PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS...

17
1 Grao en Mestra/Mestre de Educación Infantil Ano académico 2014-15 PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e prácticas Código: G3131326 Módulo de Prácticum e Traballo Fin de Grao - 3º curso, 2º semestre - 18 créditos ECTS GUÍA DOCENTE Profesorado supervisor Salvador Cidrás Robles Pablo García Marín Rufino González Fernández Pablo González Sequeiros Mª de los Ángeles López de la Calle Isabel Fernández López Carmen Sarceda Gorgoso Uxía Garrido Filgueira (coord.) Facultade de Formación do Profesorado Av. Ramón Ferreiro, 10 27002 LUGO Tfno. 982 821005 Fax 982 821057

Transcript of PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS...

Page 1: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

1

Grao en Mestra/Mestre de Educación Infantil Ano académico 2014-15

PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e prácticas

Código: G3131326

Módulo de Prácticum e Traballo Fin de Grao - 3º curso, 2º semestre - 18 créditos ECTS

GUÍA DOCENTE

Profesorado supervisor Salvador Cidrás Robles

Pablo García Marín Rufino González Fernández

Pablo González Sequeiros Mª de los Ángeles López de la Calle

Isabel Fernández López Carmen Sarceda Gorgoso

Uxía Garrido Filgueira (coord.)

Facultade de Formación do Profesorado Av. Ramón Ferreiro, 10 27002 LUGO

Tfno. 982 821005 Fax 982 821057

Page 2: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

2

1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de Grao Créditos ECTS: 18 Prerrequisitos: para cursar esta materia é preciso ter superados cando menos 48 créditos do segundo curso do Grao en Mestra/Mestre en Educación Infantil, entre eles os da materia Prácticum I. Profesorado: Salvador Cidrás Robles, [email protected], 982 821 029 Pablo García Marín, [email protected], 982 821 059 Rufino González Fernández, [email protected], 982 821 038 Pablo González Sequeiros, [email protected], 982 821 040 Mª de los Ángeles López de la Calle, mangeles.lopezdelacalle, 982 821 050 Isabel Fernández López, [email protected], 982 821 036 Carmen Sarceda Gorgoso, [email protected], 982 821 034

2. SENTIDO DA MATERIA NO PLAN DE ESTUDOS

Segundo o plan de estudos do Grao en Mestra ou Mestre en Educación Infantil a materia de Prácticum II sitúase no 2º semestre do 3º curso. Está orientada cara ao labor docente na etapa de Educación Infantil, concretamente nos proxectos e prácticas que se levan a cabo no centro escolar e no coñecemento das características do seu contexto. Esta materia pretende, ademais, ser un nexo vertebrador entre a formación xa acadada polo alumnado durante do Grao, a través das materias cursadas ao longo dos tres primeiros cursos da titulación, coa realidade docente nas aulas de Educación Infantil. Malia que ese nexo cos contidos traballados durante eses cursos da carreira (habilidades e coñecementos adquiridos) iranse poñendo en valor no transcurso do Prácticum II –tanto no devagar das xornadas de formación como nas de permanencia nos centros escolares– imos concretar dun xeito máis detallado esa conexión, para o cal preséntase a continuación unha visión parcelada daquelas materias que se desenvolveron despois do Prácticum I. Vexamos:

Organización e Xestión do Centro Escolar: traballáronse contidos relacionados coa organización do centro escolar (espazos, persoal, horarios, calendario, agrupamentos, transporte), o período de adaptación, o clima escolar e a convivencia (dereitos e deberes das familias e o alumnado), o proceso de ensinanza aprendizaxe (PEC, PCC, PGA, memoria anual, regulamento de réxime interno, programacións didácticas), a avaliación do alumnado e as actividades complementarias e extraescolares.

Observación e Análise: Escola e Contexto: identificáronse os diferentes contextos que inciden na vida dos centros: social, familiar, organizativo. Abórdanse as técnicas de observación, de recollida de datos e de interpretación dos mesmos, promovendo no alumnado a observación como un hábito da vida cotiá na escola e no seu contexto e potenciando unha actitude analítica e crítica na interpretación das información e datos recollidos.

