Premios vitoria 2014

38
IES Ramón Mª Aller Ulloa Lalín 2014

description

Traballos premiados no 1º Concurso literario Mª Vitoria Taboada

Transcript of Premios vitoria 2014

Page 1: Premios vitoria 2014

IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA. LALÍN 2014IES Ramón Mª Aller Ulloa

Lalín 2014

Page 2: Premios vitoria 2014
Page 3: Premios vitoria 2014

1º ConCurso Mª Vitoria taboadaLalín a 9 de maio de 2014

Premios

Poesía

o xurado integrado por Carlos Míguez Macho, Mª Pilar Espiño Espantoso, e Ángeles García otero, acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio Mª Vitoria taboada de Poesía aos poemas asinados co pseudónimo de “Moraima” que corresponden a EVa GonZÁLEZ bLanCo: “pola súa apaixonada descrición da dor pola perda amorosa a través dunha linguaxe contida e orixinal, representación en si mesma dos seus últimos versos: só a poesía é verdadeira / se as palabras reflicten a complexidade / da alma humana”.

así mesmo, o xurado acorda conceder un accésit aos poemas presentados baixo o lema “o coello de alicia que me guía” da autoría de MariÑa Castro Fontao: “Polo exquisito control do surrealismo a través dunha linguaxe precisa expresada en versos curtos e cortantes que simbolizan unha visión amarga e descarnada da existencia”.

Page 4: Premios vitoria 2014

Relato cuRto

o xurado integrado por Javier López Quintáns, Mª Carme Vivero González e servando Lois silva, acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio Mª Vitoria taboada de relato Curto a Unha mente intranquila de MarÍa FraMiÑÁn daViLa: por crear unha historia na que “destaca a súa brevidade e concisión, o manexo dos tempos e a súa forma epistolar”.

así mesmo, o xurado acorda conceder dous accésit:un 1º accésit a Pero antes, de quen era? de HELEna PErEiras ViLLaMaYor, por elaborar “unha historia ben construída, sinxela e emotiva, que mantén un ritmo axeitado”E un 2º accésit a o padriño de Xosé de MartÍn ViLLar GiL, por construír “un relato ben resolto, cun elemento sorpresa que resulta congruente coa historia”.

Page 5: Premios vitoria 2014

MicRoRRelato

o xurado integrado por sebastián anxo rozas Álvarez, Xoán Carlos Vizoso González e Ánxeles Francis otero, acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio Mª Vitoria taboada de Microrrelatos aos titulados Dous saltóns, O cocho Manolito e Raro individuo de cidade asinados por sonia FraMiÑÁn GonZÁLEZ: polo “humor, maxia e valores como a amizade ou o reencontro coa natureza que están presentes nestes tres microrrelatos. a sinxeleza da expresión evoca así mesmo as narracións da tradición literaria infantil e popular”.

Page 6: Premios vitoria 2014

Relato curto1º Premio

Unha mente intranqUila

MarÍa FraMiÑÁn daViLa

Page 7: Premios vitoria 2014

Unha mente intranquila

non me gustaría recordar os momentos tráxicos do noso matrimonio...

os enfados, rifas, palabras máis que outras, enfrontamentos cada dous por tres. En fin, agora sei moi ben o que pasou nese tráxico día.

Era un día de primavera no que Emma adoitaba pasear polo parque, cando cheguei todo

Page 8: Premios vitoria 2014

alterado, malhumorado e como sempre bébedo á casa. Empeceille a berrar e a balancear o seu corpo débil, a causa do embarazo. Ela intentaba protexer o bebé como fora, pero esa ansia por querer protexelo levárono á morte.

Eu abalanceime sobre ela para darlle una labazada por terme berrado, cando ela perdeu o equilibrio do seu débil corpo.

Esa foi a tráxica morte da miña muller e do meu fillo, que nin sequera cheguei a coñecer e que rematou na tráxica escaleira, alí, no fondo rodeada por un gran charco de sangue.

Eu neste momento atópome no cárcere maquinando: Por que?, Como?, Cando?... E recordando o felices que foramos antes de casarmos . nosa primeira cita, no restaurante onde a coñecín por primeira vez. o primeiro bico no parque da igrexa onde anos despois casamos, nese pequeno e máxico, pero segredo, que tan só sabiamos del ela e eu. nese mesmo lugar, díxenlle o moito que a amaba e o importante que era para min e que non sería capaz de vivir sen ela. un lugar moi especial, alí mesmo foi onde me deu unha das miñas mellores alegrías, que esperaba un fillo meu. Acórdome dese día como se fora hoxe. Chegou coma de costume co seu amplo sorriso, ulindo a una frescura de rosas,

Page 9: Premios vitoria 2014

o seu característico aroma. E como non o seu apreciado fular que lle merquei en París.

