Os días das letras galegas

53

description

Presentación sobre os homenaxeados no Día das Letras Galegas desde 1963

Transcript of Os días das letras galegas

Page 1: Os días das letras galegas
Page 2: Os días das letras galegas

OS DÍAS DAS LETRAS GALEGASOS DÍAS DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas é unha celebración cultural instituida no ano 1963, data na que se cumprían cen anos

dende a publicación da obra de Rosalía de Castro “Cantares galegos”, considerada como punto de partida para o Rexurdimento, o volver a nacer da nosa cultura.

A súa finalidade é a de homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en lingua galega ou

pola defensa do idioma.Anualmente a Real Academia Galega escolle unha

personalidade diferente, tendo en conta que se esixe que pasasen como mínimo dez anos dende o seu falecemento.

Por Ramón Beltrán Carballeira

Page 3: Os días das letras galegas

ROSALÍA DE CASTROSantiago de Compostela 1837 – Padrón 1885

UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO

Unha vez tiven un cravocravado no corazóni eu non me acordo xa si era aquel cravode ouro, de ferro ou de amor.Sóio sei que me fixo un mal tan fondo,que tanto me atormentou,que eu día e noite sin cesar chorabacal choróu Madalena na Pasión.Señor, que todo o podedes-pedinlle unha vez a Dios-,daime valor para arrincar dun golpecravo de tal condición.…

FOLLAS NOVAS1963

Page 4: Os días das letras galegas

CASTELAORianxo 1886 – Bos Aires 1950

Galicia é a mellor esquina do solar hispánico, cabo do mundo antigo e avanzada de Europa nomar inmenso da libertade. A arquitectura barroca do noso chan, labrada en pedra granítica, está sempre coberta por un manto de zugoso verdor. Os montes son redondos como peitos de muller e as serras son como lombos de boi cebado. Os vales son ledos e farturentos. O mar tolea de carraxe cando nono deixan penetrar na terra; pero cando entra, quédase adormecido no leito das rías. Galiza é unha unidade territorial armónica, de formas e coor, perfeitamente diferenciada do resto da Hespaña. A patria é a Terra...

SEMPRE EN GALIZA

1964

Page 5: Os días das letras galegas

EDUARDO PONDALPonteceso 1835 – A Coruña 1917

1965

Page 6: Os días das letras galegas

FRANCISCO AÑÓN Outes 1812 – Madrid 1878

A LEITEIRA

Ergome a'o abrir d'o diainda alumea o luceiro,

e'en chegando a algun regueirobautizo con auga fria

o leite d'o meu pucheiro,porque mellor aproveite,¿Quén merca o leite?

     Madrugueiros estudanteshacho ô pasar pol-a veiga

e deteñenm'os tunantespedindo nata, manteiga,

e que sei eu.... Banadantes!mal fogo de Diol-os-deite,

¿Quén merca o leite?

 … 1966

Page 7: Os días das letras galegas

CURROS ENRÍQUEZ Celanova 1851 – A Habana 1908

1967

AIRES DA MIÑA TERRA

Como a miniña tolaque sai por ves primeiracon dengue e muradana

prá festa do lugar;así, xentil i aposta,

vai vindo a Primaveira,grinaldas de cravelesvertendo ó seu pasar.Os álbores espidos

De fruto e de ramaxe,cubertos xa de folla

comenzan a dar fror;i á sombra agachapado

do prácido follaxe,mentras que o gando garda,

fai chifros o pastor....

Page 8: Os días das letras galegas

LÓPEZ CUEVILLAS Ourense 1886 – Ourense 1958

PROSAS GALEGAS

"¡Probiños os ríos! Os máis pequenos morreron xa. As fervenzas dos outros calaron ca súa leda cantiga, e os muiñeiros esqueceron as noites afrodíticas dos muíños. De vagar, de vagar, soio escoan por entre as pedras das presas fíos de auga, tan miudos, tan febles, que semellan as bagoas dun neno. ¿Onde foi, ouh ríos, a vosa forza de viaxeiros arriscados? Tristeiros, mudos, a vosa iauga encora nas chás e fede por que, falla de azos pra camiñar, morreu ca soedade do alén.E aínda os grandes ríos da nosa terra: O Miño, O Sil, o Ulla, qué debecidos, qué probes! De cada día, o voso leito afúndese máis, como si andivérades a abrir a vosa propia sepultura... 1968

