Os mamiferos e aves de Galicia

44
RUBÉN VILLAVERDE FONTÁN

Transcript of Os mamiferos e aves de Galicia

Page 1: Os mamiferos e aves de Galicia

RUBÉN VILLAVERDE FONTÁN

Page 2: Os mamiferos e aves de Galicia

-Introducción

-Características xerais

-Alimentación

-Características dos mamíferos de Galicia

Page 3: Os mamiferos e aves de Galicia

NO REINO ANIMAL EXISTEN DOUS GRUPOS:

-VERTEBRADOS

-INVERTEBRADOS

INVERTEBRADOS

Pólipos Medusas

Gusanos Equinodermos

VERTEBRADOS

Mamíferos

Reptiles

Aves

Anfibios

Peixes

Page 4: Os mamiferos e aves de Galicia

OS MAMIFEROS:

- Ter pelo

- Por mamar

- Por ser vivíparos(excepto o ornitorrinco e equidna)

AS AVES:-Teñen alas e poden voar- Ovíparos

Page 5: Os mamiferos e aves de Galicia

Os mamíferos poden ser carnívoros herbívoros ou omnívoros.

CARNÍVOROS: Como os lobos, tigres, leóns…

HERBÍVOROS: Como o cabalo, la vaca, la cabra…

OMNÍVOROS: Como a zarigüeya, la rata, el hámster …

Page 6: Os mamiferos e aves de Galicia

O rato de campo, de modo xeral, é o mamífero máis abúndante nos nosos campos e montes, onde podemos localizalo desde o nivel do mar á alta montaña, onde se volve raro aínda que non está ausente, aínda que alcanza o seu óptimo en ambientes rurais con cultivos de cereais onde alimentarseO rato de campo consome fundamentalmente froitos, piñas e sementes, aínda que sen rexeitar brotes e talos novos, aos que pode ocasionar importantes danos, como tamén os causa aos cultivos, particularmente de cereais, polo que sempre foi considerado polo home como unha praga.

Page 7: Os mamiferos e aves de Galicia

Aliméntase fundamentalmente de lepidópteros (bolboretas) e coleópteros (escaravellos), de hábitos tamén nocturnos. O morcego común está ligado típicamente aos medios habitados polo home (pobos e cidades), ocupando tamén ocasionalmente ambientes cavernícolas. Permanece oculto durante o día, formando dilatadas colonias en grietas de paredes e muros, faiados, bufardas, adegas, campanarios e pontes, iniciando a súa actividade coas últimas luces da tarde. Oriéntase nos seus desprazamentos valéndose da ecolocación, e permanece en letargo durante os meses fríos do inverno, sendo observado tamén no exterior nalgunhas tardes asolladas.

Page 8: Os mamiferos e aves de Galicia

De pequeno tamaño, similar ao dunha ovella, e con coloración uniforme, que varía coa época do ano, pasando dunha coloración grisácea no inverno a unha pelame estival de tonalidade castaña. Conta cunha cola moi curta, de apenas uns centímetros, que se perde no característico escudo anal da especie, este en forma de corazón investido e cor branca no inverno e máis amarelado no verán. A boceira negra, que contrasta coa cor branca do queixo e beizo superior, é outro trazo moi marcado na especie, que resulta inconfundible dentro dos cérvidos

Page 9: Os mamiferos e aves de Galicia

Vive en pradeiras secas, linderos de bosques, parques, etc. Nas montañas chega a vivir ata os 1.500 m. de altura, aínda que é máis ben unha especie típica do monte e matogueira mediterránea. É moi adaptable, aínda que evita os grandes bosques. Require un chán onde poida escavar. Está distribuído por toda a Península Ibérica e as Baleares.

Page 10: Os mamiferos e aves de Galicia

A constitución do lobo indica inmediatamente a súa capacidade depredatoria. As 42 pezas das súas fortes mandíbulas, a súa ampla caixa torácica e os seus voluminosos músculos maseteros, que dan aos seus ollos esa característica forma almendrada, son froito dunha pragmática evolución ao servizo das súas funcións de depredador na escala trófica.

