabeceira da rexión atlántica central, capital de Galicia edestino internacional. Planificando a integración no nosoterritorio das grandes infraestruturas que van comunicar-nos coas redes europeas, coas cidades galegas, coa granrexión que Compostela lidera no sur da provincia daCoruña e o Norte de Pontevedra, coa nosa comarca e aárea urbana dos municipios limítrofes: Autoestrada deOurense, Autovías do Cantábrico e de Lugo, Terceirocarril da Autopista do Atlántico entre Santiago Norte eSantiago Sur, Tren de Alta Velocidade da Meseta, Tren deVelocidade Alta do Eixo Atlántico; Plan de Estradas deGalicia e Plan Sectorial de Accesos á cidade da CPTOPT.Prevendo as novas estacións: Intermodal de Ferrocarril e

Page 52: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

54

Autobuses, de Mercadorías dea Corveira. Deseñando asmelloras do Vieiro Periférico de Circunvalación entre oPolígono do Tambre e Vidán.

f Desenvolver as áreas empresariais e de actividade nece-sarias para crear o emprego que permita á cidade seguircontribuíndo co seu crecemento ao desenvolvementoeconómico de Galicia, e aos nosos cidadáns dispoñer deemprego estable e de calidade. Prevense así 6,5 millónsde metros cadrados de solo reservado para as activida-des industriais e de servizos no Norte da Cidade, integra-dos na rede de comunicacións, ben comunicados coacidade, coa nova Estación de Mercadorías e co renovadoAeroporto de Lavacolla, e ben dotados de servizos, parafacelos funcionais e atractivos para novas empresas.

g Continuar coa recuperación urbana da cidade herdada ecoas melloras ambientais dos espazos urbanos e das súasperiferias. Concluíndo a recuperación arquitectónica, resi-dencial, económica e social do recurso de excelencia eidentidade máis xenuíno de Compostela: a nosa cidade his-tórica Patrimonio Mundial. Continuando coas intervenciónsnas pezas urbanas que necesiten de renovación, estenden-do progresivamente a experiencia da reurbanización doEnsanche. Impulsado coa CPTOPT o convenio de mellorados grandes eixes urbanos interiores de acceso, travesía edistribución. Continuando as accións de urbanización doscontactos entre partes da cidade, sobre todo dos espazosde tránsito ás vellas periferias, hoxe partes da cidade.

h Desenvolver un programa de infraestruturas para a totali-dade dos núcleos urbanos e núcleos rurais do municipio.Garantindo os servizos básicos para todos os núcleos,unha medida de mellora ambiental e de calidade de vidaque fundamente a rehabilitación das vivendas tradicionais,a revalorización do patrimonio etnográfico e arquitectónicoe mesmo o desenvolvemento urbanístico respectuoso coseu carácter e co medio natural e produtivo.

Page 53: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

55

Neste contexto, as principais accións urbanísticas a des-envolver nos próximos catro anos, de acordo coa progra-mación prevista no novo Plan Xeral, resúmense así:

1 Rematar a urbanización e edificación dos plans residen-ciais en execución dos Ensanches do Sur e do contornode S. Lázaro e de Salgueiriños-Mallou, en: Cornes,Santa Marta, Volta do Castro, Ponte Pedriña, Castiñeiri-ño, Lamas de Abade, Estrada da Estrada, A Muíña, AsCancelas-Mallou, Avda. do Camiño Francés... con capa-cidade estimada para unhas 6.500 vivendas, algunhasxa en execución.

2 Urbanizar as áreas empresariais planificadas: en Forma-rís e Costa Vella III, do Parque Empresarial da Sionlla e doParque Tecnolóxico e das Comunicacións de S. Marcos.Un total de 2.600.000 metros cadrados.

3 Desenvolver os plans de ordenación e a xestión do solodas áreas residenciais seguintes: no Ensanche Norte:Mallou, A Pulleira e Mulas de Abaixo; no Ensanche Sur:Estrada de Vigo-Chouchiños, Torrente e Muíño de Vidán eVite de Arriba. Un conxunto de 107 hectáreas de solo concapacidade para unhas 5.700 vivendas.

4 Impulsar as accións de acabado da urbanización conpequenas actuacións distribuídas en toda a cidade: en Mei-xonfrío, Cancelas e Salgueiriños; en Ponte Pedriña; en Cor-nes; en O Avío e o Burgo das Nacións; no Ensanche,... Unconxunto dunhas 1.300 vivendas que achegarán novaszonas verdes, novos equipamentos sociais, rúas e prazas.Completadas coa urbanización dos enclaves urbanos queexisten nos novos ensanches e nas súas periferias.

5 Proseguir o programa do Plan Especial da Cidade Histó-rica para recualificar os espazos públicos, incidindo naequiparación da súa periferia co centro monumental.Executarase a reurbanización das rúas Valle Inclán, Cara-moniña, Sar, O Olvido e os Posigos, Belvís, San Clemen-

Page 54: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

56

te, Trinidade e Carretas. Desenvolver a reurbanziacióndas vellas travesías de Pastoriza-San Roque-Virxe daCerca-Senra-Xoán Carlos I e de Campo da Estrela-SanClemente-Pombal-Galeras. Rematar a apertura das novasvías: Costa de San Francisco-Galeras, Castrón Douro-OOlvido, o Penal-Tras Santa Clara, rúa de San Pedro e Pra-ciña do Matadoiro-Parque de Belvís, Travesa EscultorAsorei- Caramoniña, Carballeira-Toxeira de San Lourenzo.Construír os aparcamentos subterráneos do Parque deBelvís e da Praciña do Olvido. Abordar o reacondiciona-mento da sección norte do Parque de Belvís entre AsTrompas e A Tafona, e a adquisición e acondicionamentodo remate da Alameda en Cruceiro de Gaio-Pombal e doParque da Colexiata (ata a glorieta baixa de Sar).

6 Desenvolver a primeira fase do programa previsto nonovo Plan Xeral para a urbanización interior –incluído oabastecemento e saneamento- dos 114 núcleos rurais doTermo Municipal.

7 Desenvolver, ademais, as actuacións para a consecucióndos novos parques urbanos públicos seguintes:

❚ Execución do Parque Lineal de Volta do Castro, de 3,13Ha, e planificación e obtención do solo para a súaampliación no Parque Urbano de Torrente, de 1,40 Ha.

❚ Execución da primeira fase do Xardín Botánico, dunhas 4 Ha.

❚ Execución do Parque do Miradoiro do Cruceiro da Coruña.

❚ Planificación e obtención do solo para o Parque Urbanodo Castro de Conxo, de 3,20 Ha.

❚ Planificación e obtención do solo para o Parque Urbanodo Monte de Penamaría no Ensanche Norte, de 5,9 Ha.

❚ Planificación e obtención do solo para a primeira fasedo Parque Urbano do Outeiro de Cancelas no EnsancheNorte, cunha extensión de 1,2 Ha.

E dos grandes parques públicos ambientais a xestionar

Page 55: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

57

no Programa Plurianual do Consorcio da Cidade:

❚ Parque das Brañas de Sar dunha extensión de 37,5 Ha,do que se adquirirá o solo e se iniciará o seu acondicio-namento.

❚ Parque da Selva Negra de O Pedroso que, cunha exten-sión de 21 Ha, será adquirida e acondicionada para enga-dirse ao contiguo Parque da Granxa do Xesto (11 Ha).

Un conxunto de actuacións urbanísticas que sumarán775.000 metros cadrados de novos parques públicospara o goce da natureza polos cidadáns, que virán asumarse ao millón de metros cadrados existentes naactualidade.

8 Planificar e xestionar as actuacións urbanísticas que per-mitirán dispoñer de solo para distintos equipamentossociais, destacando pola súa relevancia para a cidade, osseguintes:

❚ Reserva Sanitaria-Universitaria de A Cantaleta, comple-mentaria do Hospital Clínico, de 0,8 Ha.

❚ Ampliación en 4,1 Ha. do Campus Sur para o Campusde Ciencias da Saúde.

❚ Novo Parque Deportivo Universitario de Poza de Bar, de5,5 Ha.

❚ Ampliación do Parque Deportivo de San Lázaro en 1,0 Ha.

❚ Ampliación do Cemiterio de Boisaca de 1,2 Ha.

❚ Enclave Administrativo de Meixonfrío de 1,1 Ha.

9 Concluír as grandes operacións de infraestruturas decomunicacións, concretadas na Estación do AVE e anova terminal do Aeroporto de Lavacolla.

Este obrigado resumo abreviado das actuacións urbanís-ticas mais importantes a desenvolver nos próximos catroanos serve para dar idea do renovado compromiso co

Page 56: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

58

urbanismo ao servizo dos cidadáns e co futuro de desen-volvemento urbano sostible para a cidade, que represen-ta o novo Plan Xeral de 2007.

A vivenda

O noso compromiso para facer efectivo o dereito consti-tucional a disfrutar dunha vivenda digna levou ó noso Con-cello a implicarse directamente nunha acción de apoio áscompetencias compartidas pola Comunidade Autónomae o Estado. Puxémonos así á cabeza dos concellos gale-gos no que se refire ao impulso de políticas de solo paravivendas de protección accesibles para os cidadáns conmenos recursos. As 2.000 vivendas de protección cons-truídas nos pasados anos, e hoxe xa ocupadas na súamaioría, son o primeiro resultado.

A nosa Empresa Municipal de Vivenda, EMUVISSA, a pri-meira creada en Galicia, fixo posible a preparación desolo para 500 desas vivendas protexidas xa construídas;e hoxe está urbanizado solo para 934 (moitas delas xa enconstrución) e xestionando solo para outras 1.334 viven-das, tamén de protección oficial.

Propoñémonos agora, coa experiencia acumulada, situara promoción de vivendas de protección no centro donovo Proxecto de Cidade. É así como no novo Plan Xeraldestinamos á protección oficial máis do 45% das viven-das programadas para os próximos 16 anos. Unha propo-sición sen parangón no planeamento urbanístico galego.

Pretendemos que a escaseza e o prezo das vivendas nonsexa un impedimento para ningún cidadán que desexevivir na nosa cidade.

As accións que pretendemos desenvolver, para tal efecto,nos próximos catro anos, pódense resumir así:

Page 57: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

59

1 Construír máis de 4.000 vivendas de protección ensolos hoxe en curso de urbanización, xestión ou orde-nación en: Castro de Abaixo, Ponte Pedriña, Tras Paxo-nal, Castiñeiriño, Lamas do Abade, Estrada da Estrada,A Muíña e A Pulleira.

2 Acomodar nas novas actuacións as liñas de fomento dapromoción de vivendas en alugueiro –preferentementepara xoves, maiores, inmigrantes...– previstas nosplans de Vivenda do Estado e da Xunta de Galicia, cunobxectivo mínimo de 500 vivendas.

3 Fomentar a adaptación das vivendas ás necesidadesdas novas familias, (dos xoves, dos maiores, das per-soas con discapacidade, das persoas que viven soas);fomentar a calidade da edificación, a súa eficiencia esostibilidade enerxética.

4 Impulsar as promocións sociais e a promoción de ini-ciativas de prezo taxado ou limitado, dirixidas a seg-mentos da poboación con niveis de renda superioresao da vivenda protexida pero que non poden accederaos prezos da vivenda libre.

5 Concertar coas Administracións da Vivenda accións decooperación en apoio das políticas de mobilización dasvivendas baleiras para dirixilas ao alugueiro.

6 Preparar o planeamento, a xestión e a urbanización desolo que permita a construción doutras 4.000 vivendasde protección oficial no seguinte cuadrienio 2011-2015en: Mallou, A Pulleira, Meixonfrío, Vite de Arriba,Torrente, Volta do Castro, Chouchiños, Vidán,...

7 Impulsar e apoiar as iniciativas de desenvolvementodas previsións do Plan Xeral respecto das áreas reser-vadas para a promoción de vivenda libre para facilitara implicación dos operadores urbanísticos na constru-ción do novo Proxecto de Cidade. Baixo a dirección doConcello e do principio da preeminencia do interese

Page 58: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

60

público na acción urbanística. Propiciando a xestión edesenvolvemento do planeamento, xestión e urbaniza-ción de solo para 3.700 vivendas libres en solos denova urbanización, que se sumen ás máis de 3.000vivendas libres de capacidade herdada do Plan Xeraldo 90.

8 Reforzar o papel da Empresa Municipal de Vivenda eSolo, EMUVISSA, na promoción de solo para vivendade protección oficial, como instrumento decisivo pararesponder ao grande reto que nos propoñemos enmateria de vivenda. Fortalecendo a súa capacidadefinanceira e de xestión.

9 Proseguir co impulso da rehabilitación de vivendas daCidade Histórica para acadar a rehabilitación integral áaltura do ano 2015. Desenvolver liñas de apoio ao man-temento das vivendas que xa se rehabilitaron, queevite no futuro o deterioro sufrido na crise das cidadeshistóricas da segunda metade do século XX.

10 Impulsar programas de rehabilitación dos antigos con-xuntos de vivendas protexidas como os xa iniciados enVista Alegre, Ponte Pedriña e Almáciga.

11 Promover accións de rehabilitación das vivendas nosconxuntos tradicionais rurais e nos barrios históricos, apartir da experiencia acadada na cidade histórica.

En conclusión, pretendemos que Santiago de Compos-tela siga a ser un motor de crecemento económico ecreación de emprego para os nosos cidadáns, para osnosos xoves e tamén para a poboación galega emesmo a poboación inmigrante, como vén sucedendonas últimas décadas en que a nosa cidade alimentou ocrecemento de poboación maior de entre as áreasurbanas de Galicia. Pero tamén queremos que a ofertade vivenda económica permita que, desta poboaciónen crecemento, tamén habiten dentro da cidade os

Page 59: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

61

sectores con ingresos baixos e medios, os xoves, asnovas familias, os maiores, os novos cidadáns. Quere-mos unha cidade de todos e para todos, que non expul-se a ninguén por razóns económicas, cunha calidadede vida cada vez mellor.

Page 60: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

62

6

COMPOSTELA, UNHA CIDADE SOSTIBLE

Os elementos fundamentais do desenvolvemento sostibleson os mesmos que os do socialismo democrático doséculo XXI: solidariedade –entendida non só entre indivi-duo e territorio senón tamén xeracional–, transversalidade,participación democrática (os problemas ambientais oscausamos todos e temos que resolvelos entre todos) e adefensa do ben público (a calidade ambiental, os recursosnaturais e a biodiversidade son bens públicos).

Traballar por unha cidade sostible supón impulsar unmodelo de cidade que traballe pola inclusión social e polacalidade ambiental. Unha cidade sostible é unha cidadecomprometida que acepta a súa responsabilidade comedio ambiente, o desenvolvemento e a xustiza social.Unha cidade máis compacta, máis eficiente e de menorimpacto ambiental, que faga posible un crecementomáis equilibrado e harmónico co medio que nos rodea eproporcione unha maior calidade de vida para os seusveciños.

Para iso, as liñas estratéxicas que propoñemos son asseguintes:

❚ O FOMENTO DO CIVISMO.

❚ O MANTEMENTO E DINAMIZACIÓN DOS SEUS ESPA-ZOS PÚBLICOS E A CALIDADE DOS SERVIZOSAMBIENTAIS, especialmente do ciclo da auga e o sane-amento.

❚ O COMPROMISO COA RECICLAXE.

Page 61: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

63

1 Santiago de Compostela fomenta o civismo

Promover o civismo cidadán como ferramenta de cola-boración imprescindible coa Administración Local, paraa convivencia da cidade, vai ser o eixo da nosa acción.Queremos mobilizar os axentes sociais para preservaro espazo público e para mellorar a convivencia. Iso nonvai significar que o Concello eluda a súa responsabili-dade senón todo o contrario: vai asegurar respostasadecuadas aos feitos; pero a aposta a longo prazo éconstruír un modelo de convivencia baseado na corres-ponsabilización de veciños e veciñas, comerciantes,empresas e entidades para o futuro da cidade e doscidadáns que viven nela.

A defensa dun espazo público de calidade inclúe, nece-sariamente, a implementación das políticas municipaisna redución de residuos, ao mesmo tempo que seaumenta a reutilización e a reciclaxe e se incrementa demaneira significativa a recollida selectiva, sen esqueceras medidas concretas para velar pola calidade ambien-tal: aire, auga e ruído principalmente. É evidente queestas estratexias non so teñen que contar con máisrecursos municipais senón coa colaboración decididada cidadanía.

Queremos facer de Santiago, co apoio de todos e detodas, unha cidade máis cívica, limpa e acolledora,respectuosa cos dereitos das persoas, protectora dopatrimonio, dos espazos públicos e da paisaxe urba-na, e tratar de configurar un modelo de cidade querequire a implicación e a participación de todos/ascomposteláns.

Page 62: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

64

As propostas concretas que queremos levar adiante sonas seguintes:

a Aplicar Plans de actuación medioambiental cuxas liñas deactuación serán as reflectidas na Axenda 21.

b Rematar a obra do Centro de Interpretación do MedioAmbiente Urbano no Parque de Belvís, constituíndo uncentro de referencia para a educación ambiental.

c Elaborar un mapa de ruído, que faga unha diagnose dasituación real, e un deseño de políticas para a minoracióndo mesmo, establecendo acordos-compromisos cosprincipais axentes produtores de ruído da cidade e inclu-sión do ruído na campaña de civismo.

d Levarase a cabo un estudo para a redución da contami-nación lumínica na cidade, así como un plan de ordena-ción da iluminación e de posta en valor patrimonial dacidade mediante a iluminación monumental e ambiental.

e Seguir colaborando cos axentes económicos da cidade parapromover a ambientalización das empresas e sectores pro-dutivos da cidade, fomentando a orientación das empresascara a sostibilidade.

f Potenciar a cultura da sostibilidade entre toda a cidadanía,incrementando os servizos e iniciativas de educaciónambiental, con información útil e comprensible orientada amodificar os hábitos na vida cotiá.

g Colaborar na ambientalización de todas as ensinanzas: pri-maria, secundaria, formación profesional.

h Desenvolver a Axenda 21 escolar: Centro de Interpreta-ción Ambiental de Belvís e Centro de Coñecemento doMedio rural de Portela-Figueiras.