Page 9: Os días das letras galegas

NORIEGA VARELA Mondoñedo 1869 –Chavín 1947

D´O ERMO .

iNin rosiñas brancas, nin claveles roxos!Eu venero as froliñas d'os toxos.D'os toxales as ténues froliñas,

que sorríen, a medo, entr'espiñas.Entr'espiñas que o Ceyo agasallacon diamante-las noites qu'orballa.¡Oh d'o yerm'o preciado tesouro!as froliñas d'os toxos son d'ouro.D'ouro vello son, mai, as froliñas

d'os bravos toxales, ¡d'as devocións miñas!...

1969

Page 10: Os días das letras galegas

1970

MARCIAL VALLADARES A Estrada 1821 – A Estrada 1903

MAXINA OU A FILLA ESPÚREA.

"Corría o ano mil oitocentos sesenta e seis: era unha mañán de maio; empezaba a esclarecer, e ladrando os cans nas eiras, daban a xente que pasaba polas congostras; cantaban xa o millangarrido, a bubela e o cuco nas carballeiras, o merlo e o reiseñor nos salgueirales, o paspallás entre os centeos, e os xílgaros e carrinciños, os chincheiros e siríns desfacíanse nos eidos mirando cada un pra o seu amor, que alí os oviños no níxaro empolaba, e adozando todos en concerto vario, traballos preludio de maternidá...

Page 11: Os días das letras galegas

LÓPEZ ABENTE Muxía 1878 – Muxía 1963

CENTILEOS NAS ONDAS .Lostregueante choviscar de estrelasNo escuro seo dunha noite en calma;Labarada de auceiros e de arelas

A arder na seca gándara da ialma. 

Anceios meus de lles ronbare aos maresRondas de escuma, pérolas nacradas,

Rebrilos de ronseles estelaresNos albos colos das mariñas fadas.

 Ladrón, a vixiar nas penedías,

Nas pardas lombas dos adustos cabos,No fervente balbor das ardentías,

Nas mouras furnas nos rochedos bravos. 

No brancore dos seixos dos coídos,No morno abrigo das arnelas fondas...

Só puiden apañar estes louridosCentileos nas ondas. 1971

Page 12: Os días das letras galegas

1972

LAMAS CARVAJAL Ourense 1849 – Ourense 1906

A ALDEA (frag.)No medio dun souto, ao pé dunha serra,na cume dun monte, no fondo dun val,

coas chouzas de seixos telladas de colmo,están as aldeas, o mundo rural.

. . .Alí como os corpos, o espritu esmorece,sin outros alentos que a superstición;

os mortos as bruxas, os trasnos, as meigas,seus dioses penates, seus númenes son.Fanáticos, chámanlle á cencia herexíaao xenio loucura, grandeza ao poder,valor á osadía, ao medo pacencia,

á usura comercio, vergonza ao non ter.. . .

Alí, os caciques engordan e chegana ricos sin teren nin rentas nin bés,

namentras o triste maestro de escola,un ánema en pena de fraco parés.

Page 13: Os días das letras galegas

LAGO GONZÁLEZ Tui 1865 – Santiago 1925

O DERRADEIRO CELTAChega ond'a cerca do castro,

mira pro fondo do val,finca na parede o codo,deita a cabeza na mau,

e namentras que coa outraArrincando musgue está

Pensatible, triste e morno,Así se pon a falar:

                                               Alá van os nosos eidos,a miña casa alá vay;xa me mataron os fillosMatárom´a muller xa;

Morreron os nosos homes Que souperon peleyar

Morréron-nos os druidasServidores de Teutás

...     1973

Page 14: Os días das letras galegas

1974

VIQUEIRA CORTÓN Madrid 1886 –Bergondo 1924

DA GÁNDARA ERMA E TRISTE

¿Da gándara erma e triste,piñeiro bravo,

non ouces do mar o mar moltotan solitario?

¿Non sintes te chamar á vidapra un vivir sempre máis alto?

Piñeiro antigo,vello e engruñado,

ergue as sempre verdecentes ponlasque ao vento traman cal tramaronas daqués que, rexos e amorosos,

aquí cantaron....

Page 15: Os días das letras galegas

1975

PINTOS VILLARPontevedra 1811 –Vigo 1876

A GAITA GALEGA TOCADA POLO GAITEIRO (frag.)

