Presentación1
-
Upload
esperanza-vazquez-dopico -
Category
Documents
-
view
167 -
download
4
Transcript of Presentación1
Un CÍRCULO LÍTICO é un
monumento megalítico formado por
pedras fitas chantadas no chan
formando un círculo ou unha elipse.
En Galiza podemos atopar diferentes
CÍRCULOS LÍTICOS.
Neste traballo fixarémonos nos
segunites:
-Freixo (As Pontes)
-A Mourela (As Pontes)
-Monte Lobeira (Vilanova deArousa)
É un pequeno círculo lítico, localizado no concello das
Pontes (A Coruña).
Mide 9,50 m de diámetro e está feito con pedras de cuarzo
branco ben conservadas , extraídas dos arredores.
Tal vez o máis sorprendente do círculo sexa unha curiosa
ringleira de pequenas lousas chantadas verticalmente no chan da
entrada e orientadas de Leste a Oeste. Están unidas entre sí e moi
soterradas. Son cinco lousas de pizarra que pretenden dividir o
acceso ao círculo en dúas metades.
Este círculo está situado nun lugar elevado desde o que se
contempla un amplo panorama.
Nas Pontes existe na actulidade unha
asociación que está moi interesada polo tema
dos mouros e de todas as actuacións que
estes levaron a cabo ao longo da súa
ocupación destas terras.
Van organizar unhas xorandas neste mes
de decembro para afondar sobre estes
temas.
Para máis información, premer no seguinte
enlace: http://www.amigus.org/mourela.php
Neste lugar das Pontes hai dous círculos líticos:
O primeiro círculo chámase “Círculo Menor da Mourela”, mide entre uns 7-8
metros de diámetro e encóntrase nunha explanada que posúe un outeiro.
Estudios posteriores demostraron que lugar o utilizaban para rituais case
que a diario, pois podería tratarse dunha reproducción en pedra do círculo da
mediciña celta.
O segundo círculo chámase “Círculo Maior da Mourela” . Este é o dobre do
outro, medindo arredor duns 14 ou 15 metros de diámetro.
Dícese que neste círculo apareceu “A Santa Compaña”. Utilizábase para
rituais claves como a celebración de 8 festas principais celtas (Yule, Imbloc,
Ostara, Beltane, Coamhain, Lughnasadh, Herfest e Samhain) así como lugar de
culto e ofrendas a deuses.
Moitos investagadores coinciden en que os dos círculos participaban dentro
do mesmo ritual.
A Mourela Pequena.
A Mourela Grande
Atópase nunha chaira situada ao pé do monte.
Ten uns18 metros de diámetro e parece
conformado por unha única liña de pedras
irregulares de mediano e gran tamaño.
Descoñécese a época da súa construción xa que os
investigadores non se poñen de acordo en que
momento da prehistoria se fixeron.
Desde hai dous anos os este círculo lítico é obxecto de
estudo do grupo de arqueólogos do CSIC.
http://www.historiayarqueologia.com/profiles/blogs/el-
circulo-litico-de-lobeira
TRABALLO REALIZADO POR:
ESPERANZA VÁZQUEZ DOPICO.