Definici³n -Producci³n -Composici³n -legislaci³n -Caractersticas -Gesti³n
Polvorínpresentación
-
Upload
esperanza-vazquez-dopico -
Category
Documents
-
view
439 -
download
4
Transcript of Polvorínpresentación
“Era a madrugada do martes 22 de xuño do 43, cando a miñanai nos sacou da cama toda nervosa. Tapounos cunhasmantas, mandou que calzáramos o primeiro queatopáramos e saímos todos correndo cara ao monte deSan Pedro de Leixa, que non estaba demasiado lonxe danosa casa de San Xoan de Filgueira.
Avisounos a xente que escapaba de Caranza do que estabaa pasar. Nós escoitabamos os estoupidos pero nonsabiamos a que eran debidos. Houbo varias explosións. Aprimeira foi arredor das cinco e media e se escoitouperfectamente en toda a volta; a segunda, a eso das seisda mañá foi moito máis forte: explotara o polvorín doMontón. Chovían pedras por todas partes e a miña irmá emáis eu, moi asustadas, escondiámonos debaixo dasmantas mentres seguiamos correndo da man dos nososmaiores.
Cando chegamos a Leixa miramos cara a Caranza e vimoscomo ardía o polvorín e como seguía estoupando o que alíestaba almecenado. Foi un día moi longo. Cara á noitiñaregresamos á nosa casa e, coma nós, a maioría da xenteque fora protexerse debaixo do piñeiral”.
Amalia, a miña avoa, foi testemuña do
acontecido nos polvoríns de Caranza
no ano 1943, en plena posguerra.
A raíz desta conversa con ela púxenme
a investigar cales poderían ser as
causas deste suceso que, a primeira
vista, parecía un accidente.
Os polvoríns estaban situados no interior da
Ría de Ferrol, onde hoxe se encontra o
Clube de Suboficiais da Armada do
Montón, no barrio de Caranza.
Era unha instalación de aprovisionamento depólvora para todo o conxunto de bateríascosteiras. A súa construcción constaba dunhaplanta rectangular cun muro exterior deprotección con dobre tabique nas súascabeceiras, seis piares internos e longosmuros laterais con grandes contrafortes ondeestaban as ventilacións indirectas. Tiña, pololado do mar, outro muro de contención e unharampa a modo de embarcadeiro.
Contruírase baixo a dirección de J. Vergel noano 1737, quen mandou empregar granitopara os exteriores e madeira para asinstalacións internas.
Parece ser que as medidas de
seguridade do polvorín eran moi
deficientes e pola noite descendían
notablemente. Do recinto, con 600
metros de perímetro, ocupábanse seis
centinelas, dos cales tres
permanecían nas garitas.
Posiblemente algún quedaría durmido
na garda e sería relativamente doado
burlar a seguridade.
Despois de buscar información en
distintas fontes sobre este suceso, o
profesor e investigador Don Enrique Barrera
aclarou moito as miñasideas sobre o acontecido. Leva investigado moito
sobre a memoria histórica
da nosa comarca.
Pertence á directiva da
asociación Memoria
Histórica Democrática de
Ferrolterra e á da
asociación Fuco Buxán.
Nos seus textos descubrín que os inglesestiñan interés en destruir as instalacións dospolvoríns porque nelas se aprovisionabanregularmente os submarinos alemáns,aproveitando a oscuridade da noite.
A rede de espionaxe británica “IntelligenceService” estaría actuando en Ferrol através de dous espías que nos primeirosmeses de 1943 visitarían regularmente anosa cidade: Lorenzo San MiguelMartínez e Ángel Monge Antón. Con elescolaboraba un oficial de artillería co quecontactaba un enlace da guerriñaantifranquista, Sol Bértalo.
A todo esto hai que engadir que no Tercio Nortede Infantería de Mariña, no Reximento deArtillería e no Cuartel de Inxenieiros,funcionaban células do Partido Comunista queían prestar axuda á persoa que levara a cabo asabotaxe.
Segundo as investigacións de E. Barrera éprobable que o saboteador quedara agochadonalgunha dependencia dos polvoríns dende odía anterior no que chegara un cargueiro concemento para as obras militares e el, camufladocomo obreiro, realizaría as descargas de sacoscomo un traballador máis. Contou coacooperación de José Luis Díaz Rodríguez,soldado encargado de vixiar o interior dosbúnkers, quen lle entregou unha copia daschaves. Nas semanas anteriores preparou uncroquis dos planos do polvorín e entregoullos aÁngel Monge Antón para que éste fixera unplano preciso.
Era o único que tiña un ángulo morto no seutellado e lle permitiría escapar fácilmente senser visto por ningún dos centinelas.
Logo houbo varias explosións ata chegar ámáis potente, arredor das 6:00 da mañá . Aoser unha sabotaxe controlada, houbo temposuficiente para evacuar e non houbo mortos.
O 22 de xuño de
1943, ás 5:40
comezou o incendio
no polvorín grande,
onde actualmente
están as piscinas do
Clube do Montón.
Díaz Rodríguez morre o día en queempezaron os interrogatorios. A acta dedefunción fala dun accidente coa súa armamentres a estaba limpando. Non se sabese se suicidou pensando que foradescuberto ou morreu nun tiroteo mentrestentaba escapar.
O que si é certo e que coa súa morteprotexería ao resto dos integrantes daorganización xa que nun interrogatoriolongo e con tortura podería rematar pondelatar aos seus compañeiros, sen podersalvar a vida propia, porque o seu destino(unha vez descuberto) era o pelotón defusilamento.
Tras moitas investigacións, o profesor Barrerachegou á conclusión de que a explosión dospolvoríns de Caranza non foi un accidente. Aexplicación oficial dada polos mandos militaresdeterminou que a pólvora era inestable e que omaterial explosivo almacenado non estaba benaillado e proxectís, pólvora e detonantes, porestar en mal estado, provocaron o inicio encadea das explosións.
Esta conclusión non se sostén xa que no mesmoexpediente hai informes do condestable dospolvoríns e do laboratorio de Santa Bárbara enLugones (Asturias) que certifican a boa calidadeda pólvora.
O goberno de Franco tivo que tragarse ahumillación. Non podía revelar a verdadeporque era un claro “casus belli” e teríanque ter entrado oficialmente na II GuerraMundial, xusto cando a derrota deStalingrado marcaba o principio do fin paraos seus aliados nazis.
Grazas aos traballosde investigación e ás posteriores publicacións de Don Enrique Barrera, a comarca de Ferrolterrarecuperou en grande medida a súa memoria histórica, única maneira de saber o que aconteceuno pasado e que ninguén debe ignorar.
A realización deste traballo serviume paracoñecer de cerca acontecementosimportantes dos que foron, dalgunhamaneira, partícipes membros da miñafamilia e que eu descoñecía por completo.
Pareceume moi interesante achegarme aeles porque creo que é necesariocomprender o pasado para poder vivir opresente e sentar as bases do noso futuro.