Ou Galicia, Galicia boi de pallacanta lástima ten de tí o Gaiteiro!O aguillón que che meten é de aceiro

e con él muita forza te asoballa.No lombo teu zorrega, bate e mallafasta o máis nomicreque ferrancheiro

e calesquer podenco forasteirote vafa de vergonza sin migalla!Agarima alleeira eses ingratos

ou víboras que postas ao teu peitoco ferrete che rompen mil buratos!

Si o sangre teu refugas do teu leitomalas novas madrasta de insensatos

dos fillos teus ao amor nan tés direito.

Page 16: Os días das letras galegas

RAMÓN CABANILLASCambados 1876 – Cambados 1959

1976

EN PÉ

¡En pé!¡Irmáns! En pé, sereos,a limpa frente erguida,envoltos na brancura

da luz que cai de riba,o corazón aberto

a toda verba amiga,e nunha man a foucee noutra man a oliva,

arredor da bandeira azul e branca,arredor da bandeira de Galicia,

cantémo-lo dereitoa libre nova vida!

...

Page 17: Os días das letras galegas

ANTÓN VILAR PONTEViveiro 1881 – A Coruña 1936

1977

PENSAMENTO E SEMENTEIRA"Eu xa fai tempo que ando a dicir que axiña non haberá na Galiza máis que unha só aristocracia - aristocracia de pensamento, non de sangue -, aristocracia ou aristarquía, si vos parece millor, a do galeguismo; a que leva por bandeira e por escudo o "orgullo orixinal" simbolizado no emprego da lingua materna, que é o supremo froito de diferenciación da lingua materna, que é o supremo froito de diferenciación da raza á que perteñecemos. O galego culto que hoxe se esprese en galego, por ese só feito demostra levar na ialma un nidio sentimento de libertade; un nobre afán de asolagar a súa intelixencia nas augas vivas do traballo enxebre co fin de lles dar o tempero perciso para que poidan fecundar mortas terras, cheias de lixos de escravitude, trocándoas en viveiros de vizosa democracia...

Page 18: Os días das letras galegas

ANTONIO LÓPEZ FERREIROSantiago 1837 – Vedra 1910

1978

O CASTELO DE PAMBRE (frag.)

"A Sobrado algo xa o conocemos; agora paréceme posto en razón que tamén enxerguemos algunhas palabras acerca do Vilar de Mella. Xa dixemos que esta fortaleza de Vasco Fernández estaba situada onde se xuntan dous rigueiros que van ao Iso, antre as parroquias de Mella e Sendelle. Compúñase dunha torre cadrada de tres pisos cas súas correspondentes almeas e con dous corpos de casa a ela pegados, un polo lado do Norte e outro polo do Solano...

Page 19: Os días das letras galegas

MANUEL ANTONIO Rianxo 1900 – Rianxo 1930

1979

DE CATRO A CATRO (frag.)

Fomos ficando sóso Mar o barco e máis nos.

Roubáronnos o Sol.O paquebote esmultado

que cosía con liñas de fumeáxiles cadros sin marco.

 Ronbáronnos o vento.

Aquel veleiro que se evadéupola corda floxa do horizonte.

 Este océano desatracóu das costas

e os ventos da Rosetaourentáronse ao esquenzo.

... 

Page 20: Os días das letras galegas

ALFONSO X O SABIO Toledo 1221 – Sevilla 1284

1980

CANTIGAS DE SANTA MARÍA (frag.)

Da que Deus mamou leite do seu peitonon é maravilla de sâar contreito.

Desto fez Santa María miragre fremosoena ssa eigreja'n Lugo, grand'e piadoso.

por hûa moller que avía tolleitoo máis do seu corp'e de mal encolleito:Da que Deus mamou leite do seu peito

non é maravilla de sâar contreito.Que ámbalas súas mâos assí s'encolleran

que ben por cabo dos ombros todas se meteran.e os calcannares ben en seu dereitose meteron todos no corpo maltreito.

Da que Deus mamou leite do seu peitonan é maravilla de sâar contreito.