Page 3: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

3

Deseño e Desenvolvemento Curricular: trabállase o currículo oficial de Educación Infantil, algúns recursos, estratexias e instrumentos útiles para o uso das e dos mestres de Educación Infantil, e a programación de aula -o deseño e elaboración das unidades didácticas na Educación Infantil-. Oriéntase ao alumnado para chegar a ser profesionais con perfil investigador, reflexivo e crítico coa propia práctica, cunha actitude ética, con responsabilidade e solidaridade. Escola Inclusiva e Necesidades Educativas Especiais: abordáronse contidos referidos os diferentes instrumentos de identificación de necesidades educativas especiais, así como as estratexias didácticas máis pertinentes en cada caso para dar resposta a esas necesidades. Tamén algunhas pautas de intervención educativa para a optimización dos procesos de aprendizaxe e desenvolvemento na etapa da educación infantil no marco dunha escola inclusiva e atendendo ás necesidades educativas especiais. Procesos de Mellora e uso das TIC: abordáronse cuestións relacionadas coas implicacións sociais e culturais que se derivan do uso das TIC na sociedade en xeral e na infancia en particular, coas potencialidades didácticas das TIC nos procesos de ensinanza-aprendizaxe na etapa de educación infantil e tamén o coñecemento das características e a funcionalidade das TIC no ámbito da educación infantil. Aprendizaxe da Lingua Oral: abordáronse contidos referidos á fixación de etapas adquisitivas no desenvolvemento da linguaxe infantil, á presenza das linguas no marco lexislativo vixente, e a aplicación de conceptos básicos manexados no eido do ensino e aprendizaxe de linguas para o deseño de actividades. Iniciación á Lectura e a Escritura: traballáronse os seguintes contidos teórico-prácticos: os procesos evolutivos e a aprendizaxe da lectura e a escritura, os modelos e métodos de iniciación á lectura e escritura, os contidos curriculares e do ensino da lectura e a escritura, tamén a súa secuenciación. Así mesmo o alumnado coñeceu programas, actividades, recursos, exercicios e fichas para a aprendizaxe da lectura e a escritura. Aprendizaxe da Matemática: traballáronse aspectos relacionados co tratamento curricular da matemática na educación infantil, as principais teorías sobre o desenvolvemento dos conceptos matemáticos na infancia, os materiais e recursos para a ensinanza-aprendizaxe da matemática na educación infantil.

Educación Visual e Plástica: Contextos e Procesos Artísticos: abordáronse contidos referidos á análise reflexivo dos estereotipos en torno a educación artística actual, baseada no modelo reprodutivo (fichas) para, posteriormente, establecer ferramentas de produción significativas para o alumnado centradas en procesos e experiencias persoais. Ao mesmo tempo, atender as problemáticas da nosa contorna para dar lugar a unha educación cívica en arquitectura, cultura visual, patrimonio, tradición, natureza, etc. Música na Educación Infantil: traballouse a escoita como desenvolvemento da experiencia musical a través da Pedagoxía de Creación Musical, a estruturación do traballo no xesto sonoro, a organización do recanto da música segundo os materiais máis adecuados, os obxectivos a acadar e os momentos do día. Outros contidos foron: a función do mestre/a

Page 4: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

4

como guía de aula e as gravacións das improvisacións das nenas e nenos como base do traballo de aula.

Motricidade Infantil: abordaranse cuestións relacionadas cos fundamentos teórico-prácticos do desenvolvemento motor e psicomotor do alumnado de educación infantil, a importancia do movemento e do traballo corporal para estimular o desenvolvemento harmónico na infancia, e os criterios didácticos centrados na globalización das situacións educativas: recursos, materiais, espazos, tempos, ambientación e avaliación.

3. COMPETENCIAS Con independencia de que esta materia debe contribuír, en maior ou menor medida, ao desenvolvemento de todas as competencias asociadas á titulación, algunhas posúen unha especial relevancia para este Prácticum II, estas son as que se citan a continuación, sexa textualmente ou tomando como referencia as incluídas na ficha da memoria para a verificación do título. 3.1. Competencias xerais: 1. Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil. 2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotriz e volitiva. 3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos diversos que atendan ás singulares necesidades educativas do alumnado de educación infantil, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos. 4. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. 5. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida. 6. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. 7. Coñecer modelos de mellora de calidade con aplicación aos centros de educación Infantil.

3.2. Competencias específicas: E.59. Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma. E 60. Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como desenvolver as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia. E 61. Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e, en particular, o de ensinanza-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias. E.62. Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro. E.63. Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando dende a práctica. E.66. Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social.

Page 5: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

5

3.3. Competencias básicas: B.3. Desenvolver a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. B.4. Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. 3.4. Competencias transversais: T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega. T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación. T.4. Competencia informacional.

4. OBXECTIVOS Os obxectivos que se pretenden conseguir nesta materia están estreitamente conectados cos coñecementos e habilidades adquiridos e desenvolvidos en materias que o alumnado cursou ao longo dos tres primeiros cursos da titulación, e que contribúen á adquisición das competencias antes citadas. 4.1. Obxectivos conceptuais (“saber”): -Coñecer o centro escolar, o seu funcionamento e a interacción co seu contexto. Se procede, tamén o marco normativo. -Coñecer o currículo de Educación Infantil, en particular daquelas áreas sobre as que se traballe especificamente durante o período de prácticas. -Coñecer as características do alumnado, as súas singularidades, os seus intereses e as súas necesidades educativas. Coñecer as relacións interpersoais que teñen lugar na aula de referencia e a súa influencia no clima de aula. -Coñecer as posibilidades e limitacións dos materiais e recursos susceptibles de emprego nas aulas de educación infantil. -Coñecer pautas para o deseño, o desenvolvemento e avaliación de proxectos de aula. 4.2. Obxectivos procedimentais (“saber facer”): -Recoller datos para a descrición do centro escolar, o seu funcionamento e a interacción co contexto: ANPA, Concello, Servizos sociais, etc. -Describir e analizar os documentos impresos que emprega a/o docente para a planificación e o desenvolvemento das súas tarefas na aula: libros de texto, unidades didácticas, proxectos, adaptacións curriculares, fichas, etc. -Describir e analizar os recursos existentes na aula desde diversas dimensións: plástica e visual, motriz e literaria. -Describir e analizar o uso das TIC e os recursos electrónicos empregados na aula: gravadoras, cámaras fotográficas e de vídeo, ordenadores, etc. -Describir e analizar as actividades complementarias que desenvolve a/o docente: conmemoracións, visitas, excursións, etc. -Deseñar, desenvolver, avaliar e documentar proxectos ou experiencias na aula, tendo en conta as suxestións da ou do titor, a orientación da supervisión e os intereses do alumnado do Prácticum. -Describir o clima de aula, tendo en conta as relacións horizontais e verticais.

