#OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad
-
Upload
filmotecaforum -
Category
Presentations & Public Speaking
-
view
251 -
download
4
Transcript of #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad
![Page 1: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/1.jpg)
Forugh Farrokhzad
Teherán (Irán), 5 de xaneiro de 1935 – 13 de febreiro de 1967
![Page 2: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/2.jpg)
Forugh naceu en Teherán en 1935, filla dun militar de carreira (o Coronel Mohammad Bagher Farrokhzad) e a súa dona Touran Vaziri-Tabar. Era a terceira de sete irmáns. Fixo os estudos regulares e ao rematalos, aos 15 anos, matriculouse nunha escola técnica para aprender pintura e confección de roupa.Namorouse do seu curmán Parviz Shapoor aos 16 anos e casou con el contra a vontade familiar. Un ano despois, en 1952, naceu o único fillo de Forugh, Kamyar. Forugh e Parvis separáronse en 1954.
![Page 3: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/3.jpg)
En 1955 publica a súa primeira colección de poemas, ASIR (CAUTIVA). No verán de 1956 fai unha longa viaxe (nove meses) a Europa. Aparece o seu segundo volume de poemas, DIVAR (O MURO), que dedica ao seu exmarido. O terceiro libro chegou en 1958: ESIAN (REBELIÓN). Nesa altura comeza a súa relación co escritor e cineasta Ebrahim Golestan.
![Page 4: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/4.jpg)
En 1962 roda nunha leprosería o seu único filme, A casa é negra ( است سیاه .(Khaneh siah ast / ,خانه
O documental explora ao mesmo tempo a dor e o sufrimento dos enfermos e a beleza da vida. Gañou un premio no Festival de Oberhausen en 1963. O prestixio desta obra non deixou de medrar co andar dos anos e hoxe está considerada unha das máis importantes de toda a historia do cinema iraniano e unha clara precursora da “nova vaga” que transformou o cinema dese país -e do mundo enteiro- grazas a autores coma Abbas Kiarostami.
Durante a rodaxe Forugh encariñouse cun neno da colonia, fillo de dous leprosos, e acabou por adoptalo.
![Page 5: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/5.jpg)
A casa é negra, 1963
![Page 6: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/6.jpg)
“A estraña capacidade de Farrokhzad para ver os leprosos sen morbo, coma persoas fermosas e comúns, obxectos de amor e de intensa identificación, ofrece desafíos moi diferentes que apuntan unha postura espiritual e filosófica moi distinta. Ao mesmo tempo, unha lectura atenta de A casa é negra leva a concluír que certas partes do seu “realismo documental” deberon ser actuadas e guionizadas. Coma outros cineastas iranianos da Nova Vaga que traballaron con actores non profesionais en localizacións relativamente pobres, Farrokhzad “creou” e non simplemente “encontrou”, logrando unha poderosa combinación de realidade e ficción que volve os dous rexistros contiguos máis que dilalécticos. Moito máis dialéctica é a relación entre os dous narradores do filme: unha voz masculina anónima que describe de maneira fáctica e relativamente desapaixonada, aínda que cun enfoque claramente humanista, e Farrokhzad recitando a súa poesía nun ton belo e lúgubre, a metade de camiño entre un rezo relixioso e un lamento de blues”
Jonathan Rosenbaum
![Page 7: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/7.jpg)
O recoñecemento de Forugh Farrokhzad transcende o ámbito local: a UNESCO promove un filme sobre a autora, Bernardo Bertolucci viaxa a Irán para entrevistala e facer unha curta... Edítase un cuarto libro, TAVALLODI DIGAR (OUTRO NACEMENTO) e prepara un quinto volume...
![Page 8: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/8.jpg)
O 13 de febreiro de 1967 Forugh vai visitar a súa nai. A conversa que manteñen durante o almorzo é, segundo dixo logo esta, a “máis agradábel que tiveran nunca”.
Forugh regresa á súa casa conducindo o coche. Na intersección de dúas rúas encóntrase con outro vehículo e para evitar chocar con el dá un volantazo e estámpase contra un muro. Falece vítima dos traumatismos craneais aos 32 anos.
Foi enterrada no cemiterio Zahiro-Doleh de Teherán.
![Page 9: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/9.jpg)
A parella
Vén a noitee canda a noite, a escuridadee canda a escuridadeollosmansrespiracións e máis respiraciónse o ruído da augaas pingas que pingan da billa
logo dous puntos vermellosdous cigarros prendidoso tic-tac do reloxodous corazónse dúas soidades.
![Page 10: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/10.jpg)
A rebelión
[...]
Non peches os meus beizos, non me impoñas o silenciodebo revelar o meu segredo.Debo dicirlle ao mundo enteiroas palabras que me queiman, o meu fero eco
Vén canda min e libérameao prístino ceo da poesía.Se me deixas voarserei unha rosa no xardín da poesía.
[...]
![Page 11: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/11.jpg)
O vento levaranos
Na miña noite breve... ai!o vento ten unha cita coas follas.A miña noite breve está posuída pola angustia da devastación.Escoita! Sentes o alento das sombras?Síntome allea a esta felicidade,estou afeita ao desespero.Escoita! Sentes o alento das sombras?
Algo ocorre na noitea Lúa está vermella e intranquilae sobre o tellado sempre con medo a derrubarseas nubes, coma unha procesión de xente a facer pranto,parecen agardar o momento da chuvia
![Page 12: #OutraHistoriaDoCinema: Forugh Farrokhzad](https://reader036.fdocuments.mx/reader036/viewer/2022071710/55aca5fa1a28ab9b3b8b471d/html5/thumbnails/12.jpg)
un momentoe logo nadaa noite estarrece ao outro lado da xanelae a Terra deixa de xirarao outro lado da xanela algo descoñecido nos vixía a ti e a min.
Ti, no teu verdor,pon as túas mans coma un recordo que queimanas miñas man amorosasleva os teus beizos coa calor da vidaao encontro dos meus amorosos beizos.O vento levaranos.O vento levaranos.