As iniciativas para a sostibilidade que propón a Axenda21 deben desenvolverse en varios niveis, entre eles oescolar, porque neles se reforza o fomento e a adquisi-ción de hábitos e maneiras de comportamento.

Page 63: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

65

A inmediata posta en funcionamento dos dous centroscitados representarán un salto cualitativo na identifica-ción, na análise e na proposta de alternativas sobre cues-tións ambientais e sociais para a utilización sostible doterritorio, habituando ao alumnado a participar, cooperar,tomar decisións e implicarse nos asuntos que afectan ácalidade ambiental. Igualmente, promoveranse progra-mas de educación ambiental, incrementando e melloran-do a oferta formativa para o coñecemento dos espazosverdes e da natureza.

i Consolidar a cooperación entre o Concello e os move-mentos ambientais e ecoloxistas da cidade, xerandorecursos e convenios de colaboración.

j Seguir avanzando na aplicación da Ordenanza de Convi-vencia, Residuos e Limpeza Viaria.

2 Aposta polos espazos publicos de calidade

e a mellora dos servizos ambientais

A Organización Mundial da Saúde (OMS) considera aszonas verdes urbanos como imprescindibles polosbeneficios que reportan ao noso benestar físico e emo-cional. Ademais de axudar a que respiremos aire frescoe limpo, as zonas verdes constitúen lugares de ocio ede lecer, e son uns espazos propicios para as relaciónssociais entre as persoas. Tamén contribúen a mitigar asconsecuencias negativas do desenvolvemento urbanís-tico das cidades, e facelas máis habitables.

Santiago de Compostela presenta a situación máis favo-rable neste apartado de todas as cidades galegas tantopola superficie das zonas verdes como pola súa distribu-ción. O desenvolvemento destes espazos públicos nacidade é relativamente recente, xa que durante moitosanos a Alameda representou a única zona verde relevan-te da cidade.

Page 64: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

66

Na última década asistimos a unha importante transfor-mación e moitas zonas libres de contorno do Casco His-tórico incorporáronse ao sistema de zonas verdes. Parale-lamente, todos os desenvolvementos urbanísticos deentidade serviron para incorporar superficies axardinadas.

Santiago de Compostela considera tan importante aconstrución de novos espazos públicos como a conser-vación e mantemento dos xa existentes, aumentándoseo esforzo na mellora dos parques, rúas, prazas, e nosequipamentos públicos e municipais da cidade.

Será unha das nosas prioridades o bo uso cidadán doespazo e dos equipamentos públicos mediante políticas ecampañas promotoras de actitudes cívicas e a través demecanismos de control, previr comportamentos contra-rios ao ben social e colectivo. Continuarán os investimen-tos para dispoñer de novos espazos públicos, de máisdotacións de equipamentos e de máis verde na cidade.

Neste contexto, as nosas propostas son as seguintes:

a Parques e zonas verdes

1 Seguir dotando do solo suficiente para espazos públicosque sexan verdadeiros espazos comunitarios, tranquilos,para xogar ou descansar.

2 Potenciar un deseño de planificación urbanística, no marcodo novo PXOM, que teña en conta o desenvolvementosostible e a configuración de modelos de ocupación queeviten a dispersión no territorio, a preservación do medio,favorezan a cohesión social, promovan a rehabilitación desolo urbano, a construción sostible de vivendas, o aforroenerxético e consoliden un modelo de territorio global-mente eficiente, xerando pautas de mobilidade sostibles eseguras. Asegurarase o máximo nivel de calidade en todasas intervencións transformadoras na cidade, tanto públi-cas como privadas. Temos que construír vivendas e facer

Page 65: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

67

rúas que permitan multitude de usos: espazos verdes,equipamentos, tecido comercial, servizos, beirarrúasamplas, mobilidade sostible e lugares de encontro.

3 Realizar campañas de sensibilización e concienciaciónsobre o uso eficiente da enerxía, consumo responsable,e boas prácticas en fogares e centros de traballo, incidin-do na racionalización do consumo da auga.

4 Facilitar a intercomunicación entre zonas verdes a travésde corredores que potencien os traxectos a pé e en bici-cleta pola cidade, en termos agradables, tranquilos epouco ruidosos.

5 Fortalecer a cultura da conservación e do mantementoda cidade e dos seus elementos.

6 Crear espazos verdes sostibles, dotados de sistemas deaforro no sistema de rego.

7 Seguir avanzando na implantación dun carril bici no barriodas Fontiñas, empezando pola Rúa Berlín, como expe-riencia piloto.

8 Acometer un área recreativa na parroquia de Laraño, for-mado por un parque infantil e unha pista polideportiva, pre-via sinatura dun convenio con ADIF (Administrador deInfraestructuras Ferroviarias).

9 Coincidindo co desenvolvemento de proxecto dos novoscolectores da conca do río Aríns, crearase ao longo do ríoSanta Lucía un paseo para goce dos veciños e veciñas, asícomo dúas áreas recreativas.

10 Porase a disposición dos veciños e veciñas de Compos-tela o parque da Selva Negra, que sumará 210.000 m2

máis na área forestal do Monte Pedroso; e dotarase dunservizo de cafetería, como o do parque Granxa de Xesto.

11 Igualmente, dotarase ao parque Eugenio Granell dunhacafetería, para darlle máis vida a un dos pulmóns verdesda cidade.

Page 66: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

68

12 Porase en marcha un programa de ximnasia de mantemen-to ao aire libre nas tempadas de primavera e verán nos par-ques da Alameda e Eugenio Granell.

13 Dotaremos dun parque infantil a zona de San Lázaro, nazona verde sita entre os edificios de sindicatos e o SUNP 6.

14 Igualmente, dotaremos dun parque infantil a nova zonade Salgueiriños (SUNP 1).

15 Adquiriranse os terreos das Brañas de Sar, por parte do Con-sorcio, que sumarán 300.000 m2 máis no cómputo total dezonas verdes da cidade, para facer unha grande área paraxogos, disfrute e descanso dos composteláns, incluíndoespazos para hortas cidadás, para uso recreativo.

16 Implantaranse novos parques de maiores, seguindo aexperiencia piloto do parque da Constitución, onde se ten-tou conxugar zonas recreativas para disfrute dos veciñosde diferentes tramos de idade.

17 Ampliaranse as zonas verdes na zona norte da cidade, através dos sistemas de desenvolvemento urbanístico.

18 Acondicionarase o corredor verde ferroviario de Sar, A Sionlla e Estación de Sigüeiro para o seu uso ciclísticoe peonil.

b Ciclo da auga e saneamento

1 Preservar de riscos contaminantes o sistema fluvial de Com-postela co veciño Concello de Boqueixón, aplicando, entreoutras medidas, o principio de “quen contamina, paga”.

2 Impulsar o programa de saneamento integral das parro-quias, executando o convenio asinado coa Conselleríade Medio Ambiente, cun orzamento aproximado de 24millóns de euros, para levar obras de infraestruturahidráulica a diversas parroquias do Concello e, en con-creto ás de:

Page 67: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

69

❚ Grixoa (Marzo de Arriba)

❚ Grixoa II (San Xoán de Fecha)

❚ Bargo

❚ Peregrina

❚ Aradas

❚ Roxido

❚ Lamascal

❚ Fontoade

❚ Camouzo

❚ Miramontes

❚ Lavacolla

❚ Aríns

❚ Marrozos

❚ Barciela

❚ Marantes

❚ Nemenzo I

❚ Nemenzo II

❚ Cesar

❚ San Xoán de Fecha

❚ Busto

❚ Sionlla

❚ Berdía

❚ Santa Cristina de Fecha

❚ Enfesta

❚ Reboredo

❚ Carballal

❚ Bando

❚ O Eixo

❚ Santa Lucía

Page 68: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

70

3. Rematar dúas obras esenciais para o ciclo da auga comoson o desenvolvemento dos novos colectores principaisda cidade e a nova estación depuradora de augas resi-duais (EDAR) de Silvouta, a través do convenio co Minis-terio de Medio Ambiente, por un importe de 100 millónsde euros.

3 Santiago de Compostela,

unha cidade comprometida coa reciclaxe

Santiago apostou nesta última lexislatura por xestionaros residuos sólidos urbanos na Sociedade Galega deMedio Ambiente (Sogama), complementando o siste-ma adoptado no seu día pola Xunta de Galicia para xes-tionar os residuos da nosa comunidade co sistema dos“composteiros” caseiros. Para avanzar no ciclo da reci-claxe, para o próximo mandato municipal propoñemoso seguinte:

1. Construír unha planta de compostaxe para a fracciónorgánica (restos de poida e de alimentos).

2. Reutilizar compost para aboar os nosos parques e xardíns.

3. Asinar Convenios de colaboración cos centros comer-ciais e grandes superficies comerciais para que leven osresiduos orgánicos á planta de compostaxe.

4. Seguir adiante co programa da compostaxe caseira, e aconseguinte bonificación do 50% na taxa de lixo aosveciños e veciñas que participen.

5. Continuar desenvolvendo programas de educaciónambiental, conveniados con organizacións ecoloxistas,nos Centros Socioculturais, centrándonos en cuestiónsde reciclaxe, consumo responsable, e facendo fincapé na

Page 69: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

71

sensibilización cos problemas múltiples derivados dosincendios forestais.

6. Afondar nas medidas de redución da xeración de residuose da intensificación da recollida selectiva respondendo ásensibilización e compromiso ambiental que veñendemostrando os veciños e veciñas de Compostela.

Page 70: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

72

7

MOBILIDADE URBANA

É evidente que a mobilidade, dada a incidencia que tenna calidade de vida dos cidadáns, estase a converter nundos aspectos fundamentais da xestión dos concellos,tan importante como para formar parte dos servizos bási-cos. No caso concreto da nosa cidade pasou a acadarneste últimos anos un carácter metropolitano. Tras osesforzos e pasos dados no Plan de Transporte Comarcal,o seguinte é afianzar todos os piares da mobilidadecomo son o noso transporte público colectivo (urbano ea conexión co comarcal), o transporte en auto-taxi, a polí-tica en materia de aparcamentos e, en definitiva, todo orelativo á mellora das nosas relacións de mobilidade.

Tras lograr nos últimos anos unha rede de transporteurbano áxil e adaptada ás novas necesidades da cidade,pecháronse acordos con varias empresas operadoraspara poder afianzar servizos que dependían de conce-sións administrativas autonómicas, e por tanto se atopa-ban fóra do ámbito de control do concello. O concello asi-nou contratos con todos os operadores implicados paraque desta forma os veciños de Aríns, Villestro, A Peregri-na e Grixoa poden gozar dun servizo nas mesmas condi-cións que o urbano.

A nosa aposta pasa por unha mobilidade equilibrada enon nunha loita frontal contra o uso do transporte priva-do, necesario nalgúns casos. Por todo iso traballousedentro dos aparcadoiros xestionados directamente poloConcello a través da empresa municipal TUSSA (Trans-portes Urbanos de Santiago SA), que foron os primeirosda cidade en aplicar tarifas fraccionadas por minutosdende xaneiro de 2007, e que xa viñan fraccionando en 5ou 15 minutos os de Xoán XXIII e Belvís, respectivamen-te, dende anos anteriores.

Page 71: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

73

Seguindo nesta liña de esforzo para garantir a mobilida-de continuaremos traballando, a través da empresamunicipal TUSSA, con competencias en materia deTransporte Urbano, Estación de Autobuses e variosaparcadoiros na cidade, e directamente a través daConcellaría de Transportes nas outras áreas, para garan-tir un sistema equilibrado de mobilidade ao servizo doconxunto dos cidadáns, sistema que igualmente fará deSantiago de Compostela unha cidade aínda máis habita-ble e ecolóxica.

Baixo estes propósitos formulamos as seguintes accións:

❚ Potenciar a mobilidade en bicicleta, coa incorporaciónde varios puntos de aluguer e estacionamento de bici-cletas por toda a cidade e sinalización de rutas ciclotu-rísticas.

❚ Estudar a incorporación de novos combustíbeis ecoló-

xicos dende a próxima renovación de flota.

❚ Incorporar innovadores sistemas de información ao

usuario como:

Instalación de postes informativos para o transporte urba-no nas principais paradas da rede por número de usuarios,completando coas actuais 8 existentes na cidade.

Instalación de sinalización en braille sobre o nome dasparadas, liñas que pasan por ela e teléfono de informaciónen todas as marquesiñas da rede urbana de transporte.

Instalación a bordo dos autobuses dun sistema de avisosonoro e visual da próxima parada, aproveitando o siste-ma audiovisual instalado nalgúns vehículos actualmente.

Aplicación das novas tecnoloxías aplicadas ao transporte(páxinas web máis accesibles, información dinámica,etcétera).

Page 72: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

74

❚ Crear o Servizo de Apoio á Mobilidade, que prestelabores de información, apoio ao tráfico en caso de inci-dencias do servizo público de transporte (avarías, desví-os por obras ou actos específicos) e vixilancia e inspec-ción dos servizos de transporte da cidade.

❚ Revisar a mobilidade no ámbito rural do municipio, estu-dando a implantación de sistemas de transporte á deman-da ou circuítos con autobuses a varias zonas rurais, optimi-zando os recursos e mellorando o servizo existente.

❚ Reformular o servizo de transporte público ao aeropor-

to, coas frecuencias e dimensións necesarias para aten-der a crecente demanda.

❚ Continuar coa instalación de novas marquesiñas urba-

nas e rurais nos lugares nos que se detecten necesida-des, estudando ademais a paulatina renovación dalgun-has das actuais.

❚ Modernizar e actualizar o servizo de auto-taxi, propo-ñendo a creación dunha imaxe común cun logotipo visi-ble, instalación en todas as paradas en vigor dun posteinformativo cos horarios do servizo, teléfono do auto-taxie tarifas actuais, dando total transparencia ao servizo, eoutras medidas cara a mellora do mesmo.

❚ Construír os aparcamentos soterrados do Campus Sur(Residencia), do Hospital Clínico Universitario, o do Viadu-to de Cornes, o comunitario de Vista Alegre, o da Estacióndo AVE, o de Belvís e o da Praza do Olvido e a ampliaciónda infraestrutura de aparcamento en San Lázaro.

Page 73: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

75

No plano da MOBILIDADE METROPOLITANA

propoñemos:

❚ Presentar á Xunta de Galicia o proxecto de creación dunConsorcio de Transportes na Área Metropolitana de

Santiago de Compostela, que mellore o servizo coasseguintes funcións:

Coordinación en materia de paradas, servizos e informa-ción de todos os servizos de transporte urbano e comarcal.

Implantación dunha tecnoloxía e imaxe común que per-mita a despenalización do transbordo entre servizosurbanos e interurbanos, como base dunha mobilidadereal e eficiente.

Estudio e desenvolvemento das infraestruturas de trans-porte necesarias para unha óptima mobilidade.

Integración destes servizos dentro do Sistema de Axuda áExplotación vía satélite existente na rede urbana, podendoasí aparecer nos paneis de “próximas chegadas” e outrasvantaxes tecnolóxicas para a calidade do servizo.

❚ Crear superficies de estacionamento disuasorio en

orixe, é dicir, nos Concellos de orixe dos servizos metro-politanos, fomentando así o uso do transporte públicocun custe razoable do conxunto (mesmo estacionamen-to gratuíto mediante a presentación do título de viaxevalidado ese mesmo día, o cal pode facerse dun xeitoautomático ao retirar o vehículo).

❚ Crear un novo marco a nivel comarcal para a coordina-ción de maneira eficiente dos servizos de transporte

nas zonas rurais, máis alá dos actuais dereitos conce-sionais das empresas.

❚ Ampliar o Noite Bus Metropolitano, co financiamentode todas as Administracións involucradas e a participacióndos operadores principais do transporte comarcal e dourbano, colaborando así na redución no número de acci-dentes de tráfico entre os mozos as fins de semana.

Page 74: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

76

Dada a repercusión e interrelación da mobilidade co

conxunto das áreas de acción municipal, propóñense

as seguintes MEDIDAS CONXUNTAS CON OUTROS

DEPARTAMENTOS:

Analizar conxuntamente co Departamento de Tráfico asinalización viaria das rúas de circulación preferente do

transporte público, nas rúas do centro polas que circulanos traxectos das principais liñas de transporte urbano (L-1,L-5, L-6 e L-11), nas que se concentran o 61.45% dos viaxei-ros, e estudando a súa preferencia en cruces, carrís exclu-sivos e outras actuacións de mellora, ao ser liñas que pres-tan servizo ao conxunto da cidade e da rede.

Levar a efecto un Estudo de mobilidade conxuntamen-te co departamento de tráfico para analizar posiblesmelloras en materia de carrís bus, novos itinerarios, emelloras de mobilidade.

Poñer en marcha o programa Coñece a túa cidade, paraque os cidadáns, especialmente os máis novos, con pro-gramas adaptados de visitas e lecer, teñan de forma gra-tuíta os fins de semana un servizo de transporte paracoñecer dende un punto de vista turístico e cidadán oslugares máis emblemáticos da nosa cidade.

Page 75: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

77

8

SEGURIDADE CIDADÁ E VIARIA

A seguridade é un presuposto fundamental para o exer-cicio da liberdade e dos dereitos de cidadanía. Por iso, aseguridade é unha prioridade do noso programa electorale, en consecuencia, impulsaremos a coordinación coo-perativa das Policías, establecendo un novo Marco decooperación que reforzará o sistema público de Seguri-dade, incorporando novas funcións nas que a PolicíaLocal poida participar, sobre todo na loita contra a delin-cuencia e no mantemento da convivencia cidadá,ampliando as funcións da policía local en materia de poli-cía de proximidade e de policía xudicial e a estender acolaboración entre o Estado, a Xunta e o Concello áseguridade viaria co firme obxectivo de reducir a acciden-talidade de tráfico.

Para iso, as liñas de actuación que queremos impulsardende Goberno municipal son as seguintes:

1 Afondar na colaboración cos corpos e forzas de seguri-dade do Estado

2 Mellorar, modernizar e asegurar a calidade nos servizosda policía local

3 Prestar especial atención á seguridade viaria

4 Impulsar os servizos locais de atención á emerxencia

Page 76: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

78

1 Afondar na colaboración cos corpos e forzas

de seguridade do Estado

Fortalecer os mecanismos de colaboración coas Forzas eCorpos de Seguridade do Estado en ámbitos como o van-dalismo de rúa, consumo de drogas e alcoholismo (parti-cularmente cando se practica en lugares públicos e hora-rio nocturno), e as condutas incívicas (sobre todo incidindono que respecta a ruídos nocturnos en horario de peche) éindispensable para mellorar a seguridade do municipio.