Page 6: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

6

-Identificar os conflitos e as estratexias para a súa resolución, analizalos e facer novas propostas tendo en conta as características do grupo e o propio autocoñecemento. 4.3. Obxectivos actitudinais (“saber ser”): -Cooperar coa titora ou titor naquelas propostas que sexan de interese para o alumnado da aula. -Crear una relación de confianza coa titora ou titor correspondente que permita un bo traballo en equipo e contribúa á construción dun adecuado clima de aula. -Valorar e asumir a responsabilidade que, como docentes en prácticas, vaise adquirindo na relación co alumnado, o profesorado, as familias e aqueles outros axentes que interveñan no centro educativo. -Esforzarse por adquirir e potenciar algunhas das características que son necesarias para desenvolver adecuadamente a función docente: autocontrol, paciencia, interese, actitude reflexiva e crítica, curiosidade intelectual e capacidade de adaptación e improvisación. -Amosar valores e actitudes de compromiso coa defensa da democracia e os dereitos humanos, de forma que se traduzan en comportamentos apropiados cara ao alumnado, o profesorado do centro e os restantes membros da comunidade educativa. -Tomar conciencia da propia habilidade comunicativa e dos recursos verbais e non verbais empregados.

5. CONTIDOS En consideración da orientación específica deste Prácticum II, os contidos de traballo intentarán cubrir dúas dimensións relacionadas entre si, dentro dun proceso de aprendizaxe da ensinanza: por unha banda, o centro escolar e o seu contexto (marcos normativos cando sexa o caso); por outra, a aula, cos proxectos e a acción docente que se desenvolven nela (tempos, espazos, actividades e recursos, xestión das relacións). En virtude deste propósito, e a partir dos obxectivos sinalados, os contidos que se pretenden tratar son os seguintes: Conceptuais (“saber”): - Marco normativo, organización, xestión e funcionamento dos centro escolares. - O currículo da Educación Infantil. - Características psicoevolutivas do alumnado. - Materiais e recursos didácticos. - Unidades didácticas e proxectos de aula. - Xestión da aula e resolución de conflitos. Procedimentais (“saber facer”): - Tarefas propias do aprendiz de docente, proceso de socialización e construción de coñecemento profesional. - Elaboración, aplicación e avaliación de proxectos de aula (unidades didácticas, adaptacións, proxectos, etc.). - Aplicación de estratexias para resolver os conflitos que xurdan na aula. - Redacción do informe ou memoria final, con todos os apartados referidos ás actividades desenvolvidas e segundo os criterios de: gramaticalidade (ortografía, normativa, léxico, etc.), cohesión, coherencia, adecuación, linguaxe non discriminatoria, presentación formal e responsabilidade medioambiental.

Page 7: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

7

Contidos actitudinais (“saber ser”) -Dimensión ética da profesión de mestra/mestre. -Calidades profesionais asociadas á función docente. -Relacións do alumnado en prácticas cos membros da comunidade e coas familias. -O Código deontolóxico da profesión docente.

6. ACTIVIDADES PRESENCIAIS Estas actividades teñen o obxectivo de preparar ao alumnado para o período de estancia nos centros educativos e, posteriormente, fomentar a reflexión sobre as experiencias vividas no desenvolvemento da fase de estadía. Desenvolveranse en tres fases: preparación, seguimento e reflexión, que o alumnado levará a cabo coa supervisora ou supervisor que lle corresponda en función do centro escollido. A metodoloxía docente será manifestamente interactiva e participativa. Fase organizativa Esta fase é responsabilidade da coordinación xeral do Prácticum, e nela o alumnado recibirá información sobre:

O calendario do Prácticum.

Os centros educativos ofertados dende a Facultade.

A posibilidade de escoller centro fóra de Lugo para a estadía.

Os pasos a seguir no caso citado anteriormente: ficha de solicitude de centro e datas de devolución da mesma –debidamente cumprimentada–.

Posteriormente, previa comunicación vía correo electrónico, terá lugar unha reunión para a elección de centro entre o alumnado que ten intención de desenvolver a fase de estadía nalgúns dos centros ofertados pola Facultade.

A continuación, dende a coordinación xeral do Prácticum comunicarase, mediante información no taboleiro do curso, o centro e a supervisión correspondente a cada alumna e alumno.

Paralelamente será enviada unha carta a cada centro educativo na que se informará dos datos do alumnado que desenvolverá a fase de estadía nel. Isto facilitará a organización do propio centro e legalizará o desenvolvemento da fase de estadía do alumnado notificado.

