Os paxaros do Rio Gafos

13
Paxaros do Gafos Patricia Fariña Dapena

description

Pequeno traballo feito por unha alumna do CEIP Campolongo no curso 2011-12

Transcript of Os paxaros do Rio Gafos

Page 1: Os paxaros do Rio Gafos

Paxaros doGafos Patricia Fariña Dapena

Page 2: Os paxaros do Rio Gafos

O río dos Gafos nace no Mato da Xestiña en Vilaboa, percorre 10,83 Km ata desembocar naría de Pontevedra. Debe o seu nome á existencia dun hospital de leprosos na beira do río.

Según os lugares polos que pasa ten distintas denominacións: Cocho, Regheiro, Das Veighas daPorta, Toxal, Tomeza, Menexo, Estación, Palamios, Da Goleta ou Da Taboada.

Discorre case todo o seu treito á beira de poboacións, e as súas marxes vense alteradas polaagricultura, as obras públicas e as infraestructuras. A pesar da regresión ou incluso a desapa-rición de parte da vexetación de ribeira e da contaminación das súas augas con vertidos con-taminantes, o río, presenta bastante diversidade na flora e na fauna que habita no seussoutos, fragas e brañas.

Río dos Gafos

AndoriñaAvelaionaAzorAzulenta comúnBiluricoBubelaCardealCarrizaChascoCirrio común CorvoCotorra de KramerCuruxaEscribenta comúnEstorniñoEstreliña riscada

Falcón peregrinoFerreiriñoFolosa amarelaGabeador comúnGabiánGaioGaivota choronaGarza realLavancoLavandeira LiñaceiroMelro comúnMiñato comúnMoucho de orellasPaporrubioPapuxa

PardalPegaPeneireiro comúnPetoPicafollasPicapeixePimpín comúnPomba das rochasPomba torcazRabirrubio comúnRousinol bravoRula comúnTordoVerderoloXílgaroXinín

Avifauna do río Gafos

1

Page 3: Os paxaros do Rio Gafos

Dimensións

Mide 16 cms, pesa sobre 38 gramos. A lonxitudes das ás varía entre 71 e78 mm. O pico pode medir 4,5 cms. Ten unha envergadura media de 25cms.

Identi!cación

É inconfundible. A coloración é moi rechamante, a parte superior é azulcobalto apencada de branco, ten irisiacións turquesa por riba, o ventrealaranxado que o chegar a gorxa trocase en branco. A cabeza é bas-tante grande igual que o pico ou peteiro, que é vermello por debaixo. Aspatas son pequenas e vermellas.O seu voo é paralelo a auga e dende logo moi rápido, pode voar a 72 km/h. según algúns au-tores. As femias non é doado distinguilas dos machos, prácticamente son o mesmo, a única diferencia é que por debaixodo pico as femias teñen a cor vermella máis grande.

Aliméntase de todo tipo de peixes (escalo, lorcho, muxo) ata 6 - 8 cms., tamén caranguesos, así como vermes einsectos acuáticos como os cabaliños do demo, libélulas etc. É un perfecto mergullador. É normal velo sobreunha rama, entre un e tres metros sobre o río, moi atento, cando avista unha peza, por exemplo un peixe, voa moirápido e colle a presa , si fai falla nada hacia abaixo, ou sexa mergúllase sin problemas, logo volve á pola e sacudeo peixe contra unha árbore ou unha pola ata que morre. Logo ponse a comelo empezando pola cabeza, normal-mente sempre a favor da escama. Os peixes da súa dieta poden chegar a 6 cms de lonxitude. Ten especial predi-lección polos alevíns de troita e salmóns, polo menos en Galicia. Tamén lle gustan moito os meixóns (angulas).Despois da operación anterior fai un acicalamento da plumaxe e unha lubrificación cunha substancia grasa que el

mismo xenera.

Habitat

Vive en moitos ríos galegos. Pero non é moi abondoso. Parece preferiraugas abertas, desembocaduras de ríos, lagoas, etc. Incluso as vecesna beiramar.

Niños

É troglodito, ou sexa habita en pequenos tobos, buracos, ou covasque é onde fai o seu niño. Aniña, polo tanto, en buratos de ata 1,5 me-tros de longo. O niño soe ser ascendente, para evitar que lle entreauga nas enchentas. Ó final fai unha cavidade esférica onde a femia

pon os ovos. Soen ser 6 a 8 , brancos, redondos e moi brillantes

A parella traballa á par para incubar durante os 20 días máis ou menos que tardan en chocar. Logo veñen os polose comenza a labor de alimentalos. Os pais teñen que pescar para eso peixes de aproximadamente 1 cm. Ó cabodun mes xa voan. Dúas roladas.Da rolada non máis de dous sobreviven, os depredadores dan conta deles e outros morren afogados nos seus pri-meiros intentos de pesca. A femia é un pouco máis pequena có macho.