Por iso, propoñemos:

a Informar e, no seu caso, acordar a participación do Corpoda Policía Local, no marco da colaboración coas forzas ecorpos de seguridade do Estado previsto na Lei, nas fun-cións de Policía Xudicial.

b Avaliar e propoñer a integración do Corpo da Policía Localno sistema Estatal de Bases de Datos Policiais, mediantea sinatura do correspondente protocolo entre o Concello eo Ministerio do Interior.

c Promover o intercambio de información cos corpos deSeguridade do Estado e a Policía Local, facilitándoseregular e reciprocamente información de utilidade paraprever a delincuencia e mellorar a seguridade cidadá.

d Impulsar a elaboración de plans conxuntos de segurida-de cidadá.

e Acordar plans específicos de protección e colaboracióncon motivo de eventos extraordinarios (como o 25 dexullo, o Xacobeo, etcétera).

f Impulsar a colaboración con Protección Civil en caso degraves riscos, catástrofes ou calamidades públicas nostermos que dicte a lexislación sobre Protección civil.

g Colaborar coas restantes policías na loita contra a violen-cia de xénero.

Page 77: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

79

h Ampliar as funcións da Policía Local para cubrir todas asinfraccións penais relacionadas coa seguridade do tráficoe as asociadas ás mesmas, así como colaborar cos futu-ros Xulgados de Proximidade no ámbito das faltas epequenos delitos, e en todos aqueles conflitos que alte-ren a convivencia de maneira continuada na cidade.

i Promover a colaboración da Policía Local no exercicio daPolicía Xudicial tanto no que se refire a denuncias comoá investigación dos feitos.

j Impulsar accións formativas en materia de policía xudi-cial, dirixidas aos compoñentes da Policía Local.

2 Mellorar, modernizar e asegurar a calidade

nos servizos da policía local

a Arbitraranse, sempre que sexa tecnicamente posible, asmedidas necesarias para a tramitación de denuncias porteléfono e por Internet, garantindo en todo caso a súaoportuna formalización, e as que posibiliten que un deter-minado tipo de denuncias poida efectuarse no mesmolugar dos feitos, poñendo a disposición do denunciante ocorrespondente formulario.

b Implantar programas de Maiores acompañados paracoordinar a actuación dos Servizos Sociais e da Policía deBarrio, prestar unha atención especial ás persoas maio-res que viven soas, e previr accidentes e situacións dedesamparo.

c Desenvolver Programas Integrais de Seguridade noscontornos escolares, mediante a asignación operativa deaxentes titores da Policía Local a cada Centro Escolar domunicipio, para garantir unha atención permanente eespecializada á comunidade escolar, en materia de segu-ridade viaria, prevención e control de problemas de segu-ridade nos ámbitos de competencia da Policía Local.

Page 78: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

80

d Asegurar a colaboración do Concello cos Consellos Esco-lares na elaboración de Plans de Convivencia nos centroseducativos, desenvolvendo programas de formación eactuación especializada para que os policías locais poidancolaborar activamente cos centros educativos nos aspec-tos relacionados coa convivencia, o absentismo e a segu-ridade, e asistindo aos Consellos Escolares nos casos enque a comunidade escolar solicite a asignación de axen-tes especializados para colaborar na aplicación dos Proto-colos acordados nos Plans de Convivencia.

e Desenvolver e levar a efecto o despregamento da PolicíaLocal en todos os barrios da cidade para manter unestreito contacto coa veciñanza, dar respostas aos pro-blemas e dinamizar as políticas locais de seguridade, enestreita cooperación co resto de Servizos Municipais.

f No seo do Servizo da Policía Local constituír, no seu caso,a Unidade de Protección do Medio Ambiente, a Unidadede Seguridade en Zonas Industriais e a Unidade de Protec-ción Doméstica, para garantir a seguridade das persoas ensituación de risco, co obxectivo de dar respostas eficacesa problemas que espertan unha grande sensibilidadesocial e que requiren de efectivos policiais especializados.

g Impulsar a renovación tecnolóxica dos Servizos de PolicíaLocal e a utilización por estes Corpos dos sistemas de infor-mación e comunicación que xa están en funcionamento naPolicía do Estado, como Bases de Datos, tramitación dedenuncias, etcétera.

h Mediante as web municipais, facilitar o achegamentodos Servizos de Seguridade Local á cidadanía, lograndomaior axilidade, eficacia e comodidade para a realizaciónde xestións como formular denuncias, recursos, recla-macións, recuperar obxectos perdidos, acceder a infor-mación de interese, etcétera, poñendo as novas tecnolo-xías ao servizo da seguridade cidadá.

Page 79: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

81

i Publicar a Carta de Servizos da Seguridade Local comoforma de adquirir compromisos de xestión e informacióncoa cidadanía.

j Dedicar unha atención especial ao control de espazospúblicos no centro histórico.

3 Prestar especial atención

á seguridade viaria

a Dar continuidade e incrementar o Plan de Seguridade Via-ria en colaboración cos colexios da cidade e a Policía Local.

b Impulsar a colaboración e coordinación entre a Garda Civil ea Policía Local en materia de seguridade viaria, para previr asinistralidade de tráfico, a alcoholemia na condución, a velo-cidade excesiva, etcétera.

c Elaborar o Plan Local de Seguridade Viaria, con diversasmedidas para mellorar a mobilidade e a seguridade dacirculación viaria urbana.

d Crear un Parque de Educación Viaria Local como centro deformación e sensibilización en condutas viarias seguras paraos escolares e outros grupos de poboación que sofren maiorrisco de accidentalidade.

4 Impulsar os servizos locais

de atención á emerxencia

a Crear unha Oficina Técnica de Protección Civil, que seráresponsable de realizar os estudios técnicos de análisede riscos e a planificación da actuación diante de calque-ra tipo de emerxencia no ámbito municipal.

b Desenvolver o Plan de Emerxencia Municipal que analiceos riscos que afectan á poboación, ao medio ambiente,ao normal desenvolvemento da vida cotiá da cidade e for-

Page 80: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

82

mule unha estrutura organizativa que contemple todas ecada unha das accións a levar a cabo para o control daemerxencia. Dentro deste Plan incluirase o denominadoPlan de Información de Edificios de Risco, que disporá detoda a información de edificios de pública concorrenciade risco alto e medio do termo municipal, para a correc-ta e eficaz actuación dos servizos de emerxencia en casode sinistro.

c Mellorar os Servizos de Prevención e Extinción de Incen-dios da Cidade, incorporando os recursos humanos etécnicos necesarios para un óptimo funcionamentodeste servizo público, facéndoo mais eficaz e eficiente,para garantir a seguridade e protección cidadá, e poñen-do en marcha o novo Parque de Bombeiros.

d Promover a creación dun ente xeral de coordinación debombeiros na Comunidade autónoma, para garantir acooperación da Xunta, a Deputación Provincial e o Con-cello nesta materia e incrementar o control e a calidadedo servizo.

e Establecer plans de formación específicos para o persoaldos Servizos de Atención á Emerxencia en cooperacióncon outras Administracións locais e a Xunta de Galicia.

f Crear un Departamento Técnico de Prevención nos Servi-zos de Prevención e Extinción de Incendios, co obxectivode verificar e inspeccionar proxectos e de controlar ocumprimento da normativa.

g Potenciar o Programa de Voluntariado e ParticipaciónCidadá en Protección Civil, porque unha sociedade segu-ra é tamén unha sociedade solidaria.

h En xeral, ampliar, reforzar e modernizar a Protección Civil,servizo especialmente relevante nunha cidade da capaci-dade de atracción turística de Compostela.

9

Page 81: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

83

9

SERVIZOS SOCIAIS

O desenvolvemento das políticas sociais require promo-ver un cambio na organización e a xestión dos servizos,para adecualos ás novas esixencias de integrarse, comopeza básica, nunha política global de benestar social, queo Concello quere impulsar co seu programa CompostelaViva. Nel subxace o compromiso de mellorar e ampliar asactuacións desenvolvidas ata o de agora nun novo marcoconceptual, que procura a interrelación entre sistemasde protección e benestar social, e nun novo marco nor-mativo, que se abre coa aplicación da Lei de Promociónda Autonomía Persoal e de Atención ás Persoas en Situa-ción de Dependencia.

Pero, en todo caso, o compromiso coa extensión dosdereitos sociais a toda a poboación, pasa pola consolida-ción e extensión dun sistema público de ServizosSociais, que garanta a toda a cidadanía as prestaciónsnecesarias para promover a súa autonomía, o seu desen-volvemento persoal e a integración social, con especialatención aos grupos e persoas máis vulnerables.

A dispersión de competencias e a fragmentación dasprestacións fai necesario un especial esforzo na coordi-nación e cooperación entre as diferentes administra-cións e institucións, para garantir uns servizos sociaispróximos á poboación, coordenados, rendabilizando osrecursos existentes na área e establecendo sistemas dederivación e cooperación áxil e eficaz. Neles, a participa-ción cidadá será un elemento esencial para o desenvol-vemento e mellora constante dos programas sociais doConcello, así como a incorporación dunha colaboracióndo voluntariado social para promover as accións quefavorecen a autonomía persoal, a convivencia positiva ea inclusión social.

Page 82: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

84

A posibilidade de acceso aos recursos básicos enigualdade de condicións de todos os cidadáns implicaunha perspectiva urbana da accesibilidade, que abordaelementos de mobilidade, comunicación e compren-sión dos espazos públicos, os servizos e os equipa-mentos, para ter a posibilidade de acceder en igualda-de de oportunidades a todas as ofertas sociais,culturais, deportivas e urbanas.

As nosas propostas teñen como obxectivo garantir unnivel óptimo de calidade e racionalidade na xestión, unhasprestacións básicas integradas en estratexias, que garan-tan o efectivo desenvolvemento das potencialidades doscidadáns e a súa integración social, nunha cidade quefavoreza a convivencia humana positiva e solidaria, queposibilite que todos e todas participen nas decisións quenos atinxen, e na creación dunha cultura e identidade pro-pia e de uso dos servizos por parte de toda a cidadanía,especialmente de aqueles que máis o precisan.

Para iso, as estratexias de intervención para consolidar

os dereitos sociais básicos son as seguintes:

❚ Mellorar e estender as prestacións e os programas de Servizos Sociais.

❚ Reestruturar a rede Servizos Sociais adaptándoos ás novas necesidades.

❚ Promover a mellora constante, a racionalidade e a calidade dos Servizos.

❚ Participación cidadá.

❚ Transversalidade, colaboración e coordinación institucional.

❚ Políticas integrais para a accesibilidade.

❚ Financiamento estable e suficiente.

Page 83: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

85

1. Seguir traballando na mellora das prestacións

e programas dos Servizos Sociais

O obxectivo dese traballo será garantir o dereito de aten-ción no fogar e outros apoios á unidade familiar para faci-litar a convivencia positiva e a autonomía persoal noámbito familiar e social, por medio dos seguintes progra-mas:

a Axuda no fogar para as persoas con dificultadas

de autonomía persoal

Este programa ten como obxectivo prestar un conxuntode servizos e atencións ás persoas, que teñen limitada asúa autonomía persoal, ou nos casos de desintegraciónfamiliar, facilitando a permanencia no seu propio contor-no de convivencia.

O programa ofrece atención integral, mediante servizosde manutención, axuda ás actividades da vida diaria, tera-pia ocupacional, acompañamentos.

Liñas de actuación:

❚ Incremento anual da oferta de asistencia de axuda no fogar para a poboación dependente.

❚ Incrementar a dotación orzamentaria destinada á prestación, axeitándoa aos índices demográficos.

❚ Divulgar o servizo de axuda no fogar entre a poboaciónmaior, especialmente nos núcleos rurais.

❚ Establecer un sistema de seguimento, supervisión eavaliación do servizo.

❚ Mellorar a coordinación e establecer liñas decooperación con outros servizos complementarios aeste, como os de teleasistencia, lavandería e comedorsobre rodas, ou envellecemento activo.

Page 84: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

86

b Teleasistencia domiciliaria

É un recurso dirixido a persoas maiores, que viven soas ouque permanecen soas gran parte do día, que teñen cuber-tas as súas necesidades básicas e non padecen enfermida-de ou discapacidade mental.

Presta atención inmediata e personalizada en situaciónde crise persoal, social ou médica, mobiliza os recursosnecesarios diante emerxencias, da apoio inmediato a tra-vés da liña telefónica, mantén contactos periódicos, erealiza o seguimento persoal, servindo de enlace entreos usuarios e o seu contorno familiar.

Liñas de actuación

❚ Incrementar a cobertura ata chegar ao 12,5%, daspersoas maiores de 65 anos que viven soas.

❚ Aumentar os orzamentos destinados a esta prestación

❚ Realizar campañas de difusión do servizo,especialmente dirixidas aos núcleos rurais.

❚ Desenvolver programas e protocolos que garantan acalidade e o nivel de especialización da asistencia.

c Centros de día para persoas dependentes

Son equipamentos especializados non residenciais, decontido socio-rehabilitador, dirixidos a persoas con auto-nomía reducida, cuxa finalidade principal é a de conter asperdas funcionais, favorecer o mantemento no seumedio habitual de convivencia e apoiar ás súas familias.

Prestan atención rehabilitadora, coidados persoais, asis-tencia médica de carácter preventivo, terapia ocupacio-nal, atención psicosocial, actividades físicas e de lecer eo transporte ao centro, en réxime de media pensión

Liñas de actuación

❚ Impulsar a creación de prazas de Centros de Día, ata acadaros índices de cobertura propostos no Plan Xerontolóxico.

Page 85: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

87

❚ Os centros incluirán terapia ocupacional, formación,actividades de lecer, terapia rehabilitadora, programasde autonomía persoal, e apoio e formación ao contorno familiar.

❚ Establecer convenios coas asociacións que estánxestionando actividades e prestando asistencia encentros de día para persoas con dependenciasespecíficas. (Alzheimer, enfermos mentais, danocerebral, persoas maiores dependentes…)

❚ Establecer estándares de calidade no funcionamentodos centros de día.

d Programa de apoio a coidadores/as

É un servizo municipal de prevención, dinamización comu-nitaria e autoaxuda, no ámbito da dependencia, prestadopor un equipo técnico para o apoio psicosocial ás persoascoidadoras. Estes programas teñen como obxectivos: Pre-vir a situación de sobrecarga; Establecer un soporte inte-gral ás familias obxecto de intervención; Mellorar a calida-de de vida das coidadoras e coidadores.

Liñas de actuación

❚ Establecer programas específicos de formaciónocupacional dirixidos ás familias coidadoras.

❚ Recoñecemento como mérito profesional do tempodedicado aos coidados de familiares dependentes.

❚ Elaborar e distribuír material didáctico sobre coidados eatención a persoas maiores dependentes.

❚ Establecer prazas para estancias temporais (fins desemana, vacacións) que permitan ás familias coidadorasun respiro temporal.

❚ Apoio ás asociacións cidadás que prestan esta axuda.

Page 86: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

88

❚ Respiro familiar: O obxectivo desta prestación é substitu-ír o coidador principal durante o tempo que este necesi-te para realizar actividades diversas como compras, xes-tións, pero tamén para actividades de lecer, culturais,etcétera.

e Seguir avanzando en sistemas alternativos

de aloxamentos

Baixo esta denominación agrúpanse varias modalidadesde aloxamentos, para persoas maiores, que por proble-mas de vivenda, soidade, perda parcial da autonomía,vense obrigadas a abandonar os seus domicilios e optanpor unha solución o mais parecida ao seu modo habitualde vida. A estes efectos promoverase a utilización do edi-ficio do Vello Hospital Provincial en Galeras –previo acor-do coa USC, titular do mesmo- como equipamento bási-co para estas novas formas de intervención.

Liñas de actuación

❚ Impulsar sistemas alternativos de aloxamentos

❚ Apartamentos individuais ou bipersoais, con servizoscomúns.

❚ Vivendas tuteladas, ocupadas por grupos que oscilan entre4 e 10 persoas.

❚ Vivendas autoxestionadas polas persoas que as ocupan.

❚ Apoio ao acollemento con diversas fórmulas, comoacollemento familiar, de convivencia, etcétera.

❚ Construción de novas Residencias para a 3ª Idade en Fontiñas e Pontepedriña.

Page 87: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

89

f Programa para a mellora e acondicionamento de

fogares de persoas maiores que viven soas.

O programa pretende a adaptación funcional dos foga-res, como a eliminación de barreiras en baños, implantarramplas de acceso nos domicilios, etcétera.

Liñas de actuación

❚ Avaliación do estado das necesidades das vivendas daspersoas maiores que viven soas.

❚ Asesoramento técnico para realizar a adaptación,instalacións de axudas técnicas, medidas de seguridade,etcétera.

g Plan integral para a infancia e a adolescencia,

no cadro do programa Compostela Viva

A atención as novas necesidades de nenos e adolescen-tes comprométenos na descentralización das políticassociais (rede de centros socioculturais, centros de ensi-no), a elaboración de plans sectoriais (infancia, xuventu-de, muller e maiores), a implicación de diferentes servi-zos municipais (Educación e Mocidade, Cultura, Servizossociais, Promoción Económica, Deportes, Sanidade,Seguridade Cidadá) e a posta en funcionamento demecanismos de participación que representen aos cida-dáns e que favorezan a elaboración e a aplicación dosPlans, todo o cal é coherente coa filosofía do noso pro-grama Compostela Viva. Así, nel favoreceremos a:

❚ Constitución do Consello Municipal de Infancia integradopolos diferentes servizos do concello da área do social,as organizacións sociais máis representativas do sector epolos grupos políticos municipais.

❚ Elaboración da Carta municipal dos Dereitos do Neno eda Nena que recollerá o dereito a ser escoltados nosasuntos do seu interese.

Page 88: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

90

❚ O compromiso do Grupo Socialista do Concello de que nodeseño e desenvolvemento das políticas culturais, de ocioe deportivas, estaremos atentos á súa adaptación ás nece-sidades, preocupacións e demandas deste grupo de idade.

