Pradario

1

Click here to load reader

Transcript of Pradario

Page 1: Pradario

O pradairo pódese chamar de dúas formas pradairo común ou pradairo bravo.

O pradairo bravo é unha árbore grande, que pode acadar 35 m de altura e un diámetro duns 3,5 m. A cortiza é de primeiras dún gris amarelento, logo gris avermellado, e pode escamar en placas grandes. As follas son opostas como en todas as árbores , caducas, palmeadas , de dentes romos, separados por seos agudos. Estas follas son verde escuras na cara superior e verde glauco no anverso, onde mostran pelos nos nervos. As flores de cor verde amarelo, agrupadas en corimbos aparecen antes que as follas. Teñen 5 sépalos, 5 pétalos e 8 estames. É unha árbore de medre rápido nos primeiros anos. Florece entre abril e maio. Os froitos aparecen a finais do verán ..

O pradairo común, coma outros pradairos, cultívase como planta ornamental . A madeira, branca de pradairo e bastante dura, úsase en carpintería e en torneados. Un emprego salientable é para fabricación de instrumentos musicais. En tempos utilizouse para facer zocas. Fornece tamén unha execelente madeira para queimar.

Segundo unha lenda, un pastor fixo unha frauta cunha pola dun pradairo e ao tocala contaba a historia dunha princesa asasinada por envexa polas fillas do rei e que este soterrou baixo o pradairo.

Follas do pradario