Un lobo adulto pode ter unha lonxitude de entre 100 e 120 centímetros, e unha alzada á cruz de entre 60 e 70 centímetros. O peso varía entre 30 e 50 quilos, aínda que se atoparon exemplares de até 75 kg. As femias teñen unhas dimensións e peso inferiores aos dos machos.

.

Page 11: Os mamiferos e aves de Galicia

É o representante máis pequeno dos mamíferos carnívoros pertencente á familia dos mustélidos. O seu corpo é pequeno, esvelto, alargado e flexible. A cabeza é aplanada, co rostro moi curto, as orellas pequenas e redondeadas, ollos e nariz escuros e o pescozo longo.

Page 12: Os mamiferos e aves de Galicia

Ao lirón careto podemos definilo como un dormiñón con antifaz e é que este pequeno e simpático roedor caracterízase pola presenza dunha franxa de pelo de cor negra na zona ocular que, a modo de careta, cóbrelle parte do rostro e prolóngase tras as orellas, detalle cromático do que toma o seu nome común (cara). Se ao anterior unímoslle que este animal entra en longos e profundos soños de onde tamén se adopta a coñecida expresión da linguaxe popular durmir máis que un lirón, sintetizariamos nunhas poucas palabras ao lirón careto., longa cola ou rabo, poboada de pelos en forma de pincel na punta, da que pode desprenderse en caso de perigo ao ser aprendida por algún depredador (anatomía caudal) póndose a salvo deste xeito. Tamén conta o lirón careto cunhas orellas ben desenvolvidas nas que destaca o pavillón auricular, dispostas a captar o menor ruído.

Page 13: Os mamiferos e aves de Galicia

Os adultos poden chegar a pesar máis dun quilo. A súa característica máis rechamante son as pugas ou puntas de que está revestido. Os músculos cutáneos permítenlle envolverse e formar unha bóla de pugas contra a que os seus inimigos naturais son impotentes. Ás veces é presa de cans, raposos, porcoteixos, lamotes ou curuxas.Non teñen pescozo e os seus ollos son pequeniños. As orellas son redondeadas e o fociño aguzado. A súa dentamia componse de 36 pezas. As súas catro patas son curtas, teñen 5 dedos e están providas de fortes unllas. Ten un rabiño pequeno. Os machos son máis grandes que as femias, e o abdome é dunha cor parda máis clara que as pugas. As femias poden ser tamén da cor da cinza.Son animais lentos, aínda que poden apurar o paso. Camiña moito e sabe nadar. No caso de presentir perigo tenden a inhibirse e enrodelarse sobre si mesmos. Emite sopridos e asobíos. O seu olfacto está moi desenvolvido.

Page 14: Os mamiferos e aves de Galicia

A ibérica é a máis pequena das lebres que poden atoparseactualmente en España. O corpo mide ao redor de 45 centímetros, máis 10 de cola, e o peso varía entre os 2 e 2,5 quilos. O pelo é curto e de cor parda-avermellada, entreverado de negro no lombo, e branco no fuciño, fazulas, bandullo, parte das patas (pés e parte superior, sendo o resto pardo) e a cola. O extremo das orellas e o dorso da cola son negros. A lebre ibérica diferénciase tamén por algunhas características da arquitectura do cranio, entre as que se atopa o ter os incisivossuperiores máis inclinados cara adentro. Os individuos de ambos os dous sexos son difíciles de diferenciar á primeira ollada, aínda que polo xeral as femias son de tamaño lixeiramente superior.

Page 15: Os mamiferos e aves de Galicia

Un exemplar adulto pesa ao redor dun quilogramo e medio. Posúe unha cabeza pequena, un fociño agudo, un corpo delgado, patas curtas e pelame espesa e suave, máis escura polo lombo que polo ventre.Os seus hábitos son nocturnos, adoitan vivir nas árbores e aliméntanse de pequenos mamíferos, pequenas aves, insectos e ras. Tamén comen algúns froitos e ovos de paxaros. Asemade as martas son presas das aguias e dos raposos. Non obstante, o seu maior inimigo é o home, que a apreza pola súa fina pel. En cativerio viven ata 18 anos, mentres que a súa vida silvestre apenas supera os catro anos. Chegan á súa madurez sexual aos dous anos. As súas crías adoitan nacer en marzo ou abril, logo dun período de xestación de ao redor dun mes. O seu peso ao nacer é de aproximadamente 30 gramos

Page 16: Os mamiferos e aves de Galicia

O teixugo mide entre 60 e 90 centímetros e ten un peso entre 7 e 13 quilogramos.É doado de identificar: na cabeza ten bandas brancas e negras, únicas. As orellas teñen rebordes brancos; as patas e o abdome son negros e o lombo gris prateado. Semella un pequeno oso, ou ben un cocho peludo, pois fai uns ruídos característicos de seu. A súa pelaxe empregábase non hai moito para facer brochas de afeitar. As patas dianteiras teñen uñas moi longas, poderosas, coas que escarva profundas covas.

