Os tres porquiños nadal1

4

description

Conto clásico transformado en conto de nadal e logo en comic

Transcript of Os tres porquiños nadal1

Page 1: Os tres porquiños nadal1
Page 2: Os tres porquiños nadal1

OS TRES PORQUIÑOS

Había unha vez tres porquiños que vivían no país do Nadal.

Chamábanse Turrón, Folerpa e Estrela e dedicábanse a construír

regalos para todos os nenos e nenas. Pero no país do Nadal tamén

vivía o malvado Lobo Noel, que sempre lles quería roubar os

agasallos.

Un día, cansos de que o lobo lles roubara, os tres porquiños

decidiron construír a cadansúa casa. Turrón construína de palla;

Folerpa de madeira; Estrela fíxoa de ladrillos.

Cando chegou o lobo, soprou e soprou e a casa de Turrón

derribou. A continuación, soprou e soprou e a casa de Folerpa

derribou. Finalmente, soprou e soprou, pero, como a de Estrela

era de ladrillos non a puido destruír. O lobo pensou entón que

podía entrar pola cheminea, pero os tres porquiños, que eran moi

listos, xa a tiñan acendida. O lobo queimou o cu e aprendeu a

lección.

Desde aquel día, o Lobo Noel xa non é malvado e axuda aos tres

porquiños levando agasallos a todos os nenos e nenas do mundo.

E colorín, colorado, cada un recibiu o seu regalo.

Fin Nenos e nenas de 2ºB

Page 3: Os tres porquiños nadal1
Page 4: Os tres porquiños nadal1