Page 21: Os días das letras galegas

VICENTE RISCO Ourense 1884 – Ourense 1963

1981

LERIA (frag.)“Nas camiñatas longas polas vereas enlamadas do val, antre as muradellas dos eidos e á sombra dos carballos, polos vieiros abertos da serra, batidas do vento, antre as uces e as carqueixas, polas estradas poeirentas baixo un sol de xusticia; nas pousas na porta de chouza e na portalada do pazo, ao pé do cruceiro ou debaixo dun cabaceiro, ao acollido da chuvia, xantando nos mesós, sentados nos longos bancos onde se sentan osarrieiros e os camiñantes; durmindo nas pousadas da aldea, baixo o faiado de rexas trabes de castiñeiro; falando cos rapaces, cos vellos, coas mulleriñas, cos homes que andan no traballo; ollando os longos horizontes cinguidos de serras azúes, sorbendo o ár fresco da mañá e o luar da noite, vai ún comungando coa terra, deixándoa entrar máis adentro na ialma, ...

Page 22: Os días das letras galegas

LUIS AMADO CARBALLO Pontevedra 1901 – Pontevedra 1927

1982

PROEL O xesto monacal da pedra

benzoa o acougo da aldea… 

Axiónllanse os camiñosabrazados ao cruceiro,nunha azul eternidade

de pedra e ceo. 

A agonía do solporconmove o planto da terra,

e a paisaxe presígnasecon santas cruces de pedra.

 

A campaíña de pratado día,

latexa un ángelusde epifanía. 

...

Page 23: Os días das letras galegas

MANUEL LEIRAS PULPEIRO Mondoñedo 1854 – Mondoñedo 1912

1983

OBRAS COMPLETAS. POESÍAS

¿Por qué o ceo máis limpo ao galegolle párce afumado?

¿Por qué a terra frolida que mandalle cheira a escamallo?

¿Por qué a iauga, hastra no ollo da fonte,pra el ten sempre tasto?

¿Por qué sinte que a sangue sorentafigura aburalo?

¿Por qué trema, dormente, e dacondosomella ter rautos?

Porque está cos comenzos da febreque aos probos deixados

fai perder a cabeza, i erguila,dar fungueirazos,

Page 24: Os días das letras galegas

ARMANDO COTARELO VALLEDOR

A Veiga 1879 – Madrid 1956

1984

HOSTIA (frag.)

“¿Relembras?... Foi na doce Aquitaña. A raiosa primaveira enguirlandaba a campía e a serán deitaba tranquil coma un misteiro frolido. Despeado e polvorente cheguei ó teu sarego. Proscritos da terra nosa, decote perseguidos cal bestas montesías, chamamos onde vós. E aquela porta, a porta de túa nai, a úneca para nós aberta, foi para min a porta dos ceos. No atrio estabas ti, abeiro da “triquilla” arrodeada de pombas como Vénus, belida como Flora, graciosa como Aglae, como Hera sorrinte... ¡Ai! terrible como o amor. Teur ollos feiticeiros miraron garimosos o estrano pelerino de quen todos fuxían... ¡Gracias, ouh Prócula, aínda gracias, sempre gracias!

Page 25: Os días das letras galegas

ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ Boborás 1884 – Pontevedra 1929

1985

Nós, Nº 71 (frag.)

Probos rosas, saundosasesperando amañecer;

loumiñadas, degaradaspor medrar i arrencender.Tristes rosas amorosas,todo chega, i o fin chegacando a póla se dobregae nan vos pode soster.

Craros soños, frolecidoscobizando un ideal;

aniñados, enchoiadosnunha roseira lanzal.

Tristes soños noitecidos,todo chega i o fin chegase dos soños soilo quedao imposibre no rosal.

Page 26: Os días das letras galegas

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO Abadín 1909 – Santiago 1961

1986

HOMENAXE A RAMÓN CABANILLASViñeran anos de carnada e alas de corvo,sombras desabogosas, chegaran as rulas,o vento cantaba nas lanzas e nas almeas,esa canción de ferro tan sabida.Os que irían ás rilleiras do olvido,cansos de andar arrastro polas viñas e pumaregas,viran chegar os señores da terra sobre os seus cabalos,e fixeron homenaxe ós poderososcos seus corazóns máis tristes que a noiteá sombra das súas fillas.E soñaron entón en terras anchas coma maresonde pousar o mel do seu corazón sin medida,e botaron negras naus á mar dos deuses,e sobre mares de cinza de orxos tristes,e sobre mares ledas de ribeiras sin conto,puxéronse de xonllos cos ollos entrabertos ós lonxes...

