PROGRAMA EDUCATIVO€¦ · vivendas desde as orixes da nosa especie. A cadeira. Un obxecto...

4
EXPOSICIÓN 7ABR—5NOV 2017 MUSEO CENTRO GAIÁS cidadedacultura.gal PROGRAMA EDUCATIVO

Transcript of PROGRAMA EDUCATIVO€¦ · vivendas desde as orixes da nosa especie. A cadeira. Un obxecto...

Page 1: PROGRAMA EDUCATIVO€¦ · vivendas desde as orixes da nosa especie. A cadeira. Un obxecto aparentemente corrente que, non obstante, está no centro da civilización. Empregada durante

EXPOSICIÓN7ABR—5NOV2017

MUSEOCENTROGAIÁScidadedacultura.gal

PROGRAMA EDUCATIVO

Page 2: PROGRAMA EDUCATIVO€¦ · vivendas desde as orixes da nosa especie. A cadeira. Un obxecto aparentemente corrente que, non obstante, está no centro da civilización. Empregada durante

Cadeiras Atlas de Tomás Alonso

Fósil de Finca Galea, en Foz

Manuel Ruibal Ruibal, Árboles en la tarde, 1988

Cadeira Antropomórfica, de Isaac Díaz Pardo

EXPOSICIÓN—DA ÁRBORE Á CADEIRA Programa educativo2

EXPOSICIÓN DA ÁRBORE ÁCADEIRA

A árbore. Parte vital do noso ecosistema, as fragas protexen a terra, preveñen a erosión, acubillan unha infinda variedade de fauna, renovan a atmosfera e compoñen a nosa paisaxe cultural. O ser humano desenvolveuse á sombra das árbores, obtendo delas tanto alimento como madeira: o primeiro material renovable da natureza, co cal crear utensilios de toda índole e que foi fundamental na construción de vivendas desde as orixes da nosa especie.

A cadeira. Un obxecto aparentemente corrente que, non obstante, está no centro da civilización. Empregada durante milleiros de anos como símbolo de poder, a cadeira leva formando parte do noso entorno doméstico só dende o século XVIII sen que a súa forma mudase demasiado. Facilita o descanso, habita o espazo e marca distincións. Non existe ningún moble máis esencial para a vida humana, nin un obxecto que se preste a semellante variedade de deseños.

A exposición Da árbore á cadeira que reunirá obras de arte de artistas como Castelao, Laxeiro ou Lugrís xunto con deseños de mobiliario de Díaz Pardo, de la Sota ou Xosé Bar Bóo, supón unha oportunidade única, como ferramenta de excepción, para que a comunidade educativa afonde na conexión íntima entre a natureza e o deseño, como dous aspectos fundamentais na nosa vida. A través dun programa educativo adaptado, a disposición de centros e grupos de todos os niveis de estudo, profundaremos na valoración da nosa paisaxe natural, do papel da árbore na nosa construción cultural, da transformación da materia prima para habitar o noso espazo doméstico e dos segredos do deseño contemporáneo.

OBXECTIVOS- Comprender a importancia da preservación da natureza para protexer un ecosistema habitable e sostible.

- Reflexionar sobre o papel da árbore e o bosque na construción cultural galega, como icona da paisaxe e a arte de Galicia.

- Analizar de xeito crítico o papel do deseño na nosa vida cotiá como ferramenta para a humanización do espazo.

- Poñer en valor os logros de diferentes arquitectos e deseñadores galegos na creación de mobiliario contemporáneo.

- Incentivar nos estudantes a observación activa do medio natural, contribuíndo á súa formación ambiental.

METODOLOXÍAAs actividades educativas consisten nunha visita comentada, cun percorrido discursivo adaptado aos diferentes niveis educativos, para coñecer a mostra e os seus contidos. Durante a visita estimularase a participación activa dos estudantes.

A actividade ten unha duración recomendada de 75 minutos. Por debaixo desta duración o persoal educativo non pode garantir o desenvolvemento completo da actividade.