Finalmente terá lugar unha reunión na que se comunicará ao alumnado as normas fundamentais de actuación durante a fase de estadía nos centros educativos e se fará entrega dos que o alumnado deberá presentar no primeiro día de estadía. Esta reunión terá lugar o martes 3 de febreiro de 2015 no salón de actos.

Baixo ningunha circunstancia o alumnado poderá iniciar a fase de estadía nun centro sen que este teña recibido a notificación pertinente por parte da coordinación xeral do Prácticum. Incumprir esta norma suporá o cese inmediato do desenvolvemento desta fase. Fase de preparación Sesión en pequenos grupos

- Responsables: o profesorado supervisor. - Data e lugar: xoves, 5 de febreiro de 2015, de 15:30 a 17:30 horas, nas aulas

correspondentes.

Page 8: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

8

- Contidos: presentación da guía docente. Información xeral sobre os obxectivos, contidos e actividades da materia, criterios de avaliación, organización das sesións de seguimento e reflexión. Preparación para a fase de estadía nos centros educativos.

Aulas correspondentes a cada supervisora e supervisor:

- Salvador Cidrás Robles, aula de Plástica - Pablo García Marín, aula 27 - Rufino González Fernández, aula 20 - Pablo González Sequeiros, 22B - Mª de los Ángeles López de la Calle, aula de Música - Isabel Fernández López, aula 23 - Carmen Sarceda Gorgoso, aula de Medios audiovisuais

Fase de seguimento Coincidirá coa fase de estadía nos centros e desenvolverase a través das sesións de titoría do profesorado supervisor. Fase de reflexión Sesións coa supervisora ou supervisor correspondente. Integra sesións de apoio para a elaboración e concreción do documento ou memoria final, discusión da mesma e reflexión sobre o proceso de aprender a ensinar e o traballo nos centros educativos. Os xoves 9 e 16 de abril, de 15:30 a 17:30 horas. Actividades:

o Posta en común das experiencias desenvolvidas e análise do que se aprendeu, cuestionou e/ou mudou durante as fases anteriores.

o Aprendizaxe entre pares: presentación por parte do alumnado do proxecto, unidade didáctica, conxunto de actividades, etc., que desenvolveu na aula de referencia.

o Nestas xornadas tamén poden ter lugar un tempo para a autoavaliación, analizando e expoñendo aqueles aprendizaxes que o alumnado foi quen de aprender durante a fase de estadía:

- Os saberes aprendidos (que sei agora que non sabía ao comezar as prácticas). - As habilidades e destrezas adquiridas (o que aprendestes a facer). - As crenzas, actitudes e/ou valores que se cada quen se cuestionou, reafirmou,

mudou e/ou adquiriu. Coas sesións de seguimento preténdese potenciar a actividade reflexiva do alumnado, quen a partir da presentación das experiencias vividas –diversas e únicas– dos coñecementos e habilidades que foi acadando e das dúbidas que xurdiron, vai construíndo novas aprendizaxes baseadas na intercoñexión teorico-práctica.

Outro xoves do mes de abril (sen concretar data a día de hoxe). Actividade:

o Sesión conxunta na que terá lugar unha charla-coloquio. Os produtos destas tres fases quedarán reflectidos no documento final do alumnado, xa que a través do proceso de reflexión-acción que esixen, constrúese unha importante parte da estratexia de ensino-aprendizaxe desta materia.

Page 9: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

9

7. FASE DE ESTADÍA NOS CENTROS EDUCATIVOS A estadía no centro de prácticas –cada quen en función do horario escolar do seu colexio; no caso das escolas infantís, o alumnado permanecerá 5 horas diarias e o horario será pactado coa dirección do centro– terá lugar dende o 9 de febreiro ao 27 de marzo de 2015. Actividades que o alumnado levará a cabo durante esta fase As actividades que o alumnado vai desenvolver nos centros de prácticas van ser orientadas dende a Facultade, pero tendo en conta as características concretas de cada aula de educación infantil. O alumnado, traballando conxuntamente co profesorado supervisor e titor, concretará aquelas propostas que, dentro das indicadas no apartado de contidos desta guía, sexan as máis adecuadas para a súa realidade docente concreta. Así e todo, hai unha característica significativa que diferenza a este Prácticum II do Prácticum de I, que é a obrigatoriedade da participación e intervención activa nas dinámicas de aula. O alumnado universitario, si ben necesitará dunhas xornadas de observación e adaptación para o coñecemento da aula e as características que a fan única, deberá implicarse progresivamente nas diversas responsabilidades que esixe a titoría da aula, intervindo con disposición, traballo previo, reflexión, comunicación e seguridade, naquelas accións e actividades que a titora ou titor lle vaia confiando; de tal xeito que, á maior brevidade posible, sexa capaz de asumir con total autonomía e responsabilidade a dirección dalgún proxecto, unidade didáctica, obradoiro ou calquera outra proposta que teña decidido desenvolver. Concretando, as actividades serán as seguintes –lémbrase ao alumnado que as propostas de traballo non se desenvolven exclusivamente na aula ou centro educativo, senón tamén fóra del a través da revisión das materias cuxos contidos estean relacionados coas aprendizaxes a desenvolver neste Prácticum, a lectura de artigos e libros de interese, a reflexión, a escrita das notas de campo, etc.–:

1. Revisar o currículo da educación infantil en Galicia, o marco normativo, a organización, a xestión e o funcionamento dos centros escolares.

o A partir dos coñecementos citados anteriormente, observar e recoller datos (notas de campo) para a descrición do centro escolar, o seu funcionamento e as relacións co seu contexto: ANPA, Concello, Servizos Sociais, etc.

