PR-G - segatur.com · endemismo ibérico considerado en perigo e que vive nas carriceiras. Tamén...

2
Esta ruta comunica Ponteceso con Corme por camiños que discorren pola ribeira e pola beiramar, a través dos que podemos descubrir interesantes mostras do patrimonio natural e cultural de Ponteceso e da Costa da Morte, como a enseada da Insua e a Pedra da Serpe. Comeza a ruta en Ponteceso, fronte á casa natal do poeta Eduardo Pondal, autor do poema Os pinos, letra do himno galego. Desde a ponte de Ponteceso, a ruta continúa seguindo as augas do río Anllóns, polo paseo fluvial e o “malecón” do Couto (dique de terra) ata a enseada da Insua, un espazo natural de alto valor ecolóxico, que forma parte da Zona de Especial Protección para as Aves da Costa da Morte Norte e da Rede Natura 2000, onde encontran refuxio e alimento numerosas aves acuáticas, especialmente limícolas: gabitas, pilros, e varios mazaricos destacan polas súas poboacións de invernada. Na época de cría, é de salientar a píllara das dunas nos areais, a garza pequena nas marismas, ou o escribente das canaveiras iberoccidental, endemismo ibérico considerado en perigo e que vive nas carriceiras. Tamén destaca a Omphalodes littoralis, unha planta que se encontra en perigo de extinción, pois está moi ameazada pola destrución do seu hábitat. Continúa o percorrido bordeando a enseada da Insua polas abas do monte Branco, desde onde hai unhas impresionantes vistas sobre as dunas da enseada da Insua, que protexen o esteiro dos embates do océano Atlántico, que aquí se abre na ría de Corme e Laxe. O camiño segue pola beiramar ata a praia de Balarés e o seu antigo porto - especialmente activo na febre do wolframio en Galicia-, onde poderemos descansar baixo o piñeiral da súa área recreativa. Desde aquí a ruta discorre polos cantís do monte da Facha, pasa por Gondomil, que aínda conserva algunhas mostras de arquitectura tradicional, e chega ata a Pedra da Serpe, curioso símbolo pagán cunha inscultura dunha serpe alada. A ruta continúa cara á praia da Ermida, protexida pola illa da Estrela e, desde aquí, segue cara a Corme, a onde chegaremos despois de pasar a carón das praias do Osmo e da Arnela. Desde Corme pódese facer unha ruta alternativa de arredor de 3,5 km ata chegar á punta do Roncudo por un paseo que, bordeando a costa, amosa un dos tramos máis fermosos e agrestes do litoral da Costa da Morte. A punta do Roncudo é recoñecida pola gran calidade dos seus percebes. Neste tramo, ás veces, pódense ver algúns cetáceos como o arroaz, o golfiño común ou o caldeirón común. PR-G 148 Consellos para conservar a natureza Consellos para conservar a natureza Evita recoller ou cortar plantas ou danar animais, pois poden ser especies ameazadas Non introduczas especies exóticas, pois causan danos no medio difíciles de recuperar Recolle o lixo e depositao nos colectores axeitados Non molestes nin causes inconvenientes nas explotacións agrícolas e gandeiras Evita facer ruído, pois así todos os visitantes poden gozar do contacto coa natureza Non fagas lume fóra dos lugares e épocas establecidos pois podes provocar un incendio Concello de Ponteceso De Ponteceso a Corme pola ribeira De Ponteceso a Corme pola ribeira Como chegar? Como chegar? Concello de Ponteceso Concello de Ponteceso Galicia Ruta sinalizada Mapa do percorrido Escala 1: 50.000 Ponteceso Ponteceso Lembra que parte da ruta discorre polo espazo natural protexido da Costa da Morte. A súa conservación tamén depende de ti. Ponteceso Ruta homologada en 2012

Transcript of PR-G - segatur.com · endemismo ibérico considerado en perigo e que vive nas carriceiras. Tamén...