E por último, pero non menos importante, o día que lle pedín matrimonio no alto da torre Eiffel, cun violinista tocando a nosa canción. iso é o que quero recordar, non ese tráxico día onde perdeu a vida miña muller e meu fillo entre as miñas mans.. Que fago agora sen nada polo que loitar e saír adiante! tíñao todo e quedei sen nada…

Escribo esta carta porque a miña vida xa non ten sentido sen a miña muller ao meu lado. sei que cometín tantos fallos que o único que podo facer é desaparecer deste mundo, xa que aquí non dou tido paz. a conciencia non me deixa vivir, cada día tortúrome pensando que son o culpable da morte da miña familia e efectivamente si que o son.

a última cousa que quero ver antes de morrer é a radiografía do meu pequecho e unha fotografía da miña muller e eu no alto da torre Eiffel.

adeus...

Page 10: Premios vitoria 2014

Relato curto1º accésit

Pero antes, de qUen era? HELEna PErEiras ViLLaMaYor

Page 11: Premios vitoria 2014

PeRo antes, de quen eRa?

Este é o ano 2013, un ano que poderiamos dicir que foi malo para Galicia e para España en xeral. será cousa do número 13? non o creo, porque os anteriores tamén foron malos, mesmo me atrevería a dicir que peores ca este, e non tiñan es-te fatídico número. Podería contar moitas historias pero esta concretamente resúlta-me moi entrañable. trátase dunha nena de catro anos, uxía, que vivía nunha pe-quena aldea de ourense con seus pais, Xan e anxos, e coa súa irmá pequena de dous anos, sabela. seu pai traballaba de albanel e

Page 12: Premios vitoria 2014

súa nai cosía para unha coñeci-da boutique. aínda que a boutique era de alta costura, anxos cosía día e noite para sacar un soldo decente.

de súpeto, sen saber moi ben como nin por que, apareceu a crise e Xan quedou sen traballo. Ao principio conseguía, aínda que con dificultade, facer algu-nha chapuza pola súa conta, pero isto tamén se foi acabando e, finalmente, quedou no paro. anxos veuse na obriga de dedicar máis horas á costura para poder sacar adiante a toda a súa familia. Xan decidiu dedicarse ao cultivo da horta para, cando menos, ter algo que comer e tamén pasar as horas un pouco entretido e sobre todo sentirse útil. sabela estaba encantada con esa idea porque seu pai estaba na casa todos os días e ta-mén porque lle encantaba axudalo a plantar leitugas e todo tipo de hortalizas pero, sobre todo, o que máis lle gustaba era ir cun cesto recoller tomates e pementos. sabela dicíalle a seu pai todos os días que ela cando fose grande quería ser coma el e plantar moitas leitugas, tomates, pementos, cenorias e sobre todo berenxenas, pola súa cor tan bonita.

uxía e sabela tiñan dúas curmás de 10 e 12 anos, María e Carme, que vivían en Vigo e ás que lles daban toda a roupa que lles ía quedando pequena para que, xa que os pais de uxía estaban nunha mala situación, non tivesen que gastar tantos cartos mercándolles roupa. despois de uxía esa

Page 13: Premios vitoria 2014

roupa pasaría para sabela.uxía púñase moi contenta cada vez que

herdaba algunha peza de roupa das súas primas. a pregunta que ela lle facía á súa nai sempre era a mesma:

—de quen era antes?anxos sempre lle respondía moi contenta,

pero á súa vez un pouco triste porque non lle podía mercar nada novo:

—antes era das túas curmás de Vigo.tantas e tantas cousas herdara uxía das

súas curmás que un día súa nai fíxolle un vestido novo para a festa da cidade e ela, como de costume, preguntoulle de quen fora antes. a nai contestoulle:

—Este vestido é novo uxía, é teu. Fíxeno eu para ti e estalo estreando.

Pero a nena non o entendía e seguía facendo a mesma pregunta unha e ou-tra vez. a nai, sen saber como explicarlle a uxía que o vestido non fora de ninguén antes, díxolle que era seu e despois pasaría para a súa irmá sabela. uxía, un pou-co triste, contestou:

—Vale mamá, pero eu quero que antes de ser meu sexa das miñas primas.

uxía era moi feliz traballando con seu pai e poñendo a roupa das súas pri-mas e seguiu moito tempo facendo a mesma pregunta: “Pero antes, de quen era?”.