❚ Atención especial á dispoñibilidade de prazas escolares deeducación infantil para os fillos dos traballadores e traballa-doras do tecido industrial da cidade mediante incentivosde promoción ás empresas ou asociacións de empresa-rios que as creen.

❚ Accións de conciliación laboral e familiar:

Traballaremos pola adecuación de horarios dos diferen-tes servizos municipais co obxectivo de achegalos ásnecesidades dos nenos e das familias, para facilitar a súautilización.

Promoveremos iniciativas de apertura e de aproximacióndos equipamentos e servizos educativos, culturais e delecer da cidade á comunidade educativa e aos colectivos,sectores e barrios da cidade.

Continuaremos o labor de impulso das políticas de acce-sibilidade física e comunicativa para facer unha cidadesen barreiras para os nenos e nenas con discapacidade.

Desenvolveremos un programa intersectorial de atencióninfantil, de carácter asistencial, preventivo e promocionalen saúde, nutrición, coidado prenatal, desenvolvementotempera e de educación familiar.

Intervención técnica de apoio ás familias

Crear un equipo multidisciplinar de Intervención Técnicade Apoio ás Familias.

Intervencións profesionais de apoio ás familias conmenores a cargo.

Page 89: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

91

Seguimento de procesos de acollemento de menores edetección activa de casos.

Estruturar un modelo asistencial integrado para a aten-ción a menores.

Avaliación das intervencións con menores.

Programas de formación en grupos

Programas de formación para familias acolledoras

Escolas para pais e nais

Que atendan as demandas e necesidades formuladaspolos fillos e fillas, nas que poidan axudarlles a entendelosmellor, sabendo o que facemos ben e o que podemosmellorar, aprendendo habilidades para manexar as dificulta-des, entrenarse en estratexias para prever e resolver con-flitos e debater sobre cuestións que lles preocupen ouxeren temor.

Plan de prevención do absentismo escolar

Por ser conscientes do problema social que afecta aosmenores entre os 6 e os 16 anos contemplamos a postaen marcha dunha mesa local sobre o absentismo escolarna que poidamos colaborar na solución dun problemaque priva da educación básica dos menores e que incum-pre a obriga que compete aos poderes públicos e ásfamilias respecto do dereito á educación.

h Programas de prevención, atención

e integración social

A inclusión social implica a capacidade para exercer osdereitos de cidadanía (acceso á sanidade, á educación, ao

Page 90: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

92

mercado laboral…) Por circunstancias persoais, familiaresou sociais hai persoas ou colectivos que teñen maior difi-cultade para acceder a elas. É necesario dar resposta aestas necesidades, garantir a subsistencia e facilitar o pro-ceso de incorporación á sociedade. Por iso cómpre estru-turar programas específicos destinados a previr a marxina-ción social e favorecer a integración social.

Liñas de actuación

❚ Reforzar os recursos para a detección e a acollida.

❚ Facilitar o acceso á información, á orientación, aosrecursos e ás axudas.

❚ Aumentar os programas específicos para a formaciónBásica, as habilidades sociais, a formación para oemprego e o acompañamento social

❚ Realizar seguimento dos casos.

❚ Avaliar a intervención para reformular os obxectivos, osproxectos e as accións.

i Actuacións para un avellentamento digno,

activo e saudable

Irán dirixidas a impulsar a participación e o protagonismodas persoas maiores, para o cal proponse crear os Conse-llos Sectoriais de Maiores e o Plan de Eméritos da Cidadepara aproveitar a experiencia, a formación e a dispoñibilida-de de tempo libre das persoas maiores para os plans de for-mación, emprego, educación, reforzo educativo, etcétera.

i Plan local de educación de adultos. Atención ás

necesidades formativas das persoas adultas

Na perspectiva da elaboración dun Plan local de formaciónde persoas adultas promoveremos coordinadamente coa

Page 91: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

93

Consellería de Educación, o desenvolvemento dos recur-sos necesarios para acomodar a oferta á demanda actuale ás previsións dos próximos anos nos tres ámbitos deformación: formación básica; formación para o traballo eformación para o tempo libre, a cultura e a participación.

2. Reestruturar os Servizos Sociais Comunitarios

adecuándoos ás novas necesidades da poboación

Os Servizos Sociais Comunitarios constitúen a estruturabásica do Sistema Público de Servizos Sociais. Conformanun primeiro nivel de intervención en materia de ServizosSociais e a súa finalidade é acadar unhas mellores condi-cións de vida da poboación.

Para iso propoñemos:

a Crear un Instituto Municipal de Benestar Social

(IMBS) como organismo autónomo que garanta unhaxestión equilibrada e harmónica dos servizos sociais.

Os seus obxectivos concrétanse, a nivel xeral, no estu-do das necesidades sociais do Municipio, e a programa-ción e execución daqueles servizos que sexan adecua-dos para responder ás mesmas. No desempeño dassúas funcións actuará segundo os principios de respon-sabilidade pública, universalidade, globalidade, participa-ción e integración.

O IMBS terá por obxecto a organización e prestación deservizos encomendados polo Concello nas diferentesáreas de benestar social, financiadas por medios públi-cos e aqueles outros recursos que a propia Instituciónpoida obter en beneficio dos cidadáns do concello quedesexen ampliar a súa participación na acción socialtanto individual como colectivamente.

O Instituto será unha peza básica do programa Compos-tela Viva.

Page 92: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

94

b Adecuar a Rede Básica de Servizos Sociais

ás necesidades

A información, avaliación, orientación e asesoramentoconstitúen a porta de entrada á rede pública de ServizosSociais. Estas actividades intégranse na rede básica, eneste servizo levaranse a cabo as primeiras atencións eprestacións á poboación, así como os contactos de xes-tión cos demais recursos sociais. Débese pasar por esteServizo antes que por calquera outro.

Liñas de actuación:

❚ Estabilizar as Unidades de traballo social existentes,dotándoas de persoal fixo adscrito a elas.

❚ Reforzar os equipos, constituíndoos con persoalinterdisciplinar estable.

❚ Constituír equipos de intervención técnica de apoio enmateria de dependencia, menores ou muller.

❚ Separar a xestión da asistencia.

❚ Establecer un sistema de coordinación territorial entre osdiferentes servizos que se prestan á cidadanía en cadazona, especialmente cos Centros socioculturais comorecurso social de proximidade.

3. Promover a mellora constante, a racionalidade

e a calidade dos Servizos Sociais

de responsabilidade pública

O sistema de Servizos Sociais debe sustentarse na res-ponsabilidade pública como garantía dos dereitos dacidadanía, facendo especial fincapé no acceso aos servi-zos, á xestión das prestacións básicas e no proceso deplanificación.

Page 93: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

95

Liñas de actuación

❚ Establecer normas que garantan os niveis de calidadenas prestacións propias e concertadas.

❚ Implantar criterios de calidade na xestión dos servizos

❚ Desburocratizar a intervención social, facilitando a xestión dos recursos: simplificar os procesos,establecer protocolos únicos, potenciar as actuacións a través da páxina web.

❚ Promover e apoiar a reciclaxe e a cualificación dosprofesionais dos servizos sociais.

❚ Establecer acordos coa Universidade, e coas ONG para desenvolver a investigación social, fomentar aformación, a mellora profesional e a innovaciónmetodolóxica e de técnicas de intervención.

❚ Establecer un programa de calidade e avaliación.

4 Participación cidadá

A participación cidadá é imprescindible e complementa-ria para lograr a inclusión social, a convivencia positiva ea autonomía persoal.

Os servizos sociais deben favorecer a responsabilidadesocial a través do apoio ás asociacións, ao voluntariado eás diversas formas de participación dos usuarios e dasociedade na organización, xestión e planificación dosseus centros e servizos.

Liñas de actuación

❚ Garantir a formación continuada do voluntariado e o recoñecemento dos servizos que presta.

❚ Potenciar as funcións do Consello Municipal deServizos Sociais e crear un Consello Asesor.

Page 94: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

96

❚ Artellar procesos de participación arredor de interesesespecíficos non permanentes.

❚ Introducir a formación de mediadores sociais en temasde benestar social.

Posta en marcha da Casa das Asociacións, cos obxectivos de:

❚ Fortalecer a rede de participación cidadá.

❚ Establecer un espazo e un marco mutuo decolaboración interinstitucional.

❚ Estimular a constitución de asociacións locais epotenciar as xa existentes.

❚ Elaborar e poñer en marcha programas de intervenciónen todas as áreas de competencia dos servizos sociais,de forma transversal e integrada.

❚ Potenciar a coordinación entre as asociacións erendibilizar os recursos existentes.

5 Transversalidade, cooperación e coordinación

departamental e institucional

O artellamento da cooperación e coordinación departa-mental producirase no marco do programa Compostela

Viva, xa que o benestar e as políticas sociais son políti-cas transversais que afectan a todos os departamentos.Iso implica especificar as funcións necesarias e estable-cer os medios para crear un mecanismo de coordinaciónhorizontal entre as áreas correspondentes.

Tamén implica a diferentes administracións, na xestión ena provisión de recursos económicos.

Liñas de actuación:

❚ Elaborar o Plan estratéxico de Servizos Sociais.

Page 95: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

97

❚ Impulsar unha comisión interdepartamental, que fagaefectiva a coordinación entre Concellerías, para odeseño, execución e avaliación de políticas integrais deBenestar Social no marco do programa Compostela Viva.

❚ Impulsar mecanismos de cooperación interinstitucional:Xunta de Galicia, Deputación, Universidade.

❚ Potenciar o traballo en Rede con outras cidades e rexións europeas, a través da Rede Transrexional deInclusión Social (RETIS).

❚ Potenciar a integración nos programas e proxectos daUnión Europea.

6 Políticas integrais de accesibilidade

A cidade é o espazo no que os individuos adquiren a con-dición de cidadáns, isto é, a condición de ser persoastitulares de dereitos políticos, sociais e culturais. Tal virtu-de comporta permitir o acceso das persoas a múltiplesservizos e equipamentos, posibilitar o contacto cosoutros e favorecer a liberdade de elección, e todo iso enigualdade de condicións. É tamén o contorno onde des-envolvemos a nosa vida cotiá e onde se atopan a maioríade barreiras ou impedimentos que limitan a nosa autono-mía, o noso benestar e a nosa capacidade de elección.

Liñas de actuación

❚ Mellora da accesibilidade dos espazos públicos

No Planeamento urbano Xeral, Parcial e Especial.

Seguir avanzando nos Plans de Mobilidade.

Continuar mellorando a comunicación e sinalización,completando a adaptación dos semáforos parainvidentes, transporte público, etcétera.

Page 96: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

98

❚ Mellora da accesibilidade dos servizos públicos:

Do contorno urbano inmediato e a edificación, adecuan-do o mobiliario urbano ás persoas con discapacidade.

Da información presencial: linguaxe de signos.

Dos procesos administrativos e os seus instrumentos:formularios, impresos, etcétera., facendo intelixible alinguaxe empregada, e fornecéndoos tamén en braille.

Dos terminais electrónicos que prestan servizos.

Dos medios electrónicos de información, acceso e ser-vizo (presenciais e virtuais).

Dos mecanismos de consulta, queixas, suxestións,etcétera.

❚ Mellora da accesibilidade de produtos e equipamentos

As actividades que se programan no municipio debengarantir o seu uso opcional por parte de todas as persoas;isto é, non debe ser segregatorio nin discriminatorio,senón buscar o goce e participación polo máximo núme-ro de persoas, independentemente das súas capacida-des funcionais, da súa idade e sexo.

Page 97: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

99

10

Cultura de base: CENTROS SOCIO CULTURAIS

Os centros socio-culturais como infraestruturas establesserven para desenvolver unha labor social e cultural pretada cidadanía, achegando a esta os medios necesariospara a súa participación activa na cidade, ao tempo deseren espazos de acollida daquelas outras iniciativas doscolectivos cidadáns, poñendo ao seu dispor os mediosnecesarios para favorecer a súa participación na vida cul-tural e social do seu barrio e da súa cidade.

En consecuencia, propoñemos:

1 Unha extensa programación de actividades diversifica-das e amplas, tendo en conta os distintos colectivos esegmentos poboacionais:

a Achegamento da poboación ao manexo das novas tecno-loxías, mellora das infotecas da rede e continuación dalabor dos cursos de aprendizaxe dirixidos aos nosos maio-res, mulleres e nenos/as como colectivos prioritarios.

b A ampliación dos fondos das bibliotecas dos centros edos programas de animación á lectura coa dotación dosmáximos espazos de lectura posibles e préstamos per-soais.

c Continuación coa oferta de talleres de tempo libre e ociocomo os de pintura, risoterapia, manualidades, etcétera.

d Teatro, cine e exposicións diversas en rede.

e Programas específicos nas aulas de xogo con activida-des lúdicas e de xogos cooperativos, de socialización,educación en valores, educación para a saúde, educa-ción medioambiental, etcétera.

Page 98: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

100

f Aprendizaxe musical e instrumental, concertos didácti-cos, espazos para ensaios e fomento da música coral,etcétera, e de grupos de música tradicional.

g Programas anuais de excursións e visitas culturais de unou varios días.

h Seguir fomentando os clubes de maiores e as activida-des deste colectivo.

i Aumentar a creación dos clubes de saúde natural e asactividades vinculadas aos hábitos saudables, así comocos talleres de relaxación, ioga, pilates, etcétera.

j Continuar co fomento do deporte tipo xadrez e tenis demesa continuando coa creación de clubes destas espe-cialidades.

2 Que os centros socioculturais continúen a ser o soportedas actividades de colectivos, entidades e asociacións detodo tipo, xa que constitúen un pilar fundamental para oartellamento de moitos programas e accións do enrama-do sociocultural e asociativo necesario nunha sociedadeactiva e participativa na vida dos seus barrios e cidades

3 A potenciación do Consello de Centros socioculturais natoma de decisións relativas ás actividades a desenvolvere no propio funcionamento dos centros socioculturais.

4 A creación de novos equipamentos na rede co obxectivo deque estean presentes na maioría dos barrios da cidade. Así,construirase un novo centro sociocultural na zona da Chou-pana e rematarase o novo equipamento na zona do Ensan-che no antigo local de sindicatos, completando así unhaextensa rede de 44 centros e locais socioculturais en practi-camente todos os barrios e parroquias de Santiago. Igual-mente, procederase á transformación do Centro RamónCabanillas, no Casco Histórico, instalándoo na vella casaparroquial de San Miguel dos Agros.

Page 99: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

101

5 Descentralización da administración. A través dos cen-tros pretendemos achegar á cidadanía servizos e presta-cións cara a acadar unha administración máis preto dacidadanía. Así o faremos cos servizos sociais, co traballointerdisciplinar con familias necesitadas e coa existenciadun servizo de rexistro nos centros dos barrios máisgrandes (Fontiñas, Ensanche, Vite, Conxo, etcétera).Neste contexto, os Centros Socioculturais municipaisserán a infraestrutura de referencia para o programaCOMPOSTELA VIVA.

Page 100: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

102

11

COMPROMISO COA EDUCACIÓN

Os socialistas composteláns entendemos a importanciada cidade como un axente educativo máis, que compar-te espazo con estruturas educativas básicas como afamilia, a escola e os medios de comunicación. Estamosconvencidos de que o futuro de Santiago depende dofuturo dos seus habitantes, no que a formación, a promo-ción e o desenvolvemento da cidadanía é determinantepara lograr a integración e a cohesión social.

Concibimos Santiago como unha cidade educadora, nunsenso integrador, no que os centros educativos, osdeportes, a cultura, o medio ambiente e a saúde, adefensa da nosa identidade e da lingua galega, a planifi-cación urbana, a seguridade e a mobilidade, a educaciónviaria, o lecer e o tempo libre, entre outros asuntos docotián, conteñen e desenvolven todo tipo de valores,coñecementos e destrezas que consideramos factoresprioritarios de educación da cidadanía.

De aí o interese por facer explícito no noso programa ocompromiso entre a institución municipal e a sociedadecivil, para que a educación se converta nun eixe funda-mental e transversal do proxecto político de cidade quetemos para Compostela, cerne do progreso individual ede benestar social.

Ao longo dos anos de goberno no que o proxecto socia-lista para Santiago foi creando a cidade da que hoxe goza-mos, temos despregado multitude e diversidade deaccións para que o compoñente educador da cidade sematerialice. Moitas delas son realidades e outras moitas,como resultado da experiencia e do compromiso quequeremos renovar, guiarán o traballo dos próximos anospara impulsar a vontade de colaborar na transformaciónda realidade social e educativa en aspectos como:

Page 101: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

103

❚ A formación ao longo de toda a vida

❚ A igualdade de oportunidades

❚ O diálogo interxeracional, a educación baseada nosvalores democráticos e a cooperación internacional

❚ A calidade de vida e o civismo

❚ A realización de políticas de inclusión social paracontrarrestar os mecanismos de exclusión e demarxinación

❚ A promoción da cultura en todas as súasmanifestacións

❚ O impulso da planificación urbana que fomente aintegración

❚ A creación de espazos, equipamentos e servizosadaptados ás necesidades dos cidadáns

❚ O asociacionismo, a participación cidadá e a coordinaciónentre as administracións e a sociedade civil.

❚ A formación profesional de calidade, a orientaciónpersoal e vocacional

❚ a formación para familias e educadores.

❚ o fomento dun medio ambiente saudable, odesenvolvemento sostible e a educación para a saúde.

❚ a formación nas tecnoloxías da información e ascomunicacións.

Santiago de Compostela, cidade educadora.

LIÑAS ESTRATÉXICAS E ACCIÓNS PRINCIPAIS

1 Corresponsabilidade do goberno local e do goberno

autonómico no terreo da planificación educativa. Ogrupo municipal socialista traballará coa maior decisiónpara o desenvolvemento do Pacto Local, na perspectiva

Page 102: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

104

de asumir novas competencias en materia educativapolos municipios, apostando polo traballo conxunto daXunta de Galicia e os concellos, desde unha perspectivalocal. Defenderemos nesta perspectiva a creación demecanismos de corresponsabilidade e de co-xestiónentre os dous niveis de administración, mellorando a pla-nificación da oferta educativa e o mapa escolar, a ofertade prazas escolares públicas e a avaliación das necesida-des de escolarización.