Page 27: Os días das letras galegas

FRANCISCA HERREROA Coruña 1869 – A Coruña 1950

1987

NÉVEDA (Introducción)."Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño; que se falo galego non me entenden; e a cantar castillán nan me comprendo. Así mesmo pregúntome, se en prosa hei de escribir ou ben en verso; e ríome soíña deste meu dubidar; que é un aletexo igual ó dun poliño que se debote, coidándose atrapado no poleiro por un espanta-paxaros de trapo movido polos ímpetus do vento. Ninguén ha de le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lo meu pensamento... abonda con deixar corre-la pruma; abasta con cumpri-lo meu desexo. ¡Lectores... quen os vira, mulpocado! couberan nun puñiño ben pequecho!... Deixade, pois, que escriba como canto: deixádeme que fale cos galegos, que son irmáns da alma os que me escoitan, e non ha de asolagar nos meus defectos…

Page 28: Os días das letras galegas

RAMÓN OTERO PEDRAYOOurense 1869 – Ourense 1976

1988

A CASA SOIA

Nas queixumosas táboasBrosladas finalmente polo verme

analista de insomnios e fantasmasrepousou o mou pai no cadoleito,

e inda a piedade de unha bágoa de óliogarda a lembranza gosalleira e tristepra o fillo sempre na querida coimbra,

neno xiado de augural pavurapola friaxe glacial de aquela man

quentor de Deus, forteza e recompensa.Sofren meus probes libres

proba de soedade, noite e poeira,apreixan requintados pensadoresos seus cristalográficos esquemasen procura da chama dos poetasaínda nos ermos bailadora lapa

...

Page 29: Os días das letras galegas

CELSO EMILIO FERREIROCelanova 1912 – Vigo 1979

1989

LONGA NOITE DE PEDRAO teito é de pedra.

De pedra son os murosi as tebras.

De pedra o chani as reixas.As portas,as cadeas,

o aire,as fenestras,as olladas,

son de pedra.Os corazóns dos homesque ao lonxe espreitan,

feitos estántamén

de pedra.I eu, morrendonesta longa noite

de pedra...

Page 30: Os días das letras galegas

LUIS PIMENTELLugo 1895 – Lugo 1958

1990

SOLPORES DA MIÑA VILA

Solpores da miña vila,longos, case eternos.

(Os anos pasan rápidos;os días, lentos).

a luz esbara polo meu piano lustroso¿Qué música lle poñeremos?

As maos, soñan.Solpor de pratasobor do ébano.

Penso nos poetas mortos.Calma, calma...

 

Page 31: Os días das letras galegas

ÁLVARO CUNQUEIROMondoñedo 1911 – Vigo 1981

1991

SOEDADES DA MIÑA BRANCA SEÑOR (frag.)

Escóitasme tí, miña señor amada, cando do peito

meu o trobo ardeou atrás de ti a sombra do meu soñoloucamente a túa apreixa e bica ?

Ouh doce o peso do teu corpo no meu maxín deitado

Neste río do meu vagar sin finqué incendiado navío non navegas na noite?-Por qué este corazón tanta frol murcha,por qué inda son eu de tanta verba a boca?

Miña branca señor, corpo delgado:este bosque é do tempo da máis recente lúa,

i ese malvís que tanto áer enfrautacada día que amence renasce e asubía.

Page 32: Os días das letras galegas

FERMÍN BOUZA BREYPonteareas 1901 – Santiago 1973

1992

RETORNO (frag.)

"Mol rabanda do Mundo,sabrosa terra nai,

que ventura manxartecomo un lírico pan

e chantarche a dentamia dos ollosna códea vidal,

madura, recendente,vizosa, a latexar!…Somentes ti me sacias

a fame perennalRegusto de alonxarme

para logo voltar,e adormir no teu colo

abranguendo o teu van,como un Miño quencido

polo peito dos vals,coas augas quedas, quedas,

sen presa polo mar.

Page 33: Os días das letras galegas

EDUARDO BLANCO AMOROurense 1897 – Vigo 1979

1993

A PESCA (frag.)

Agarimantes cóxegas, moxenasno teimoso cristal bulinte espellodos vimios confidentes pola beira.

Sobro de nós, dondo silenzo, o ceio. 