Page 1: PR-G - segatur.com · endemismo ibérico considerado en perigo e que vive nas carriceiras. Tamén destaca a Omphalodes littoralis, unha planta que se encontra en perigo de extinción,

Esta ruta comunica Ponteceso con Corme por camiños que discorren pola ribeira e pola beiramar, a través dos que podemos descubrir interesantes mostras do patrimonio natural e cultural de Ponteceso e da Costa da Morte, como a enseada da Insua e a Pedra da Serpe.

Comeza a ruta en Ponteceso, fronte á casa natal do poeta Eduardo Pondal, autor do poema Os pinos, letra do himno galego.Desde a ponte de Ponteceso, a ruta continúa seguindo as augas do río Anllóns, polo paseo fluvial e o “malecón” do Couto (dique de terra) ata a enseada da Insua, un espazo natural de alto valor ecolóxico, que forma parte da Zona de Especial Protección para as Aves da Costa da Morte Norte e da Rede Natura 2000, onde encontran refuxio e alimento numerosas aves acuáticas, especialmente limícolas: gabitas, pilros, e varios mazaricos destacan polas súas poboacións de invernada. Na época de cría, é de salientar a píllara das dunas nos areais, a garza pequena nas marismas, ou o escribente das canaveiras iberoccidental, endemismo ibérico considerado en perigo e que vive nas carriceiras. Tamén destaca a Omphalodes littoralis, unha planta que se encontra en perigo de extinción, pois está moi ameazada pola destrución do seu hábitat.

Continúa o percorrido bordeando a enseada da Insua polas abas do monte Branco, desde onde hai unhas impresionantes vistas sobre as dunas da enseada da Insua, que protexen o esteiro dos embates do océano Atlántico, que aquí se abre na ría de Corme e Laxe.O camiño segue pola beiramar ata a praia de Balarés e o seu antigo porto - especialmente activo na febre do wolframio en Galicia-, onde poderemos descansar baixo o piñeiral da súa área recreativa. Desde aquí a ruta discorre polos cantís do monte da Facha, pasa por Gondomil, que aínda conserva algunhas mostras de arquitectura tradicional, e chega ata a Pedra da Serpe, curioso símbolo pagán cunha inscultura dunha serpe alada.

A ruta continúa cara á praia da Ermida, protexida pola illa da Estrela e, desde aquí, segue cara a Corme, a onde chegaremos despois de pasar a carón das praias do Osmo e da Arnela.

Desde Corme pódese facer unha ruta alternativa de arredor de 3,5 km ata chegar á punta do Roncudo por un paseo que, bordeando a costa, amosa un dos tramos máis fermosos e agrestes do litoral da Costa da Morte. A punta do Roncudo é recoñecida pola gran calidade dos seus percebes. Neste tramo, ás veces, pódense ver algúns cetáceos como o arroaz, o golfiño común ou o caldeirón común.

PR-G148

Consellos para conservar a naturezaConsellos para conservar a natureza

Evita recoller ou cortar plantas ou danar animais, pois poden ser especies ameazadas

Non introduczas especies exóticas, pois causan danos no medio difíciles de recuperar

Recolle o lixo e depositao nos colectores axeitados

Non molestes nin causes inconvenientes nas explotacións agrícolas e gandeiras

Evita facer ruído, pois así todos os visitantes poden gozar do contacto coa natureza

Non fagas lume fóra dos lugares e épocas establecidos pois podes provocar un incendio

Concello de Ponteceso

De Ponteceso a Corme pola ribeiraDe Ponteceso a Corme pola ribeira

Como chegar?Como chegar?

Concello de PontecesoConcello de Ponteceso Galicia

Ruta sinalizadaMapa do percorrido

Escala 1: 50.000

PontecesoPonteceso

Lembra que parte da ruta discorre polo espazo natural protexido da Costa da Morte.

A súa conservación tamén depende de ti.