2 Elaboración do Proxecto Educativo de Cidade de San-tiago de Compostela. Desde o Concello, en liña coasexperiencias máis innovadoras para a mellora da educa-ción, traballaremos por un modelo de escola que faga daproximidade e da relación co territorio os seus sinais deidentidade. Porque entendemos que, xunto ás funciónspropias que os concellos exercen (prestación de servi-zos, actividade económica e social, xestión democráticada vida colectiva), cobra unha importancia cada vez máisdeterminante a función educadora, xa que a educaciónnon é responsabilidade exclusiva da familia e da escola,senón que tamén a cidade ten moito que dicir na forma-ción integral dos cidadáns, e para dar forma a esta preo-cupación contamos con este axeitado instrumento.

3 Adopción de medidas contra o abandono e o fracaso

escolar, como xeito de asegurar, na práctica, o principioxeral de igualdade de oportunidades.

4 Educación patrimonial

A riqueza do patrimonio histórico de Compostela constitúeun recurso didáctico único e esixe unha acción decididapara a súa posta en valor. Ademais de testemuña do pasa-do e referente da nosa identidade é un valor que temosque incrementar e legar axeitadamente ás xeracións futu-ras. A rede museística, as novas tecnoloxías, o Museo deSantiago e das Peregrinacións, o programa de utilizacióndidáctica da cidade Vivir Santiago, os proxectos patrimo-

Page 103: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

105

niais do Consorcio da Cidade de Santiago, o Grupo deCidades Patrimonio, o Eixo Atlántico, o Proxecto Terra doCOAG, así como outras iniciativas de entidades e adminis-tracións que actúan en Santiago, permitirannos a posta enmarcha de innovadores recursos para a educación median-te materiais audiovisuais, materiais para o alumnado epara o profesorado, obradoiros de formación, centros dedocumentación e información pedagóxica, intercambiosintemacionais, exposicións, entre outras iniciativas.

5 Programa de dinamización cultural e educativa

para os centros de ensino

Atendendo á transversalidade dos programas educativos eculturais, reforzaremos a dinamización cultural dos centrosde ensino do municipio cun programa estable de concer-tos de música, exposicións de artes visuais e plásticas,representacións teatrais. Equipamentos como o TeatroPrincipal, o Auditorio de Galicia, o Centro de Creación Cul-tural da Almáciga, a Escola Municipal de Música, os LocaisMunicipais de Ensaio para a Mocidade, a Rede de centrossocioculturais, en colaboración con todo tipo de equipa-mentos públicos e privados existentes na cidade, garantana posta en marcha dunha oferta renovada de formaciónartística para os estudantes.

6 Plan de bibliotecas escolares e de fomento

do hábito lector

A importancia da lectura en todos os niveis do ensino epara os composteláns lévanos a considerar como unhaacción de goberno múltiples liñas de actuación nesteámbito. A salientar o noso compromiso de realización, encolaboración coas outras administracións públicas, fun-dacións, editoriais, libreiros, asociacións de escritores,deseñadores, ilustradores, publicacións especializadas etodas aquelas entidades interesadas, dun Plan de biblio-tecas e de animación á lectura como marco idóneo quepermita a promoción do hábito lector e como fonte de

Page 104: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

106

aprendizaxe. Accións de colaboración, como a dispoñibi-lidade en cada centro de primaria e de secundaria deespazos e de fondos informatizados; apoio ao profesora-do que as dinamice, programas de actividades paratodos os centros de ensino, dinamización preferente daRede de escolas infantís.

7 Servizos de promoción da infancia

O coñecemento das novas realidades sociais dos com-posteláns (crecemento da cidade, cambios da estruturafamiliar, mobilidade xeográfica, laboral e de estudos,novas formas de relación, necesidades de lecer etempo libre), xeran un conxunto de necesidades para asque o grupo socialista ten contemplado unha serie deestratexias innovadoras que atendan estas novas reali-dades sociais. De xeito descritivo teñen que ver concuestións como:

❚ Completar a rede de escolas infantís e dotalas dun proxecto pedagóxico innovador e de calidade

Unha vez en funcionamento as previsións de creación deescolas infantís aprobadas nesta lexislatura (EscolasInfantís de Fontiñas, San Roque, Polígono do Tambre eTras Parlamento), acometeremos un segundo programade equipamentos e servizos municipais para a infancia ea xuventude, de acordo coas necesidades detectadas,incluíndo a construción de 3 novas escolas infantís noCastiñeiriño-Pontepedriña, Santa Marta-A Choupana eSan Lázaro.

❚ Comedores escolares e programa Madrugadores

Dúas iniciativas que o esforzo e dedicación das asocia-cións de nais e de pais de centros de ensino teñen postoen funcionamento e que polo seu evidente interese paraa integración laboral e a conciliación da vida familiar, con-tarán coa nosa colaboración e a mediación diante da Con-sellería de Educación para a súa mellora e optimización.

Page 105: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

107

❚ Ludoteca municipal das Fontiñas

Un recurso municipal que pensamos que dará resposta,por unha banda á potenciación das relacións familias/fillosmediante a utilización de espazos e tempos comúns dexogo, aumentando o coñecemento das familias sobre odesenvolvemento evolutivo dos seus fillos e aprendendonovos xogos e actividades que poidan favorecelo. E poroutra, constituír o equipamento de referencia dunha redede espazos municipais que favorezan a relación entrenenos e nenas ao longo de toda a xornada escolar para oscentros de ensino do municipio, cun abano de propostasarredor de xogos de movemento, de descubrimento, deexpresión, talleres de cociña, contacontos, música e move-mento, novas tecnoloxías, entre outros.

8 Participación da comunidade educativa de Santiago

Desde o Concello redobraremos a promoción da partici-pación directa da comunidade educativa, nos diferentesámbitos da actuación educativa como garantía de calida-de e de mellora continua do sistema educativo da cidade:

❚ Consello Escolar Municipal de Santiago: que é o orga-nismo de consulta e de participación dos sectores dacomunidade educativa do ensino non universitario.

❚ Representación municipal nos Consellos Escolares doscentros educativos da cidade, reforzando a participaciónmunicipal estipulada na normativa vixente como mem-bro activo.

❚ Favorecer a creación de Audiencias Públicas dos nenose nenas de 12 a 16 anos para promover actuacións con-cretas obxecto do seu interese.

❚ Creación do Consello de Coordinación Pedagóxica: ondese coordinen as institucións e entidades cidadáns deSantiago de Compostela que contan con recursoseducativos e culturais para colaborar coa escola,

Page 106: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

108

facilitándolle ao profesorado a tarefa de escoller as máisaxeitadas á súa planificación educativa. Estaráconstituído por todos os servizos do concello deSantiago e por outras institucións públicas, entidades eempresas que ofrecen actividades educativas.

9 Programa de educación intercultural

A acollida de poboación de diferentes lugares xeográficosfainos tomar en consideración novas accións de respecto,tolerancia e en prol dunha convivencia pacífica cos novosveciños que deciden vivir na nosa cidade. No ámbito daeducación promoveremos un programa de difusión inter-cultural nos centros de ensino que, en base a actividadeseducativas orientadas á infancia e á mocidade, fomenten adiversidade cultural, o pluralismo e a integración na realida-de de Galicia, enfocándose á loita contra o racismo e axenofobia. Neste senso valoramos moi positivamente otraballo de colaboración desenvolvido dende o concello encolaboración con asociacións como a Coordinadora Galegade ONG, o Foro da Inmigración, a Plataforma poloEmprego, a Fundación Secretariado Xitano, a CruzVermella, entre outras.

10 Aprendizaxe de idiomas

Optimizar e axeitar cualitativa e cuantitativamente a ofertaexistente atendendo á demanda e ampliando a oferta deaprendizaxe de linguas. Colaboración coa Escola Oficial deIdiomas, e construción dun novo edificio para a mesma.

Ampliaremos os programas municipais en épocas nonlectivas e os intercambios entre cidades para a aprendi-zaxe de linguas.

11 Atención á poboación escolar con necesidades

educativas especiais

Velaremos pola correcta integración do alumnado connecesidades educativas especiais nos centros ordina-

Page 107: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

109

rios. Reclamaremos e coordinaremos as actuaciónsnecesarias e a dotación de especialistas en pedagoxíaterapéutica, audición e linguaxe, fisioterapia, psicoloxía epedagoxía, en coordinación cos servizos corresponden-tes da Consellería de Educación.

Melloraremos as relacións institucionais, a colaboracióne a coordinación coas asociacións e colectivos interesa-dos, en programas, propostas e servizos educativos, cul-turais e de tempo libre.

Propoñeremos a inclusión nos Consellos sectoriais muni-cipais da área do social de representantes de organiza-cións de persoas con discapacidade e as súas familias.

12 Plan de mellora das instalacións educativas públicas

e liñas de subvencións e apoio aos centros de ensino

e á formación do profesorado

Nos períodos de goberno municipal socialista constitúeunha das preocupacións fundamentais, para facer efecti-va a calidade do ensino en Compostela, as actuaciónscontinuas para a actualización das instalacións da rede decentros de ensino público nos niveis de educación infan-til e primaria. Para o novo período, comprometémonos acontinuar e mellorar a atención das obrigas municipaisque temos encomendadas os concellos, para o que bus-caremos a colaboración da Xunta de Galicia, e favorecera mellora dos equipamentos dispoñibles, e, en concreto,a ampliación do Conservatorio Profesional de Música.

No mesmo senso, manteremos e traballaremos pormellorar as diversas liñas de subvención aos centros edu-cativos públicos, ás entidades e asociacións da cidade conprogramas educativos e culturais e de apoio á formacióndo profesorado e as súas asociacións –sindicatos, asocia-cións profesionais e movementos de renovación pedagó-xica–, tanto mediante financiación específica para as súasactividades, como a través da realización de actividadesconxuntas de formación do profesorado.

Page 108: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

110

12

DEPORTE

O deporte é unha manifestación indubidable de que unhasociedade está viva é que goza dunha excelente saúde.Por sorte para todos nós, son moitos os composteláns ecompostelás, tanto nenos/as como adultos, que teñencomo elemento principal do seu tempo de ocio a prácticadalgunha actividade física. Este signo inequívoco demadurez temos que tentar consolidalo coa elaboración depolíticas sociais que garantan a universalización da prácti-ca deportiva.

A pesar da manifesta diferenza que existe entre o depor-te organizado e o deporte cidadán, as institucións públi-cas deben dar unha resposta similar ás demandas queestes dous grandes colectivos esixen. Máis e melloresinstalacións, o desenvolvemento de programas de inte-gración, mellores servizos e garantir liñas de axuda ásentidades serán, entre outros, os elementos definitoriosda nosa política deportiva.

Por outra banda, temos que valorar como se merece aestreita convivencia que existe entre os conceptos dedeporte e saúde. Desde numerosos foros de opiniónespecializada relaciónase de forma directa a prácticadeportiva continuada cunha mellora notable da calidadede vida da persoa, independentemente do seu sexo,idade e condición. A actividade física, ben entendida,podemos considerala como unha das principais “medici-nas” do século XXI.

Para os vindeiros catro anos son varios os obxectivos quecomo forza política aspiramos a poder desenvolver á fron-te do goberno municipal, que procurarán converter a San-tiago de Compostela nun dos referentes deportivos donoso país ao mesmo tempo que se traballará na procura dedar resposta ás demandas que a nosa sociedade reclama.

Page 109: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

111

Obxectivos estratéxicos

1 Iniciar un ambicioso Plan de infraestruturas deporti-vas, a concluír dentro dos próximos 8 anos, consisten-te na construción de novos equipamentos deportivosque complementen a actual rede municipal. Este planmesturará a creación de innovadores contedores coaremodelación dalgunha das instalacións máis emble-máticas da Cidade.

2 Manter de forma decidida o apoio ao tecido asociativo,elemento fundamental na evolución do sistema deporti-vo local. Máis protagonismo e mellores condicións detraballo para o deporte base serán os piares nos que sebaseará a nosa política.

3 Elaborar programas marco que faciliten o acceso ápráctica deportiva regular da poboación con discapacida-de, así como, daqueles sectores sociais con menosrecursos. Traballaremos na procura de universalizar apráctica deportiva no seu concepto de deporte-saúde.

4 Deseñar unha estratexia que permita elevar a calidadedos actuais servizos deportivos. Este obxectivo manifes-tarase mediante a dotación de máis medios, máis recur-sos e o deseño dunha cultura corporativa que traballe paramellorar a oferta pública co fin de acadar niveis máximosde calidade.

I. PLAN DIRECTOR DE INFRAESTRUTURAS

DEPORTIVAS 2007-2015

1 Cidade de lecer e deportiva do Monte do Gozo

Impulso para a construción dun macrocomplexo de leceracuático, que poderá contar, entre outros, cos seguintesequipamentos:

Page 110: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

112

❚ Piscina

❚ Salas para activades dirixidas

❚ Circuíto termal

❚ Zona de solarium

❚ Pistas de tenis

❚ Pistas de padel

2 Gran Complexo de Lecer para Nenos e Familias no contorno da Estación do AVE e as Brañas do Sar.

3 ComplexoTenístico de Cornes

Construirase o primeiro complexo municipal dedicado aomundo do tenis e o padel. Inicialmente está proxectada aconstrución dos seguintes espazos:

❚ Pavillón de vestiarios

❚ Pistas de tenis

❚ Pistas de padel

4 Área Deportiva de Roxos-Villestro

Converter o actual campo de terra nunha moderna insta-lación que dispondrá de herba sintética como superficiede xogo e que estará formado por:

❚ 1 campo de fútbol 11

❚ 1 campo de fútbol 7

Page 111: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

113

5 Remodelación do Complexo Deportivo de Santa Isabel

a Adaptación desta infraestrutura á demanda existente,cos seguintes espazos:

Un circuíto termal

Novas salas de actividade dirixida

8 pistas de padel

4 rúas de natación para uso exclusivo dos clubes federados

b Remodelación do pavillón polideportivo consistente en:

Construción de novos vestiarios

Reestruturación da entrada, orientando o seu accesopola praza.

Cambio do actual parqué por outro de mellores prestacións

Eliminación dunha das bancadas para dotar de maiortransparencia á instalación

6 Campos de San Lázaro III e San Lázaro IV

Construción de dous campos de herba sintética nas inme-diacións do Estadio de San Lázaro, creándose un impor-tante complexo futbolístico entorno ao Estadio que permi-tirá consolidar definitivamente a práctica deste deporte.

Inicialmente está previsto que aos actuais campos deSan Lázaro I e II se unan:

1 campo de fútbol 11 de herba sintética

2 campos de fútbol 7 de herba sintética

7 Campos de fútbol de Lamas de Abade, Conxo e Sar

Modernización destas infraestruturas que consistirá nasubstitución dos actuais campos de terra por outros de

Page 112: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

114

herba sintética de última xeración que garantan omesmo nivel de uso, pero mellores condicións na prácti-ca deportiva.

8 Circuíto de KARTING en Costa Vella

Impulso a construción dun Karting en Santiago de Com-postela, unha das vellas aspiracións dos colectivos depor-tivos vinculados co mundo do motor.

9 Edificio Multideporte en Conxo

Nova infraestrutura polideportiva, similar no seu conceptoao actual Complexo Deportivo de Santa Isabel.

Este conxunto disporá, entre outros, dos seguintes ele-mentos:

Zona de auga con piscina e spas

Circuíto termal

Salas de actividade dirixida

Sala de gran tamaño para a práctica de deportes colectivos.

Pistas de Tenis/padel

10 Estadio de San Lázaro

Redefinición de parte dos espazos actuais existentes noEstadio Municipal de San Lázaro co fin de crear contedo-res complementarios tales como, oficinas de uso com-partido para os clubes e salas-ximnasio para o traballoespecífico en determinadas modalidades.

11 Campo de Golf en Bando

Desenvolvemento desta infraestrutura, con vocación deproxección internacional.

Page 113: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

115

2. O TECIDO ASOCIATIVO

A nosa proposta baséase, principalmente, en dúas cues-tións:

a Maior protaghonismo

Maior protagonismo dos clubes na vida deportiva no seuconxunto e na toma de decisións daquelas cuestións quepoidan afectar de forma directa o labor que as diferentesentidades, cada unha dentro da súa modalidade, poidandesenvolver.

Complementario ao actual Consello Municipal de Depor-tes, proponse a celebración de mesas de traballo secto-riais por disciplinas deportivas, cunha frecuencia anual,nas que se estudarán os temas de interese e problemá-tica de cada deporte, coa profundidade que se merece,para así consensuar decisións e poder executar as solu-cións que mellor se valoren polos implicados.

b Mellores condicións de traballo

Posta en marcha, dun PROGRAMA DE FORMACIÓNCONTINUA que en colaboración coas universidades, per-mita construír un tecido social de futuro baseado no coñe-cemento e na formación, e creación dunha estrutura téc-nica que posibilite e garanta a continuidade no tempo docometido que está a desenvolver cada entidade.

3. PROGRAMAS MARCO DE INTEGRACIÓN SOCIAL

Garantir o acceso a unha práctica deportiva adecuada atodos os colectivos de poboación discapacitada e aossectores sociais con menos recursos. Para isto é precisodeseñar programas marco que, consensuados cos secto-res implicados, dean resposta ás necesidades que estána vivir unha parte significativa dos nosos concidadáns.

Page 114: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

116

4. NA BUSCA DA MÁXIMA CALIDADE

1 Programa para a detección de talentos deportivos (algomáis importante ca unhas simples becas). Intentaríaseque aqueles deportistas que de forma manifesta teñanunhas característica especiais tiveran ese recoñecemen-to social e puideran gozar de vantaxes a diferentesniveis: bolsas de estudo, para desprazamentos, de usode instalacións, de participación en seminarios de tecni-ficación deportiva.

2 Dentro deste programa estarían as escolas de tecnificación.

3 Compromiso para que a cidade de Santiago de Compos-tela poida optar, nun prazo máximo de 6 anos, a acadar oPremio Nacional do Deporte que a distinga polas súas ini-ciativas no fomento do deporte, sexa na promoción eorganización de actividades, sexa na dotación de instala-cións deportivas.

Page 115: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

117

13

XUVENTUDE

Os socialistas apostamos por que os mozos teñan máisoportunidades, máis futuro, por que poidan desenvolvertodas as súas inquedanzas e capacidades e se convertanen motor da cidadanía para transformar a sociedade.

