Presentación O Corpo

12
O NOSO CORPO O noso corpo ten tres partes: cabeza, tronco e extremidades. cabeza tronco extremidad es

description

 

Transcript of Presentación O Corpo

Page 1: Presentación O Corpo

O NOSO CORPO•O noso corpo ten tres partes: cabeza, tronco e extremidades.

cabeza

tronco

extremidades

Page 2: Presentación O Corpo

•Na cabeza está o cerebro e moitos dos órganos dos sentidos: o nariz, os ollos, a boca, as orellas...

Page 3: Presentación O Corpo

•No tronco están órganos moi importantes do noso corpo: os pulmóns, o corazón e o estómago.

•As extremidades superiores son os brazos e as inferiores son as pernas.

Page 4: Presentación O Corpo

•O noso corpo non é ríxido senón que se pode dobrar por unhas partes que se chaman articulacións. •As articulacións máis importantes son o ombreiro, o cóbado, o pulso, o xeonllo, o nocello, a cintura e o pescozo.

pulso

cintura

pescozo

nocello

xeonllo

cóbado

ombreiro

Page 5: Presentación O Corpo

•As persoas temos cinco sentidos que nos permiten coñecer o mundo:•A vista serve para ver o mundo que nos rodea. O órgano da vista son os ollos.

•O gusto serve para percibir os sabores. O órgano do gusto é a lingua.

Page 6: Presentación O Corpo

•O olfacto serve para percibir os olores. O órgano do olfacto é a nariz.

•O oído serve para percibir os sons que nos rodean. O órgano do oído son os oídos.

•O tacto serve para percibir como son as cousas que tocamos: duras, brandas, suaves, ásperas... O órgano do tacto está na pel.

Page 7: Presentación O Corpo

OS OSOSNo interior do noso corpo encóntranse os ósos e xuntos forman o esqueleto.

Os ósos son duros e ríxidos. Serven para dar forma ao corpo e para protexer outras partes máis delicadas, como o cerebro ou o corazón.

Os ósos non se poden mover nin dobrar e únense entre sí polas articulacións.

Page 8: Presentación O Corpo

Algúns dos ósos son:o cranioo cúbitoo radioo úmeroas costelasa columna vertebrala pelveo fémura tibia

Page 9: Presentación O Corpo

OS MÚSCULOS

Os músculos encóntranse baixo a pel e recobren o esqueleto.

Son brandos e elásticos e pódense estirar e encoller sen se romper.

Os músculos únense aos ósos por medio dos tendóns. Os tendóns son os encargados de tirar das articulacións e así podemos movernos.

Page 10: Presentación O Corpo

Algúns dos músculos máis importantes do noso corpo son:

os pectorais

os bíceps

e os abdominais.

os xemelgos

Page 11: Presentación O Corpo

A RESPIRACIÓNSe aguantas a respiración, decataraste de que podes estar moi pouco tempo sen coller aire. Isto ocorre porque para vivir necesitamos respirar continuamente.

Respiramos moitas veces ao longo do día, pero non sempre o facemos ben. Respirar correctamente é bo para a nosa saúde e, ademais, axúdanos a relaxarnos cando estamos nerviosos.

Page 12: Presentación O Corpo

Cando respiramos, entra aire no noso corpo. O aire pasa por un tubo que se chama tráquea e chega aos pulmóns, que se encontran no interior do noso peito.A continuación, expulsamos ese aire dos pulmóns e volvemos coller aire outra vez.

pulmóns

tráquea