Page 14: Premios vitoria 2014

Relato curto2º accésit

o Padriño de Xosé

MartÍn ViLLar GiL

Page 15: Premios vitoria 2014

o PadRiño de Xosé

Esta é a historia dun rapaz normal de catorce anos chamado Xosé, un nome común da súa terra. Xosé non sabía que, de súpeto, ía topar con unha das cousas máis importantes da súa vida. Era un rapaz pícaro, moi falador, moi amigable, pero sobre todo cabe destacar que era moi humilde e calado; xa que el queríalle moito ao seu padriño arsenio, que faleceu cando

Page 16: Premios vitoria 2014

tan só tiña sete anos por un cancro de pulmón, el admiraba a seu padriño máis que a nada, contáballe como tivo que emigrar a suíza con vinte anos entre moitas máis historias, e o seu padriño foi un exemplo a seguir para el.

Xosé vivía nunha aldea, cerca dunha pequena canteira da cal lle contou historias do pasado o seu padriño, esta situábase a medio quilómetro da súa casa e ao carón do río, á cal sempre se achegaban el e mais os seus amigos, Víctor e Manolo, para ir merendar, ata que se decatou súa nai e case non queda vivo do que lle berraron por acercarse ata a canteira; el, cavilando o porqué do enfado da súa nai, quedou intrigado co que alí acontecía e que provocara tal enfado na súa nai, ao día seguinte púxose de acordo cos seus compañeiros para facer unha escapada nocturna a dita canteira; aquela noite, cando saíu pola fiestra para fóra onde o agardaban Manolo e Víctor para ir á canteira, decatouse de que as curuxas estaban a oulear preto do río, isto recordoulle que o seu padriño lle contara unha historia sobre que as curuxas poden predicir a morte, pero pese a iso, a súa intriga era moito maior ao medo que estaba a pasar e non lle dixo nada aos seus compañeiros. Xa chegando á canteira, os calafríos entre eles

Page 17: Premios vitoria 2014

tres aumentaban máis e máis e, a medida que se facían camiño entre os chopos, este ía sendo tamén máis tenebroso. de súpeto, Xosé viu unha luz que alumeaba toda a canteira, e quedou perplexo, os seus compañeiros preguntáronlle que lle acontecera logo de lle ver a cara de parvo que lle quedara, e el só dixo de seguir camiñando, en silencio matinou por que viu unha luz e chegou á conclusión de que era polo sono. Cando chegaron a dita canteira coas súas lanternas, déronse conta de que alí non acontecía nada, estaba todo deserto, simple-mente había un montón de terra, un cepo de madeira e un pico nun recuncho. buscaron ata máis non poder, e tal foi a decepción de Xosé ao non topar con nada, que colleu o pico na man dereita e tirouno contra un dos lados da canteira; xa dado a volta e disposto a abrir camiño cara á casa, escoitou un pequeno golpe parecido ao dunha martelada contra a madeira, deu a volta e botou a andar cara ao estraño lugar que acabara de descubrir, estaba tapado pola terra que había amontoada, sacárona de diante e topáronse cunha porta de madeira, abriuna cun minucioso coidado e topou unha pequena sala, na cal había unhas candeas, unha pluma, un escritorio tallado polo seu avó, que era carpinteiro, e un morico de libros e follas

Page 18: Premios vitoria 2014

escritas ciscadas sobre a mesa, na cal destacaba unha que dicía: “Á fin, topaches o meu recuncho meu querido amigo Xosé, no cal podo deixar algo de min e da miña historia, pese a que tivera que emigrar a suíza, aquí deixo a miña vida en relatos e todas as historias que non puiden rematar de contarche, quérote.”

Xosé non foi capaz de ocultar as súas emocións ao ler a folla que lle deixara escrita seu padriño só para el. Pediulles a Manolo e a Víctor que non dixesen un pío do que viran esa noite, e así foi.

Page 19: Premios vitoria 2014

Finalmente, volveron todos ás súas casas, e dende aquela, Xosé foi visitar a canteira todas as noites para ler as memorias e historias que lle deixou o seu padriño coa luz das candeas para darlle máis emoción e ao mesmo tempo intriga. Con todo o que aprendeu Xosé do que leu do que seu padriño lle deixou, chegou á conclusión a medida que pasaba o tempo de que seu padriño non lle deu a vida, pero si lle ensinou a vivila; sen dúbida, hai cousas que nin os cartos substitúen, e ter as memorias do seu padriño arsenio era unha para Xosé.

