Power Letras Galegas
-
Upload
isabel-maceira -
Category
Documents
-
view
603 -
download
7
Transcript of Power Letras Galegas
O seu poemario “Os eidos” está centrado na súa terra , O Courel
Ilustre courelao nado na parroquia de Parada de Moreda en 1930 . Escritor e poeta comprometido coa súa terra, foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega ata a súa morte en 1999. Está considerado como a voz universal de O Courel, moi presente sempre na súa obra .
Uxío Novoneyra veu ao mundo un 19 de xaneiro de 1930 en Parada de Moreda, en pleno corazón da Serra do Courel, no seo dunha familia labrega. Realizou os estudos en Lugo, onde coñeceu a Manuel María. Ambolosdous frecuentaron as tertulias intelectuais con Luis Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.
Sendo un mozo de 19 años, Novoneyra trasládase a Madrid para cursar Filosofía e Letras, voltando en 1951 para facer o servicio militar. Entre 1953 e 1962 voltou á súa terra courelá por enfermidade dos seus pais.Estando en Parada coñeceu á escritora María Mariño e o seu home, mestre da súa aldea. A súa amizade e a relación literaria entre os dous foi moi frutifera e duradeira.
En 1962, o poeta traballou en Madrid en programas de radio e televisión, participando nalgunha das actividades do grupo Brais Pinto ata a súa volta ao Courel.
No ano 1973 casou con Elba Rei, coa que tivo tres fillos, que residían entre O Courel e Lugo, para instalarse definitivamente en Santiago en 1983.
O poeta foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupou ata a súa morte
Novoneyra foi un poeta entregado e preocupado pola comunicación co pobo. Na obra «Os eidos» era quen de evocar sensacións visuais, táctiles ou anímicas combinando e repetindo fonemas.
En 1955 publicou o seu primeiro libro de poemas, “Os Eidos”, con prólogo de Ramón Piñeiro,e máis tarde “Elegías del Caurel y otros poemas”(1958/1961), en edición bilingüe, e “Poemas caligráficos” (1979)
En 1974 sae á luz a obra “Os Eidos 2”,ilustrada con debuxos de Laxeiro e adicado aos seus pais e a María Mariño.
En “Muller para lonxe”(1986), reúne poemas xa publicados e outros inéditos.
No último período o poeta escribe “Lendas de a cabalo” ,pertencentes á obra inédita Libro de Rotas/ Ameto Mítico que sairía á rúa uns días despois do seu pasamento, acaecido o 30 de outubro de 1999, baixo o título “Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas”
• Os Eidos (1955)
• Elegias del Caurel y otros poemas (1966)
• Os Eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974)
• Poemas Caligráficos. Vietnam canto (1979)
• Os eidos. Libro do Courel (1981)
• Bazterrak Os Eidos (1987)
• Muller pra lonxe (1987)
• Do Courel a Compostela: 1956-86 (1988)
• O cubil de Xabarín (1990)
• Os eidos(1990)
• Tempo de elexía (1991)
• Gorgorín e Cabezón (1992)
• Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994)
• Camelio xaponés – Watsubaki (1995)
• Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998)
• Dos soños teimosos (1998)
• Onde só queda alguén para aguantar dos nomes (1999)
• Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999)
OBRAS DE UXÍO NOVONEYRA
Monolito adicado a Uxó Novoneyra cos versos de “ Os Eidos”
Este panel adicado a Novoneyra atópase na Praza Maior de Lugo
¿ Sabes cando se conmemorou por primeira vez o DÍA ?DASLETRASGALEGAS
Foi no ano 1963 e adicouse a Rosalía de Castro
?¿Cal foi omotivo de facelo nesa data
Porque había cen anos que se publicara a obra “Cantares gallegoS”( 1863) da gran escritora galega. 17 MAIO 1963
L E T A N Í A D E G A L I C I A
U x í o N ov on e y r a GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr’os que calan din GALICIA
e saben sabemos
libre pra servir libre pra servir
GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir
GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda
recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n’il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d’argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa
sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa
L E T A N Í A D E G A L I C I A
U x í o N o v on e y r a GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr’os que calan din GALICIA
e saben sabemos
libre pra servir libre pra servir
GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir
GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda
recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n’il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d’argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa
sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa
SE R R A A B E R T A (O S E I D O S 2 )
U x í o N ov on ey r a
Terras outas e soias! Serras longas mouras!
Eu son esta coor de soedá Ancares soñados co lonxe!
Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do
Candedo ás Moás! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-
Páxaro Tesos cumes do Courel! Pobos probes
Ardidos de tristura mouros de queimados! Lor ruxindo polo val pecho!
Ucedo e ucedo! Fontiñas outas
penedos carrozos escuros
fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras
que soio vistes istes tesos e máis estes vales!
Aturula a curuxa e canta o cuco Medindo o tempo quedo que se para na cor
e tornándose Contra un ven cravarse no sitio onde máis
se sinte!
Esta imaxe é a do libro de cualificacións no Instituto de Lugo
Uxío , xa mozo , na Calle Alcalá de Madrid
P A R A D A D E M O R E D A ( C O U R E L )
Na imaxe,a vella escola da aldea de Parada de Moreda, terra natal de Uxío Novoneyra. Casualmente,no ano 1947, chegou aquí como mestre o home da escritora galega, María Mariño. Establecéronse nesta casa-escola ata que María morreu e fixeron unha grande amizade coa familia de Novoneyra.
FOTOS antigas DE nOvoneyr a
Na imaxe, aparecen xuntos María Mariño e Novoneyra, no Courel.
Uxío ollando a serra do Courel , dende a fiestra da casa.
Novoneyra repousando ao carón da porta da súa casa natal
Fermosa imaxe de Novoneyra en plena natureza courelá.
Escribe todos os anos celebrados do DIA DAS LETRAS GALEGAS
1963 -------- -------- ---------
Rosalía de Castro Castelao Eduardo Pondal Francisco Añón
-------- ---------- --------- ---------
Curros Enríquez López Cuevillas Noriega Varela Marcial Valladares
-------- --------- ---------- ---------
López Abente Lamas Carvajal Lago González Xoán Vicente Viqueira --------- ---------- ---------- ----------
Pintos Villar Ramón Cabanillas Villar Ponte López Ferreiro
Escribe todos os anos celebrados do DIA DAS LETRAS GALEGAS 1979 -------- -------- --------- ---------
Manuel Antonio Alfonso X O Sabio Martínez Risco Amado Carballo Leiras Pulpeiro
-------- --------- --------- --------- ----------
Cotarelo Valledor Losada Diéguez Iglesia Alvariño Francisca Herrera Otero Pedrayo
-------- -------- ---------- --------- ---------
C. E.Ferreiro Luis Pimentel Alvaro Cunqueiro Bouza Brey Blanco Amor
--------- --------- ---------- ---------- ---------
Luis Seoane Rafael Dieste Ferro Couselo Anxel Fole Trovadores de Vigo
Escribe todos os anos celebrados do DIA DAS LETRAS GALEGAS 1999 -------- -------- ---------
Blanco Torres Manuel Murguía Eladio Rodríguez Frei Sarmiento
-------- --------- --------- -------
Avilés de Taramancos Xaquín Lorenzo Lorenzo Varela Lugrís Freire
--------- --------- ---------- 2010
María Mariño Alvarez Blázquez Ramón Piñeiro -----------------------
O poeta Manuel María e outros persoeiros galegos portan o cadaleito de Novoneyra no outono de 1999.