Para iso posibilitaremos a creación dun contorno urbanopensado para poder satisfacer as súas necesidades de rela-ción social e de desenvolvemento físico e intelectual asícomo a posta en marcha dun conxunto de políticas munici-pais co obxectivo de favorecer e fomentar a súa emancipa-ción e autonomía persoal, a solidariedade e igualdade deoportunidades e a participación social dos mozos.

Para iso promoveremos as seguintes medidas:

1 A elaboración e execución dun Plan Integral da Xuventu-de que coordine as actuacións de todas as áreas do Con-cello en materia de vivenda, emprego, cultura, deportes,etcétera en colaboración coa Xunta de Galicia e o Gober-no central.

2 O desenvolvemento e potenciación de Puntos de Informa-ción Xuvenil con información especializada e actualizadaasí como a creación dunha Web específica que facilite oacceso dos mozos aos temas que máis lles afecten, espe-cialmente no ámbito da formación, o traballo, a vivenda ea mobilidade.

3 O fomento do asociacionismo e do voluntariado xuvenila través de programas e convenios concretos para a edu-cación en valores (paz, democracia, solidariedade), o res-pecto ao contorno medioambiental e cultural, o fomentode hábitos de vida saudable, o acceso ás novas tecnolo-xías e ao impulso da súa capacidade emprendedora.

4 A posta en marcha dun programa para a promoción daparticipación dos mozos en intercambios internacionais,

Page 116: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

118

especialmente con Europa e en programas de coopera-ción internacional, en colaboración coa Universidade deSantiago e a Consellería de Educación.

5 Realización de campañas informativas de carácter educa-tivo e preventivo relacionadas con toxicomanías, sexuali-dade, alimentación, seguridade viaria e prevención daviolencia de xénero.

6 A promoción de programas de lecer e recreación depor-tiva as tardes-noites das fins de semana utilizando dife-rentes espazos públicos (polideportivos, centros socio-culturais, parques, etcétera) e potenciación do transportepúblico nocturno co obxecto de reducir a sinistralidade.Neste marco, encadrarase a construción dun gran com-plexo de lecer no ámbito da Estación Intermodal, e outrono Parque de Belvís.

7 Profundización do abono xuvenil de transporte a través dacreación dunha tarifa plana mensual que permita usar otransporte tantas veces como se queira durante un mes.

8 Potenciación do uso da bicicleta como medio de trans-porte establecendo unha rede de vías para bicicletas,que posibilite a conexión dos distintos campus universi-tarios e as zonas escolares, e a posta en marcha dospréstamos de bicicletas.

9 Impulso á formalización de convenios entre centros edu-cativos e empresas co obxecto de fornecer unha forma-ción práctica adecuada para os alumnos, regulada eapoiada economicamente e que facilite a saída laboral daxente nova.

10 Creación no seo de EMUVISSA dunha bolsa de vivendaen aluguer destinada a mozos menores de 35 anos,incluíndo ofertas específicas no ámbito da Cidade Histó-rica, con servizo de información e asesoramento na tra-mitación de subvencións e axudas para o acceso a unhavivenda.

Page 117: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

119

14

PROTECCIÓN AO CONSUMIDOR

Desde o goberno local, os socialistas asumiremos ocompromiso de conseguir o maior grao de proteccióndos consumidores e un meirande nivel de participacióndas súas asociacións na vida política municipal, de formaque se respecte a soberanía dos consumidores, se aten-dan os seus dereitos e garantías, e se dispoña de sufi-cientes mecanismos de control e seguridade en mansdos poderes públicos.

A complexidade de todo o relacionado co uso de servi-zos e o consumo de produtos e a crecente preocupacióndos cidadáns nestes asuntos, converte esta área nunhaactividade política transversal relacionada con moitasoutras, (saúde, vivenda, transporte, etcétera). Por iso aspropostas que de seguido detallamos requirirán a partici-pación de todos os axentes involucrados e, de xeitoespecial, das Asociacións de Consumidores e Usuarios:

1 Potenciación da Oficina Municipal de Información aoConsumidor.

2 Creación de campañas informativas en materia de consumo.

3 Coordinación e apoio das Asociacións de Consumidores.

4 Desenvolvemento de Obradoiros, dirixidos aos alumnosdos Colexios públicos e ao conxunto da cidadanía a tra-vés dos Centros culturais municipais.

5 Creación dun servizo de información e asesoramentointeractivo a través da web municipal

6 Posta en marcha de campañas de Inspección de Consu-mo en colaboración coa Administración Autonómica.

Page 118: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

120

15

IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES

O municipio é a institución mais próxima á cidadanía, oque representa importantes vantaxes para establecer polí-ticas de igualdade. En efecto, o municipio constitúe unespazo óptimo para coñecer as necesidades e recursos dapoboación e, a partir dese coñecemento, elaborar políticasde igualdade efectivas. É no ámbito municipal onde é maisfácil recabar a participación e colaboración dos cidadáns,das cidadás e as entidades sociais, para o deseño de ditaspolíticas, a súa posta en práctica e a súa avaliación.

Este programa ten como principios:

A igualdade de oportunidades: polo que se establecenaccións específicas para mulleres entendéndoas comoaccións positivas para a igualdade de oportunidades.

Integración: para o que impulsará a presenza das mulle-res, en todos os ámbitos da sociedade, propiciando quehomes e mulleres se integren en estilos de vida e actitu-des de cooperación, compartindo responsabilidades etarefas. En coherencia con este principio, a meirandeparte das actuacións para a igualdade, irán dirixidas tantoa homes como a mulleres.

Transversalidade: Sempre que sexa posible, as actua-cións que se acometan, desenvolveranse a través dosrecursos e servizos que atenden a toda a poboación nasdiferentes Unidades Municipais (formación, emprego,servizos sociais, xuventude, educación, saúde, cultura,deportes), ben de xeito integrado en programas dos quese beneficia toda a poboación, ben mediante proxectosou actuacións dirixidas a mulleres cando se trate de darresposta ás suas necesidades específicas.

Colaboración interinstitucional: As actuacións que seprogramen terán en conta a rede de servizos e os recur-

Page 119: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

121

sos, actuacións e proxectos en materia de muller doutrosorganismos e institucións (Vicepresidencia, Sergas, Xus-tiza, Corpo Nacional de Policía, Organizacións Empresa-riais, Sindicatos...) en aras dunha colaboración e apoiomutuo e dunha coordinación que estimule a coincidenciade obxectivos e a economía de recursos.

Participación social: Para o que se potenciará a partici-pación, a cooperación e as axudas ás asociacións demulleres.

As estratexias que propoñemos levar adiante son asseguintes:

1 Propiciar a visibilidade e participación social da mullerna cidade.

2 Favorecer a actividade laboral da muller en aras da súameirande autonomía.

3 Fomentar o desenvolvemento social e cultural das mulleres.

4 Previr a violencia contra as mulleres e outrasproblemáticas sociais que as sitúan en risco deexclusión social.

1 Propiciar a visibilidade e participación social

da muller na cidade

Actuacións:

❚ Elaborar un sistema de indicadores, desagregados porsexo, que poidan servir para coñecer a situación da mullernos diferentes aspectos da vida municipal, social…

❚ Apoiar ás asociacións de mulleres, favorecendo a for-mación das súas asociadas e impulsando a creacióndunha rede de mulleres.

Page 120: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

122

❚ Potenciar o Consello Municipal da Muller, como órganoconsultivo e asesor.

❚ Favorecer a difusión de información entre a poboación,en xeral, sobre actuacións e iniciativas que fomenten apromoción da muller e a igualdade de oportunidades.

2. Favorecer a actividade laboral da muller

en aras da súa meirande autonomía

Actuacións:

❚ Ofrecer accións formativas que melloren asposibilidades de atopar emprego, especialmentedirixidas, a aquelas mulleres que se encontren ensituación de meirande dificultade para a súa inserción(emigrantes, separadas…).

❚ Traballar especialmente na formación de oficios nos quea muller está escasamente representada e hai ofertalaboral. Adecuar a formación ás demandas de traballo.

❚ Fomentar o autoemprego nas mulleres medianteaccións positivas nos concursos de iniciativas deste tipo.

3. Propiciar recursos sociais para a conciliación

da vida familiar e laboral

Actuacións:

❚ Servizo de Axuda a Domicilio para familias.

❚ Continuar coas ludotecas en períodos vacacionais.

❚ Consolidar o servizo de canguros para familiasmonoparentais, fundamentalmente.

❚ Apoio á custodia de nenos en horario extraescolar noscolexios da cidade.

❚ Colaborar e impulsar o programa de bancos de tempo

Page 121: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

123

4. Fomentar o desenvolvemento social e cultural

das mulleres e homes, e difundir entre a poboación

en xeral actitudes non sexistas.

Actuacións:

❚ Fomentar a formación das mulleres en aspectos queteñan que ver cun mellor desempeño na vida diaria.

❚ Programas de formación para homes para a súaparticipación nas actividades domésticas.

❚ Impulsar actividades deportivas especialmente dirixidasa mulleres.

❚ Realizar seminarios formativos sobre iniciación a Internet.

❚ Erradicar a linguaxe sexista nas publicacións municipaise no deseño de impresos e documentos institucionais.

5. Previr a violencia contra as mulleres

Actuacións:

❚ Colaboración coas campañas institucionais para aprevención e detección da violencia de xénero.

❚ Formación específica dos e as profesionais dosServizos Sociais e Policía Local para a detección easistencia ás mulleres maltratadas.

❚ Establecer un protocolo de intervención diante daviolencia contra a muller entre os distintosdepartamentos municipais (Policía e Servizos Sociais) eoutras administracións (Sanidade, Xustiza, Xunta), paradar unha asistencia integral ás mulleres vítima daviolencia.

❚ Continuar na mellora dos servizos e recursosexistentes.

Page 122: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

124

6. Apoiar ás persoas soas con cargas familiares

contribuíndo á prevención de situacións de pobreza

e marxinación.

Actuacións:

❚ Constituír un equipo multidisciplinar específico deintervención técnica para a atención integral á muller.

❚ Establecer un sistema de información, buscando novasvías de comunicación, para achegar os recursos eprogramas existentes ás mulleres que os necesitan, asícomo os requisitos para o acceso aos mesmos

❚ Analizar o perfil das demandas recollidas nos ServizosSociais, coa finalidade de programar novas actuaciónsou completar as xa existentes.

❚ Avaliar os programas e propoñer melloras

7. Medidas transversais para a mellora da atención

á muller

As políticas de igualdade son políticas transversais queafectan á meirande parte das Áreas Municipais, polo quenos propoñemos elaborar o Primeiro Plan de Igualdadede Oportunidades entre Mulleres e Homes, coaparticipación activa de toda a sociedade.

Page 123: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

125

16

OS CIDADÁNS DIANTE DAS NOVASTECNOLOXÍAS

A sociedade da información constitúe un importante retode modernidade, desenvolvemento e competitividade,pero, ao mesmo tempo, é un novo proceso xerador dedesigualdades. Por iso, a acción municipal, ademais deincorporar as novas tecnoloxías á xestión municipal, oque supón non só unha oportunidade para a moderniza-ción administrativa senon que posibilita un importantecambio na relación entre os cidadáns e a Administración,abrindo paso a fórmulas novidosas de contacto, relacióne democracia directa, debe contribuír a evitar a fendadixital como proceso de desigualdade social.

Así, as administracións locais desempeñan un papel fun-damental no proceso de incorporación do conxunto dapoboación á Sociedade da información.

Para iso propoñemos:

1 Elaborar programas de formación e alfabetización co finde facilitar o acceso a todos os cidadáns a sociedade dainformación, desenvolvendo actuacións concretas paradiscapacitados, maiores e mulleres, establecendo tele-centros en lugares de atención e asociativos de estescolectivos con necesidades especiais.

2 Impulsar medidas de acceso á rede en todo o termo muni-cipal de Santiago, a través de tecnoloxías sen fíos, median-te a extensión paulatina da rede wimax e o establecemen-to de convenios de cooperación cos operadores.

3 Incorporarse ao programa de Cidades Dixitais e CidadesSingulares impulsado polo Ministerio de Industria paraposibilitar o desenvolvemento de proxectos de administra-ción electrónica e de pulo da Sociedade da información.

Page 124: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

126

4 Ampliar a dispoñibilidade de servizos de banda ancha átotalidade do territorio, poñendo estes servizos a dispo-sición de todos os cidadáns, mesmo aqueles que se ato-pen fóra do alcance as solucións comerciais habituais.

5 Dotar os centros socioculturais xa existentes dos recur-sos necesarios para que se poidan utilizar como mediopara achegar os servizos públicos ao cidadán e comoescenarios para a formación en TIC e a promoción do usodas novas tecnoloxías.

Page 125: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

127

17

SANTIAGO DE COMPOSTELA, MUNICIPIO SOLIDARIO E INTEGRADOR

Santiago de Compostela non pode, nin quere permane-cer á marxe da cooperación e a colaboración para loitarcontra a pobreza e a desigualdade no mundo. Cremosque un mundo mais xusto e mais solidario superarácon máis facilidade os grandes retos se formula aHumanidade, entre outros, os relacionados coa seguri-dade, a paz e a estabilidade política e social dos pobose cidades.

Neste sentido, desde o goberno municipal queremosliderar a crecente actividade solidaria da sociedade civile ofrecer un novo marco institucional para canalizar ecoordinar estas iniciativas de tal modo que se posibili-te a maior eficacia dos recursos e tamén a máis correc-ta utilización dos mesmos.

Para iso impulsaremos as seguintes actuacións:

1 Desenvolver unha acción específica a respecto dos emi-grantes galegos no exterior:

a Potenciando os Convenios de Colaboración coas asocia-cións de emigrantes composteláns no exterior para aavaliación das súas necesidades

b Impulsando a información sobre as oportunidades deemprego, servizos sociais, vivenda, etcétera a través daweb municipal e dalgún medio específico e periódico.

c Facilitando axudas específicas para situacións extremase de emerxencia que poidan formularse para familias ouinstitucións compostelás no exterior.

2 Propiciar o establecemento dun Pacto pola Solidarieda-de e a Cooperación, a nivel municipal, baseado no con-senso e a colaboración entre todos os actores políticos,

Page 126: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

128

sociais e de cooperación municipal que finalice nunPlan Local de actuación coordinado cos restantes ámbi-tos territoriais.

3 Constituír un consello local de Cooperación no queestean representadas as ONGD locais e a sociedadecivil a través das súas diversas formas asociativas, confuncións de asesoramento, coordinación, seguimentoe sensibilización da cooperación local.

4 Orientar as prioridades sectoriais da cooperación aodesenvolvemento cara os campos da saúde, a educa-ción, os servizos sociais básicos e a recuperación dopatrimonio, así como a prioridade xeográfica cara aÁfrica e Iberoamérica.

5 Fortalecer e impulsar as redes de municipios solida-rios, tanto a nivel de Galicia, como noutros ámbitos naperspectiva de maiores niveis de cooperación.

6 Constituír irmandamentos como instrumentos de inter-cambio e transferencia de capital humano, de poten-cialidades de desenvolvemento e de experiencias degoberno, achegando medios e efectivos humanos pro-vintes da acción cidadá e do propio Concello ou dasempresas de servizos.

7 Promover iniciativas de sensibilización social e de edu-cación para a cooperación e o desenvolvemento, espe-cialmente no ámbito da xuventude, e en colaboracióncos Centros educativos e institucións sociais.

Page 127: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

129

Pero unha forma cada vez máis necesaria para o desen-volvemento da solidariedade é crear unha actitude inte-gradora para os inmigrantes que veñen residir e traba-llar na nosa cidade. A profunda vinculación de Galicia cofenómeno da emigración, esixe de nós unha especialsensibilidade de cara aos inmigrantes que agora ven anosa sociedade como unha oportunidade de progreso.

Por iso, propoñemos:

1 A participación concertada do Concello nos programasdo Estado do Fondo de Apoio á acollida e integración deinmigrantes.

2 Desenvolver un Plan Estratéxico local de Convivencia eInmigración, e crear un Foro municipal de inmigración,como espazo que fomente a participación cidadá dosinmigrantes na vida municipal.

3 Racionalizar e modernizar os mecanismos de coordina-ción institucional coa Xunta e as outras institucións doEstado en materia de inmigración.

Page 128: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

130

18

COMPOSTELA, UNHA CIDADE PARA A CULTURA E O COÑECEMENTO

O mundo cultural é plenamente partícipe do proceso deglobalización, e así, as relacións establecidas nun marcomundial polarízanse cada vez máis entre áreas urbanas,que concentran os recursos, os poderes e os homes. Poriso, hoxe a cultura é unha peza esencial no desenvolve-mento urbano contemporáneo.

Os factores máis determinantes que conforman a posi-ción e o potencial dunha cidade nese contexto son, subs-tancialmente, os seguintes:

a A determinación do seu “rango territorial”, é dicir, a von-tade urbana de fixar as súas aspiracións de se proxectarnun determinado contorno.

b As infraestruturas físicas e tecnolóxicas.

c O cadro institucional e a interacción do público e do pri-vado.

d A produción e a oferta cultural, e,

e A posición no campo da produción científica e daaprendizaxe.

Para enfrontar estes factores que marcan o desenvolve-mento de Compostela como espazo para a cultura e ocoñecemento, nos vindeiros anos vai ser esencial a rela-ción que se estableza entre a cidade propiamente dita e aCidade da Cultura. Por iso, malia a Cidade da Cultura ser unproxecto responsabilidade da Xunta, o Concello debe ana-lizar os efectos do mesmo na súa acción e política cultural.

Page 129: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

131

Con esta referencia, as nosas propostas son as seguintes:

a Sobre o rango

A Cidade da Cultura vai esixir un cambio de escala noplano de captación de usuarios directos da cultura deCompostela, tanto dende o punto de vista da intensidadeno plano interno da comunidade autónoma, como no daextensión territorial. Para iso, propoñemos que a accióncultural e de fomento do coñecemento da cidade nos vin-deiros anos vaia dirixíndose a un incremento da significa-ción supralocal e rexional dos programas, co obxecto de irconsolidando os atractivos de Compostela cara ao futuro.Nese cadro, o rol a xogar polo Xacobeo 2010 debe serdeterminante, aproveitando os recursos extraordinariosque concita ese evento para aplicalos á estratexia do incre-mento do rango da relevancia cultural de Compostela.

b Infraestruturas físicas

En Compostela viron a luz os primeiros grandes contedo-res culturais de Galicia (o Auditorio, os Teatros, o Pazo deExposicións e Congresos, o Multiusos do Sar, o CentroGalego de Arte Contemporánea) e tamén xerminou unhadas mellores redes de centros socioculturais de barriospara achegar a cultura a todos os cantos do concello perosobre todo, Compostela mostrou ao mundo que nunhacidade pequena, das que antes chamaban de provincias,un cidadán podía xa gozar dos grandes eventos culturaisque se producían en calquera gran cidade do mundo.

No desenvolvemento das infraestruturas e equipamen-tos en anos pasados só se produciu unha carencia aíndanon resolvida, relativa ás infraestruturas de produción(polos de desenvolvemento artístico, tecnolóxico eindustrial, como factorías culturais).

A Cidade da Cultura, dende este punto de vista, deberíacontribuír á solución desas carencias, pero formula o reto

Page 130: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

132

da reconfiguración de toda a infraestrutura preexistentesobre a cal produce duplicidades (infraestrutura teatral,musical, bibliotecaria e museística), e tamén o da inte-gración no cadro urbano dese proxecto, evitando o riscoda conversión de Compostela no espazo en que se pro-duce a loita entre dous polos temáticos, a Cidade da Cul-tura e a Catedral, é dicir, no baleiro cultural da cidade.Para iso, propoñemos unha progresiva acción de redefi-nición dos espazos e infraestruturas culturais da cidadepara procurar, no momento de posta en funcionamentopleno da Cidade da Cultura unha actuación coordenada eeficiente de complementariedade. Para iso é moi impor-tante analisar as posibilidades de relación das infraestru-turas da cidade e a Cidade da Cultura, para o desenvolve-mento futuro de proxectos conxuntos ou coordenados.

Neste sentido, será indispensable prever un bo sistema detransporte público especializado entre a Cidade Histórica ea Cidade da Cultura, relacionado co punto estratéxico quevai ser a estación Intermodal (ferroviaria-autobuses).

c Infraestruturas tecnolóxicas: o virtual

Un campo no que Compostela aínda non desenvolveu asinfraestruturas necesarias para a acción cultural modernaé o das tecnoloxías da información e da comunicación.

Neste eido, a Cidade da cultura pode ser un revulsivopara a acción urbana, que debe pivotar sobre dous eixesfundamentais:

A A educación para as tecnoloxías, que vai requirir a crea-ción dun parque municipal de mediatecas e aulas ciber,así como dun portal de internet, que indo máis alá daactividade administrativa, se converta nun referente paraa formación e o uso da cidadanía, así como nun instru-mento determinante para o apoio aos centros educativosda cidade, por medio da posta en marcha dun proxectode Rede Educativ@ de Compostel@.

Page 131: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

133

B A presenza de Compostela na Internet. Para que estasexa coherente coa relevancia da cidade, ademais decompletar a rede de servizos que unha web institucionalmoderna debe poñer a disposición dos usuarios, deberáconverterse nun portar temático, é dicir, un portal dereferencia para unha actividade. Esa actividade pareceque debería ser a xestión, defensa, rehabilitación e postaen valor do Patrimonio Histórico e, integrándose coa Uni-versidade, a evolución e servizos do ensino superior e dainvestigación científica.

d O modelo institucional e a cooperación

do público e do privado

No plano institucional, a cultura da cidade debe fomentara participación dos distintos sectores, para o cal se pro-pón a creación do Consello Municipal de Cultura.

Por outro lado, a presenza do privado no desenvolvementocultural da cidade non pasou, ata o momento, de se limitarao campo dun mecenado financeiro de carácter local, aorecente asentamento de sés de Fundacións de Caixas deAforro e ás iniciativas de creadores e emprendedoreslocais, necesitadas de apoio público. O gran patrocinio pri-vado estivo ligado a políticas públicas de exencións fiscaisen eventos como Anos Xubilares ou a Cidade Europea daCultura, e a penetración das accións de promoción privadaen gran escala foron inexistentes. Por iso, propoñemos aelaboración dun plan municipal de cooperación privada nodesenvolvemento cultural da cidade, que poida, no seumomento, servir para dar base a unha acción de financia-mento da acción cultural da intensidade que vai requirir aestrutura dupla: Cidade de Santiago, Cidade da Cultura.Tamén neste caso, o Xacobeo 2010 debe usarse para teceracordos estables de cooperación público-privada.

Page 132: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

134

e Produción e oferta cultural

Os eixes sobre os que Compostela acadou unha posiciónrelevante no mundo cultural nos últimos anos foronesencialmente dous:

A cultura do patrimonio histórico e a producción deeventos culturais de relevancia internacional.

En efecto, o patrimonio e o medio ambiente non son sócuestións infraestruturais ou urbanísticas. Son, esencial-mente, un elemento constitutivo da cultura. Así, o desen-volvemento das políticas de planificación urbana e reha-bilitación do centro histórico tiveron un eco fundamentalna posición de Compostela no mundo internacional dacultura. Sen embargo hai varias accións, moitas delas xacolocadas en axenda política, que deberán desenvolver-se para consolidar esa posición.

Así, o Museo de Santiago e das Peregrinacións debeconfigurarse como o grande proxecto cultural do ano2010, anticipándose a apertura da Cidade da Cultura.Como actividades a integrar no desenvolvemento docitado Museo, Compostela debe sistematizar o seu valorcomo laboratorio de coñecemento da práctica patrimo-nial e ambiental, por medio de masters e cursos, en rela-ción coa rehabilitación e outros elementos asociados;impulsar un concurso internacional iberoamericano deintervencións sobre o Patrimonio Histórico, xa previstona programación plurianual do Consorcio para o periodo2007-2010 en colaboración coa Axencia Española de Coo-peración Internacional e a Cooperación Galega, e, por fin,co desenvolvemento dun Centro de Referencia Estatalen materia de Patrimonio Histórico, como o xa programa-do polo CSIC e a Xunta.

No outro plano, Compostela ten unha grande oportunida-de para reforzar o seu papel no contorno cultural ibéricoe internacional por medio dunha secuencia regular de

Page 133: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

135

festivais, aproveitando iniciativas existentes, incipientesou que existiron, e que son peza fundamental para o des-envolvemento e sostibilidade turística.

O encaixe destas iniciativas entre a infraestrutura cultu-ral urbana e a propia Cidade da Cultura vai ser, ademais,fundamental para resolver o problema da súa comple-mentariedade.

A estes efectos, cómpre salientar as potencialidades dasexperiencias de Cineuropa, o festival internacional decurtametraxes Curtocircuíto, do Festival CompostelaMillenium ou do de Música Contemporánea; o recente-mente implantado Festival de Músicas Contemplativas, aposibilidade de crear un Festival Internacional de Teatro,centrado no campo iberoamericano e na figura de ValleInclán; a potenciación de Música en Compostela, cursosinternacionais de fonda raizame en Compostela; a posibi-lidade de consolidar festivais nacidos de iniciativas desalas alternativas locais, como o Festival de Danza deRúa (En pé de pedra), o Festival Alternativa, o Festiclowno o Festival de Maxia. Finalmente, debería promoverse aexistencia dunha Feira en materia de artes plásticas, encolaboración cos galeristas e co CGAC, e estudar a posi-bilidade de celebrar algún evento de relevancia arredordo mundo da Moda e o deseño.

Cómpre, igualmente, reforzar a conexión entre a Real Fil-harmonía de Galicia e a Escola de Altos Estudos Musi-cais, e destas coas estruturas de ensino regrado damúsica, para que Compostela dispoña dun peso nocampo das ensinanzas musicais acorde á relevancia dosseus recursos.

Pero, ademais, debería ser totalmente prioritario abordarun proxecto de factoría cultural, que facilitase locais deensaio, talleres de plástica para artistas, residencias,mediatecas, leasing de ferramentas de produción cultu-

Page 134: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

136

ral, espazos para cursos de formación e especialización,integración no proxecto das axudas a entidades culturaistradicionais, extensión das accións de divulgación cultu-ral a cargo dos propios artistas, etcétera.

No mesmo contexto de consolidar a cidade como centrode produción cultural están iniciativas como a Cidade doAudiovisual, entendida como un polo de carácter indus-trial ligado ás infraestruturas de medios de comunicaciónpúblicos e privados.

No campo da produción cultural, o Xacobeo 2010 deberíapermitir lanzar e consolidar as iniciativas sinaladas e,especialmente, o Festival Internacional de Teatro “ValleInclán”, así como o desenvolvemento dun proxecto cultu-ral de alto nivel para o mes de agosto.

f A posición no campo da produción científica e da

aprendizaxe

Cidade e Universidade no espazo universitario europeo

No ano 2010 Europa vai implantar un Espazo Universita-rio Europeo, no que é esencial que a nosa Universidadexogue un papel activo, para o cal está excepcionalmenteben situada, dada a súa traxectoria histórica e a rede uni-versitaria europea a que deu lugar –a rede Compostelade Universidades–.

Para iso, será necesario que a institución conte co apoiode todos os sectores implicados, para o que pode sernecesario crear unha agrupación de intereses, coa formaxurídica que se considere máis acaída, que busque oIMPULSO da USC, constituída en todo caso pola USC eo Concello, aberta a participación doutras institucións.

Os obxectivos xenéricos desa agrupación de interesesserían crear sinerxías entre a cidade de Santiago de Com-postela e a USC no plano estatal e internacional, e visuali-

Page 135: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

137

zar mellor e reforzar a presencia urbana da USC na cidade.

Para iso, deberían establecer acordos de colaboraciónnas seguintes materias:

En relación cos campus

❚ Mobilidade nos campus: seguimento e análise da situa-ción do transporte en cada campus.

❚ Planificación e ordenación dos aparcadoiros: execuciónde vieiros e actuacións de reurbanización.

❚ Acondicionamento de zonas peonís e establecementodun carril bici.

❚ Promoción do transporte público.

❚ Promoción da biodiversidade nos campus. Deseño denovas áreas e selección de especies mais axeitadas.

En relación coa cidade

❚ Oferta cultural e de ocio.

❚ Vivenda: catálogo de pisos con mención de calidadepublicitada dende a USC.

❚ Facilidades para o estudante: ofertas comerciais vanta-xosas asociadas á identificación como membro da USC.

En relación coa proxección da USC na cidade

❚ Promover, de mutuo acordo unha mellor sinalizacióndos campus: vallas publicitarias nas entradas das cida-des e sinalización direccional.

❚ Aproveitar a marca “Santiago de Compostela” comoatributo de proxección da USC: Santiago de Compostela,cidade universitaria. Definir unha proxección internacio-nal conxunta da Universidade e a cidade, pactando apromoción conxunta en foros exteriores

Page 136: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

138

❚ Accións impulsadas no cadro do Consello da Capitalida-de, para proxectar a Casa de Europa ou o Grupo Com-postela.

❚ Fomento de actividades de divulgación científica de altonivel, como as previstas no cadro do Programa ConCIEN-CIA, impulsado polo Consorcio coa colaboración da USC.

En relación coa difusión da oferta de ensino

e investigación

❚ Coordinación e vinculación das webs das entidadesparticipantes

❚ Presentacións conxuntas en centros de ensino medio

❚ Acción coordenada en xornadas de promoción (reunión decidades universitarias: Bolonia, Salamanca, etcétera;cidades de congresos; Feiras do ensino e Feiras deturismo)

En relación co desenvolvemento dos novos equipa-

mentos e servizos universitarios, e de investigación e

desenvolvemento

❚ Acelerar a realización do Parque Científico-Tecnolóxicode Santiago para posibilitar a implantación de empresasque, utilizando a interacción cos departamentos univer-sitarios, ofrezan produtos de alto valor engadido. Coneste fin demandarase da Xunta de Galicia, e en particu-lar da Consellería de Vivenda, que revise a data de 2010para a súa realización.

❚ Apoiar o Campus de Ciencias da Saúde, facilitandotodos os trámites para que a súa construción sexa unharealidade o máis axiña posible.

Page 137: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

139

❚ Apoiar a implantación en Santiago de Centros de Inves-tigación de referencia, de tal xeito que Santiago deCompostela sexa unha referencia da investigacióneuropea. En especial, facilitarase a realización do Insti-tuto Mixto de Investigacións de Biotecnoloxía, no queparticipa a Xunta de Galicia, o CSIC e a USC, a poten-ciación do Centro de Supercomputación e modeliza-ción matemática, creado pola Xunta e o CSIC, e o Cen-tro de Investigación do Patrimonio, creado pola Xuntae o CSIC. Igualmente, facilitarase e apoiarase a posiblecreación doutros Centros de Investigación que teñenen estudo diversas administracións (Xunta de Galicia,MEyC, Ciemat…)

Page 138: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

140

19

O SISTEMA INTEGRADO DECONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR DA CIDADE HISTÓRICA

Compostela está en óptimas condicións para acadar a con-formación dun sistema integrado de conservación e postaen valor da cidade histórica que pivote sobre estes eixes:

❚ Un sistema de conservación do patrimonio construído.

❚ Un plan de dinamización de usos.

❚ Un programa de actualización das dotacións de servizosurbanísticos da Cidade Histórica.

❚ Un programa de conservación e mellora dos espazospúblicos.

a. O sistema de conservación do patrimonio construído

Ata o momento, a acción pública sobre a renovaciónurbano das cidades históricas caracterizouse por un pro-grama de subvencións. Aí púxose o acento en termosxurídico-normativos. No caso de Santiago, agora preten-demos ampliar o conxunto de axudas, que xa non só sedirixen á rehabilitación, senón ao mantemento, á inter-vención sobre elementos catalogados, ou a elementoscomplementarios coordenados con actuacións da admi-nistración en espazos públicos, ao financiamento total darehabilitación a cambio da constitución dun usufruto afavor da administración para esta poder desenvolver pro-gramas de aluguer social, etcétera. Ese amplo abano deaxudas demanda unha estrutura xurídica de coordina-ción, ás veces non doada dada a diversa natureza e orixedos recursos e dos procedementos.

Non obstante, na experiencia de Santiago, a achega máisefectiva para a construción do sistema estivo na posta a

Page 139: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

141

disposición da xente dun equipo de profesionais que res-pondera en termos técnicos ás necesidades dos residen-tes. Queremos insistir nesa idea para conseguir undoado artellamento do sistema.

Por iso, propoñemos:

1 Converter nun dereito perfecto o asesoramento dos téc-nicos en relación cos edificios. Ese asesoramento –ase-gurado en termos universais, é dicir, para toda a poboa-ción do ámbito do Plan Especial– terá unha extensióntemporal indefinida e artellarase en tres compoñentes decara ao beneficiario:

a Diagnose do estado do edificio e proxecto técnico dasintervencións a acometer nel segundo a lóxica dun ciclo derehabilitación, renovación e mantemento da edificación.

b Información e asesoramento continuo das axudas dispo-ñibles para as intervencións máis aconsellables en cadamomento.

c Apoio aos particulares para a posta en uso do edificio conretornos de rendemento.

De cara á administración, esa actuación terá por obxecto:

a Coñecer e supervisar tecnicamente o estado de conser-vación da e uso da cidade histórica.

b Fornecer de información para a elaboración de progra-mas específicos de axudas.

c Orientar as axudas na dirección máis aconsellable para oobxectivo xeral de conservación e uso da cidade histórica.

2 A vinculación entre o asesoramento e as axudas estable-cerase pola existencia dunha cédula de inclusión no sis-tema público de axudas á conservación de edificacións

Page 140: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

142

da cidade histórica, renovable cada 10/12 anos. Esa cédu-la, partindo dun informe 0 sobre o estado e usos da edi-ficación no cal se avalíen unhas previsións financeiras ede intereses do propietario (para alugala, reformala, etcé-tera.), permitirá que o particular que se acolla ao aseso-ramento quede integrado nun sistema de homologaciónadministrativa, que implicará a recepción de informesperiódicos da Oficina Técnica que fixen e validen as nece-sidades de actuación nas edificacións de acordo co ciclode rehabilitación e mantemento, no cal a administraciónse comprometerá a facer unha achega financeira dunhaporcentaxe a determinar sobre un importe máximo anualde gasto autorizable. Eses informes darán lugar, directa-mente, ao acceso ao sistema de axudas, aforrando docu-mentación e trámites.

A cuantificación do importe de gasto público anualdimensionarase en base a tres bloques:

❚ O primeiro, os recursos para rehabilitación e renova-ción, que serán equivalentes ás axudas actuais do plande vivenda.

❚ O segundo, os recursos para mantemento, estimadosen base a tres variables: orzamento protexible, porcenta-xe de participación da administración no financiamentodas actuacións, e porcentaxe de edificacións, medida entermos de vivenda e locais, que se integren no sistema.

❚ O terceiro, os recursos para axudas ás edificacións nonincluídas no sistema, que accederán a elas nunha quen-da específica de concorrencia, e cunha dimensión finan-ceira específica.

b. Un plan de dinamización de usos

3 Afondarase na implantación do programa de edificios tute-lados –no que os particulares benefícianse dunha rehabili-

Page 141: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

143

tación integral financiada pola administración a cambio dacesión en usufruto a esta dos edificios para a súa inclusiónnun mercado público de aluguer–, e desenvolveranse ini-ciativas de bolsas de aluguer que incentiven as axudas árehabilitación de vivendas (e non só de edificios).

4 No que atinxe a locais en planta baixa, as axudas públi-cas á rehabilitación cada vez máis terán que ligarse couso. Para iso, cómpre, xa que logo, dispoñer dun instru-mento xurídico que alicerce o sistema de axudas. Eseinstrumento debe ser unha ordenanza de usos a fomen-tar en baixos da cidade histórica, de conformidade cunmapa de usos preferentes. A construción dese mapabasearíase nun modelo conceptual e cultural de preser-vación funcional da cidade histórica.

Só os usos incluídos na ordenanza serían obxecto deaxuda, con independencia de que a normativa urbanísti-ca posibilite autorizar outros non preferentes (que xa nonserían fomentados).