Page 20: Premios vitoria 2014

Microrrelato1º Premio

doUs saltóns

o CoCho maldito

raro individUo da Cidade

sonia FraMiÑÁn GonZÁLEZ

Page 21: Premios vitoria 2014

dous saltóns

unha vez dous saltóns pelexaron. un cría que era o mellor e que saltaba moito máis alto, o outro dicíalle que non, que el era moito mellor porque saltaba máis lon-xe. nisto que mediante a discusión, cansados un do outro, un dixo: “Comprobémolo agora mesmiño e acabouse” así que alá foron. Chegaron ao prado máis grande, longo e coas mellores herbas que había na comarca e decidiron que aquel era o lugar

Page 22: Premios vitoria 2014

ideal. o primeiro deu un chimpo tan grande que chegou ata a outra esquina do prado, pero como as herbas estaban tan grandes e o prado era tan longo o outro daba chimpos e máis chimpos, mais non conseguía ver o compañeiro. os dous be-rraban todo o que podían, pero non se podían oír porque estaban moi lonxe. aburri-dos de discutir por algo que non lles pagaba a pena acordaron volver ao lugar de inicio para facer as paces. Cando xa estaban un a carón do outro decididos a face-las paces, déronse conta de que un era amarelo e outro verde, e de novo volveron discutir dicíndolle un ao outro que era o mellor. Así pasaron toda a tarde, pero ao final do día xa estaban cansados de discutir por parvadas, entón entenderon que a súa amizade era moito máis forte que as súas diferenzas e dende aquel momento souberon que os dous eran os mellores, cada un na súa cousa.

o cocho Maldito

os veciños da vila acordaron todos ordenar as súas adegas e sacar as cousas qu-e xa non valían para nada á rúa principal, aquilo era unha desfeita: colchóns, ferros oxidados, televisores

Page 23: Premios vitoria 2014

antigos, tubos, táboas que xa non había por onde coller... en fin, unha catástrofe. Logo de moito ollar para elas empezaron a enredar coas cou-sas e sen case darse conta comezaron a amontoalas dunha forma moi ordenada e curiosa. Entre todos quedaran cos cacharros vellos formando un gran cocho. Can-do se deron conta botáronse todos a rir. Viron que na punta do fociño tiña un letrei-ro ben grande que poñía “benvido Manolito”, de novo comezaron todos a rir e al-guén berrou: “será o cocho Manolito!”. aos veciños gustoulle a idea e como xa estaba na rúa principal pareceulles ben que quedase alí e dende aquel día fose o símbolo da vila. a partir de entón, por esa data todos os anos se celebra unha festa na que o que se fai é gozar de todos os diversos manxares do porco, os máis vellos contan a historia de como se construíu o cocho Manolito e logo móntase unha gran troula arredor súa.

RaRo individuo de cidade

aquel bichiño tan pequeno era moi peculiar. tiña unhas orellas longas, longas e con elas podía oír todo o que se dicía naquela cidade; tiña unhas

Page 24: Premios vitoria 2014

patas pequeni-ñas, pequeniñas e andaba veloz coma un raio, un pouco aquí e ao segundo acolá; tiña un gran bigote, moi espeso; tiña uns ollos grandes coma pratos, un azul e o ou-tro vermello, tiña tamén unha barriga enorme e redonda coma un queixo, nela cabí-alle todo o que atopaba por diante, mais tíñache unha boca ben pequeniña. Este bichiño tiña algo especial, pero ninguén conseguía saber o que era, os cidadáns víano e todos quedaban abraiados. o bichiño, canso de escoitar tantas voces na súa cabeza que o tiñan tolo, canso de andar de aquí para alá sen poder parar a contemplar nin a paisaxe que o rodeaba, canso de que todo o mundo o mirase con esa cara de abraio, colleu a súa maleta e marchou en busca dun lugar tranquilo no que poder estar acougado e relaxado, soamente escoitando o son da natureza, sen que ninguén o mirase, sen ter présa porque non tiña ningún lugar ao que chegar a tempo. dende ese día todos os cidadáns sentían que na cidade faltaba algo, pero non caian na certeza de que aquel bichiño marchara para sempre a un lugar tran-quilo. aquel tal bichiño resultou ser un bichiño moi especial, un gran bicho máxico.