Curiosidades

É un pescador nato cunha técnica moi depurada. Lánzase en picado e é moi dificil que falle. O picapeixe non édoado de ver no río. O martiño entra na auga coas ás pegadas o corpo e os ollos pechados. As causas da poucaabundancia están claras: o martiño depende da limpeza do río.

PicapeIXENome galego Nome castelán

Martín pescadorPicapeixeAlcedo atthisNome científico

2

Page 4: Os paxaros do Rio Gafos

Dimensións

Mide 27 cms, pesa 65 grs. Presenta unha envergadura media de 46 cms.

Identi!cación

É inconfundible. É moi doada de identificar xa que ten unhacoloración moi característica, ás moi anchas, un peteiro moilongo e unha crista rechamante, eréctil, como se pode verna fotografía. A crista pode mantela aberta como unha es-pecie de abanico moi curioso. Por riba ten un voo tamén moicaracterítico, xa que é moi baixo e cun batido moi irregulardas ás. Lembra o seu voo a unha mariposa.Aliméntase preferentemente de todo tipo de insectos, mi-ñocas, arácnidos, larvas, etc.

Habitat

Cultivos, hortas e en xeral espacios abertos. Non é raro acarón dos ríos sempre que estos discurran por lugares abertos, bosques de coníferas e tamén mixtos. Vese ata1.500 metros.

Niños

O niño faino en ocos de edificios bellos e tamén en árbores. Pon entre abril e xuño de 4 a 7 ovos brancos cincen-tos que choca a femia durante 18 días. Os polos están voando ás 4 semánas. Non defende o territorio inda quesi, por suposto, o niño.

Vese entre marzo e novembro. Inda que hai exemplares que permanecen todo o ano en Galicia. Non está prote-xida, pero é unha ave bastante abondosa.

Curiosidades

Inverna en África e chega a Galicia sobre marzo.Vaise o máis tardar en novembro. A verdade é que ospolos da bubela salpican os intrusos con excrementossemilíquidos que cheiran fatal.

A bubela canta coa cabeza baixada , inchando moito ocuello e co pico para abaixo, con cada canto a ave pal-pita e incluso pecha os ollos, dando a sensación de querealiza un gran traballo

ou polo menosun traballocostoso

BubelaNome galego Nome castelán

AbubillaBubelaUpupa epopsNome científico

3

Page 5: Os paxaros do Rio Gafos

Dimensións

Mide sobre 18 cms. É un paxaro máis ben pequeno, pero a cola é longa. Ten unhaenvergadura de 34 cms de media.

Identi!cación

É un dos paxaros máis coñecidos de Galicia xa que é moi abondososobre todo á beira do río. O macho ten negra a cabeza, a gorxa, aspatas e o peteiro; son blancas a testa e o peito. Gris ou cincentos asás e a cola é negra.A femia é moi parecida, pero a cabeza e a gorxa son cincentas en vezde negras. Ó camiñar move constantemente o rabo. O voo é moi ca-racterístico xa que vai subindo e baixando continuamente, é taméncapaz de parar no aire. Trátase dunha experta collendo mosquitosno aire. Ten unha vista ademais prodixiosa.É dos poucos paxaros que podemos decir que camiña ou sexa quenon vai a saltos. É moi elegante.

Habitats

Atópase sempre preto de lugares de auga, pero últimamente podemos atopar este paxariño en calquera lugar, in-cluso nunha acera de calquera cidade. Gusta, de tódolos xeitos,

dos lugares de labor, prados, a carón do ganado, etc.

Alimentación

Come preferentemente mosquitos e insectos voadores detodo tipo. En terra tamén arácnidos, vermes, pequenos mo-luscos, etc.

Niños

Construe o seu nido en ocos dos edificios, paredes, etc. Nor-malmente a unha altura considerable, sobre 2,5 metros. Ponde mediados de abril a agosto entre 2-6 ovos, que choca afemia e nacen os 15 días.Vese todo o ano, é moi común en todos os ríos dacidade. Está

protexida e ademáis está considerada como de interés especial pola súa singularidade.

Tipos de lavandeiras en Galicia.

Lavandeira branca. Lavandeira flava ou bolleira. Motacilla flava.

Lavandeira real ou Lavandeira cascadeña.