As axudas a locais poderán consistir, en base a esesusos, en axudas á posta en funcionamento de locais, benpor establecer un operador que alugue aos particulares,de conformidade cun certo valor de mercado, e realuguea prezos máis baixos a negocios ou iniciativas de intere-se, ben por ligar directamente a subvención de rehabili-tación aos usos definidos como preferentes.

5 Para estes programas, é indispensable a cooperación nosistema de conservación da cidade histórica de operado-res de uso (tipo EMUVISSA, ou Sociedades públicas deAluguer).

6 Impulsarase a negociación cos titulares de edificios dota-cionais (especialmente eclesiásticos) que teñan índicesde desocupación que fagan perigar a súa conservación,de plans de usos compatibles cos actuais e coa súa natu-reza específica.

Page 142: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

144

c. Un programa de actualización das dotacións

de servizos urbanísticos da Cidade Histórica

Este programa procurará a incorporación paulatina deservizos aínda non dispoñibles, e a reposición e actuali-zación dos xa consolidados, de xeito compatible coa polí-tica de conservación xeral da cidade histórica.

Para facer viable o programa, daráselle corpo institucio-nal á mesa técnica de operadores de servizos urbanísti-cos na cidade histórica impulsada nos últimos temposdende o Concello e o Consorcio.

d. Un programa de conservación e mellora

dos espazos públicos

Proseguirase na actuación de conservación e mellora deespazos públicos no centro histórico, en estreita colabora-ción entre o Concello e o Consorcio da Cidade de Santiago.

Page 143: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

145

20

UNHA APOSTA POLA XESTIÓN PÚBLICA: O NOVO GOBERNO LOCAL E A NOVAADMINISTRACIÓN MUNICIPAL.

A mellora da xestión municipal vai artellarse a través dasseguintes MEDIDAS:

1 Definición das Cartas de Servizos na que se explicitarános compromisos que o concello adquire cos cidadáns.Esta será unha ferramenta esencial que permitirá coñe-cer os efectos e os resultados das intervencións noámbito local. A carta de servizos permitirá concretar osservizos que o concello presta, os dereitos dos cidadánse a súa participación, os compromisos de calidade que oconcello vai a adquirir, os niveis de calidade esixibles asícomo os seus indicadores. A través da realización deenquisas de calidade garantizarase a participación dosusuarios dos servizos.

2 Camiñar cara a creación dunha Área de Atención ao

Cidadán que se configure como a toma de contacto docidadán co concello, prestando especial atención á infor-mación sobre os servizos, actividades que se organicenou impulsen dende o concello para o que será precisodotarse das ferramentas que o permitan.

3 A implementación de Sistemas de Xestión Informatiza-

da de Expedientes que faciliten o acceso a tramitaciónadministrativa que irá acompañada dunha racionalizacióndos procedementos que ocupan a vida municipal. Istopermitirá reducir os prazos, facilitar a relación dos cida-dáns co concello a mesmo tempo que ofrecer informa-ción do estado dos mesmos. A elaboración de manuaisde procedemento posibilitará a orientación da xestión decara ao cidadán así como permitirá racionalizar os proce-sos e orientalos cara a optimización do gasto público.

Page 144: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

146

4 A ventaíña única que permita a simplificación das rela-cións do cidadán coa organización municipal así comoacercar a administración ao seu entorno. O seu obxecti-vo principal será a integración daqueles trámites adminis-trativos nos que interveñen varias unidades facilitando arelación dos cidadáns coas mesmas.

5 A consolidación do portal web do concello como ferra-menta que garanta a publicidade e a transparencia naxestión, e actúe como elemento básico de relación entrea cidadanía e o concello. As accións formativas encami-ñadas a facilitar o coñecemento e o acceso á sociedadeda información dos veciños farán posible que o achega-mento das novas tecnoloxías permita acadar a accesibili-dade local .

6 A implantación do portal do cidadán, no que internetserá o medio de comunicación para facer un seguimentodos asuntos que ao cidadán lle importan así como reco-ller ou achegar a información que o concello precise. Coobxectivo de contribuír a modernización da xestión e dosservizos prestados polo concello, propoñémonos por enfuncionamento un novo sistema de información que per-mita ir substituíndo paulatinamente a presenza física poloacceso a través de redes de telecomunicación.

7 Impulsaremos a elaboración do Estatuto de veciño quepermitirá sistematizar o conxunto de dereitos e deberesque os veciños de Santiago teñen fronte ao Concello.Darémoslle especial relevancia ao dereito a información, ásimplificación administrativa, á axilidade e a axuda que seprestará por parte dos servizos municipais así como garan-tiremos o dereito de participación que os cidadáns teñen.

8 A avaliación dos servizos que presta o concello de xeitoque se chegue as certificacións de calidade segundo

as normas ISO. Este proceso persigue o obxectivoesencial de mellora continua e revisión permanente dos

Page 145: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

147

servizos que se prestan aos cidadáns incrementando osniveis de calidade ata alcanzar os estándares de recoñe-cido prestixio nacional e internacional co fin de conseguirunha administración máis áxil elevando os graos de efi-ciencia e eficacia na prestación dos mesmos.

9 A implantación da tarxeta do cidadán que facilite os trá-mites e actúe como documento identificativo, que per-mita a consulta de expedientes en curso, o pago de ser-vizos e impostos ou outras xestións que permitiránaforrar tempo. Este é un compromiso de calidade e demodernización dos servizos públicos para que os veciñossintan que a administración municipal funciona de xeitoáxil e eficaz.

10 Actuar como catalizador de xestións administrativas

entre outras administracións que faciliten aos cidadáns arealización dos trámites precisos para a posta en marchade proxectos radicados na cidade a través da sinatura deconvenios de colaboración que así o permitan fomentan-do a cooperación institucional. Especial relevancia terá oimpulso as relacións intermunicipais e supramunicipaisque incrementarán a colaboración e a coordinación conoutros entes.

11 Creación do Tribunal económico-administrativo, comoórgano especializado que permitirá o coñecemento eresolución das reclamacións sobre actos tributarios quesexan da competencia municipal. Dotarase a este órga-no de competencias para a elaboración de estudios ecapacidade de propostas en materia tributaria.

12 Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións. Aposta en marcha da comisión especial garantirá a defen-sa dos dereitos dos veciños e permitirá supervisar a acti-vidade da administración detectando deficiencias no seufuncionamento, así mesmo terá capacidade para impul-sar iniciativas destinadas a mellorar os servizos públicos.

Page 146: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

148

13 Concentración física dos servizos administrativos doconcello que actúe como punto de encontro cos cidadánsonde se dea apoio profesional e especializado orientado asatisfacer as necesidades dos nosos veciños.

14 Creación da Oficina de Control Orzamentario como unórgano dependente do Pleno que estará a disposición detodos os concelleiros co fin de ter coñecementos entempo real do gasto e do estado de execución do presu-posto municipal. Será o instrumento que permita avaliareconomicamente as distintas propostas así como os pro-cesos de contratación e as concesións administrativasco obxectivo de xestionar mellor o gasto municipal.

15 O desenvolvemento das funcións de natureza económi-

co-financieira e orzamentaria, as de xestión tributaria

así como as de control e fiscalización, farán necesariaa creación, dentro da estrutura administrativa municipaldos órganos que posibiliten axustar a súa xestión aos cri-terios de estabilidade orzamentaria, a un tratamento inte-gral do sistema tributario municipal e a diferenciación dasfuncións de contabilidade e da fiscalización.

16 Establecer unha acaída administración da información

derivada dos procesos administrativos, que permita unhaexplotación estatística dirixida a un bo coñecemento darealidade do municipio e a súa evolución.

Page 147: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

149

21

A PARTICIPACIÓN CIDADÁ: EIXOESTRATÉXICO DA POLÍTICA LOCAL

Os cidadáns deben ter unha maior relevancia na vidamunicipal. Unha democracia de calidade é aquela que écapaz de sumar ás persoas nas decisións municipais a tra-vés dun bo proceso de deliberación e participación. De aío noso compromiso de gobernar para as persoas e conelas establecendo como obxectivos esenciais para o bogoberno local a construción dunha sociedade civil, dinámi-ca e plural, con cidadáns informados, activos e responsa-bles; un concello forte, intelixente e dialogante e, final-mente, un equipo de xestores e empregados públicos benformados e motivados para ofrecer os mellores servizos ácidadanía simplificando procedementos acurtando prazos.

Fomentaremos unha Administración eficaz, intelixente,dialogante, que implique, xestione e decida cos e coascidadáns, facilitando os canles e os medios. Potenciare-mos un novo concepto de cidadanía, que inclúa non sódereitos e deberes, senón tamén responsabilidade, coo-peración e participación que forxe a base dunha verda-deira sociedade civil democrática.

Para iso, propoñemos:

1 Potenciar a representatividade dos órganos de participa-ción cidadá existentes: Consello Económico e Social eConsello de Relacións Veciñais.

2 Unha maior transparencia na vida pública municipal a tra-vés da creación do Rexistro de Intereses, a clarificacióne aplicación do réxime de incompatibilidades e a postaen marcha dunha Oficina orzamentaria.

3 Dinamización dos Consellos Asesores Sectoriais a travésda constitución de grupos de traballo creados en torno aproxectos concretos.

Page 148: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

150

4 Impulso a unha maior intervención cidadá na xestión dosservizos municipais descentralizados a través da partici-pación institucional cidadá e de usuarios nos órganosmunicipais encargados da súa xestión e prestación,especialmente nos relacionados co transporte urbano,benestar social, turismo e deportes, medio ambiente.

5 Posta en marcha dun foro municipal de debate sobre oestado da cidade que contribúa a unha maior democrati-zación e a un incremento da confianza dos cidadáns.

6 Elaboración dun Plan de formación e educación cívicabaseado en valores democráticos e constitucionais conespecial atención á infancia e xuventude.

7 Maior participación veciñal, a través do Consello de Rela-cións Veciñais, na elaboración do Plan de ActuaciónMunicipal (PAM).

Page 149: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

151

22

FACENDA MUNICIPAL

O diñeiro público e a xestión do gasto municipal debenorientarse cara a mellora das condicións de vida dos cida-dáns, priorizando o interese xeral e respondendo ao nosoprofundo compromiso cos valores da igualdade e a soli-dariedade. Neste sentido, desde a defensa do sectorpúblico como garante dos intereses colectivos, promove-remos unha xestión eficiente e transparente dos recur-sos públicos que contribúa ao desenvolvemento integralda cidade, fortalecendo e diversificando o seu tecidosocial e económico, xerando novas fontes de ingresos,aproveitando racionalmente os recursos naturais e cultu-rais do municipio e xestionando optimamente o patrimo-nio municipal.

Nesta perspectiva, propoñemos as seguintes medidas e actuacións:

1 Continuar co proceso de saneamento financeiro iniciadono 2004 para proceder á súa finalización, mediante unhapolítica de contención do gasto e unha boa xestión decobros, sen que implique unha diminución na capacidadede actuación municipal para facer fronte aos retos enecesidades da cidadanía.

2 Maior orientación da fiscalidade e o gasto público munici-pal cara ao desenvolvemento económico selectivo en sec-tores de interese estratéxico para Santiago, propiciandobonificacións fiscais naqueles casos que así o precisen.

3 Introdución de criterios de Responsabilidade socialempresarial (RSE) e códigos éticos de conduta tanto nosprocesos de contratación pública como nas empresas eorganismos públicos locais, especialmente nos ámbitosde prácticas ambientais, igualdade de xénero e acciónssociais e solidarias.

Page 150: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

152

4 Redución do número de Ordenanzas fiscais municipais edas diferentes figuras tributarias en orde á súa meirandesimplificación.

5 Incrementando o número de bonificacións municipais ásfamilias atendendo a: número de fillos, discapacitados emaiores ao seu cargo, en función dos niveis de renda,etcétera.

6 Modernización da xestión dos ingresos municipais:

a. Implantación dun sistema de calidade aprobando unhacarta de servizos.

b. Ampliación e mellora dos servizos de atención aocontribuínte:

❚ potenciando a atención de forma personalizada,mediante a implantación do servizo de cita previa.

❚ potenciación da atención “multicanle” telefónica,mediante a web municipal, e a través dos novossistemas como o teléfono móbil ou a televisión dixitalterrestre.

Page 151: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

153

c Facilitar a xestión e evitar os custos indirectos:

❚ Xestión, domiciliación, cálculo e pago de impostosdesde o propio domicilio do contribuínte a través deweb do Concello.

❚ Creación da “conta tributaria local” co obxecto de queos impostos e taxas se poidan pagar de maneirafraccionada.

❚ Potenciar a domiciliación bancaria.

d Potenciación dun servizo de xestión catastralpropiamente municipal implementando unha base dedatos gráfica e un Punto de Información catastral (PIC)coa finalidade de xestionar con rapidez e claridade todoo relativo ás situacións catastrais do cidadán.

Page 152: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico
Page 153: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROPOSTAS MÁIS DESTACADAS

Page 154: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

156

Os grandes proxectos asociados a este programa, e quecómpre concretar e desenvolver, son os seguintes:

GRANDES OBXECTIVOS

1a Ampliación do ámbito da cidade declarado pola UNES-CO Patrimonio da Humanidade.

1b Relevancia e calidade do Xacobeo 2010

PROXECTOS INSTITUCIONAIS

2 Creación dos institutos municipais de Benestar Social eDesenvolvemento Económico.

3 Acción exterior municipal

NOVOS PROGRAMAS

4 Dinamización e activación dos Parques.5 Plan de aforro enerxético e de luz.

VIVENDA

6 Programa de vivenda (o ensanche norte: 60% VPO)

EQUIPAMENTOS

7 Grandes Equipamentos de Lecer (Sar-Estación; CentroHistórico: Belvís)

8 Cidade deportiva no Monte do Gozo, Centro Termal,Praia fluvial (Berdía/Chaián), Parque Deportivo Universi-tario de Poza de Bar, Piscina/equipamento deportivometropolitano no Sur (Conxo), Campo de Golf.

9 Circuítos ambientais (Pedroso, Sar, Sarela, Rocha, Botá-nico)/ Corredor ferroviario Sar-Estación de Sigüeiro.

10 Equipamentos sociais, especialmente para a terceiraidade: (Galeras); Hospital de Crónicos en Conxo.

11 Área do Hospital de Conxo: Investigación, Universidade;Campus de Ciencias da Saúde; Parque Científico-Tecno-lóxico.

Page 155: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

157

MOBILIDADE

12 Plan de mobilidade peonil e ciclística (cambio da orde-nanza de tráfico).

13 Novos aparcamentos públicos (Belvís, Olvido, Campus,Hospital, Vista Alegre, Viaduto de Cornes, Estación doAVE; San Lázaro).

14 Proxectos comarcais de Park and ride.

15 Plataforma especializada de transporte público comarcal(metro lixeiro, carril-bus).

INFRAESTRUTURAS

16 Saneamento do Sar e do Sarela, recuperación biolóxica,policía ambiental, saneamento metropolitano.

17 Accesos ao Aeroporto: A9-Autovía; Guitiriz, Santiago =Transcantábrica; Transporte Tren: relación dos intermodais.

18 Estación do AVE; Estación de Mercadorías, Centro loxís-tico de transportes en A Sionlla.

HINTERLAND

19 Propostas para o hinterland:

❚ Comunicación ferroviaria con Ribeira.

❚ Silleda (o complexo feiral)

❚ Conexión Carballo

❚ Mallado da conexión de Santiago coas novascomunicacións entre A Coruña e Costa da Morte, Muros.

❚ As vilas do Camiño de Santiago.

❚ Vilagarcía: Porto de Santiago de Compostela.Potenciación turística recíproca.

Page 156: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 27 DE MAIO DE 2007

158

CIDADE DA CULTURA

20 Conexión cidade–Cidade da Cultura:

❚ Establecer un acceso directo na Autoestrada AP-9remodelada, con tres carrís de circulación porsentido, no tramo Santiago Norte-Santiago Sur,resolvendo na nova sección os problemas deinterferencia co tráfico rexional pasante quepreocupan á administración da autoestrada.

❚ Prever o enlace Santiago Norte-Norte coa Autovía deLugo para o acceso directo ao Aeroporto de Lavacollae para o acceso dende o Corredor do Cantábrico e daAutovía A-6 da Meseta.

❚ Executar un acceso directo en viaduto dende aglorieta alta de Fontiñas (remodelada para permitirtodos os movementos e para salvar o gálibo das víasdo ferrocarril) no Vial Periférico (distribuidor do tráficourbano da cidade).

❚ Diversificar os accesos urbanos mediante Vía-Parquepola marxe sueste do futuro Parque das Brañas deSar, entre o Multiusos de Sar e Pontepedriña, conprolongacións cara ao norte a través do Barrio deFontiñas, e con comunicacións cos ensanches do Sure coa cidade histórica a través da Avda. Amor Ruibal,da nova vía Pontepedriña-Cornes, e da nova víaPontepedriña-Sar.

❚ Executar un acceso complementario Lamas deAbade-Cruceiro de Sar, capaz de canalizar tráficosurbanos de proximidade da cidade que se expandeao sur do ferrocarril.

Page 157: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

❚ Elaborar a barreira ferroviaria e acondicionar o Parque das Brañas de Sar e da súa Vía-Parque do sueste, para enriquecer a aproximación peonil apé de monte dende o contacto coa cidade densa(Rúa do Hórreo, Avda. de Lugo, Rúa de Sar)e dende a Estación Intermodal de Ferrocarril.

❚ Acondicionar o acceso peonil dende o barrio de Fontiñas e, a través del, dende os ensanches do Norte.

❚ Prever medios mecánicos que faciliten o ascenso dos peóns dende o pé do monte (transporteespecializado MICROMETRO).

PROGRAMA ELECTORAL do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela

159

Page 158: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico
Page 159: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

PLANOS

Page 160: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico
Page 161: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

GRANDES DOTACIÓNS PÚBLICASNOVAS ACTUACIÓNS

Page 162: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico
Page 163: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ENSANCHES RESIDENCIAIS E EMPRESARIAIS DO NORTE

Page 164: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico
Page 165: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico

ÁREAS URBANIZABLESNOVAS ACTUACIÓNS DE VIVENDA

Page 166: PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE SANTIAGO DE … · 2007-10-11 · No ano 2003, o programa electoral de Xosé A. Sánchez Bugallo á Alcaldía comezaba facendo un repaso histórico