Page 17: Os mamiferos e aves de Galicia

Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos bosques e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos roedores, aos que persegue ata nos seus tobos, debido á súa delgadez.As donicelas poden presentar sorprendentes variacións de tamaño. Estas débense, por unha banda, ao dimorfismo sexual, xa que as femias son bastante máis pequenas que os machos e, por outra, á existencia nas poboacións de individuos de tamaño moi reducido, considerados ata hai pouco como pertencentes a unha especie autónoma.

Page 18: Os mamiferos e aves de Galicia

É un mamífero artiodáctilo e suídeo de medio porte e corpo robusto. É considerado o antepasado a partir do cal evoluíu o actual porco doméstico. Pola súa semellanza co porco recibe tamén denominacións populares derivadas deste: porco bravo, cocho bravo, porco montés e porcoTen unha ampla distribución xeográfica, desde a área mediterránea de Europa ata Asia e Indonesia. En Galicia tamén está amplamente distribuído.

Page 19: Os mamiferos e aves de Galicia

Diferénciase da toupa europea polo seu menor tamaño, por ter os ollos totalmente tapados polo pelo, un cranio máis alongado e estreito, e polos pelos brancos que cobren as poutas e mailo fociño. A cola é curta e atópase cuberta de pelo, as súas poutas son grandes. O fociño é cónico e con longos bigotes (vibrisas) que, ao igual cós pelos das poutas, serven para detectar vibracións e apalpar.

Page 20: Os mamiferos e aves de Galicia

tamén coñecido como golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, pertence á familia dos cánidos, dentro da orde dos carnívoros. O raposo común, tamén chamado raposo vermello, caracterízase por ter as patas cortas, o fociño estreito e alongado, as orellas rectas e triangulares, unha pelaxe espesa e cola longa. Adoitan pesar entre 7 kg e miden entre 90 e 105 cm de longo (sen incluír a cola). A cor da pelaxe dun raposo común é alaranxada por enriba e branca pola parte inferior.O raposo vive en todos os continentes (agás na Antártida), habita zonas boscosas, con matogueiras. Algún tipo de raposo pode mesmo vivir en zonas desérticas e xeadas

Page 21: Os mamiferos e aves de Galicia

AVES DE

GALICIA

Page 22: Os mamiferos e aves de Galicia

Todas as escribentas teñen algúns rasgos en común, entre os que está o ter a cara con raias definidas, especialmente os machos. Como por Galicia é a especie de escribenta máis común, e as outras poucas especies son moi diferentes esta especie é fácil de recoñecer. Son confiadas de vistosas coas súas cores amarelas.

Page 23: Os mamiferos e aves de Galicia

Non é fácil vela no medio do monte, pero tanto en cidades como na maioría de aldeas e pobos son moi comúns. A simple vista parecen brancas e negras, pero se se miran ben as zonas negras case sempre se notan as irisacións verdes e azuis que teñen. O seu canto é similar a unha gargallada.

Page 24: Os mamiferos e aves de Galicia

Desta especie son a gran maioría das gaivotas que se poden ver, especialmente no verán, cando só hai dúas especies de gaivota: esta e a chorona. Son moi confiadas en zonas urbanas, ás cales están moi habituadas. Se ademais hai comida presente e posible acercarse moitísimo a elas.

Page 25: Os mamiferos e aves de Galicia

Como o seu propio nome di e realmente común, e ademais está moi acostumado á xente. Tanto nas aldeas coma no monte vese por todas as partes, e non so se ve, se non que tamén se oe o canto característico que ten cando escapa das persoas. O macho é totalmente inconfundible, pois é totalmente negro e ten o bico moi laranxa. As cores da femia parécense un pouco máis ás dun tordo, pero este último é moito máis claro, e do estorniño e facilmente diferenciable, pois o merlo ten unha forma máis "rechoncha" e unha maneira moi singular de andar a saltos.