Ofértase aos docentes a posibilidade de efectuar unha visita previa á mostra para unha mellor preparación da actividade. Sempre que sexa posible, recoméndase esta visita previa co persoal educativo da Cidade da Cultura como procedemento óptimo para a preparación e desenvolvemento das actividades.

7 DE ABRIL—5 DE NOVEMBRO 2017MUSEO CENTRO GAIÁS

PROGRAMA EDUCATIVO

Page 3: PROGRAMA EDUCATIVO€¦ · vivendas desde as orixes da nosa especie. A cadeira. Un obxecto aparentemente corrente que, non obstante, está no centro da civilización. Empregada durante

EXPOSICIÓN—DA ÁRBORE Á CADEIRA Programa educativo3

EIXOS EDUCATIVOSA visita comentada á exposición Da árbore á cadeira busca a participación activa dos estudantes, cun discurso aberto e participativo, que se artella en catro eixes educativos principais:

- Valoración do medio ambiente, da paisaxe e do hábitat humano. A exposición contará con pezas botánicas singulares e con imaxes artísticas de árbores senlleiras e bosques galegos tomadas expresamente para esta mostra por grandes fotógrafos como Vari Caramés, José Caruncho ou Juan de la Sota. Aproveitando este material expositivo, durante a visita promoverase a observación activa do medio natural, no marco dunha formación medioambiental crítica.

- Interpretación da árbore como elemento cultural. Pezas de Castelao, Laxeiro, Colmeiro, Urbano Lugrís, Luís Seoane ou Pamen Pereira, entre outros, servirán como porta de acceso ao estudo da representación artística da paisaxe galega. A través destas obras de arte os grupos escolares poderán estudar diferentes modos de representación artística aplicados ao medio natural propio de Galicia, profundando na súa educación artística.

- Divulgación dos oficios tradicionais de transformación da madeira. A madeira foi ao longo da nosa historia un material próximo e renovable, co cal se foi poboando o mundo doméstico galego, creando obxectos que van dende a culler de pau ata os bancos da lareira. Na mostra divulgaremos os oficios tradicionais galegos de transformación da madeira, a través dunha montaxe didáctica que permitirá aos estudantes coñecer os diferentes procesos artesanais dun dos oficios máis antigos.

- Exploración dos valores do deseño contemporáneo. Esta exposición reunirá por primeira vez deseños de pioneiros como Jesús e Alejandro de la Sota, Isaac Díaz Pardo ou Xosé Bar Bóo xunto con pezas contemporáneas de arquitectos e deseñadores como Pilar Díez + Alberto Noguerol, Gallego Jorreto, Elías Cueto ou Tomás Alonso, entre outros. Da árbore á cadeira permitirá aprender como funciona o deseño contemporáneo e reflexionar cos alumnos e alumnas sobre o papel do deseño na vida cotián.

INFORMACIÓN PRÁCTICA- Do 7 de abril de 2017 ao 23 de xuño de 2017- De martes a venres, de 10:00 a 19:00 horas- Grupos recomendados de 50 estudantes (consultar dispoñibilidade para grupos maiores)- Entrada e actividades de balde- Duración: 75 minutos

Para un correcto desenvolvemento das actividades, prégase puntualidade.

Información e [email protected]

No correo de solicitude de visita deberá indicarse:- Data da visita- Horario- Centro e nivel educativo- Número de estudantes e docentes que os acompañen- Persoa responsable do grupo e móbil de contacto- Observacións ou necesidades especiais

As quendas de visita serán asignadas segundo dispoñibilidade e por estrita orde de recepción da solicitude. Remitiráselle ao centro unha confirmación da visita.

As reservas deben facerse sempre por escrito a través do correo antes indicado, con independencia de calquera outra comunicación verbal ou telefónica.

Para máis información: 881 99 75 70 / 881 99 75 84

Page 4: PROGRAMA EDUCATIVO€¦ · vivendas desde as orixes da nosa especie. A cadeira. Un obxecto aparentemente corrente que, non obstante, está no centro da civilización. Empregada durante

EXPOSICIÓN7 abril–5 novembro 2017

DAÁRBOREÁ CADEIRA

Museo Centro GaiásCidade da CulturaSantiago de Compostela

cidadedacultura.gal