Ponteceso

Ruta homologadaen 2012

Page 2: PR-G - segatur.com · endemismo ibérico considerado en perigo e que vive nas carriceiras. Tamén destaca a Omphalodes littoralis, unha planta que se encontra en perigo de extinción,

Dese

ño

e r

ealizació

n:

cem

. s.

coop.g

ale

ga

ww

w.c

em

-educacio

nam

bie

nta

l.es

Fervenz

daa

Fervenz

daa

Casa deE. Pondal

Casa de E. Pondal

Pedra da SerpePedra da Serpe

Praia de S. PedroPraia de S. Pedro

Praia das MaceirasPraia das Maceiras

o Gu

Rí nxín

o Gu

Rí nxín

RíoAnllóns

Río

Anllóns

e

Río d

Cor

me

e

Río d

Cor

me

Praia da ArnelaPraia da Arnela

xB

riería

xB

riería

Fervenza e Pozo da señora

Fervenza ePozo da señora

Faro do RoncudoFaro do Roncudo

Faro de LaxeFaro de Laxe

ou do Medioou do MedioZEPA

Costa da Morte NorteZEPA

Costa da Morte Norte

LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte

LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte

LICRío Anllóns

LICRío Anllóns

LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte

LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte

ZEPACosta da Morte Norte

ZEPA Costa da Morte Norte

ZEPACosta da Morte

Norte

ZEPA Costa da Morte

Norte

Panel con mapa e informaciónPanel con mapa e información

FaroFaro

Espazo natural protexidoEspazo natural protexido

Área recreativaÁrea recreativa

CruceiroCruceiro

Vista panorámicaVista panorámica

PR-G 148PR-G 148

PR-G 148.1PR-G 148.1PR-G 148.1PR-G 148.1

PR-G 148PR-G 148

Mapa da ruta de sendeirismo PR-G 148

Punto de inicio: Ponteceso (43° 14' 32,77"N , 8° 54' 4,37"W)Punto final: Corme (43° 15' 52,28" N, 8° 57' 41,04"W)Puntos de interese: Praia de Balarés (43° 14' 35,45"N, 8° 56' 36,52"W), Pedra da Serpe (43° 15' 52,47"N, 8° 56' 32,75"W), Praia da Ermida (43° 15' 50,8"N, 8° 57' 0,51"W)Tipo: lineal con variante - A pé /bicicleta BTTDistancia:Principal: PR-G 148 (Ponteceso - Corme): 11,1 kmVariante: PR-G 148.1 (Gondomil - Vitureira): 5,75 kmDuración estimada:Principal: PR-G 148 (Ponteceso - Corme): 3 h 45 minVariante: PR-G 148.1 (Gondomil - Vitureira): 2 h 00 minAscenso acumulado: PRG-148: 214,27 m/ PRG-148.1: 212,14 mDescenso acumulado: PRG-148: 217,93 m/ PRG-148.1: 220,68 m.Dificultade: media- baixaAccesibilidade: non é accesible a persoas con mobilidade reducidaValoración M.I.D.E: Medio: 1 Itinerario: 2

Desprazamento: 2 Esforzo: 3 www.montanasegura.comTeléfonos de interese: Emerxencias: 112 Incendios: 085 Policía local: 630.907.127Garda Civil: 062 Concello de Ponteceso: 981.714.000 Web:www.ponteceso.net

5.7205.0004.5004.0003.5003.0002.5002.0001.5001.0005000

Alto das Travesas

Monte dos Loureiros

Currás

Pedrada Serpe

11.00010.50010.0009.5009.0008.5008.0007.5007.0006.5006.0005.5005.0004.5004.0003.5003.0002.5002.0001.5001.0005000

100

80

60

40

20

0

140

120

180

160

200

Ponteceso

CormePraia de Balarés

Gondomil

Pedra da Serpe

Praia da Ermida

Monte Branco

Monte da Facha

Enseada da Insua

Malecón do Couto

Praia do Osmo

Perfil da ruta principal PRG-148Perfil da ruta principal PRG-148 Perfil da variante PRG-148.1Perfil da variante PRG-148.1

Características técnicas da ruta

PR-G148

Continuidadede sendeiro

Cambio dedirección

Direcciónequivocada Baliza

Marcas e sinais da ruta:Marcas e sinais da ruta: