Presentacións educativas

14
PRESENTACIÓNS EDUCATIVAS Pilar Ponte Patiño, 2009. http://aprofa.blogspot.com

Transcript of Presentacións educativas

Page 1: Presentacións educativas

PRESENTACIÓNS

EDUCATIVAS

Pilar Ponte Patiño, 2009.

http://aprofa.blogspot.com

Page 2: Presentacións educativas

2

1. Que é unha presentación?

Dous significados:

Documento composto por un conxunto de diapositivas onde se desenvolve un tema de forma gráfica, textual e estruturada.

Acto oral planificado no que se desenvolve a explicación dun contido con diversos fins.

Page 3: Presentacións educativas

3

CONTIDO DESEÑO

1. Que é unha presentación?

O resultado de combinar 2 elementos:

Page 4: Presentacións educativas

4

2. Contido

Características:

Organización sinxela e sistemática.

Secuenciación lóxica e clara.

Veracidade da información.

Pertinencia da información. Incluiremos só o realmente importante.

Ética. Citaremos todas as fontes de documentación empregadas (textuais e gráficas).

Page 5: Presentacións educativas

5

2. Contido

Portada (título, autoría, ano e licenza de uso).

Corpo (desenvolvemento da presentación cos seus diferentes apartados).

Fontes de documentación (listaxe alfabética das fontes utilizadas para a súa realización).

Portada

Corpo

Corpo

Corpo

Fontes

Estrutura básica:

Page 6: Presentacións educativas

6

3. Deseño

Texto.

Tipo de letra.

Fondo e cor.

Imaxes, animacións e vídeos.

Sons.

Hipervínculos.

Abrangue os seguintes elementos:

Page 7: Presentacións educativas

7

3.1. Deseño: texto

1 idea ou concepto por diapositiva.

Usaremos letras MAIÚSCULAS e minúsculas.

Escribiremos en liñas curtas de texto.

Regra 5 X 8 X 8 de máximos.

5 palabras X título.

8 palabras X liña.

8 liñas X diapositiva.

Page 8: Presentacións educativas

8

3.2. Deseño: tipo de letra

Tamaño: non menor de 24 puntos (que é este).

Estilos: non máis de 3 estilos por diapositiva.

Fontes: recoméndanse Arial, Tahoma, Verdana e Times New Roman.

Aliñamento do texto:

Á esquerda (facilita a lectura).

Con xustificación completa (presenta un aspecto máis formal).

Á dereita (é máis informal).

Page 9: Presentacións educativas

9

3.3. Deseño: fondo e cor

Entre 3 e 5 cores por diapositiva.

O tema e os receptores condicionarán as cores.

Cores que contrasten.

Débese ler o texto o mellor posible.

Salientaremos con cor as palabras importantes.

Evitaremos o verde e o vermello na tipografía.

Fondo cores clarasTexto cores escuras

Fondo cores escurasTexto cores claras

Page 10: Presentacións educativas

10

3.4. Deseño: elementos visuais

Imaxes, animacións e vídeos

Reflicten ou engaden información.

Non poden distraer.

O tamaño debe ser o apropiado.

Resolución adecuada (non poden estar distorsionados).

Sempre citaremos a súa procedencia.

Page 11: Presentacións educativas

11

3.5. Deseño: sons

Non poden distraer da información.

Úsanse para o cambio de diapositiva.

Tamén serven para indicar cambio de tema.

Gardarán relación co tema e estilo.

Pódense poñer de fondo da presentación.

Page 12: Presentacións educativas

12

3.6. Deseño: hipervínculos

Son textos ou gráficos que nos levan a outra información.

Facilitan o acceso á información de primeira man.

O seu abuso desequilibra a progresión informativa.

No apartado de fontes da información incluiranse para facer referencia ás fontes dixitais.

Page 13: Presentacións educativas

13

4. O acto oral planificado

No acto de presentación coidaremos os seguintes aspectos:

A nosa aparencia persoal debe ser a correcta.

A linguaxe oral e a linguaxe corporal que en moitas ocasións transmite máis información.

A audiencia á que nos diriximos, non lle falaremos igual a unha clase de primaria que a unha clase de secundaria.

O ambiente, debemos procurar que favoreza a atención.

O equipo necesario, prepararemos previamente todos aqueles medios necesarios para o acto (ordenador, canón, etc.).

Page 14: Presentacións educativas

14

5. Fontes de documentación

MÁRQUEZ ALONSO, Ana Laura: Presentaciones electrónicas, recomendaciones. (Presentación)

MORALES ARIZMENDI, Rosa M.: Diseño de presentaciones efectivas. (Vídeo)

Música: Mike Oldfield and Enya piece.