O peixe foi, seu pulo e bris de prata,un istante no tempo de ar e rede;dempois, nota e puñal, fendeu as

augas,arrepío de luz na linfa verde.

 Como ispido na forza do seu arco,lanzal teu corpo, sen ferir a area,

sortíuse con lediza de venablopara o cachón das augos balbordeiras.

Page 34: Os días das letras galegas

LUIS SEOANEBos Aires 1910 – A Coruña 1979

1994

A FONTE (frag.)

Semellaba o vello un vagamundo,unha braga ao meio da coxa

máis curta a outra e de difrente coor,desguedellado e arrodeado de moscas,

ollando cara a fonte.Un burato cun picho no muro,A fonte da rúa do Franco,

con unha auga mellor que outras,que roidosa enchía as sellas

cantando a auga e brincando.Ao agochárese as mozas

amostraban as pernas, as coxasfrescas como a auga da fonte.Eso é todo o que agardaba,

encostado, desdenoso, no muro,aquel vello que semellaba un vagamundo.

Page 35: Os días das letras galegas

RAFAEL DIESTERianxo 1899 – Santiago 1981

1995

O GRANDOR DO MUNDO

Tanto ouvira falar de Bôs-Aires, das ruas longas e direitas que non se dan ademiradas nin andadas, da prata relocinte e xenerosa con que alá premian o traballo, dos boletíns de moitas llanas e da xente sabida que os lé, dos longos trens que bruan pol-a pampa infinda e de mil cousas ledas, lanzales e rumosas, tanto ouvira falar, antrementres co-a navalla barbeira –a mais levián da vila- percorría as fazulas dos seus parroquianos de sempre, e tanto no seu maxín escarabellou o falado, que un día topouse de súpito co-a circia vôntá d’ir a Bôs-Aires. Dez anos alá, e voltaría rico de pecunia e lembranzas.Unha mañanciña saeu da vila cun baul pequerrecho....

Page 36: Os días das letras galegas

XESÚS FERRO COUSELOValga 1906 – Ourense 1975

1996

COMO E POR QUÉ OS ESCRIBANOS DEIXARON DE EMPREGAR O GALEGOO galego enton é a fala dos vasalos e dos señores, dos cregos e dos labregos, e óucese o mesmo nos concellos que nas eirexas, misturado co latín nas prédicas e cerimonias. “E esto así dito e outorgado ergueuse o dito chantre e tomou por las maos aos ditos Afonso Ougea e Tereixa Alvares e en suas maos feceron logo palavras de casamento ambos e dous, segundo que manda a nosa Santa Madre Iglesia, dizendo o dito Afoso Ougea que recebía a dita Tereixa Alvares por sua muller boaa e leal e a dita Tereixa Alvares dizendo que reçebía ao dito Afonso Ougea por seu marido boo e leal…” Ansí se fixo un casamento, nos comenzos do catrocentos, según as Notas de Estebo Pérez, chanceller do Cabidoo da Catedral de Ourense...

Page 37: Os días das letras galegas

ÁNXEL FOLELugo 1903 – Lugo 1986

1997

CONTOS DA NEBOAO Venancio, que sabía moitas historias disas que chaman do outro mundo, falaba das premonicións.-Hai moitos casos en que se aduviña o porvir dunha maneira que chamaremos instintiva.-Ista conversa era millor prá noite, coma cando paseabamos po-la Ferradura e contabamos disas historias de medo, ás que era tan afeizoado o gran clínico don Roberto Nóvoa Santos.- Penso recordar que me dixeron que don Roberto cría que os cás oubeaban cando sentían a morte dunha persoa, poucas horas antes de morrer.Pasamos por diante dunha casa estreitiña. No portal había unha mesa mortuoria. Non sei cómo, acheguéime a vé-la esquela. “Don Casto Méndez, ex recaudador de contribuciones...” Era o de Pastoriza.

Page 38: Os días das letras galegas

JOHÁN DE CANGASMARTÍN CODAX

MEENDINHO

1998

Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,se vistes meu amigo?

E ai Deus!, se verra cedo?

Ondas do mar levado,se vistes meu amado?

E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amigo,o por que eu sospiro?

E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amado,por que ei gran coidado?

E ai Deus!, se verra cedo?