Motacilla cinerea, esta é a que máis se acerca ós ríos galegos sobre todo nos cursos altos. Esta lavandeira é amáis común nos ríos galegos, como o río Miño por exemplo onde se ven con facilidade, aliméntandose de mosqui-tos e insectos. É a Lavandeira branca.

LavandeiraNome galego Nome castelán

Lavandera blanca comúnLavandeiraMotacilla albaNome científico

4

Page 6: Os paxaros do Rio Gafos

Dimensións

Mide 21,5 cms e pesa 75 grs. O macho e a femia son semellantes. É unpouco máis pequeno cun merlo.

É famoso en Galicia xa que está moi espallado por toda ela. É doadoatopalo no campo, nas zonas de cultivo, parques e xardíns, por supostotamén nas cidades. Nás zonas montañosas é máis dificil velo. Famosoo seu voo en grupo que semella un ballet, compoñen figuras especta-culares.

En Galicia hai dous estorniños: o estorniño negro e o estorniñopinto (Sturnus vulgaris). O estorniño pinto, que é o Sturnus vulga-ris, vese moito menos en Galicia. O que máis se ve en Galicia é oestorniño negro xa que o outro emigra para criar cara o norte,mentras que o estorniño negro reprodúcese na nosa terra. Son moiparecidos. O vulgaris é apencado.

Identi!cación

O macho é totalmente negro brillante, co peteiro amarelo. A femia é máis apagada. É máis grande cá un pardal emáis pequeno que o merlo (có que se pode confundir, pero o merlo é máis grande, non é tan brillante, canta dis-

tinto e ten o peteiro alaranxado e os ollos distintos). Voan formando unha puntade flecha. Son inconfundibles, as veces, xa que se xuntan a miles.

Alimentación

Aliméntase de insectos, larvas de insectos, miñocas, sementes e froitas.

Habitats

É bastante común atopalo en campos, zonas de cultivo, parques e xardíns. Non énormal atopalo en alta montaña ou nas serras. Dormen nos parques das nosas ciu-

dades. Pernoctan polo tanto nas árbores das nosas ciudades.

Niños

Cría en pequenas colonias en buracos de árbores, paredes e penedos. De fin de maio a fin de xuño pon de 4 a 7ovos azuis claros que chocan ambos sexos durante 13 días. Os polos veñen os 22 días. Dúas roladas.Vese nos meses de abril a agosto. Últimamente có cambio climático están na nosa zona atadecembro. Moi común en toda Galicia, sobre todo en zonas baixas. Son moi gregarios.

Interés

Especie sensible o medio e non está protexido.

Curiosidades

Si se presenta o falcón, a danza é moito máis fantástica, sobre todo si hai un crepúsculo luminoso. Os estorni-ños están moi mal vistos onde hai olivares, pero en Galicia seica son beneficiosos xa que o seu alimento son evi-dentemente insectos, e fan moito ben nos pastizais comendo típulas. Os dormideiros poden ter miles destespaxaros. Trátase dunha ave gregaria, tanto para comer como para dormir. O seu canto é moi variado, a base

EstorniñoNome galego Nome castelán

Estornino negroEstorniñoSturnus unicolorNome científico

5

Page 7: Os paxaros do Rio Gafos

Dimensións

Mide entre 35 e 38 centímetros. A gaivota reidora parece, en tamaño, unhapomba, pouco máis.IdentificaciónA plumaxe cambia de inverno a verán, de feito a plumaxe estival ten a cabeza achocolatada cun anel ocularbranco. En voo destaca o que se ve, unha mancha branca en cuña conbeira negra. A plumaxe de inverno é moi característica a manchiñanegra preto do ollo.

Alimentación

Aliméntase de desperdicios, sobre todo dos vertedoiros. Tamén comepeixes, cangrexos e moluscos. Realmente come de todo xa que asveces métense nos lugares de labor e comen miñocas e insectos. Comede todo incluso fan expolio de niños, incluso chegando a comer ata nasterrazas da cidade.No río comen do todo dende vexetais ata peixes.

Habitat

Vese moito nas costas e desembocaduras dos rios, é unha ave mariña sen lugar a dúbidas. Pero dende fai unsanos vese moito tamén no interior. Vese polo tanto ó lado dos ríos, na penedías e como non nos vertedoiros. Sonun auténtico problema, e Galicia fálase de setenta a oitenta mil exemplares. Hoxe crían ata nos tellados das

casas. Vese todo o ano.

Niños

Aniña no chan preto da auga. Pon a finais demaio 3 ovos que chocan os dous sexos durante25 días. Os pitos voan as 6 semanas.

