Petrarquismo

6
A lírica de amor: o Petrarquismo

description

A lírica de amor e o petrarquismo, para Literatura Universal

Transcript of Petrarquismo

Page 1: Petrarquismo

A lírica de amor: o Petrarquismo

Page 2: Petrarquismo

Orixes do petrarquismo

Poesía trovadoresca

Dolce stil nuovo

Está asociada á idea de amor cortés:• O amante é vasalo que serve á súa dama.• A amada é admirable e inaccesible.• Moitas veces a dama está casada.• O rexeitamento intensifica a adoración.

Nace na Provenza en torno ao século XII

É composta por trovadores

A lírica galego-portuguesa xurdiu na Península Ibérica influida pola lírica provenzal, que entrou a través do Camiño de Santiago.

Característico da Italia do século XIII

A nobleza de corazón substitúe á de sangue

O amor é un símbolo da divinidade do home

A dama é a donna angelicata, o amor que sinte por ela fai do poeta un home mellor; a amor axuda a gañar o ceo.

Donna angelicata Os seus máximos representantes son: Guido Guinizelli, Guido Cavalcanti e Dante Alighieri

Page 3: Petrarquismo

Dante Alighieri (1265-1321)

A lírica amorosa de Dante está marcada pola figura de Beatriz, muller á que amou desde neno platonicamente. A morte de Beatriz en 1290 afundiu a Dante nunha profunda crise.

Divina ComediaVita nuova

É unha antoloxía dos poemas de amor que compuxo durante a súa xuventude. A orixinalidade está en que entre poema e poema o autor da unha explicación en prosa.

É a obra máis coñecida de Dante, e unha das máis coñecidas da historia da literatura. O argumenta versa sobre o percorrido que o poeta fai polo Inferno e o Purgatorio, guiado por Virxilio, e polo Paraíso, na compaña da súa amada Beatriz.

Page 4: Petrarquismo

Petrarca e o petrarquismo

Francesco Petrarca (1304-1374)

Naceu na localidade italiana de Arezzo. Gran coñecedor da lingua latina, na que escribiu algunhas obras, Petrarca é coñecido sobre todo pola súa lírica amorosa en lengua toscana. En torno a 1327 coñeceu a Laura, da que se enamorou e arredor da cal xira toda a súa poesía. En 1348 Laura morre a causa da peste. No Cancionero reune máis de 366 poemas que elaborou e puliu ao longo da súa vida. A maioría das composicións son sonetos. O poeta distingue Rime in vita (poemas en vida de Laura) e Rime in morte (poemas tras a morte de Laura).

Petrarca influiu decisivamente na poesía lírica posterior

Page 5: Petrarquismo

Características da lírica de Petrarca

O tema practicamente único é o amor

Análise pormenorizada do proceso amoroso

Descripción idealizada da muller

A Natureza, a paisaxe, interven na paixón amorosa

Sinceridade e confesión íntima do poeta

Linguaxe moi depurada, con abundantes figuras poéticas: antíteses, correlacións, metáforas e símiles…

A forma estrofa predominante é o soneto; o verso o endecasílabo.

Page 6: Petrarquismo

O petrarquismo en Europa

Francia

Pierre de Ronsard (1524-1585)

Joachim du Bellay (1522-1585)

Portugal Gil Vicente (1465-1536)

Inglaterra

Edmund Spenser (1552-1599)

William Shakespeare (1564-1616)

España Garcilaso de la Vega (1503-1536)

Ronsard Gil Vicente

Edmund Spenser Garcilaso