Page 25: Premios vitoria 2014
Page 26: Premios vitoria 2014

Poesía1º Premio

FUXimos libres

seXamos CómPliCes

a Carlos Casares

EVa GonZÁLEZ bLanCo

Page 27: Premios vitoria 2014

“Quería retratar as paisaxes que a dor psíquica ara nos rostros, non por morbo senón por un feitizo abisal,”

‘O lapis do carpinteiro’ , Manuel Rivas

Page 28: Premios vitoria 2014

FuXiMos libRes

Fuximos libres do límite da realidade,da nosa realidade.sinxelamente, eramos cores.Cada alborada creaba o anhelode aventurarme na túa alma.algúns preludios de outonosazonaban o aire.aloumiños de verbas docese rumores de versos xa esquecidosmesturados no orballo de noites,de seránsnos que deixabamos a lúaespida con beliscos de sedución.os cantos perdéronse no arco da vellae a alma,un espello esnaquizado dentro.o feito se soñar como te penseinon é presente.o feito de por sempre xuntos estar,non será un futuro.o feito de non sermos é o noso ser.somos unha faciana de bágoasencerradas na gaiolaque é o silencio.

Page 29: Premios vitoria 2014

seXaMos cóMPlices

tentei escribir a melodía perfectamais decateime que a túa voznon ten partitura.Que ningunha batuta poderá escribir no airenotas agudas e graves de alegrías;doce alegoría do teu sorriso non mudo.Perdín a memoria recordandocada recuncho non esquecido da túa pel.os versos debuxan engurras na túa cara,inmaculada face,ao tempo que os teus beizosme ancoran á beira do abismo.oxalá este nonmesquezasme axude a non lembraresta cadenciosa e permanente dor.Esqueleto de ósos, canceríxeno pasado.Caducifolio amor con data de finsen inicio, ironías do tempo sobremesturadas aliteracións sen sentido silenciosas.as verbas morren nun suspiro lentoe os beizos interpretabancousas intelixíbeis entre nós.ti mo dixeches, Lois.“o amor hanos esnaquizar.”

Page 30: Premios vitoria 2014

a caRlos casaRes

Pois ben, aquí me tessabendo sen saber como son,mergullándome no baleiro marcheo de bágoas acumuladasao longo de séculos.rompe o mar de fóra,suspendido no tempo, nas ás das gaivotas.observoas grafías da escuma nos penedos,aloumiñándoos, bicándoos, mollando.as miradas son lentase as vidas, monótonas.Hipocentro deste trémulo sufrimentosufocado por amplas réplicas de esperanza.apertas baleiras, sentimentos baleiros,noites sen charlas coa almofadae acumulación de doenzasnestes versos invertidos.Fico aquí. a porta fecha.a soidade da lírica faime compaña.só a poesía é verdadeirase as palabras reflicten a complexidadeda alma humana.

Page 31: Premios vitoria 2014
Page 32: Premios vitoria 2014

Poesíaaccésit

granate

rUbí

esCarlata

MariÑa Castro Fontao

Page 33: Premios vitoria 2014
Page 34: Premios vitoria 2014

GRanate

o coello de alicia que me guíaPintando as rosas de vermelloCae pola tocoFlorece, murchaadormece, resucitaanxos escurosque lle brindan murmuriosÁs negras, intencións claras.EscóndetePoden ver todas as túas inseguridades, almiña podre.non creo todo o que vexo,non digo todo o que pensocalo todas as verdades.Intenta camuflarte.sendo escoura,estas maxestades caídas coñecen a túa historia.reverénciate cara á morte.Halos, pureza.Veleno nas veas.non é suicidiose por dentro estás xa completamente baleiro.Coma o rumor dun río.Coma a seca que chega despois.Corre o sangue.anda o sangue.Para o sangue.Para a vida.

Page 35: Premios vitoria 2014

Rubí

ollos de cristalLuz de vendavalbágoas de chumboPesan nas meixelasEsa boneca de trapo que ninguén quereEspertou do seu sono e comezou o pesadeloa triste ilusión dun cadáver que respiraChamando por un corazón sen negrónsxace nun ataúdesen velassen floressen chorossen cores.sendo unha pantasma cargando un abrigo de carne e óso.unha alma rota por todos eles.Por todas vós.ata a corda, afía a coitela, dispara a arma...Voan paxaros engaiolados.

Page 36: Premios vitoria 2014

escaRlata

afogada no seu propio marzoada na súa propia marea.arde coma romafría coma un caramelo.Un león que non recoñece o seu reflexo no lago.non pode soportaras pedras que tiran a dar.os monstros inquilinos nela.Miña xoia, mente insalubre.Voan balas, dan no brancono negro da promesa esquecida.no vermello do sangue verquido.a maquillaxe dun sorriso perdido,encontráronme queimado en cinzas,coma un ritualun musicalunha pantomimaunha obra que xamais se estrearánon se oen aplausos.só as campás.

Page 37: Premios vitoria 2014

iEs ramón Mª aller ulloanormalización

bibliotecadepartamento de Lingua Galega

Lalín, maio de 2014

Maquetación: sebas anxo

Page 38: Premios vitoria 2014