Curiosidades

As gaivotas están sendo un problema en todaGalicia. Hai moito vertedeiros incontrolado portoda Galicia e esta especie vai para arriba cadavez máis. As gaivotas indicaban e seguen a indi-car ós mariñeiros a proximidade das costas.

GaivotaNome galego Nome castelán

Gaviota reidora comúnGaivota chorona comúnLarus rididundus linnNome científico

6

Page 8: Os paxaros do Rio Gafos

Dimensións

Mide entre 28 e 48 cms. O macho ten sobre 28 cms e a femia sobre 38 cms. Hai polotanto unha gran diferencia.

Identi!cación

O macho é de cor gris e ten unhas raias atravesadas moi vistosas que tamén ten o azor. Ten tamén tonos avermellados nas partes ventrais e no peito. Paréceme moitísimo oazor. De feito o gabián femia ten un gran parecido có azor. Os especialistas falandunha distinción en canto os tarsos das patas que o gabián os ten máis longos. O adultoten os ollos tirando a laranxa, mentras que os inmaduros son amarelos. O macho do ga-bián é moito máis pequeno que a femia. O voar teñen un rabo moi longo que é caracte-rístico.

Alimentación

Come paxaros do tamaño dunha pomba o un corvo, tamén lle gustan as pegas, os pardaos, os merlos e os estorni-nos. As presas do gabián son un pouco máis pequenas que as do azor.

Habitat

Prefire os bosques de pinos, inda que tamén se atopan nas carballeiras. O Gabián pódese atopar en tódolo o te-rritorio galego. Pero non é abondosa. Fálase de 3000 parellas. As veces aparece en terrenos habitados. Moitasnon debe haber xa que os corvos e as pegas que son o seu manxar favorito abundan moito. Tamén se alimenta devertebrados.

Pódese ver todo o ano.

Niños

Construe o niño en árbores entre 7 a 16 metros. Pon entre 3 a 5 ovos nomes de xuño. Os polos voan as 5 semáns.

Protección

Está estrictamente protexido.

GabiánNome galego Nome castelán

GavilánGabiánAccipiter nisusNome científico

7

Page 9: Os paxaros do Rio Gafos

Dimensións

Mide sobre 14 cms. Pesa 15 grs. É pequerrecho.

Identi!cación

Sexos iguais. A parte superior é parda olivácea. A fazula, gorxa,papo e peito rubio. O ventre blanco sucio. Vese cantando sobretodo o amencer e ó solpor.

Alimentación

Preferentemente come invertebrados (as miñocas gústanllemoito...), caracois, bagas de bieteiro, hedra, etc. É todo un expertoen extraer miñocas do chan, un verdadeiro especialista.

Habitat

É bastante común. É doado encontralo preto dos cursos fluviais, ár-bores de campos e tamén nos parques. Ten preferencia polos cursosfluviais.

Niños

Anida nas paredes e mesmo no chan (sempre que haxa ortigas preto). Tamen en arbustos, preferiblemente espi-ñosos. Pon de marzo a xuño de 2 a 6 ovos brancos apencados de rubio que choca a femia durante 13 días. Os 13días xa voan os polos. Dúas e ata tres roladas o ano.

Vese todo o ano pero preferentemente na primaveira e no outono. Ésedentario en Galicia onde se mezcla cós que veñen do norte de Eu-ropa.

Protección

Non está protexido. É un páxaro abondoso en Galicia.

Curiosidades

É moi familiar, permite que nos acheguemos mentras canta e moiben. Ten moita cantidade de sonidos, é todo un artista.

O seu habitat son os xardíns, cultivos, soutos e fra-gas. Vese a carón dos ríos galegos.

Vense paporrubios incluso en decembro.

PaporrubioNome galego Nome castelán

PetirrojoPaporrubioErithacus rubeculaNome científico

8

Page 10: Os paxaros do Rio Gafos

Dimensións

Mide uns 46 cms. Sexos iguais.

Identi!cación

É inconfundible e a verdade é que abonda moitohoxe en Galicia. A plumaxe é blanca e negra. Camiñaa brinquiños ou anda.

Alimentación

Come de todo preferentemente: insectos, miñocas,ras, ratos, ovos, crías doutros animais, etc.

Habitat

Abonda en tódolos sitios ata 1300-1400 m. de alti-tude. Na montaña vense poucas, sobre todo nos altos. Saben moi ben que neses lugares teñen pouco que facer emoitos depredadores. Hoxe nas ciudades abonda moito.

Niños

Fai o niño en árbores ou arbustos. O niño soe ter unha entrada por un lateral, en plan despiste. Pon de marzo amaio entre 4-8 ovos que choca en 21 días. Os polos voan ós 27 días.