2. Revisar o traballo feito durante o Prácticum I, posto que servirá como referente para

a observación do ambiente de aprendizaxe desta nova aula (a organización dos espazos, dos tempos, do tipo de actividades e da interacción da mestra ou mestre co alumnado).

o Observar e describir, como xa se fixo no Prácticum I, o ambiente de aprendizaxe da aula, xa que este coñecemento vai ser o punto de referencia para respectar as dinámicas de aula e hábitos xa asentados, o cal é imprescindible para ir asumindo con seguridade e responsabilidade o rol de mestra/e nese contorno concreto.

o Describir o clima de aula, tendo en conta as relacións horizontais e verticais. o Identificar os conflitos e as estratexias para a súa resolución, analizalos e facer

novas propostas tendo en conta as características do grupo e o coñecemento dun mesmo.

Page 10: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

10

3. Revisar os coñecementos xa adquiridos sobre os materiais e recursos didácticos nas

aulas de educación infantil. o Describir e analizar os documentos impresos que emprega a/o docente para a

planificación e o desenvolvemento das súas tarefas na aula: libros de texto, fichas, unidades didácticas, proxectos de aula, adaptacións curriculares, etc.

o Describir os materiais e recursos empregados na aula ou nos espazos de uso común (aula de psicomotricidade, patio, sala de descanso, etc.)

o Analizar o uso das TIC e os recursos electrónicos empregados na aula. o Describir e analizar as actividades complementarias que teñan lugar durante o

presente curso con especial mención ás do período no que se desenvolve o Prácticum II: conmemoracións, visitas, excursións, etc.

4. Revisar o “Código deontolóxico da profesión docente” –entregouse como documento de traballo no Prácticum I– como marco de referencia ético para a asunción do rol docente.

o Esforzarse por adquirir e potenciar algunhas das características que son necesarias para desenvolver adecuadamente a función docente: autocontrol, paciencia, interese, actitude reflexiva e crítica, curiosidade intelectual e capacidade de adaptación e improvisación.

5. Revisar a teoría e a práctica sobre a elaboración de unidades didácticas, proxectos de

aula, obradoiros, recunchos. o Deseñar, desenvolver, avaliar e documentar proxectos, experiencias ou

conxunto de actividades de aula, nas que se terán en conta as suxestión da titora, a orientación da supervisión e o interese propio. Naquelas situacións nas que o alumnado non poida desenvolver

completamente a súa proposta por cuestións de organización interna da mesma aula de educación infantil; deberá redactala e especificar no informe as causas polas que non puido aplicala na súa totalidade.

o Durante o desenvolvemento dos proxectos ou experiencias de aula, o alumnado realizará un diario descritivo e reflexivo que reflectirá a súa actuación como ensinante responsable do mesmo.

6. Ir asumindo, despois das primeiras xornadas de observación e adaptación á aula e ao centro, todas aquelas responsabilidades que vaia indicando a titora, de tal xeito que estas primeiras actuacións acompañadas vaian derivando nunha maior autonomía ata permitir asumir, con total responsabilidade, tanto o desenvolvemento do proxecto anteriormente citado, como tamén a dinámica total da aula durante períodos concretos de tempo.

o Crear unha relación coa titora ou titor que permita un bo traballo en equipo e contribúa á construción dun adecuado clima de aula.

8. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS Todo o alumnado deberá elaborar e presentar un informe final do Prácticum II que estará referido a todo o período de prácticas (fases de preparación, permanencia nos centros,

Page 11: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

11

seguimento e reflexión), nel o alumnado recollerá as aprendizaxes que vaia acadando e todos os documentos sobre os traballos que vaia elaborando para a materia. É imprescindible que estean presentes os seguintes contidos:

o CENTRO E AULA. Debe ofrecerse unha presentación do centro e da aula na que se realizan as prácticas, salientando os elementos que se consideren singularizadores ou significativos. Estes contidos deben ter unicamente un valor contextual.

o ACTIVIDADES DE AULA. É necesario amosar unha descrición detallada da dinámica e das tarefas que se desenvolven na aula de prácticas. Analizaranse as rutinas levadas a cabo e a tipoloxía de actividades. Estes contidos deben ter unicamente un valor contextual.

o TAREFAS ASUMIDAS POLO ALUMNADO EN PRÁCTICAS. Debe ofrecerse unha presentación reflexiva das tarefas que, como docente en prácticas, se asumen na aula e fóra da aula.

o PROPOSTA DIDÁCTICA PERSOAL. Será obxecto de especial interese o deseño dunha proposta didáctica persoal. Deberá xustificarse a elección dun ou doutro tipo de actividades (tarefas incluídas nun proxecto, confección dunha unidade didáctica, elaboración dun obradoiro...). A preferencia é que as actividades deseñadas sexan secuenciadas. Será necesario aludir ás expectativas previas e ao acontecido durante a posta en práctica das actividades deseñadas, relatando e analizando todo o vivido. Este contido debe ocupar un lugar central no informe.

o CONCLUSIÓNS. Debe ofrecerse un apartado final no que se recollan as principais conclusións referidas á experiencia vivida durante a estadía no centro.

o REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS. Deben ofrecer os datos completos das fontes empregadas na elaboración do informe.