Page 26: Os mamiferos e aves de Galicia

Esté córvido tamén é chamado corvo pequeno, pola comparación co corvo carnazal, ou grande, aínda que o primeiro é máis común. É extremadamente coñecido, e é tamén xeralmente odiado e perseguido, pois come as colleitas sementadas e o millo, ademáis de outros cultivos humanos. As súas cores son totalmente inconfundibles: un negro absoluto, só parecido o do merlo, pero este e moito máis pequeno. Outro motivo que non lle dá ao corvo moita popularidade e que come carniza.

Page 27: Os mamiferos e aves de Galicia

A estreliña e a ave máis pequena de Galicia, pero non a riscada se non a dos piñeiros, que é moito menos común, pero a diferencia é mínima. Pode parecer menor ca o carrizo pero esto pode deberse a que o carrizo leva frecuentemente o rabo ergueito. É unha ave inqueda, coma os ferreiriños pero máis pequena. O seu habitat máis común son os piñeirais, pero non é exclusivo. As súas cores non son moi rechamantes, a excepción da creta laranxa ou amarela (para o macho ou a femia, respectivamente) que luce.

Page 28: Os mamiferos e aves de Galicia

Antes a cegoña estaba só polas zonas cálidas de Galicia, e só se quedaba no verán. Actualmente estase estendendo cada ano e a súa presenza xa abarca a mairoría de Galicia. Ademais en certas zonas quédase ata no inverno. A única ave das que se poden ver polo interior á cal se parece minimamente é á garza real, pero o plumaxe desta é moito máis gris. No verán pode verse a cegoña en grupos grandes buscando comida nos campos de cultivo.

Page 29: Os mamiferos e aves de Galicia

A pesar de que as súas cores son especialmente discretas e de que se mimetiza totalmente no entorno (tal vez precisamente por iso) é totalmente inconfundible. A maneira que ten de ascender polos troncos das arbores e moi característico, practicamente só o comparte co piquelo azul. Ademais da súa maneira de gabear polas árbores ten outras características que fan deste un paxaro particular: o seu longo rabo e o seu bico, tamén longo e gallado.

Page 30: Os mamiferos e aves de Galicia

Sube polas árbores igual ca o gabeador común, aínda que hai unha diferencia na súa forma de facelo: o gabeador só ascende polos troncos e o piquelo tamén descende agarrado a eles. Polo demais non se parece moito a este. As cores do piquelo azul son rechamantes e a súa forma e coma a de calquera outro paxaro.

Page 31: Os mamiferos e aves de Galicia

É un paxaro pequeno e inquedo con un chasquido característico que lle da nome. Non é difícil velo en sitios con moitos toxos, xestas e maleza en xeral. De frente pode ser confundido con un paporrubio pero a escuridade da súa espalda diferénciao totalmente deste.

Page 32: Os mamiferos e aves de Galicia

É probablemente o máis común dos ferreiriños agora mesmo, ou polo menos o máis fácil de ver, porque o común e o cristado viven nos pinares. É bastante tranquilo para ser un ferreiriño, pois gran parte dos outros móvense todo o tempo. É bastante confiado, acercase bastante ao home.

Page 33: Os mamiferos e aves de Galicia

Grácil, enérgico e probablemente o máis belo dos ferreiriños. Tamén é o que máis se move, o máis inquedo. É difícil de diferenciar do abelleiro polo aspecto, pero a súa mobilidade é totalmente distinta. Ten esa costume típica nos ferreiriños de pendurarse cabeza abaixo nas polas.

Page 34: Os mamiferos e aves de Galicia

Ainda que é frecuente non é moi fácil de ver se non se busca no lugar adecuado, porque é case exclusivo dos piñeirais. Igual ca o bacachís ten a costume de pendurarse das polas. É moi fácil velo en pequenos grupos cantando desde a cima dos piñeiros.