Vese todo o ano.O seu voo é moi característico xa que parece un helicóptero, fai unbatido e plegado das ás moi característico. Ademáis non sigue unhalinea recta, vai subindo e baixando. Non é nada rápida. Na terra dasaltiños.

PegaNome galego Nome castelán

UrracaPegaPica picaNome científico

9

Page 11: Os paxaros do Rio Gafos

Dimensións

Mide 34 cms. 350 grs de peso. Envergadura

Identi!cación

É un ave de rapiña, de figura branca, fantasmagórica; cabezamoi grande con ollos negros, o peteiro ganchudo , as ás longasredondeadas. Rabo curto, rostro en forma de corazón. Real-mente moi doada de identificar. Hai duas variedades segúnsexa o peito, branco, liso ou xaspeado.

Alimentación

Aliméntase de todo tipo de pequenos mamíferos: ratóns sobretodo. Ás veces caza paxaros, morcegos, ras e moi rara vez al-gunha donicela. Caza de ouvida aínda na oscuridade. Anda moitopola noite, semella o voar prácticamente branca. É noiteira típica. É curioso que os restos dos alimentos non di-xeridos, como as plumas, por exemplo, devolveos.

Habitat

Gústanlle as zonas de cultivo, tamén zonas abertas e nucleos habitados. Mora sempre na misma bisbarras.Gosta moito dos campanarios da comarca onde é doado ver as súas egragópilas ou bolas que expulsa pola boca.

Niños

Construe o niño en oquedades dos edificios, raramente en ocos naturais. Gústanlle moito as bóvedas das igrexas,as casas vellas, faiados, palleiras, e tódolos buratos que poida onde vexa que non vai ser molestada. Nestos luga-res hai ovos dende finais de marzo, os polos xa voan en octubre. Pon no mes de maio de 3 a 7 ovos que fai cho-car en 30 días, inda que hai coruxas que poñen dúas ou tres veces o ano.

Vese dende febreiro ata finais do verán perfectamente.

Curiosidades

As curuxas son consideradas como predictoras do tempo, así o dito "Curuxas na carballeira, caldeiros á goteira".Dicen que tamén son predictoras da morte. Tamén se asocian co demo e os agoiros.

CURUXANome galego Nome castelán

LechuzaCuruxoAlbaNome científico

10

Page 12: Os paxaros do Rio Gafos

Dimensións

Mide 14,5 cms. Son un pouco distintos o macho e a femia.

Identi!cación

O macho ten as partes superiores pardas raidas de escuro; coruto emitra cincentos; caluga castaña, papo e gorxa negros. A femia sonmáis apagados non teñen a gorxa negra. O pardal é unha ave abondosaen Galicia. Probablemente sexa a ave máis coñecida en Galicia. ¿ Quennon viu un pardal na súa vida? É doado atopalo na ciudade, no campo,nas zonas de cultivo, parques e xardíns. Nas zonas montañosas é máisdificil velo.

Alimentación

Insectos, larvas de insectos, millocas, sementes e froitas.

Habitat

É bastante común atopalo na ciudade, en campos, zonas de cultivo, parques e xardíns. Non é normal atopalo enalta montaña ou nas serras, por riba dos 1.100 metros de altitude. Para dormir xúntanse todos.

Niños

Cria en pequenas colonias en buracos de árbores, paredes e pene-dos. De fin de abril a agosto pon de 3-5 ovos brancos pintados depardo que chocan ambos sexos durante 14 días. Os polos voan os15 días.Vese nos meses de abril a agosto.

Curiosidades

O seu canto é moi variado, a base denotas parloteantes, chasqueantes eaflautadas.

PardalNome galego Nome castelán

Gorrión comúnPardal comúnPasser domesticusNome científico

11

Page 13: Os paxaros do Rio Gafos

Blibliografía

http://www.rios-galegos.comhttp://volandeira.netne.nethttp://www.blogoteca.comhttp://gl.wikipedia.org

“Guía das aves de Galicia” de Xosé M.Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.

“Cuadernos de Campo” de Félix Rodriguez de la Fuente. Pájaros de río.

“Guía das aves de Galicia” de Xosé M.Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.

“Veciñas do home, aves urbanas de Galicia” de Xurxo de Viveriro, X.C. Castro Laxe e Nicolás Muñoz Toro.

“Veciñas do aire” DVD de Federico de la Peña

“Viaxeiras da auga. Aves mariñas e acuáticas de Galicia e norte de Portugal. Estanislao Fernández de la Cigoña.Editorial Xerais.

Foto da portada Rafa FariñaFotos de paxaros e aves de www.rios-galegos.com

12