Martín Codax

Page 39: Os días das letras galegas

ROBERTO BLANCO TORRESCuntis 1891 – Entrimo 1936

1999

DIANTE DA NATUREZA

N-as leiras que dan froito,sóbor chan que xermina,

o traballo fecundoimpón a lei da vida.

Soilo as cibdás imbécilesco pitismo dan grima.

 O agro, o agro, é a musa

d’ardente meloníaen onde a frol d’a loitachea d’arume e limpa,ergue seus cores roxosô cume que aloumiña,

falando ôs peitos nobresd’a redentora obriga.

Soilo as cibdás imbécilestraicionan a consina…

Page 40: Os días das letras galegas

MANUEL MURGUÍAArteixo 1833 – A Coruña 1923

2000

DISCURSO NOS XOGOS FRORAIS DE TUI

¡O noso idioma! O que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nos achamos a ponto de n’entendelo; aquel en que cantaron reis e trovadores; o que, fillo maor da pátrea gallega, nola conservóu e conserva coma un don da providencia; o que aínda ten nos nosos labres as dozuras eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes coma si fose un himno relixioso; o hermoso, o nobre idioma que do outro lado dese río é léngoa oficial que serve a máis de vinte millóns de homes e ten unha literatura representada polos nomes gloriosos de Camoens e Vieira, de Garret e de Herculano; o gallego, en fin, que é o que nos dá dereito á enteira posesión da terra en que fomos nados, que nos de que, pois somos un pobo distinto, debemos selo...

Page 41: Os días das letras galegas

ELADIO RODRÍGUEZLeiro 1864 – A Coruña 1949

2001

ORACIÓS CAMPESIÑAS Quixera que os meus versoscheirasen á terra húmida,

……………………………sonasen sempre a cántigas barudas;……………………………

tivesen oraciós de atardeceres……………………………chegasen as concencias máis escuras

e despertasen n’elasas voluntades murchas,e prendesen nas almas

as arelas patrióticas máis xurdias,e rezasen á eito

a pregaria eucarística e litúrxicado santo amor á todo canto é noso

i-á todo canto en nós vive e perdura,pra que así nos sentísemos

nas xornadas futurasmáis grandes e máis donos de nós mesmos,

Page 42: Os días das letras galegas

FREI MARTÍN SARMIENTOVilafranca do Bierzo 1695 – Madrid 1772

2002

Coloquio de 24 Gallegos Rústicos

No chan que en Morrazochaman os galegostamen San Cybran

que chega hasta o ceo, que está no camiñoque vay ao Ribeyrodendes Pontevedraa vila do reyno,

a hum-ha legoiña,camiño dereyto,

fay conta que sigueso rumbo surlesto

se sube en relanzopor todo o vieyrosen muita fadiga

nem muito tormento,

Page 43: Os días das letras galegas

ANTÓN AVILES DE TARAMANCOSTaramancos 1935 – A Coruña 1992

2003

 O SEMIDEUS DERROTADO     O elmo ourilucente está guindadona inmensidá da gándara bravía,a espada escentilante non porfíana valerosa man de xesto ousado.

     Esparéxese o pó no medio díatestemuña da loita afervoada,e soio en pé a egua, camaradade tanta camiñata largacía.

     O seu carón a adágara rachadaque en cen combates defendeu seu peitocobre de sombra a testa entusiasmada

     E sérvelle o terrón de cadaleitoe de suario sérvelle a xeada

a aquel que en valentía foi perfeito.

     ( Poemas a Maricarme Pereira)

Page 44: Os días das letras galegas

XAQUÍN LORENZO “XOCAS”Ourense 1907 – Ourense 1987

2004

ENREDOS

 A voz enredos ten na Galiza dous valores: úsase xeralmente pra indicar algo de pouca importancia e sen transcendencia; cando se fala de froita, por exempro, os nosos labregos acostuman a decer: «ises son enredos de rapaces». En sentido máis restrinxido, un enredo é un xoguete, é decer, un artiluxio co que os nenos satisfán a sua necesidade de ocupar o tempo imitando no posible ás persoas maiores. O mesmo significado ten asimesmo a palabra brinquedo (de brincar = saltar, xogar). A anterior fórmase de enredar, do mesmo valor que brincar. Chámanse tamén os xoguetes ixolas, de onde ixoleiro = mañoso. O xoguete non ten fronteiras xeográficas nen cronolóxicas; en tódolos pobos e en tódalas épocas móstrasenos a existencia dista industria infantil.     