- Este informe escribirase cunha tipografía Times New Roman ou similar, tamaño 12 e

interliñado sinxelo. O número de páxinas non será superior a 40 sen contar os anexos. Así mesmo, a presentación do traballo manterá uns indicadores de calidade lingüística mínimos, baseados nas aprendizaxes sobre a competencia comunicativa escrita que o alumnado acadou durante o 1º curso do Grao.

- O alumnado terá liberdade para fixar a estrutura do informe final a partir dos contidos que se citaron anteriormente. A coherencia e cohesión acadadas nesta tarefa de distribución e xerarquización de contidos serán tidas en conta no proceso de avaliación.

- A data límite de entrega do informe final coindirá coa data oficial fixada para o exame desta materia.

Actividades opcionais

O alumnado tamén poderá realizar as seguintes actividades: o Lectura e comentario reflexivo do libro de Carmen Díez Navarro Un diario de clase no

del todo pedagógico. O alumnado que realice esta lectura e queira que lle sexa valorada, presentará un traballo seguindo os criterios da ficha que presenta no Anexo 1 desta guía.

o Resume e reflexión sobre a charla-coloquio que terá lugar nunha das sesións de reflexión.

A realización destas tarefas é un requisito ineludible para poder optar á cualificación de Matrícula de Honra.

Page 12: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

12

9.BIBLIOGRAFÍA 9.1. Bibliografía básica Arenas, Gloria (coord.) (1999). El crisol de la participación. Investigación sobre la

participación en consejos escolares de centro. Málaga: Aljibe. Arnaiz, Pere et Isús, Sofía (1997). La tutoría, organización y tareas. Barcelona: Graó. Cela, Jaume et Palou, Juli (2005). Carta a los nuevos maestros. Barcelona: Paidós. Díez, Carmen (1999). Un diario de clase no del todo pedagógico. Madrid: Eds. de la Torre. Ferry, G. (1991). El trayecto de la formación. La enseñanza entre la teoría y la práctica.

Barcelona: Paidós. Gimeno, José (coord.) (2001). Los retos de la enseñanza pública. Madrid: Akal. Imbermón, Francisco (coord.) (2005). Vivencias de maestras y maestros. Compartir desde la

práctica educativa. Barcelona: Graó. Marchesi, Álvaro (2004). Qué será de nosotros, los malos alumnos. Madrid: Alianza. Martín, Xus et alii (2008). Tutoría: técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza. Pennac, Daniel (2008). Mal de escola. Vigo: Xerais. Perona, Carmen (2010). Preguntas y respuestas del profesorado de la enseñanza pública no

universitaria. Madrid: WoltersKluwer. Porlán, Rafael et Martín, José (1998). El diario del profesor. Un recurso para la investigación

en el aula. Sevilla: Díada. Torrego, Juan (coord.) (2006). Modelo integrado de mejora de la convivencia. Estrategias de

mediación y tratamiento de conflictos. Barcelona: Graó. Vaello, Juan (2007). Como dar clase a los que no quieren. Madrid: Santillana. Zavalloni, Gianfranco (2011). La pedagogía del caracol. Por una escuela lenta y no violenta.

Barcelona: Graó. Antón, Montserrat (2008, 2ª ed.): Planificar la etapa 0-6. Barcelona: Graó. Ibarrola, B. (2010). Educar las emociones a través del cuento. Madrid: SM. Loughlin, C.E. e Suina, J.H. (1987): El ambiente de aprendizaje. Diseño y organización.

Madrid: MEC-Morata. Majem, T. e Ódena, P. (2007, 2ª ed.): Descubrir jugando. Barcelona: Octaedro. Zabalza, M.A. e outros (2008, 2ª ed.): La calidad en la educación infantil. Madrid: Narcea. 9.2. Webgrafía básica www.binquedia.net A rede galega do xogo tradicional. www.escolasinfantis.net A galiña azul, rede de escolas infantís de Galicia. https://www.edu.xunta.es/webcentros Consulta de centros. Aplicación buscador da web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. www.ceapa.es Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos. www.consellodacultura.org/asg/instrumentos Os instrumentos musicais na tradición galega. www.edu.xunta.es Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia. www.educacion.gob.es Ministerio de Educación, Goberno de España. www.edugaliza.org O ensino galego na rede. http://elordenadoreninfantil.blogspot.com Sobre o recanto do computador e as tic en educación infantil www.escuelarural.net Un espazo colectivo dende e para a escola rural. http://innovarteinfantil.wordpress.com Innovarte. Educación infantil: Interesante blog que ofrece recursos e noticias útiles no eido da educación infantil.

