Presentación proxecto equinoccio

6

Click here to load reader

Transcript of Presentación proxecto equinoccio

Page 1: Presentación proxecto equinoccio

DESCRICIÓN DO PROXECTODESCRICIÓN DO PROXECTO

OBXECTIVO Calcular a latitude do noso instituto.COMO?Medindo a sombra proxectada por un pau de aproximadamente un metro de altura. Cun sinxelo cálculo matemático obtemos o valor da latitude. Este valor, xunto ao da lonxitude que consultamos nun atlas, permítenos localizar a nosa posición nun mapa.CANDO?No equinoccio de outono ou no equinoccio de primavera.QUEN?No proxecto participan varios centros de secundaria de catro continentes. Empregamos os datos de todos os participantes para coñecer a súa localización.

Page 2: Presentación proxecto equinoccio

A ROTACIÓN TERRESTREA ROTACIÓN TERRESTRE

A Terra xira sobre un eixo imaxinario que pasa polos polos. Tomando como referencia as estrelas, a terra tarda 23h56'4'' en dar unha volta completa (día sidéreo).Se tomamos como referencia o Sol, o mesmo meridiano terrestre pasa fronte á nosa estrela cada 24 horas (día solar).Este movemento dá lugar ao día e á noite.O eixo de rotación está inclinado 23,6º respecto á liña perpendicular ao plano da eclíptica.

Page 3: Presentación proxecto equinoccio

A TRASLACIÓN TERRESTREA TRASLACIÓN TERRESTRE

A Terra segue unha traxectoria elíptica de 930 millóns de quilómetros de lonxitude. Percorre esta distancia a unha velocidade media de 29,5 km/s, manténdose a unha distancia media do Sol de 150 millóns de kilómetros.

Dado que a órbita descrita pola Terra é elíptica, a distancia entre o Sol e a Terra vai variando ao longo do ano.

A Terra percorre a súa traxectoria a unha velocidade variable, maior no perihelio (punto máis cercano ao Sol) ca no afelio (punto máis lonxano). O tempo aproximado que tarda a Terra en dar unha volta completa é de 365 días e 6 horas.

Page 4: Presentación proxecto equinoccio

COORDENADAS XEOGRÁFICAS

LATITUDE E LONXITUDE. HORA SOLAR.LATITUDE E LONXITUDE. HORA SOLAR.

HORA GMT (Greewich Mean Time)

http

://to

do-

geo.

blo

gspo

t.co

m.e

s

http

:/ /a

lva r

ezda

neri .

com

.ar

No equinoccio de outono, que sucede en horario estival, a hora española é GMT+2. Lalín sitúase aproximadamente 8º graos ao oeste do meridianto de Greenwich. Isto fai que as 12.00 do mediodía segundo a hora solar, sexan aproximadamente ás 14:30 hora española.

No equinoccio de primavera, que sucede en horario invernal, a hora española é GMT+1, polo que o Sol indicará as 12 do mediodía aproximadamente á 13:30.

COORDENADAS DE LALÍN

8º 6' 41” O

42º 39' 40” N

Page 5: Presentación proxecto equinoccio

QUE SUCEDE NOS EQUINOCCIOS?QUE SUCEDE NOS EQUINOCCIOS?

O eixo de rotación da Terra é perpendicular aos raios do Sol, que caen verticalmente sobre o ecuador.

No ecuador, un pau non produce sombra ás 12 do mediodía hora solar. Noutras localizacións xeográficas, medindo a lonxitude da sombra e aplicando trigonometría básica, pódese calcular directamente a latitude correspondente.

Page 6: Presentación proxecto equinoccio

MATERIALCinta métrica.

Pau de entre 60 e 100 cm.

Cartolina.

PROCEDEMENTO EXPERIMENTAL PROCEDEMENTO EXPERIMENTAL

PROCEDEMENTOMedimos a lonxitude do pau.

Medimos a lonxitude da sombra ás 12.00 hora solar facendo unha marca na cartolina.

Realizamos unha medida cada grupo.

CÁLCULOS

θ=lonxitude da sombralongitud do pau

; θ = arc tanlonxitude da sombralonxitude do pau

; θ=latitude

Grupo Pau (cm)

Sombra (cm)

Latitude obtida experimentalmente

1 78,4 69,2 41,43

2 87,9 80,5 42,48

3 61,3 55,3 42,05

4 89 82,7 42,90

5 87,8 79,3 42,12

42,2 ± 0,4= 42º12' ± 24'