Page 45: Os días das letras galegas

XESÚS LORENZO VARELAA Habana 1916 – Madrid 1978

2005

LUGONa fonte de ferro,no coiro dos bois

no espello do vento,da navalla e da frol.No recén da herba,no lobo e no can,

nos ollos da meiga,na pedra do lar.No refaixo dela,na ponte do alén

no andar das ovellas.no ar do mencer.No cabalo quente,

no viño millorno que non se perde

no meu corazón....

Na vida, na morte, no amor e no ren,loubareite, Lugo de aceiro e de mel.

Page 46: Os días das letras galegas

MANUEL LUGRÍSSada 1863 – A Coruña 1940

2006

A FESTA DE TACÓN

Sempre tuveron n-o peito d'os gallegos cariñoso agarimo as ideas de caridá misturadas c'o santo antusiasmo pol-a pátrea: n-a noite d'o veint' e cinco d'o derradeiro mes dimos unha proba d'ista verdá.Pol-a tarde d'ese cobizado dia non pensaban os gallegos mais que n-a festa que se proparaba. Todol-os sembrantes revertian alegria, todol-os corazós latexaban á impulsos d'os recordos mais ledos e feiticeiros. As gaitas deixaban ouvir de vez en cando os seus tenros conceutos, xa co'a churrusqueira muiñeira, xa co'a vagarosa e sempre divina alborada...    

Page 47: Os días das letras galegas

MARÍA MARIÑONoia 1918 – O Courel 1967

2007

VERBA QUE COMEZALinme hoxe toda por dentro.¡Linme!¡Como me está chegando!¡Como me apaña!Eu non sei,non sei si me chega ou vou por ela.Non o sei.¿Ouh, pra que me trouxeches si hoxe me levas?Hoxe,hoxe, día de todos en un.Infindá do tempo. ¡Hoxe!Hoxe de quen todos somos na marea sin ondas,sin velas,sin barcos en coor vello.Hoxe, ¿de quen?Hoxe: dirán uns.Hoxe: dirán outros mentras...

Page 48: Os días das letras galegas

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZTui 1915 – Vigo 1985

2008

Ise neno da rúa

Non é certo que os nenos teñan fameNon pode ser.

Ben o sabedes todoos que andades no mundo atafegados

á percura do pan dos vosos fillosIses outros que vedes pola rúa

pedindo esmola,non teñen fame, non, porque daquela

vos teríades morto de vergonza.

E ben vos vexo andar nos vosos cochesou nos tranvías, a berrar de cousas

estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado

que coa moura mauciña está petandona porta de ferro.

...

Page 49: Os días das letras galegas

RAMÓN PIÑEIROLáncara 1915 – Santiago 1990

2009

A LINGOAXE E AS LÍNGOAS

No panorama cultural dos nosos días bótase de ver que a preocupación pola lingoaxe vai tomando unha amplitude i unha relevancia crecentes. En boa parte, naturalmente, polas achegas da propia ciencia lingüística; pro tamén, e cada vez máis, porque a investigación da lingoaxe interesa noutros campos científicos, ou mesmo como medio de verificación da filosofía. ..

Page 50: Os días das letras galegas

UXÍO NOVONEYRAParada do Courel 1930 – Santiago 1999

2010

SE O PASADO É PASADO

SE o pasado é pasadoi o presente é o urgente

Por qué inda busca a xenteaquel soño clausurado?

Vido visto ben santiagoI esa cuestión non resolta

Fago camiño de voltacamiño de volta fago

Camiño de volta fagoVolvo do cabo do MundoTerra sólo en ti me fundo

É a certeza que trago

Page 51: Os días das letras galegas

LOIS PEREIROMonforte de Lemos 1958 – A Coruña 1996

2011

Cero á esquerda

O corredor de fondo perde o alentofuxindo dunha vida inzada de renuncias

da súa liturxia obesa e oleosa,mediocre nos seus comunais fracasos,bágoas de xelo, indignación contidanon deu chegado a tempo de exercer

a súa rebelión,nin de levar a cabo

a súa vinganza definitivacontra un mundo inxusto, homicida, e cruel,

pola inutilidade da súa propia vidasolitario, enfermo e fatigado,

a morte anticipouse e chegou antes.

Page 52: Os días das letras galegas
Page 53: Os días das letras galegas