Page 13: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

13

http://www.ite.educacion.es/w3/eos/RecursosFP/SSocioculComunidad/GradoSuperior/EducacionInfantil/DIDACTICA/INDEX.HTM www.nova-escola-galega.org Movemento galego de renovación pedagóxica. www.orellapendella.org Ditos, recitados e cancións infantís. www.pontenasondas.org Proxecto educativo e de comunicación entre escolas galegas e portuguesas, con base na recuperación do patrimonio cultural. www.preescolarnacasa.org Fundación Preescolar na Casa, espazos educativos. www.sgep.org Seminario Galego de Educación para a Paz. www.innovarteinfantil.wordpress.com Blog interesante de dúas mestras galegas. www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion Cine y educación.

10. INDICACIÓNS METODOLOXICAS E CARGA ECTS No desenvolvemento desta materia podemos distinguir entre actividades presenciais na Facultade de Formación do Profesorado, que serán dirixidas polo docente universitario asignado, e actividades presenciais no centro escolar correspondente que, malia estar orientadas polas supervisoras ou supervisores, estarán dirixidas in situ polas titoras ou titores de aula.

11. INDICACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN 11.1. Consideracións xerais Para superar a materia o alumnado deberá: - Asistir e participar durante as sesións presenciais organizadas na Facultade durante as fases de preparación, seguimento e reflexión. - Obter unha valoración positiva por parte do profesorado supervisor da Facultade, sobre as actividades realizadas na fase de preparación, na de seguimento e na de reflexión. - Obter unha valoración positiva por parte da titora ou titor do centro escolar onde realice a estadía. Entre outras cuestións a avaliar, a titora ou titor de aula terá en conta a asistencia, a puntualidade e a participación activa nas actividades propostas. - Entregar o día 3 de xuño de 2015 o portafolios ou informe final de Prácticum, e obter unha valoración non inferior a 2,5 puntos. 11.2. Porcentaxes ou avaliación cuantitativa da materia A avaliación cuantitativa da materia detállase a seguir: - Participación nas actividades de preparación, seguimento e reflexión (10%, 1 punto). Obterase mediante as valoracións realizadas polas ou polos supervisores sobre cada alumna ou alumno en canto a: actitude nas sesións, puntualidade, comportamento académico, implicación, realización puntual de tarefas encargadas, participación activa e esforzo demostrados, intervencións orais, capacidade de escoita e respecto nas intervencións, etc. Valorarase a exposición oral das actividades e o cumprimento na realización das tarefas programadas para cada sesión presencial. - Realización adecuada das actividades e tarefas na aula do centro de prácticas (40%, 4 puntos). Esta valoración acadarase a partir da ficha ou informe de avaliación que o titor ou titora do centro educativo cumprimentará e remitirá ao supervisor/a da Facultade. Así mesmo e se fose o caso, para a avaliación deste apartado tamén serán tidas en conta todas

Page 14: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

14

aquelas actuacións do alumnado que mostren irresponsabilidade pola súa parte durante a estadía no centro educativo. Estas situacións serán presentadas, analizadas e resoltas na Comisión de Prácticum e Traballo de Fin de Grao, sexa por petición da supervisión, da coordinación xeral de Prácticum –no caso de ter que dar voz aos centros educativos–, ou do alumnado. - Documentos escritos (50%, 5 puntos). Inclúense todos os traballos, tanto o informe final de prácticas ou portafolios, como outros documentos que se vaian realizando ao longo do período de prácticas. Valorarase a calidade deste traballo conforme ás indicacións de calidade lingüística, tanto a nivel de contido como de presentación (gramaticalidade, cohesión, coherencia, adecuación e formato), que xa foron explicados na sesión de formación na competencia de comunicación escrita de 1º curso. 11.3. Concesión de Matrículas de Honra: Só poderá acadar matrícula de honra o alumnado que realice e inclúa no seu portfolio todas as actividades citadas nesta guía, incluídas as opcionais. De existir máis candidatos propostos polo profesorado supervisor que posibilidades de conceder esta distinción, seguirase o seguinte proceso: • Os candidatos/as deberán realizar diante dun tribunal unha exposición oral de 10 minutos de duración. Poderán empregar como apoio o material audiovisual que consideren oportuno. • A exposición deberá centrarse na presentación das actividades levadas a cabo durante a estadía no centro. Na valoración desta exposición teranse en conta os seguintes aspectos: (a) as destrezas orais do alumno, (b) a capacidade de síntese, (c) a precisión, a coherencia e a orixinalidade dos datos e da reflexión exposta. • As persoas candidatadas serán convocadas cunha antelación mínima de 48 horas. • O tribunal que xulgará as exposicións estará composto polos docentes que presenten candidatos. • Cada un dos membros do tribunal elaborará unha lista cos tres candidatos/as merecedores dunha mellor cualificación, outorgándolle unha puntuación de tres, dous e un punto. O profesorado avaliador deberá outorgar unha puntuación diferente a cada candidata/o. • A cualificación “Matrícula de Honra” recaerá naquel alumnado que obteña unha maior puntuación. • En caso dun empate que entorpeza o proceso de concesión procederase a unha nova votación. Nela puntuaranse tan só ao alumnado que sexa necesario diferenciar. As pautas para a puntuación nesta segunda fase serán fixadas polos membros do tribunal. 11.4. Requisitos para superar a materia: - Asistir e participar activamente en todas as actividades organizadas na Facultade durante as fases de organización, preparación, seguimento e reflexión. - Obter unha valoración positiva por parte das/dos supervisores da Facultade, sobre as actividades realizadas nas fases de preparación, seguimento e reflexión. - Entregar en tempo e forma o portafolios, informe, memoria ou calquera outro traballo que se solicite por parte das/dos supervisores da Facultade, e obter unha valoración positiva dos citados traballos.