Page 35: Os mamiferos e aves de Galicia

Dos ferreiriños que se poden ver é probablemente o menos frecuente, aínda que tamén é díficil de ver por estar ligado aos pinares, coma o ferreiriño común. De feito é parecido a este exceptuando o seu rasgo característico, que o fai imposible de confundir: a súa crista, que está composta por rombos blancos e negros. Tamén ten un canto caractéristico: "pi pi chrrrrrr". É unha definición mediocre.

Page 36: Os mamiferos e aves de Galicia

É probablemente a ave máis común en Galicia, sendo máis coñecido polo nome de gorrión. Digo probablemente porque, inda que sexa o que máis se ve porque o seu habitat está estrictamente ligado a asentamentos humanos, eso non quere dicir que sexa o máis abundante. Polo demais tampouco é unha ave moi destacable, non ten unha cor rechamante, fai niños normais, o seu tamaño é o típico dun paxaro... Si que ten un ritual de apareamento curioso, levantando o macho as ás é dando voltas arredor da femia, pero outros páxaros fan máis ou menos o mesmo.

Page 37: Os mamiferos e aves de Galicia

É o segundo paxaro máis pequeno dos que se poden ver por aqui, despois da estreliña riscada. O seu tamaño e a súa costume de ter o rabo cara arriba case continuamente fano inconfundible. Tamén os seus niños son facilmente recoñecibles, pois fan niños esféricos, cunha pequena abertura lateral.

Page 38: Os mamiferos e aves de Galicia

Poderíase dicir que é o páxaro máis belo de Galicia, polo menos os machos, coas súas cores amarelas e negras. As femias teñen uns tons verdes máis discretos. Ademais do seu aspecto, teñen outros rasgos característicos, coma que penduran os seus niños con cordóns das polas altas ou que son extremadamente esquivos e asustadizos, polo que viven, en xeral, lexos das persoas.

Page 39: Os mamiferos e aves de Galicia

É unha garza de bo tamaño e non demasiado ligado a auga, dentro do que pode sendo unha ave propia de zonas húmidas. Pode verse por toda Galicia, non só cerca do mar ou lagose está aqui durante todo o ano. A pesar de que a altura é a forma coinciden coa da cegoña son facilmente diferenciables polas súas cores, sendo a garza gris e co pico e as patas tamén de cores discretos, e a cegoña branca e co pico e as patas cor laranxa.

Page 40: Os mamiferos e aves de Galicia

Con diferencia a máis común das rapaces galegas. Come especialmente pequeno mamíferos, non coma un gabián, que se alimenta de outras aves, ou coma un lagarteiro, do cal dudo que faga falta dicir que come. O miñato vese con frecuencia en postes e cables do tendido eléctrico, ou sobrevoando unha zona en busca de presas.

Page 41: Os mamiferos e aves de Galicia

É unha ave da que todo o mundo oíu falar, pero pouca xente debe saber do seu aspecto. De todas formas tampouco é moi chamativo, coas súas cores pardas é grisáceas. O que si que é característico del son o seu canto (cu cu, cu cu) do cal provén o seu nome e o seu tipo especial de parasitismo. Así, en vez de facer un niño, deixa os ovos no niño doutro paxaro pequeno coma un pardal orelleiro, unha lavandeira, un picafollas... para que estes llo cuiden. Con frecuencia a ave hóspede acaba alimentando a un paxaro máis grande ca el.

Page 42: Os mamiferos e aves de Galicia

É coñecido polo seu melodioso canto, ainda que ao mellor non tanta xente o coñeza pola súa beleza, coas manchas amarelas das ás e o vermello da súa cara. É menos abundante ca outros membros da súa familia, quizas pola súa dieta na cal as sementes dos cardos son básicos, de ahí o seu nome científico, Carduelis carduelis. Cando son novos son menos caractéristicos porque a cor da súa cara é marrón.

Page 43: Os mamiferos e aves de Galicia

É un familiar do canario, o que se nota no canto que emite en primavera, non moi boito pero si largo, complicado e orixinal. Durante esta época é frecuente velo cantando dende algún sitio alto: a punta dunha árbore, un cable...

Page 44: Os mamiferos e aves de Galicia

FIN

Dado que teño moitos exames finais estos días acabo aquí a presentación, senón faría un pouco mais extensa.

RUBÉN VILLAVERDE FONTÁN