Page 15: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

15

- Asistir ao centro de prácticas durante todo o período establecido para o Prácticum II, cumprir rigorosamente o horario, respectar as singularidades ou especificidades do centro e participar activamente en todas as actividades propostas polo titor ou titora. Así mesmo acadar unha valoración positiva desta fase de estadía. - Segundo indica a normativa da USC, é condición necesaria para superar as materias a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais na Facultade; polo tanto, non cumprir este requisito suporá a non superación da materia na primeira oportunidade. Para superala na seguinte oportunidade deberá realizar os traballos indicados pola supervisora ou supervisor correspondente. As actuacións inadecuadas durante a fase de estadía suporán o cese inmediato do desenvolvemento desta fase e a non superación da mesma por parte da alumna ou alumno implicado. Así e todo o titor/titora do centro poderá, se o entende pertinente, valorar o traballo observado ata esa data. Se a alumna/o sancionado o considera oportuno poderá seguir asistindo ás sesións presenciais na Facultade. 11.5. Recomendacións de cara á recuperación O alumnado que non aprobe a materia na edición de maio por non ter superado o apartado do informe final ou portafolios, poderá entregar este documento na oportunidade do 10 de xullo de 2015, o profesorado supervisor indicará o lugar de entrega. O alumnado que suspenda a materia por avaliación negativa da titora ou titor do centro, non poderá presentarse á oportunidade de xullo, posto que non será posible a repetición da estadía ata o curso seguinte. Recoméndase ao alumnado que non supere a materia que vaia á revisión para coñecer as cuestións a mellorar na seguinte oportunidade. 11.6. Observacións respecto da avaliación: -Os traballos que elabore o alumnado deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso automático da materia. - O informe de prácticas debe seguir expresamente os criterios establecidos para a súa elaboración na guía docente da materia, tanto en contido como en forma. - As datas de entrega deben respectarse ou informar con antelación ao supervisor/a de calquera dificultade que impida a entrega puntual dos traballos. - O informe final entregarase na data e aula que figuran no calendario oficial de exames, excepto cando o profesorado supervisor indique previamente outro lugar de entrega. De todos os xeitos, poderá ser entregado con antelación a esa data no despacho da profesora ou profesor supervisor. O incumprimento das normas indicadas tanto para o desenvolvemento das sesións presenciais como da fase de estadía nos centros serán motivo de non superación da materia.

12. OBSERVACIÓNS XERAIS - A asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais na Facultade, segundo indica a normativa da USC, será condición necesaria para superar a materia.

Page 16: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

16

- O alumnado deberá darse de alta na plataforma virtual da materia a partir do momento en que o profesorado supervisor llo indique. - O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu). Conforme se sinala no plan de estudos da titulación, será requisito indispensable para poder matricularse na materia ter superado cando menos 48 créditos do segundo curso do Grao en Mestra/Mestre en Educación Primaria e ter superado a materia Prácticum I. O profesorado supervisor e coordinador da materia Lugo, febreiro 2015

Page 17: PRÁCTICUM II: o centro escolar e o seu contexto: proxectos e … · 2015-02-20 · 2 1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de

17

ANEXO I Fase previa á lectura: 1- Lede o resumo da contracuberta, pois contribúe a enfrontar a lectura cunha mellor

predisposición.

2- Antes de comezar a lectura, anotade as vosas expectativas sobre a obra. ¿Que vos

gustaría atopar nela?

Fase de lectura: 3- Anotade ou sinalade en lapis os conceptos e parágrafos que vos semellen

significativos ou relevantes (antes de devolver o libro á biblioteca borrade as marcas

feitas).

4- Buscade o significado daquelas palabras cuxo significado sexa descoñecido para vós.

En caso de non atopalo, falar co ou coa docente ao respecto.

Elaboración do traballo sobre a obra: 1-Presentación da obra Nome da autora Título Ano e lugar de edición Editorial 2- Contidos da obra

-Indica o tema - Resume o argumento - Explica as ideas centrais da obre e analiza os conceptos máis significativos

3- Achegas propias. -Que aprendizaxes tiraches da lectura do libro? Que partes che resultaron máis interesantes? Por que? -De todas as anécdotas, reflexións e pensamentos que aparecen na obra, ¿con cales non concordas ou non te sentiches identificada/o? Por que?

-Redacta unha reflexión persoal na que valores o interese da obra como futuro docente e achegues a túa opinión xeral sobre a mesma.

-Reflexiona: ¿que outros libros, películas ou cancións coñeces que aborden a profesión docente? Indica, cando menos, dous. Explica as semellanzas e diferenzas que hai entre como se aborda aquí a docencia e como se fai na creación elixida. 4- Referencias bibliográficas ou documentais empregadas (se fose o caso)